Amosando publicacións coa etiqueta Antifascismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antifascismo. Amosar todas as publicacións

venres, abril 02, 2021

Manifesto por un pazo de Meirás dedicado á memoria, promovido por Montse Fajardo, Mª Xosé Bravo e Marta Dacosta - A loita feminista non debe ser utilizada de maneira interesada para impedir que o que foi un símbolo do fascismo reverta nun centro dedicado á memoria antifranquista - Enlace para asinar en apoio do Manifesto


Por un pazo de Meirás dedicado á memoria

A LOITA FEMINISTA NON DEBE SER UTILIZADA DE MANEIRA INTERESADA PARA IMPEDIR QUE O QUE FOI UN SÍMBOLO DO FASCISMO REVERTA NUN CENTRO DEDICADO Á MEMORIA ANTIFRANQUISTA

O pazo de Meirás é para o pobo galego o símbolo do espolio franquista. Durante décadas agardamos impacientes a que chegase a hora de recuperalo para o seu lexítimo propietario, o pobo galego, e agora que é posíbel, cremos que é o momento de mudar o seu significado e convertelo no símbolo da restitución da memoria das vítimas e da loita emprendida pola sociedade civil para acabar coa impunidade.

Esa debe ser a súa finalidade: a recuperación e a divulgación da memoria do pobo aldraxado e aniquilado e da súa loita antifranquista desde unha imprescindíbel perspectiva de país, clase e xénero, coa ollada posta tamén na restitución do recordo das mulleres que foron represaliadas, violentadas, abusadas, asasinadas, presas, depuradas, exiliadas, degradadas e escarnecidas e que aínda así foron quen de ser solidarias co pobo perseguido, e resistentes na loita e na transmisión do verdadeiro relato.

Como as propias labregas de Meirás en 1933, nunha revolta histórica, continuadora da que outras mulleres levaran a cabo en Nebra, en Oseira, en Salcedo, en Sofán ou Sobredo para lograr un profundo cambio que ficou paralizado co golpe de Estado de 1936. Tamén elas foron vítimas da ditadura que chegou despois e que, nalgúns casos, mesmo as despoxou das súas terras para maior gloria da familia Franco. É un acto de xustiza imprescindíbel para a cidadanía galega converter agora ese espazo en lugar de lembranza para quen deu a vida, até a morte, pola liberdade de pensamento e acción, para quen loitou contra o fascismo.

Cómpre facer visíbel a súa loita. Cómpre honrar a súa memoria. Cómpre facer do pazo de Meirás un centro dedicado a esta tarefa imprescindíbel.

Por iso, as que asinamos reclamamos que a memoria centre os usos do Pazo de Meirás e rexeitamos que, baixo a aparencia de o dedicar a outra loita tan necesaria como é a do feminismo, se impida, outra vez, facer xustiza coas persoas represaliadas.

Nós tamén dicimos que o feminismo non branquea o fascismo. Non agocha a memoria, está inzado dela.

Promoven este manifesto Montse Fajardo, Mª Xosé Bravo e Marta Dacosta.

✔ Formulario de adhesión | Acceder para asinar.

✔ Listaxe de apoios (non se actualiza automaticamente): Acceder.
_______

luns, maio 25, 2020

Coronavirus: Mascarada fascista, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
25.05.2020

CORONAVIRUS: MASCARADA FASCISTA

Ali, no cerne do panóptico, a torre central, mutada os domingos en capela para moralizar aos criminais. Alí, onde os vixilantes gozavan do privilexio de ver sen ser vistos.

Unha mañá espertamos na metamorfose, acurralados como Gregorio Samsa. Outravolta, os ollos do anxo da morte a nos fitar nun medioevo 5 G onde a danza da morte bategava nos tellados do mundo e enchía de cadaleitos anónimos as residencias de anciáns. Como cans potencialmente perigosos, as persoas saían con bucal polas rúas ermas, e as praias e campos amencían nun mar de máscaras cirúrxicas entre as toalliñas húmidas e os plásticos de nitramón. Nos carros estacionados as máscaras penduravan dos retrovisores sustituindo ás imaxes dos San Cristovos cal un Hermes psicopompo de biocontrol. O mundo pechava o ciclo secular dun novo surrealismo que xa non estava ao servizo da revolución senón das forzas sotarregas da reacción. Na arte, as mazás con antifaz e eses reloxios deformados de Dalí cobravan un sentido premonitorio.

O panóptico da omnisciencia invisivel mudava á residencia estival e apurava a temporada pintando setecentas oitenta cuadrículas na praia de Silgar mentres os drons sobrevoavan o rural vixiando o aforo e informando en tempo real nas redes sociais. Chegavan, do can de Singapur, uns ouveos bradburiáns de alienación en masa onde os Montag non precisavan arder os livros porque case ninguén lía, fecharan bibliotecas e livrarías, e as Mildred falavan cos familiares tertulianos das illas de sobreviventes e cos híbridos de ovella e porco duns novos gravados monstrosos.

