Amosando publicacións coa etiqueta Enerxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Enerxía. Amosar todas as publicacións

martes, abril 28, 2015

Marea Ártabra organiza para o próximo mércores 29 de abril, ás 19hs no Ateneo Ferrolán unha charla coloquio sobre "Municipalismo e enerxía"


Marea Ártabra organiza unha charla sobre "Municipalismo e Enerxía" no Ateneo Ferrolán o mércores 29 de Abril


Marea Ártabra organiza para o próximo mércores 29 de abril, ás 19hs no Ateneo Ferrolán unha charla coloquio sobre "Municipalismo e enerxía".

Participarán:
Manuel Ángel Rodríguez Carballeira - Coordinador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Xoán Ramón Doldán García - Prof. de Economía Aplicada e coautor da "Guía para o descenso enerxético".

---

A Marea Ártabra chega a Ferrol

Ábrese unha nova era na maneira de entender a política, o cambio chegou e novos procesos de participación cidadá estanse a dar en todos os lugares do planeta.

En Ferrol, entrado pola nosa ría, chega unha marea, un proceso cidadá para a construcción nunha nova forma de facer politica, un espazo construido desde a confluencia mais aló de siglas de partidos politicos e nomes propios.

Nace pois, unha iniciativa veciñal liberada das vellas politicas e baseada no protagonismo da xente.

A Marea Ártabra chega a Ferrol, na procura nunha novo xeito de organizar a vida da veciñanza de Ferrol, para organizar dunha maneira transparente, honesta e participativa a vida desta cidade.

É o comezo dun ciclo de participación cidadá, dun proceso para sumar, dun proceso gañador que non se conforma con gobernar, senon que nace para ilusionar a maioria social, para construirmos entre todas e todos unha cidade para o 99% da veciñanza.



Enviado por:
MAREA ÁRTABRA
-mareaartabra@gmail.com-
28 de abril de 2015 16:33

_____________

luns, febreiro 10, 2014

Ivan Rivas, Fernando Branco e Xosé Manuel Golpe Acuña, participaran, en Ferrol este martes 11 de febreiro, nun Acto do BNG sobre o Sector Eléctrico e a Tarifa Eléctrica

ACTO INFORMATIVO: "O SECTOR ELÉCTRICO E A TARIFA DA LUZ"

O Bloque Nacionalista Galego -BNG, organiza este acto informativo que terá lugar o vindeiro martes, 11 de febreiro, ás 20 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, co obxectivo de analizar, entre outras cousas, como funciona o sistema eléctrico e porque os galegos e as galegas pagamos pola electricidade igual que outras zonas do Estado cando somos produtores de enerxía.

Participarán:
  • Ivan Rivas Rico | Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.
  • Fernando Branco Parga | Ex-Deputado do BNG, foi presidente da Comisión de Industria e Enerxía no Parlamento Galego.
  • Xosé Manuel Golpe Acuña | Asesor enerxético.
Así mesmo se non sabes entender a factura da luz no BNG explicámoscho.

Participa e Difunde! Entrada libre

Telf: 981.94.40.31
Fax: 981. 94.52.35
bng@ferrol.es

BNG-Ferrol
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo
15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700
Resp. comarcal:
Mercedes Tobío Rodríguez


Web:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/
Correo-e:
bngferrol@gmail.com
Facebook:
https://www.facebook.com/bng.ferrol
Twitter:
https://twitter.com/bngferrol


Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
10 de fevereiro de 2014 13:39

____________

venres, xaneiro 03, 2014

Unha nova cooperativa para a xeneración e consumo de enerxía renovábel: Nace Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega

Nace a Sociedade Cooperativa Galega: 'Nosa Enerxía'

Nosa Enerxía é unha cooperativa de xeración e consumo de enerxía renovábel. A primeira cooperativa de enerxía verde na Galiza e a sexta no territorio do Estado Español.

Nosa Enerxía é o proxecto cooperativo no ámbito enerxético en Galiza. O proxecto que pretende recuperar a soberanía enerxética na Nosa Terra.

Nosa Enerxía ten por obxecto "a procura de bens e servizos para o uso ou consumo das súas persoas socias e das persoas que convivan con elas, producindo os bens e servizos que proporcionen ou adquiríndoos de terceiras persoas, así como a defensa e promoción dos dereitos dos consumidores ou consumidoras e usuarios ou usuarias".

