Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Manuel Beiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Manuel Beiras. Amosar todas as publicacións

domingo, xullo 31, 2016

En Marea adoptará a forma electoral de partido instrumental para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galiza - Xosé Manuel Beiras é unha das 11 persoas que conforman a a Coordenadora provisional deste novo instrumento político


A maré concorrerá como partido instrumental ás eleccións galegas

Crear “un suxeito político galego”, definir un calendario de primarias para elixir candidato e unha metodoloxía eran tres dos obxectivos que se marcaba a asemblea da 'maré constituínte' que este sábado decorreu en Vigo. Unhas 2.500 persoas asinaron o manifesto dos alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol que serviu de alicerce para este acto, que nas primeiras horas reunía por volta de mil persoas, segundo cifras das axencias.
Beiras avisa Podemos de que as "reivindicacións partidistas rachan a unidade" e di confiar en que "non o fagan"
Na sesión da mañá aprobouse que "En Marea adoptará a forma electoral de partido instrumental para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galiza". Unha fórmula que descarta Podemos Galiza. O nome electoral será escollido a proposta da xunta xestora. Tamén se acordou que as primarias resolveranse nun tempo menor a 20 días, aínda que falta por concretar o día que se iniciará o proceso. A asemblea decidiu permitir presentar listas de consenso mais o candidato non estará ligado a elas, senón que deberá facelo de forma individual.

A votación sobre o partido instrumental decorreu após unha polémica polo documento que establece a relación entre un eventual Goberno da Xunta, o partido instrumental e o grupo parlamentario, ao respecto do que un sector, algúns deles procedentes do colectivo Cerna, pedía pospoñer para máis tarde. Xosé Manuel Beiras tomou a palabra e urxiu crear o partido instrumental, propondo tamén un compromiso de todos os presentes de que se poderían modificar algúns aspectos.

Coordenadora provisional

A media tarde elixiuse a Coordenadora provisional deste novo instrumento político. Son 11 persoas, entre as que están, entre outras, Xosé Manuel Beiras (Anova), Rubén Pérez e Eva Solla (Esquerda Unida), Manuel Antelo (alcalde de Vimianzo e no BNG até hai unhas semanas), Iago Martínez (MareaAtlántica), Ledicia Piñeiro (Ourense en Común), Rafa Dopico (Anova), Victoria Esteban ou Manuel Barreiro. Na coordenadora hai 2 inscritas de Podemos, Mariajo Bóvenda e Carmen González.

Comité electoral


Tamén se aprobou un comité electoral, que será o órgano que tutele as eleccións primarias. A este órgano presentáronse dúas listas, unha delas vinculada a Cerna. Finalmente, foi a outra lista de nomes a que conformará a xestora. Millán Fernández, Nine Paz, Pablo Nieves, Martiño Ramos, Hermida Dios, Helena Cordero, Aníbal Ledo, Ronsel Pazos, Xermán Tobío, Dani Conde e María Xosé Fernández Pardo. Estas persoas non poden candidatarse.

Xulio Ferreiro (A Coruña), Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Santiago de Compostela) foron os encargados de 'inaugurar' a asemblea constituínte, destacando que a vontade era a de poñer en valor o que une e poñer "punto e final" a esta etapa de gobernos de Feijóo. "Imos constituír un suxeito político transformador, inclusivo, que sexa quen de disputar a Feijóo" a maioría, proclamou Martiño Noriega, quen asegurou que será "un punto de inicio do suxeito político que devolverá a esperanza" a este país. Jorge Suárez asegurou que a estamos perante unha "xornada histórica" e que se abre "unha ventá de esperanza" . Pola súa parte, Xulio Ferreiro, manifestou que “hoxe imos construír esa unidade e ese suxeito político que vai devolver a ilusión á xente”.

Na asemblea participan simpatizantes e militantes dunha trintena de marés municipalistas, así como de Anova e Esquerda Unida. Tamén hai bases de Podemos, embora a liña vermella deste partido en Galiza sexa que non se diluirán nun novo suxeito político. Tamén asisten á mesma membros de Cerna e persoas como Carlos Aymerich ou Ana Luisa Bouza.

Podemos

A secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos, apareceu na asemblea pola tarde. O seu partido decidrá entre este domingo e a terza feira o paso a dar. Os inscritos, por volta de 20.000 segundo a organización, votarán telematicamente se van ás eleccións galegas en solitario ou en alianza e coligazón con outras forzas. O que desbotan é diluirse nun partido instrumental.

Publicado en Sermos Galiza baixo Licenza Creative Commons | 30.07.2016

Faite asinante do semanario Sermos Galiza | Apoiando ao xornalismo galego e en galego. | Ir á Web.

---

Web de Mareas en Común:
http://mareasencomun.gal/

Web de Marea Constituínte:
http://mareaconstituinte.gal/

Web de En Marea:
http://enmarea.gal/

Web do Foro Galego:
https://forogalego.wordpress.com/

Web de Cerna:
http://www.cerna.org/

Web de Anova:
http://www.anova.gal/

Web de Esquerda Unida:
http://esquerdaunida.org/

Web de Podemos Galicia:
https://galicia.podemos.info/

A nova noutros medios: Buscar como Marea Constituínte. | Buscar como En Marea.

_______________

xoves, abril 28, 2016

Conferencia de Xosé Manuel Beiras en Ferrol: "Un Rexime en crise terminal", no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, este xoves 28 de Abril, ás 8 da tarde


Conferencia de Xosé Manuel Beiras en Ferrol: "Un Rexime en crise terminal"

Xose Manuel Beiras protagonizará unha charla baixo o título "Un Rexime en crise terminal".

Dentro do ciclo de Coferencias:

"Democracia e Compromiso"

Día, xoves 28 de Abril, ás 8 da tarde.

En Ferrol, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Organizada por Fuco Buxán A. C.

http://www.fucobuxan.net/

_________________

luns, febreiro 08, 2016

A Universidade da Coruña acollerá o 19 e 20 de febreiro as Xornadas “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado”, organizadas polo GUE/NGL e AGEe en colaboración con Decoloniality Europe-Galiza Decolonial


Lídia Senra: "Poremos en común as loitas das nacións sen Estado e dos pobos oprimidos pola historia colonial". | A Universidade da Coruña acollerá o 19 e 20 de febreiro as Xornadas “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado”. | Será un espazo de confluencia para reflexionar en clave decolonial na Galiza con máis dunha vintena de representantes de colectivos.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ofreceu esta mañá unha roda prensa en Santiago de Compostela, acompañada polo voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, e polo que foi embaixador do Estado Plurinacional de Bolivia ante a Unión Europea ata o paso mes de novembro e membro da Rede de Decolonizar Europa, René Fernández, para presentar as xornadas que os días 19 e 20 de febreiro reunirán no Paraninfo da Universidade da Coruña a máis dunha vintena de representantes de diferentes colectivos de pobos oprimidos de toda Europa.

Baixo o título “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado”, estas xornadas, organizadas polo GUE/NGL e AGEe en colaboración con Decoloniality Europe - Galiza Decolonial, traerán á cidade herculina ao sociólogo portugués Boaventura de Sousa Santos, integrantes das CUP de Catalunya, do Sindicato Andaluz de Traballadores e da Islamic Human Rights Commision, entre outras, para participar en diferentes mesas de debate abertas ao público nas que tamén estarán presentes a propia Lídia Senra, Xosé Manuel Beiras, a galega Helena Miguélez-Carballeira, o responsábel de Relacións Internacionais do SLG Xosé Ramón Cendán, o responsábel de Relacións Internacionais da CIG Moncho Boán  e concelleiras da Coruña, Vigo ou Marín.

O que se pretende con estas xornadas de dous días de moita intensidade é seguir establecendo pontes políticas comúns entre a Europa das nacións sen Estado e a Europa dos pobos oprimidos pola historia colonial”, indicou Lídia Senra.


A eurodeputada destacou a importancia para AGEe de organizar e participar nunhas xornadas internacionais deste tipo, “onde poidamos seguir poñendo en común, seguir colaborando e intercambiando experiencias entre os diferentes movementos desta loita dos pobos oprimidos que non é nova”. Neste sentido, salientou que o importante deste evento, como punto de partida, será “coñecernos e intercambiar ideas, dialogar, tendo en conta que estamos nun marco de globalización cada vez máis crecente, onde as decisións políticas que se toman cada vez sen fan en espazos máis afastados de nós, e ante iso, é fundamental que dialoguemos e nos coñezamos. O valor para min é que é un espazo que nos vai permitir poñer en común loitas”.

Pola súa banda, René Fernández explicou que a Rede Decolonizar Europa está composta por membros en toda Europa que tratan de debater e difundir pensamento tendo en conta que as ramificacións do colonialismo hoxe en día perpetúan sistemas patriarcais, eurocentristas, de negación do ser e do dereito de autodeterminación dos pobos, entre outro tipo de opresións.

En definitiva, trataríase de entrar en interacción con toda a xente que loita contra as redes de poder que someten aos pobos a presións produto da historia colonial e con “suxeitos como é o caso dos pobos sen estado que están sometidos á ficción dos Estados-nación”, afirmou.

O que buscamos con este encontro é reflexionar sobre o que nos une, sen perder a nosa personalidade e particularidade de cada un, nutrirnos de reflexións comúns. Cada pobo, colectivo, grupo oprimido ten a súa propia maneira de vivir a realidade que lle afecta en cuestión e unha lectura común sobre de onde ven axuda”.

Na súa intervención, Xosé Manuel Beiras explicou que para a cidadanía galega “é sabido que hai moitos anos que en Galiza o pensamento nacionalista de esquerda estableceu o principio de que Galiza non era só unha nación oprimida, senón unha colonia interna do Estado español”. “E ese fenómeno ten outros análogos noutras partes do planeta”, exclamou. 

Pasamos de ser unha colonia do Estado español a ser unha colonia de Europa, e todo está relacionado coa abolición da soberanía nacional”, dixo Beiras, para denunciar que cando un pobo vota algo que non convén, directamente os poderes europeos non o aceptan. “Non aceptan que emerxa unha esquerda social que se libere das políticas agresoras, e daquela desde a UE manipúlase todo e 'borbonéase', actuando cos sectores reaccionarios”, asegurou.

Para Beiras é de enorme relevancia que haxa este diálogo e que se organicen estas xornadas na Coruña, entre organizacións que combaten en dous eixos diferentes pero interrelacionados: O eixo de toda a Europa Decolonial e o eixo das nacións sen estado, “entendido como o conxunto do pobo, non de clases dominantes que asumen a soberanía nacional pero non asumen a soberanía popular”, matizou.

Neste sentido, Beiras explicou como hai precedentes de como en procesos xurdidos nestes campos, as propias dinámicas deron lugar a confluencias análogas. “En 1985 constituíuse nunha asemblea en Barcelona. A finais do século XX iso foise ampliando coa incorporación de pobos non europeos pero análogos, os saharaius, os kurdos, etc, e máis tarde, no FSM de Belén iso converxeu para formar a Rede Mundial dos Dereitos Colectivos dos Pobos”.

Beiras tivo unha especial mención para Ramón Grosfoguel, de Europa Decolonial, e discípulo de Boaventura de Sousa Santos, “unha figura de enorme prestixio”, de quen en certa medida partiu a idea de artellar estas xornadas.

Compostela, 5 febreiro 2016.

Enlaces de interese:

As xornadas en twitter:
https://twitter.com/decolonialgz

http://decolonialityeurope.wix.com/decoloniality

Dossier das Xornadas | Baixar/Acceder.

Clicando acima da imaxen da cabeceira do post, pode-se acceder/baixar o cartaz das xornadas, por se se quere difundir.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | Tlf's: 0034 698 108 434/0032 483 604 027, |lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ e https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
5 de fevereiro de 2016 15:51

____________________

mércores, xuño 10, 2015

Xosé Manuel Beiras entrevistado por Gonzalo Cortizo (eldiario.es): "Non hai ningunha forza política que poida ser o galo do galiñeiro" - O portavoz de Anova considera un erro que Podemos queira ser o paraugas único que ampare unha candidatura de unidade popular de face ás eleccións xerais


Entrevista: Xosé Manuel Beiras | "Non hai ningunha forza política que poida ser o galo do galiñeiro". | O portavoz de Anova considera un erro que Podemos queira ser o paraugas único que ampare unha candidatura de unidade popular de face ás eleccións xerais. | "Si Manuel Fraga levantase a cabeza, collería un pau e partiríalle o cráneo a Núñez Feijóo".

