Amosando publicacións coa etiqueta Sindicalismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sindicalismo. Amosar todas as publicacións

venres, novembro 27, 2009

A folga xeral no comercio de alimentación na comarca de Ferrol Terra



Hoxe, 27 de Novembro de 2009, hai folga no sector do Comercio de Alimentación.


A plataforma sindical unitaria conformada por UGT, CCOO e CIG, para a negociación do convenio provincial de comercio de alimentación, convocou unha folga xeral no sector. Nesta comarca os piquetes estiveron desde a madrugada informando do seu dereito á folga ás traballadoras e traballadores. Esta folga coincide ao mesmo tempo coa folga no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra. O obxectivo é camiñar para conseguir un Convenio Galego do Sector.



A situación laboral no sector é de grande precariedade, xornadas interminabeis e baixos salarios.

A xornada de folga, veu precedida de mobilizacións nas diferentes cidades e vilas, trataba-se de quentar motores para sensibilizar á xente co obxectivo de que se somaran á loita reivindicativa por un convenio xusto, ao mesmo tempo que se informaba a clientes do paro deste venres, 27 de Novembro. Os principais establecimentos nos que se realizaron as mobilizacións foron os de Froiz e Gadis e o centro loxístico de distribución de Lidl en Narón.




As direccións das empresas están presionando ao seu persoal para que non secunde a folga, sobre todo ao persoal contratado en precario, motivo polo cal as centrais sindicais fan un chamamento aos usuari@s dos establecementos de alimentación a colaborar e apoiar as lexítimas reivindicacións do persoal do comercio da alimentación non acudindo a mercar o venres nos estabelecementos das empresas afectadas polo convenio Gadis [Froiz, Gadis, Lidl, Hiperxel, ...].

En total máis de 31.000 traballadoras e traballadores do sector, entre as dúas provincias, duns 2.200 centros de traballo están chamad@s a secundar este paro, que, de non producirse movementos por parte da patronal repetirase o 9 de decembro, pero xa cun carácter indefinido.




Neste momento en Ferrol, o paro é case total, só nalgúns establecimentos hai problemas por mor de esquiroles que foron traballar e presionan ao persoal eventual con ruíns ameazas sobre o futuro do seu contrato. As forzas policiais están despregadas por toda a cidade, intentando impedir a laboura informativa dos piquetes.

No resto das comarcas a situación é moi parecida, pode-se dicer que a folga é todo un éxito.

Seguiremos informando. ...

Nota.- As traballadoras de centros importantes como Mercadona ou Eroski , non están chamad@s á folga por ter estes centros outro convenio colectivo distinto ao provincial.
____________________

venres, outubro 09, 2009

Un novo Virus ataca aos servizos públicos, fundamentalmente a sanidade pública, estudia os seus síntomas e protéxete da nova "GriPeP"

CIG-Saúde pon en marcha unha campaña para alertar sobre a “GriPeP” e os seus efectos na sanidade pública

Paralizouse o Plan de Mellora da Atención Primaria, o Plan de Saúde Mental e baleirouse de contido a Mesa Sectorial

Anemia orzamentaria; adelgazamento extremo, provocado pola diminución de recursos, servizos e persoal; conxestión, patente no incremento galopante das listas de espera e malestar xeral e irritación, que se contaxia a usuarias e usuarios e profesionais, son algunhas das características da “GriPeP”. Un mal do que alerta a CIG-Saúde e que ameaza con estenderse polos centros sanitarios públicos.

CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña dirixida ao persoal sanitario e á poboación en xeral para informar das consecuencias que as políticas neoliberais que está a aplicar o novo goberno teñen sobre o sistema sanitario público e sobre a asistencia que se está prestando.



