venres, febreiro 22, 2013

Mudando, cos pés na terra, ... Por Xavier Vence Deza (A mantenta do Relatorio Político para a Asemblea Nacional do BNG)

Por Xavier Vence Deza
22.02.2013


Nos momentos de mudanza dous riscos teñen que ser vencidos: o medo ao cambio e os preconceitos. O medo ao cambio pode levar ao enroque e a tentación de meterse na cova e agardar que escampe. Por outro lado, os preconceitos tenden a facer crer que só un mesmo quere mudar e todos os demais seguen ancorados nas rotinas do pasado. Os dous son riscos paralizantes e disgregadores.

Non querer mudar e non aceptar que os demais poden mudar ao mesmo tempo que si propio son problemas que se resolven sobre todo rompendo a incomunicación, socializando os diagnósticos e tratando de poñer en común as liñas de futuro nas que existe coincidencia. Se despois dun aberto e sinceiro proceso dese tipo, algunhas cousas só son vistas por unha parte é moi probábel que precise máis tempo para verificar a súa oportunidade. Cómpre partir da base de que, tratándose de seres racionais e comportando obxectivos esenciais, cando algo deixa de funcionar ou de ser útil acabará sendo admitido e mudado.

Ben, todo isto ven a conto polo que está a acontecer no BNG desde que se puxo en marcha o proceso “propón connosco” e se abriu o proceso para a elaboración dos relatorios de cara a XIV Asemblea Nacional.

O que eu puden observar moi de preto foi a apertura dun claro e profundo período de reflexión. Por parte dunha inmensa maioría tomouse clara consciencia de que son necesarias mudanzas moi importantes. Sen arrombar a avenza de acertos e experiencias é necesario interpretar con valentía os profundos cambios que se derivan dunha crise económica e social devastadara pero tamén do fracaso e esgotamento dun modelo político-institucional que definiu o escenario en Europa e no Estado Español nas tres últimas décadas.

Antes algúns pedían cambios para adaptarse a unha realidade que se consideraba consolidada, agora é ao revés, cómpre adaptarse para actuar no marco dunha realidade convulsa. Son escenarios de radical incerteza e vertixe que calquera estrutura ou organización -como o BNG ou calquera outra- non é fácil que os asimile e se adapte a eles instantaneamente. As rotinas instaladas nas estruturas e nas cabezas de cada un precisan tempo para mudar. Para empezar cómpre saber en que e cara onde.

En circunstancias como estas, partir de cero pode parecer máis fácil porque non hai ataduras nen historia que marque pero o problema é que as estruturas non se improvisan. E o que un día pode parecer espontaneidade e frescura pode de pronto transformarse en ridículo e impotencia. Por iso seguramente ten moito máis futuro un cambio sobre a base de estruturas sólidas aínda que sexa máis lento que o fulgor da improvisación, que pode esvaecer como flor dun día. Mudar as rotinas das organizacións é traballoso porque afecta ás estruturas e ás persoas. De feito, acometer cambios importantes nas organizacións pasa por mudar as persoas para que non estean marcadas por esas rotinas mentais e de comportamento que acaban petrificadas no seu ADN. E iso afecta a todo o mundo, a destra, sinistra e medio campistas.

Eu persoalmente aprecio unha sinceira vontade de cambio na inmensa maioría do BNG. Non para mudar os obxectivos últimos mais si nas prioridades e nas formas da acción política no novo contexto. Sería iluso pensar que iso poida ser o caso da totalidade -polo que dicía- mais si da inmensa maioría. E dígoo non só por verbas senón por feitos concretos. No Relatorio para a XIV AN aprobado case por unanimidade no Consello Nacional do 16 de febreiro vai recollida unha batería de propostas que definen as apostas novidosas na acción política e tamén no funcionamento interno e no relacionamento coa sociedade, os movementos sociais e as institucións.

Comentarei tan só dous aspectos concretos que poden ilustrar isto que digo. Un no plano político e outro no organizativo.

O que está a pasar no mundo, onde moitos países estan a saír do burato neoliberal cunha aposta soberanista, como vemos en boa parte de Lationoamérica; o que pasa en Europa e no estado español coas nazóns sen estado, son feitos que non poden deixar indiferente a ninguén e menos aos nacionalistas. Somos conscientes do ponto no que está a conciencia nacional en Galiza e a urxencia de activala, non só por emulación positiva senón porque a realidade da crise económica e institucional evidencia que as solucións aos nosos principais atrancos pasan por aí. Por iso o BNG aposta pola unidade do nacionalismo e proponse ser parte activa dun amplo movemento a prol da soberanía e faino desde a vontade de compartir ese proceso con todas as organizacións e persoas que desexen participar activamente nese debate, que pretende ser capilar en toda a sociedade. É un reto estratéxico para o País e a forma de encaralo ten que ser novidoso e creativo. E así o está a entender a inmensa maioría no BNG. Hai que poñelo en marcha para que sexa a bandeira de todos, para que una e faga País independentemente das siglas.

Algúns parecen non captar a profundidade dos cambios que trae esta crise total e mesmo cren que iso nos separa dos problemas cotiáns da cidadanía, das urxentes prioridades dunha crise devastadora ou que leva a abeirar a importancia da xestión diaria nas institucións nas que gobernamos. Nada máis lonxe. Trátase de todo o contrario, poñer os problemas de cada día na axenda de todos os militantes e aportar solucións concretas e inmediatas ao tempo que se apuntan as consecuencias nefastas da ausencia de soberanía. En todo caso, sería estúpido non ter habelencia pedagóxica para distinguir níveis e circunstancias. Do mesmo xeito que ninguén pode pretender que alcaldes e concelleiros se convertan en monotemáticos predicadores de ningunha boa nova, tampouco ninguén debera pretender que a política nacional, para o conxunto do país, sexa a mera extrapolación dos problemas de xestión municipais ou parroquiais. Cada nivel ten as súas prioridades, os seus discursos, os seus xeitos e a súas persoas. Non poden ser contradictorios pero teñen que ser complementarios.

Do meu ponto de vista así é como se están a enfocar e propoñer as cousas de cara a Asemblea Nacional.

Outro exemplo podemos tomalo das propostas organizativas e de funcionamento. O BNG ten unha estrutura interna con grupos organizados e algúns consideramos que iso pode ter algunha virtude cando é entendido como ferramenta temporal para galvanizar a confluencia de organizacións preexistentes pero, como configuración estable, coloca tamén problemas e disfuncionalidades, sobre todo por exacerbar os factores de diferenciación interna fronte aos de semellanza. Moita militancia individual leva terciando historicamente nesa dirección, con maior ou menor intensidade. Algún dos grupos organizados cre agora que a solución a case todos os males pasa pola desaparición desa configuración e a conversión nunha organización internamente unitaria. Agora ben, mesmo situándose nesa perspectiva hai algo que debera ser considerado con tino. Para empezar, tal paso só é posíbel se hai acordo de todos e, para segundar, un cambio dese tipo non é algo que poida improvisarse da noite para a mañán. Só pode ser o resultado dun proceso reflexivo, demorado e -para que funcione- partillado. Máis aínda, cabe perguntarse, arránxase todo cun cambio formal ou pode ser máis útil e pragmático empezar por corrixir as eivas de mal funcionamento derivadas daquela configuración?

Se hai compartimentos estancos, con ideas, culturas e mesmo vocabularios diferentes, non será máis razoábel comezar por elaborar en común diagnósticos e propostas? Unificar vocabulario antes de unificar estruturas. Acordar unha orde de prioridades na acción política non por votación senón por elaboración en común.

Sexa cal sexa o destino final pretendido o primeiro e urxente é socializar transversalmente todas esas cousas que conforman a acción política a curto e mediano prazo sobre a base dunha progresiva desactivación das fronteiras e das disciplinas de grupo para favorecer a conversión das estruturas do BNG nun espazo común e partillado de debate individual, de iniciativa individual e de responsabilidades individuais, sen corsés nin apriorismos de grupo. Pois ben, iso está en marcha. Está empezando a practicarse. Desde o “proceso propón connosco” e neste proceso de elaboración dos relatorios para a Asemblea Nacional. De feito, todos os membros do Consello Nacional que participaron na Comisión aberta redactora e logo nos debates das emendas no propio Consello fixérono como individuos e sen disciplinas grupais. Todos salvo Abrente, que decidiu presentar o seu voto particular como grupo sen que os seus membros fixeran ningunha achega ao relatorio común.

O certo é que esa nova forma de funcionar é a que se propón no relatorio asemblear e xa se está practicar. Como proba diso abonda con mirar as votacións das emendas aprobadas e rexeitadas no Consello Nacional. Non houbo disciplina de voto dos grupos que participaron. Iso explica que algunhas emendas de persoas significadas dun grupo obtiveran votos suficientes para ser aprobadas en tanto que outras das mesmas persoas resultaran rexeitadas. Esa disparidade de votacións a emendas dunha mesma persoa significa que non funcionaron criterios de grupo senón que cada persoa votou co seu persoal criterio. Como debe ser. E o resultado é moi razoábel.

Por iso resulta totalmente incongruente e paradoxal que o grupo que agora di facer causa da eliminación da estrutura frontista sexa o único que segue a actuar como grupo estanco. Sen facer o esforzo de partillar valoracións e propostas con disposición a acordar e atopar os pontos en común que, do meu ponto de vista, son moitos. Por non dicir a inmensa maioría, se nos atemos aos papeis.

Se foramos capaces de abeirar apriorismos, creo que hai moitas razóns para ser optimistas. O que non é razoábel é tentar manter fronteiras e balados baseándose só en prexuizos, suposicións ou presuncións que veñen fundadas en experiencias pasadas ou facendo interpretacións extemporáneas de expresións máis ou menos afortunadas de voces singulares, tentando convertelas no que non son, na expresión de grupos enteiros. Son optimista porque creo que a inmensa maioría vai na dirección antedita. E os que aínda non van hai que convencelos.

Se a actuación política está guiada por valores e obxectivos colectivos e non é unha mera tirapuxa iso é perfectamente posíbel. O que non é de recibo é construír discursos cara a galería deturpando a realidade interna e os acordos maioritarios para logo presentar como trazo diferenciador cousas que, na realidade, están nos documentos maioritariamente aprobados. As terxiversacións non axudan a recuperar a confianza interna e menos aínda externa.

Se partimos de obxectivos políticos comúns non debería haber impedimento para acordar o camiño, desde a aceptación da diversidade de matices inherente a todo colectivo humano, que nos enriquece e -se sabemos administrala- nos fortalece.

En definitiva, tamén para mudar hai que ter os pés na terra e aterse aos feitos, tanto se tratarmos do país como se tratarmos da organización.

Enlace ao Relatorio Político para a Asemblea nacional do BNG (en formato pdf):
http://www.bng-galiza.org/wp-content/uploads/Relatorio-Asemblea-Nacional-2013.pdf
Nota.-
Artigo publicado o 21 de Febreiro de 2013 no blogue persoal do autor:
http://xaviervence.blogspot.com/

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ...
____________________

xoves, febreiro 21, 2013

Presentación, en Ferrol, do libro "A política e a organizaçom exterior da UPG (1964-1986), de Luis Gonzales Blasco (Foz)

O día 22 de fevereiro venres, ás 19:30 na galería Sargadelos, vai ter lugar a apresentación do libro “A política e a organizaçom exterior da UPG (1964, 1986)” editado pola editorial Laiovento. Unha  achega importante á historia do nacionalismo galego contemporáneo.

O autor Luis Gonzales Blasco (FOZ) foi fundador da UPG e promotor da organización de núcleos no exilio europeo. Neste cometido foi asinante da chamada Carta de Brest, alianza de organizacións de países sen estado para unha Europa socialista e dos pobos.

Militante do independentismo despois do abandono da UPG, milita hoxe en ANOVA-Irmandade nacionalista.

Profesor de galego hoxe retirado, ten participado en varias obras de carácter colectivo, sempre desde unha óptica de reintegracionismo militante.

O acto complétase con diversas intervencións, coloquio e sinatura de exemplares polo autor.

Convoca: Colectivo cultural Memoria de nós.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
21 de fevereiro de 2013 17:28

_______________

En Ferrol, como no resto da Galiza, tamén houbo concentración en Defensa dos Servizos Públicos


En Ferrol, como no resto da Galiza, tamén houbo concentración en Defensa dos Servizos Públicos. A chuvia non impideu a mobilización contra o desmantelamento dos servizos públicos e os recortes dos dereitos das traballadoras e traballadores públicos.

Centrais Sindicais

_____________

NÓS-UP participa na campanha pola “plena soberania nacional galega” e pola “ruptura democrática”


Na manhá de hoje foi apresentada em Compostela, sob a legenda ”Polo direito ao trabalho, à igualdade, aos serviços públicos e à plena soberania nacional galega. Por um processo constituinte e de ruptura democrática. Chega já de corrupçom e de destruiçom social e cultural”, a campanha que diversas organizaçons políticas, juvenis e sindicais desenvolverám nos próximos dias.

A iniciativa, da qual NÓS-Unidade Popular é umha das organizaçons convocantes, contará com duas jornadas mobilizadoras que tenhem como eixo reivindicativo “um processo constituinte e de ruptura democrática” que permita avançar para a “plena soberania nacional galega”, rompendo com o corrupto regime bourbónico. Da mesma maneira, também se tenciona contestar na rua a “destruiçom social e cultural”, assim como denunciar a vaga de corrupçom.

A primeira das jornadas será nesta sexta-feira, 22 de fevereiro, na qual há convocadas concentraçons nas principais cidades  da Galiza:

Ferrol às 20hs diante da sede do Partido Popular

Vigo às 19hs na Farola de Urzáiz

Ponte Vedra às 20.30hs Praça da Peregrina (26 de fevereiro)

Lugo às 20hs diante da sede do Partido Popular

Corunha às 20hs na Subdelegaçom de Governo espanhol

Compostela às 20hs diante da sede do Partido Popular

Ourense às

A atividade central será umha manifestaçom nacional no próximo dia 3 de março, que marchará polas ruas de Compostela, com saída às 12hs da Alameda.

Polo direito ao trabalho, à igualdade, aos serviços públicos e à plena soberania nacional galega

Por um processo constituinte e de ruptura democrática

Chega já de corrupçom e de destruiçom social e cultural

Herdeiras e herdeiros da esperança de Celso Emilio, erguemos a voz num tempo obscuro para convocar a sociedade galega, essa imensa maioria social trabalhadora, a umha resposta de dignidade e de luita para enfrentar o tempo da devastaçom social e cultural, política e económica, que estám a provocar as políticas do capitalismo ultraliberal no nosso país, Galiza.

Esta convocatória quer assinalar como responsáveis os governos fantoches que atendem submissos às imposiçons dos mercados capitalistas e dos especuladores, grandes empresários e defraudadores em prejuízo do acervo de direitos económicos, sociais e culturais, e das liberdades políticas que precisamos as galegas e galegos para podermos exercer a nossa condiçom de cidadania social. Ese complexo de direitos e liberdades constitui os alicerces do outro país que arelamos, livre do complexo de violências estruturais que em todos os ámbitos da vida social ferem as condiçons materiais de vida da imensa maioria trabalhadora do País.

O regime político da II Restauraçom esmorece, provocando umha violenta destruiçom social, económica e cultural sobre o nosso povo, cuja maioria trabalhadora contempla a destruiçom de emprego e o crescimento do desemprego, dessa Galiza que já tem mais de 350.000 pessoas sem trabalho e que contempla como a juventude tem como único futuro emigrar; a voadura dos setores produtivos estratégicos do País, do naval ao agropecuário, passando polo estrangulamento da investigaçom e do desenvolvimento;  a privatizaçom e o espólio do aforro galego que se quer entregar ao grande capital financeiro; a degradaçom e a privatizaçom dos serviços públicos educativos, sanitários, sociais e mesmo da justiça; o roubo e o escándalo dumha corrupçom funcional às relaçons sociais de produçom capitalistas; ou o emprego do governo autonómico para destruir a nossa língua e cultura; ou o incremento continuado da repressom policial, judicial e carcerária, como estamos a ver, contra aqueles movimentos sociais, sindicais e políticos que rejeitam este regime. E, como corolário dessas agressons, o medo, a pobreza, a precariedade social, a dor, a angústia e inclusive os suicídios. Denunciamos un regime político e de acumulaçom de capital que amortalha vidas, esperanças e mesmo cadáveres para entesourar moedas, cobiça e egoísmos.

Um regime em que os setores mais conservadores ganham tempo numha das suas batalhas mais mediáticas: a eliminaçom de direitos sexuais e reprodutivos das mulheres. Este ataque contra o direito a decidir sobre a reproduçom nom é acidental e está marcada pola ofensiva contra os direitos conquistados polas mulheres nos últimos anos. Ao questionar a sabedoria das mulheres para decidirem sobre seus corpos e criminalizar aquelas que nom querem ser maes, as posiçons antiabortistas reforçam o seu papel como maes e esposas no ámbito doméstico.

Estamos diante de um modelo político e social que mete água por todos os lados e do qual nada se pode esperar, porque foi protegido de qualquer tipo de mudança e rejeita mesmo discutir. A sua legitimidade do ponto de vista político está cada dia mais deteriorada e só lhes fica o recurso permanente à repressom para enfrentar as legítimas demandas do povo.

Só nos deixam um caminho para as transformaçons que as pessoas precisamos: A MUDANÇA DE SISTEMA.

Os senhores de negro, com a cumplicidade do grande capital, imponhem o seqüestro dos direitos fundamentais do nosso povo: económicos, sociais, lingüísticos e nacionais; utilizando a Constituiçom de 1978 como útil ferramenta ao serviço dos interesses de umha poderosa minoria oligárquica empenhada, em nome da ilegítima dívida e da “unidade de mercado”, na precarizaçom e espanholizaçom definitivas da Galiza.

Encontramo-nos num momento decisivo para configurar o futuro: o velho está a morrer e ainda nom surgiu o novo. Todos os dias afrontamos umha luita decisiva entre o poder económico de banqueiros, especuladores e grandes empresários que contam com a cumplicidade dos partidos do regime e nós, a maioria do povo trabalhador, para defender umhas condiçons de vida dignas. Essa luita requer da soma de forças e esforços partilhados para construir um futuro distinto e melhor para o nosso povo; povo que se achega a essa luita necessária com os “poderes da fouce i-os poderes da frol/ os poderes do trabalho, do pranto e do pam”, a luita germinal que aventurou o verso de Lorenzo Varela.

Fazemos um chamado ancorado na razom emancipatória à cidadania consciente deste país e ao conjunto das forzas sociais e políticas e ao sindicalismo de classe do País, a essa imensa maioria que vive do seu trabalho, para se mobilizar numha primeira açom pública que afirme a determinaçom e a vontade de produzir de modo compartido um novo quadro político, social e cultural, que sirva a toda a sociedade galega e permita o despregamento de todas as capacidades e potências que possuímos e que se acham, na atualidade, lastradas por um regime político e social esgotado e que nom dá garantido condiçons de vida digna à maioria da sociedade, condenando à pobreza mais de meio milhons de galegas e galegos.

Hoje em dia, cumpre articular umha aliança para produzir um novo processo que permita recuperar os nossos direitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como povo, de modo que nom tenhamos que emigrar para ganhar a vida, que nom seja possível sofrer um despejo, que as mulheres e homens que vivem e trabalham na Galiza, com independência da sua situaçom administrativa, tenham acesso livre aos serviços públicos da nossa sociedade. Nom haverá direitos, liberdades e soberania nacional galega se nom ultrapassarmos os estreitos e antidemocráticos muros deste regime e damos carta de natureza às práticas da democracia participativa e direta. Quando se afasta o povo, o vazio ocupam-no os interesses do capital. Quando o comum enche as ruas, ganha o interesse geral e o bem público.

Para sermos mais e maioria na tarefa de construir umha Galiza soberana de iguais em liberdade, convocamos quantas pessoas e entidades acreditam na urgência e na importáncia de articular um espazo plural e partilhado de açom política e luita social que resgate os poderes públicos do seqüestro que sofrem polo capitalismo da globalizaçom ultraliberal e permita o exercício da dignidade, da justiça e da plena soberania nacional ao povo galego.

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones:
Porta-Vozes: 651 089 971 (Alberte Moço) 659 306 973 (Rebeca Bravo) | Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza






Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
21 de fevereiro de 2013 17:15

___________________

martes, febreiro 19, 2013

Catro notas sobre Aurelia, ... Por David Rodríguez


Por David Rodriguez [*]
19.02.2013


Kortatu. Deste grupo vasco gústame moito unha canción titulada La línea del frente pero, sobre todo, gústanme os catro primeiros versos da letra: Siempre me ha interesado/ esa jerga que emplean los rastas/ hablan de batallas / que no puedes encontrar en los mapas. A pequena grande vitoria conseguida hoxe nunha rúa da Coruña ao deterse o desafiuzamento que se pretendía aplicar a unha muller de 85 anos, cunha pensión raquítica e que só se retrasara algún mes no pago do seu aluguer de renda baixa, é unha desas batallas que debemos situar, para recordar, no mapa particular dos de abaixo. E na súa historia. Unha historia que nada ten que ver coa dos de arriba. Nin coas batallas e os mapas que para eles son importantes. É do cúmulo destas pequenas batallas nosas que se constrúe un mundo novo.