Con 79 anos, Xosé Manuel Beiras está disposto a seguir traballando polo cambio político que o 24M consignou en todo o país e particularmente en Galiza, onde as Mareas colleitaron un éxito electoral sen precedentes. O portavoz de Anova advirte dos riscos que comporta non entender este momento político e advirte que os partidos deben traballar como motor auxiliar e non como protagonistas.

Beiras ten pendente unha conversación con Pablo Iglesias para invitarlle a dialogar sobre acordos e alianzas máis aló das siglas de Podemos e coa mirada posta nas eleccións xerais.

O veterano político galego recibe a eldiario.es no seu despacho do Parlamento de Galicia.


Esperaba o resultado electoral do 24M?

Non. Eu nunca son moi optimista antes dos resultados. Tampouco lle fago moito caso ás enquisas. Aínda que se palpaba e dicíanmo, non, eu non o esperaba porque a maquinaria do poder é moi potente.

O fenómeno das Mareas en Galiza está sendo moi observado en todo o país. Como debe lerse o que ocorreu nas urnas?

A implosión do 15M foi unha exemplificación da famosa frase de Marx sobre que a revolución é como o vello topo, que aflora de cando en vez pero sempre está aí. A incapacidade das cúpulas da maior parte dos partidos de esquerda para darse conta de que o motor dun cambio posíbel estaba na sociedade civil e na cidadanía máis activa se exemplificou no proceso cara ás europeas.

Iso foi unha das causas que deu lugar a que todo o que viña de atrás fose o que alimentou o magma que aflorou electoralmente en Podemos. Si fose doutro xeito, Podemos existiría, tería a súa importancia, pero non sería o que foi.

Xa desde o verán pasado percíbese que, de face ás municipais, hai sectores da cidadanía que están decididos tamén a dar o salto para ser protagonistas na palestra política. Nós (Anova) apostamos desde o principio para apoiar ás Mareas e invitamos ás demais forzas políticas a integrarse no proceso das Mareas, pero non usurpándolle o protagonismo á cidadanía activa, senón contribuíndo.

Alí onde a urxencia desa cidadanía era máis potente e onde houbo máis forzas integradas respectando eses criterios é onde as Mareas tiveron máis éxito. A min paréceme que iso corrobora que o motor está na cidadanía activa e hai que apoiar que eses motores continúen actuando.

Si Manuel Fraga levantase a cabeza?

Collería un pau e partiríalle a cabeza a Núñez (Feijóo). Iso para empezar.

En Madrid moitos miran a Feijóo como posible secretario xeral do PP ou como substitución de Rajoy.

Aínda sen estes datos, que nas cúpulas do PP se pensase en Núñez para a substitución de Mariano Rajoy é todo un indicio do estado de decrepitude do réxime político e do Partido Popular. Si pensan en Núñez Feijóo é que descoñecen por completo quen é e que falta de nivel ten e sería perfecto porque demostraría que a Marca España está onde está.

Cal cre que debe ser o papel do PSOE despois do 24M?


A clave está en que recuperen e asuman un proxecto socialdemócrata no sentido clásico. Segundo: Que asuman dunha puñetera vez que non poden continuar sendo un dos dous partidos dinásticos. Non poden seguir xogando o papel de ser unha das dúas columnas que soportan o edificio da segunda restauración borbónica. E terceiro: que recuperen a tradición da corrente federalista do PSOE histórico.

Pablo Iglesias parece considerar como propio o éxito de Manuela Carmena ou o de Ada Colau.

Non creo. Tiven unha conversación por teléfono con Pablo Iglesias cando a Marea Atlántica da Coruña deseñou un gran mitin onde se invitaba a falar a Pablo Iglesias e a min. Eu tiña decidido non participar presencialmente en actos das mareas da cidades e expliqueillo. Díxenlle que eu creo que está claro, desde as andaluzas, que de face a unha creba democrática ningunha das forzas políticas rupturistas por si mesma pode lograr iso e que é necesario falar, dialogar moito e establecer unha estratexia de acordos e alianzas.

E que lle respondeu?

Que estaba completamente de acordo e que despois do 24M teriamos que falar.

Nese contexto, cre que Podemos debe evolucionar a fórmulas máis aló das súas propias siglas en clave de eleccións xerais?