María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde -que presentou a campaña en rolda de prensa acompañada por varios membros da executiva da federación- explicou que desde o PP estase a promover un proceso de privatización encuberto pola vía da descapitalización do sistema aplicando o “rodillo parlamentario”. Unha descapitalización que se traduce en redución dos investimentos, redución de gastos, redución de persoal e aumento, en consecuencia, das listas de espera. Mecanismos que provocan o progresivo desprestixio do sistema e dos profesionais e que abocan aos usuarios a recorrer á sanidade privada, que é percibida, cada vez máis, como mellor.

Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, deste xeito, “os usuarios ven como se recortan dereitos básicos que contempla a Lei Xeral de Sanidade como a universalidade e a gratuídade”, ao tempo que se favorecen os intereses dos grandes lobbys empresariais, para os que a sanidade “é un codiciado negocio do que obter beneficios e non un servizo”.

Abuín alerta de que o PP pretende calcar en Galiza os modelos sanitarios implantados en comunidades nas que xa estaba gobernando, como Madrid ou Valencia. Comunidades nas que se tomou á súa vez como modelo o proceso de privatización que se deu en Gran Bretaña, e que tivo consecuencias nefastas. “Ao final é un sistema moito máis caro, porque o sistema público sempre ten que ir ao rescate, e os grandes lobbys empresariais son quen o definen pero quen paga é o sistema sanitario público”, sinala.


Diminución da actividade nos centros hospitalarios


O primeiro síntoma da “GriPeP” xa se está a advertir na diminución da actividade nos centros hospitalarios. Manuel González Moreira, membro da executiva de CIG-Saúde asegurou que “temos hospitais con camas baleiras, non por fata de doentes, non porque non haxa lista de espera, senón porque, por recorte do gasto, están deixando de facer actividade e polo tanto está empeorando a calidade do servizo sanitario que reciben os usuarios”.


Paralización do Plan de Mellora na Atención Primaria e do de Saúde Mental


González Moreira subliñou ademais que malia existir un acordo para a atención primaria –Plan de Mellora de Atención Primaria-, dirixido fundamentalmente a incrementar a capacidade de resolución neste servizo, e que consistía en incrementar os profesionais para conseguir ratios de pacientes máis axeitados ás necesidades dos usuarios, esta paralizado.

O mesmo ocorre co Plano de Saúde Mental, que era a grande esquecida da sanidade pública e para a que tamén estaba previsto incrementar os recursos materiais e humanos. “Todos estes síntomas, xunto coa anemia orzamentaria e o adelgazamento de recursos e servizos, quen o van sufrir non somos tanto os traballadores como os usuarios. Por iso queremos que con esta campaña a información chegue a eles e que sexan eles quen tamén lle fagan fronte”.


A Mesa Sectorial e o acordo de equiparación, desaparecidos


Se ben é certo que as consecuencias das políticas privatizadoras do PP van afectar de forma especial aos servizos que se prestan, os propios traballadores e traballadoras e as organizacións sindicais xa están a padecer os primeiros síntomas da “GriPeP”. Xan Ramón Fernández, da executiva da CIG-Saúde lembrou que até o de agora existía un sistema de negociación que pasaba pola reunión da Mesa Sectorial, na que estaban representados traballadores/as e administración, onde se trataban todos os problemas relativos ao sistema sanitario.

Porén, “desde que chegou o goberno PP a mesa perdeu todas as súas funcións, houbo algunhas convocatorias simplemente informativas, pero cargáronse a negociación. É un retroceso nunca visto en todos os anos que levamos de sindicalismo e de negociación co SERGAS”, lamentou Fernández, quen engadiu que “coa cantidade de problemas que hai enriba da mesa é imprescindíbel recuperar a Mesa Sectorial”.

En concreto, o representante da executiva da CIG-Saúde salientou, entre outros, a necesidade de negociar o sistema de traballo polas tardes para o persoal facultativo ou a suspensión do acordo retributivo que se pretende aplicar ao persoal estatutario.

