Amosando publicacións coa etiqueta Podemos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Podemos. Amosar todas as publicacións

domingo, setembro 21, 2014

Grabación da Asamblea Aberta realizada polo Grupo de Traballo de Podemos Ferrol, para tratar a situación do Sector Naval, o 20 de Setembro no Ateneo Ferrolán - Vídeo


Hai unhas horas que rematou a Asemblea Aberta do Grupo de Traballo de Podemos sobre o Sector Naval. Co obxectivo de compartir e debater análises e propostas respecto do Sector Naval da Ría de Ferrol. O acto que se celebrou o sábado 20 de Setembro de 2014, no Ateneo Ferrolán, contou cun importante número de persoas presentes na sala de actos, mais tamén foi retransmitido en directo por internet. E máis tarde colgado na rede no canle de Podemos Ferrol. O vídeo dura case dúas horas e o son non é moi bon, mais pode-se escoitar prestando atención. Desde Ártabra 21 consideramos esta Asemblea de interese, é por iso que a continuación a colgamos no noso sitio-e.


http://youtu.be/kXReakHrnCw

Foto do Arteaga, na grada nº1 de ASTANO (Navantia Fene) en 1973.podemos.ferrol@gmail.com

https://www.facebook.com/podemos.ferrolterra

https://www.facebook.com/Podemos.Ferrol

https://twitter.com/PodemosFerrol

http://podemos.info/

https://www.facebook.com/pages/Podemos/269212336568846
___________________

sábado, setembro 20, 2014

Será que Podemos em galego?, ... Por Valentim Fagim e José Ramom Pichel


Por Valentim Fagim e José Ramom Pichel [*]
20.09.2014


Uma das grandes surpresas nas recentes eleições europeias, Podemos, está-se a sediar na Galiza por meio dos Círculos, as entidades que agrupam aderentes de uma dada povoação.

Podemos está a contribuir, ao nosso ver com uma linguagem muito bem articulada, para identificarmos com claridade aqueles grupos humanos que, governe quem governar, são os que afinal sempre decidem: as elites económicas, técnicas e políticas de portas giratórias, hoje no governo, amanhã no grande empresariado. O que eles chamam de “Casta”.

Como método para combater a tal “Casta”, Podemos propõe a democracia direta dentro da própria organização. E isto para nós também é muito boa notícia.

Na Galiza, espaço onde se falam diariamente as duas línguas românicas com maior número de falantes, português (galego) e espanhol (castelhano), está a se debater a língua oficial de comunicação de cada círculo.  Alguns decidiram, para espanto de muitos, que a tal língua ia ser o castelhano.

Partindo da realidade inegável de o castelhano ser a língua cada vez mais comum nas gerações de galeg@s mais nov@s, estas decisões colocam a língua tradicional dos galegos, o galego, como uma língua de futuro complexo, apesar de ter uma projeção internacional, como se sabe, desaproveitada até o momento. Se não vale nem para comunicar com os galegos, então para que vale?

O único que não temos claro é se as pessoas que marcaram o castelhano como língua de comunicação oficial em Podemos, têm toda a informação das causas profundas para falarem uma língua diferente à das suas avoas. Os autores deste texto falávamos em castelhano até os 15 anos numa cidade como Vigo para depois mudar e assim reconectar-nos com elas.

Na altura, não éramos totalmente conscientes de porque falávamos castelhano. Talvez fosse por:
  • Ser a língua imposta pola “Casta” com as suas leis e decretos (p.e. já desde o 1768, na Real Cédula de Aranjuez de Carlos III que proíbe o ensino e os julgados noutra língua que não seja a castelhana)
  • Ser a língua que a “Casta” industrial e económica, que se expandiu sobretudo desde finais dos anos 60, a partir do “Plan de estabilización” franquista. Na Galiza, uma das suas consequências mais marcantes foi o êxodo do rural para as cidades galegas, e o início da perda de transmissão familiar da língua galega.
Nós não éramos conscientes de que os argumentos interiorizados polo mundo que nos rodeava: “en castellano para que nos entiendan todos”, “somos libres para hablar la lengua que queramos”, eram e são, na verdade, argumentos criados pola casta.  Argumentos desenhados para nada mudar, para não virem ameaçado o seu estatuto. Argumentos para transformar, no fundo, uma Galiza bilingue numa sociedade aborrecidamente monolingue em castelhano, como Madrid ou Múrcia.

Não éramos conscientes, como de tantas outras cousas, de que a língua que usávamos não nascia de uma decisão tão livre como gostávamos de crer.

[*] Publicado em PGL.gal, por Valentim Fagim e José Ramom Pichel a 3 de Julho de 2014 | Na página do Portal Galego da Língua hai comentários.
______________

venres, setembro 19, 2014

Unha Asemblea do Naval Aberta a toda a cidadanía, para debater e compartir análises e propostas respecto do Sector Naval da Ría de Ferrol, organizada polo Circulo de Podemos


O grupo de traballo do Naval de Podemos en Ferrolterra convoca para este Sábado 20 de Setembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204), unha Asemblea Aberta a toda a cidadanía, para debater e compartir análises e propostas respecto do Sector Naval da Ría de Ferrol.

