Por Rafael Pillado Lista [*]
17.07.009
Estaba vendo a televisión cando apareceu a noticia. O vagón dun tren, composto por catorce unidades, e propiedade da empresa austríaca Gatx, estalou. As imaxes eran dantescas e mostraban unha zona do pobo italiano de Viareggio, na Toscana, con 63.276 habitantes.
A explosión, producida na estación desa localidade, afectou a todo canto había nun radio de 500 metros. O efecto bomba, amais de calcinar e derrubar edificios, produzeu (provisionalmente) 17 mortos e 30 feridos moi graves, con queimaduras por máis do 60% do corpo. Máis de mil persoas tiveron que ser evacuadas. Seiscentos bombeiros acudiron a abordar a situación, cando todo tiña pasado, para reducir os efectos. E houbo sorte, cando non estalaron máis vagóns.
Por que este desastre? Porque o tren circulaba polo centro da cidade, moi próximo as vivendas e cargado con gas licuado, semellante ao que chega a Reganosa. Podía non pasar nada, pero pasou.
Unha testemuña dixo: “O tren entrou moi rápido na estación, as rodas botaban chispas e logo lapas. De repente veuse unha grande nube branca (o gas que pasaba de líquido a gaseoso) que se converteu nun muro de lume de 200 metros. Oíronse varias explosións. Parecía a fin do mundo”.
Algúns superviventes contaron que ó saír á rúa notaron “unha corrente xélida de gas nas pernas”. “Decidimos volver a entrar, subimos á azotea e cando estábamos alí, oíronse varias explosións. Logramos escapar polos tellados mentres voaban pedazos de cemento incandescentes”.
Segundo o coordinador dos bombeiros, Giuseppe Romano, o desastre “foi limitado”. “Houbera sido moito peor se a explosión tivera pasado ás demais cisternas do tren”. Il Messaggero dixo que se houbera sido así, “teríamos que ter dito -Adeus, Viareggio-”.
Os medios de comunicación empregaron titulares como:
La República:
“Ilaria e Michela, irmás e amigas. A bola de lume as queimou xuntas. “¿Quen é o culpable?”.
Roma Il Messaggero:
“O inferno dos inocentes”.
Corriere della Sera:
“Non hai escusas”.
Tampouco en Italia tiveron en conta a experiencia de Seveso. Esperemos que este grave acontecemento obrigue a corrixir as ilegalidades e irresponsabilidades.
¡Estamos a falar dun vagón cisterna, con 36 toneladas de gas licuado! (Xa se sabe que ó tomar contacto co aire, se expande 600 veces).
Non quixera ser un alarmista sen fundamento. Pero nas instalación de Reganosa en Mugardos estamos a falar de 150.000 toneladas, en dous tanques 75.000 en cada un. Aquí nin sequera teríamos a posibilidade de minimizar o efecto sobre 36 toneladas. Como mínimo sería sobre 75.000 nun so depósito, ¡máis de 2.000 cisternas xuntas!
Convén que recordemos a crítica feita ó desprazamento de camións cargados de gas por Galicia adiante. ¿Tiñamos razón para facela?
Xa sinalamos unha gravísima experiencia ocorrida en “Los Alfaques”, creo que en Tarragona. Moitos morreron en aquela ocasión. Fai xa moitos anos. Pero hoxe tamén ocorre.
Todo indica que é xusta e razoable a reclamación para que a planta de gas saia da Ría. Por razóns legais, de seguridade e defensa da nosa Ría de Ferrol.
Artigo publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol" na edición do Vernes 17 de Xullo de 2009
_____________________
[*] Rafael Pillado Lista membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
_______________________
Colectivo Ártabra 21: Unha explosión de gas na cidade italiana de Viareggio, causa 14 mortes, varias persoas desaparecidas, máis de 50 feridas e máis de 1000 desaloxadas
_____________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, xullo 18, 2009
Como nos Alfaques
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, xullo 18, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon