mércores, xullo 06, 2011

Novas de interese censuradas nos medios convencionais privados e públicos sobre as ilegalidades da macro-urbanización de Barreiros

Perante a censura informativa e o ocultamento ao que os medios de comunicación galegos subvencionados pola Xunta someten a calquera información ambiental crítica co executivo de Feijóo, achegámosvos este boletín con información relevante das últimas iniciativas de ADEGA censuradas.

A Xunta recoñece e xustifica as ilegalidades de Barreiros na memoria ambiental do plan sectorial




4 de xullo de 2011. Por se o Decreto 15/2007 que suspendeu o urbanismo de Barreiros non fora suficiente; por se as sentenzas do Contencioso-Administrativo de Lugo non foran dabondo para demostrar a ilegalidade das licenzas outorgadas en Barreiros en 2006, no DOG deste 28 de xuño aparece publicada a Memoria Ambiental do Plan Sectorial co que a Xunta pretende "regularizar" a situación das promocións ilegais. Esta memoria constitúe unha proba non só de tais ilegalidades, senón das intencións da Xunta de lavar os chanchullos e infraccións urbanísticas de Barreiros con diñeiro público. ADEGA dará traslado á Fiscalía de dito documento para que serva como proba na denuncia contra Hernández por prevaricación e delictos contra a facenda pública.

ADEGA denuncia a Hernández por prevaricación e delictos contra a facenda pública no caso Barreiros




Compostela, 29 de xuño do 2011. Tras a aprobación por parte do Consello da Xunta do proxecto sectorial para legalizar e pagar con cartos públicos as ilegalidades urbanísticas no concello de Barreiros, o ordenamento territorial carece xa de valor. A mensaxe é a seguinte: tanto teñen as ilegalidades cometidas confirmadas por sucesivas sentenzas xudiciais: a Xunta vai acudir ao quite para salvar a cara a concellos e promotoras sen escrúpulos, usar a lexislación para amparar os chanchullos e o que é pior, adicar cartos públicos a tapar os buracos deixados polos promotores. Non hai cartos para políticas sociais nen para educación; non hai cartos para medio ambiente e investir no rural na prevención dos lumes; pero para amparar ilegalidades de concellos amigos e agasallar a construtores e especuladores hai 14 millóns de € de cartos públicos (e os que virán). Certificados falsos, diñeiro negro, prevaricación, malversación de fondos públicos, persecución política e represalias á secretaria municipal... Barreiros, a "Marbella" galega. Denuncia_Fiscalía_HERNANDEZ (PDF 180 Kb)

Fonte: Adega Información


Para contactar con ADEGA:

Xesús Andrés López Piñeiro, Presidente ADEGA-Trasancos
spinheiro@terra.es

Ernesto Lopes Dias, Secretario ADEGA-Trasancos
lodergz@gmail.com

Antonio García Jiménez. ADEGA-Trasancos
angaji@yahoo.com

Antón Muñiz. ADEGA-Trasancos
xamute@gmail.com

Delegación de Ferrol (Trasancos)
Apdo Correos 481; 15480 Ferrol
www.adega.info
______________

Colaboraçom económica (novamente): XXI Festival da Terra e da Língua

Como saberedes a Fundaçom Artábria organiza, o próximo 15 e 16 de julho, o XI Festival da Terra e da Língua no Moinho de Pedroso, em Narom.

Dous dias de confraternizaçom, aprendizagem, debate e muita festa. Como sempre neste preciosso entorno natural da Terra de Trasancos.

O Festival que como também saberedes é de graça conta com um amplo programa de atividades e um importante cartel musical. Para poder financia-lo além dumha pequena ajuda do Concelho de Narom, que este ano veu-se reduzida à metade contamos só com os ingressos de balcom, publicidades e vendas de rifas. Mas ainda assim nom é suficiente. Precissamos das achegas da nossa base social, de todas e todos vos que estades comprometid@s com a nossa língua e cultura.

Perante isto fazemos um apelo para o ingresso da quantidade que consideredes oportuna no nosso número de conta:
Caixa Galiza 2091-0226-21-3040022733

Agradecer-vos a vossa ajuda e vemo-nos em Pedroso!

Toda a informaçom do festival:
festivaldaterraedalingua2011.blogspot.com

Fundaçom Artábria

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
6 de julho de 2011 11:27
________________

Endesa pretender verter ao río Eume toneladas de lodos contaminados que se almacenan nos fondos do encoro d'A Capela


Endesa trata de verter lodos tóxicos no Eume

Endesa pretender verter ao río Eume toneladas de lodos contaminados que se almacenan nos fondos do encoro d'A Capela.

Endesa xa remitiu a Augas de Galicia, organismo autónomo da Xunta -polo de agora até Xaneiro de 2012 que será cando se converta nunha empresa por mor do disposto na Lei de Augas de Galicia, a solicitude dun permiso para proceder á "modernización dos desaugadoiros de fondo da presa do Eume", consistente "na retirada de parte dos lodos que se almacenan sobre as válvulas do fondo do encoro e depositalos a uns cincuenta metros máis arriba", nos fondos da mesma presa. A todo isto chama-lle eufemisticamente "proxecto ambiental". "Unha vez despexados os dous desaugadoiros, con metro e medio de diámetro cada un, Endesa, de acordo ao proxecto enviado á Xunta, comezaría a verter ao río o caudal ecolóxico que lle esixe a lei, que equivale ao 10 por cento da media anual do río a partir da auga que se acumula no fondo da presa cunha proporción mínima de osíxeno e a baixas temperaturas. As verteduras ao Río Eume poden ocasionar gravísimos danos, irreparábeis, ao ecosistema do río, no caso de ser liberados". Todo isto o ven denunciando o Comité Local de Galicia da entidade AEMS - Ríos con Vida.

Segundo AEMS - Ríos con Vida, o "proxecto arrastraría á canle do Eume toneladas de lodos contaminados, máis de 30 metros que se acumulan xunto ao muro da presa desde fai medio século e que conteñen os restos da explotación mineira d'As Pontes e os residuos industriais da construción da autovía AG-64 entre Ferrol e Vilalba".

"En 2009 e a principios de 2010, Ríos con Vida denunciou a Endesa por varios delitos ambientais pola captación abusiva da auga e usurpación de augas públicas do Eume, un arteria rio que atravesa as Fragas do Eume, un espazo protexido pola súa gran biodiversidade ambiental, e desemboca en Pontedeume. A Fiscalía especializada en delitos contra o Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denunciou a Endesa nos xulgados de Ferrol como presunta responsable de varios delitos contra o medio ambiente".

Mesmo a asociación ecoloxista ADEGA publicou un comunicado o pasado 27 de Xuño, manifestando que "a desvergoña de ENDESA non ten límites", pois "quere botar 50 anos de lamas tóxicas Eume abaixo! O proxecto de 'Modernización de los desagües de fondo de la presa de Eume' (PDF 3,20 MB) é a 'solución final' de ENDESA para despachar décadas de incumprimento dos caudais ecolóxicos o que provocou a seca de 3,4 km de río. Para eliminar os sedimentos (lamas ácidas con metais pesados da actividade mineira) acumulados no vaso do encoro a solución que propón ENDESA é ... vertelos no Eume! ADEGA esixe da Xunta que obrigue á empresa a limpar o vaso do encoro retirando e depositando as lamas nun vertedoiro controlado para o seu tratamento, en troques de arrialas ao Eume. Asemade, e visto o reiterado incumprimento (50 anos) da lexislación ambiental, Hernández debería incoar un expediente para decretar a caducidade da concesión e obrigar a ENDESA a demoler o encoro en troques de querer lavarlle a cara á empresa" [Pode-se ler o artigo completo na Web de ADEGA].

Sabela Iglesias Garrido de Verdegaia, remite-nos un traballo feito, en forma de alegacións, pola súa organización, logo de consultar cos compañeir@s do Colectivo Funsquella e aos de AEMS - Ríos con Vida, como contributo á loita polo "Río Eume". Aínda que a administración consulta á entidade AEMS - Ríos con Vida, ante o proxecto de Endesa, Verdegaia considera que os diferentes colectivos deberíamos presentar alegacións ao citado "Proxecto Ambiental de Endesa", denominado "Proxecto de modernización do desaugadoiro de fondo do encoro do Eume. Rev. 0, do 13 de Maio de 2011 - Documento ambiental O-1355-10".

Verdegaia xa ten enviado o seu contributo a AEMS - Ríos con Vida, mais anima a que os diferentes colectivos da Rede Galiza Non Se Vende, podíamos mandar algo sobre o asunto por rexistro. Polo que achegan o texto das alegacións elaboradas por eles, como modelo. Texto que polo seu interese, desde Ártabra 21 queremos difundir, polo que o reproducimos a continuación e achegamos un enlace para poder baixa-lo da rede [Baixar].

