domingo, decembro 03, 2006

Baixo a chuvia: pequena crónica da manifestación do 3 de decembro

Este 3 de decembro, tivo lugar a manifestación convovada pola nosa Plataforma e por 16 entidades máis: asociacións veciñais, comerciantes, sindicatos, partidos políticos e a federación de ANPas de Ferrolterra.

A convocatoria discurreu á hora prevista, eran as 12 do mediodía, baixo unha chuvia intensa que non cesou perante todo o percorrido. Pese ao desapacíbel do tempo, foron moitas as persoas que acudiron á chamada, baixo un mar de paraguas e outro mar baixo os pés. Mais a chuvia non impideu que os berros de si aos espazos públicos e non á súa privatización, se escoitaran polas rúas de Ferrol. O non ao edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España], deixouse escoitar con insistencia. Para rematar na Praza do Concello leuse o Manifesto da Cidadanía que xa forma parte do noso programa de acción.

Este luns, ás 12 do meidiodía unha representación da manifestación cidadán, entregará no resgistro do concello o Manifesto dirixido ao Alcalde da cidade, xunto con unha solicitude de reunión de urxencia.

O martes, ás 7 da tarde, nos locais da asociación veciñal de Esteiro "Fontelonga", terá lugar unha reunión das organizacións convocantes, para valorar a mobilización e posibeis novas accións.


Enlace coa Galería Fotográfica da Manifestación


A convocatoria da mobilización nos medios de comunicación:










Enlaces relacionados:


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon