Amosando publicacións coa etiqueta Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos. Amosar todas as publicacións

sábado, outubro 13, 2012

Hoxe Sábado 13 de Outubro, IX Xornada de Traballo Comunitario no Castelo de San Cristovo

IX xornada de traballo na Batería de San Cristovo

Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos.

O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, acometeremos mañá sábado, día 13 de outubro, a IX Xornada de traballo de recuperación da Batería de San Cristovo.

O horario será como ven sendo habitual de 09:00 a 14:00, (Aínda que a xornada de traballo é libre en función do tempo de que dispoña cada persoa).

Invitamos a toda a cidadanía de Ferrol a participar connosco nestas xornadas de recuperación de espazos públicos e denuncia social, coas que pretendemos que o Goberno de Ferrol recapacite na actuación prevista na praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación da natureza, paraxes e patrimonio da cidade, aparte de xerar un beneficio adicional para o comercio da nosa cidade.

As persoas interesadas poden acudir directamente á zona de traballo ou ao aparcadoiro dá Feira de Mostras ás 8.45 horas, de onde sairemos no menor número de coches posibles.

Para calquera información adicional, facilitamos o noso correo electrónico:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com,
e os teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Ferrol, 13 de octubre de 2012

Grazas a tod@s

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enlaces relacionados:
_______________

luns, outubro 01, 2012

E xa son sete as xornadas de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo


Os compañeiros e compañeiras do Colectivo Cidadán 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos' están desenvolvendo un enorme traballo, non só físico, senón de concienciación e reivindicación. Reivindican o dereito ao traballo, reivindican que non se malgaste o diñeiro público, reivindican a recuperación do noso patrimonio cultural, natural e arquitectónico, ... reivindican a recuperación dos espazos públicos. Desde Ártabra 21 queremos amosar un agarimoso e solidario saúdo ás compañeiras e compañeiros na loita pola xustiza social, o medio ambiente, os bens comúns e a igualdade.

Onte, sábado día 29, continuamos coa limpeza e recuperación para a cidadanía, da Batería de San Cristovo, na que xa fai a VII xornada de traballo nesta.

Os traballos actualmente realízanse no exterior da fortaleza e na limpeza dos muros.

Denunciamos de novo a cidadanía que o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria seguen sen recoller os restos de maleza amoreadas. Lembramos cos restos de roza do miradoiro exterior da fortaleza xa levan dende o sábado 18 de agosto esperando ser recollidos, a pesar de entregar un aviso por rexistro ao concello de Ferrol dando conta dos mesmos.

Unha grata visita e un descubrimento

Onte achegouse xunta nós un ancián, Julio Pintos, veciño de Doniños, veu facernos unha visita e explicarnos detalles descoñecidos da Fortaleza, (esta era o lugar de xogos da súa infancia).

Unha compañeira realizoulle unha entrevista que decidimos gravar e facer pública polo interese que ten.

Descubrimos que o interior da Fortaleza ten chan de pedra, algo impensable para nós, pois non existe documento gráfico nin escrito público que así que o testemuñe. Despois de cavar uns 30 cms puidemos dar crédito ás súas palabras, hai unha empedrada preciosa e moi ben conservada. O sexa que si se pasase una pequena pala non habería que volver a limpar o interior.

Julio Pintos tiña unha empresa de traballos en pedra, foi canteiro de oficio. Conta que ofreceuse hai moitos anos ao Concello para restaurala Fortaleza gratuitamente, debido ao apego sentimental que tiña coa mesma, pero parece ser que ninguén lle soubo dicir nin tampouco sabían a quen remitilo.

Tamén nos dixo que o ideal sería que na Fortaleza o Concello puxese en marcha unha Escola Taller, que a parte de dar traballos a desempregad@s serviría para a recuperación desta á vez que a xente aprendería un novo oficio.

Esta é a entrevista con Julio Pintos:  



http://www.goear.com/listen/2735f32/entrevista-a-un-avo-en-san-cristovo-accion-directa-de-recuperacion-de-espazos-publicos

Si o Concello tivese interese no patrimonio non faría oídos xordos a canta denuncia e achado estamos a facer, resulta insultante para nós non obter unha resposta de ningún tipo.

Así mesmo os medios de comunicación da comarca, que son unha parte importante do MOTOR DA CIDADE, debían tamén facerse eco do que estamos a facer e axudar a trasladar á cidadanía o que estamos contando.

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enlaces relacionados:
_______________

domingo, setembro 02, 2012

Unha nova xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo, e van tres


Este Sábado 1 de Setembro de 2012, tivo lugar unha nova acción directa. Con esta, son xa tres as xornadas de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo. As cidadás e cidadáns de  "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" non dan tregua aos responsabeis municipais, con as súas accións, seguen denunciando o abandono do noso patrimonio cultural, natural e histórico e reclamando solucións á inxusta situación de desemprego; e denunciando o malgasto do diñeiro público, ...

Os traballos continuaron na propia Batería de San Cristovo, era a terceira xornada neste mesmo lugar,  nas fotos feitas polo propio colectivo pode-se apreciar o enorme traballo desenvolvido.

No transcurso da acción cidadá houbo un pequeno incidente que se resolveu sen maiores consecuencias.

Unha terceira xornada non foi suficiente queda unha cuarta e seguro que algunha máis.

Novas incorporacións, dan-lle vida ao colectivo de cidadás e cidadáns. Existe unha conexión de sentimentos e acción entre este colectivo e o da Horta Comunitaria de Caranza. Non só na axuda mutua, senón o creativo e novidoso das mobilizacións o denunciar e reivindicar traballando polos bens comúns, polos espazos públicos. Adiante a loita obreira, os froitos non tardarán en chegar, quen sementa recolle.

A crónica en palabras do membro do colectivo Marcos Meizoso Pérez:

"Esta terceira xornada de traballo na Batería de San Cristovo, foi moi gratificante, tivemos a incorporación de dúas veciñas da zona, logramos limpar restos da fortificación que fai máis dunha década non vían a luz. Entre os restos agochados atopamos unha latrina feita en pedra moi curiosa, tamén atopamos un pequeno módulo, que pode tratarse dunha antiga polvoreira.

O sumo coidado que estamos empregando na limpeza das hedras que cobren por completo as pedras, é o que está retardando os traballos. Aínda así, decidimos empregar nas tarefas tantas xornadas como sexan precisas para deixar a fortaleza nunhas condicións óptimas para ser gozada pola cidadanía e visitantes.

Entre o miradoiro que xa limpamos (situado no exterior da fortaleza) e os traballos realizados no interior da mesma, levaremos limpados xa uns 3000 m2.

Seguimos esixindo ás autoridades competentes o compromiso do mantemento deste e doutros espazos dunha beleza sen igual, fomentando a contratación de persoas desempregadas.

Igualmente criticamos a política municipal de subvencións millonarias electoralistas que non favorecen en nada a creación de emprego nin a recuperación da nosa cidade
".

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enlaces relacionados:
Información baseada na enviada por:
recuperaciondeespazospublicos
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
26 de agosto de 2012 00:21
___________________

domingo, agosto 26, 2012

Así foi a segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo


Non paran e xa teñen programado máis, son as cidadás e cidadáns de "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos". Unhas mobilizacións innovadoras e creativas, ... denunciar construindo; denunciar facendo, denunciar traballando;  denunciar que se podería crear emprego; denunciar o abandono do noso patrimonio cultural, natural e histórico; denunciar a situación inxusta de desemprego; denunciar o malgasto, ... ademais gañan en autoestima, gañan en confraternización, gañan en amistade, gañan na satisfacción que dá o traballo comunitario e ben feito, ... gañan en que se están mobilizando.

Desta vez foi na Batería de San Cristovo, era a segunda xornada neste mesmo lugar, e aínda queda unha terceira ou máis xornadas. Desta vez centraronse na limpeza da "parte central da fortaleza, e na muralla exterior ao mar".

Segundo as súa propias palabras "os traballos nesta ocasión, a pesar de ser máis xente que nunca, e de dispor de máis rozadoras, foi moi lento. Hai toxos que o cobren todo, case parecen árbores. Unha veciña comentaba, que fará 4 anos dende a última vez que se limpou algo a zona".

E continúan "Teremos que ir con sumo coidado nos labores, pois as hedras que deixaron crecer ao seu antollo, cobren por completo as murallas e actualmente forman parte da estrutura e axudan na suxeición das pedras".

Desta vez  o colectivo contou con novas incorporacións, até a dunha veciña do lugar, así como a colaboración de dous nenos que axudaron como o que máis.

De novo manifestaron a súas reivindicacións centradas no malgoberno local: "Esiximos ao grupo de goberno municipal, que saiba estar á altura das circunstancias e que recapaciten sobre o malgasto de 700.000 euros para a Praza de España, eses cartos poden axudar a paliar as necesidades de moitas familias da comarca. Esiximos a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos".