Na España agnotolóxica -secana historia criadora de ignorancia a mantenta-, agonizan as livrarías e esmorecen as bibliotecas. Robert Proctor dicía que a ignorancia é poder. Espertava o ogro asasino de Doré e o terror pánico hobbesiano demandando un novo pacto social. Entre as ringleiras dos famentos, a Conferencia Episcopal compensava o déficit de ingresos coas doazóns dun portal na web mentres o seu exército intermediava os salarios de miseria das mulleres migradas para servir ás familias das rúas Serrano e Salamanca onde os privilexiados bulravan o confinamento batendo unhas cacerolas sempre cheas en nutrida e permisiva festa.

Entretanto preparávase a conxura dos necios. Os novos Ignatus, inadaptados e anacrónicos, os soñadores do regreso das castas e da moral medieval. Mascarada das baterías de artillería disfarzadas saían en caravana ondeando as bandeiras da patria do touro e dos paseados nas cunetas. Bucal verde milico abandeirado con sensores de fume roxigualda en alaridos de demagoxia ancestral herdada dos eternos golpistas. Envoltos en incensarios de saias misóxinas aventando o lume, a remexer nos rescoldos das baixas emocións, o medo, a envexa, o prexuízo, prendendo as cinzas dun pasado sempre quente e irresolto. O primeiro de maio proibírase a caravana das bandeiras vermellas. Non precisamos detectores de movemento e calor, sensores de proximidade nen programas de recoñecemento facial para ventar totalitarismos. O trípode monstroso desfila baixo palio de pasarela demócrata. A esquerda confinada sen cámaras infravermellas. Afoutas enfermeiras a combater fascistas en Ciudad Real.

A ceifa dunha fanada democracia esparexida en plataformas e fundacións alimentadas con fondos públicos. Entre tanto os sismólogos centralistas do progresismo a axexar o noso ruido sísmico, as vibracións dos operarios no tallo e a nova normalidade do vello dióxido de carbono dos carros para o quentamento global.

A soedade e a masa facendo parte do mesmo monstro.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
24 de maio de 2020 23:49
_______

sábado, maio 23, 2020

O fascismo busca enfrontamentos nas rúas, pero esta vez, nin convencerán, nin vencerán, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
23.05.2020

O fascismo busca enfrontamentos nas rúas, pero esta vez, nin convencerán, nin vencerán.

Non hai garda mora, nin Hitler, nin Musolini para axudar ao facherio a impoñerse pola forza aos pobos do Estado español por medio dun golpe de Estado.

A oligarquía menospreza a nosa intelixencia, consideran-nos rebaño estúpido incapaz de pensar por nós mesmos. Eles dende a súa  posición de poder e privilexio nos ven como burros.

Pero equivocan-se, non estamos en 1936, non poderán traer dende África a garda mora para degolar, asasinar e violar as españolas, non vira o exército de Musolini a matarnos, nin a aviación alemá a bombardearnos.

Equivocan-se o Opus e o Bispado, que continúan con a mentalidade don século XIX, ao crer que poderán  chamar a violencia dende os seus  púlpitos, que poderán  volver a saír os seus matóns a impoñer o seu clasismo e a súa reaccionaria forma de pensar.

Se cadra a clase traballadora falta-lle a conciencia de selo, é verdade que non estamos organizados e polo tanto non somos conscientes da nosa propia forza.

Pero esta vez o fascismo non vencerá.

¡NON PASARÁN!

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
22 de maio de 2020 13:31

_______

Foto: Santiago Abascal xunto con Ortega Smith na manifestación de Vox. Olmo Calvo en ElDiario.es.
_______

venres, maio 08, 2020

Em nome da liberdade, da paz e da verdade – contra o fascismo e a guerra. 75º Aniversário da Vitória sobre o nazi-fascismo


A UPG divulga um Manifesto com motivo do 75º Aniversário da Vitória sobre o nazi-fascismo, assinado por 70 partidos comunistas e organizações progressistas dos cinco continentes; posicionamento conjunto que é iniciativa do Partido Comunista Português.

O Manifesto busca comemorar um acontecimento histórico que sofre uma grande manipulação, abordando ao mesmo tempo uma temática –o combate ao imperialismo, ao fascismo e à guerra– que é de grande atualidade.

O Texto do Manifesto é o seguinte:

75º Aniversário da Vitória sobre o nazi-fascismo

Em nome da liberdade, da paz e da verdade — contra o fascismo e a guerra

A vitória sobre o nazi-fascismo na Segunda Guerra Mundial constitui um acontecimento maior da História, cuja memória é necessário preservar e defender face a reiteradas tentativas de falsificação histórica que visam fazer esquecer o papel determinante que nele desempenharam a União das Repúblicas Socialistas Soviéticas, os comunistas e os anti-fascistas de todo o mundo.

Gerado pelo capitalismo, o nazi-fascismo foi a expressão mais terrorista do capital monopolista. Foi responsável pelo desencadeamento dessa guerra de agressão e rapina que provocou cerca de 75 milhões de mortos, dos quais cerca de 27 milhões de cidadãos soviéticos, por inúmeros sofrimentos e o horror dos campos de concentração nazis. Os povos não podem igualmente esquecer páginas negras como os bombardeamentos atómicos de Hiroshima e Nagasáqui pelos EUA, sem qualquer justificação militar, que representaram uma demonstração do seu poderio e objectivos hegemónicos no plano mundial.

A Segunda Guerra Mundial (1939-1945) foi resultado do agravamento das contradições inter-imperialistas e, simultaneamente, do propósito da destruição do primeiro Estado socialista, a URSS, expresso, nomeadamente, no apoio e conivência do Reino Unido, França e Estados Unidos com o rearmamento e ambição expansionista da Alemanha nazi.

Comemorando o 75.º aniversário da Vitória no histórico dia 9 de Maio de 1945, os partidos comunistas e operários abaixo-assinados, convictos que interpretam os sentimentos e anseios dos trabalhadores e dos povos de todo o mundo:

  • Prestam homenagem a todos os que entregaram a sua vida nos campos de batalha contra as hordas nazi-fascistas e em especial aos heróicos resistentes e combatentes anti-fascistas e aos heróicos povo soviético e Exército Vermelho, dirigidos pelo Partido Comunista, cujo contributo, escrito em páginas heroicas como as batalhas de Moscovo, Leninegrado ou Estalinegrado, foi decisivo para a Vitória sobre a barbárie;
  • Consideram que a Vitória sobre a Alemanha nazi e os seus aliados do Pacto Anti-Comintern foi alcançada graças ao contributo decisivo da URSS, à natureza de classe do poder soviético, com a participação das massas populares, ao papel dirigente do Partido Comunista, à superioridade demonstrada pelo sistema socialista. Esta vitória constitui um enorme legado histórico do movimento revolucionário;
  • Valorizam os extraordinários avanços no processo de emancipação social e nacional dos trabalhadores e dos povos que a Vitória e o avanço das forças do progresso social e da paz possibilitaram, com o alargamento do campo dos países socialistas à Europa, Ásia e América Latina, as conquistas do movimento operário nos países capitalistas, o impetuoso desenvolvimento do movimento de libertação nacional e a consequente liquidação dos impérios coloniais;
  • Denunciam e condenam as campanhas que visam diminuir, deturpar e mesmo negar, o papel da URSS e dos comunistas na derrota do nazi-fascismo e, além disso, culpar injusta e falsamente a União Soviética pelo início da Segunda Guerra Mundial, apagar as responsabilidades do grande capital e dos governos ao seu serviço na promoção e ascensão do fascismo e no desencadear da guerra, e branquear e reabilitar o fascismo, ao mesmo tempo que destroem os monumentos e a memória do Exército soviético libertador, promovem o anti-comunismo e criminalizam os comunistas e outros anti-fascistas;
  • Denunciam e condenam as resoluções anti-comunistas da UE e a tentativa de falsificação histórica e caluniosa de equiparar o socialismo ao monstro do fascismo;
  • Alertam que o imperialismo aposta cada vez mais no fascismo e na guerra como “saída” para o aprofundamento da crise do sistema capitalista, cujo carácter desumano se torna particularmente evidente quando, mesmo perante o gravíssimo surto epidémico da Covid-19, o imperialismo, os EUA, a NATO, a UE e potências capitalistas suas aliadas, prossegue uma criminosa política de bloqueios e agressões contra países e povos;
  • Consideram que a luta pela paz, pelo progresso social e pelo socialismo são inseparáveis; e comprometem-se a contribuir para o fortalecimento da acção comum da classe operária, dos trabalhadores e dos povos de todo o mundo, das forças políticas interessadas em barrar o caminho ao fascismo e na luta contra o imperialismo, as agressões imperialistas e uma nova guerra de trágicas proporções.

A situação com que os trabalhadores e os povos do Mundo são confrontados sublinha a importância do reforço da luta anti-imperialista, pela soberania dos povos e a independência dos Estados, pelos direitos dos trabalhadores e dos povos, no caminho da superação revolucionária do sistema capitalista, que gera o fascismo, a guerra, as injustiças, os perigos e as contradições da actualidade. Tal como há 75 anos atrás, é a luta dos comunistas e de todos os que enfrentam a exploração e opressão capitalista que abrirá caminhos de futuro para a Humanidade.

A listagem de partidos subscritores está em http://www.pcp.pt/em-nome-da-liberdade-da-paz-da-verdade-contra-fascismo-guerra

Fonte: UPG. | 4 de maio de 2020.
_______

venres, maio 10, 2019

Este sábado, 11 de maio, temos umha cita com a solidariedade na Fundaçom Artábria - A partir das 22.30h (com pontoalidade) decorrerá este concerto solidário com Francisco Jose Martins (antifascista agredido o passado mês de março)


Concerto solidário com o antifascista agredido o passado mês de março


Este sábado temos umha cita com a solidariedade na Fundaçom Artábria.
A partir das 22.30h (com pontoalidade) decorrerá este concerto solidário com Francisco Jose Martins Rodrigues militante de Causa Galiza agredido brutalmente o passado mês de março por fascistas na nossa cidade.

A dia de hoje as diligências seguem em "stand by" o qual fai-nos pensar que a desídia nas investigaçons nom som por acaso.

Bitxobola, Apologia Hardcore e Verbena Velutina ponherám trilha sonora a esta jornada solidária e antifascista.

Os benefícios do concerto irám destinados aos gastos de covertura legal e sanitários

Contra o fascismo tiramos todas!
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
10 de maio de 2019 13:19

____________

luns, marzo 25, 2019

Revolución feminista e políticas do común fronte á extrema dereita, de María Eugenia R. Palop, interesante libro publicado por Icaria editorial


"Cando algunhas feministas reivindicamos a feminización da política, o que queremos é unha política organizada en torno á interdependencia, a ecodependencia e o coidado. Unha política que poña o relacional no centro, que se oriente a construír formas estables do común, sincronice ritmos. Unha política na que o poder non se exerza verticalmente sobre os outros, senón cos outros"

Revolución feminista
e políticas do común fronte á extrema dereita

María Eugenia R. Palop

LER MÁIS
(índice e prólogo)

O feminismo e a política do común é hoxe o mellor antídoto que temos fronte á extrema dereita. Froito das contradicións do neoliberalismo globalizador e da connivencia de partidos conservadores, socialdemócratas e socioliberales coa mundialización financeira e o capital especulativo, a extrema dereita presentouse como unha resistencia de fácil acceso contra os desmandos das oligarquías políticas e as elites económicas.

Non hai dúbida de que hai quen soubo aproveitar a forza destes ventos para vehicular a rabia e o resentimento, pero tamén hai quen soubo canalizala cara a unha contestación de signo diferente. A mesma conciencia da vulnerabilidade e a dependencia que deu lugar á extrema dereita, atopou no feminismo un tecido ben trabado que puxo en contraste a política dos muros e a política dos corpos.


Facebook | Twitter
Icaria editorial
c/ Bailén, 5 5ª planta
08010 Barcelona
premsa@icariaeditorial.com
933 011 723
http://www.icariaeditorial.com/


Enviado por:
Anna Monjo
-amonjo@icariaeditorial.com-
25 de março de 2019 16:46
________

venres, marzo 15, 2019

A eurodeputada galega Lídia Senra: 'A extrema dereita é un perigo, ataca os dereitos das persoas co máis duro do neoliberalismo', perante a rolda de prensa celebrada na Coruña,para presentar as xornadas: 'O auxe do neofascismo e da extrema dereita en Europa. Perda de dereitos e liberdades'


Lídia Senra: “A extrema dereita é un perigo, ataca os dereitos das persoas co máis duro do neoliberalismo”. | A eurodeputada advirte da delicada situación que se está a vivir en toda Europa co auxe de forzas neofascistas e chama a debater sobre como frealas. | Arrancan no Paraninfo da Universidade da Coruña as xornadas europeas que analizarán as mensaxes das forzas autoritarias e a perda de liberdades.

Estamos ante unha situación delicada. A extrema dereita é un perigo, porque ataca os dereitos de todas as persoas, aplicando nos gobernos nos que están entrando, os programas máis duros do neoliberalismo. Por esta razón, desde a esquerda e os colectivos sociais debemos debater sobre cales son as causas do auxe do neofascismo e das forzas de extrema dereita que se está está dando en toda Europa, analizar que podemos facer para frear estas forzas autoritarias e impedir que cheguen a gobernar, no contexto de toda a UE e tamén a nivel mundial, porque van contra a inmensa maioría da sociedade, do campesiñado, das mulleres, dos traballadores e traballadoras, atacan os dereitos humanos, atacan a democracia en si mesma”. Así o advertiu esta mañá a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, durante a rolda de prensa ofrecida na Coruña con motivo das xornadas "O auxe do neofascismo e da extrema dereita en Europa. Perda de dereitos e liberdades", que se celebrarán esta tarde e mañá sábado durante todo o día no Paraninfo da Universidade herculina.

Senra explicou que o seu grupo se decidiu a organizar estas xornadas, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a Universidade da Coruña, porque “estamos moi preocupadas polo auxe da extrema dereita na UE e a nivel mundial, que poñen en cuestión os dereitos e as liberdades”. Para a europarlamentaria, o auxe da extrema dereita ten que ver cos intereses que ten agora o capitalismo. Para seguir nese proceso de acumulación de riqueza en poucas mans, o capitalismo necesita gobernos de extrema dereita que sigan dándolle pulo ás reformas neoliberais, privando de dereitos ás persoas, negando incluso os dereitos medioambientais, como acabamos de ver agora do Goberno de EEUU, que negao cambio climático, por exemplo.

Por iso, a eurodeputada considera fundamental que a esquerda sexa capaz de transmitir á sociedade o que hai detrás destes partidos e dos seus programas. Só así conseguiremos paralos. “Non creo que ninguén queira volver á situacións pasadas nas que se prohibía falar e escribir galego. Non creo que ninguén queira volver á situacións pasadas nas que reunirse na rúa máis de tres persoas estaba prohibido. Hai que dar a batalla, ver o que hai detrás dos programas das forzas da extrema dereita e combatelos”, dixo, para cualificar tamén de grave o ataque directo que están a facer ás mulleres, poñendo en perigo a lei de violencia machista, por exemplo, como reivindicación no proceso de negociación do goberno andaluz.

Para Lídia Senra, a UE difúndese sobre os valores de defensa dos dereitos humanos, sempre se erixe na gran defensora e gardiana da democracia, constituiuse para que non se volveran a dar situacións fascistas pasadas. “E resulta que o presidente doParlamento Europeo fai esta semana unhas declaracións valorando a Mussolini. Tajani debe dimitir como presidente do Parlamento Europeo xa. Isto non se pode consentir. É unha xustificación intolerable do fascismo no Parlamento Europeo”, defende a eurodeputada.

Fronte a estas situacións, Senra tamén avogou por facer algo de autocrítica e analizar o que a esquerda non está facendo ben e se traduce en que as nosas mensaxes non cheguan ao electorado e á sociedade en xeral. “Temos que ver como podemos ser eficaces para ser quen de elaborar e transmitir as nosas propostas mellor, porque a realidade non é que a dereita suba, senón que se rexistra a abstención da esquerda”, zanxou.

Pola súa banda, a avogada do Sindicato Andaluz de Traballadores/as, Pastora Filigrana, dixo compartir esta análise. “A esquerda ten que pararse a pensar en por que moita xente non se sinte identificada e queda na casa en lugar de votar. Debemos analizar por que a esquerda non capta o descontento da xente”, dixo. Filigrana cualificou como moi pertinentes estas xornadas para pensar en común. “O neofascismo está presente actualmente en 18 parlamentos europeos, rexionais ou estatais, un é o de Andalucía e é posible que esta representación aumente. Urxe entender os porqués, o que está ocorrendo, que papel xoga o neoliberalismo”, dixo.

As xornadas comezarán este venres pola tarde ás 17:00 horas, coa apertura das mesmas a cargo da propia eurodeputada Lídia Senra; de Fernando Souto Suárez, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña; e de Julio E. Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña. Xa ás 17:30 horas, terá lugar o primeiro dos coloquios, no que se tratará de facer un ‘Retrato da extrema dereita en Europa’. Nel intervirán ademais de Pastora Filigrana, Gabriele Michalitsch, investigadora en Economía Política, Teorías Políticas e Economías Feministas no Departamento de Ciencias Políticas da Universidade de Viena; e Sophia Siddiqui, membro do Institute of Race Relations (Reino Unido). Tras o debate, e para finalizar a xornada dese primeiro día, está programado a partir das 20:30 horas, un concerto acústico de Satxa e Samu Acaracán.

A Coruña, 15 de marzo de 2019.

O coloquio será retransmitido en streaming a través de dous enlaces en youtube co vídeo en directo co son orixinal [https://www.youtube.com/watch?v=EeS9bPcgMro] ou co son da traducción simultánea a galego [https://www.youtube.com/watch?v=5jUPeyp0mm0].

Mañá sábado, os debates continuarán durante todo o día tamén.

* Todas as persoas que participarán como relatoras nas xornadas están abertas a conceder entrevistas cos medios de comunicación interesados, de forma telefónica ou en persoa. Para xestionar citas, podedes poñervos en contacto chamando ao 698144067

(Rosabel – Prensa Xornadas)

Moitas grazas pola vosa atención

Adxuntamos fotografías da rolda de prensa de hoxe pola mañá e cartelería e programa completo das xornadas

1Vídeo resumo da rolda de prensa de hoxe:
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/videos/251334125821205/

Máis información ou entrevistas directas con Lídia Senra:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal/ https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

www.lidiasenra.gal

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
15 de março de 2019 14:24
_____________

mércores, xaneiro 30, 2019

A eurodeputada galega Lídia Senra achega ao Parlamento Europeo a loita pola recuperación da memoria histórica na Galiza. | O GUE NGL está a desenvolver hoxe no Parlamento unha xornada de debate sobre as resistencias locais á extrema dereita en Europa. | Senra convidou á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Fernando Souto expuxo a experiencia desta organización


Lídia Senra achega ao Parlamento Europeo a loita pola recuperación da memoria histórica na Galiza. | O GUE NGL está a desenvolver hoxe no Parlamento unha xornada de debate sobre as resistencias locais á extrema dereita en Europa. | Senra convidou á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Fernando Souto expuxo a experiencia desta organización.


Co obxectivo de  afondar en claves de análise que permitan elaborar unha resposta conxunta da esquerda europea para facer fronte ao auxe da extrema dereita na UE, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) está a celebrar durante a tarde de hoxe a xornada internacional “Resistencias locais contra a extrema dereita en Europa”, poñendo en común experiencias achegadas dende Francia, Italia, Alemania, Austria, Grecia, Polonia, Croacia, Estado español, Bélxica, Letonia, Finlandia, Eslovenia e Galiza.

As forzas políticas máis reaccionarias favorecen a sinerxía sistémica de afondamento nas desigualdades, presente a nivel global, e o capitalismo precisa neste momento de gobernos autoritarios para continuar co seu proceso de concentración da riqueza en cada vez menos mans”, alerta a eurodeputada galega Lídia Senra. “Esta tendencia, da que lamentabelmente temos xa moitos exemplos, é unha realidade que xa está aquí e á que a esquerda ten que ter claro como combater. Nese sentido a xornada de hoxe está a ser moi útil, porque permítenos escoitar unha batería de accións que se están a desenvolver a nivel local en todo Europa, moitas delas perfectamente adaptábeis duns Estados a outros, que supoñen exemplos concretos de experiencias de loita que cómpre pór en valor”.

Para dar conta de iniciativas desenvolvidas no noso país, Senra convidou a participar nesta xornada á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMHAC), representada no día de hoxe por Fernando Souto, quen encetou a súa intervención explicando que se trata dunha asociación comarcal  onde “traballamos pola recuperación da memoria dos nosos maiores, fronte a historia oficial dos vencedores da guerra civil do 36 e cerca de 40 anos de ditadura franquista. Pertencemos ao movemento que se coñece como memoria histórica, e que xurde no ano 2000 a raíz da exhumación dun grupo de paseados enterrados na cuneta, esta exhumación tivo grande repercusión mediática”.

Entre os traballos que desenvolve a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, Souto destacou os referidos á recuperación da memoria oral “recollemos mediante gravación as vivencias persoais e logo aportámosllas a investigadores/as para axudar a comprender a nosa historia”, ao tempo que relatou “o noso traballo tivo un gran éxito cando xunto con outras organizacións conseguimos explicar que o pazo de Meirás foi un roubo fronte a historia oficial que o presentaba como unha doazón do pobo a Franco”.

Outra das cuestións nas que a Comisión da Memoria Histórica puxo especial énfase en destacar foi a importancia de traballar contra a manipulación da linguaxe pola  extrema dereita. “A existencia da simboloxía franquista, o nome  das rúas das nosas cidades, as honras os personaxes da guerra civil , as estatuas, os elementos conmemorativos... Normalizaron o fascismo vitorioso militarmente, e mesmo pretenden presentarse como libertadores. Este pasado presente, moi presente, esixe un esforzo didáctico para desenmascarar, para quitar a careta da extrema dereita”.

Bruxelas, 30 de Xaneiro de 2019.

Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal/

twitter  | facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
30 de janeiro de 2019 17:30

_________________

venres, decembro 14, 2018

A liberdade de expresión é un problema para a clase dirixente porque visibiliza a disidencia contra eles, os ricos, que arrasan con todo o que pertence ao pobo - Palestra antirrepresiva en Vigo: Boro (La Haine) + Saúl (La Insurgencia) Sábado 15 de decembro


Palestra antirrepresiva: Boro (La Haine) + Saúl (La Insurgencia)
Sábado 15 de decembro | 19:00 | CNT-VIGO (rúa do Príncipe, nº 22. Galerías comerciais, 1º andar, local 34)


29 MARZO 2014: "RODEA O CONGRESO". Boro LH, xornalista dos portais dixitais de contrainformación La Haine e Kaos en la Red, era detido mentres cubría a protesta. Acusado falsamente de agredir a un policía, pídenlle 6 anos de prisión: catro por un delito de lesións e dous por un delito de atentado a axente de autoridade. Previamente, dentro da "Operación Araña", desenvolvida contra internautas por tuitear, retuitear ou compartir entradas en Facebook, abríase unha causa contra el por enaltecemento do terrorismo en Twitter por escribir mensaxes de apoio á loita nas rúas ou expresarse contra a garda civil.

