Amosando publicacións coa etiqueta Unión Libertaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Unión Libertaria. Amosar todas as publicacións

martes, xullo 06, 2010

Outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético: Desde o 7 ao 10 de Xullo unha bicicaravana reivindicativa percorrerá anosa Comarca

[Clicar acima do cartaz para ampliar e poder acceder ao programa de actos]


Bicicletada en defensa da terra!!!

A caravana que partira en maio de Madrid a Irlanda para protestar contra o gaseoducto experimental de alta presión que a Shell quere facer pasar por unha reserva da biosfera no noroeste de Irlanda xa está de volta e chegará á nosa comarca a partires do 7 de Xullo. No seu percorrido reivindicativo foron moitois os lugares nos que activistas en bici sumáronse para loitar e reivindicar outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético e industrial que non sexa destrutivo, que respete o medio e que sexa xusto e posible. Un modelo de decrecemento e desindustrialización que restaure con urxencia o necasario equilibrio que nos reconcilie coa natureza da que foemamos parte.

É o momento agora de que nos sumemos á marcha na nosa comarca para chamar a atención sobre os moitos problemas que nos afectan. Como o da mina de andalucita que se pretende instalar na zona de Goente poñendo en perigo a riqueza e biodiversidade das fragas do Eume, os distintos puntos negros de contaminación, recheos e desfeitas na ría de Ferrol e a perigosa barbarie que supón a instalación da planta regasificadora de Reganosa.

Desde UL facemos un chamamento a apoiar esta marcha nas distintas etapas e días que percorrerá a comarca participando nos roteiros programados, nas charlas e na festa reivindicativa que faremos en Mugardos. E tempo de berrar e de pedalear!!!

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
5 de julho de 2010 09:21
____________________

Enlace relacionado:


A noticia en Vieiros:

Biciraravana [antipetroleira] na Ferrolterra - "E tempo de berrar e pedalear!!!"
Desde esta cuarta feira até o sábado, un roteiro ciclista que estivo o último mes por Irlanda percorrerá a zona para denunciar as moitas ameazas ambientais na comarca. [+info]
______________________


CHAMADA PARA PARTICIPAR


Visita a Pico Velho

Bom serám gente, para esta quarta feira, dia 7 de julho, imos ter umha visita em Pico Velho, venhem uns companheir@s de Espanha e algúm galego que estám a participar numha protesta contra dumha instalçom da Shell na Irlanda, no condado de Mayo e querem conhecer a problemática ambiental de Galiza e concretamente o caso da mina de andalucita, mando-vos a ligaçom à sua página para que conhezades esta experiência: www.inventati.org/bicilab. Saem de As Pontes para Pico Velho o dia 7 às seis da tarde e chegarám arredor das sete menos um quarto, eu vou-nos acompanhar neste tramo, mas era bem que vinhera mais alguém, aliás em Pico Velho podia-mo-lhes fazer um recebimento e dar-lhes umha explicaçom do projecto mineiro como das actividades que estamos desenvolvendo. Mandade aviso a ver se juntamos um bom grupo.

Vemo-nos quarta dia 7.

Nês

Enviado por :
Ernesto Lopes Dias Nes
-lodergz@gmail.com-
4 de julho de 2010 21:24
______________________

venres, marzo 26, 2010

Porqué a CNT vai participar na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 o vindeiro sábado 27 de Marzo

A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 o vindeiro sábado 27 de marzo. E vaino facer para amosar a súa indignación polos continuos atropelos que padece a clase traballadora nesta bisbarra.

Nos anos 80 houbo unha reconversión “salvaxe” que causou fortísimas reduccións do cadro persoal dos estaleiros de Fene e Ferrol. Despois fíxose unha reconversión “suave” con prexubilacións que aínda botaron máis xente fora nas factorías de ASTANO e BAZAN. Os sindicatos maioritarios opuxéronse á reconversión “salvaxe”, mais aceptaron a reconversión “suave” porque as prexubilacións beneficiaban aos traballadores fixos. Nin individual nin colectivamente, a clase traballadora que combatera no 72, foi quen de impedir a reconversión, nin tivo a dignidade abondo para rexeitar unhas prexubilacións que destruíron centenares de postos de traballo na bisbarra. Marcharon para a casa traizoando todo o que dicían defender.

Outras forzas sindicais, como a propia CNT, pagaron un prezo moi caro pola súa oposición frontal á reconversión e a todos os amaños do sindicalismo oficial. O noso sindicato practicamente desapareceu porque se enfrontou ao goberno socialista que fixo a reconversión e porque rexeitou tamén o “alpiste” que outras centrais si aceptaron como pago polos seus servicios: as subvencións directas, as subvencións proporcionais á representatividade, e esa financiación escandalosamente fraudulenta que son os cursos de formación, moitos deles organizados “a distancia”, sen persoal nin medios, mais xenerosamente pagados polo Estado. Cremos que non debemos esquecer que na bisbarra de Ferrol, o Estado que financia directamente aos sindicatos é, ao tempo, a patronal.

Con mentiras e barullos, sen que ninguén dera a cara e contara a verdade, sacouse a ASTANO da construcción naval civil. Un escandaloso pacto “secreto” entre a Unión Europea e o goberno do Estado botaron fora do mercado ao estaleiro de Fene. O que seguiu a ese pacto foi un clamoroso silencio por parte dalgúns, promesas descaradas de revisión do pacto por parte de outros, e unha vontade deliberada de enredar e enganar á cidadanía sobre o motivo polo que ASTANO non podía facer barcos. Aínda a día de hoxe ningún responsable político nin sindical tivo a dignidade de explicar á cidadanía os detalles dese acordo. Significativamente, os principais protagonistas deste enredo son os que xa anunciaron que o sábado non van ir á manifestación, feito que de por si aclara bastantes cousas.

Os opositores da manifestación din que esta mobilización vai dirixida á privatización do estaleiro de Fene. Pode ser que haxa forzas políticas ou sindicais que teñan esa pretensión, mais a CNT de Ferrol vai a manifestarse o vindeiro sábado para protestar polas limitacións que ten o estaleiro de Fene de facer construcción naval civil. Entendemos que mais valía que estes partidos e sindicatos que agora falan, defenderan o sector naval ferrolán cando se fixo a auténtica privatización: a transformación do emprego estable no sector naval público por emprego precario nas compañías auxiliares. Mais valía que animaran ao persoal fixo do estaleiro a deixar de facer horas extras cando existe un escandaloso desemprego na bisbarra. E mais valía que exerceran algún tipo de actividade na defensa dos traballadores das auxiliares do naval.

A CNT de Ferrol quere participar na mobilización do sábado 27 para esixir a volta de Navantia Fene á construcción naval civil, para protestar pola transformación de emprego de calidade en Navantia por emprego basura nas compañías auxiliares, para animar á clase traballadora a loitar en tódolas frontes contra o desemprego e para esixir ás burocracias sindicais e políticas que deixen de tomar o pelo á clase traballadora.

Ferrol, 25 de marzo de 2010.
Federación Local da CNT de Ferrol

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
25 de março de 2010 23:41
_____________

Enlaces relacionados:
___________________

sábado, marzo 20, 2010

Presentación de “Naturaleza, ruralidad, civilización”, de Félix Rodrigo Mora no Espazo Libertario de Ferrol, o luns 22 de marzo

Presentación de “Naturaleza, ruralidad, civilización”, a cargo do seu autor Félix Rodrigo Mora.

O luns 22 de marzo de 2010, ás 8 da Tarde terá lugar, no Espazo Libertario de Ferrol (Avenida de Esteiro, 10, baixo) a presentación do libro “Naturaleza, ruralidad, civilización”, polo seu autor, Félix Rodrigo Mora.

http://sites.google.com/site/naturalezaruralidadcivilizacio/

Félix Rodrigo Mora é un estudioso do mundo rural que desenvolveu a súa actividade por moito tempo no colectivo “Los amigos de Ludd”. A súa obra, sólidamente fundada na investigación da historia do mundo agrario e da súa aniquilación polo capitalismo, contén estimulantes reflexións sobre o a necesidade de retomar valores fundamentais da vida tradicional e mesmo de retornar ao mundo rural, nun proceso de desmontaxe do suicida sistema tecno-industrial en que vivimos.

As súas reflexións son certamente oportunas na Galiza, onde aínda estamos vendo agonizar os restos do vizoso mundo agrario dos nosos antergos. As estimulantes reflexións de Félix Rodrigo Mora constitúen unha ferramenta extremadamente útil para tódalas persoas preocupadas pola desaparición do mundo rural e polo desenvolvimentismo reinante.

Félix Rodrigo Mora é autor dos libros “Naturaleza, ruralidad, civilización” e “La democracia y el triunfo del Estado: Esbozo de una revolución democrática, axiológica y civilizadora”.

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
20 de março de 2010 12:56
http://unionlibertaria.org/
____________________________

luns, abril 27, 2009

Primeiro de maio anarcosindicalista en Ferrol

Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com
-
22 de abril de 2009 16:02


Adxuntamos chamamento aberto á participación na convocatoria promovida pola CNT da Galiza para o 1º de Maio en Ferrol.

unionlibertaria.org
Av/ Esteiro 10, baixo Ferrol
unionlibertaria@gmail.com

Convocatoria 1 MAIO

Primeiro de maio anarcosindicalista en Ferrol


Como cada ano a clase traballadora sairá á rúa o primeiro de maio nunha xornada de loita e reivindicación. Nesta ocasión o anarcosindicalismo galego, da man da CNT, ven de convocar unha xornada unitaria na nosa cidade. Unha xornada enmarcada na crise económica que co lema Todos os días 1 de maio será a manifestación da dignidade da clase obreira, da reivindicación da xustiza social e a favor da emancipación das traballadoras e traballadores.

Para Unión Libertaria esta convocatoria é de especial importancia pola grandísima incidencia que a crise do capital está a ter na precariedade e no aumento do paro.

Unha crise que nos fan pagar a traballadoras e traballadores e coa que, de seguro, pretenderán argumentar novos recortes en dereitos e liberdades. Mais tamén é importante para nós porque por primeira vez en moito tempo o anarquismo galego escolle a nosa cidade para sacar adiante esta xornada de loita do primeiro de maio.

É por isto que, facendo nosa a convocatoria, dende Unión Libertaria realizamos un chamamento aberto á participación neste primeiro de maio do que esperamos un antes e un despois na nosa comarca.

A convocatoria é a seguinte:

Venres, 1 de maio de 2009
  • Manifestación en Ferrol dos sindicatos da CNT
  • na Galiza
  • Saída ás 12:30 horas, do local da CNT en Ferrol
  • (Avenida de Esteiro, 10)
  • Mitin ás 14:00 horas, no mesmo local
Unidade acción autoxestión!!

Outro sindicalismo é posible!!


Un 1º de Maio AnarcoSindicalista

[+ Info na web da CNT]
________________

venres, abril 10, 2009

Cine no Espazo Libertario, este Venres 10 de Abril: "As Irmás da Magdalena"

Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
10 de abril de 2009 10:59


VEN AO CINE este "Venres Santo"

En UL continuamos co ciclo de cine este venres. Podes traer o bocata.
Xa sabes, no espazo Libertario ás 20:30 na Av de Esteiro 10, baixo.

AS IRMÁS DA MAGDALENA
(The Magdalene sisters)
  • Dirección e guión: Peter Abranden.
  • Países: Reino Unido e Irlanda.
  • Ano: 2002.
  • Duración: 119 min.
  • Interpretación: Geraldine McEwan (Irmá Bridget), Anne-Marie Duff (Margaret), Nora-Jane Noone (Bernadette), Dorothy Duffy (Rose/Patricia), Eileen Walsh (Crispina), Mary Murray (Unha), Britta Smith (Katy), Frances Healy (Irmá Jude), Chris Simpson (Brendan), Eithne McGuinness (Irmá Clementine), Phyllis McMahon (Irmá Augusta).
  • Produción: Frances Higson.
  • Música: Craig Armstrong.
  • Fotografía: Nigel Willoughby.
  • Montaxe: Colin Monie.
  • Dirección artística: Mark Leese.
  • Vestiario: Trisha Biggar.
  • Estrea en España: 7 Marzo 2003.

SINOPSIS

Os conventos da Magdalena en Irlanda eran xestionados polas irmás da Miseri-cordia en nome da Igrexa católica. Aco-gían a raparigas enviadas polas súas familias ou polos orfanatos, que alí quedaban encerra-dás e ás que se obrigaba a traballar nas lavanderías para ex-piar os seus pecados. Traballaban sen percibir ningunha retribución, 364 días ao ano, e facíallas pasar fame, sometidas a castigos físicos, humillacións, violencia fisica e moral. Miles de mulleres vivían e morrían alí. O último convento da Magdalena en Irlanda pechou as súas portas en 1996. É unha película de ficción, que lamentablemente se basea nunha historia verdadeira.

____________

luns, novembro 17, 2008

VII Xornadas Libertarias en Ferrol 2008: do 17 e o 21 de Novembro

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de novembro de 2008 12:06
Asunto: XORNADAS Libertarias Ferrol



[Clicar acima do cartaz para ampliar]

XORNADAS Libertarias Ferrol

Pregamos a difusión da seguinte convocatoria:

VII Xornadas Libertarias en Ferrol

Celebraranse entre o 17 e o 21 de Novembro no Espazo Libertario de Ferrol na Av. de Esteiro 10 Baixo ás 20:00h
Programa:
  • Luns17:
Miguel Íñiguez fará a presentación da Enciclopedia Histórica do Anarquismo Español.

  • Martes 18:
Crise, autoxestión e iniciativas sociais
Participan: Cooperativa cultural Ferrolterra-Eume, cooperativa de consumo A Xoaniña, Ferroltroca, Radio Filispim, Masa Crítica

  • Mércores 19:
Carmen Blanco presentará o monográfico da revista Unión Libre "A voz das vítimas do 36"

  • Xoves 20:
Acto homenaxe ás victimas do franquismo diante do antigo cemiterio de Canido

  • Venres 21:
Charla coloquio con Lucio Urtubia, albanel e militante anarquista protagonista do documental "Anarquista, atracador y falsificador pero sobre todo... albañil"

Unionlibertaria. Ferrol

http://www.unionlibertaria.org



_____________

xoves, xuño 26, 2008

"Redacted" proxectarase este venres, 27 de Xuño, no Espazo Libertario, dentro do Ciclo de cinema Antimilitarista

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de junho de 2008 14:56
Asunto: Ciclo de cinema Antimilitarista



Pregamos a difusión da seguite información referida á actividade cultural que se sinala:

Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño:

O venres 27 de xuño ás 20:30 horas proxectarase a película "Redacted" (2007) do director Brian de Palma.
Lugar: Espazo Libertario, Avda. de Esteiro, 10 baixo.
Organiza: Unión Libertaria.
Entrada libre.
Referencia:
http://www.filmaffinity.com/es/film473147.html


____________

[+] info -> http://unionlibertaria.org
___________