domingo, abril 23, 2017

A cultura de base do país homenaxea a Francisco Rodríguez como unha figura imprescindíbel - Unhas 300 persoas participaron no acto de entrega do Premio Galiza Cultura - Non quero Paco no pasado. Quero Paco no presente e quero Paco no futuro, dixo durante o evento o seu amigo Balbino - Unha reportaxe de Xosé Mexuto, Director do xornal Sermos Galiza


Hai múltiples Francisco Rodríguez. Todos e cada un deles foron homenaxeados no acto de entrega do Premio Galiza Cultura. Por volta de trescentas persoas acudiron a un restaurante do ferrolán bairro de Serantes -o paraíso da infancia de Rodríguez- para render tributo a unha figura "imprescindíbel, única e irrepetíbel", epítetos que compuxeron o retrato que del fixo Pilar García Negro, a presidenta da Federación Galiza Cultura, a entidade que instituíu un premio convocado por 12 entidades e ao que se adheriron outras 40. Todo o tecido cultural nacional galego, auto-organizado e de base do país.


Colás fotográfico da entrega Premio 'Galiza Cultura' a Francisco Rodríguez, en Ferrol, o 22 de Abril de 2017

Hai un Francisco Rodríguez profesor mozo que se rebela contra a ditadura fascista non en nome dunha abstracción cosmopolita, senón dun país concreto, unha nación negada, unha nación anónima na súa infancia de Serantes. "Eu de cativo non ouvía pronunciar o nome do meu país", evocou na emocionada intervención coa que fechou o acto. Hai un Francisco Rodríguez activista que aterra en Ourense a principios dos 70 do pasado século coa firme determinación de falar galego en toda a parte, custar o que custar, e que contribúe para revitalizar o asociacionismo cultural, a comezar pola Auriense da cidade das Burgas. Hai un Francisco Rodríguez que imparte maxisterio ás súas alumnas e aos seus alumnos, aos que non só lles transmite coñecimentos, senón tamén paixón por unha materia concreta chamada Galiza. Hai un Francisco Rodríguez investigador que resgata da deturpación e da mistificación os clásicos da literatura galega, Curros, Pondal e nomeadamente Rosalía, un dos motores da súa vida (non por acaso é del a primeira tese de doutoramento sobre a autora fundacional da literatura nacional galega). Hai un Francisco Rodríguez político que se nega a aceitar a negación do país e que dedica todos os seus desvelos á construción dun movimento nacionalista galego con capacidade para disputarlle espazos políticos ás organizacións de obediencia estatal.

Todos eses Francisco Rodríguez apareceron no acto de entrega do premio da Fundación Galiza Cultura, un xantar fraternal con máis de trescentos comensais, todas elas persoas con múltiples historias de Francisco Rodríguez que contar, todas elas unidas por un nexo común, o coñecimento dalgún aspecto da biografía do homenaxado e o compromiso pola conquista dunha Galiza distinta, dona de si, non satélite, senón planeta.

Foi un festín da nostalxia, un acto para a recreación saudosa do pasado? En absoluto. Houbo, claro, evocación. Houbo recordacións de episodios e lances do Rodríguez mozo, do Rodríguez novo, do Rodríguez xa máis maduro, tamén do Rodríguez máis recente. Mais houbo vontade expresa por parte de todas as persoas que tomaron a palabra no acto de ollar para o futuro, onde habita ese país por conquistar co que se comprometeu Rodríguez hai cinco décadas, no principio de todo.

Esclareceuno na súa intervención -a penúltima, a que fechou o acto foi a do propio Francisco Rodríguez- Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura, cando explicou que non por acaso a lenda do premio era "50 anos ao servizo da cultura galega". "Foi en 1967 cando Francisco culminaba a súa licenciatura na Complutense. Nese momento tomou a decisión de retornar a Galiza", dixo. Un retorno-compromiso co país, coa súa lingua e coa súa cultura, e cunha intención clara entre cella e cella: a construción dun movimento político que devolvese a dignidade a Galiza.

O acto estivo en todo momento tinxido de emoción. A que lle puxeron, ao termo do xantar, as intervencións das distintas persoas oradoras. A primeira en tomar a palabra foi Nemesio Barxa, avogado ourensán, membro do consello de administración de Sermos Galiza e presidente da asociación cultural Auriense xa á altura de novembro de 1967.

Barxa optou por facer un perfil "humanístico" de Rodríguez, dun Rodríguez de pouco máis de 20 anos. "Coñecín Francisco Rodríguez a finais dos anos 60 sendo profesor de instituto. Chegou con esa inocencia que aínda conserva e a mirada picaresca que os anos non acabaron de borrar", relatou e con ironía apuntou: "Vino co desleixo dun pobriño que chegaba por aí, así que pensei que o debía tomar baixo a miña protección". Risos xeneralizados.

Aquel mozo comezou a frecuentar a tertulia que Barxa organizaba nas sobremesas na súa casa, mantel e conversas que partillaba con xigantes como Blanco Amor ou, de cando en vez, Manuel María. Non demorou en advertir Barxa que "baixo a súa aparencia algo fráxil o que se agachaba era un espírito realmente indomábel".

A completar o retrato do Francisco Rodríguez en Ourense como motor da Auriense dedicou tamén as súas palabras Norberto Tabares. "Foi a alma da asociación nos primeiros anos 70, daba cursillos en galego, trouxo a falar a xente moi significativa e logo estaba o aspecto humano, Paco suscitaba moitas simpatías e adhesións entre as alumnas e os alumnos".

Da man de Rodríguez, enfatizou Tabares, "toda unha xeración entramos en contacto coa cultura galega". E esa tamén foi a porta para abrazar o compromiso coa política e coa causa nacionalista.

O profesor Rodríguez apareceu evocado no discurso de Xoán Carlos Garrido, filósofo e integrante da Asociación Cultural Vagalumes de A Estrada. Falou en parte como representación da ampla nómina de ex alumnas e alumnos del, algúns deles -como Goretti Sanmartín- presentes no xantar. En todo caso, Garrido precisou: "El non me trouxo á política. Eu xa estaba nela, aínda que organizado noutros espazos. Tardei en caír da burra", brincou.

Ter a coraxe de respeitar as discrepancias -Garrido era daquela discrepante, "agora xa non o son", dixo entre os risos do auditorio. E alimentar todas as expresións do activismo social, desde o ecoloxista, a loita contra os encoros, até o lingüístico. Todo iso aprendérono as alumnas e os alumnos de Rodríguez nos seus anos de profesor na Estrada.

E, mais unha vez, o factor humano. Tal e como tamén explicara Nemesio Barxa na súa evocación ourensá, na Estrada anos depois "Paco era moi querido" e, de feito, "cando fixo falta o demostrou moita xente, con aquela prisión extemporánea absurda de finais dos 80 [acusado de queimar unha bandeira española estivo na antiga prisión da Coruña], daquela mobilizarase toda a cidadanía, todo o alumnado do instituto da Estrada. Puxemos una faixa xigante, do terceiro piso ao baixo, en que se lía Paco, Liberdade".

O Francisco Rodriguez investigador e estudoso da literatura galega apareceu no discurso de Xoán Costa, presidente da ASPG e do consello de administración de Sermos Galiza. Costa salientou que "Rodríguez é membro da ASPG desde o principio" e que a el se deben proxectos de tanta dimensión como a Historia da Literatura Galega, unha iniciativa que nacía coa pretensión de mesmo superar a única que até aquel momento se realizara desde a dignidade e o amor ao obxecto de estudo, a de Ricardo Carvalho Calero. E logo está, sempre está, Rosalía. "Francisco Rodríguez colocou Rosalía no meio do quefacer da ASPG", dixo, non só coa publicación da súa tese de doutoramento e posteriormente coa edición de Estranxeira na súa patria, senón tamén co lanzamento de formatos rosaliáns novidosos, desde o musical até o videográfico.

E non podían faltar as amizades. Non hai vida digna de ser vivida sen amizades. Pediu a palabra para falar do "Paco amigo" un vigoroso home de 88 anos. Balbino Pérez. De Vigo. "Este é un día grande para Galiza, aínda que moitos dos que están aí fóra e que teñen o poder nin o mencionarán", dixo.

"Falábase de que ía vir de Ourense un profe que só falaba en galego. Iso creou unha grande conmoción, unha transformación de coherencia sobre o idioma", relatou na súa quenda César Varela, profesor que partillou aulas con Rodríguez no instituto de Cangas de Morrazo. "Criouse un ambiente tal que unha vez veu falarme unha muller para me dicer: que lle pasa á miña filla? Que lle pasa? Só fala galego e fíxose vexetariana", dixo, para xolda xeral do auditorio.

Non só houbo discursos. Tamén houbo música. Servida por algúns dos componentes de Tempos 4. Tocaron con talento e sensibilidade composicións especialmente caras para Rodríguez, de Rosalía e de Pondal. E até facturaron dúas estreas, Muitas veces nos matos nativos e Carballos de Carballido, ambas do vate de Ponteceso, vigorosamente interpretadas por Alberte López e Xoán Padín. A vocalista Lidia Castrillón deu voz aos versos rosaliáns en Miña Santa Margarida. O combo completábao aos teclados André Pazos, autor tamén da música de todas as pezas.

Foi Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura, a que tomou a palabra imediatamente antes de que as e os representantes das distintas entidades convocantes do acto a arroupasen para facer entrega do premio ao homenaxeado. Nun discurso cheo de emoción -"este é un día feliz"- compuxo un retrato de Rodríguez como un mozo que con apenas 22 anos asume a frase de Chao Rego, "Eu Renazo Galego", e adquire un compromiso coa nación galega que xa non ten volta atrás.

García Negro puxo o acento na capacidade criadora de Rodríguez, na súa determinación por construír a partir practicamente do nada, como deu pasado dunha "galeguidade furiosa" -perante a inexistencia do país- a unha "galeguidade organizada". Dúas palabras de orde clave para o futuro do nacionalismo galego -"auto-organización" e "auto-responsabilización"- son as que Rodríguez asume como propias para pór en marcha o lanzamento dun proxecto político a construír virtualmente desde cero.

A profesora García Negro ponderou tamén o Francisco Rodríguez intelectual, o pensador, o traballador da cultura galega, o incansábel pronunciador de palestras. E o escritor. Os seus textos "non envellecen", continúan plenamente actuais, o signo distintivo que caracteriza "os clásicos". "Na súa tesina de Curros, de 1973, hai claves fundamentais non só ao respeito do grande escritor, senón a respeito de nós, as galegas e os galegos, que continúan a teren toda a súa validade", dixo.

Categorías fundamentais na sociolingüística como conflito lingüístico ou normalización nas condicións concretas da Galiza débenlle moito a Rodríguez, salientou García Negro, quen non dubidou en atribuírlle os cualificativos de "imprescindíbel", "único" e "irrepetíbel", epítetos cos que el nunca se sentiría cómodo, alérxico como é a toda toda forma de "egotismo".

Os agasallos foron chegando. Do fotógrafo Manuel Blanco. Da asemblea do BNG de Carnota. Visibelmente tocado pola emoción -após ver todo o auditorio posto en pé no momento de receber o premio Galiza Cultura de mans de Pilar García Negro- Rodríguez tomou a palabra para pór o ramo ao acto.

E aí foi Rodríguez puro. Unha intensa evocación do seu paraíso infantil de Serantes -unha economía autocentrada, con toda a xente a traballar "e cos nenos e as nenas, mesmo os aparvados coma min, a xogar"- deu paso a unha reflexión sobre as transformacións operadas na conciencia social a respeito da existencia da Galiza como nación.

"Na miña infancia, eu no escoitaba a palabra Galiza. Era un país sen palabra que o designase, un país anónimo". Ese país sen nome agora ten quen terme del. "Houbo unha tranformación nas conciencias. MInoritaria, si, mais estamos aquí grazas a esas transformacións".

"Fomos capaces de ir recuperando a tradición que había no país de conciencia sobre si mesmo, sobre o seu direito a existir como tal", dixo.

A esa tarefa de construción dunha conciencia galega dedicou as súas enerxías na política e tamén na cultura, sempre co propósito de  "descobrir o agochado e servir proveitosamente a nosa sociedade".

O traballo non foi en van. "Hoxe temos un instrumento", dixo en alusión ao movimento nacional galego, "por máis que necesitamos máis dimensión e máis influencia".

Como sempre, Rodríguez ollando con optimismo para o porvir. Rodríguez, con confianza "no noso potencial". "Estamos en momentos difíceis, mais tamén estamos en momentos de reduplicar o noso potencial e de confiar no futuro".

Hai capacidade, si, mais tamén hai atrancos. E enumerounos: "A atomización, o desamparo, o desnorte, a hostilidade da propia administración, a falla de credibilidade en nós mesmos".

Serantes ao final e ao principio. O Serantes en que -el aínda neno- había algo estraño no ambiente, non nomeado. A sombra dos mortos e dos torturados. Mais tamén o Serantes en que era posíbel que o Rodríguez cativo vise no cinema Arroz Amargo con Silvana Mangano, privilexio que lle era vedado ás nenas e aos nenos do centro de Ferrol. Ese Serantes símbolo do país puxo o fecho ao discurso de Rodríguez, non sen antes chamar a Federación Galiza Cultura para que este premio teña continuidade no futuro e distinga cada ano persoas e colectivos desacomplexadamente comprometidos coa cultura da Galiza.