Desde Nosa Enerxía pensan acadalo realizando as seguintes actividades:
  1. Subministrar enerxía, procedente de fontes renovábeis, ás persoas socias da cooperativa.
  2. Producir enerxía mediante fontes renovábeis para as persoas socias da cooperativa e para a rede eléctrica.
  3. Proporcionar produtos e servizos relacionados.
  4. Difundir e promover a actividade cooperativa na sociedade.
Por outra banda estas son as alternativas a nivel do territorio do, polo de agora, Reino de España que tamén traballan en proxectos cooperativos no ámbito enerxético :
Som Enerxía - A cooperativa de enerxía verde
http://www.somenergia.coop/es/
Som Enerxía cooperativa sen ánimo de lucro que comercializa enerxía 100% Verde.

Zencer - A túa enerxía.
http://www.zencer.es/
Zencer cooperativa de consumidores e usuarios de enerxía eléctrica en Andalucía.

GoiEner - Cooperativa de xeración e consumo de enerxía renovable
http://www.goiener.com/
GoiEner é unha cooperativa de consumidores/as e xeradores/as de enerxía verde que se vai xestando desde hai anos, con máis de 1000 persoas sociais, localizadas principalmente en Euskal Herria.

Ecooo - Desobendiencia solar 100.3
http://www.ecooo.es/
Ecooo empresa de non lucro onde poder participar na revolución solar. Unen persoas por unha economía real e sostíbel.

Enerpluscoop - Cooperativa
http://www.enerplus.coop/
Enerpluscoop, a primeira cooperativa de enerxías renovables de Cantabria.
Polo de agora estas son as cooperativas a nivel de estado que están procurando un novo modelo enerxético, nunha primeira fase na distribución e comercialización e nunha segunda a mesma produción, así é como se van construíndo os contrapoderes necesarios e unha nova vía de construción da economía social e solidaria, para saír do Capitalismo, amosando un novo modelo alternativo ás grandes corporacións da enerxía. Corporacións privadas que nos rouban, grandes oligopolios que nos someten e explotan, que se fixeron co que é de tod@s para facer grandes negocios, para lucrar-se uns poucos, e empobrecer-nos, aínda máis, á maioría da poboación.

A xente de 'Nosa Enerxía' presenta-se deste xeito:
"O obxectivo central que nos fixamos é converternos nunha organización de referencia no sector enerxético, ofrecendo un modelo totalmente diferente que aposte polas fontes de enerxía renovables, a promoción dos valores da economía social, a promoción do emprego, fomentar un tecido produtivo enerxético autóctono que sirva para desprendernos das técnicas de xeración de enerxía dependentes do carbono, a intercooperación, a protección do medio ambiente, a democratización do consumo enerxético e a sustentabilidade. En resumo, un actor dinámico no cambio do modelo enerxético na sociedade".

"Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa enerxética galega que terá por obxecto a produción, distribución e comercialización de enerxía de orixe renovable certificada, distribuíndo produtos e servizos relacionados, a un prezo competitivo e estable. Esta cooperativa promoverá proxectos de xeración de enerxía renovable de xeito distribuído e para autoconsumo, principalmente no ámbito de Galicia".
Desde Ártabra 21 damos-lles a ben vida e desexar moito suceso no proxecto cooperativo, tan necesario para o noso país e o medio ambiente. Sómemo-nos ao proxecto impulsado pola xente de 'Nosa Enerxía', axudemos e colaboremos, este é un moi bon momento. Desde o Encontro Social de Ferrol Terra e Arméria Sociedade Cooperativa Galega, deberíamos de colaborar e apoiar á xente que leva adiante este novo proxecto.

Para poñer-se en contacto:
nosaenerxia@nosaenerxia.com
Twitter:
https://twitter.com/NosaEnerxia
Facebook:
https://www.facebook.com/NosaEnerxia


Tres moi interesantes artigos de Marcos Pérez Pena en Praza Pública:

Hai outras formas de ter enerxía

".. comezou a traballar Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, na que colaboran ao redor de 120 persoas. Neste momento buscar reunir os 3000 euros necesarios para dar de alta a cooperativa. O seu obxectico idea é darse de alta antes de que finalice este anos e xa no 2014 comezar a comercializar enerxía renovable. No actual grupo promotor actual hai unhas 17 persoas e buscan xuntar uns 30 socios promotores que acheguen uns 100 euros cada un". 02.10.2013 - [Ler máis ...]