Tamén fan mención, as Cidadás e Cidadáns de Acción Directa, ao que o propio Concello ten públicado na súa páxina web no primeiro paragrafo do 'cutre' apartado de Candidatura Ferrol Patrimonio da Humanidade:

"A importancia histórica e cultural do conxunto formado polos castelos da ría de Ferrol e do Arsenal Militar, froito da racionalidade da Ilustración, é de sobra coñecida por todo os ferroláns. Estas instalacións constituían, no século XVIII, a maior base naval militar de Europa e facían da ría un fortín inexpugnable desde o mar, tal e como amosan as infrutuosas incursións inglesas".

Despiden-se facendo referencia a este detalle da web do Concello con humor e un até a volta nunha nova xornada de traballo comunitario:

"Esta vez as malas herbas lograron acabar con esa fama de inexpugnables que nos deron os ingleses"

"Grazas a tod@s e ata a seguinte, que será a III Xornada de traballo na Batería de San Cristovo".

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enlaces relacionados:
Información baseada na enviada por:
recuperaciondeespazospublicos
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
26 de agosto de 2012 00:21
___________________

sábado, agosto 25, 2012

Hoxe segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo - Así foi a "Acción sorpresa", limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona d'A Cabana

Hoxe sábado, día 25 de agosto de 2012, as compañeiras e compañeiros de 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" teñen pensado acometer a Segunda Xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo. Sobre as 9 da mañá tiñan previsto comezar os traballos da segunda xornada, que se poden prolongar até as 2 da tarde. ainda que o mesmo colecttivo xa sinala que "... a xornada de traballo é libre, en función do tempo de que dispoña cada persoa", polo que non fai falta de dispor de toda a xornada pra achegar-se até San Cristovo, para cooperar nas labouras de recuperación do espazo público.

Acción sorpresa na Cabana

Segundo publican no seu blogue e tamén se fixo eco o xornal comarcal 'Diario de Ferrol' cunha ampla reportaxe na páxina seis da edición de onte, o Colectivo de cidadáns e didadás, 'Acción directa de Recuperación de Espazos Públicos", volveu ao traballo comunitario perante a semana cunha "acción sorpresa", onde realizaron a "limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona de A Cabana, para seguir coa súa política de denuncia do abandono e deterioro dos bens patrimoniais e paisaxísticos da nosa cidade".

@s Comuner@s de 'Acción Directa' resaltan que "dito lavadoiro encóntrase nunha das rutas propostas polo Concello de Ferrol na súa páxina web" o Lavadoiro de San Antonio d'A Cabana.

Detallando os traballos realizados no lugar do lavadoiro, din que "As obras incluíron tanto a limpeza da zona coma o selado do lavadoiro xa que as súas fugas impedían o enchido do mesmo. Amais este colectivo ten proxectado a reparación dunha fonte anexa a dito lavadoiro, xa que o seu estado de deterioro causa a fuga da auga polos seus muros e impide o seu uso".

Fan mención que esta 'acción sorpresa' foi acometida só polo sector de sempregad@s do Colectivo querendo poñer de manifesto "a nosa petición de contratación de desempregad@s por parte do Concello de Ferrol para acometer o mantemento dos bens do mesmo", din.

Continuan no seu argumentario "Outros lavadoiros do municipio foron obxecto de centos de miles de euros de inversión para a súa 'restauración' e lles cambiaron totalmente a fisionomía pasando a ser máis unha nova construción. Non estamos en contra de ditas obras pero pensamos que hai outras obras prioritarias para o noso municipio, por exemplo a creación de beirarrúas nesta zona da comarca".

Por último fan un chamado para quen quixer se una á acción directa, nun novo xeito de mobilización cidadá:"Queremos recordar a tódolos cidadáns concienciados coa deterioración continua dos nosos espazos naturais, patrimonio e espazos públicos, que o noso grupo está aberto á participación".


Antes da acción comunitaria
Despois da acción comunitaria

* * *

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

A Noticia no xornal dixital 'Praza Pública':

"Se o Concello non o fai, facémolo nós"

___________________

domingo, agosto 19, 2012

Primeira Xornada de Traballo Comunitario no Castelo de San Cristovo


As Cidadás e Cidadáns de 'Acción Directa de Recuperación dos Espazos Públicos', comezaron a a primeira xornada de traballo comunitario na contorna do Castelo de San Cristovo, con poda das árbores, roza da vexetación do miradoiro, así como limparon as escaleiras de baixada ao Castelo.