Concluía así un emotivo acto convocado por trece asociacións culturais -Alexandre Bóveda (A Coruña), Maio Longo (Pontevedra), Vagalumes (A Estrada), Medulio (Ferrol), A Pomba do Arco (Foz), Francisco Lanza (Ribadeo), Auriense (Ourense), O Castro (Vigo), Altofalante (Ribeira), O Galo (Compostela), a cultural e musical Solfa (Compostela) e a Universidade Popular de Corcubión-, ao que se adheriron outras 40 entidades, tal e como recolle o web da Federación Galiza Cultura, e no que -entre outros moitos, a lista sería interminábel- estiveron presentes nomes da cultura como Vítor Vaqueiro, Marta Dacosta, Cesáreo Sánchez Iglesias, Manuel Lourenzo, Marica Campo, Isabel Risco, da lingua como Xosé Ramón Freixeiro Mato ou Marcos Maceira, da política como Guillerme Vázquez, Ana Pontón, Goretti Sanmartín, Iván Rivas, Rubén Cela, Avia Veira, Francisco Jorquera, Alfredo Suárez Canal, Olalla Fernández Davila, ben como a alcaldesa de Moeche e os alcaldes de Fene, San Sadurniño e Carnota; e do sindicalismo como Suso Seixo, Anxo Louzao e Paulo Carril.

"Non quero Paco no pasado. Quero Paco no presente e quero Paco no futuro", dixo durante o evento o seu amigo Balbino. Unha frase que sen dúbida asinarían todas e cada unha das trescentas persoas que acompañaron Rodríguez na entrega desta primeira edición do Premio Nacional Galiza Cultura.

Publicado no Sermos Galiza o 23 de Abril de 2017 - Baixo licenza Creative Commons.

Por Xosé Mexuto

[*] Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes, Ferrol, o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego. Catedrático de lingua e literatura castelá dende 1973. É crítico e historiador de literatura galega, especialista en Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Blanco Amor. Foi deputado, polo BNG, no parlamento galego entre 1993 e 1996, e deputado, en Madrid, no Congreso dende 1996 até 2008. [Galipedia] [AELGA] [Terra e Tempo] [BVG].

Federación Galiza Cultura GZCultura
Por un punto de encontro do asociacionismo cultural galego

http://www.galizacultura.gal/

federacion@galizacultura.org

facebook | twitter | youtube | rss

Enlace ao documento 'Francisco Rodríguez: 50 anos ao servizo da cultura galega'. | Acceder/Baixar.
__________

luns, abril 10, 2017

IX Conspirando por unha radio libre e comunitaria da terra de Trasancos - Sesión Vermú en apoio a Rádio Filispim e ao Ateneo Ferrolán [xoves 13 de abril ás 12 horas no Ateneo Ferrolán] - Festival IX Conspirando por umha Rádio Livre [Xoves 13 de abril ás 22:00 horas na Sala Super 8]



Ven celebrar con nós 
"IX Conspirando por unha radio libre e comunitaria da terra de Trasancos"

Xoves día 13 de abril a partir das 12 h. 
Lugar: Ateneo Ferrolán

Argallan: Ateneo Ferrolán e Radio Filispim-Colectivo OPAÍI

Este ano Rádio FilispiM e o Ateneo Ferrolán argalharom também umhaSessiom Vermut para celebrar o IX Conspirando por umha rádio livre, nela actuará Eugenia Sanmartín (Músicas do Brasil e outras Terras), vem e participa na autogestom do Ateneo e da Rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos

Haberá petiscos, photocall e sorteio de camisolas


----------------------------------


 

Este Joves 13 de Abril, ven celebrar com nós a novena ediçom do Conspirando por umha Rádio Livre.

Participa na autogestiom da livre e comunitária da Terra de Trasancos e do Ateneo Ferrolán, vindo á Sessiom Vermú que celebraremos no Ateneo a partir das 12 do meiodia, com a actuaçom de Eugenia Sanmartín.

Já à noite, a isso das 10h., na sala Super8, disfrutaremos do clássico concerto "Conspirando por umha Rádio Livre" com as actruaçons do grupo de "música Surf" KANALOAS e o de "Rap&Roll" SOKRAM.
Lembra, este Joves 13 de Abril, toca conspirar por umha rádio livre, Rádio FilispiM.

Joves 13 de abril ás 22:00 horas - Entrada 7 euros 


mércores, abril 05, 2017

A tese Cunha-Urgorri, que nega a afectación da Ría polo impacto de Reganosa, carece de rigor e é contraria a estudos europeos feitos ao abeiro da CE, que cualifican o uso de biocidas e arrefriamento da auga como contaminación mariña


A tese Cunha-Urgorri, que nega a afectación da Ría polo impacto de Reganosa, carece de rigor e é contraria a estudos europeos feitos ao abeiro da CE, que cualifican o uso de biocidas e arrefriamento da auga como contaminación mariña
.

Diferentes medios publicaban estes días a tese da investigadora da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Xela Cunha, dirixida por Vitoriano Urgorri - responsable da estación-, na que se afirma que “a planta de gas de Reganosa non ten afectación nas augas da Ría”. Na entrevista publicada na Voz (26-03-2017) ven a dicir: “A estación da Graña e Reganosa levan traballando en conxunto desde finais de 2006”. A tese abarca desde o ano 2007 até o 2013 e dí que, “segundo os estudios na estación máis próxima á planta de Reganosa (dos catro estudados), non existen ningún descenso na riqueza especifica, é dicir, no número de especies que hai, e na abundancia, no número de exemplares de cada unha das especies”. En cambio, ”nas outras tres estacións observouse que foron descendendo os valores paulatinamente”.

O resultado do “estudo” publicado agora, ven a coincidir coa opinión do director do estudo, Victoriano Urgorri, que xa no seu momento fixo por encargo un informe mediombiental que non puña obxeccións á relocalización da planta de Reganosa no interior da Ría, nunhas declaracións a El Pais, o 19 de Nov. 2007 di, a instalación de Reganosa non supón, segundo Urgorri, "un problema ambiental". Un informe realizado por este e outros biólogos coas universidades de Santiago e Vigo, desmenten aos mariscadores, que vaticinaron un descenso na temperatura das aguas e un grave prexuízo para o marisqueo. Procede denunciar aquí o tratamento irregular que Augas de Galicia dá aos rexistros de datos de temperatura de saída da auga utilizada (un requisito imprescindible para a autorización de verteduras), utilizando só os valores medios diarios, co que os valores máximos e mínimos quedan totalmente enmascarados.

A tese onde se estuda o número de especies en catro estacións situadas desde 50 a 400 metros arredor da planta, asegúrase que na máis próxima a Reganosa foi na que os valores de abundancia e riqueza específica se mantiveron máis ou menos similares, desde 2007 a decembro de 2013. Baixo a opinión deste Comité, carece de rigor a comparación, ao non ter en conta factores como a degradación da Ría por vertidos urbanos, ou vertidos industriais, nas zonas das outras tres estacións estudadas. Ignórase a influencia das mareas e correntes que fan que o efecto do proceso de regasificación de Reganosa, se faga extensivo a toda a Ría, e non só localizado nun radio ao redor da mesma. Ademais, aplicando o sentido común, chégase á conclusión de que ao absorber Reganosa 13.200 Tons./hora de auga da Ría, máis que o caudal medio do Rio Xubia, que conten microorganismos, larvas, algas, animais... plancto en xeral, a base da vida da Ría, que logo se trata con hipoclorito sódico (lixivia), e vertida á Ría cos restos de ese hipoclorito, esterilizada e devolta á Ría cunha redución da súa temperatura de 6ºC, ao longo destes 10 anos de funcionamento de Reganosa, algunha pegada habería que esperar que deixara no ecosistema da Ría. Outra cousa é que cos datos reais, a produción da planta nos 10 anos desde a súa posta en marcha, estivo sempre por baixo do 30 %, co que o volume de auga utilizada até agora é moito menor do nominal, e polo tanto os efectos que se producen, sempre son menores, que se a planta funcionara tal e como foi planificada. Este Comité non pode máis que rechazar esta tese por interesada e manipulada. Ademais, nada novidosa por estar dirixida por un veterano defensor de Reganosa, Victoriano Urgorri, empresa para a que elaborou varios informes neste mesmo sentido (Outro Informe onde xa aparecía Xela Cunha Veira - 29 de febreiro de 2016, vamos nada novidoso o que sae agora na prensa, senón pura propaganda).

Existen ademais estudos científicos que certifican que o sistema de limpeza de “fouling” (restos orgánicos nos sistemas de refrixeracións), que utilizan as industrias do tipo de Reganosa, a base de biocidas (hipocloritos), presentan unha alta toxicidade para os organismos do medio mariño. Estudos como os realizados ao abeiro da directiva marco sobre a estratexia mariña, Directiva 2008/56/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de Xuño de 2008, pola que se establece un marco de acción comunitaria para a política do medio mariño, que ten o obxectivo do bo estado ecolóxico das augas mariñas para o 2020. A Comunidade Europea, considera contaminación mariña o arrefriamento das augas e o uso de biocidas. Todas as plantas costeiras de GNL de EE.UU. (na costa e en alta mar) utilizan sistemas de circuíto pechado de regasificación queimando parte do gas que regasifican.

Reiteramos que a planta de gas de Reganosa é unha instalación perigosa, un produto da corrupción político-financeira deste pais. A relocalización da planta no interior da Ría, nos terreos do Grupo Tojeiro, non tiveron máis razóns, que facilitar que este puidera afacerse con 30 millóns de euros, e blindar a permanencia in situ do complexo petroquímico de Forestal. Reganosa é unha instalación ilegal que o Supremo determinou en 4 Sentenzas. O Goberno en funcións de Rajoi, en desacato ás sentenzas, decidiu excluír a Reganosa da aplicación da lei, e outorgoulle pola vía de urxencia unha nova autorización.

A planta de Reganosa, cuxo funcionamento no 2016 non pasou do 28%, cústanos á cidadanía perto de 60 millóns de euros ao ano, namentres se mantén pechado o gasoducto de Tui, que abastecía de gas a Galicia, para xustificar o timo de Reganosa.

A planta de Reganosa levantouse sobre un recheo e dragado ilegais (máis superficie da concedida), onde se soterraron miles de toneladas de vertidos contaminantes sen illamento xeotextil, a carón dos bancos marisqueiros de A Barca, Noville e Sta. Lucia. Reganosa utiliza auga da ría para regasificar, modelo non contemplado na autorización de construción. Son 13.200 Tons/hora de auga tratada con hipoclorito sódico (lixivia) para a eliminación de microorganismos.

En Punta Promontoiro radica hoxe o principal foco de contaminación da nosa Ria, xunto á planta de Reganosa, o complexo petroquímico de Forestal ten autorizado pola Xunta verquer á Ría 27 millóns de tons/ano (Desde a entrada en funcionamento até setembro de 2008, Reganosa levaba vertido á Ría máis de 115 millóns de metros cúbicos de augas residuais sen control, polo que foi multada no seu momento).

A Tese de Xela Cunha, negando o carácter nocivo para o ecosistema da Ría, é un traballo de encargo ao servizo de quen o paga. Semella outros estudos “científicos”, como os que se realizaron cando se regulou o uso do tabaco, que probaban que o tabaco non era daniño para a saúde, financiados polas tabacaleiras; os que negaban o carácter nocivo do amianto, ou os que negan o cambio climático, pagados polas petroleiras. Esta tese máis que ocultar, amosa o carácter corrupto do produto.

Ferrol a 1 de Abril de 2017

Sopa química que sae dos vaporizadores de Reganosa
Sopa química que sae dos vaporizadores de Reganosa
Enseada de Santa Lucía


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc



Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de abril de 2017 21:49
____________

Hoxe, a Acampada pola Paz e o Dereito ao Refuxio, xoves 5 de Abril en Ferrol - Ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán - Acto aberto a toda a veciñanza


ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO


Presentación en Ferrol.
Día: xoves 5 de Abrl.
Hora: 19:30hs.
Lugar: No Ateneo Ferrolán.

Unha iniciativa solidaria que está en marcha n'A Coruña

ACAMPA é unha asociación sociocultural de iniciativa cidadá, sen fins de lucro e impulsada pola plataforma 'A Coruña Contra a Guerra', que integra colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, sindicais, universitarios, artísticos, empresas con responsabilidade social, etc, creada como reacción á crise humanitaria que sofren as persoas refuxiadas, están a organizar un evento internacional de información e sensibilización, cuxo acto central terá lugar do 15 ao 18 de xuño do 2017, no que se pretende instalar un simbólico campo de persoas refuxiadas no centro d'A Coruña. Este evento desenvolverá tamén outras actividades paralelas, como encontros, testemuños de persoas refuxiadas, concertos, debates, exposicións, documentais, visitas guiadas, entre outras. O obxectivo é alcanzar a máxima repercusión e participación entre a cidadanía.

Ademais, durante o ano, ACAMPA organizará diferentes actos de sensibilización con convidadas de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Máis info na web da Inciativa:
http://www.acampa.eu/gl/




Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
28 de março de 2017 16:09

__________________

martes, abril 04, 2017

Case tres anos despois, Ferrol en Común e o Partido Popular, pactan o SÍ ao denostado Convenio de José Manuel Rey Varela - Interesante Vídeo Completo da sesión do Pleno Municipal celebrado este 4 de abril de 2017


O 29 de maio de 2014, a maioría absoluta do Partido Popular impuña a aprobación polo Pleno municipal de Ferrol, do Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a formalización da Encomenda de Xestión de Explotación, Mantemento e Conservación do Sistema de Saneamento e Depuración do Concello de Ferrol, coa oposición do BNG, Esquerda Unida e PSOE. Agora case tres anos despois e unhas eleccións municipais polo medio que puxeron a Jorge Suárez (Ferrol en Común), na Alcaldía cos votos do seu propio grupo e os dos grupos municipais do PSOE e BNG; un Pacto do Goberno Municipal de Ferrol en Común co Partido Popular, aproban o mesmo Convenio de Colaboración para limpar as irresponsabilidades e desmáns  de Augas de Galicia (empresa da Xunta) e privatizar a xestión do sistema de depuración, entregando-llo á cuestionada Emafesa. A continuación presentamos o vídeo completo da sesión de hoxe.


https://youtu.be/GkeJibI8HrY

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego |  Lupe Ces |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

Afectadas por Emafesa (Asociación promovida pola Plataforma)

afetadasporemafesa@gmail.com

https://afectadasporemafesa.blogspot.com.es/
__________

A auga é un dereito e non un negocio, e o saneamento da nosa Ria é unha necesidade de interese xeral para a Galiza


André Abeledo entende que a taxa que vai a ter que afrontar a veciñanza de Narón polo saneamento continua a ser unha carga para as economías familiares do noso municipio dificilmente xustificable.