Podemos fai un chamamento á participación neste acto a toda a cidadanía.

podemos.ferrol@gmail.com

https://www.facebook.com/podemos.ferrolterra

https://www.facebook.com/Podemos.Ferrol

https://twitter.com/PodemosFerrol

http://podemos.info/

https://www.facebook.com/pages/Podemos/269212336568846

___________________
    

luns, xaneiro 20, 2014

PODEMOS, a ANOVA articuladora dunha AGE/SYRIZA de ámbito estatal, ... Por Javier Caso Iglesias


Por Javier Caso Iglesias [*]
20.01.2014

Creo que se están facendo moi ben as cousas por parte de PODEMOS. En dous días, desde que foi presentada a súa iniciativa, conseguiron máis de 63.000 apoios; para mostra as reaccións que está tendo noutras forzas políticas este avultado respaldo cidadán a PODEMOS, por exemplo en Izquierda Unida (IU) estanse dando conta, a pasos axigantados, que teñen que mover ficha e cambiar de paradigma; pois xa non vale facer as cousas desde o "aparato" e á marxe da cidadanía.

Desde fai moito tempo veño dicindo que para que sexa posible unha AGE a nivel estatal necesitabamos unha ANOVA do mesmo ámbito que a impulsase, os da "operación coleta" ou "operación coleteiro" xurdiron por ser necesarios, pois había que dar resposta ao que a xente pide na rúa; e a rúa pedía conformar unha AGE a nivel estatal para non quedarse no pataleo permanente; e sinxelamente iso é o que se vai a facer, unha AGE Estatal cunha ANOVA do mesmo ámbito. A ANOVA chámase PODEMOS e o seu obxectivo, como así o manifestou, é crear unha candidatura única e non excluínte para as eleccións europeas moi participada pola cidadanía. Varios sectores de IU xa responderon favorablemente á iniciativa, o mesmo ocorre en relación a EQUO, coas CUP, con COMPROMÍS, con CHA, con MÉS e con ANOVA como se pode apreciar nas redes sociais.

Algúns levamos tempo intentando conformar esa ANOVA de ámbito estatal: Intentámolo en Construyendo La Izquierda (CLI), intentámolo con SUMA, coa Asamblea 14D e, ao final, conseguímolo a través de PODEMOS.

Os intentos anteriores a PODEMOS, con ser moi loables e eu ser moi respectuoso con eles, quedáronse nun quero e non podo; e o apoio cidadán solicitado por PODEMOS é o algodón que mostra esta evidencia.

Como diría o meu admirado Carlos Marx: "As ideas só xorden cando xa se dan as condicións materiais para a súa realización". E a idea agora debe de ser esa AGE, esa Syriza non excluínte de ámbito estatal na que esteamos todos: IU, ANOVA, PODEMOS, COMPROMÍS, CUP, CHA, MÉS, EQUO, ICV,  ... Unha Syriza sen hexemonismos nin patrimonialismos.

Creo que a iniciativa SUMA, impulsada por IU, tamén debe de reflexionar con sinceridade e tranquilidade consigo mesma para descubrir por que, estando chamada a selo, non puido transformarse nese PODEMOS que agora puxa con forza por articular esa fronte ampla non excluínte de forzas rupturistas.

Como dicía fai uns días, no momento actual non podemos aferrarnos a posturas excluentes ou patrimonialistas, pois estas pódense volver en contra; en especial en contra de IU. Imaxinemos, para abundar nisto que digo no seguinte: Si IU rexeitase a xenerosa proposta de PODEMOS e esta fose sensible de ser apoiada por EQUO, COMPROMÍS, CHA, MÉS e ANOVA; é probable que PODEMOS, de ter que competir electoralmente con IU (aínda que non fóra, como non o é, o seu desexo), obtería máis votos que IU.

De ocorrer isto, o máis probable é que nas próximas eleccións xerais até ICV abandonaría a compañía de IU como socio electoral. Moitas voces dentro de ICV xa están suscitándose este escenario, pois, de feito ICV forma parte do Grupo de los Verdes / Alianza Libre Europea e non do PIE (Partido de la Izquierda Europea) como IU.

Penso que esta realidade xa se está tendo en conta no seo de IU, é por iso que a vemos ir cambiando de opinión e ir aceptando o evidente.

[*] Por Javier Caso Iglesias -Cáceres 1964, é analista político e activista social e sindical.

Pasión pola Dialéctica, o Blogue persoal de Javier Caso Iglesias
http://javiercasoiglesias.blogspot.com.es/

Correo-e
javier.caso.iglesias@gmail.com

Twitter
https://twitter.com/JavierCaso

Facebook
https://www.facebook.com/pages/Javier-Caso-Iglesias/254211981316744

Google +
https://plus.google.com/111202472718546293699
________________