Verdegaia, achega unha documentación que se menciona nas alegacións e vai anexada ás mesmas que é unha "Resolución de 5 de xullo de 2007, da dirección xeral de calidade e avaliación ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a unidade de produción térmica e o vertedoiro controlado de residuos non perigosos e se formula a declaración de impacto ambiental no concello de As Pontes -A Coruña."

Sobre os prazos, o mes empeza a contar dende a recepción da notificación por parte de AEMS - Ríos con Vida, e non desde a data que aparece no escrito da consulta, así que aínda non sabemos cando remata o prazo de presentación.
__________

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE,
TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS
AUGAS DE GALICIA
Praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9
15781 – Santiago de Compostela


Asunto: Alegacións ao Documento ambiental O-1355-10 – Proxecto de modernización do desaugadoiro de fondo do encoro do Eume. Rev. 0 de data 13 de maio de 2011.

...

Antecedentes:

O transporte e deposición de sedimentos é un proceso natural que pode estar afectado por efecto de intervencións humanas. Este proceso está determinado por factores xeolóxicos, hidrolóxicos e socioeconómicos. Entre os primeiros, predominan o tipo de formación e as condicións estructurais no lugar de orixe dos sedimentos de procedencia natural. En canto aos segundos, predominan as características das chuvias, o réxime de escorrentía, a conformación da rede de drenaxe e a xeometría do cauce. En canto aos aspectos socioeconómicos, poden ser considerados os xerados augas arriba do encoro hidroeléctrico do Eume (CH Eume), polos usos da tierra e os procedentes das actividades humanas, e neste caso se deben estimar como representativas na bacía os xerados polos verquidos de:

Orixe urbano de As Pontes de García Rodríguez, concello da provincia d'A Coruña, pertencente á comarca do Eume, cunha extensión de 249,37 km² e unha poboación de 11.384 habitantes segundo o censo do ano 2008.

Orixe industrial en As Pontes, onde existe unha zona industrial consolidada para a producción de enerxía eléctrica, na que se atopa dende o año 1976 a U.P.T. de As Pontes, central térmica convencional, propiedade de ENDESA GENERACIÓN, S.A., cunha unidade de produción térmica de 1.400 MW e un vertedoiro de residuos non perigosos. En xuño de 2008 púxose en marcha unha central térmica de Ciclo Combinado, para unha producción de 800 MW de potencia, da misma propiedade e que comparten infraestructuras.

O encoro do Eume atópase na bacía hidrográfica do río Eume, nos concellos de A Capela, Monfero e As Pontes, na provincia de A Coruña, e a súa construcción finalizou en 1960, sendo transferida a concesión a ENDESA o 26 de outubro de 1973, por Orden Ministerial.

O encoro ten 123 hm3 de capacidade máxima e recibe unha aportación anual media de 551,74 hm3, procedentes de unha bacía de 425 km2 de superficie.

As precipitacións anuais que se rexistran corresponden ás máis elevadas da península, debido á afección de frentes atlánticos que, asociados a unha xeografía singular, provocan chuvias a cotío. O valor medio é de 1.660 L/m2 anuais, aínda que os rexistros históricos dos últimos 44 anos ofrecen valores extremos de 2.604 L/m2 e 1.021 L/m2. Nun mes tense chegado a rexistrar 772 L/m2, e nun so día 126 L/m2, como valores máximos. Para un periodo de retorno de 100 anos, seguindo a distribución de frecuencias de Gumbel este valor podería chegar aos 151 L/m2. (El Agua y las explotaciones a cielo abierto, tecnología aplicada para el desarrollo de la mina de As Pontes -A Coruña, 1991, López, Julio y Lozano, Ángel, ENDESA).

Augas arriba do encoro do Eume (CH Eume), sobre o mismo río, atópase a presa de captación de aguas da CT As Pontes, situado á altura da poboación do mesmo nome e aínda máis arriba, o encoro de Ribeira. Ambas obras hidráulicas son propiedade de ENDESA GENERACIÓN, S.A.


1.Verquidos de orixe urbano:

Nas Pontes de García Rodríguez non existe unha planta de tratamento de augas residuais urbanas. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras de la Xunta de Galicia, adxudicou a construcción da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de As Pontes á empresa Espina y Delfín SL. Esta actuación está incluída dentro do Plan de Saneamento da Xunta e será cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), que aportará o 70% do presuposto total da actuación, é dicir, 2,5 millóns de euros (BOP A Coruña, 2 de xaneiro 2009). O prazo para a construcción da planta, que foi deseñada para dar servicio a uns 20.000 habitantes e permitirá eliminar os verquidos ao río Eume, é de 25 meses.


2.Verquidos de orixe industrial:

A UPT de As Pontes, iniciou a súa actividade en 1976 e foi deseñada e construída para usar os lignitos extraídos da mina a ceo aberto situada nas súas proximidades. Este combustible sólido caracterízase polos seus elevados contidos en humidade e xofre. Entre 1993 e 1996 efectuouse un proceso de transformación da Unidade, co obxecto de utilizar mesturas de lignito local con carbóns subbituminosos de importación caracterizados polos seus baixos contidos en xofre e cinzas. Na actualidade a UPT está adaptada para consumir, como combustible principal, carbón subbituminoso de importación. Esta actuación levouse a cabo sucesivamente nos catro grupos xeradores, e se realizou no período comprendido entre 2005 e 2008. A UPT está constituída por catro grupos xeradores de características similares que funcionan de forma independente.

Para o tratamento dos efluíntes da UPT e das augas de mina, cóntase coa Planta TEL, posta en marcha e recepcionada por ENDESA en 1990, cunha capacidade de tratamento entre 0,45 e 30 m3/s, onde se tratan as augas de escorrega da explotación mineira así como as augas residuais da UPT (purgas do sistema de refrixeración, augas pluviais, augas residuais da planta de tratamento de augas de achega, etcétera).

O sistema de refrixeración funciona en circuíto pechado, con catro torres hiperbólicas de tiro natural, unha para cada grupo. A achega de auga realízase dende unha presa de captación existente no río Eume ao seu paso xunto á UPT.

Todo o proceso de funcionamiento e as súas características están descritas na Resolución de 5 de xullo de 2007, da dirección xeral de calidade e avaliación ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras da Xunta de Galicia, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a unidade de produción térmica e o vertedoiro controlado de residuos non perigosos e se formula a declaración de impacto ambiental no concello de As Pontes (A Coruña). Titular: ENDESA GENERACIÓN, S.A. clave: 2005/0479_aia/ippc., da que se adxunta copia.


2.1.Planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta TEL).

A planta de tratamento de efluíntes líquidos recibe as augas de escorrega procedentes da explotación mineira e tódolos efluentes da UPT. O tratamento físico-químico elimina os sólidos en suspensión e neutraliza as verteduras. A planta está deseñada para tratar caudais entre 0,45 e 30 m3/s. As lamas separadas no tratamento bombéanse a un depósito de cinco millóns de metros cúbicos.

- Augas residuais xeradas na Central Térmica e lixiviados do vertedoiro de residuos non perigosos son tratadas desde 1990 para a súa neutralización e decantación de sólidos en suspensión e sedimentables; en base aos seguintes parámetros de diseño:
  • Para caudais de 15 - 30 m3/s con un contenido máximo de sólidos de 11.800 mg/L
  • pH 7 - 8,7
  • Sólidos susp. 300 mg/L.
  • Fe soluble (max.) 0.1 mg/L
  • Fe total (máx.) 2 mg/
  • Al total (máx.) 0.6 mg/l
  • Mn soluble (rnax.) 1,3 mg/l

2.2.Vertedoiro de residuos non perigosos para o depósito das cinzas e escouras producidas na Central desde o 1 de xaneiro de 2008.

As cinzas voantes e escouras xeradas na Central estivénronse a empregar na entulleira da mina para a súa restauración. Esta instalación só estuvo operativa ata o 1 de xaneiro de 2008. A partir desa data as cinzas e as escouras producidas se depositan nun novo vertedoiro de residuos non perigosos.


CONSIDERACIÓNS XERAIS:

A necesidade de modernización dos desaguadoiros de fondo, que se sitúan na zona da presa onde o leito do encoro acada a maior profundidade, débese fundamentalmente a que, ao longo do tempo, os arrastres producidos polo funcionamiento normal do encoro (e cunha intensidade moito maior con avenidas), se deteñen no muro do encoro, producíndose o aterramento da zona. Cando o nivel de lama acada a cota de umbral do desaugadoiro, esta introdúcese nos conductos, que con tempo, e se non se realizan barridos con caudais axeitados, se tamponan inevitablemente.

Esto significa que os desaugadoiros de fondo da presa do Eume non se empregaron nunca e, polo tanto, os sedimentos actualmente existentes na zona da toma dos desaugadoiros de fondo pola parte do paramento augas arriba da presa, están alí dende a posta en marcha do encoro.

