Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións

venres, marzo 13, 2015

O Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia, vén corroborar o que veñen denunciando desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e as diferentes plataformas locais e a galega SOS Sanidade Pública - Achega-se o texto do informe

Valoración sobre o informe da Comisión de Bioética

O Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia (cuxa publicación foi bloqueada pola Consellería de Sanidade o que desencadeo a dimisión de 7 membros da mesma), vén corroborar o que vimos denunciando desde fai tres anos:
  1. Que o Real Decreto Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde atenta contra a universalidade a equidade e a accesibilidade á asistencia sanitaria,.
  2. Este cambio na lexislación, esta xerando desigualdades inxustas e inaceptables, eticamente, desde a óptica sanitaria, xurídica e social.
  3. A necesidade imperiosa de derrogar este instrumento legal que pretende reducir gasto sanitario, a costa de recortar o dereito fundamental á saúde de todos e todas as cidadás e cidadáns, teñan ou non traballo ou a posibilidade de cotizar como as persoas inmigrantes ou a mocidade en desemprego.
Desde a nosa Asociación queremos denunciar a incapacidade da actual Xunta de Galicia de tolerar a menos crítica, aínda que proveña dunha Comisión cuxos membros foron elixidos pola propia Consellería (o que supón que son da súa confianza) e que reflicte unha situación de fraxilidade política e deterioro ético incompatibles coa función de xestionar o sistema sanitario público galego.

12 de marzo, de 2015

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública -AGDSP.

Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia, | aprobado o 17 de Setembro de 2014. | Ocultado pola Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, perante todos estes meses | 16 páxinas en formato pdf | Acceder/Baixar.

O asunto na rede a través do buscador libre (gnu-linux): DuckDuckGo.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
13 de março de 2015 01:06

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_________________

luns, febreiro 16, 2015

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, convoca a súa Asemblea Plenaria, para este xoves 19 de Febreiro, ás 17:30hs, en Esteiro


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, convoca a súa Asemblea Plenaria, para o vindeiro xoves 19 de Febreiro de 2015, ás 17:30hs no local da asociación veciñal de Esteiro, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo da cidade de Ferrol (Telefono 981933223).

A Plataforma é unha entidade unitaria onde participan máis de 50 organizacións entre colectivos, asociacións, sindicatos e partidos políticos. Que a súa vez participa na Plataforma Galega SOS Sanidade Pública.

O dereito á sanidade pública e universal, é un dereito que día a día están negando desde os gobernos do Partido Popular,  tanto desde Central, como desde a Xunta de Galicia. Estes están cuestionando o noso dereito universal, coa súa lexislación restritiva, cos seus copagos e repagos, así como coas privatizacións e o desmantelamento. Queren facer da sanidade un negocio. Queren aplicar na sanidade as políticas neoliberais, de pór os servizos públicos en mans privadas, aplicando xa as directrices das institucións controladas polos neoliberais e os tratados de libre comercio como o Tratado Transatlántico Comercio e Investimentos entre a unión Europea e os EEUU (TTIP). As plataformas en Defensa da Sanidade Pública, teñen como obxectivo combater esas políticas e rescatar para pobo o roubado. A sanidade pública é un dereito non un negocio. As plataformas en Defensa da Sanidade Pública levan desenvolvido unha importante actividade en propostas e mobilizacións, recuperemos ese traballo, esa acumulación de coñecemento e loita e non baixemos a garda, fronte as continuas agresión da dereita neoliberal que nos empobrece e rouba. Participemos na Asemblea Plenaria do vindeiro xoves 19 de Febreiro, ás 17:30hs, no local da asociación veciñal de Esteiro.

A Asemblea Plenaria desenvolvera-se coa seguinte orde do día
:
  1. Aprobación, se procede, ACTA anterior.-    
  2. Situación actual desta Plataforma.
    – Baixas .-
    - Estado de Contas .-
    - COTAS para este ano 2015.-
  3. Acordos tomados en SOS Sanidade Pública o pasado día 22 Xan .-
    -Apoio mobilizacións afectados Hepatite C.     
  4. Organización de Mobilización aprobada por SOS Sanidade Pública a realizar o vindeiro día 19 de Marzo nesta comarca.     
  5. Organización dunha charla de Manuel Martín- Voceiro de SOS Sanidade Pública-                                                                                    
  6. Suxestións e preguntas
Ferrol, a 5 de Febreiro de 2015.-   

A Comisión Permanente .-

Secretaría .-

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
_______

domingo, febreiro 15, 2015

Solidariedade da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública coas persoas enfermas de Hepatite C que insta á Xunta a garantir o acceso á novas terapias contra esta enfermidade


AGDSP ante a expulsión do parlamento galego de persoas enfermas hepatite C


Ante a información de que enfermos de Hepatite C, que seguían o debate dunha iniciativa, apoiada por toda a oposición, que instaba á Xunta a garantir o acceso á novas terapias contra esta enfermidade, foron expulsados do Parlamento de Galicia, desde a Asociación Galga para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:
1.- De xeito inmediato adminístrense estes medicamentos aos enfermos graves afectados por esta enfermidade, que non poden esperar por estar en risco de morte.

2.- A subcomisión de hepatite de Galicia acelere a tramitación dos expedientes pendentes de resolver para o tratamento destes pacientes e que se publiquen os posibles conflitos de interese dos seus compoñentes, dado que na Comisión creada polo Ministerio de Sanidade a práctica totalidade dos mimos tiñan intereses relacionados con industria farmacéutica.

3.- A Xunta de Galicia esixa ao Ministerio de Sanidade a fabricación deste fármaco como xenérico, como se esta facendo en países como a India que gañou un recurso internacional neste sentido ao considerar que o Sovaldi non é unha novidade terapéutica patentable.

4.- Non é de recibo que o Ministerio negociase e fixase un prezo exorbitante co laboratorio Gilead de 25.000 dólares, que deben ser sufragado por unha CCAA que non foron invitadas a participar na negociación.

5.- Consideramos inaceptable e inxusto o trato dado a un colectivo cunha grave problema de saúde que non está recibindo a resposta do sistema sanitario polos recortes do sistema e enfrontamentos comerciais entre empresas multinacionais.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

12 de febreiro do 2015

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área sanitaria de Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 11:31

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

________________

Nova de interese relacionada:

A plataforma galega de afectados por hepatitis C desvelou este sábado a composición da subcomisión que concede ou denega a medicación a estes enfermos e, acto seguido, ha instado aos seus membros a explicar "públicamente" si "avalan" os criterios que segue dita subcomisión. | Esta revelación prodúcese despois de que a propia plataforma ofrecese, o pasado mércores, un prazo de 48 horas á Consellería de Sanidade para que fixese pública a composición desta subcomisión. | Con todo, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, rexeitou publicar, este venres, os nomes dos integrantes de dita subcomisión. Por iso, a plataforma galega de afectados por hepatitis C asegurou desvelar, finalmente, a súa composición, a cal contrastou, segundo defendeu, en repetidas ocasións.| SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Feb. 2015 (EUROPA PRESS). | Acceder.
____________________________

Solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais e aos afectad@s polo Plan PROA, ante as políticas sociais e de saúde do goberno do PP na Xunta de Galicia


Fuco Buxán A.C. amosa o seu apoio Solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais (Aspaneps) e aos afectad@s polo Plan PROA, ante as políticas sociais e sanitarias do goberno do PP na Xunta de Galicia

A A.C Fuco Buxán amosamos o noso total apoio e solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais (Aspaneps)). Denunciamos os salvaxes recortes presupuestarios do goberno da Xunta de Galicia, de Feijoo e do PP nos Programas Asistencias da Infancia, que disminuiron, nos últimos catro anos, un 35% nas axudas destinadas o Programa de saúde mental infantil-xuvenil para toda a área sanitaria de Ferrol da Asociación Aspaneps.

Asemade, máis de 50 de nenos/as dos centros educativos CEIP Cruceiro de Canido e a Laxe de Balón quedaranse este ano 2015 sen clases de Reforzo polos recortes da Consellería de Ensino da Xunta de Galicia no Plan PROA (Plan de Reforzo, Orientación e Apoio).

A.C Fuco Buxán denunciamos que son recortes ideolóxicos, clasistas e neoliberais e amosan a profunda insensibilidade, insolidariedade e inhumanidade do goberno do PP da Xunta de Galicia, coa submisa complicidade do goberno do PP de Ferrol, que mira para outro lado mentres estas medidas afectan as persoas mais vulnerables da nosa cidade, atentando contra a igualdade de oportunidades, perxudicando seriamente aos usuarios, supoñendo un grave ataque os dereitos humanos, mermando os servizos e os recursos, cebándose salvaxemente coas persoas mais vulnerables e coas súas familias e causándolles moita dor e sufrimento.

Desde a A.C Fuco Buxán esixímoslle ao goberno da Xunta de Galicia e ao goberno do PP de Ferrol máis axudas públicas destinadas a asociación Aspaneps e para o Plan PROA para que estes programas poidan desenvolverse nas mellores condicións e cos mellores recursos e atender a todos os nenos e nenas da nosa cidade que o necesiten.

Fuco Buxán, A. C.
--
Correo-e: fucobuxan@yahoo.es | Web: http://www.fucobuxan.net | Blogues: Escolma das Razóns http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/ | Pensamento Crítico http://opinionsfuco.blogspot.com.es/ | Facebook:
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 | Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan | Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts | Telefono: 981325492 | Local Social: Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol | Apartado Correos: 240 C.P. 15400 Ferrol.

Foto de Jorge Meis publicada no 'Diario de Ferrol' | 13.02.2015 | http://www.jorgemeis.com/.

Enviado por:

A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 17:53
_______________________

luns, febreiro 09, 2015

Irresponsabilidade das autoridades sanitarias na asistencia das urxencias sanitarias


Fuco Buxán sobre a irresponsabilidade das autoridades sanitarias na asistencia das urxencias sanitarias
. | Desde a A.C. Fuco Buxan queremos chamar a atención sobre a irresponsabilidade das autoridades sanitarias en relación coas Urxencias sanitarias. | Profesionais e sindicatos levan desde 2013 avisando de que os recortes do Goberno poderían custar vidas humanas.


É demoledor o informe da Defensora do Pobo, Soledad Becerril: As urxencias hospitalarias no Sistema Nacional de Saúde: dereitos e garantías dos pacientes. Xaneiro 2015 elaborado xunto cos defensores do pobo de varias comunidades autónomas.

Mariano Rajoy, Esperanza Aguirre e outros cargos do PP negaron que se aplicaran recortes á Sanidade, pero o certo é que si se fixo: pecháronse plantas, limitáronse horarios de servizos, despediron a profesionais sanitarios, non se contratou persoal para substituír a traballadores en situación de baixa, entre outras medidas, e este é o resultado.

As urxencias hospitalarias son unha peza esencial para o bo funcionamento dos sistemas de saúde (en España xestionan 26 millóns de atencións ao ano e 6 de cada dez ingresos hospitalarios son de pacientes de urxencias), pero enfróntanse a moitos problemas cuxa solución excede das capacidades destes servizos.

O estudo analiza os problemas comúns ao conxunto dos servizos de urxencias, sen particularizar a situación de ningún deles.

Resúmense a continuación algunhas das corenta conclusións deste Estudo:

As medidas de ampliación ou renovación dos espazos físicos dedicados á atención de urxencias nos hospitais non resolven os problemas de presión asistencial e de saturación dos servizos, se non se introducen cambios na organización e xestión da realidade hospitalaria.

As ferramentas informáticas de xestión clínica, polo xeral, non adoitan ter en conta os requerimientos específicos da atención urxente e son percibidas polos profesionais como unha dificultade adicional que entorpece a necesaria axilidade e a propia seguridade da actividade asistencial.

A presenza suficiente de profesionais especializados e con experiencia na atención urxente non está garantida en todas as franxas horarias e todos os días da semá.

Os servizos de urxencias hospitalarios son ámbito de risco por estrés laboral, o que aconsella introducir ferramentas de xestión proactiva destes riscos.

As repetidas situacións de saturación dos servizos de urxencias dan lugar a un menoscabo da dignidade dos pacientes neles atendidos e pode vulnerar o dereito á intimidade e a confidencialidade dos seus datos de saúde.

A experiencia dos profesionais e os actuais métodos de xestión permiten prever o nivel de demanda asistencial ao longo de todo o ano, incluídos os periodos estivais ou vacacionais. A disponibilidade de recursos, camas hospitalarias e persoal, debe axustarse a esas previsións.

Nos servizos hospitalarios de urxencias é imposible garantir aos pacientes en fase terminal unha morte digna e preservar o duelo dos familiares.

A práctica do consentimento informado, verbal ou escrito, é insuficiente nos servizos de urxencias e debe ser asumida en toda a súa extensión polos profesionais sanitarios.

A atención en urxencias, polas súas características, incrementa os riscos para a seguridade dos pacientes e é causa dun maior número de efectos adversos.

Os inmigrantes en situación irregular teñen dereito a recibir do sistema público atención sanitaria de urxencia.

As persoas en situación de fraxilidade, especialmente con trastornos cognitivos, enfermidade mental ou discapacidad grave, deben poder ser atendidas con prioridade e débese facilitar o acompañamiento por familiares ou achegados, ou por persoal formado específicamente nesta atención.

Para a atención a pacientes vulnerables, con risco de maltrato ou de exclusión social, os sistemas de clasificación de pacientes poden incluír parámetros e información non estrictamente clínica, deberían ser aplicados protocolos específicos de asistencia, incluíndo a disposición de espazos reservados que preserven a intimidade destas persoas.

Ofrecer a debida atención a determinados colectivos, como os pacientes crónicos e pluripatológicos, as persoas de idade moi avanzada ou as persoas en exclusión social.

A específica atención ás persoas detidas ou en situación de custodia.

Os programas de calidade son unha esixencia legal e unha garantía para o adecuado funcionamento dos servizos de urxencias.