Ademais o calculo de 72 euros anuais para unha familia que consuma 10 m3 o mes non se corresponde coa realidade, posto que as matemáticas din que serán entre 80 e 81 euros o ano como mínimo.

Abeledo entende que a Xunta de Galicia e o Goberno Central teñen unha débeda coa veciñanza de Narón. O saneamento da Ría é riqueza para a Galiza, sen dubida é urxente o saneamento da nosa Ria, pero o saneamento non debería supor un castigo para as veciñas e veciños de Narón en forma de taxas e impostos, unha poboación xa castigada especialmente polo paro e a crise económica que ve agora como os seus salarios vanse en pagar servizos básicos.

André Abeledo continua a defender que ante a emerxencia social que continua a vivir o noso Concello, e a nosa comarca, debemos esixir a Xunta de Galicia que nos seus orzamentos contemple partidas no sentido de reverter os cartos que vémonos na obriga de pagar por mor do saneamento da Ría, e tamén, non debemos esquecelo, por estar pagando unha parte dunha obra de interese xeral que debería ser costeada polo Goberno do Estado, estas partidas deberían ser destinadas a proxectos e políticas de emprego para Narón.

Defendemos que nos orzamentos da Xunta de Galicia esas partidas sexan separadas anualmente para dar continuidade a un proxecto real e que de resultados para a creación de postos de traballo en Narón, un proxecto que debería sacarse adiante dende os técnicos da xunta en colaboración directa có Concello de Narón.

André Abeledo dixo que para EU Narón a municipalización do servizo da auga continua a ser unha prioridade. Entendemos que a auga é un dereito e non un negocio, e o saneamento da nosa Ria é unha necesidade de interese xeral para a Galiza. Seguimos defendendo que é posible mellorar o servizo e abaratalo cando o convertemos nun verdadeiro servizo público.

Abeledo indica que mentres seguimos traballando cara o obxectivo da municipalización dos servizos básicos a cidadanía, debemos esixir que as empresas que están facendo negocio cumpran cós seus deberes con transparencia e baixo un control minucioso da parte pública sobre a parte privada para evitar abusos. 


GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Fonte da Foto: Visiones de Ferrolterra, por Carlos Rodríguez.
___________

Diante do Pleno Municipal onde o goberno Municipal de Ferrol en Común e o Partido Popular, pactaron eximir da súa responsabilidade a Augas de Galicia e privatizar a xestión do Sistema de Depuración, entregando-lla á cuestionada Emafesa



COMUNICADO PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

En Ferrol, a 3 de abril de 2017, esta Plataforma comparece publicamente para expoñer o seu posicionamento ante o Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a formalización da Encomenda de Xestión de Explotación, Mantemento e Conservación do Sistema de Saneamento e Depuración do Concello de Ferrol (Ao que se debería engadir “... e do Concello de Narón, mais que non se pon para poder asignar-lle a Emafesa a xestión da Depuradora) que o Alcalde Jorge Suárez, pretende levar á aprobación no pleno municipal convocado para este martes 4 de abril.

Primeira cuestión.-

Este Convenio é lesivo para os intereses da cidade. A depuradora é un servizo do que se benefician varios concellos, polo que a súa xestión corresponde a Augas de Galicia, mentras non se asume mancomunadamente, se así se considera finalmente. Se o Alcalde de Ferrol quere que os ferroláns e ferrolás, asumamos o custe dun servizo que non nos corresponde, é porque mantén unha postura totalmente submisa ante Augas de Galicia, e a súa intención é aumentar o negocio de EMAFESA, e polo tanto do socio privado SOCAMEX, único responsábel da situación de quebra que ten esta empresa.

Segunda cuestión.-

A depuradora de Cabo Prioriño mediante este Convenio, vai estar en mans dunha empresa EMAFESA con antecedentes que puideran ser constitutivos de delitos, como así, esta Plataforma, informou mediante denuncia á Fiscalía. Unha empresa que mentiu dicindo que a depuradora funcionaba no 2014 e 2015; unha empresa que ocultou que a auga estaba contaminada por trihalometanos; unha empresa que cobrou unha taxa sen dar o servizo; unha empresa que está en quebra, e agora, unha empresa que segundo informes técnicos municipais, presentou un informe avultado para cobrar unha nova taxa. Esta piratería continuada, non é auditada nin denunciada por Jorge Suárez, senón que é consentida e amparada.

Terceira cuestión.-

O Concello de Narón, vai pagar simplemente o coeficiente de vertedura a Augas de Galicia. Nós, ferroláns e ferrolás, pola contra, temos que asumir que non se devolva a taxa ilegalmente cobrada; os traballos de reparación e posta a punto da depuradora realizados por Emafesa, cando non lle correspondía facelo, porque foi Augas de Galicia quen recepcionou ás obras en mal estado; temos que facernos cargo da conservación e mantenemento dunha infraestrutura que non é nosa e presta servizo a varios concellos; ademais se nos obriga a pagar os impostos que corresponderían a Augas de Galicia como propietaria, incluíndo o IBI; tamén temos que pagar as concesións que a Autoridade Portuaria asinou para as obras da estación de bombeo de A Malata e o tendido eléctrico desde o porto exterior á depuradora; temos que asumir unha parte elevadísima do custe das obras dos interceptores..., e todo iso sen garantías de que se realice un saneamento eficaz, tanto polo modelo do sistema, como pola desconfianza na empresa EMAFESA, que mostra un funcionamento totalmente opaco e deu mostras claras de irresponsabilidade.

Cuarta e última Cuestión.-

Descoñecemos canto nos vai custar realmente a xestión de EMAFESA da depuradora. En todo caso, desde a Alcaldía, debera-se reflexionar sobre a diferencia de medio millón de euros que se calculaban entre o informe presentado por EMAFESA, e o estudo realizado polo concello no 2016, só en custes enerxéticos. Tamén EMAFESA presenta un informe avultado en 131.567,44 € ao ano, en gastos de persoal, segundo informe do Enxeñeiro municipal de marzo de 2017. Pero nada parece torcer a vontade do Alcalde Jorge Suárez, no seu camiño contrario á defensa dos intereses públicos, frente aos intereses privados, e a defensa desta cidade, frente á afrenta doutras administracións.