Neste sentido, Abuín matizou a intención do goberno de Núñez Feijoo de facer pagar a crise aos traballadores e traballadoras da sanidade pública, ao non incluír nos orzamentos previstos para o vindeiro ano as partidas necesarias para garantir a súa equiparación salarial, acordada xa no ano 2008 e a aplicar nun período entre 2008 e o 2012. Un acordo salarial que no 2010 se traduciría nun incremento de retribucións dunha quinta parte do total referido ao lustro.

O acordo supuña incrementar as retribucións, en conceptos como nocturnidade, traballos en domingos e festivos ou nas noites do 24 e 31 de decembro e que en Galiza o persoal percibe moi por debaixo do que o fan os profesionais doutros sistemas de saúde.


Máis belixerantes que nunca

Desde a CIG-Saúde advirten que de manterse esta postura de intransixencia por parte do PP “seremos máis belixerantes que nunca e intentaremos non só mobilizar aos traballadores, senón tamén á cidadanía”, para defender o sistema sanitario público, advertía Victor Vila, outro dos membros da executiva da federación.

Unha mobilización que a CIG-Saúde entende que debe comezar pola denuncia por escrito nas unidades de Atención ao Doente das interminables listas de espera ou das probas diagnósticas que non chegan nunca e que derivará, se a situación persiste en mobilizacións na rúa.
  • Acceder ou Baixar : "A NOVA PANDEMIA" - Folleto explicativo en formato -pdf- que se atopa no servidor da CIG-Saúde.
--
Enviado por:
Cig Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
8 de outubro de 2009 00:18




CIG-Saúde Ferrol
981334566
www.cigsaudeferrol.blogspot.com

____________________________

domingo, maio 24, 2009

Ferrol: á UPG atrangantóuselle

O secreterario comarcal da CIG é a maior preocupacion da UPG, forzar a súa dimisión é unha obsesión persoal do "Coronel" que polo seu talante impetuoso, non asume que Pintos montaralle un órdago que deixa en evidencia a súa presumida autoridade. O nervosismo reinante nas filas upegallas pon ao descuberto a verdadeira identidade desta formación, a democracia de linea branca coa que disfrazan as súas formas nesta ocasión deixou ao decubierto ao ferreo stalinismo que lles inspira.

Dedúcese, é algo palpable, que a UPG, é dicir ,a corrente marxista do BNG non perdoe a Pintos a súa decisión de concorrer ás eleccións do sindicato enfrentadose á candidatura apadriñada por esta corrente que encabezaba Emilio Cagiao.

O incombustible “Coronel” afeito a impor a súa autoridade aos seus dóciles camaradas, non soportou que no seu Ferrol natal, un sindicalista díscolo puxéselle en evidencia desatendendo as súas ordenes, e asi, o día despois de que Pintos acadara democraticamente a Secretaria do sindicato, en cónclave de urxencia a UPG emitiu fumata branca - habemus dimisión- ,........ se tiña desatado a caza de bruxas;..... a purga a Pintos escomezara.!

Os “comisarios” Cagiao e Grandal , era os encargados de pór en movemento a maquinaria de acoso e derribo - pero para entender o seu papel de manipuladores, hai que buscar as razóns, e con só pasar revista ao seu historial, atopámonos coa sorpresa. Estos dous señores á parte de acólitos da UPG, son liberados, é dicir, representantes que levan 20 anos sen vestir o mono de traballo, que perciben o seu salario dunha empresa pública.... e dicir, dúas xoias que defenden contra vento e marea a súa situacion de privilexio, é dicir o seu impresentable -status- de vividores a conta do alleo.

Estos dous sindicalistas de Navantia, un deles membro da seccion sindical, manteñen á CIG neste estaleiro como a forza minoritaria do comité de empresa, é dicir, o seu traballo sindical é nulo e a súa influencia negativa, e en contraste a executiva liderada por Pintos, logrou no resto dos sectores, imporse na comarca como primeira forza sindical, obviamente isto indica quen en verdade debese presentar a dimisión.