O Castelo de San Cristovo, declarado Ben de Interese Cultural, é parte do noso Patrimonio Histórico e Arquitectónico, está situado na marxe norte da canle de entrada na Ría, entre o porto Exterior e o Castelo de San Filipe (Coordenadas: 43°27'57"N   8°18'14"W). É unha batería fortificada costeira construída durante o século XVIII para defender a entrada do porto de Ferrol. Non hai moito tempo que tivo unha actuación para a súa recuperación e posta en valor dentro do programa de "Ferrol Patrimonio da Humanidade". Próximo ao Castelo de San Cristovo, tamén podemos atopar 'O castelo de San Carlos' (Outra batería fortificada do XVIII), baixando pola mesma pista á dereita a menos de dous quilometros.

As Cidadás e Cidadáns procuraron en todo momento, no desenvolvemento da acción,  ter coidado en repeitar a vexetación autóctona e especies protexidas, sendo asesorados neste aspecto por parte do membro de Verdegaia, Antón Fortuna.

A próxima xornada de traballo comunitario estará centrada no mesmo Castelo.

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

A Noticia no xornal dixital 'Praza Pública':

"Se o Concello non o fai, facémolo nós"

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Segunda Acción Comunitaria de Recuperación de Espazos Públicos, desta vez no Castelo de San Cristovo.
__________________

venres, agosto 17, 2012

Segunda Acción Comunitaria de Recuperación de Espazos Públicos, desta vez no Castelo de San Cristovo

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos"

Rematadas as tarefas de limpeza no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos, este colectivo acometerá o próximo sábado, día 18, a súa segunda actuación nunha propiedade de dominio público en estado de abandono, a Batería de San Cristovo. Son Cidadáns concienciad@s co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, e outr@s cidadáns que se atopan en situación de desemprego (que non parad@s) que queren facer visible a grave situación que están pasando. Máis info no seu Blogue:

http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Situación: na marxe norte da canle da Ría de Ferrol, en dirección Ferrol, antes de chegar ao castelo de San Felipe.


View Larger Map.


Calquera cidadán que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
______________

domingo, agosto 12, 2012

Rematou o traballo comunitario no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos - En marcha a próxima Acción


Damos por rematada a Acción Directa na mina de Ponzos.

Falta a proba gráfica que, esperemos non tarde (Aquí está).

Moitísimas gracias a tod@s pola colaboración e os ánimos. A única pega é o silencio do concello, aínda que xa contábamos con el.

NON PARAREMOS.

Xa está en marcha a II Acción Directa pola recuperación de Espazos Públicos !!!!!!

Marcos Meizoso Pérez


***

Calquera cidadán que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
_______________

sábado, agosto 11, 2012

Acción Comunitaria para recuperar os espazos públicos: Tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos - Sabádo 11 de Agosto


Tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos

Este Sábado, 11 de Agosto de 2012, entre as 09:00 e 14:00 horas, na Praia de Ponzos (Lavadoiro da antiga mina de ouro), o colectivo Cidadáns pola recuperación dos espazos públicos, vai realizar a súa terceira xornada de traballo, acción e protesta.

En vista de que nas tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos achamos posibles restos antigos (do lavadoiro) que nunca viron a luz, decidimos acometer a maiores unha III Xornada de traballo voluntario. Aparte faremos unha ampla batida de recollida de lixo na zoa. Este Sábado entre as 9 da mañá e 2 datarde, (Ou o tempo que do que dispoña cada quen).

Calquera cidadán que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunicalo. e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497 Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/ Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

CONVOCA: "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

Somos: Cidadáns concienciad@s co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, e outr@s cidadáns que, ademais de ter esa conciencia, se atopan en situación de desemprego (que non parad@s) que queren facer visible a grave situación que están pasando.

Pretendemos:

1- Denunciar ao Concello de Ferrol e as empresa contratadas para o mantemento destes servizos, polo desleixo e mal estado dos espazos públicos; zonas verdes, cunetas das estradas, edificios do patrimonio arquitectónico, zonas naturais de especial interese, e a ría de Ferrol. Esixímos a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles.

2- Paralizar a obra por valor de 700.000 euros prevista por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e de despilfarro. Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos.

3- Visualizar a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o estado. E reivindicar traballando que queremos traballar, queremos sentirnos útiles a pesar de que o goberno do PP e algúns medios de dereita demonicen aos desempregad@s, (que non parad@s ).

4- Converternos nun punto de encontro de converxencia social, para todos os cidadáns que se senten afectados polo desleixo tanto do Goberno Central, Autonómico e Local, para lograr entre todos un entendemento, toma de acordos e decisións para a realización de accións directas.

* Calquera acción que decidamos emprender no medio natural, pediremos o asesoramento da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural).

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
________________________