Eichmann. Hannah Arendt, no seu Eichmann en Xerusalén. Un informe sobre a banalidade do mal, xustificou, dalgún xeito, a contribución na Solución Final do Eichmann home, por non ser este máis ca unha peza conformista do verdadeiro culpable: o nazismo en si. Nesta banalidade do mal, a banalidade da persoa concreta que encarna, nun contexto dado, unha razón de Estado superior a el é na que se escuda todo aquel que necesita sentirse inocente ao tempo que continúa colaborando, coa súa acción, a que o mecanismo burocrático que ordea algún tipo de política de dubidosa ética continúe reproducíndose imparable. Algún día teremos que recordar a todos eses policías e xuíces que non se negan a executar desafiuzamentos que non acreditamos no desdobramento entre persoa e función, nin pensamos que exista unha ética diferente para cada situación, senón que pensamos que ambas van unidas e que de ambas deben responder por igual.

Rosa Parks. Ás veces os xestos máis humildes poden provocar terremotos. A muller de Alabama que se negou a mudar de asento no autobús segregado difícilmente sabía que amplificaría a loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses do xeito en que o fixo. Os primeiros bombeiros que acudiron á rúa Padre Feijóo e se negaron a rachar a cadea que apresaba a porta do predio no que vive Aurelia están a repetir o heroico xesto de Parks. E quen sabe se tamén se acaban convertindo nun símbolo de algo moito máis grande que o acontecido hoxe na Coruña.

Fraternidade. Os centos de persoas, os afectados pola problemática dos desafiuzamentos e, máis importante, os que non estando afectados directamente tamén se presentaron á chamada para frear esta inxustiza, entenderon ben por que fámulo, de onde provén o termo familia, significa escravo e por que, para combater esa escravitude exercida polo pater, o señor feudal, os igualmente oprimidos, os fratri, se unían e loitaban xuntos coma irmáns. A fraternidade, que é unha estratexia de guerra, acaba sendo tamén unha forma de vida e unha bola de neve que se fai máis grande canto máis se pon a rolar e que xera un ben que ningunha contabilidade consegue rexistrar: a solidariedade; que non é máis que o outro nome do Amor. Isto, hoxe, tamén  o entendeu ben Aurelia que, despois de comprobar que poderá permanecer na súa casa polo menos un día máis grazas ao apoio de tantos, afirmou: "eu pensei que tiña algo, pero tiña moito máis."

Fonte: http://ofunambulistacoxo.blogspot.com.es/2013/02/catro-notas-sobre-aurelia.html 

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
___

Posibilidades, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
19.02.2013

Algúns cerebros privilexiados –que disfrutan de privilexios– xustifican a crise dicindo que “a xente vivía por enriba das súas posibilidades”, nun torpe intento de botarlle as culpas aos máis inocentes.

Eu coido que, ninguén vive por enriba das súas posibilidades, a menos que “alguén” os engane, facéndolles crer nunhas posibilidades que no existen.

Mais non é o caso de quen merca un piso porque o convenceron de que pode facelo, pagando só un pouco máis do que paga de aluguer.

Esa persoa pide os cartos a un banco, que llos empresta xa que hai unhas “posibilidades”. Faise a compravenda e o novo propietario comeza a disfrutar dunha vivenda ao alcance das súas posibilidades, ata que, de súpeto, “outro alguén” encárgase de destruír esas posibilidades.

E o infeliz propietario atópase na rúa, sen cartos, sen piso, sen traballo e o que é aínda peor, sen posibilidades. E agora si terá que vivir por enriba das súas posibilidades, xa que non ten ningunha.


Publicado no "Diario de Ferrol"

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
________________

A Fundaçom Artábria a ponto de conseguir os 5 mil euros necessários para realizar o vídeo dos 15 anos da entidade


A Fundaçom Artábria fai neste ano 2013 quinze anos desde que abriu o seu Centro Social e iniciou as suas atividades como Fundaçom de Interesse Galego em Ferrol.

Com motivo do 15 aniversário, a Fundaçom Artábria lançou umha proposta através da internet: umha campanha de crowfunding para que com o contributo da base social defensora da língua e da cultura galega, conseguir 5 mil euros de orçamento para realizar um documentário.

A campanha tem umha duraçom de 40 dias e só terá êxito se se conseguirem os 5 mil euros na sua totalidade.

Quando faltam 9 dias para que conclua o prazo, a campanha conseguiu 4.100 euros, comprometidos por 136 pessoas de toda a Galiza que figérom contributos de diferente quantia para ajudar a atingir o objetivo económico.

Durante o primeiro mês de campanha, dúzias de grupos musicais, escritores e escritoras, pessoas do mundo da cultura e ativistas em defesa da língua contribuírom de diferente maneira na animaçom da campanha, que inclui obséquios às pessoas que colaboram na mesma.

A Fundaçom Artábria quer agradecer todos os contributos e pedir um esforço final nos últimos 9 dias de campanha para conseguirmos os 900 euros que ainda faltam para completar com êxito o objetivo. Dessa forma, poderemos financiar um documentário histórico sobre os 15 anos de atividades do primeiro Centro Social normalizador e reintegracionista aberto na Galiza, em 1998.

Força e avante polos 5 mil!
Trasancos, Galiza, 19 de fevereiro de 2013
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
19 de fevereiro de 2013 00:46

______________

Nón señora Sestayo a rúa non é sua, ... Por Alexandre Carrodeguas


Por Alexandre Carrodeguas [*]
19.02.2013


A diputada Sestayo arremete no seu último artígo contra aqueles que se sentiron molestos coa presencia dunha tal Talegón que iba acompañada polo ex-ministro de xustiza Lopez Aguilar, nas últimas mobilizacións da plataforma polos afectados polas hipotécas Non sei que era o que esperaba a esquerdista diputada Sestayo dos manfestantes: Agardaba acaso que se aplaudise o indulto de Zapatero o banqueiro Alfredo Saez, agardaría tamén que felicitasen os "socialistas y obreros" pola pinza co PP cando reformaron a constitución en dúas tardes, con nocturnidade e alevosia para primar o pago da débeda os chamados mercados.

Ou tiñan que aplaudir os descorteses manifestantes as reformas, (non seí  se nos deixarian chamarlles recortes) do governo Zapatero de Maio do 2010, que como eran dun chamado governo "progresista" fomentaron como todo o mundo sabe o benestar dos máis débiles; recortando as pensións, baixado os salarios dos funcionarios, e desregulando o mercado laboral, para ben "das maiorías sociais" e de "nuestros jovenes". Polo cal os cidadáns máis "débiles" debemos estarlles eternamente  agradecidos.

De que se pode sorprender a defensora das "camadas populares" cando o PSOE veu facendo políticas que beneficiaron a expansión da burbulla inmobiliaria, ou promovendo xulgados para axilizar os desafiuzamentos como presumía a defensora dos pobres inquilinos: Carme Chacón. E tendo todo isto en conta a diputada ferrolán ainda quere que lle pidamós perdón para que non  compare os dignos manifestantes co dereitoso Fraga e a súa famosa : "La calle es mía".