Desde a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, seguimos demandando:

1) QUE A PLANTA EMPECE A TRABALLAR XA, nas mans de Augas de Galicia, ou mediante unha empresa pública (Seaga, Tragsa, Emalcsa,...) na que delegue baixo a súa responsabilidade, mentres se acondicione e se emenden as deficiencias rexistradas nas instalacións ou as relativas coa posta a punto delas, subrogando ao persoal que traballa na actualidade no sistema de saneamento e depuración.

2) ESIXIMOS A REALIZACIÓN DUN ESTUDO TÉCNICO-ECONÓMICO DA FUTURA TAXA, realizado por unha entidade independente do sector e coa participación veciñal e social.

3) REXEITAMOS CALQUERA CUSTO DE TRABALLOS FEITOS ATÉ HOXE POR EMAFESA NAS INSTALACIÓNS DA EDAR, EBAR, EMISARIOS E INTERCEPTORES. Estes traballos deberán ser soportados en custo e alcance por Augas de Galicia xa que nada teñen que ver con decisións ou responsabilidades da veciñanza.

4) ESIXIMOS DE FORMA URXENTE UNHA AUDITORÍA DAS CONTAS DE EMAFESA. Non nos parece razoábel nin suxeita a dereito que cos cartos da veciñanza se cubran perdas imputábeis directamente a xestión da parte privada de Emafesa (Socamex-Urbaser).

5) ESIXIMOS A DEVOLUCIÓN OU NOTIFICACIÓN DE FUTURA COMPENSACIÓN, POR PARTE DE EMAFESA, POLO RECIBO DA TAXA COBRADO INDEBIDAMENTE Á VECIÑANZA POR UNHA DEPURACIÓN QUE NON SE EFECTUOU.

Ferrol, 3 de abril de 2017

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego |  Lupe Ces |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/


Documentación:

Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a formalización da Encomenda de Xestión de Explotación, Mantemento e Conservación do Sistema de Saneamento e Depuración do Concello de Ferrol. | Acceder/Baixar.

Informe da Oficial maior. | 30 de Maio de 2017 | 3 páxinas en formato PDF.| Acceder/Baixar.

Irforme do Enxeñeiro Municipal. | 27 de marzo de 2017 | 2 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Informe do Interventor Xeral Municipal. | 30 de marzo de 2017 | 5 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
---

martes, marzo 28, 2017

O Ateneo Ferrolán con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil 2017, organiza Contacontos, de Maquinarias Teatro, este venres día 31 de marzo, ás 18:30h.


Contacontos 'Palabra de sombreiro'
de Maquinarias Teatro


Día: venres 31 de marzo.
Hora: 18:30hs.
Lugar: Biblioteca do Ateneo Ferrolán.

O Ateneo Ferrolán con motivo da celebración do 'Día Internacional do Libro Infantil 2017' organiza un Contacontos de Maquinarias Teatro. Entrada de balde. Para crianzas entre 5 a 10 anos preferentemente. O acto dten unha duración de 45 minutos.

Sinopse.-
O chapeu da contista escapou xogando co vento, así que esta pídelles aos nenos e nenas que a axuden a atopalo seguindo as pegadas que foi deixando ao seu paso… Unhas pegadas un tanto especiais que farán que os nenos xoguen, adiviñen, canten e rimen… Palabra de chapeu!

Interprete.-
Helga Méndez

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén en Twitter e facebook.

Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado polo:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
28 de março de 2017 17:34

______________

sábado, marzo 25, 2017

Comunicado Público da Plataforma despois da Xunta de Portavoces do Concello de Ferrol, respecto ao Saneamento e Depuración - Nos acordos alcanzados, quedou ao descuberto a MENTIRA coa que se pretendeu todos estes meses enganar á cidadanía de Ferrol, moi especialmente ao colectivo de mariscadores e mariscadoras - Demandas da Plataforma


COMUNICADO PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

En Ferrol, a 23 de marzo de 2017, esta Plataforma comparece publicamente para expoñer o seu posicionamento ante os acordos anunciados polo Alcalde, Jorge Suárez, tras a reunión cos portavoces dos grupos municipais, en relación á posta en marcha do sistema de depuración e o seu financiamento. Acordos tomados na xuntanza de portavoces, celebrada este xoves, 23 de marzo, no Concello de Ferrol.

Primeira cuestión.-

Nos acordos alcanzados, quedou ao descuberto a MENTIRA coa que se pretendeu todos estes meses enganar á cidadanía de Ferrol, moi especialmente ao colectivo de mariscadores e mariscadoras, que consistía en repetir unha e outra vez, que era imprescindíbel aprobar primeiro unha Taxa para poder poñer a funcionar a Depuradora e o resto do Sistema de Saneamento. Agora, se nos dá a razón á Plataforma cando afirmábamos que para que a EDAR  e resto do Sistema de Saneamento (Ebar, emisarios terrestre e sumariño, regulador, interceptores, tanques de tempestade...) comezara a funcionar, non se necesitaba aprobar unha taxa de urxencia, de xeito atropelado e baseándose só no informe elaborado pola parte privada de Emafesa (Socamex). Agora dáse un prazo de dous a tres meses para aprobala.

A Plataforma seguimos exixindo un proceso participado, transparente e rigoroso, que cumpra como mínimo coa Lei de Procedemento Administrativo Común, no seu artigo 133 que di “Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, realizarase unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente, na que se recabará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma”. Mais sería desexábel o cumprimento da palabra do Alcalde e o programa electoral co que se presentou, dando sentido á tan publicitada Participación Cidadá, e demandada por miles de sinaturas presentadas no rexistro xeral do Concello, unha Audiencia Pública, sobre todo o referente á auga e ao saneamento, pois si se ten que establecer unha Taxa, esta ten que ser explicada, participada e xusta.

Segunda cuestión.-

A nosa alarma ante a idea de que lle sexa entregada a EMAFESA a xestión da depuradora. É coñecido pola poboación deste Concello cal é o papel desta empresa, totalmente controlada pola parte privada SOCAMEX, que non só puxo en perigo a nosa saúde coa crise dos trihalometanos, se non que, como ten denunciado ante a fiscalía esta Plataforma, cobrou unha taxa indebida, por un servizo que non se prestaba. A maiores, participou nun engano intencionado con publicidade, xunto ao goberno de Jose Manuel Rey Varela, anunciando que a depuradora estaba funcionando, cando a verdade era que non se depuraba. A opacidade nas contas e na xestión son unha das características desta empresa, que agora acumula perdas millonarias. O intento de aumentar o seu nivel de negocio, ou a utilización da Taxa como aval bancario para obter novo crédito, fai que o problema que supón para a poboación de Ferrol a existencia de EMAFESA, secuestrada pola parte privada SOCAMEX-URBASER, se perpetúe no tempo e signifique unha sangría continuada de recursos familiares e recursos públicos en Ferrol.

A entrega a esta empresa non ofrece garantías e está na dirección oposta ao que debera ser un proceso de remunicipalización deste servizo. A maiores, Augas de Galicia, até o momento única responsábel da EDAR de Cabo Prioriño, ao entregar a unha empresa mixta, polo tanto, empresa que se rexe polo dereito mercantil, como calquera empresa privada, a xestión dun servizo sen aplicar o principio de libre concorrencia, suporía incorrer nunha causa de nulidade de pleno dereito. Na mesma situación podería encontrarse o Concello de Ferrol, asinando a prorroga do Convenio de Colaboración con Augas de Galicia, onde se formaliza a encomenda de xestión .. e á súa vez o Protocolo de Execución onde se lle outorga a EMAFESA a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración.

Terceira cuestión.-

A Plataforma pon ao servizo da cidadanía de Ferrol, un correo electrónico, afectadasporemafesa@gmail.com, para facilitar a denuncia de incumprimentos, cobros indebidos e abusos que esta empresa leva cometendo ao longo destes anos no noso Concello, de cara á formación dunha asociación (que esta Plataforma acordou promover) de persoas afectadas por Emafesa, que poidan realizar accións colectivas para defender os seus dereitos vulnerados.

Cuarta e última Cuestión.-

Despois do calamitoso Pleno e dos acordos acadados por catro grupos municipais que non compartimos no referente a que Emafesa se faga cargo da Depuradora como xa argumentamos na segunda Cuestión, como Plataforma, demandamos o que segue:

1) QUE A PLANTA EMPECE A TRABALLAR XA, nas mans de Augas de Galicia, ou mediante unha empresa pública (Seaga, Tragsa, Emalcsa,...) na que delegue baixo a súa responsabilidade, mentres se acondicione e se emenden as deficiencias rexistradas nas instalacións ou as relativas coa posta a punto delas, subrogando ao persoal que traballa na actualidade no sistema de saneamento e depuración.

2) ESIXIMOS A REALIZACIÓN DUN ESTUDO TÉCNICO-ECONÓMICO DA FUTURA TAXA, realizado por unha entidade independente do sector e coa participación veciñal e social.

3) REXEITAMOS CALQUERA CUSTO DE TRABALLOS FEITOS ATÉ HOXE POR EMAFESA NAS INSTALACIÓNS DA EDAR, EBAR, EMISARIOS E INTERCEPTORES. Estes traballos deberán ser soportados en custo e alcance por Augas de Galicia xa que nada teñen que ver con decisións ou responsabilidades da veciñanza.

4) ESIXIMOS DE FORMA URXENTE UNHA AUDITORÍA DAS CONTAS DE EMAFESA. Non nos parece razoábel nin suxeita a dereito que cos cartos da veciñanza se cubran perdas imputábeis directamente a xestión da parte privada de Emafesa (Socamex-Urbaser).

5) ESIXIMOS A DEVOLUCIÓN OU NOTIFICACIÓN DE FUTURA COMPENSACIÓN, POR PARTE DE EMAFESA, POLO RECIBO DA TAXA COBRADO INDEBIDAMENTE Á VECIÑANZA POR UNHA DEPURACIÓN QUE NON SE EFECTUOU.

Ferrol, 23 de marzo de 2017
Asinado en representación da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización

Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
_________

Nota na páxina web oficial do Concello de Ferrol Xoves, 23 de marzo de 2017 - Matices e Oposición ao Acordo - Audio dunhas declaracións do Alcalde Joge Suárez, despois da xunta de portavoces - Enlaces ao tratamento da nova nos medios


XUNTA DE VOCEIROS POLA ACTIVACIÓN DO SANEAMENTO NA RÍA
Esta mañá tivo lugar na Alcaldía a Xunta de Voceiros celebrada hoxe na Alcaldía as 12:30 para chegar a un acordo que permita activar o saneamento da ría, cumprindo co acordado o martes 21 tras da suspensión do pleno.

Reunidos todos os voceiros dos grupos da corporación municipal por espazo de 40 minutos, acordaron:

1. Solicitar unha xuntanza urxente todo o inmediata posible con Aguas de Galicia,

2. Dentro de Empresa Mixta de Augas, na que o Concello é o socio público e maioritario, estudar a fórmula adecuada para activar o saneamento, de forma transitoria, na data comprometida que é o 1 de abril.

A partir de aí, con ese compromiso e esa prioridade absoluta en marcha, buscar, nun prazo razoábel, a fórmula xurídica e económica viable, axeitada e axustada, para garantir a prestación estable do servizo da depuración das augas negras da ría de Ferrol.
---

Matices

O PSOE pon matices, pois considera prioritario poñer-se a depurar, e asume que nun principio para comezar a depurar, sexa Emafesa quen se faga cargo da depuración, mais considera que ten que ser Augas de Galicia a que poña a funcionar a estación depuradora e así din que o teñen manifestado na xuntanza de portavoces...

Oposición

O BNG amosou a súa discrepancia co acordo. Considera que entregar a depuradora a Emafesa é incrementar ou seu volume de negocio, en lugar de esixir aos responsábeis das infraestruturas de saneamento: Augas de Galicia (Xunta de Galicia) e subsidiariamente AcuaEs (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente) que se fagan cargo delas. Por outra banda considera que a veciñanza non ten que asumir os custes dun sistema de depuración que non é integral, ao non separar augas residuais das pluviais. Manifestan que non é asumíbel ter que depurar a auga da chuvia, con moitos maiores custes medioambientais e económicos...

Declaracións do Alcalde, Jorge Suárez, despois da Xunta de Portavoces:

Audio da Declaracións do Alcalde Jorge Suárez, despois da Xunta de Portavoces do Concello de Ferrol, para poñer a funcionar a Depuradora, celebrada o xoves 23 de marzo de 2017.


https://drive.google.com/file/d/0B_WBUU5o0En3bUk3eS1qOFpjVkk/view


Como difunden os medios a nova:

A xunta de portavoces acorda buscar unha fórmula para activar o saneamento o 1 de abril. | Xunta de portavoces celebrada este xoves (foto: Concello de Ferrol). | Xunta de portavoces celebrada este xoves (foto: Concello de Ferrol) | FERROL360 | Xoves 23 marzo 2017 | 19:15. | Ir á Web.

Os partidos estudan unha solución provisional para activar o saneamento. | O debate sobre a taxa aprázase e priorizar que a rede empece a funcionar o 1 de abril. | La Voz de Galicia. Rocío Pita Parada - Ferrol 24/03/2017 05:00. | Non haberá taxa de saneamento antes do 1 de abril, pero o saneamento si podería comezar a funcionar nesa data. Con esa hipótese culminou onte a reunión de portavoces que tiña como misión buscar unha solución política ao bloqueo deste asunto crucial para Ferrol. | Ir á Web.

