Amosando publicacións coa etiqueta Neda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Neda. Amosar todas as publicacións

xoves, novembro 10, 2022

O vindeiro sábado 12 de novembro, ás 12 do mediodía inagurarase, en Ares, a exposición intinerante: 'Rostros da Memoria Marzo 1972' - Álbum fotográfico da presentación do libro: '10 de Marzo. Un conflito do movemento obreiro galego pola democracia' celebrada no concello de Neda


Inauguración da exposicións: "ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972" en Ares

Exposición en Ares de Xurxo Lobato, o vindeiro acto da Memoria Histórica "Dez de Marzo 50 Aniversario".

Exposición estará do 11 ao 24 de Novembro, no Paseo Marítimo de Ares, diante da Casa do Concello.

Este pasado mércores presentou-se en Neda o libro: "10 de Marzo. Un conflito do movemento obreiro galego pola democracia".

ÁLBUM FOTOS: Enlace presentación en Neda.

Presentamos en Neda, nun entrañable acto na Casa das Palmeiras, o libro “10 DE MARZO. Un Conflicto del Movimiento Obrero Gallego por la Democracia” e contamos coa participación do Alcalde de Neda, Ánxel Alvariño o historiador José García Alén, coordinador da publicación e o escritor e profesor Xesús Alonso Montero, un dos autores da obra, xunto con Enrique Barrera, Rafael Pillado e José Torregrosa. Lamentamos que Rafael Pillado non puidera participar por motivo da enfermidade. O noso agradecemento a todas as persoas asistentes e ao Concello de Neda sempre colaborador nestas cuestión da Memoria e da Cultura coas nosas Asociacións Culturais, Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática.

Na presentación en Neda do Libro "10 DE MARZO", o profesor Xesús Alonso Montero comenta o poema "Esguéstevos cedo" de Uxío Novoneyra, dedicado a Amador e Daniel, asasinados o 10 de Marzo de 1972, en Ferrol, pola policía franquista.

"Erguéstesvos
                      cedo aquel día
o costume do traballo
                     mañá cediño
para facernos ca vosa morte
"

VÍDEO: Enlace vídeo das palabras de Alonso Montero.

E-mail:

10m72.50aniversario@gmail.com

Podes seguirnos na nosa páxina de Facebook: Dez De Marzo Cincuenta Aniversario,.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
9 de novembro de 2022 22:15
9 de novembro de 2022 22:10

_______

mércores, outubro 13, 2021

Volta a Romaria Pequeninha, este domingo 17 de outubro, na zona da Escolinha do Roxal, em Neda


Volta a Romaria Pequeninha!

Após ter que adiar-se, pola situaçom sanitária provocada pola Covid19, o passado ano, chega umha nova ediçom da Romaria Pequeninha. Esta sétima ediçom decorrerá este domingo 17 de outubro por primeira vez na zona da Escolinha do Roxal, em Neda.

Quem quiger acercar-se a disfrutar desta jornada lúdica poderá fazê-lo desde as 12h para começar a sessom-vermute. A música ponhera-a a partir das 13h, Pablo Carracedo, conhecido musicalmente por Jasper, que trazerá um setlist carregado de temas míticos de música combativa.  

Às 14h e para abrir o apetito que melhor que botar uns bailes na foliada. Desde a organizaçom animamos-vos a trazer o vosso instrumento e vir com ganhas de dançar.

A partir das 15hs decorrerá um jantar popular cuja ementa estará composta por arroz, pam, sobre-mesa, água, vinho e gaseosa. Haverá opçom vegana. O jantar tem um preço de 10€, 8 euros para as sócias da Semente. Podes anotar-te ligando por telefone ou whatsapp no 695 601 398. Também há opçom de levar o jantar, para isso só tés que trazer o teu tupper.

Para baixar a comida reanudaremos a foliada e para finalizar a jornada Antón Cortizas preparará a partir das 17h umha seleçom de jogos populares para participar coletivamente e em familia.

As atividades som todas de graça e contaremos balcom com preços populares. No caso de chuva a atividade levará-se para o interior do pavilhom do Roxal.

