sábado, xullo 18, 2009

Máis unha vez un Non! rotundo a Reganosa

Este Ventres, 17 de Xullo de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia presentou no rexistro no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, situado na Praza Amada García de Ferrol, dous escritos dirixidos un ao Presidente do Goberno Español [José Luis Rodríguez Zapatero] e outro ao Presidente da Xunta de Galicia [Alberto Nuñez Feijóo], para informar do retundo rexeitamento á planta regasificadora que Reganosa instalou en Punta Promontorio no concello de Mugardos, no corazón da nosa Ría, poñendo en risco a nosa vida e seguridade, e empobrecendo ainda máis á xa moi depauperada Ría.

O Comité, con estes escritos quere advertir "unha vez máis do perigo da localización da Planta de Gas en Mugardos, e do temerario e irresponsábel tráfico de buques gaseiros cargados de gas natural licuado [LNG-GLN] polo interior da Ría".

Nos citados escritos "insta-se a ambas autoridades para que velando pola legalidade e a seguridade dos habitantes desta comarca paralicen a Planta de Gas".

De xeito sintético relacionan-se, nos escritos, "as ilegalidades e irresponsabilidades cometidas na última década en relación coa Planta de Gas, facendo unha especial mención ao recente accidente ocorrido en Viarreggia [na Toscana da Italia] onde a explosión dunha cisterna dun tren gaseiro [36 Tm] causou unha vintena de mortos, varios edificios destruídos e a evacuación de 1000 persoas".

Desde o Comité chamaron a reflexionar, comparativamente, "cales serían os efectos, de producirse un accidente grave na Planta de Reganosa, que alberga nos seus tanques 150.000 Tm de gas licuado, e en cada buque gaseiro 60.000 Tm", tendo en conta que a cisterna accidentada en Viarreggia contiña só 36 Tm.

Logo de presentados os escritos no citado registro oficial, unha representación do Comité Cidadán compareceu diante dos medios de comunicación presentes na mesma porta principal do sinalado Edificio Administrativo, onde se congregaban numerosas persoas que apoiaban ao Comité nas súas demandas ante os máximos responsabeis das administracións tanto da central como da autonómica.

Video do Concentración convocada polo Comité Cidadán, diante do Edificio da Xunta:


Video do: Colectivo Ártabra 21

PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡!

Acceder, nos Arquivos Ártabros, aos Ficheiros das cartas enviadas:

Artigo baseado nunha información enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

17 de julho de 2009 18:54
__________________

Enlaces relacionados:
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon