Amosando publicacións coa etiqueta O Courel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Courel. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 21, 2008

O Courel está en perigo, salvé-mo-lo !

O Courel está en perigo, a acción social é unha baza a xogar. O sendeirista Dant fai este vídeo coa súa beleza para o seu blog e para expresar o que de verdade é este entorno, unha marabilla natural.

Visita o blog
http://www.senderista-iar.blogspot.com

Música de Luar na Lubre



__________

Enlace relacionado:

SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

O Courel: Europa advirte con ultimatum á Xunta de Galicia
____________

O Courel: Europa advirte con ultimatum á Xunta de Galicia

De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 01:08
Asunto: Europa advirte con ultimatum



Incrible o que arrisca a Xunta de Galicia no Courel !


SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

Ver noticia en galiciae.com

A Comisión Europea advirte graves irregularidades nas seguintes canteiras:

1.- La Campa, canteira en explotación no Concello de Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, ocupa máis de un Km. do río Luruda. Autorizada pola Xunta en xuño do 2007, cando xa foran advertidos pola Comisión Europea.
Ver vídeo denuncia “El Escarabajo Verde”, de dúas partes, 12 + 12 minutos,

Ollo! para que se poña en marcha o vídeo tes que buscar debaixo da pantalla parte 1 ou parte 2 e preme.

2.- «La Ilusión Fracción Segunda», en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, norma aprobada o “martes trece” de maio no Parlamento de Galicia. A Xunta presumiu de tela anulada no 2007, pero non foi tal.

3.- “Cupa II, fracción 3ª”, en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.

4.- “Cupa II, fracción 2ª”, incriblemente emprazada xunto ao “monumental” Pregue Tumbado do Courel, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.

Lei de ordenación da minaría de Galicia

Coa recentemente aprobada Lei de ordenación da minaría de Galicia, a Xunta e o Parlamento de Galicia habilitaron o instrumento necesario para encher o Courel con máis e máis canteiras, agora que a pizarra entrou en crise por mor da baixa na construcción e por a entrada de China e Brasil no mercado da lousa, así outras canteiras do Courel teñen serios problemas de viabilidade.

O caso é abrir e abrir canteiras para logo indemnizar ás empresas cando teñan que pechar, e a restauración xa se fará tamén con fondos públicos.

Que pasa co Parque Natural do Courel?

A Xunta está adiándoo sucesivamente, en espera da aprobación e desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, para adiantarse coa declaración de “Concello Mineiro”

Como podes colaborar con SOS Courel ?

1.- Difundindo este comunicado todo canto poidas.
2.- Picando neste vídeo de Youtube para achegalo ao millón de visitas.
3.- Tamén podes mercar o documental “Unha lousa sobre o Courel
4.- Para quen queira axudar nos procedementos xudiciais de SOS Courel >> Nº de CONTA

Saúdos

Courel, 21 maio de 2008

Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel,
NIF G27362474
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com

________________

xoves, abril 10, 2008

SOS Courel: "O Escaravello verde" Video-denuncia en Internet

De:SOS Courel
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de abril de 2008 10:29
Asunto: "Escarabajo verde" Video-denuncia en Internet


"Escaravello verde" Video-denuncia en Internet

Difunde canto poidas, para que tod@s sexan testemuñas da desfeita do Courel.

Vídeo completo de “O Escaravello Verde” en internet:

O' COUREL, A XOIA DA BIODERSIDAD GALLEGA

Ollo !!! Despois de premer en “ Vídeo”, busca debaixo da pantalla do visor : “parte 1 - parte 2”, e preme en calquera delas

preme>>Vídeo

Aclaracións ao Sr Conselleiro de Medio Ambiente:
  • No Courel hai varias canteiras activas na Rede Natura.
  • No Courel hai varias canteiras abandonadas, sen restaurar na Rede Natura.
  • Non sabemos de ningunha concesión anulada por a Xunta, dígannos cales.
  • Non teñen vostedes ningunha intención de parar a desfeita nin en dez anos, acaban de “regalarlle” unha superestrada ás canteiras de 15 millóns de euros e de 22 quilómetros, coa que están desfacendo metade da Serra.
  • Mentres, a estrada dos veciños cara a Autovía, leva 5 anos en obras e só hai un quilómetro asfaltado, de un total de 14, e case sempre está cortada.
  • Están vostedes cometendo un erro histórico gravísimo, fíxense que falamos só de salvar un tercio do Courel.

Se queres gravar ou ver o vídeo con máis definición, emítese os próximos días na en televisión:
  • Canal 24 Horas. VENRNES 11 de abril, ás 15h00 Internet
  • Canal 24 Horas. SÁBADO 12 de abril, ás 12h30 Internet
  • Canal 24 Horas. SÁBADO 12 de abril, ás 18h30 Internet
  • TVE Internacional (Europa/Asia). SÁBADO 12 de abril, ás 17h30 Satélite HorarioUTC + 1
  • TVE Internacional (America). LUNES 14 de abril, ás 00h30 Satélite. HorarioUTC + 1
  • TVE Internacional (América II). LUNES 14 abril, ás 02h30 Satélite. HorarioUTC + 1

Campaña de recadación de fondos para facer fronte a defensa legal do Courel:
  • Agradecemos o esforzo económico e a molestia da xente que xa ingresou a súa apartación na conta de SOS Courel en “La Caixa” . Para ver o nº de conta en >>> Entrar
  • Gracias a estas apartacións xa podemos facer fronte ao primeiro dos recursos en contra da Licencia Municipal de Actividade da canteira “ La Campa”.
  • Os fondos recadados serán empregados unicamente na defensa legal do Courel.
  • Tamén podes colaborar economicamente mercando o documental “Unha lousa sobre o Courel”, producido por Mabel Rivera e dirixido por Enrique Banet, informarte en >>> http://www.namchefilms.es

Vídeo de mostra de “Unha lousa sobre o Courel” :



Difunde e visita o vídeo de música e imaxes do Courel en Youtube, Luar Na Lubre - Terra - AXUDA URXENTE PARA O C@UREL ! , o vídeo galego máis visto, con máis de 700.000 visitas



Saúdos

SOS Courel, 4 de abril de 2008

soscourel@mundo-r.com

Teléfono 607 22 58 87
______________________

luns, decembro 03, 2007

A Galicia torturada, a Galicia tatuada, un artigo de Manuel Rivas en "El País"

De: santiago diaz-gazón morillo
-xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de dezembro de 2007 22:55
Asunto:
Unha fenda artística no Courel. de Manel Rivas. El pais 30 nov. 2007

Unha fenda artística no Courel. de Manel Rivas. El pais 30 nov. 2007


Luces
A Galicia torturada, a Galicia tatuada

MANUEL RIVAS
EL PAÍS - 30-11-2007


O recoñecemento á obra de Manuel Vilariño, Premio Nacional de Fotografía, non é o típico colofón, un tardío happy birthday, nin a celebración dunha delicatessen periférica, que tal é a fasquía ás veces destes galardóns. Non. Pasará a noticia, mais ficará o estrelampo e o calafrío dunha obra aberta, en pleno big bang. Como barcas mitolóxicas, as creacións de Vilariño son tumbas-berces. O seu é un compromiso que transcende a pegañenta actualidade. Lévanos a un estadio onde cambalea a linguaxe. A un místico desacougo, a unha perturbación pensativa, onde as imaxes cobran vida como poderosas, sutís e fértiles metáforas.

Xa non estamos a falar só de calidade fotográfica, que é dabondo, senón dunha obra que supón unha laboriosa revolución da ollada. A fotografía estase a manifestar como a vangarda máis activa en Galicia. Experiencia e profecía, a obra de Vilariño emite para todos os eidos da procura creativa. Hai nela poética, hai relato e emerxe tamén como un documento estarrecedor. Hai que ter gallas para narrar o fracaso da beleza.

O día que se deu a coñecer o premio a Vilariño, cadroume ver un filme con sona de maldito, certamente demoledor, sepultado pola avalancha do prescindíbel. Trátase de Love is a Devil (O amor é un demo), dirixida por John Maybury en 1998. Un retrato biográfico do pintor Francis Bacon, interpretado de xeito maxistral por Derek Jacobi.

Non hai paralelismos nas personaxes, mais si atopo unha valentía coincidente na achega aos eidos da dor e o sufrimento, un adentrarse nos espazos máis ocultos da natureza: alí onde conflúen e loitan as pulsións do amor e a morte.

O centro da pintura de Francis Bacon é o corpo humano. As psico-formas, as figuracións prohibidas do amor físico, as curvas violentas da tenrura angustiada. Vilariño abrangue outros círculos. O centro en Vilariño é o corpo-ánima, as naturezas mortas que murmuran metáforas, corpos que somatizan símbolos, as almas externadas (de cando en vez cómpre dar unha volta con Frozer n' A póla dourada). Está a denuncia das vidas reducidas a taxidermia, mais tamén un certo trato coa esperanza: os obxectos, as ferramentas, as cousas cobran existencia. Hai na materia unha vontade estética, un querer dicir: en simetrías, en pigmentos de cores.

A natureza morta do Xallas
A sensación de traxedia, de perda e desfeita na Idade da Sociedade do Risco, todo iso que narra sen medo a fotografía de Manuel Vilariño, ten a sabedoría de non ser unha declaración unilateral. Os seres-cousas, os corpos-ánimas, os mesmos cadáveres en leitos que son berces semellan exclamar o que o antifascista checo Julius Fusik ao pé da forca nazi: "Agravio e inxustiza sería colocar sobre a miña tumba un anxo de tristura".

Ás veces semella que o anxo da tristura si que pousa sobre Galicia. E as fotografías da realidade son tamén naturezas mortas a murmurar chamadas perdidas. Estou a pensar, a ver, o río Xallas como río da morte. O encoro da Fervenza convertido estes días nun campo do exterminio natural por mor do que semella un absoluto desleixo. Milleiros e milleiros de peixes mortos. Unha estampa noxenta, alcumante, de país podre. As explotacións dos nosos recursos hídricos, que manteñen grandes fortunas dentro e fóra de Galicia, teñen, no papel, unhas mínimas esixencias ambientais, de control de caudais, e no que atinxe á flora e a fauna da contorna. A resposta ás denuncias é un silencio de desprezo. A propiedade da explotación do Xallas, que agora pertence a ese gran benfeitor de Galicia que é Villar Mir, disque é a "perpetuidade". Tíralle do aire ao liberalismo mercantil!

Se miramos Galicia como un corpo a fotografar atoparemos moitas variantes de body art. Mais tamén un número crecente de cicatrices. De membros eivados. Unha Galicia aleixada.

Na Casa da Parra, en Santiago, temos outra pescuda fotográfica na que falan os corpos. Neste caso, son auténticos soportes de grafías e signos. Dentro da colectiva Nada que ver, José V. Caruncho mostra unha serie de retratos de corpos tatuados. Homes, mulleres, parellas. A pel humana é voluntario pergameo. Volvendo a Julius Fusik, e ao inesquecíbel Reportaxe ao pé da forca, o que poderían suscribir estes corpos é a súa afirmación máis célebre: "Que a tristura endexamais vaia unida ao meu nome!". Os motivos artísticos que amosan os tatuados son moi diferentes, mais a súa expresión é sempre de acougo, serenidade e alegría. Din o que queren dicir. Afírmanse sen destruír.

Sabemos que non se pode falar hoxe de paisaxe e natureza virxe. Nese eido, habería que aspirar a unha Galicia tatuada sen violencia. Un territorio onde o debuxo e o texto teñan vontade de estilo. Que vaian unidos a unha alegría expresiva. Hai paisaxe que é tatuaxe. Reivención humana, creativa. Haina que é cicatriz. Amputación. Crueldade.

Hoxe poderiamos dicir con ironía que para ver auténtica natureza, ou unha Galicia tatuada con xeito, o mellor é entrar nos museos e fundacións. Cada día temos máis espazos para as exposicións artísticas. Cada día anúncianse grandes mostras procedentes dos circuítos internacionais. En principio, habería que considerar esta marea de exhibición artística como un signo espléndido de prosperidade económica e avance cultural. Unha manifestación de sensibilidade colectiva.

Mais o que eu vexo é que esa arquitectura artística do Éxito non se corresponde co que está a suceder no territorio. Ese é un dos grandes paradoxos que vive hoxe Galicia. Moita arte en espazos selectos, mentres a couza da cobiza ou o desleixo van rillando o país.

Unha fenda artística no Courel
Hai dúas alternativas. Unha, deixarse de hipocrisía. É dicir, ler de entrada Un inimigo do pobo de Ibsen, a historia do doutor que se atreveu a dicir que o balneario era un foco de infección. Asumir a realidade da desfeita urbanística e ecolóxica. Enumerar o país dos mil ríos e ver se ficou algún enteiro. Qué foi do salmón e da anguía? Decidir o destino das rías: ou fontes de riqueza ou depósitos tóxicos. Elixir nas montañas máxicas (cada vez menos máxicas) do Courel e Ancares se van ser o grande parque natural do Occidente de Europa (en comunicación con León e Asturias) ou deixámolas baleirar para sempre como subministro de lousas para os países que si conservan as súas montañas máxicas. E así todo. Facemos un país con estilo, ou desfacémolo artisticamente.

Porque a segunda alternativa é esa. A igual que na Tate Modern de Londres acudiu xa un millón de persoas a ver na Sala de Turbinas a fenda de 170 metros, por que non convocar os turistas do mundo a ver a xigantesca fenda, moito máis espectacular que a de Doris Salcedo, que se está a abrir no Courel e a instalación de arte apocalíptica de Reganosa na ría de Ferrol moi ao estilo dos monstros de Louise Bourgueois?

Agora haberá que facer. Eu voume tatuar un anxo da garda no lombo, que non sexa o da tristura, e a ver se o retrata Caruncho.

Enlace co artigo orixinal no xornal "El País"

________________

martes, novembro 13, 2007

SOS Courel: Lei da Minaría de Galiza, tod@s ao Parlamento ¡!!!

De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de novembro de 2007 01:00
Asunto: Lei da Minaría para arrasar a Rede Natura



Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, NIF G27362474

Lei da Minaría de Galicia, tod@s ao Parlamento ¡!!!

Amigas e amigos do Courel;

Se o tedes a ben e se vedes que pode interesar, reenviade este correo aos vosos contactos.

Como proximamente se vai debater no Parlamento de Galicia o “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia”:

http://www.parlamentodegalicia.es/Proxectominaria.pdf

Proxecto ao que se presentaron as seguintes emendas por parte de PP, PS de G e BNG (Páxina 4 e seguintes):

http://www.parlamentodegalicia.es/enmendas.pdf

Como este proxecto de Lei, que vai facilitar a tramitación de novas minas, contempla tamén a posibilidade de implantar actividades extractivas en en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc); por iso despois de ler o seguinte texto, se estás de acordo, copia co rato entre as dúas liñas de puntos e pégao na seguinte caixa de texto que ofrece o Parlamento de Galicia para a Participación Cidadá:

http://www.parlamentodegalicia.es/Discusion

.................................................

Á Presidenta do Parlamento de Galicia

Mesa do Parlamento

Despois de entregar as máis de 21000 sinaturas en defensa do Courel, dirixidas ao Presidente da Xunta, co encargo de que se lle enviara copia á Presidenta do Parlamento de Galicia, exercemos o noso dereito a lexislar con Vós, no referente ao “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia” que deixa á “intemperie” todos os espazos naturais da Galiza e ímolo demostrar paso a paso:

a.- A Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, vai ser a primeira lei autonómica de todo o Estado nesta materia e non é como din, para regularizar as explotacións clandestinas existentes, xa que a “máis iposible” de todas, “La Campa_Santa Eufemia”, xa foi autorizada dun “golpe” o 21 de xuño de 2007.

b.- O verdadeiro motivo desta Lei é facilitar a tramitación das novas concesións mineiras e o “asalto” de novas explotacións ao solo rústico especialmente protexido de espacios naturais, paisaxístico, agropecuario, forestal, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc, a través do Plan Sectorial de actividades extractivas.