Señora Setayo vai sendo hora de que deixe de ser un anuncio de Ikea andante e poña os pés na realidade, na terra. Abra os ollos para darse conta que a loita social non se realiza no Twitter na hora da perruqueria. De que hai mais vida que a dos Pazos institucionais que tanto frecuenta como lle corresponde o seu partido. Vostede milita nun partido que forma unha pinza de ferro co outro partido sistémico e como tal formán A trave de ouro deste estraribel que tanto nos oprime. Son as dúas caras do rexímen do 78 que agora se tambalea.

Deixe xa de  xogar a política "progre"
Nón señora Sestayo a rúa non é sua.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
19 de fevereiro de 2013 12:44
_____________________

O que esconde o viaducto do tren ao porto exterior de Ferrol - Vídeo

O pasado 30 de Xaneiro de 2013, o salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, acollía unha Asemblea Cidadá Aberta, onde o único punto da orde do día era o de organizar a oposición ao trazado sur do tren de enlace co Porto Exterior de Ferrol. Días antes, desde Madrid, chegaba a decisión de que este trazado sur para a vía do tren a Caneliñas, fora a alternativa escollida polo Goberno Español, unha alternativa elaborada pola Autoridade Portuaria de Ferrol. Alternativa que sacrifica, unha vez máis,  unha parte moi importante da nosa Ría.

Un dos acordos da Asemblea, foi o da elaboración dun vídeo co material que serviu, a Cesar Bedoya Díaz, de exposición, na mesma asemblea, da agresión á Ría que supuña a alternativa Sur. Este vídeo xa está subido na rede, nunha conta de youtube, e colgado nun Blogue que nos envía o compañeiro Xandro, e que vai ser o punto de encontro da Asemblea Cidadá Aberta, para centralizar a información sobre a loita, que continua, en defensa da Ría de Ferrol, contra o trazado sur do tren a Caneliñas..

Este vídeo, "descobre
a verdade sobre a construción do tren ao porto exterior de Ferrol. Unha infraestrutura que vai ser construída do peor xeito posíbel, causando o maior impacto medio ambiental e provocando o maior prexuízo posíbel aos sectores produtivos da Ría".

"Esta infraestrutura, si se constrúe pola alternativa sur será o último paso para rechear a enseada da Malata, a máis grande das enseadas da ría de Ferrol (uns 1.200.000 metros cadrados de mar)".

"Este proxecto, aínda que é financiado polo Ministerio de Fomento (e a Unión Europea?) está promovida pola Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao que ganaría 1.200.000 metros cadrados de terreo, para alugar, vender ou especular".

Enlace ó blogue:
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/

E da páxina do facebook:
http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538



http://youtu.be/ui4UQA4MAus

Espalla e difunde:
Prégase toda a difusión posíbel deste vídeo, do enlace ao blogue e da conta no facebook. Pouca xente coñece cal é a razón que hai detrás deste trazado e queremos que todo o mundo coñeza a verdade desta grave situación.


Enlaces de interese:
Información baseada na enviada por:
Xandro García
-babor6@gmail.com-
18 de fevereiro de 2013 23:47
____________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mantivo unha xuntanza co Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela Garcia


Xuntanza do CCE co Fiscal Xeral de Galicia

No dia de hoxe, unha representación do CCE, acompañada pola Deputada de AGE- Yolanda Díaz, mantivo un encontró co Fiscal Xeral de Galicia a propósito da problemática da Planta de Gas de Reganosa.

O CCE fixo entrega ao Fiscal Xeral de un amplo dossier informativo sobre a planta de gas. Explicándolle a Carlos Varela a situación de ilegalidade, reafirmada tras a sentenza do Tribunal Supremo, e insistimos na perigosidade da mesma e a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade. O proceso de destrucción da Ría de Ferrol como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar na que verten inxentes cantidades de hipoclorito sódico, denunciamos o recheo ilegal no que se asenta Reganosa asì como a complicidade das diferentes administracións.

O custo que ten a planta de gas para os cidadáns está en torno a os 60 millóns de euros o ano. Reganosa é unha instalación deficitaria, cunha media de produción sobre o 30% da súa capacidade e para “xustificar” o funcionamento desta planta o sistema gasista debe manter pechado o gasoducto de Tui.

En resumo no Documento entregado polo CCE solicítase ao Fiscal Xeral a apertura de dilixencias para investigar:

A falsidade documental na xustificación técnica e económica que os socios promotores de Reganosa aportaron no seu día para que lles fose concedida a Autorización Administrativa.

Reganosa e retribuida anualmente polo Sistema Gasista con aproximadamente 60 millóns de euros. Un alto porcentaxe de esta cantidade son retribucións que se corresponden polos gastos de instalación que Reganosa incrementou artificiosamente e que nos están causando un dano patrimonial continuado aos consumidores.

O gran beneficiario da operación foi o grupo Tojeiro, principal socio de Reganosa. No ano 2001, o grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico, Gadisa, etc…) vendeu a os outros socios de Reganosa os terreos donde se ia a instalar a planta, polos que obtén unhas plusvalías de mais de 5 millóns de euros,  e cedeu parte dunha concesión portuaria por 23 millóns de euros.

Solicitamos á Fiscalía que investigue como foi utilizada e quen foron os destinatarios dunha partida de 2.355.967,45 de euros que, o grupo Tojeiro utilizou no que o propio grupo denominou “traballos levados a cabo para á venda de terreos” e pola cal a Axencia Tributaria abriu un expedente a Forestal del Atlántico.

Os sobrecostes pagados repercuten todos os anos nas retribucións que percibe Reganosa do sistema gasista o que significa un incremento da tarifa do gas para os consumidores.

É ben coñecido que o estado español, por falta de xacementos, é un obrigado importador de Gas Natural para cubrir as súas necesidades. Solicitamos á Fiscalía que investigue cales e quenes son as sociedades que realizan as extrañas operacións de exportación de gas que desde Reganosa se fan a Italia, Israel, Arxentina, Xapón, etc…

Solicitamos coñecer cál é o prezo que o Sistema Gasista paga ás empresas por abastecer de gas natural licuado ao Estado Español e como posteriormente se xestiona a venda de este producto para o mercado exterior unha vez que xa ten producido costes no sistema gasista español que pagamos todos os consumidores.

Solicitamos a esta Fiscalía que dada a situación de evidente ilegalidade, perigosidade e dano medioambiental inicie actuacións encamiñadas á suspensión da actividade de Reganosa.

18 de Febreiro de 2013


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de fevereiro de 2013 18:04

______________

luns, febreiro 18, 2013

Crónica do Encontro sobre os impactos da minaría en Galiza - Colectivos e organizacións sociais sentan as bases para crear un movemento de oposición á minaría salvaxe


As diversas organizacións e colectivos que participaron no primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría, que se celebrou o sabado 16 de febreiro en Teo, remataron a xornada co compromiso de crear unha rede de traballo de cara a constituír un movemento global de oposición á minaría salvaxe na Galiza.

Imaxe do encontro sobre o impacto da minaría en Galiza (Teo, 16/02/2013)Antes de acadar este compromiso, abordouse a problemática dos impactos da minaría dende diversos puntos de vista: xurídico, ecoloxista, xeolóxico, técnico, económico e agrario. A encargada de abrir a xornada foi a profesora da Universidade de Santiago, Alba Nogueira, que centrou a súa intervención en explicar as leis que avalan as explotacións mineiras en Galiza e o xeito de utilizar a lexislación para recorrer as concesións e licencias. Alba Nogueira afirmou a necesidade de forzar á Xunta a utilizar todas as ferramentas legais das que dispón —informes de impacto ambiental ou declaracións de proxecto industrial estratéxico— para impedir proxectos mineiros que poñan en perigo o medio ambiente, o territorio ou o tecido socio-económico dos eidos onde se desenvolven.