Tanto o “Coronel” como estes dous gregarios, deben saber que un sindicato é unha ferramenta para defender os intereses dos seus afiliados, E EU QUE O SON, non vou admitir mangoneos de vagos e maleantes e moito menos duns iluminados que manteñen a malefica intencion de confundir aos traballadores con marionetas.

Pintos e o seu equipo foron elixidos pola mayoria dos afiliados e por tanto son os representantes lexitimos, ,,,,,,, os outros metodos para alcanzar o control, mellor rexeiten a intención de utilizalos non sexa que lles rebente o explosivo nas mans. ... E abofé que se e necesario eu tiro da expoleta. ... Vaia tropa

Artigo tirado de open.vieiros

Enviado por:
Bruno Lopes Teixeiro
-brunotrasancos@gmail.com-
24 de maio de 2009 12:01

______________

Nota da redacción.-

Artigo publicado en Vieiros, na sección aberta "open.vieiros", por un anónimo que responde a "ontoria1" e que xa ten publicados comentarios anti-upg e moi críticos coa política do BNG en varias noticias no portal de Vieiros.
______________

venres, maio 22, 2009

Falta dinheiro no meu sindicato


Hoje os meios de comunicaçom informarám à opinom pública de que faltam muitos miles de euros das contas da CIG em Ferrol. Muitas pessoas conheciamos esta situaçom desde hai uns meses, causada por umha ludopatia do responsável de finanças.

Em todas as organizaçons polas que passei ou nas que participo na actualidade, as finanças som o morto co que ninguém quer carregar. Um trabalho ingrato que precisa de muita dedicaçom e constáncia.

Entre companheiras e companheiros a confiança é fundamental, mas esta nom é a primeira experiência deste tipo. Por isso o controlo democrático das finanças fai-se fundamental nas organizaçons sociais, e a ninguém lhe deve sentar mal que assim se lhe controle. E por suposto, esse momento em todas as reunions onde se passa a informaçom sobre o estado das contas da organizaçom, deve ocupar o lugar que lhe corresponde, fazendo um esforço, de transparência e responsabilidade. É o mesmo que o dinheiro público. Som cartos das organizaçons, som cartos do povo organizado. No caso do meu sindicato, som cartos da classe obreira organizada. Som intocáveis!

Haverá que mudar muitas coisas, pedir responsabilidades e mudar jeitos de trabalho ou modelos organizativos, mas o que me inquieta do que vai ocorrer quando a notícia saia na imprensa, é desconhezer o interesse que persegue esse grupo de pessoas com bastante representatividade na CIG, que brinda às empresas mediáticas, informaçom fazilmente manipulável, dumha situaçom interna que só compete à CIG e à justiça.Porque os congresos se ganham nas asembleias e na acçom sindical, nom coa tinta envelenada dalgúns jornais.

E que tudo isto suceda justo no momento no que os companheiros e companheiras do metal em Vigo, estám recebendo, também por parte dessas empresas mediáticas, um dos mais virulentos ataques contra o sindicalismo, e em concreto contra da CIG, dos últimos tempos. Estám botando mais lenha ao lume. Para que arda quem?

Lupe Ces
22.05.2009
lupeces@gmail.com
http://lupeces.blogspot.com
_________________

venres, febreiro 20, 2009

Desconvocada a Folga Xeral na Sanidade: A Consellería paraliza o Decreto da CPO e está disposta a negociar

Cig Saúde Ferrol -cigsaudeferrol@gmail.com-

Conquerida a paralización da tramitación do Decreto sobre a Carreira Profesional Ordinaria

Grazas as mobilizacións efectuados polo persoal do Sergas, a consellería de Sanidade ven de anunciar a paralización da tramitación do decreto [Carreira Profesional Ordinaria] e confirma a convocatoria dunha Mesa Sectorial para o día 6 de marzo para reiniciar e establecer un calendario de reunións onde se abordaran os aspectos reinvindicados pola Plataforma Sindical:

1.- Enlace réxime extraordinario

O SERGAS obriga a un periodo de permanencia de 3 anos a pesar de ter os requisitos esixidos.

2.- Funcionarios e Laborais

O Servizo de Saúde incumpre no decreto cos acordos asinados e xa publicados no DOG, que recollen o acceso ao réxime ordinario sen integración previa.

3.- Promoción interna

O decreto da carreira profesional non recoñece a promoción interna para licenciados e diplomados sanitarios.

4.- Persoal OPE 2006

O SERGAS non acepta que este persoal que reúna os requisitos á entrada en vigor da carreira poida solicitar o recoñecemento dos graos que lle correspondan.

5.- Persoal interino

Só poderán solicitar o grao inicial (non retribuído) non podendo pedir o Grao I até que sexan fixos, pero sempre e cando leven cinco anos neste grao inicial.

6.- Criterios de avaliación

Exixencia por parte do SERGAS dun mínimo de avaliación en cada apartado, mínimo que rexeita a plataforma sindical dada a dificultade de acadar en moitos lugares.

As organizacións sindicais integrantes da Plataforma Sindical, CCOO, CESM, CIG-SAÚDE, CSIF, SAE e UGT, por unanimidade deciden desconvocar as mobilizacións previstas, dado que o seu obxetivo, precisamente, era conquerir a convocatoria inmediata da mesa sectorial para dar continuidade ás negociacións rotas pola consellería o pasado 19 de decembro.

IMPOSICIÓNS NON, NEGOCIACIÓN SÍ!!!

CIG-Saúde Ferrol
981334566
www.cigsaudeferrol.blogspot.com

_____________________

mércores, outubro 22, 2008

Solidaridade cos traballadores de MEGASA

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de outubro de 2008 16:53
Asunto: Solidaridade cos traballadores de MEGASA



A convocatoria de dez días de folga xeral dos TRABALLADORES DE MEGASA, en demanda dun convenio xusto e unhas condicións laborais propias dun sistema democrático, tiveron onte unha resposta cerril da patronal: o despido de dous traballadores (un deles membro do Comité de Empresa e de Folga).

Desde "Fuco Buxán" invitamos a toda a cidadanía, a expresar a súa solidaridade cos compañeiros de MEGASA, nesta loita democrática, por conquerir as condicións de traballo dignas e xustas que pretenden. [+ Info]

Engádese Artigo de Rafael Pillado (Vicepresidente de "Fuco Buxán, A.C."), publicado en "Diario de Ferrol" hai poucos días.
__________

MEGASA: O dereito a negociar un convenio razoable

Os compañeiros de Megasa pretenden negociar un convenio que sexa razoable. A empresa se nega a estudar as súas propostas e chegar a acordos cos lexítimos representantes dos traballadores, incluso apelando á intervención policial desmesurada, cando o conflito viña discurrindo pacífica y ordenadamente, e no marco pleno da legalidade.

Pois ben, estes días coñeciamos diversas opinións a través dos medios de comunicación, con algún dos cales discrepo diametralmente. Mentres Felipe do Muíño recorda a actitude serena dos traballadores o longo dos anos, sen renunciar nin os seus dereitos, nin o seu posto de traballo, Fernando Álvarez, sinala como prioritario “cuidar mucho a Megasa”, “y si una empresa para salvarse en época de crisis, tiene que reducir su plantilla … debe hacerlo…” E afirma que “… los acuerdos con los trabajadores es la diferencia entre la empresa privada y la pública”. Quere isto dicir que na empresa privada non caben os acordos? Que eu saiba, na nosa lexislación laboral, a negociación colectiva é un dereito dos traballadores. Incluso na Ditadura, tiveron que recoñecelo.

No caso de Megasa quen se nega a negociar é a Empresa. E quero dicir que esa empresa a compoñen o capital empresarial e os traballadores. A plusvalía non cae do ceo. ¡Sen traballadores, Megasa non sería Empresa!

E debemos saber que pese a constante redución de plantilla, Megasa duplicou a súa produción de aceiro. Iso chámase sobreexplotación.

E esa produción permitiulle á Empresa comprar a Siderúrxica Nacional Portuguesa. Supuxo convertela nunha multinacional, onde os recursos se moven a capricho do empresario. Un empresario paternalista que ten o concepto das relacións laborais propias do feudalismo. E xa sabemos o que pasa cando non se respecta o marco regulado polo Estado. ¡Mirade a EE.UU. hoxe!

Según o Sr. Álvarez, os traballadores son “servos da gleba”, e deben tragar o que se teña disposto polo patrón. (Por certo, faltoulle dicir no seu artigo que Segundo Vilaboi foi asasinado a garrote vil.)

Pero, Que piden os traballadores? Que barbaridade pretenden? Facerse coa empresa?

Pois o que queren e superar o convenio actual que está por debaixo do provincial do metal de A Coruña, pese a que o seu traballo se realiza en condicións durísimas.

Temas:

1.- “Contrato de relevo”, que permita renovar a plantilla, xa moi diminuída.
2.- Promoción interna. Como é posible que un 70% da plantilla sexan especialistas? ¡Así resulta máis barato!
3.- Cobrar efectivamente o 100% do salario no caso de accidente.
4.- Redución da xornada laboral, a máis alta do sector. Sobre 100 horas máis que na siderúrxica vasca.
5.- Un sistema de primas obxectiva, que non se rexan polo “dedo”.
6.- Aplicación do IPC real e non o previsto.
7.- Un plus por traballar na fin de semana.

E queren negociar, non ser só mandados. Para algo conquerimos a Democracia.

Por qué se nega a empresa a algo tan natural? Porque quere evitar ter que ceder unha parte dos beneficios xenerados polos traballadores. EI está movendo os traballadores dun posto de traballo a outro, para romper a súa resistencia. Pretende cortar as súas mobilizacións, buscando a división da plantilla e o seu cansancio polo custe económico das mobilizacións.

Estou seguro de que non o conquerirán, e algo terán que dicir os sindicatos e os traballadores de Ferrolterra. Solidariedade de clase.

___________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

________________

martes, outubro 07, 2008

Hoxe en Ferrol dúas mobilizacións secundan a convocatoria de acción mundial lanzada pola Confederación Sindical Internacional: Por un Traballo Decente

Hoxe en Ferrol dúas mobilizacións secundan a convocatoria, de acción mundial, lanzada pola Confederación Sindical Internacional, "Por un Traballo Decente", en Europa engadese unha revindicación propia de rexeitamento da directiva europea das 65 horas. A falta de dereitos laborais e sindicais, a precariedade, as xornadas interminábeis, o aumento dos accidentes laborais, a falta de saúde laboral,... e un sinfín de incumprimentos de dereitos e de retrocesos importantes nas conquistas obreiras do século XX, fan desta xornada un aviso fundamental para chamar á necesaria ofensiva obreira, sobre todo neste momento no que o capital a nivel mundial pretenden que paguemos a súa crise ...
  • Convocada pola CIG, hoxe, 7 de Outubro, terá lugar unha concentración ás 12 do mediodía, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
  • Convocada polo Sector Crítico de CCOO, Esquerda Unida, PCG, Sindicato de Estudiantes, "El Militante", terá lugar unha concentración, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Enlaces relacionados:

_____________

Xornada Mundial polo Traballo Decente: Guy Ryder, CSI


_____________

Traballo forzoso: CSI Xornada Mundial polo Traballo Decente


_____________

Xornada Mundial polo Traballo Decente: Traballo Infantil


___________