Tendo en conta que, sen contar todavía cunha planta de tratamento de augas residuais urbanas, os resultados dispoñibles dende 2008, con 3 campañas ao ano (febreiro, xuño e outubro), no punto de mostraxe de referencia CT-MR-7 ubicado inmediatamente augas abaixo de la CH Eume, non presentan ningún valor que supere a tabla A1 do RD 927/1988 sobre calidade de auua esixible para a produción de auga potable, podemos considerar insignificante o impacto dos verquidos urbanos procedentes do Concello de As Pontes sobre a calidade da auga do encoro do Eume (CH Eume) e igualmente insignificante o seu aporte de sedimentos.

Isto quere dicir que os sedimentos actualmente existentes na zona da toma dos desaugadoiros de fondo, proceden na súa meirande parte da actividade de ENDESA, das augas de escorrega da explotación mineira así como das augas residuais da UPT (purgas do sistema de refrixeración, augas pluviais, augas residuais da planta de tratamento de augas de achega, etcétera).

Dentro desta actividade, debemos distinguir dous periodos no tempo totalmente diferentes entre si polas súas condicións ambientais. O primeiro transcurre dende o inicio da actividade da U.P.T. de As Pontes, central térmica convencional de ENDESA GENERACIÓN, S.A. entre 1976 e a posta en marcha da Planta TEL, recepcionada por ENDESA en 1990. O outro periodo sería dende esa data de 1990 ata a actualidade, coas melloras e controis ambientais postos en marcha por ENDESA ao longo destes últimos anos e que aparecen na Resolución de 5 de xullo de 2007, da dirección xeral de calidade e avaliación ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada (A.A.I.) para a unidade de produción térmica e o vertedoiro controlado de residuos non perigosos.

Durante o primeiro periodo, ao non existir a Planta de tratamiento de efluíntes líquidos (TEL), debemos de considerar que tódolos efluíntes das augas de escorrega da explotación mineira así como as augas residuais da UPT, eran verquidos directamente ao cauce do Eume sin ningún tipo de tratamento. Así mesmo, naqueles anos eran de uso común, para o acondicionamento das augas de caldeira, aminas secuestrantes de osíxeno e tratamentos anticorrosivos, dispersantes, pasivado e biocida nos circuítos de refrixeración, productos químicos que contiñan sustancias perigosas, actualmente prohibidas e que figuran nos Anexos do Real Decreto 60/2011, de 21 de enero, sobre as normas de calidade ambiental no ámbito da política de augas, como queda reflectido na Resolución da A.A.I.

Seguemento e control químico da auga de refrixeración, para reducir o uso de aditivos. A Central dispón de sistemas de dosificación en continuo de hipoclorito sódico que permiten realizar un o seu axuste preciso en función da calidade da auga. O mantemento da auga de refrixeración lévase a cabo con doses optimizadas de hipoclorito, biocidas e dispersantes, axustados mediante os resultados do seguimento da súa calidade establecido nos procedementos de detección e vixilancia da calidade da auga implantados.

Uso de produtos químicos menos perigosos.

A Central non utiliza ningún dos reactivos citados no BREF de referencia como expresamente sen a consideración de MTD (compostos de cromo, mercurio, compostos organometálicos mercaptobenzotiazol ou substancias biocidas distintos do bromo, cloro, ozono e auga osixenada para os tratamentos de choque).

Ademáis de tódolos compostos procedentes da corrosión ey desgaste dos metais e as súas aleacións implicadas na propia instalación da UPT de ENDESA en As Pontes, como ferros, aceiros inoxidables (Fe, Mn, Cr, Ni e Mo) e cobre.

Dende a entrada en funcionamento da Planta TEL nos anos 90, podemos considerar que a partires de entón unicamente chegan de forma continua ao rio Eume as partes solubleis das substancias implicadas na explotación; é dicir, as augas de escorrega da explotación mineira así como as augas residuais da UPT. Como esta Planta de tratamiento (TEL) decanta os sólidos, unicamente chegarán solidos ao río cando se produzan grandes avenidas por exceso de pluviosidade (e que neste cauce non son infrecuentes).

Actualmente a situación dista moito do período comprendido entre 1976 e 1990, tras a implantación dos SXMA, ISO UNE 14001 e EMAS, e cos controis impostos nos efluíntes, o control da calidade do medio receptor e a vixianza ambiental, además da eliminación do emprego a cotío dalgunhas substancias perigosas (Anexos do Real Decreto 60/2011, de 21 de xaneiro, substancias prioritarias e/ou substancias preferentes e/ou substancias contaminantes)

O realmente preocupante é que estes sedimentos xerados no periodo 1976-90 están na parte baixa do nivel de fangos que acada a cota de umbral do desaugadoiro, dos que non se ten feito ningún tipo de caracterización analítica, nin de evaluación ecotoxicoloxica e que agora se pretenden mobilizar, para o cal se ven de presentar o Proxecto de modernización do desaugadoiro de fondo do encoro do Eume. Rev 0 de data 13 de maio de 2011, que dende logo non emprega para nada os criterios establecidos por ENDESA GENERACIÓN, S.A. nos seus SXMA ISO UNE 14001 e EMAS, recollidos na xa citada Resolución da autorización ambiental integrada (A.A.I.) para a unidade de produción térmica e o vertedoiro controlado de residuos non perigosos, que se acompaña.

Para ter unha idea da sensibilidade medioambiental e de sostenibilidade do medio receptor do citado documento, e como exemplo dos novos tempos avalados pola práctica e o desenvolvemento científico, transcríbese textualmente: “El RD 927/88 fija el límite para aguas salmonícolas en 25 mg/L; no obstante, para este parámetro reconoce situaciones de excepcionalidad por situaciones meteorológicas o geográficas de tipo natural. A pesar de que la actuación proyectada no responde a un patrón natural, se considera razonable catalogarla como excepcional y acogerse a rangos más altos de los establecidos en el citado Real Decreto, avalados por la práctica y el desarrollo científico. En este sentido, las experiencias llevadas a cabo por EDF (Electricité de France) en los obligatorios vaciados decenales de embalses, así como a la propia experiencia de ENDESA en la materia, reiteran como límites tolerables de materias en suspensión para la vida piscícola un primer umbral de 2000 mg/L que puede mantenerse más de 24 h con contenidos de oxígeno disuelto por encima del 50% de saturación, un segundo umbral de 5000 mg/L a partir del cual pueden darse efectos sobre las poblaciones de peces si su duración supera 10 h y si simultáneamente se dan concentraciones de oxígeno disuelto de 5 mg/L. Estas referencias [4] coinciden en gran medida con estudios específicos sobre el efecto combinado de las materias en suspensión y la concentración de oxígeno disuelto sobre la mortalidad de trucha [5], donde se acredita que con concentraciones de oxígeno de 6 mg/L, la mortalidad de trucha expuesta a una concentración de materia en suspensión de 5000 mg/L es del 10% en 9h. Dado que la densidad del sedimento del embalse es muy baja (1,1 g/cm3), se establece como umbral máximo admisible una concentración de materia en suspensión (MES) de 2000 mg/L a la salida de la última balsa de decantación proyectada”.

[4] Cardinal, H. (1989). Procédure LIVRE (Limitation de l’impact de Vidange des Retenues). Dép. Environnement Aquatique el Atmosphérique. Electricité de France. Paris. 96 pp.

[5] Garric J. Migeon B. & Vindimian E. (1990) Lethal effects of draining on brown trout. A predictive model based on field and laboratory studies. Wat. Res. 24, 59-65

O que non cita o documento “Proxecto de modernización do desaugadoiro de fondo do encoro do Eume. Rev 0 de data 13 de maio de 2011”, é que se estamos nesta situación de ter que realizar esta actuación proxectada, que non responde a un patrón natural, é debido á neglixencia da concesionaria ENDESA de non ter realizado os obrigatorios vaciados decenales de encoros.

E seguimos insistindo en que o problema non está na cantidade de sedimentos ou nos sólidos en suspensión que se poidan xerar durante a execución do proxecto. O verdadeiro problema é que entendemos que estes sedimentos é moi probable que teñan a desgraciada característica de residuos perigosos, e o proxecto preve a súa redistribución por todo o cauce do Eume e ría de Ares.


ALEGACIÓNS:

Seguindo a mesma orde que figura exposta no “Proxecto de modernización do desaugadoiro de fondo do encoro do Eume. Rev 0 de data 13 de maio de 2011”:


Alegación 1:

Las dos opciones o alternativas que se han establecido para el desalojo del depósito de sedimentos existente en las inmediaciones de los desagües de fondo son, en síntesis, las siguientes:
  • Alternativa 1: Dragado del depósito de sedimentos mediante embarcación provista de draga de tipo “cuchara” y transporte posterior a vertedero autorizado.
  • Alternativa 2: Desalojo subacuático del depósito de sedimentos mediante un sistema de aspiración por bombas y posterior reubicación de los materiales desalojados en un punto seleccionado del mismo vaso de embalse

Existe outra alternativa que non se tivo en conta que sería a do desaloxo subacuático do depósito de sedimentos mediante un sistema de aspiración por bombas e o seu posterior transporte en contenedores estancos a vertedoiro autorizado ou ao seu tratamento, no caso de que a súa caracterización non indique presenza de substancias perigosas, no depósito de cinco millóns de metros cúbicos co resto das lamas da Planta TEL, ao fin e ao cabo a situación actual é por neglixencia no mantemento do encoro, por parte da concesionaria, ENDESA GENERACION, S.A..

Debemos ter en conta as limitacións que impón respecto do DPH o artigo 6.1, apartados a e b, do Real Decreto Lexislativo 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, tanto a zona de policía de 100 m como a servidume de uso público de 5 m, as opcións ou alternativas establecidas están limitadas por Lei.

Ademáis de que, segundo o Artigo 97 apartados a e b, do Real Decreto Lexislativo 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, “queda prohibida, con carácter xeral, e sen perxuizo do disposto no artigo 100, toda actividade susceptible de provocar contaminación ou degradación do dominio público hidráulico


Alegación 2:

En el análisis del cómputo realizado según el método propuesto, según aspectos técnicos, ambientales y económicos, donde se destaca la notable diferencia existente entre las dos alternativas, y en el que la alternativa 2 descrita, supera a la alternativa 1 en todos los criterios, especialmente en el ambiental.

Discrepamos totalmente neste punto, xa que ten máis influenza ambiental o propio uso da técnica da draga, fronte á aspiración por bombas. Ademais, non se poden empregar criterios económicos, xa que dacordo co artigo 117.1, do Real Decreto Lexislativo 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, se cita que; en caso de infracción ”As citadas infraccións se calificarán reglamentariamente de leves, menos graves, graves ou moi graves, atendendo á súa repercusión na orde e aproveitamento do dominio público hidráulico, a súa trascendencia polo que respecta á seguridade das persoas e bens e ás circunstancias do responsable, o seu grao de malicia, participación e beneficio obtido, así como ao deterioramento producido na calidade do recurso

Neste caso concreto, se estamos nesta situación de ter que realizar esta actuación proxectada, é debido á neglixencia da concesionaria ENDESA por non ter realizado os obrigatorios baleirados decenais de encoros. Como nunca foron realizados, dende o ano 1960, pódese calcular a cantidade de cartos que se ten aforrado ENDESA na xestión da concesión do CH Eume e, polo tanto, dos beneficios obtidos, o que debería rematar coa apertura dun expediente sancionador.


Alegación 3:

Cítase que:

Reubicación de los sedimentos situados frente a la embocadura de los desagües de fondo en el embalse. Esta tarea se llevará a cabo en dos fases:

Primera fase: retirada y reubicación de 252 m3 50 m aguas arriba con bomba sumergida. La zona despejada estará limitada por taludes de seguridad con pendiente 1V/2).

Segunda fase: retirada y reubicación de 1.106 m3 con bomba sumergida. La zona despejada, con planta semicircular, estará limitada por taludes de seguridad con pendiente 1V/2,5H).

Debemos ter en conta o Artígo 97 do Real Decreto Lexislativo 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, xa que nas Actuacións contaminantes prohibidas:

Queda prohibida, con carácter xeral, e sen perxuízo do disposto no artigo 100, toda actividade susceptible de provocar contaminación ou degradación do dominio público hidráulico, e, en particular:
  • a) Acumular residuos sólidos, entullos ou substancias, calquera que sexa a súa natureza e o lugar no que se depositen, que constitúan ou poidan constituir un perigo de contaminación das augas uo de degradación do seu entorno.
  • b) Efectuar accións sobre o medio físico ou biolóxico afecto á auga, que constitúan ou poidan constituír unha degradación do mesmo.
  • c) O exercicio de actividades dentro dos perímetros de protección, fixados nos Planos Hidrolóxicos, cando puideran constituir un perigo de contaminación ou degradación do dominio público hidráulico.

E ademais, debido ás características pluviométricas da zona xa comentadas (valor medio anual de 1.660 L/m2, con valores extremos de 2.604 L/m2 ano, 772 l/m2 mes e 126 l/m2 día), existe unha alta probabilidade de que xurdan problemas.


Alegación 4:

Cítase que:

De acuerdo con los análisis de las características físicas generales del sedimento muestreado en octubre de 2010 (Tabla 14; muestras EUM.01-EUM.03) se tienen los siguientes resultados:

Domina la fracción fina (arcilla y limo). Las gravas, aunque en un porcentaje significativo en peso, son muy escasas en volumen. Esta composición del sedimento cercano a la presa es indicadora de la gran capacidad de decantación que posee el embalse a lo largo de su recorrido, explicada en parte por el mantenimiento de cotas altas y también por su elevada profundidad media.

El contenido en materia orgánica se puede considerar bajo, lo que está de acuerdo con el estado oligotrófico del embalse. Este bajo contenido en materia orgánica del sedimento también supone que éste posee una escasa DBO5, lo que resulta relevante, pues es indicativo de que su eventual movilización no debería llevar asociados consumo de oxígeno disuelto significativos.

Simplemente se realizou unha análise granulométrica e non se aporta ningunha analítica físico-química dos citados sedimentos, nin caracterización do seu contido en metais, nin unha simple evaluación da súa ecotoxicidade, a pesares de que nas augas e cauce receptor se dispón de abondosa información sobre o seu contido en: Nitratos, Fluoruros, Ferro, Manganeso, Cu, Zn, B, As, Cd, Cr total, Pb, Se, Hg, Ba, CN-, SO4-2, Cl-, PO4-3, Fenois, Hidrocarburos disoltos ou emulsionados, Hidrocarburos policíclicos aromáticos, Plaguicidas totais, Nitróxeno total, Substancias extraíbles con cloroformo, etc. Serían especialmente interesantes esos datos do punto de mostraxe que existe inmediatamente augas abaixo da Central Hidráulica do Eume (Aprox. 20 Km augas abaixo do punto de vertido), o que realmente resulta estraño e sospeitoso.

No “Proxecto de modernización do desaugadoiro de fondo do encoro do Eume. Rev 0 de data 13 de maio de 2011” cítase múltiples veces a boa osixenación das augas no CH Eume, cando é de sobra coñecido que na fase sedimentaria pasa coa profundidade a situación anóxica, o que xera compostos, en xeral, de máis alta toxicidade.

E coñecendo tamén que na zona sedimentaria, “numerosos estudios realizados na última década sobre zonas húmidas naturais e artificiales, constituídas principalmente para o tratamento de drenaxes ácidos de mina, puxeron de manifesto unha producción neta de alcalinidade e uhna reducción da concentración de metais, se ben os mecanismos que estarían involucrados nestes procesos non parecen estar totalmente entendidos. Algúns dos procesos implicados na mellora da calidade das augas inclúen a sedimentación, adsorción, complexación, absorción vexetal uo reaccións de oxidación-reducción mediatizadas microbiolóxicamente. O desenvolvemento dunha vexetación densa proporciona un substrato axeitado para desenrolo microbiolóxico, reducíndose o potencial redox, e aporta materia orgánica que interven na adsorción e complexación metálica. Os mecanismos que podrían contribuir á xeración alcalina ou consumo de acidez nas zonas húmidas son, principalmente, a reducción do sulfato a sulfuro e a reducción do Fe3+ a Fe2+ na zona anaerobia, con intervención biolóxica. Bacterias sulfato-reductoras foron encontradas en gran número de mostras tomadas no substrato de algunhas lagoas e existe a evidencia de que o ión férrico se reduce a ferroso na faixa anaerobia das zonas húmidas e sedimentarias”. (Aguas de drenaje de mina afectadas por la oxidación de sulfuros. variaciones estacionales de su composición, C. Monterroso y F. Macías, Universidad de Santiago, Dpto. Edafoloxía e Química Agrícola)


Alegación 5:

En el río aguas abajo de la presa, y consecuentemente también en la ría de Ares, las acciones con potenciales efectos son la limpieza inicial de sedimentos acumulados en los conductos de desagüe, posibles vertidos y derrames accidentales de sustancias contaminantes, las pruebas de los desagües y la puesta en explotación de los desagües de fondo. La limpieza de los desagües de fondo se iniciará después de la colocación del escudo de seguridad; se supone que éstos contienen una cierta cantidad de sedimento de características similares a las del sedimento del embalse en las proximidades de la presa. La cantidad máxima de sedimento que se extraerá por la salida de los desagües se estima en unos 30-40 m3. Esta operación constituye riesgo de enturbiamiento de las aguas del río circulantes bajo la presa.