2 e 3 NOVEMBRO 2017: doce músicos de rap integrantes do colectivo La Insurgencia eran sometidos a un xuízo ante a Audiencia Nacional acusados pola Policía Nacional de enaltecemento do terrorismo polas súas letras críticas. A fiscalía pide para eles dous anos e un día de cárcere, multa de 4800 euros, a inhabilitación absoluta durante nove anos, a retirada do dereito de sufraxio pasivo e a retirada dos vídeos de youtube obxecto de delito.

As ideoloxías políticas (a esquerda revolucionaria e consciente) que cuestionan ao sistema e á elite gobernante son perseguidas e castigadas duramente polo aparello policial ao servizo do Estado. A liberdade de expresión é un problema para a clase dirixente porque visibiliza a disidencia contra eles, os ricos, que arrasan con todo o que pertence ao pobo. As montaxes policiais para xustificar esta represión están á orde do día, marchando campantes sobre os dereitos humanos máis elementais.

A difusión desta realidade faise fundamental para abrir os ollos fronte ao fascismo que domina a escena política e social e ser conscientes de que ninguén se salva deste brazo opresor. Pero non nos van calar!!

cntvigo@gmail.com

Enviado por:
Colectivo por la Absolución de La Insurgencia
-colectivoabsolucioninsurgencia@gmail.com-
14 de dezembro de 2018 09:54

_________________

xoves, outubro 25, 2018

Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos- A iniciativa da eurodeputada galega Ana Miranda - Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis


A Eurocámara pronúnciase a prol da ilegalización da Fundación Francisco Franco


Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos. Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis pic.twitter.com/Wg1gwPljkW — Ana Miranda - @anamirandapaz.

O mesmo día en que 14 dos 19 de Meirás prestaban declaración perante un xuíz após seren denunciados pola familia do ditador, a Eurocámara aprobaba unha resolución contra o avanzo do neofascismo en Europa. A iniciativa -da que foi relatora a eurodeputada do BNG Ana Miranda- foi aprobada con 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións.

O Parlamento europeu asumiu esta quinta feira un texto impulsado pola esquerda da cámara en que se alertaba sobre o avanzo do neofascismo non só como ideoloxía, senón como ameaza violenta.

"Vai por todas as vítimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques facistas e neonazis", escribiu en Twitter unha exultante Ana Miranda aos poucos minutos do relatorio —do que era co-autora canda a italiana Eleonera Forenza e a sueca Soraya Post— ter sido aprobado.

Forenza, canda un dos seus asesores, é unha desas vítimas de ataques violentos recentes aos que se refería a iniciativa, da que foi principal impulsora.

A resolución foi votada favorabelmente polo PP e os seus aliados europeos, e rexeitada pola extrema-dereita.



@BNG_ParlEuropa

25 de outubro de 2018

Fonte: Sermos Galiza.
_______________

martes, outubro 09, 2018

O xerme do fascismo, ... Por Ilka Oliva Corado - Estruturalmente o fascismo está nas aulas escolares, como mofo nas paredes, na linguaxe do docente, nos libros de universidade, na mensaxe subliminar dos anuncios televisivos, na liña de espera dun hospital público, nas mans do médico... nos dereitos negados, nas árbores que se arrincan para que xamais regrese a primavera e sigan invernando en cuartos escuros as xeracións que son alimentadas polo xerme do fascismo



Por Ilka Oliva Corado [*]
09.10.2018


Como un mal hereditario nas novas xeracións reprodúcese con facilidade porque son xeracións desvalidas, deixadas á intemperie, acarunchadas que como bagazos son lanzadas ás urnas, ás rúas, á vida.

A ONU condenou o franquismo e prohibiu o ingreso de España ao seu sistema polos seus principios ligados ao fascismo.

Infestadas dese xene que acaba co cerebro nun abrir e pechar de ollos, estas xeracións non coñecen de primaveras, viviron invernando en cuartos escuros desde sempre, non coñecen a calor do sol nin a alegría do trilar das aves, son incapaces de sentir algo que estea fose da marxe do seu radar de fascistas. Inclusive non saben que o son, porque carecen de raciocinio.