Eu sempre procuro non dicirlle a outras forzas políticas o que deben facer. Cando se me pregunta, digo como vexo as cousas. Creo que non hai ningunha forza política que poida ser o galo do galiñeiro e que ademais non somos as forzas políticas as que debamos liderar o proceso ostensiblemente. O que temos que facer é o que algúns fixemos coas Mareas ou o que fixeron militantes doutras formacións políticas nas Mareas.

A miña posición baséase en dous postulados. O primeiro: as forzas políticas rupturistas temos que abrir un proceso de diálogo moi serio. Temos que facelo poñéndonos a disposición da cidadanía que foi a protagonista da derrota do PP, polo menos en Galiza. Nos tres concellos importantes de cidades onde o PP tiña maioría absoluta e perdeuna (Santiago, A Coruña e Ferrol), o protagonista desa derrota non fomos os partidos políticos, foi a xente coa colaboración dos partidos políticos que nos integramos aí. Eses son os alicerces e nós contribuiremos para deseñar unha estratexia que permita o que podería ser a nivel de Galiza unha gran Marea.

Vai invitar a Pablo Iglesias a esa reflexión?

Quedou en falar comigo. Non hai que precipitarse. Si Pablo non se pon en contacto comigo como dixo, chamareille. Xa tiven conversacións con Gerardo Pisarello ou con Quim Arrufat e están moi interesados en que nos vexamos. Xa empezan a celebrarse eses contactos e confío en que Pablo estea disposto a participar nesas conversacións. En todo caso, el o que me dixo é que estaba de acordo.

Con todo, o que está emitindo Podemos é que está disposto a aceptar a todo o mundo pero baixo o paraguas de Podemos, que é Podemos quen unifica. É un erro?

Desde o meu punto de vista, si. Pero teño a miña hipótese de por que se fai.

Cal é?

Despois de que Podemos apareza como alternativa electoral cun gran éxito pero cunha masa de votantes moi heteroxénea, que pasa? Por unha banda comezan cun discurso de non esquerda/dereita, senón os de arriba e os de abaixo. Mediáticamente paréceme moi lóxico, pero unha cousa é que sexa mediáticamente lóxico e outra é que esquezan que esa maioría social dos de abaixo non é un saco de area, senón que é unha diversidade que hai que articular. Para iso hai que ter un criterio dunha alianza de clases da esquerda social.

Como tiveron moito éxito, lanzan a cousa de que "Podemos, Podemos Podemos"; polo tanto, o discurso dunha formación que se considera hexemónica. A min paréceme que a pregunta que hai que facer é que si tanto cos comicios andaluces como os do 24 de Maio corrobórase ou non que Podemos é hexemónico, e eu creo que non.

Pero dá a impresión de que Podemos variou o seu discurso despois do 24M e volve reivindicarse como unha forza de esquerda, como parte dun cambio de esquerda.

Iso demostra que non son de piñón fixo e que non son sectarios. E que, polo tanto, están tomando nota do que está ocorrendo na dinámica social e socio-política. Si iso aplícano, o lóxico é que a reflexión conduza a un discurso inclusivo. E non inclusivo a base de meternos en Podemos, senón a base de articulemos o que é diverso.

Podería ata discutirse a eventual candidatura de Pablo Iglesias ás xerais?

Podería ocorrer pero non é un tema que me preocupe nin me interese porque non me interesan os liderados.

Que lle parece cando se di desde Podemos que non pretenden ser a UCI de ninguén? (en referencia a IU).


A min paréceme desenfocar o espazo e a temática do debate que hai que dar.

En que sentido?

No sentido de que estamos no mesmo de sempre. Hai que entender que iso se acabou. As mareas non só dinamitaron ao PP, que aínda non está morto en absoluto. As mareas fixeron totalmente obsoletas estes xeitos de enfocar, por parte das direccións dos partidos, a cuestión das dinámicas políticas dos acordos e de toda esta historia.

Na última entrevista que lle fixemos en eldiario.es vostede dixo que non se volvería a presentar.

A miña posición é que o meu ciclo político está acabado e estou nun epílogo.

Pero estamos nun momento excepcional.

Eu o que non exclúo é que si resulta que se considera que eu podo facer unha achega persoal análoga, por poñer un exemplo, ao que fixo Martiño Noriega en Santiago, pero tendo en conta que eu teño a idade que teño, entón eu non me nego a reconsiderar iso. Non me nego a iso, pero só nunha situación desas características eu reconsideraría a miña postura.