Ao non existir unha caracterización físico-química dos citados sedimentos e non dispor de analíticas físico-químicas, nin caracterización do seu contido en metais, nin unha evaluación da súa ecotoxicidade, e ningunha información sobre o seu contido en: Nitratos, Fluoruros, Ferro, Manganeso, Cu, Zn, B, As, Cd, Cr total, Pb, Se, Hg, Ba, CN-, SO4-2, Cl-, PO4-3, Fenois, Hidrocarburos disoltos ou emulsionados, Hidrocarburos policíclicos aromáticos, Plaguicidas totais, Nitróxeno total, Sustancias extraíbles con cloroformo, etc., é imposible poder evaluar o impacto destes 30-40 m3 sobre o río augas abaixo do encoro e, consecuentemente, tampouco sobre a ría de Ares. Por tanto, considerar que o único problema é o risco de enturbiamiento das augas do río circulantes baixo o encoro é puramente anecdótico, xa que terían efectos negativos sobre os usos de consumo da auga dos asentamentos que se abastecen do río, porque realmente se trata de augas pre-potables, e sobre a pesca fluvial e na ría de Ares.


Alegación 6:

Con referencia a las Medidas para prevenir la contaminación del agua por sólidos en suspensión y como fase previa a cualquier actuación se construirán 4 balsas de decantación en los primeros 1,3 km de cauce, en el sector situado entre la presa y la Central eléctrica. La primera a 360 m de la presa (500 m3), la segunda a 680 m (500 m3), la tercera a 780 m (700 m3) y la cuarta a 1.370 m (900 m3). La construcción de las balsas consistirá en el cerramiento del cauce con azudes de 1 m de altura sobre el nivel de agua con el caudal actual, fabricados con sacos terreros trasladados a la zona en helicóptero. Dichos sacos se retirarán una vez se hayan dado por concluidas las pruebas y circule el caudal de mantenimiento con normalidad. (En las figuras 12-16 se ilustra la distribución de las balsas y su aspecto aproximado, y su ubicación. El objetivo es decantar en lo posible la mayor cantidad de partículas que en mayor grado contribuyen a los sólidos en suspensión (las de mayor tamaño y densidad). Posteriormente, una vez acabadas las pruebas, se efectuará un análisis Terrattest© del sedimento. Si la cantidad y composición del sedimento es similar a la anterior al proyecto no se tomará ninguna medida. En caso de encontrarse diferencias sustanciales se adoptarían medidas consensuadas con la Autoridad Competente como por ejemplo sueltas controladas para movilizar el material sedimentado en condiciones de máxima dilución.

Y Gestión de los sedimentos movilizados en el embalse, con el fin de evitar o minimizar un posible enturbiamiento de las aguas del embalse a partir de las labores de retirada y reubicación de sedimentos desde la zona próxima a la presa, se llevarán a cabo tales labores con el embalse plenamente estratificado térmicamente; es decir con una termoclina persistente que garantice un gradiente creciente de densidad del agua hacia el fondo, actuando como contención frente a la dispersión del sedimento movilizado más fino hacia niveles superiores de la columna de agua. En el mismo sentido, la zona seleccionada para la reubicación de los sedimentos deberá disponerse a la máxima profundidad posible y presentar un relieve lo más plano posible.
El equipo de bombeo utilizado para esta actuación deberá disponer de un sistema que garantice la dirección de salida del sedimento impelido hacia el fondo, con el fin de evitar la generación de plumas de turbidez hacia la superficie.

Debemos ter tamén en conta que, segundo o Artigo 97 apartados a e b, do Real Decreto Lexislativo 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, todas estas actividades están prohibidas.

Ademais, as características pluviométricas da zona, comentadas anteriormente, garanten problemas de estabilidade nas 4 balsas de decantación.


Alegación 7:

Con referencia a la Gestión de los sedimentos acumulados en los desagües de fondo, Para prevenir la posible contaminación de las aguas del río por los sedimentos extraídos de los desagües de fondo (estimados en unos 30-40 m3), éstos se irán disponiendo en contenedores situados a la salida de los desagües y evacuados mediante la grúa para su transporte a vertedero.

La operación de carga del sedimento en los contenedores se efectuará en el interior del cuenco de amortiguación, el cual se encontrará debidamente aislado del río para evitar que cualquier fracción que quede fuera de los contenedores pueda pasar a las aguas. También, la actividad de limpieza de los desagües se programará con la cota del embalse lo más baja posible para reducir la probabilidad de que se produzcan vertidos por aliviadero mientras se realizan las operaciones de limpieza o de carga del sedimento en los contenedores.

El sedimento será gestionado como un residuo, por lo que deberá caracterizarse como tal. La tipología de vertederos para realizar su deposición será la que establezca el gestor autorizado a cargo de la actuación.

Entendemos que os sedimentos deben caracterizarse antes de realizar cualquier tipo de operación, e non con posterioridade, cando sexan xestionados


Alegación 8:

En referencia a el establecimiento de los objetivos de calidad y criterios de actuación durante las pruebas de los desagües de fondo
El plan de vigilancia del río Eume contará con los siguientes valores de referencia respecto a los valores que no deberán sobrepasarse.
  • NH4 +: <1 mg/L O2 > 6 mg/L
  • Materia en suspensión (MES): 500 mg/L.

El RD 927/88 fija el límite para aguas salmonícolas en 25 mg/L; no obstante, para este parámetro reconoce situaciones de excepcionalidad por situaciones meteorológicas o geográficas de tipo natural. A pesar de que la actuación proyectada no responde a un patrón natural, se considera razonable catalogarla como excepcional y acogerse a rangos más altos de los establecidos en el citado Real Decreto, avalados por la práctica y el desarrollo científico. En este sentido, las experiencias llevadas a cabo por EDF (Electricité de France) en los obligatorios vaciados decenales de embalses, así como a la propia experiencia de ENDESA en la materia, reiteran como límites tolerables de materias en suspensión para la vida piscícola un primer umbral de 2 g/L que puede mantenerse más de 24 h con contenidos de oxígeno disuelto por encima del 50% de saturación, un segundo umbral de 5 g/L a partir del cual pueden darse efectos sobre las poblaciones de peces si su duración supera 10 h y si simultáneamente se dan concentraciones de oxígeno disuelto de 5 mg/L.

Ademais do que establece o xa citado Real Decreto 927/88, temos que referirnos ao Real Decreto 1541/1994, de 8 de xullo, polo que se modifica o anexo número 1 do Reglamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica. Aprobado polo Real Decreto 927/1988, de 29 de xullo, de calidade esixida ás augas superficiais que sexan destinadas á producción de auga potable, este Anexo reproduce os límites obligatorios que figuran no anexo II da Directiva 75/440/CEE do Consello, de 16 de xuño, aos que deberá axustarse a calidade das augas continentais superficiais empregadas para a producción de auga potable, logo da aplicación dos tratamientos axeitados.

A norma comunitaria so permite que estes límites se superen, con carácter xeral, en caso de inundacións ou catástrofes naturais, así como no suposto de que as augas experimenten un enriquecemento natural en determinadas substancias que provoque a superación dos límites establecidos para os diferentes grupos e, con carácter restrictivo para determinados parámetros, por razóns meteorolóxicas, xeográficas ou no caso de augas superficiais de lagos de escasa profundidade e con augas case estancadas.

Alegación 9:

Na Fase de obras

La vigilancia comenzará 2 días antes de iniciarse la obra y finalizará 15 días después. Estará enfocada a analizar parámetros fisicoquímicos (temperatura, turbidez, conductividad eléctrica, pH, oxígeno disuelto y NH4 +) y biológicos (IBMWP de fauna bentónica de invertebrados). Además se controlará visualmente si existen afecciones a los peces y anfibios.

Se llevará a cabo una regresión empírica en laboratorio entre la turbidez medida con la sonda multiparamétrica y diferentes concentraciones de sólidos en suspensión reparadas con el sedimento del embalse. De esta forma se podrán elaborar registros continuos de turbidez que podrán ser extrapolados directamente a concentraciones de sólidos en suspensión.

Se instalará una sonda de turbidez que realice un registro en continuo de este parámetro en el caudal saliente del embalse, aguas arriba de la primera balsa de decantación. El registro comprenderá todo el periodo de duración de las obras.

Diariamente se analizarán los siguientes parámetros: temperatura, conductividad eléctrica, oxígeno disuelto, pH y NH4 + en el mismo punto que la turbidez y aguas arriba del barranco de Ventureira.

Semanalmente se analizará el IBMWP en los mismos puntos indicados.

En función de los resultados que se vayan obteniendo se podrá modificar justificadamente el número de puntos de muestreo, la frecuencia de análisis y los parámetros fisicoquímicos considerados.