A seguinte mesa de relatores centrou a súa intervención no impacto da minaría no medio ambiente. O biólogo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, achegou cifras interesantes que demostran que se está arrasando o noso país con explotacións mineiras a ceo aberto pola permisividade política que existe cara a este tipo de actividades extractivas. Non en van, en Galiza extráese o 50% da lousa para tellados do mundo. O presidente do Instituto Universitario de Xeoloxía, Xoán Ramón Vidal Romaní, recordou que a lousa tamén se extrae en países veciños, como Francia, onde non se fai a ceo aberto como na Galiza, senón a través de minaría subterránea, con moito menos impacto no entorno. Por iso, Vidal Romaní preguntouse se realmente é necesario que produzamos a metade da lousa mundial a costa da devastación que isto supón.

Para xustificar esta sobreexplotación de efectos ecolóxicos e paisaxísticos irreversibles, Serafín González explicou que a Cámara Mineira de Galicia e a Xunta ampáranse en datos contraditorios sobre a xeración de emprego e riqueza: mentres que a primeira afirma que a minaría na Galiza mantén 10.000 postos de traballo, a segunda cifra estes en 7.000. Ambas menten interesadamente, tal e como revelou o profesor de Economía da Universidade de Santiago, Xoán Doldán, pois os datos do Instituto Galego de Estatística ao respecto revelan que, en 2010, en Galiza había 4.549 postos de traballo relacionados coa minaría, os cales descenderon aínda máis nos últimos anos debido ao declive do sector da construción.


Doldán sinalou que a actividade mineira só rexistra os beneficios directos obtidos da súa actividade, pero na súa contabilidade non computan os custes sociais e ambientais nin a curto nin a longo prazo, gastos que sempre acaba pagando o erario público e sufrindo as persoas que viven no radio de influencia das minas. Tampouco computan as subvencións públicas millonarias que levan estas empresas, algo ao que se opuxo rotundamente Xoán Ramón Vidal Romaní, que afirmou que “deben ser as empresas mineiras as que xeren riqueza para Galiza coa súa actividade, e non Galiza a que xere riqueza para estas empresas”.

Imaxe do encontro sobre o impacto da minaría en Galiza (Teo, 16/02/2013)O proxecto mineiro para extraer ouro en Corcoesto ocupou un bo anaco da atención dos participantes. Mentres que Serafín González achegou datos sobre a contaminación que xeraría, o enxeñeiro de minas Emilio Menéndez advertiu que se trata dunha explotación a moi curto prazo e puramente especulativa, pois só é rendible neste intre polo pico acadado polo prezo do ouro. Neste senso, Menéndez lembrou que mentres que o ouro se cotiza agora a 1.690 $ a onza, en 2000 o seu prezo era de 250 $. Cando a crise económica comece a remitir, o prezo do ouro baixará e deixará de ser rendible a extracción en Corcoesto, polo que a súa permanencia de seguro que será inferior aos dez anos que promete a empresa explotadora, Edgewater Exploration. Fronte a este tipo de minería especulativa e a curto prazo que extrae minerais e metais innecesarios; Menéndez avogou por unha minaría sostible no tempo, respectuosa co entorno, xeradora de riqueza a longo prazo e baseada na utilidade e necesidade das súas extraccións. Lonxe disto, o proxecto para Corcoesto prevé destruír o 50% do territorio da parroquia, imposibilitando a explotación forestal e agraria que se vén facendo agora nesas terras e a escasos metros de vivendas habitadas que pasarán a ser inhabitables.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, pechou as intervencións advertindo do impacto irreversible sobre os sectores agrogandeiros, e denunciou a “cultura colonial” que leva aos nosos gobernos a fomentar unha actividade económica a curto prazo e con data de caducidade que só beneficia o lucro dunha empresa privada e xera unhas ducias de empregos temporais; fronte a outra permanente, que mantén vivo o medio rural e da que depende totalmente o territorio agredido porque mantén miles de postos de traballo e supón o medio de vida de miles de familias. Vilalba concretou a conivencia do poder político coas empresas mineiras sacando a colación a Lei do Solo, do ano 2010, que autorizou as actividades extractivas en solo de especial protección agropecuaria, até entón prohibidas.

Sen dúbida, o primeiro Encontro Galego sobre o Impacto da Minaría deixou ben claro que Galiza se enfronta a unha problemática que se dá ao longo de todo o seu territorio e, dun xeito ou outro, afecta a toda a cidadanía ameazando amplos espazos e sectores socio-económicos. De aí o compromiso das organizacións e colectivos participantes de callar un movemento amplo e global que responda a esta problemática de xeito integral. Por iso, na vindeira semana seguirán producíndose encontros para concretar e facer realidade esta iniciativa.

Fonte: http://www.mineriagalicia.org/

Enviado por:
Eliseo Baluja
-elisgbc@hotmail.com-
18 de fevereiro de 2013 21:51

_____________________

I Campionato Mundial de Pesca de Neumático - Domingo 24 de Febreiro, ás 9 da mañá na Malata


Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos organiza:
I CAMPIONATO MUNDIAL DE PESCA DE NEUMÁTICO

Esta terá lugar o vindeiro domingo, día 24, ás 09:00 h. na Enseada da Malata, aparte do aspecto lúdico, incidimos en denunciar o abandono ao que está sometida a nosa cidade, coa contradición de que malgastan o noso diñeiro público en obras que poden agardar tempos mellores.

Invitamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Enviado por:
Marcos Meizoso
-recuperaciondeespazospublicos gmail.com-
17 de fevereiro de 2013 22:26

_____________

domingo, febreiro 17, 2013

E foi a 135 concentración sonora ante o anuncio da entrada dun buque gaseiro para Reganosa, desta vez estaba previsto que entrara o "LNG Bonny"


Unha nova acción de protesta e denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia ante o anuncio de entrada na Ría do "LNG Bonny", un vello gaseiro de máis de 30 anos de antigüidade. Aínda que chovía, o mal tempo envolvía todo, unha importante representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, participou na concentración sonora que ten lugar sempre que ameaza as nosas vidas e seguridade un buque gaseiro que enfila o canle de entrada, cargado para a ilegal e perigosa Reganosa. E xa van 135 concentracións.


Posición do "LNG Bonny", ás 21:37 hras do 17.02.2013 dentro da Ría de Ferrol
________

Unha entrevista a Rafael Pillado Lista, ... Por Esperanza Vázquez Dopico



Por Esperanza Vázquez Dopico [*]
19.02.2013


10 DE MARZO: O CRIME FOI EN FERROL.

O CRIME

Víuse, camiñando entre fusís,
por unha rúa longa, saír ao campo frío,
aínda coas estrelas, da madrugada.

Mataron a Federico
cando a luz asomaba.

O pelotón de verdugos
non ousou mirarlle a cara.

(Antonio Machado, O Crime foi en Granada)


A estirpe obriera de Ferrolterra, homes e mulleres, ocupa un lugar senlleiro no que poderíamos denominar a Historia da Esperanza. Xente feita coa mellor madeir da humanidade, nos obradoiros do mar.”
Manuel Rivas.

Rafael Pillado Lista (San Cibrao- Cervo 1942). Reside en Ferrol desde os dous anos, seguindo ao seu pai, preso no Castelo de San Felipe, pola súa militancia antifranquista.

Aos; 15 anos incorpórase á Escola de Aprendices da E.N.BAZÁN, empresa onde transcorre  a súa vida laboral até a xubilación. En 1960 afíliase ao PCE, desenvolvendo unha intensa actividade política e sindical. Participa na fundación das CCOO (o seu carnet foi o nº2 de Galicia; Xulio Aneiros tiña o nº1). Detido e encarcerado en varias ocasións, por mor dos sucesos do 10 de marzo de 1972 é procesado polo TOP no coñecido como Xuízo dos 23, sendo condenado a 7 anos de cárcere, dos que cumpre 4, até ser amnistiado na transición. Cofundador do PCG, militou despois na Asamblea para a Universidade dos Comunistas, Partido dos Traballadores e PSOE.

Na actualidade é membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e Vicepresidente da Asociación Cultural Fuco Buxán.

 É o personaxe elixido para narrar,en primeira persoa, os sucesos acontecidos no movemento obreiro de Ferrol no ano 72.

A mellor maneira de coñecer e valorar esta revolución,que afectou tanto á nosa cidade e cuxa factura se pagou coa vida de dous traballadores de Bazán, é escoitando  a entrevista que lle fixen a Pillado, na asociación cultural Fuco Buxán  o pasado sábado, 26 de xaneiro.


http://youtu.be/4_ENl7zNZxM


http://youtu.be/Tdez2iWUWYc

Despois de facer esta entrevista dinme conta de que teño moito que aprender da persoa de Pillado, alguén que ten moi claro o concepto de saír adiante na vida a pesar de atopar obstáculos no medio do camiño e, sobre todo, que claras ten as súas ideas e como fai todo o posible para poder conseguir o que quere, saíndo á rúa para loitar ou poñer todo de seu para axudar aos seus compañeiros cando o necesitan.

Por outra banda hai que destacar a amabilidade que tivo á hora de empregar o seu tempo para responderme a estas cuestións,  tempo moi apreciado debido á grave enfermidade que padece na actualidade, tal e como me dixo: “ case morro o 22 de novembro, e aínda así estamos aquí”.

É de destacar o seu compromiso coas diferentes mobilizacións que atopamos  na comarca para poder axudar a conservar; a súa existencia, como por exemplo estar a apoiar o movemento que está en contra da planta de gas, coñecido polo seu lema “Planta de gas fora da ría”,  do cal forma parte.

Segundo a recente obra que escribiu, titulada “ O latexo da vida e da conciencia”, caben destacar as numerosas presentacións que se están a realizar por diferentes lugares (Ferrol, Valdoviño, Madrid ou Barcelona). Son de admirar as intensas ganas que ten  de seguir a escribir a segunda parte deste libro, o cal vai; tratar sobre a súa vida, unha vez que saíu do cárcere.

Por último, quero engadir que a entrevista a Rafael me gustou especialmente porque me transmitiu; a súa ilusión por poder escribir, nun futuro, unha terceira obra para completar a triloxía onde se conte a súa vida e a do seu pai, nos anos nos que os dous coincidiron na historia, unha homenaxe moi emotiva por todos os sentimentos que a acompañan.


Foi para min todo un pracer e un privilexio poder compartir este tempo con Rafael Pillado Lista, modelo de vida a imitar polo seu compromiso, a súa loita pola causa obreira e, sobre todo, por ser boa xente.

Fonte: http://novaseretrancas.blogspot.com.es/2013/01/10-de-marzo-o-crime-foi-en-ferrol.html

[*] Por Esperanza Vázquez Dopico, Ferrol, Estudante de 2º de bacharelato no IES Concepción Arenal, escrebe e fai fotografía, participa no Obradoiro de Xornalismo e na Equipa de Normalización Lingüística do seu Instituto, en Ferrol.
______________

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol e o Concello de Narón, pola construción do novo Centro de Saúde e en defensa da sanidade pública - Fotos


Os orzamentos da Xunta de Galicia no contemplan ningunha partida para o novo Centro de Saúde do Concello de Narón, un centro previsto no seu momento en conxunto coa Consellería de Sanidade. O Concello de Narón fixo unha convocatoria á cidadanía, apoiada por partidos políticos e sindicatos a nivel comarcal.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, sumou-se á convocatoria en defensa do Centro de Saúde para Narón, mais tamén no marco doutras convocatorias ás que chamaba a plataforma galega SOS Sanidade Pública e outras plataformas a nivel estatal, contra as privatizacións e o repago, en defensa da sanidade pública que estaban convocadas para este 17F.

En  Ferrol Terra, a mobilización consistiu nunha concentración na Praza de Galicia, no concello de Narón, na cal se leu un comunicado demandando a construción do novo Centro de Saúde, adaptado as necesidades demográficas da zona.

Para rematar deu-se lectura ao comunicado da Plataforma que contiña as seguintes reivindicacións:
  • Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual
  • Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña.
  • Derrogación do decreto do transporte sanitario.
  • Derrogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular.
  • Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das melloras necesarias para o seu funcionamento ao 100%.
  • Dotar ao Hospital Novoa Santos de contido asistencial pleno.
  • Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais na Área Sanitaria de Ferrol.
  • Recuperación do Plano de Mellora da Atención Primaria.
  • Posta en funcionamento do Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
Fotos: Fuco Buxán A.C.
______________

Vídeo da manifestación do 16F en Ferrol de Stop-Desafiuzamentos - Plataforma Afectad@s pola Hipoteca - Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra


http://www.youtube.com/watch?v=GGBNB3g_fQQ&feature=share&list=UU1VlvusX45JxWkBkXF6B0nw

Pasadas as 12 do mediodía, partía a manifestación convocada por Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, dentro das mobilizacións convocadas polas PAHs na Galiza e en máis de cincuenta cidades de todo o Estado e nalgunhas capitais europeas. "Nin xente sen casas, nin casa sen xente", "Non é unha crise, é unha estafa", "Non son suicidios, son banquicidios", "A banca delinquindo, o pobo sufrindo", "Non falta diñeiro, sobran ladróns" ... entre outras consignas espontáneas berradas no transcurso da manifestación. Esta partiu da Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta, para baixar pola rúa Real e que, despois de pasar por varias rúas de Ferrol, rematou na Praza do Concello diante do Pazo Municipal, onde se leiu un comunicado que transcribimos neste post. Posteriormente houbo micro aberto onde varias persoas comentaron a súa experiencia persoal: quen conseguiu a dación en pago; quen foi desafiuzado e presentou unha demanda por estafa contra o BBVA que foi admitida a trámite; quen reflexionou sobre a ocupación de vivendas en Ferrol no ano 1977 e demandou a compra de solo por parte da administración, para vivendas sociais; e por último unha das persoas da lista de espera para unha vivenda protexida de Recimil que demandou a entrega das vivendas.
  • Esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!
  • Esiximos o dereito á vivenda!
  • Esiximos o fin dos abusos da banca!
  • Esiximos o fin do xenocidio financeiro!
  • Sinalaremos aos responsábeis, non pararemos até conseguir os nosos obxectivos!