Estas xeracións son como vultos apiñados que cargan e descargan nos seus lombos os obreiros do mundo, como bloques de cemento, como quintais de ferro que forman columnas nas que se segue cimentando o xerme do fascismo. Non teñen vida, non cheiran o cheiro das flores e non senten a dor do outro e moito menos o seu propio fedor.

Estruturalmente o fascismo está nas aulas escolares, como mofo nas paredes, na linguaxe do docente, nos libros de universidade, na mensaxe subliminar dos anuncios televisivos, na liña de espera dun hospital público, nas mans do médico. Estructuralmente está no arquitecto que deseña mansións na outeiros, na sentenza dun xuíz, nas decisións da Corte Suprema de Xustiza, nos barrotes dun cárcere, nas corredores dun centro de detención para menores.

Está nos dereitos negados, nas árbores que se arrincan para que xamais regrese a primavera e sigan invernando en cuartos escuros as xeracións que son alimentadas polo xerme do fascismo. Unha malnutrición que crea seres humanos insensíbeis, egoístas, preguiceiros, machistas, racistas, homofóbicos, arrogantes e cachurecos que á menor oportunidade tratan de eliminar a como de lugar a quen represente un perigo para o seu cautiverio e intente abrir as portas deses cuartos escuros e móstrelles a frescura do vento, a calor do sol e a brétema das madrugadas.

A quen se atreva a mostrarlles as cores do arco da vella, das árbores no outono, o aleteo das bolboretas, a suave brisa do mar. O palpitar dun corazón feliz, o sorriso dos nenos, a quen os invite a sentir os abrazos curadores dos avós.

Por dita, sempre están os inadaptados, os tolos, os soñadores. Por sorte sempre están os atrevidos, os necios, os imprudentes que se lanzan de cabeza ao baleiro sen recurso algún máis que o dun corazón libre. Son eles os que milenariamente nutriron a resistencia, e é a resistencia a que segue embelecendo as primaveras.

[*] Ilka Oliva Corado, naceu en Comapa, Jutiapa, Guatemala, o 8 de agosto de 1979. Escritora e poetisa. Graduou-se de mestra de Educación Física para logo dedicarse ao arbitraxe profesional de fútbol. Fixo estudos de psicoloxía na Universidade de San Carlos de Guatemala, carreira interrompida pola súa decisión de emigrar a Estados Unidos en 2003, travesía que realizou como indocumentada cruzando o deserto de Sonora no estado de Arizona. É autora de catro libros. | Ir á Web.
__________

martes, agosto 14, 2018

Fascismo Nunca Máis, ... Por Celso Posada Fernández - A ditadura torturou, asasinou, fusilou, encarcerou, represaliou, condenou ao exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres


Por Celso Posada Fernández [*]

13.08.2018

O pasado 30 de Xullo do 2018, fixen unha pequena intervención como público no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a Moción do Grupo Municipal do BNG e pra dicir alto e claro Fascismo Nunca Máis.

Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol @s demócratas NON queremos e NON imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asasino e ditador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol @s demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade e Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo.

A ditadura franquista foi un réxime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movemento obreiro, unha ditadura de clase, criminal que implantou unha salvaxe réxime fascista no Estado Español durante 40 anos.

Este réxime veu precedido por un infame golpe de estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saído das urnas e este golpe de estado foi alentado, promovido, auspiciado e orquestrado polas elites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da igrexa católica (Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o ditador Francisco Franco pra seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase.

A ditadura torturou, asasinou, fusilou, encarcerou, represaliou, condenou ao exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres demócratas e loitadoras pola liberdade e fronte o fascismo, tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertari@s, feministas, mestres/as, sindicalistas,...

En pleno século XXI e no ano 2018 aínda hai mais de 114.000 demócratas enterrad@s vergoñentamente nas cunetas e en fosas comúns e o fascismo sigue estando impune.

Hoxe é máis necesario que nunca dignificar as vítimas do franquismo, ilegalizar a Fundación Fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crimes da ditadura pra que non queden impunes e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crimes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa ditadura como Billy el Niño, El muñecas, etc.

Tamén é fundamental a Devolución Inmediata ao Pobo Galego do Pazo de Meirás que foi un espolio e un roubo do ditador.

Dende aquí toda a miña solidariedade c@s #19deMeiras.

Na miña intervención no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática Moción do BNG, lembrei que Ferrol é unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movemento obreiro,... Ferrol é a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e  ao  militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galiza Moncho Reboiras Noia.

Xa por ultimo pra rematar agradecer o BNG que pensara en min pra defender a súa Moción, lembrar que pra ser Demócrata hai que ser Antifascista.

Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo .

Fascismo Nunca Máis.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista,  Socialista, Republicano e de esquerdas. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas), na Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas (Modepen) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
13 de agosto de 2018 03:10
__________________