Entendemos que o “control visual” das afeccións a peces e anfibios nas condicións de obra é unha medida fóra de lugar, que reflicte o pouco interese que ten ENDESA por especies incluídas dentro do Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007 do 19 de abril), como poden ser Chioglossa lusitanica, Hyla arborea, Rana iberica, etc.

O feito de tentar controlar por técnicas Nefelométricas, vía turbidimetría, os sólidos en suspensión xerados na auga por sedimentos estratificados e coloreados, cada capa por diferentes concentracións de previsibles humus e cantidades apreciables de sulfuros metálicos e nas concentracións que se citan no documento, parécenos simplemente anecdótico.


Alegación 10:

Non se realiza ningún balance hídrico de previsión de suministro de auga á poboación afectada nas condicións que establece o Real Decreto 140/2003, de 7 de Febreiro, nin tampouco se realiza referencia algunha sobre o establecimiento dun programa de seguemento logo da operación e, consecuentemente, dun plan de recuperación do espazo por se fóra necesario. Tampouco se describe unha programación temporal das medidas ou mecanismos necesarios para a reducción ou eliminación doutros impactos non previstos no documento e que puideran xurdir.

Por todo o anteriormente exposto,
SOLICITA que presentando este escrito dentro do prazo sexa admitido e que se dicte resolución na que se rexeite o “Proxecto de modernización do desaugadoiro de fondo do encoro do Eume. Rev 0 de data 13 de maio de 2011” en base ás argumentacións expostas.

Á espera da aceptación das presentes ALEGACIÓNS

Atentamente,

Documentación que se acompaña:

Resolución de 5 de xullo de 2007, da dirección xeral de calidade e avaliación ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras da Xunta de Galicia, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a unidade de produción térmica e o vertedoiro controlado de residuos non perigosos e se formula a declaración de impacto ambiental no concello de As Pontes (A Coruña). Titular: ENDESA GENERACIÓN, S.A. clave: 2005/0479_aia/ippc.

A AUGAS DE GALICIA, CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS
__________________

luns, xullo 04, 2011

Democracia secuestrada: PSOE e PP, a través da Mesa do Congreso, impiden a ILP sobre a Dación en Pago - Antecedentes e cronoloxía

Desde fai meses, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca - PAH, xunto ao Observatori DESC, UGT, CCOO, CONFAVC, UCC e a Taula do Terceiro Sector, anunciamos a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular para levar ao Congreso a proposta de regular a dación en pago, de maneira que coa entrega da vivenda quede saldada a débeda hipotecaria, e acabando así co sufrimento de miles de familias.

Entre novembro de 2010 e febreiro de 2011, as organizacións sociais impulsoras da ILP, coa axuda de avogados, xuíces e académicos, traballamos no redactado do texto para facer que fose preciso e rigoroso. Con todo, tras a súa presentación a finais de marzo ante a Mesa do Congreso, esta fíxonos chegar a súa negativa: ILP rexeitada. Motivo? Xa existe outra ILP sobre o mesmo tema.

Perplexos, investigamos que ocorrera: un grupo descoñecido, chamado "Verdes ecopacifistas", que non tiña ningún traballo previo sobre a problemática hipotecaria, nin se situou xamais sobre o tema, presentara unha ILP moi mal redactada e sen rigor xurídico, facendo mención da dación en pago, xusto unha semana antes de que se rexistrase a nosa ILP: casualidade? Intentamos contactarlles en reiteradas ocasións sen éxito algún e se todo isto era xa moita coincidencia, o feito de que non empecen ningunha campaña de recollida de firmas espertou as nosas sospeitas. Hoxe, a desconfianza aumenta cando lemos no diario Público que tras os Verdes ecopacifistas atópase nin máis nin menos que a mafia inmobiliaria.

Pero sucederon cousas aínda máis graves. Tras o anuncio da Mesa do Congreso de que rexeitaban a ILP sobre a dación en pago escudándose na ILP presentada polo grupúsculo "ecopacifista", decidimos converter o obstáculo en oportunidade e presentamos unha nova ILP. Se a escusa era que formalmente xa existía unha ILP sobre a dación, presentamos unha ILP máis ampla, contra os desafiuzamentos e pola creación dun parque de vivenda social en réxime de aluguer. E para asegurarnos de que eran conscientes da situación, contactamos con distintos membros da Mesa, asegurándonos de que coñecían todos os feitos ata aquí expostos.

E si señor, eran conscientes dos feitos e reafirmáronse: a semana pasada volveron rexeitar a segunda ILP presentada, coa mesma escusa -que agora xa é máis difícil de sustentar, porque a ILP dos ecopacifistas nada di de desafiuzamentos nin aluguer social. Se xa sospeitabamos que as razóns do rexeitamento eran máis políticas que técnicas, agora xa poucas dúbidas quédannos. A Mesa do Congreso (é dicir, basicamente PSOE e PP) utilizou unha ILP pantasma dun descoñecido grupo vinculado á mafia do ladrillo para impedir unha ILP que centos de miles de cidadáns están esperando, impulsada por organizacións sociais que contan cun amplo apoio e que levan meses traballando duramente para facela posible.

A mensaxe é claro: Non lles importa dinamitar unha das poucas e limitadas ferramentas de participación cidadá que existen. Non lles importa que nesta iniciativa lexislativa viaxe o soño e a ilusión de millóns de persoas. Non lles interesa este ruído de sabres ás portas dunhas eleccións. Non lles importa vender a súa alma ao diaño e aliarse coa mafia inmobiliaria. Están dispostos a sabotear mediante os subterfugios que sexan necesarios esta iniciativa. Non lles importa secuestrar e corromper a democracia. E todo para protexer os beneficios da banca.

A PAH denuncia enérxica e publicamente a PSOE e PP polo seu comportamento caciquil. Estes sucesos só reforzan as teses daqueles que sinalan a democracia actual como unha farsa. Pero nós non queremos vivir nunha farsa e aspiramos a unha democracia real.

Por iso mesmo anunciamos a nosa irrenunciable vontade de recoller as firmas no modo e forma que estaba previsto e anunciamos que peitearemos as rúas de todo o país e tomaremos as prazas, os bares, as tendas e os comercios de pobos e cidades. Recolleremos as firmas e levarémolas igualmente ata o Congreso: se ese día os partidos con representación no Congreso pechan as súas portas e deciden non recibirnos? alá eles. Logo sorprenderanse de que nas rúas miles de cidadáns lles berren que non lles representan.

E fronte a aqueles que desprezan, censuran e trapichean coa vontade dun pobo, non nos queda outra alternativa que facer un chamamento á acción e á desobediencia civil non violenta. Se o sistema pretende bloquearnos, bloqueemos nós ao sistema. Seguiremos parando desafiuzamentos (xa van máis de 50 en todo o estado) e poremos a banqueiros e gobernantes no seu sitio.

Dación en pago e retroactiva xa!

Si se pode!

Antecedentes e cronoloxía:

A picada da burbulla inmobiliaria e o estalido da crise provoca que centenares de miles de familias perdan o emprego e con iso a capacidade para facer fronte ao pago das súas hipotecas. O proceso de execución hipotecaria descóbrese entón como unha apisoadora, un buraco negro polo que se van precipitando miles de familias que se viron obrigadas a sobreendeudarse para acceder a un ben de primeira necesidade e que non só corren o risco de perder a súa vivenda, senón que ademais quedarán condenadas á exclusión social, esclavizadas por unha débeda crecente e para sempre.

Ante a constatación de que o marco legal existente está deseñado para sobreproteger os intereses das mesmas entidades financeiras que causaron a crise en detrimento de os dereitos máis elementais dos cidadáns e cidadás deste país, nace, en febreiro de 2009, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Entre os seus obxectivos, atópase regularizar a dación en pago, para que en caso de residencia habitual e debedor de boa fe, coa entrega da vivenda cancélese a débeda hipotecaria. Unha proposta de mínimos: Que os bancos acepten a vivenda polo prezo que eles mesmos taxaron á hora de conceder astutamente o préstamo hipotecario, a propósito de que moitos cidadáns non o poderían afrontar.

O que nun principio soaba como un berro no deserto, a voz organizada dos afectados, conseguiu elevalo a clamor popular. Segundo distintas enquisas, a proposta, obviamente con efectos retroactivos, está apoiada por máis do 80% da poboación. Respaldo que con todo non se reflicte no congreso dos deputados, onde PSOE, PP e recentemente CIU, mostráronse de xeito reiterado contrarios á súa aplicación, bloqueando en distintas ocasións a aprobación da medida e negando a vontade incontestable da maioría da poboación profundando así na crise de representatividade de que adoece a nosa democracia e ensanchando a distancia que separa os representantes dos representados.

Neste contexto, a PAH, xunto a diferentes colectivo sociais e organizacións sindicais (Observatori DESC, CCOO, UXT, UCC, CONFAVC e Taula do 3er Sector ) deciden constituír un grupo promotor para sacar adiante unha ILP. O obxectivo: recoller 500.000 firmas nun período de 9 meses para obrigar de novo ás formacións políticas a situarse sobre a medida, pero esta vez coa lexitimidade e a forza de centenares de miles de firmas sobre a mesa e ás portas dunhas eleccións xerais. Así, En marzo de 2011, logo de tres meses de traballo articulando xuridicamente a proposta, realizamos unha rolda de prensa de presentación en Barcelona. Era o pistoletazo de saída. A finais do mesmo mes desprazabámonos a Madrid para entregala no rexistro do Congreso. Empezaba entonces unha serie de formalismos que debían entenderse como un mero trámite previa admisión da ILP pola Mesa do Congreso.

Con todo, ao cabo de 3 semanas chegounos unha resolución desestimando a ILP e sucedéronse os feitos descritos no anterior comunicado. Que cada un xulgue en por si.

--
Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca - PAH
www.afectadosporlahipoteca.com
Tel. 677 66 27 56


Enviado por:
xesus manuel diaz suarez
-xesusmanuel@gmail.com-
4 de julho de 2011 00:30

Saúdos, Xesús

#acampada no CEIP San Xoán de Filgueira, contra os recortes da Consellería ao colexio público - Concentración o Luns 4 de Xullo ás 12 do mediodía diante do Centro


Esta é a cuarta noite que membros da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira van pasar no centro. O pasado 30 de Xuño, levaran a súa protesta diante do Edificio Administrativo dada Xunta en Ferrol, na "Praza Amada García" e logo desplazaron-se até a Praza do Concello. Protestan polas medidas adoptadas pola Consellería de Educación que supoñen a desaparición de varios grupos e o seu profesorado, causando un grande perxuizo ao colexio que fora galardoado co Primeiro Premio Nacional de Boas Prácticas de Convivencia 2008, convocado polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. por todo un traballo que continua na actualidade, "pola mellora da convivencia escolar e a consecución dunha sociedade comprometida cos valores". "O CEIP San Xoán de Filgueira está a traballar no ámbito Valora-Interculturalidade".


Coa política de recortes da Xunta de Galicia non lle importa deitar pola borda todo o traballo e esaforzo realizado até a data co alumnado e polo alumnado.

"O centro de San Xoán dispoñía ata agora de nove grupos de alumnos de Educación Primaria, posto que en tres dos cursos os alumnos dividíanse en dúas aulas, para proporcionarlles un maior reforzo educativo. Segundo denuncian os mestres, unificar estes grupos fará imposible continuar a impartir unha ensinanza de calidade a alumnos que presentan importantes necesidades educativas especiais. O alumnado do colexio presenta unha elevada diversidade, con cerca dun 25% de escolares de etnia xitana e un 11% procedentes de familias inmigrantes, o que non lle impediu obter premios a nivel estatal nos últimos anos" [Fonte: Diario de Ferrol"

O Luns 4 de Xullo de 2011, ás 12 do mediodía, agarda-se que se achegue algún reprsentante da Xefatura Territorial da Consellería, outras fonte falan de que mesmo Conselleiro de Educación achegara-se ao Colexio.

Apoio á protesta

Ás 12 do mediodía, do mesmo día, está convocada unha concentración de apoio á loita da comunidade educativa do Colexio contra os recortes da Consellería. Polo dereito das crianzas, rapazas e rapazes ao dereito ao ensino publico e de calidade.

Participa na convocatoría contra o desmantelamento e o deterioro da escola pública.

INDIGNADOS
A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRA
INDIGNADA
COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
AO ESTABLECEREN CRITERIOS ECONÓMICOS
POR RIBA DAS NECESIDADES EDUCATIVAS DO ALUMNADO

CEIP "SAN XOÁN DE FILGUEIRA"
Campo Chao s/n 15405 Ferrol
A CORUÑA (Galiza)

Tfno: 981 320 853 Fax: 981 320 853
ceip.xoan.filgueira@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxoanfilgueira/

O Colexio na rede [máis de 26.000 resultados]
_____________________

domingo, xullo 03, 2011

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, denuncia un novo ataque á Sanidade Pública, por parte da Administración Autonómica presidida por Nuñez Feijóo


Comunicado da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Novo ataque á Sanidade Pública.

Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol DENUNCIAMOS: Un novo ataque da Xunta de Galicia á Sanidade Pública, que nesta ocasión se materializa co peche de 670 camas hospitalarias en todo Galicia, que supón como se se pechara un hospital enteiro de tamaño medio.

A Área Sanitaria de Ferrol é unha das máis afectadas pechando o Servizo de Medicina Interna do antigo Hospital Naval e o Servizo de Pediatría no Arquitecto Marcide, o que non tiña sucedido nunca.

O peche de camas vai supoñer un incremento nas listas de espera e producir colapsos no Servizo de Urxencias que terán como resultado un maior desvío de doentes ó Hospital Juan Cardona, onde a calidade asistencial é peor que no Arquitecto Marcide.

O Sergas pensa que a Sanidade se pode xestionar como se fose unha fábrica de produción en cadea que se pode parar ou traballar a un menor ritmo, pero a realidade é que en verán as persoas seguen enfermando e se unha patoloxías teñen menos ingresos, non é o caso de Medicina Interna, outras patoloxías aumentan e incrementan os ingresos hospitalarios.

As razóns deste peche de camas son dúas: Por unha banda seguir potenciando, desde a Xunta de Galicia, a privatización da sanidade pública e incrementando os concertos con centros privados e por outra reducir o número de persoal, o que ten como consecuencia unha peor calidade asistencial e un incremento importante na carga de traballo do mesmo.

Desde a chegada da actual Xunta de Galicia, a Área Sanitaria de Ferrol é a peor tratada de todo o Sergas: Queda fóra do Plan de Alta Tecnoloxía e os 63 millóns de euros, comprometidos para a reparación e mellora do antigo Hospital Naval, seguen desaparecidos e, ó mesmo tempo, ó Hospital Novoa Santos se lle vai deixando pouco a pouco sen ningún contido asistencial, mentres se incrementan os concertos co Juan Cardona e con outras clínicas da cidade e aumentan as derivacións a outros hospitais privados concertados da Coruña.

Se privatizan os servizos de compras e subministros, os de arquivo e historias clínicas e o mantemento do Hospital Naval se lle adxudica á empresa Eulen en troques de facelo o propio persoal de Mantemento do Complexo Hospitalario.

Desde a PDSPF queremos denunciar que desde a Xunta de Galicia hai unha campaña contra a Sanidade Pública, dicindo que é moi cara e que é insostible. Detrás desta campaña so hai o interese de incrementar as privatizacións na Sanidade Pública, incrementar a contía económica dos concertos con centros privados e , sobre todo, de abrirlle as portas ó COPAGO de determinados servizos, aínda que a palabra exacta debería ser REPAGO: Pagar dúas veces polo mesmo.

En definitiva se pretende reducir os dereitos de atención sanitaria da cidadanía, que nun momento de crise e desemprego, precisa dunha maior e mellor atención.


Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública facemos un chamamento á mobilización permanente de toda a cidadanía na defensa dun dereito básico que se pretende recortar, un dereito que non podemos deixar perder, que temos que defender e impedir que se converta nun negocio para uns poucos como pretende a actual Xunta de Galicia seguindo os modelos de Esperanza Aguirre e Camps en Madrid e Valencia.

É preciso que se sigan facendo reclamacións contra as listas de espera para demostrar a falsidade dos datos que presenta a Conselleira Pilar Farjas e que non son reais.

Desde a Pdspf queremos manifestar o noso total apoio ás reivindicacións dos usuarios e usuarias de Cariño e Ortigueira nas súas demandas dunha mellor e maior Atención Pediátrica nos dous concellos.

Coa actual Xunta de Galicia as condicións de traballo e de salario do persoal do Sergas son peores, o que fai que a atención sanitaria tamén sexa peor. Nos se respectan os dereitos laborais e no que se refire ós usuarios hai un recorte continuo en prestacións e en dereitos.

É preciso defender un dereito básico de toda a cidadanía: A Sanidade Pública.

Ferrol a 1 de Xullo de 2011.

Asdo./ Salustiano Gómez e Xosé Miguel López, portavoces da Pdspf.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
2 de julho de 2011 22:21
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
______________________

Un novo buque gaseiro, o "Cheikh el Mokrani", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 5 de Xullo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza do Inferniño

[Mural de María Manuela realizado o 25 de Outubro de 2008 para a campaña "A Ría na Rúa"]

CONCENTRACIÓN EN FERROL, NA PRAZA DO INFERNIÑO
[DIANTE DO PALCO DA MÚSICA]
ÁS 8 DA TARDE, DO MARTES 5 DE XULLO

O LNG "Cheikh el Mokrani", un buque gaseiro de 220 metros de eslora, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 5 de Xullo de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 94, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Inferniño, dinate do Palco da Música, unha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

[O "Cheikh O Mokrani" atracando en Reganosa, a proximidade aos núcleos de poboación é evidente foto da Galería de romarintyp]

Características do buque:
O metaneiro "Cheikh O Mokrani", cunha capacidade de 75.500 m3 de Gas Natural Licuado, ten unha eslora de 220 metros, unha manga de 35, un calado máximo de 10,75 e un desprazamento de 55.200 TM. O gaseiro, considerado de dimensións medias dentro do estándar desta clase de buques, foi construído en 2005. Navega baixo bandeira das Bahamas.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de julho de 2011 20:50
---

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

sábado, xullo 02, 2011

O saqueo de Grecia, preludio de grandes acontecementos, ... Por Rafael Poch


Por Rafael Poch [*]
02.07.2011

O crack do Capitalismo Neoliberal -léase, "A Crise"- abriu en 2008 unha oportunidade óptima para construír unha Europa mellor. Para iso había que pór coto ao ditado financeiro e meterse nunha profunda revisión institucional que dese un carácter cidadán e social a unha Unión Europea que foi construída á medida dos negocios. Un "New Green Deal", como se dicía entón, que utilizase a crise para afrontar a super crise do cambio climático e a transición enerxética. Para meterse en algo así había que arriscarse, como fixo Gorbachov na URSS, ter ideais e ser valente. Demasiado para os políticos rutineiros que dominan a paisaxe entre Lisboa e Varsovia. Así que seguiron co mesmo. Con iso repiten a conduta de a era Brezhnev na URSS, que evitou unha crise pola vía de negala, o que conduciu a unha crise moito maior, con quebra do superestado soviético vinte anos despois. Non hai dúbida: esta xente lévanos agora a un segundo trompazo. E non será en vinte, senón en ben poucos anos.

Fan crer que a crise consiste na insolvencia dos países do sur, suxerindo colisións de interese entre cidadáns gregos e alemáns, cando o problema está no Capital no seu conxunto, porque os principais bancos europeos alemáns, franceses e británicos están implicados e expostos ata o pescozo pola explosión das burbullas inmobiliarias de todos eles. En lugar de actuar na orde de cousas que levou á crise, é dicir contra a desregulación neoliberal, Bruxelas e Berlín, e detrás todos os demais, manteñen esa orde pondo diñeiro nos países periféricos. Con iso só gañan tempo cun mecanismo que se parece moito a unha pirámide financeira que só altera a estrutura da débeda, nacionalizándoa, e non o seu monto.

O negocio do financiamento privado dos estados

En Grecia a débeda non diminúe, senón que crece. O único que diminúe é a exposición do sector privado (bancos, aseguradoras e fondos), grazas á nacionalización dos riscos que practica o Banco Central Europeo (BCE) coas súas compras. Un dos problemas é que os estados se fináncian a través dos mercados, e non directamente vía o BCE.

O BCE presta diñeiro a un interese de 1,25% aos bancos, que á súa vez llo prestan aos estados a intereses moito maiores. A Austria, por exemplo, préstanllo a un interese do 4,05%. Se o país fose financiado directamente polo BCE en 2010 aforraria 4.600 millóns de euros. No mesmo escenario Alemaña aforraríase 25.000 millóns anuais. E o fardo de Grecia sería menos pesado.

Actualmente Grecia está pagando un interese medio do 4,68% pola súa débeda, o que representa que Atenas paga 15.900 millóns anuais só de intereses, sen reducir un céntimo a súa débeda. É dicir, dedica o 29% dos seus ingresos anuais (55.600 millóns) ao pago de intereses: case un euro de cada tres vai para os bancos, sen cuxa desregulación e irresponsabilidade (investindo en negocios meridionais tan estúpidos e fantasiosos como rendibles) nunca se chegou ao actual problema. Se en lugar dese esquema o BCE prestase o diñeiro a un interese, digamos, do 0,5%, Grecia pagaría por intereses 1.700 millóns en lugar dos 15.900 e endebedaríase por 6.400 millóns en lugar de por 20.600 millóns.

Manda o politburó

Desde fai case tres anos, o BCE vén practicando esta subvención á banca privada a conta do contribuínte sen que as institucións digan nin pío respecto diso. Desde fai un ano o pseudónimo desta subvención pública aos bancos chámase "rescate de Grecia", "rescate de Irlanda", "rescate de Portugal" (con moito diñeiro español en risco), etc.

Os nosos parlamentos e "institucións democráticas" teñen neste proceso un papel parecido ao da Asemblea Suprema do Pobo de Corea do Norte sobre o devir do país, é dicir igual a cero. Quen manda é un politburó non electo de poderes fácticos oligárquicos. Desde a central (Bruxelas, Berlín, FMI) ese politburó chantaxeou descaradamente a Grecia dicíndolle textualmente que se non aprobaba novos recortes sociais e privatizacións non lle concedería os novos créditos do segundo rescate e ata lle retiraría os xa acordados. É o que Marlon Brando designa en "O Padriño", como facerlle a alguén,"unha proposta que non poderá rexeitar".

O novo ministro de finanzas grego, Evangelos Venizelos, recoñece que o gabinete de Atenas non goberna senón que se limita a "cumprir ordes". O diario "Kathimerini" constata que, "un país ao completo foi convertido en provincia dun imperio máis económico que político, que, á súa vez, está secuestrado por toda unha serie de compañías de investimento e axencias de cualificación con monstruosos poderes e codiciosas aspiracións".

Recortar, privatizar, tolear

Co segundo paquete de rescate, Grecia deberá recortar gastos por valor de 28.000 millóns ata o ano 2015, o 12% do seu PIB. Esa nova mordaza asfixiará aínda máis toda perspectiva de crecemento. Os impostos aumentarán, pero non se recadará máis porque moitos cidadáns negaranse a pagalos en protesta. Outros 50.000 millóns deberanse obter mediante privatizacións de 850 portos, 39 aeroportos, autoestradas, ferrocarrís, casinos, bancos, compañías eléctricas e ata da lotería nacional, pero moitos observadores consideran que, ata a prezos de ganga, todo iso será complicado de vender. O motivo é que no politburó xa non se discute se Grecia crebará, senón cando o fará e en que condicións. Ante a perspectiva dunha quebra e dun regreso ao dracma, ninguén comprará nada grego, por barato que llo ofrezan.

O saqueo de Grecia é unha empresa puramente destrutiva e cortoplacista. Máis aló dunha defensa inercial de intereses egoístas, o máis probable é que o politburó non teña nin idea de onde nos leva. Do que se trata agora é de organizar unha "quebra suave" para Grecia, o menos traumática posible para o conxunto do sistema europeo e seguir tirando. Despois xa se verá.

O horizonte é un colapso social en Grecia. Invítase a toda unha sociedade a tolear e prostrarse. O réxime político acorde cunha sociedade toleada non é a democracia, nin sequera a súa actual caricatura, senón a ditadura. Iso é o que ocorre cando os aforros de toda unha vida pasan de alcanzar para unha xubilación digna a custear un par de zapatos, como ocorreu en 1992 na Rusia de Boris Yeltsin, instaurador, en 1993, da actual autocracia presidencial-oligárquica rusa co aplauso de Occidente. A actual política europea apunta a desmantelar as conquistas e logros de medio século. Xa ocorreu en América Latina, xa ocorreu en Rusia. Agora estano impondo en Grecia, pero logo de Grecia veñen os demais, primeiro Irlanda e Portugal, logo España, Italia. Detrás aparece Francia. Ata na supostamente exitosa Alemaña é patente a degradación laboral e social.

Estamos nos primeiros compases dunha reacción, conservadora e catastrófica, de ámbito europeo. Non creo que os europeos sexan tan mansos como os rusos dos anos noventa. Co seu próximo goberno postfranquista de maioría absoluta e os seus indignados, que viñeron para quedar, España podería ser un escenario central. Quedou claro que o "New Green Deal" europeo é completamente imposible sen intervención da cidadanía. Espérannos grandes acontecementos.

Fonte: Diario de Berlín

Foto do comezo: KKE - Creative Commons - Algúns direitos reservados.

[*] Rafael Poch-de-Feliu -Barcelona, 1956, foi vinte anos correspondente de "La Vanguardia" en Moscova e Pequín. Antes estudou historia contemporánea en Barcelona e Berlín Oeste, foi correspondente en España de "Die Tageszeitung", redactor da axencia alemá de prensa DPA en Hamburgo e correspondente itinerante en Europa do Leste (1983 a 1987). Actual correspondente de "La Vanguardia" en Berlín. -digital@NULLlavanguardia.es-


Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.  



Enviado por:

Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
2 de julho de 2011 00:08
______________