Por iso, con esas miras futuras, deixase que siga o trámite das de momento, 54 novas canteiras no Courel, en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais. Esta “multitramitación de actividades extractivas” cargadas de “expropiación forzosa”, xa se vai ocupando de ir despoboando o territorio e de disuadir da implantación das actividades económicas alternativas necesarias para o mantemento do patrimonio cultural e natural.

c.- Xa a Lei do Solo, 9/2002, na súa disposición transitoria nº 12 consinte para o futuro e di: “.....A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc) non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 10/1995) ........”

d.- Este proxecto de Lei de ordenación da minaría contempla, no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de Galicia” que se corresponde co “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.

e.- As garantías ambientais do “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia” estableceranse por medio de unha avaliación ambiental “a carta”, o mesmiño que se fixo nos plans sectoriais de eólicos, acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para saltarse a Lei do Solo.

f.- Así, o único obstáculo ambiental que queda, intentouse eliminar polo artigo 39, punto 4, deste proxecto de Lei, onde o Consello da Xunta, do 21 de xuño de 2007 (o mesmo día que se autorizou a “CE La Campa”) “colou” un apartado polo que “as actividades extractivas” poderían “saltarse” o vixente Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas (RAMINP), e sería substituído por unha “avaliación ambiental”. Evidentemente este apartado terá que retirarse da Lei que se aprobe no Parlamento, a menos que queiran contradicir a normativa estatal.

g.- Introdúcese tamén neste proxecto de Lei, a declaración de “concellos mineiros”, tal e como se prevé no artigo 46, por o que a minaría pasaría, a maiores do interese público, a ter tamén interese social nestes concellos. Según este artigo, Folgoso do Courel, con máis do 90% do seu territorio en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais, sería declarado “concello mineiro”.

h.- Por todo o anteriormente exposto e para evitar a inseguridade xurídica e de futuro esiximos ao Parlamento de Galicia que se incorpore á esta Lei de Ordenación da Minaría de Galicia a prohibición de tramitar concesións e instalar actividades extractivas en terreos incluídos na Rede Natura e outros espazos naturais, no senso en que obriga a Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, que no último parágrafo do seu artigo 6, di:

“No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente se poderán alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns imperiosas de interese público de primeiro orde.”

Ante a grave desfeita do Courel, un dos espazos de maior biodiversidade e xeodiversidade da Europa, ateigado de hábitats naturais prioritarios e de especies prioritarias, e polo tanto de máximo interese científico-educativo, natural e cultural, valores protexidos expresamente na Constitución do Estado polos artigos 44, 45 e 46; onde a maiores, estase a incumprir gravemente a Normativa Comunitaria que obriga a todos os estados membros; é de esperar que sexa o Parlamento da Galiza o que tome a dianteira na defensa destes territorios e valores tan próximos.

Outono de 2007

...........................

Noticias sobre a declaración de Parque Natural para o Courel:

Según as últimas manifestacións publicas de altos cargos da Xunta, parece ser que nesta lexislatura nin o van intentar. Falan de un prazo de 10 anos para comezar a parar a desfeita, para cando o Courel estea xa arrasado e non queden ninguén para denuncialo.

Por iso, coa axuda de todos, non temos máis remedio que seguir coa loita Social e Xudicial. Xa presentamos dous recursos contencioso-administrativos, un contra a autorización autonómica e outro contra a licencia municipal, outorgadas a “CE La Campa”. Quédanos polo menos, un terceiro recurso contra a licencia de apertura cando se lle conceda.

Quen queira colaborar, pode atopar o noso número de conta en calquera dos seguintes enlaces:

http://www.verdegaia.org

http://www.arredemo.info

http://www.adega.info

http://www.amigosdaterra.net

http://www.elpais.com

http://www.codigocero.com

http://federacionecoloxista.blogsome.com/

http://www.galicia-hoxe.com

http://artabra21.blogspot.com

http://vigo.cidadans.net

http://www.primeiralinha.org

http://blog.falabarato.net


Clica o vídeo galego máis visto na historia da rede.-

Gracias, a Raquel Gamallo, pola montaxe deste vídeo que vai rescatar alomenos un anaco do Courel:

http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o


Todos os artigos do Courel na Rede:


http://firgoa.usc.es/drupal/node/36333


Enlaces con fotos do Courel:

http://fotossoscourel.blogspot.com/

http://soscourelsos.blogspot.com/


Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, ou o teléfono 607 22 58 87.

Gracias por axudar

SOS Courel, 9 de novembro de 2007
____________