O líder de Podemos en Galiza, Breogán Riobóo, xa dixo que non a unha gran Marea anticipando que Podemos se presentará ás autonómicas de 2016.

Os dirixentes políticos non debemos dar por sentado aquilo sobre o que non temos a seguridade de que vaia a ser así. Eu vexo altamente improbable que á volta do verán Podemos manteña esa posición.

Será Galicia o único territorio onde os de Pablo Iglesias non poidan configurar unha lista coas súas siglas?

Seica a dirección de Podemos considera que o resultado e o éxito das Mareas en Compostela, A Coruña e Ferrol correspóndelles a eles, é patrimonio seu? Si non o é, que desde logo que non o é, que potencial ten en Galiza Podemos para facer iso que di?

Gonzalo Cortizo
https://twitter.com/gonzalocortizo


55 Comentarios
http://www.eldiario.es/politica/fuerza-politica-pueda-gallo-gallinero_0_393710761.html#comments

31/05/2015 - 18:26h

Xose Manuel Beiras. / Fotos: Óscar Corral

Fonte: http://www.eldiario.es/politica/fuerza-politica-pueda-gallo-gallinero_0_393710761.html

martes, abril 28, 2015

Xosé Manuel Beiras en Ferrol, o 30 de Abril, ás 8 da tarde, no Ateneo Ferrolán - Reanovando - Municipais 2015 e a creba democrática


Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de ANOVA-Irmandade Nacionalista, participará este Xoves, 30 de Abril, ás 8 da tarde no Ateneo Ferrolán. Con el participaran Esther Leira e Álvaro Montes da asemblea local e membros da Coordinadora Nacional de Anova-IN.

Acto organizado por Anova IN-Ferrol co lema "Reanovando. Municipais 2015 e a creba democrática".


Anova Ferrol-Comunicación

Web de Anova-IN:
http://anova.gal/

Conta no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Conta no twitter:
https://twitter.com/anova_ferrol

Enviado por:
Anova Ferrol
-ferrol@anova.gal-
28 de abril de 2015 17:31
___________

sábado, marzo 09, 2013

Hoxé Sábado, 9 de marzo, Xosé Manuel Beiras estará en Ferrol

Hoxe en vésperas do 10 de Marzo de 2013, "Día da Clase Obreira Galega", 41 Aniversario dos acontecementos históricos de marzo do 72, onde caían abatidos polas balas da policía da ditadura fascista 'Daniel Niebla e Amador Rey' e case un cento de persoas feridas e ducias de traballadores e traballadoras detid@s, a Coordenadora Comarcal de Anova Irmandade Nacionalista organiza unha visita do Portavoz Nacional da Coordenadora Nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras Torrado.

Ás 12 do mediodía está previsto que comece unha  Charla coloquio sobre a situación política de Galicia na Galería Sargadelos. Sobre ás 13:30hs realizara-se unha Ofrenda floral no monumento adicado ó 10 de Marzo e ás 14.30 hs haberá un Xantar con militantes e simpatizantes na sala de de festas A Concha.

______________

luns, febreiro 11, 2013

Televisión Ferrol emite unha entrevista hoxe, luns 11 de febreiro, a Xosé Manuel Beiras

A televisión local, Televisión Ferrol, emite unha entrevista, hoxe, 11 de febreiro de 2013, ás 20:30 horas, con Xosé Manuel Beiras Torrado, deputado de AGE no Parlamento Galego, do cal é portavoz do Grupo Parlamentario, Beiras tamén é o Portavoz da Coordenadora Nacional de Anova Irmandade Nacionalista, organización da esquerda nacionalista, nascida o pasado 14 de Xullo de 2012, que xunto a Esquerda Unida, Equo-Galiza e Espazo Ecosocialista Galego, conforman a coalición Alternativa Galega de Esquerda -AGE que últimamente é unha forza política en alza, pois nunha prospeción electoral dun xornal galego de moita tirada, a sinalaban como a única forza política que gañaba deputados, e por moito, pois de 9 que ten na actualidade, pasaría a ter 15.

A entrevista está en diferido pois o dirixente político estivo en Ferrol o pasado 8 de febreiro, para gravar no programa "Espacio Aberto" que dirixe Fernando Rodríguez.

Emisión en directo na rede:

http://www.tvferrol.es/es/contenido.php?c=4

----