Os sistemas de reclamaciones e suxestións dos pacientes son unha ferramenta moi eficaz para garantir a calidade do servizo.

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
9 de fevereiro de 2015 14:33
http://www.fucobuxan.net/
__________________

venres, xaneiro 09, 2015

Hepatitis C: historia dun atraco anunciado - Queren cobrar 25.000 euros por un medicamento que só custa 115 - Multinacionais farmaceuticas que especulan coa nosa saúde


Hepatitis C: historia dun atraco anunciado. | Queren cobrar 25.000 euros por un medicamento que só custa 115.


A loita dos pacientes de hepatitis C está permitindo descubrir o inmenso negocio que as multinacionais de farmacia (apenas unhas decenas a nivel mundial) están facendo con nosa saúde.

Como se pode apreciar neste estudo (páxina 25 en inglés) [*], o custo de produción do Sofosbuvir para un tratamento de 12 semanas, é de entre 68 e 136 $, é dicir entre 57 e 115 euros, mentres que a multinacional Gilead (a mesma que se lucró co negocio do Tamiflu), esixe ¡¡¡¡ 25.000 euros por tratamento !!!

Hai que recordar que Gilead adquiriu Pharmasset (a empresa que comprara á súa vez a patente do medicamento) por uns 9.200 millóns de euros, e agora parece claro que o importante é rendibilizar o negocio.

Ante esta situación, que con toda seguridade repetirase nun futuro quizais non moi afastado con outras enfermidades e outros fármacos, só queda unha saída razoable: loitar por crear un sistema farmacéutico público de investigación e produción, que permita fabricar directamente os medicamentos que perderon a patente, así como aqueles que sen habela perdido, sexan necesarios por motivos de saúde pública. Vainos a vida niso.

CAS Madrid | 2015.01.06

Coordinadora Antiprivatización da Sanidade - Cas Madrid
http://www.casmadrid.org
info@casmadrid.org
Twitter:
http://twitter.com/CAS_madrid
Facebook:
http://www.facebook.com/profile.php?id=100000750273195&sk=info

[*] Os custos mínimos para producir antivirais de acción directa contra a Hepatite C. | Minimum costs to produce Hepatitis C Direct Acting Antivirals | Andrew Hill and Saye Khoo, Department of Pharmacology and Therapeutics, Liverpool University, UK Bryony Simmons, Imperial College, London, UK Nathan Ford, University of Cape Town, South Africa 64th Annual Meeting of AASLD, Washington DC, United States of America, November 2013 [Poster 1097]. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
8 de janeiro de 2015 23:01

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

______________

venres, novembro 21, 2014

Rocío Mosquera, privatizadora, precarizadora e ademais mentireira


Unha mentira repetida cen veces non se converte nunha verdade. O único que pon de manifesto é o desprezo absoluto desde o que fala a persoa que, sen ningún tipo de pudor, repite estas mentiras co fin de ocultar a realidade e desprestixiar as/os profesionais.

Estamos a referirnos ás declaracións que a Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, fixo nun medio de comunicación, asegurando que a contratación no SERGAS por días soltos ou de media xornada é puntual, que só se daba en contadas excepcións, cando todo o mundo sabe que é a norma, e que todos os días se producen inxentes cantidades de contratos non só por días, senón tamén miserábeis contratos por horas.

A quen pretende enganar?
  • Ás persoas inscritas na listaxe de contratación que sofren día a día o desemprego, a precariedade laboral, a obriga de realizar contratos a xornada reducida, nalgún caso con desprazamento superiores a 70 km onde as retribucións non cobren os gastos?
  • Á poboación que sofre día a día as demoras na asistencia por falta de profesionais?
  • Á mesma poboación que ve como os seus familiares, traballadoras/es da sanidade pública, agora están en desemprego cando antes traballaban regularmente?
  • Ás persoas que emigraron en busca dun posto de traballo?
Sra Conselleira, unha persoa nun cargo público, ante todo, debe ser respectuosa co persoal que depende dela. O seu aforamento non lle dá dereito a mentir e quedar impune. Se o que Vde. pretende é transmitir á opinión pública que a precariedade laboral debe ser a situación normalizada das/so traballadoras/es públicos, non se reprima, sexa sincera.

Vostede siga a facer méritos con quen pretende privatizar a sanidade. A sociedade galega non vai consentir que teña a desvergoña de privatizar a Sanidade Pública, que se atreva a criminalizar e precarizar ás persoas que co seu traballo a manteñen viva e que inda teña a fachenda de negalo mentindo descaradamente.

Rocío Mosquera, privatizadora, precarizadora e ademais mentireira!!! Tenas todas!!!

CIG Saúde Ferrol

http://www.cig-saude.info/ferrol

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
21 de novembro de 2014 10:09
___________