Contacto:

sementetrasancos@gmail.com

http://sementetrasancos.gal/

@Semente.trasancos

@SementeTR

Canle Youtube Semente Trasancos

Enviado por:
Semente Trasancos
-sementetrasancos@gmail.com-
13 de outubro de 2021 02:24

_______

mércores, abril 09, 2008

Impacto do enlace da autoestrada AP-9 en Neda: Hoxe Mércores, 9 de Abril, ás 8 da tarde, Xuntanza na Casa da Cultura de Neda

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de abril de 2008 16:44
Asunto: CONVOCATORIA DE XUNTANZA EN NEDA: 9.4.08; 20 HS; CASA DA CULTURA: IMPACTO DO ENLACE DA AUTOESTRADA AP-9 EN NEDA



CONVOCATORIA DE XUNTANZA EN NEDA: 9.4.08; 20 HS; CASA DA CULTURA: IMPACTO DO ENLACE DA AUTOESTRADA AP-9 EN NEDA.

Estimados Sres/as:

Remitimos-lles a seguinte nota de prensa por se teñen a ben difundi-la no seu medio informativo e participar no acto referido.

Atentamente:

Antonio García J.
Vogal de ADEGA-Trasancos
DNI 22924851-S
Tlf 981324707//625878352


_____

Ferrol 8.4.2008

Estimados Sres/Sras:

Os colectivos ecoloxistas ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e veciñanza de Neda, convocan a unha xuntanza monográfica o día 9.4.2008 as 20 hs na “Casa da Cultura” de Neda, para informar e analizar a problemática surxida polo proxecto viario do enlace da autoestrada AP9 coa estrada AG-64.

Tal enlace atravesaría o “Val da Mourela” de manifesta importancia medioambiental e paisaxística, dividindo en dous ó propio concello de Neda.

A tal xuntanza están convidad@s tóda-las personas e colectivos interesados.

Atentamente:

-Nés López Díaz-
-Secretario de Adega-Trasancos
Tlf 649779774

En representación dos colectivos ecoloxistas.
______________

luns, febreiro 18, 2008

Oposición ao proxecto de enlace entre a AP9 en Neda e a Autoestrada Ferrol-Vilalba (AG64)

De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de fevereiro de 2008 19:03
Asunto: Nota de Prensa


Prégase a súa difusión

Oposición ao proxecto de enlace entre a AP9 en Neda e a Autoestrada Ferrol-Vilalba (AG64)

O pasado venres 1 de febreiro tivo lugar no local da Fundaçom Artábria, en Ferrol, unha reunión entre os grupos ecoloxistas da comarca (Adega-Trasancos, SGHN-Ferrol e Verdegaia) e veciños/as de Neda, para tratar sobre o proxecto de construción dunha vía de alta capacidade de conexión da AP-9 (enlace Neda) coa AG-64 (enlace S. Sadurniño).

Os/as reunidos/as en dita mesa coincidimos en rexeitar este proxecto, por entender que actualmente carece de sentido, xa que o concello de Neda, coas infraestruturas que existen na actualidade, está perfectamente conectado coa autoestrada AG64 (Ferrol-Vilalba) por medio de alomenos estas tres opcións:

o Usando a AP9 dirección Ferrol e desviándose cara ao Polígono do Río do Pozo.
o A estrada AC-641 e a súa continuación na estrada AC-642.
o A través do enlace entre Vilar do Colo e a estrada Cabanas - As Pontes.

A vía rápida proxectada causaría consideraveis prexuízos no Concello, fraccionando pola metade o seu territorio, e atravesando ao seu paso zonas de interese ambiental, paisaxístico, agrario e forestal. Por unha parte está a afectación ás Fragas do Río Belelle, que forman parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 presentada pola Xunta de Galicia (non hai que esquecer que se trata dunha das fragas máis importantes da provincia). Por outro lado, afecta tamén ao Lugar de Importancia Comunitaria “Río Castro”, que xa forma parte desta rede de espazos protexidos.

Á variedade de ecosistemas existentes no concello debemos engadir unha interesante zona de marismas de fondo de ría na franxa litoral.

Estes argumentos son os que decidiron a algunhas entidades ecoloxistas a demandar figuras de protección para os puntos de maior interese ambiental, e ao concello de Neda que axustase as súas previsións de desenvolvemento a estas circunstancias, primando por riba doutras opcións as actividades relacionadas co sector turístico e hosteleiro, así como o mantemento das actividades xa existentes. Este proxecto daría ao traste con estas pretensións.

O interese económico que puidera servir de argumento para levar adiante o proxecto esvaécese totalmente ante os danos económicos que produciría no concello, ao quedar afectadas propiedades de gran valor. Estes efectos negativos veríanse agravados pola alta densidade poboacional dalgunhas zonas atravesadas polo trazado.

Ante estas ameazas, entendemos que non se pode realizar este proxecto sen a máis mínima consideración nin previsión das afeccións que pode causar ao patrimonio do concello.

A execución do Plan Xeral de Ordenación Municipal obrigaría a unha axeitada orientación de territorio acorde coa Lei do Solo. Entre tanto é absurdo concebir unha obra de tal envergadura e consecuencias tan nefastas, máxime cando estamos a falar dun dos concello ambientalmente mellor conservados da comarca. Non vemos a razón de anteceder esta obra ao PXOM.

Non podemos deixar de lado tampouco os prexuízos que esta obra causará a propiedades privadas, directamente por expropiacións de predios e, indirectamente, por contaminación acústica, modificación dos cursos de augas superficiais e freáticas, o que inclúe cegado de fontes, desvío de regos, etc. Sen esquecer que unha elevada porcentaxe da poboación residente hoxe en día elixiu esta magnífica paraxe como un modelo de vida alternativo á vida urbana.
______________

mércores, xuño 13, 2007

Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
ADEGA -adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Junho de 2007 17:41
Asunto: Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007



Queridos/as compañeiros/as: reenvió información das seguintes activades medioambientais por se vos apetece asistir, participar ou difundir entre os vosos asociaciados,etc

Unha aperta:

Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007

-Días 15 -Venres- e 22 -Venres-, ás 20 hs en Neda, na casa da Cultura: (cartaz sobre o tema máis abaixo) coa participación de membros de Adega, Nébóa, SGHN, etc,etc

* 15.6. Mesa redonda sobre "A ría: Unha riqueza a defender "

* 22.6. Mesa redonda sobre "O voluntariado do lume"

* Exposición fotográfica entre o 15 e 22 de xuño.

______________

-Día 14 -Xoves- ás 20 hs. Biblioteca de Pontedeume.

Charla-coloquio sobre o CAMBIO CLIMÁTICO.

Apresenta: Suso L Piñeiro - Presidente de Adega-Trasancos.

Falará: A.García - membro de Adega-Trasancos.

Organizan: Adega e a Biblioteca de Pontedeume

Unha aperta

Antonio G

Ferrol

xoves, abril 19, 2007

Neda: Nom à hipocrisia institucional!! PSOE-IU nom retiram simbologia fascista, perseguem a quem a retira.

De: Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
19 de Abril de 2007 00:54
Asunto: Neda: Nom à hipocrisia institucional!! PSOE-IU nom retiram simbologia fascista, perseguem a quem a retira.



O próximo dia 26 de Abril, quatro filiados de NÓS-Unidade Popular da Assembleia Comarcal de Trasancos serám julgados no Julgado de Paz de Neda por terem pintado de cor de rosa a chamada "cruz dos caídos" de esse Concelho. NÓS-UP convoca umha concentraçom para o mesmo dia às 12h diante do Julgado. A seguir reproduzimos o texto que está a distribuir-se de maneira maciça na Comarca.

- O QUE VIMOS FAZENDO .

A finais de Outubro de 2005, NÓS-UP apresentava em Ferrol umha campanha de ámbito nacional que tinha como objectivo a denúncia da permanência da simbologia franquista nos mais diversos espaços públicos da Galiza passadas já três décadas da morte do ditador genocida espanhol.

Como advertíramos naquela altura, esta situaçom só pode ser conseqüência do lamentável estado de saúde da democracia espanhola, resultado daqueles ignominiosos acordos de maquilhagem do regime franquista, que se plasmárom na denominada Transiçom. Mas nom só. A sobrevivência desta simbologia é umha manifesta ilegalidade, e nom o dizemos só por nos considerarmos coerentes militantes antifascistas, senom que está estabelecido por acordos das mesmas instituiçons espanholas: Lei 33/1981 e o Decreto 2964/1981 obrigam retirar o escudo franquista, umha Oroposta nom de Lei da Comissom de Administraçons Públicas do Congresso espanhol aprovou em 2004 "adoptar as medidas necessárias para favorecer a desapariçom de símbolos inconstitucionais". Mesmo no Trigésimo Sexto Congresso do PSOE foi aprovada umha resoluçom exigindo aos seus presidentes de cámaras municipais (entre eles, Carlos Pita, presidente da Cámara Municipal de Neda polo PSOE) a retirada de simbologia franquista.

O desenvolvimento da campanha consistiu em realizarmos os censos de simbologia fascista de cada localidade. Depois apresentavamos, via registo municipal, umha moçom solicitando a sua retirada. Mas o silêncio foi absoluto por parte das instiuiçons locais, e a militáncia de NÓS Unidade Popular saiu à rua para retirar todo esse imaginário fascista ou pintar de cor-de-rosa aqueles "monumentos" que, polo seu tamanho, nom era factível serem retirados polos nossos humildes meios.

Tendo em conta estas premissas, e depois de termos aguardado durante um espaço de tempo prudencial para receber algumha resposta por parte do Concelho de Neda à nossa moçom, na manhá do 23 de Dezembro de 2005 procedeu-se a pintar a "Cruz dos Caídos", situada num dos jardins municipais e que contém umha inscriçom em que som exaltadas figuras como José Antonio Primo de Rivera, fundador da Falange Espanhola, que também contava nesta vila com umha avenida dedicada à sua pessoa.

- O QUE NOS VENHEM FAZENDO .

No momento de começarem a pintar tam aborrecível monumento, quatro companheiros da nossa organizaçom som identificados por membros da Polícia municipal, que mesmo lhes dam conta da existência de um acordo plenário de dez anos atrás, polo qual se aprovava a sua substiuiçom por um outro monumento em memória das vítimas e represaliad@s polo franquismo. Mas também lhes advertírom que podíam ser objecto de denúncia por parte do Concelho.

E assim foi. Os quatros companheiros identificados na manhá daquele dia som chamados a declarar a 23 de Março de 2006 nos tribunais de Ferrol, sob a acusaçom de "desordens públicas" ("falta contra o património", que inclui a reclamaçom de gastos ocasionados pola limpeza da cruz). Antes de assistirem a declarar perante o juíz, representantes da nossa organizaçom mantivérom um encontro com representantes de Izquierda Unida para lhes pedir explicaçons polo envolvimento desse grupo político na denúncia, junto ao PSOE, já que formam coaligaçom de governo no município.

Mas semelha que o PSOE e IU querem chegar até o final e impor umha medida repressiva a quem reivindica a memória das vítimas e o fim da exaltaçom do fascismo. Desta maneira, no dia 26 de Abril de 2007, os quatros militantes antifascistas apresentarám-se perante o juíz no Julgado de Paz de Neda para responderem agora por "faltas polo deslucimento de imóveis".

NÓS-Unidade Popular, depois de um ano e meio de campanha a denunciar, a agitar e a actuar directamente na rua contra a permanência da simbologia fascista, pode extrair já um primeiro resultado positivo, que é o de deixar em evidência a imensa cobardia e complexos de forças autoproclamadas de esquerda, progressistas e incluso galeguistas (PSOE, IU, BNG) quando, tendo responsabilidade directa e estando ao seu alcance a eliminaçom de mastodônticos símbolos franquistas, nom fam nada nessa direcçom porque levam anos instalados na submissom aos ditados e à lógica da Transiçom. Mas, ao mesmo tempo, continuam a ficar em evidência, quando num exercício de oportunismo infinito reclamam a retirada de simbologia fascista noutros concelhos onde nom tenhem responsabilidades de governo. Tivemos vários exemplos disto no passado Ano da Memória de 2006, com formaçons políticas como IU no concelho de Ferrol ou o PSOE de Fene.

Porém, NÓS-Unidade Popular reclama menos cobardia e mais compromisso com as centenas de vizinhos e vizinhas que morrêrom, sofrêrom repressom e exílio por defenderem a liberdade e a democracia. É um exercício de higiene, justiça e dignidade democrática.

Também, como nom podia ser doutra maneira, queremos manifestar todo o apoio aos quatro companheiros que vam ser julgados e reafirmar a plena determinaçom de continuarmos a exigir a eliminaçom dos símbolos fascistas do nosso país.

Simbologia fascista fora da Galiza!!

Pola demoliçom da Cruz dos Caídos!!