Non estás só!
Xuntas e xuntos podemos!

En Ferrol, a 16 de Febreiro de 2013



Stop-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

________________

Enlaces relacionados:

Manifestación de Stop-Desafiuzamentos en Ferrol dentro das mobilizacións do 16F en apoio da ILP - Fotos - Comunicado Final

Mobilizacións xerais das PAH, o vindeiro Sábado 16 de Febreiro, tamén en Ferrol ás 12 do mediodía, na Praza Amada García (Diante do Edificio da Xunta) - Non estás só !

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra convoca unha manifetación en Ferrol o Sábado 16 de Febreiro

Ártabra 21: A comparsa d'A Revolta de Trasancos de Stop-Desafiuzamentos

Entrevista a Ada Colau, portavoz da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca - Un documento de moito interese e fundamental para entender a loita de Stop-Desafiuzamentos - En Vídeo
______________________________

sábado, febreiro 16, 2013

O "LNG Bonny", ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 17 de Febreiro - O Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
DOMINGO 17 DE FEBREIRO, ÁS 7 DA TARDE

O "LNG Bonny", é un antigo buque gaseiro, de case de 32 anos de antigüedade, de grande porte con 286.85 metros de eslora por 41.84 de manga e cunha capacidade de 133.000 metros cúbicos. Cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa.

O "LNG Bonny", ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 17 de Febreiro de 2013. Esta entrada, supón xa a 135, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración sonora terá lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia de Ferrol. Trata-se de proptestar, denunciar e difundir entre a poboación, en síntese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Características do buque:
Un vello buque de máis de 30 anos de antiguidade [construído en 1981], o “LNG Bonny”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 286.85 m de eslora e 41.84 m de manga, 11.22 m de calado, m de puntal 14.48 e 133.000 m3 de capacidade.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de fevereiro de 2013 18:07
---
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________

Paremos a minaría contaminante en Corcoesto - Manifestación Domingo 17 de Febreiro, ás 6 da tarde, en Coristanco


Cartaz da Convocatoria
A cidadanía das comarcas da Costa da Morte e Bergantiños e de todo o País está convocada a unha manifestación este domingo 17 de febreiro, ás 18:00 horas desde a rotonda do centro comercial en Coristanco, a unha manifestación en repulsa polas operacións da compañía canadiana Edgewater que pretende, co beneplácito da Xunta, transformar os montes compartidos polos municipios de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso nunha inmensa canteira a ceo aberto.

A convocatoria, lanzada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto que aglutina á veciñanza, e á que xa se adheriron multitude de organizacións e desde agora a Asociación Monte Pindo Parque Natural, pide axuda para esixir das autoridades que recúen no seu apoio decidido a estas explotacións de consecuencias catastróficas para o entorno natural e humano (así se ven constatando en multitude de experiencias anteriores en todo o mundo), e que as políticas a tomar en consideración non sexan as que pasen por destruír o territorio, contaminar as augas e destruír as formas de vida tradicionais.

O dito: domingo 17, ás 18:00h, todos en Coristanco!

Ten prexuízos a minaría de ouro a ceo aberto?
A Asociación Monte Pindo Parque Natural vén de levar a cabo un estudo de varios aspectos relacionados con este tipo de explotacións, centradas por suposto no caso particular de Corcoesto pero tamén extrapolados a outros casos. Os datos deste traballo aterrorizana a calquera. Para mellor comprensión de todos os nosos visitantes, sintetizámolas nas seguintes infografías que podedes divulgar libremente.


Por cada gramo de ouro extraído úsase suficiente cianuro para matar 128 persoas
Menos do 0,001% da terra removida en Corcoesto será outra cousa que
entullo e residuos, e desa mínima parte, só o 0,25% será ouro
O metro cadrado expropiado en Corcoesto é máis barato ca convidar a unha cervexa.
A empresa asegura que o prezo "realista" sería o dun paquete de chicles
A diferencia visual entre a instalación de Corcoesto e as minas tradicionais
No burato de Corcoesto poderase soterrar a Torre Eiffel e apenas sobresairá a antena
A mina de Corcoesto ocupará a superficie de
763 campos de fútbol regulamentarios
A auga contaminada enchería 10 estadios Santiago Bernabeu
Un só kg de material informático reciclado xera 5 veces máis
ouro que mil quilogramos de terra estragada en Corcoesto
E os postos de traballo?
Coma sempre, é absurdo tratar de obxectivar cantos postos de traballo xustifican a destrución dun espazo natural. Un bo caso témolo nalgunhas piscifactorías que de prometer centos de postos de traballo a meses da apertura iniciaron a súa actividade con apenas unha ducia de prazas de aparcamento para os empregados, ou as instalacións industriais que contaminaron bancos marisqueiros, sen que os postos de traballo da nova instalación igualaran sequera os destruidos.
Asi mesmo hai outro aspecto que se ve resentido para sempre por calquera instalación cun impacto visual semellante: o turismo e o sector servizos.
Porén tamén parece quedar en evidencia que diferentes poderes políticos e económicos interesados en que a explotación saia adiante están absolutamente inmersos nunha campaña de confusión sobre a suposta (e nunca garantida) creación masiva de postos de traballo, unha práctica que as organizacións opostas a este tipo de proxectos denuncian por pretender aproveitar os duros momentos económicos e sociais que vivimos para granxearse as simpatías das persoas máis afectadas.
Velaquí temos varios titulares que recopilamos nos últimos meses sobre o caso de Corcoesto:


"Creará unos 1.400 puestos de trabajo"
Alberto N. Feijóo (Presidente da Xunta), EP, 25/06/11

"La mina de oro de Corcoesto dará empleo directo a 271 trabajadores"
ECG, 01/04/12

"La empresa que buscará oro asegura que reservará 140 de los 271 empleos a residentes en la comarca"
LA OPINIÓN, 17/05/12

"Me comentaron que querían emplear a 100 personas"
José Muiño (Alcalde de Cabana), EL MUNDO, 25/09/11

En Corcoesto? A min non me toca...

Fonte: Edgewater
Si que che toca. Esta e outras moitas empresas, todas elas multinacionais, teñen xa identificada unha grande veta mineira de ouro desde As Pontes ata Tui pasando por centos de municipios que poden ser potenciais víctimas da mesma estratexia.
Hoxe pode que non, mañá tampouco, pero pasado pode que sexan as túas terras as expropiadas a 1 euro e 20 céntimos, para que uns señores que nunca coñeceremos se fagan moito máis ricos aínda e desaparezan das nosas vidas para sempre, deixando nelas tan só a paisaxe destrozada e cianuro na túa fonte.
Non desertemos da terra cando precisa da nosa axuda, coma ela non deserta cando nós precisamos dela.
Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural.
O Rabecho s/n, CP 15296 O Pindo (Carnota) A Coruña
 info@montepindo.org
Teléfono: 655 56 43 72
No facebook:
https://www.facebook.com/montepindo.pn
No twitter:
http://twitter.com/montepindo
No youtube:
http://www.youtube.com/user/montepindopn
____________