Amosando publicacións coa etiqueta Marzo do 72. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marzo do 72. Amosar todas as publicacións

martes, xuño 21, 2022

Presentación en Ferrol do libro: '10 de Marzo. Un conflito del movimiento obrero gallego pola democracia', coa participación de Xosé Gómez Alén, Cristina Almeida, Xesús Alonso Montero e Rafael Pillado - Este mércores 22 de xuño, ás 7 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero, no Inferniño


Dentro do actos relacionados co 50 aniversario do 10 de marzo de 1972 que se están prolongando no transcurso deste ano 2022, as asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, presentan, en Ferrol, o libro conmemorativo que leva por título "10 de Marzo. Un conflito del movimiento obrero gallego pola democracia". Coa participación do coordinador da obra, o catedrático e historiador Xosé Gómez Alén que participara xunto a Cristina Almeida (avogada no proceso dos 23 de Ferrol), co catedrático e escritor Xesús Alonso Montero, e o noso compañeiro Rafael Pillado Lista (cofundador das CCOO e PCG).

A presentación terá lugar este mércores 22 de xuño, ás 7 da tarde, no Cenro Cultural Carvalho Calero, no Inferniño.
_______

martes, maio 03, 2022

Mesa Redonda en Ferrol: Amianto, Orixe e efectos (non silenciosos), un achegamento desde a perspectiva de xénero - No Ateneo Ferrolán este xoves 5 de maio, ás 7 da tarde - Contará coa presencia de Suso Porta Dovalo, Carmen Diego Roza, Rober Amado e Sara González Veiga

Mesa Redonda en Ferrol: "Amianto, Orixe e efectos (non silenciosos), un achegamento desde a perspectiva de xénero"

Terálugar este xoves 5 de maio, ás 7 da tarde, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

Contará coa presencia de Suso Porta Dovalo, Carmen Diego Roza, Rober Amado e Sara González Veiga.

Organiza: Memoria e Dignidade, Comisión do 50 Aniversario de Marzo do 72, con Agavida, Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Ateneo Ferrolán.

10 de Marzo do 72
Presente e Futuro


Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
https://memoriahistoricademocratica.org/
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
2 de maio de 2022 23:58

_______

xoves, marzo 17, 2022

A Semente das nosas loitas - Xornada para conmemorar o 50 aniversario de Marzo do 72 - Día da Clase Obreira Galega - Galería fotográfica do Acto en Sedes (Narón)


Organizado polo colectivo "Marzo 1918 - Revolta Popular", o pasado domingo 13 de marzo, de tivo lugar en Sedes (Narón), unha xornada de de Memoria Histórica e confraternidade, con motivo da conmemoración do 50 Aniversario de Marzo do 72. Comezando ás 12 do mediodía cun faladoiro, no Centros Cultural e Social coa participación de Iria Garcia, filla e neta de traballadores do naval; Francisco Rodríguez, escritor e encarcerado no 72 e Alfonso Tellado, sindicalista e encarcerado no 72. Posteriormente tivo lugar unha actuación música e o xantar popular. Rematando a xornada cunha ofrenda floral no monumento á Revolta Popular, situado na Feira do 13, no 104 aniversario da "revolta das pedradas" acaecida en esta parroquia, onde as mulleres foron as valentes que se enfrontaron ao poder, pola insoportábel carestía da vida.

Fotos de @MiguelAnjoGarcia











_______

martes, marzo 15, 2022

Álbum fotos da Mesa Redonda na Universidade, sobre o Dez de Marzo do 72 en Ferrol


O pasado mércores 9 de marzo de 2022, ás 7 da tarde, no salón de actos da Facultade de Ciencias do Traballo, no campus de Ferrol da UDC, tivo lugar un Acto en conmemoración do 50 aniversario de Marzo do 72, baixo o epígrafe: "1972 - 2022  - 50 Aniversario das Mobilizacións Operarias (e sucesos) de Ferrol". Onde participaron protagonistas do histórico "Marzo do 72": o cofundador das CCOO e do PCG, Rafael Pillado Lista; a militante do PCG, Sari Alabau Albors; e o o daquela membro das CCOO e posteriormente sindicalista da CIG, Alfonso Tellado Sande. Polo eido académico participaron o catedrático de EE.MM. e historiador e Vicepresidente da 'Fundación Xaime Quesada Blanco', José Gómez Alén; o documentalista e historiador, Eliseo Fernández Fernández; e o doutor en Historia, Bernardo Máiz Vázquez. Presentou e dirixiu o acto o profesor da UCD e director da Cátedra de Memoria Histórica, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. E presidiu e fechou o acto a Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsablilidade Social, María Jesús Movilla Fernández. Finalizou o acto coa actuación do gaiteiros: Roberto Rama Castroagudín e Bernardo Máiz Bar. O emocionante acto contou coa participación de diferentes persoas cos seus testemuños e preguntas.

Álbum fotos, Mesa Redonda na Universidade sobre o Dez de Marzo do 72 en Ferrol. | Fotos: Susana Alaniz, Bea Rascado, Mª Teresa Martínez, Laura Couto y Fer Ocampo. | Ir ao álbum.


10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Relacionado:


Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos. | Ir a Ártabra 21.

Info baseda na enviada por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
12 de março de 2022 00:58

_______

xoves, marzo 10, 2022

Rafael Pillado, dirixente do PCG e de CCOO en 1972: 'O 10 de marzo non era só a negociación dun convenio' - Entrevista de Xacobe Ferreiro en 'Nós Diario'


Rafael Pillado Lista é un das grandes referencias do movemento obreiro galego durante a ditadura. Nado nunha familia comunista, dirixente do Partido Comunista de Galicia e CCOO e preso político nos cárceres franquistas, lembra no Día da Clase Obreira Galega os sucesos de 10 de marzo de 1972 en Ferrol.

A que reivindicacións responderon as folgas de marzo de 1972 en Ferrol?

As reivindicacións eran económicas, sociais e culturais. Isto é, xornada, salario e condicións de traballo, pero, sobre todo, aprenderamos unha cousa xa desde había anos e era esa relación entre as reivindicacións económicas e sociais e as reivindicacións políticas.

Así, na negociación do convenio, formulábase o dereito á folga, á liberdade sindical e á necesidade de liberdades políticas, que eran elementos de referencia para todos os traballadores.

O 10 de marzo non era só a negociación dun convenio. Inscríbese na batalla contra a ditadura e pola democracia, na batalla polos nosos dereitos políticos. Iso estaba moi presente e esas reivindicacións levaban moi en primeiro plano as de natureza política.

Que lembranzas garda con máis forza daquelas xornadas de mobilización de marzo de 1972?

Á volta de 1971, comeza a negociación dun novo convenio e alí xa se reclama un convenio de factoría para que a negociación se faga máis perto dos traballadores e para que se lles puidese informar do que pasaba na negociación.

A partir da negativa a negociar en Ferrol, comezan dúas semanas de protestas, con concentracións diante da Dirección da empresa. Naquela altura, reclamabamos a desaparición das quendas de 12 horas e igualar o salario dos traballadores que facían 8 horas con aqueles que facían 12, como condición previa a entrar a negociar o convenio. Chegamos ao 8 de marzo e alí xa se formula que o día 12 se organizaría unha concentración de todo o cadro de persoal, pero o 9 de marzo, cando chegamos á factoría, soubemos que varios compañeiros do xurado de empresa foran despedidos e, de inmediato, paramos.

Na zona dos arsenais, fixemos un percorrido longo para rematar en Dirección. Alí, tentamos negociar o retorno dos despedidos, mais indicóusenos que de ningunha maneira, e ás 17 horas a policía desaloxounos a golpes e botounos fóra da empresa, polo que esa noite reunimos a coordinadora comarcal de Comisións Obreiras (CCOO) e acordamos que no caso de estar fechada a empresa, nos concentraríamos diante do local do sindicato vertical.

Que acontece entón o 10 de marzo?

Unha vez comprobado que a empresa estaba fechada, indicámoslles aos traballadores concentrados diante do sindicato vertical a nosa intención de marchar até Caranza, onde se unirían os traballadores de Bazán, e alí tentaríamos de agrupar os miles de obreiros da construción que estaban traballando nas obras de construción do barrio.

Xa non nos deixaron chegar. Cando pasamos da estrada de Castela e entramos na estrada das Pías, a policía baixou do cuartel, tentando cortar o grupo pola metade para disolvernos, e a xente respondeu con pedras recollidas dun vertedoiro da construción que quedaba alí perto.

Neste contexto, un mando, eu creo que con disparos ao aire, tratou de amedrentar a xente, mais cando comezou a disparar este mando, outros que levaban pistola dispararon e xa despois, dous mortos, Amador [Rey] e Daniel [Niebla], e non só os 40 ou 50 feridos por disparos de balas dos que se fala. O número superou o cento, mais a xente sabía que se a ferida non era grave non podía curarse nun centro sanitario, porque se ías a un centro sanitario quedabas apuntado.

Como foi a resposta da cidadanía á represión do réxime?

Unha vez que se coñece a resposta policial, paralízanse a cidade e as empresas da comarca e dáse unha vaga de solidariedade en toda a Galiza.

Os preámbulos de 1972

Rafael Pillado sitúa os antecedentes do conflito de 1972 nun longo proceso que arranca en 1948, cando o Partido Comunista (PC) decide pór fin á loita guerrilleira e pasa a facer "entrismo" [unha forma de intentar gañar simpatizantes] nas estruturas do sindicato vertical. Neste contexto, cunha estrutura do PC e CCOO moi fortes, na comarca de Ferrol desenvólvese a negociación do convenio de 1966. O sindicalista lémbrao da seguinte maneira: "Alí tocoume participar na negociación dun convenio en Madrid coa representación das outras factorías do grupo, isto é, de Cartaxena e San Fernando en Cádiz, e aprendín que había que reclamar un convenio de factoría pola correlación de forzas desfavorábel que existía nestes dous centros de traballo do grupo". Esta experiencia acabou por marcar a negociación do seguinte convenio, que concluíu en 1972 co asasinato de Amador Rey (nado en Trasancos, Narón, en 1933) e Daniel Niebla (nado en Ferrol en 1933) por mor dos disparos da policía.

Publicado en Nós Diario. | Xacobe Ferreiro | 10 de marzo de 2022

#diadaclaseobreiragalega

Relacionado:

10 de Marzo de 1972: O crime foi en Ferrol, ... Por Rafael Pillado Lista - Debuxos de Fernando Ocampo. | Do libro  libro sobre unha parte da nosa historia recente "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)". | Ir á Ártabra 21.
_______


BNG propón a declaración do 10 de marzo como Día da Clase Obreira Galega no 50 aniversario das históricas mobilizacións - Mon Fernández acusa a PP e PSOE de terxiversar a historia e usar a unidade dunha esquerda 'sen fundamento' para rexeitar o recoñecemento


BNG propuxo no Parlamento galego a declaración oficial do día 10 de marzo como Día da Clase Obreira Galega, no 50 aniversario das históricas mobilizacións do sector naval de Ferrol que, ademais das reivindicacións laborais, tiveron por obxectivo en 1972 erosionar o réxime franquista e conquistar liberdades e xustiza social, como ben demostraron as mobilizacións solidarias inmediatamente posteriores en Vigo -nos estaleiros primeiro e logo en Citroen- e do movemento estudantil en Compostela, así como o feito de que tres anos despois, o movemento perduraba nos centros industriais de toda Galiza.

Así o subliñou o portavoz nacionalista de Industria, Mon Fernández, quen recordou que a represión da policía armada en Ferrol tivo como resultado dous mortos -os traballadores de Bazán, Amador Rey Rodríguez e Daniel Niebla García-, e salientou que “ese exemplo de loita que se espallaba pola comarca provocou un salto cualitativo sen precedentes; era claro que os obxectivos políticos transcendía as reivindicacións laborais: a loita pola liberdade e a xustiza social eran a bandeira; a unidade obreira e a solidariedade, a ferramenta”.

Tras recalcar que 50 anos despois o movemento sindical de Galiza segue a conmemorar ano tras ano aqueles feitos e logo de escoitar a PP e PSOE, que avanzaron durante o debate o sentido do seu voto rexeitando a iniciativa do BNG que se vota mañá na Cámara, Fernández recriminou a ámbalas dúas forzas políticas estatais a terxiversación histórica que supón “colocar aquel movemento popular detrás da actual Constitución e detrás do actual Estatuto de Autonomía”.

“Parécelles honestamente que a loita obreira contra a ditadura e polas liberdades pode transformarse nunha defensa acrítica desta Constitución e deste Estatuto de Autonomía? É iso honestidade histórica?”, cuestionou con severidade, para a continuación deixar clara a posición do Bloque: “nós cremos que non”.

Neste sentido, o deputado nacionalista sinalou á democracia e liberdades, ás condicións de vida e de traballo dignas e á participación efectiva das e dos traballadores como os tres elos da cadea que fai avanzar a sociedade e que sen a organización e a mobilización da clase traballadora, esta para. “E mesmo pode retroceder, que é o que está a acontecer actualmente e que facilita, por exemplo, que o Goberno de PSOE e Unidas Podemos veñan de aprobar unha reforma laboral despois dun ano de diálogo social coa patronal, CCOO e UGT, que comeza por asumir o marco deseñado pola anterior reforma do PP”, censurou.

Logo de advertir que o que faltou durante este ano de diálogo social foi precisamente debate real e mobilización social, Fernández tamén apuntou que esta mesma ausencia de organización e mobilización é a que facilita de igual xeito que, “mentres a luz está en máximos históricos e mentres as grandes enerxéticas rouban a mans cheas, na mesa de diálogo social estea a falarse de contención salarial”. “Nada que ver co espírito do 72”, incidiu.

Ao seu xuízo, todo isto prodúcese sempre coa unidade da esquerda como reclamo, “como argumento para silenciar as discrepancias e diluír os obxectivos en favor da propia unidade, como se fose un ben en si mesma, facendo da unidade da esquerda unha sopa de siglas, unha sopa de letras, sen fundamento”. Nesta liña recalcou que, unha vez máis, “nada que ver co espírito do 72, cando foron os obxectivos e non as siglas dos convocantes, os que conseguiron a unidade obreira” e concluíu deixando claro que o nacionalismo galego nunca reclamou ter un papel protagonista naqueles feitos: “o protagonista foi e é a clase obreira galega”.

#diadaclaseobreiragalega

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol.


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Ferrolterra | Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de março de 2022 23:27

_______

O régime tem duas ponlas, ... Por Xoán Tavia


Por Xoán Tavia [*]
09.03.2022


No parlamento galego o PP e o PSOE forom a polo BNG para fazer-lhe tragar o sapo da UE e a OTAN. Importa mais isto que as mortes e a guerra. Normal, até certo ponto no PP, mas surpreendente, ou nom tanto, no PSOE.

Difícil qualquer acordo com esta gente. Cabeça fria e reflexionar sobre isto. O regime tem duas ponlas.

Paciência, o tempo tomara conta das felonias.

Mas nom é o único caso. Ha uns dias circulou pola rede umha acusaçom contra o BNG por nom assinar umha resoluçom sobre o 10 de março que santificava o Estatuto e a Constituiçom espanhola.

Semelha que há mais interesse em atacar ao discrepante que em trabalhar pola verdade e reparaçom.

Triste e preocupante diante de tempos futuros.

Por suposto que se pode defender o Estatuto, a Constituiçom, a UE ou incluso a OTAN. Mas o que nom é admissível é que se utilizem para acurralar ao adversário e para impedir a unidade sobre cousas maiores.

Bom, ou será que a OTAN é a cousa maior?

Publicado no facebook de Xoán Tavia

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de março de 2022 23:27

_______