Acordo en Ferrol para activar o saneamento sen aplicar por agora unha taxa. | Equipo de goberno e oposición, salvo BNG, estudarán a fórmula para cobrar o servizo. | La Opinión de A Coiruña. redacción | a coruña 24.03.2017 | 01:21. | O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, informou onte do acordo alcanzado entre catro dos cinco grupos do concello -FeC, PP, PSOE e Cs, salvo BNG- para activar o saneamento, aínda que sen aplicar polo momento unha taxa. As súas intencións pasan por "activar de xeito inmediato o saneamento integral da ría de Ferrol" e segue barallando como data válida a do próximo 1 de abril. | Ir á Web.

A depuración funcionará "de forma transitoria" sen taxa de saneamento. | Os portavoces dos distintos grupos municipais e o alcalde, Jorge Suárez, sentáronse por fin conxuntamente para abordar o tema do saneamento da ría. | Diario de Ferrol - redacción ferrol 24 de Marzo de 2017 (00:30 h.). | Fixeron falta tres plenos sen acordo para que chegase o momento de decidir, dunha vez por todas, poñer en marcha o saneamento e non precisamente como se insistía nesas sesións plenarias, logo da aprobación da taxa de saneamento, senón antes e, en principio, sen ela. | Ir á Web.

Fonte da nota e a foto: Web oficial do Concello de Ferrol.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
_________

Terceiro Pleno Extraordinario sobre a Taxa e o Saneamento de Ferrol - Celebrado o martes 21 de marzo de 2017 - Vídeos - O que quedou constatado, é que había intención de realizar unha posta en escena, onde a representante da Cofradía, o Partido Popular e o propio alcalde e o portavoz de FeC, Alvaro Montes, tiñan repartidos os papeis


O terceiro pleno para a aprobación da taxa, quedou suspendido logo de dúas horas de debate, fortes acusacións ao alcalde e tensións entre os colectivos que asistían ao pleno. Tomaron a palabra o representante da Plataforma, o Presidente do Comité de Empresa de Emafesa, e a Presidenta da Cofradía de Ferrol. O que quedou constatado, é que había intención de realizar unha posta en escena, onde a representante da Cofradía, o Partido Popular e o propio alcalde e o portavoz de FeC, Alvaro Montes, tiñan repartidos os papeis. Un pequeno grupo de mariscadores e mariscadoras, pertencentes a un sector do cabildo, escenificaron a mentira que levaba presente ao longo destes tres plenos, que se precisa unha taxa para que a depuradora comece a funcionar. Na intervención do portavoz de Ferrol en Común, Álvaro Montes, puideron-se escoitar afirmacións como "un servizo ten que ter unha taxa", ou "a cidadanía coa que me relaciono non fala de Socamex, nen de interceptores", afirmacións ben preocupantes vindo do concelleiro de Participación Cidadá, que debera estar preocupado por achegar á poboación o máximo de información sobre os temas do seu interese, e facilitar canles de participación. Saber quen é a empresa Socamex, o poder de decisión que ten sobre temas fundamentais como son a auga e o saneamento, que modelo de saneamento se nos impón, como se pretende financialo... é fundamental para que a cidadanía poida defenderse contra quen pretende unha e outra vez vulnerar os seus dereitos. "Xogo político", "aplauso fácil", "debate artificial", "discurso político interesado" eran os cualificativos para quen pretendiamos centrar o debate na defensa dos servizos públicos, na denuncia da trama e do negocio privado espúreo, e o roubo á cidadanía de Ferrol. Tamén contestou ao discurso do PP, que ven insistindo nunha "modificación da taxa", o único xeito de legalizar as ilegalidades cometidas durante o goberno de Rey Varela. Argumentou que a anterior taxa estaba derogada, polo que non había marcha atrás. "Nós estamos coa xente pobre, coa que sufre" en alusión á intervención da Presidenta da Cofradía, que pedía un consenso para aprobar a taxa, que até ese momento semellaba imprescindíbel para que a depuradora comezara a funcionar.  No remate da súa intervención, Alvaro Montes solicitou un receso de portavoces, que Jorge Suárez ratificou en segundos. Á volta do receso, o alcalde dá por suspendido o Pleno, anunciando o compromiso de todos os grupos municipais menos o BNG, de buscar unha solución para que se poida comezar a depurar xa. O portavoz do BNG que non se sumara ao acordo, pediu insistentemente a palabra que lle foi negada polo Alcalde.


https://youtu.be/wUpK_JJTUKc


https://youtu.be/n39ezJsCeeE


https://youtu.be/io5WWxCgScw

O Pleno nos medios de comunicación:

A taxa de saneamento cae por terceira vez do pleno do Concello. | A taxa que permitiría a activación do saneamento de ría coa posta en funcionamento da depuradora, quedou por terceira vez sobre a mesa nun pleno extraordinario convocado sen consenso e que tivo como resultado a mellor das saídas para que a taxa non fose rexeitada, a retirada do punto da orde do día e a suspensión do pleno. | Diario de Ferrol - redacción ferrol - 22 de Marzo de 2017 (00:50 h. | Ir á Web.

O saneamiento encalla outra vez no pleno, suspendido tras dúas horas de debate bronco. | Ferrol 360 - RAÚL SALGADO / MERO BARRAL | Ferrol | Martes 21 marzo 2017 | 23:15. | Empezou bronco, incluíu un receso de máis de media hora de duración e acabou entre gritos e insultos. O debate plenario máis delirante que se recorda en certo tempo en Ferrol, aínda que non é menos certo que sobran experiencias, finalizou este martes como algúns poderían esperar: sen acordo. | Ir á Web.

A taxa volverá a un cuarto pleno. | A rifa sesión de onte suspendeuse tras un preacuerdo para desbloquear o saneamiento. | La Voz de Galicia - Rocío Pita Parada Ferrol 22/03/2017 11:48 |  Difícil describir o sucedido onte no terceiro pleno extraordinario no que o goberno de Ferrol pretendía sacar adiante a súa taxa do saneamiento. | Ir á Web.

A taxa de saneamento volverá debaterse nun cuarto pleno en Ferrol . | A Galega - TVG . Publicado o 22/03/2017 14:59 . | No concello de Ferrol, a taxa de saneamento municipal volveu protagonizar un pleno tenso que acabou por se suspender. O público, enfrontado en dous bandos, interrompeu o debate en varias ocasións.. | Ir á Web.

Ferrol deixa nas pavías por terceira vez a taxa de saneamiento do auga. | El Correo Gallego - PATRICIA HERMIDA | 22.03.2017. | Tras un agitadísimo debate, a corporación de Ferrol pospuxo onte por terceira vez consecutiva a aprobación da taxa de saneamiento do auga. Durante un receso do pleno extraordinario, os grupos acordaron suspender directamente a sesión e deixar a tramitación do gravame para un cuarto intento. | Ir á Web.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
---

mércores, marzo 22, 2017

IV Mostra de Documentais en Galego do Ateneo Ferrolán - Xoves, 23 de marzo ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán




Xoves, 23 de marzo de 2017 ás 19 horas 
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán 

Entrada de balde

Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO. Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.


Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
  • 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37'] Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida. 
  • O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28'] Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo. 
  • Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34'] Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.



Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.

www.ateneoferrolan.org