Europa fomenta o autoconsumo enerxético e a descentralización e o Goberno español fai todo o contrario

... "En distintos lugares de España están a nacer, e a crecer con forza, cooperativas de comercialización e produción eléctrica: a vasca Goiener, a cántabra Enerplus, a andaluza Zencer, a valenciana Nercoop, ou a catalá Som Energia, con dez mil socios en todo o Estado (tamén en Galicia, onde contan cun grupo territorial). Ademais, o pasado 21 de setembro Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega celebrou a súa asemblea constituinte e escolleu o seu Consello Reitor. Trátase dunha iniciativa netamente galega, que nestes momentos traballa nos trámites administrativos necesarios para comezar a súa actividade" ... 04.10.2013 - [Ler máis ...]

A incerteza eléctrica eleva o interese polas cooperativas de enerxía

..."Neste contexto cada vez máis ollos xiran cara ás cooperativas de comercialización e produción eléctrica, coma a vasca Goiener, a cántabra Enerplus, a andaluza Zencer, a valenciana Nercoop, ou a catalá Som Energia, con dez mil socios en todo o Estado (tamén en Galicia, onde contan cun grupo territorial), ou a galega Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega. Todos eles buscan 'cambiar o modelo enerxético actual e democratizar a enerxía, consumir enerxía verde e tamén apostar pola economía social e verde'."... 23.12.2013 -  [Ler máis ...]

____________

domingo, decembro 22, 2013

As grandes eléctricas españolas duplican os beneficios das europeas - A mantenta do 'Tarifazo Eléctrico'


As grandes eléctricas españolas duplican os beneficios das europeas


Mentres se madura a próxima subida da luz que vai afondar en que esta enerxía se converta nunha das máis caras do continente e que máis subiron (incluíndo a subida do próximo mes de xaneiro, a electricidade pode encarecerse case un 80% na última década, profundando a crise polo medio) segue o debate do déficit tarifario e a súa posible titulización con aval do Estado, é dicir por parte de todos. As grandes empresas eléctricas xa se beneficiaron dos ingresos por custos de transición á competencia, a moratoria nuclear, as axudas ao gas, ao sector do carbón, entre outras; e todo iso na procura de máis competencia, ao compás marcado pola OCDE e as Directivas da UE, ao obxecto de lograr un mercado máis eficiente e polo tanto unha redución de custos que deberían trasladarse aos prezos.
Nun país ineficiente e mal planificado como o noso, as súas empresas eléctricas son as máis rendibles do continente
Por outra banda, non é nada evidente que a orixe do déficit tarifario, a famosa diferenza entre custo real e o calculado, que xerou unha débeda que supera actualmente os 26.000 millóns de euros, valorouse de forma correcta pois se basea en acumulacións sucesivas ao valor de orixe (Marco Legal Estable), e ademais ese valor estimativo alcanzouse a partir dos datos das propias compañías (iso si auditadas cara a dentro), aínda que logo sexa asumido polo Estado tras informe da Comisión Nacional de Enerxía e a aprobación de Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

A análise completa do asunto do déficit eléctrico é extenso e atende a varias causas; aquí soamente apúntanse dúas delas por contradictorias: a alta rendibilidade das empresas españolas respecto á contorna europea e a debilidade da competencia do mercado.

A análise apóiase no recente artigo publicado na Revista de Obras Públicas dos Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, no seu número de novembro 2013, no artigo de Fernández Mato, E. e Avellaner, J. "Novas actividades e negocios no sistema eléctrico: a xeración distribuída". De devandito artigo extraéronse unha serie de análise, coa autorización dos seus autores:

Alta rendibilidade
"Debe facerse constar que as nosas empresas eléctricas teñen uns ratios de rendibilidade bastante superiores á das súas homólogas europeas. Non é lóxico que no noso país, coa crise económica que estamos soportando, todas as grandes empresas eléctricas españolas sigan tendo máis beneficios que as grandes empresas europeas".

Falta de control
"A benevolencia do regulador coas empresas eléctricas demóstrase na falta de control e a xenerosidade nos criterios de fixación de tarifas: malia a liberalización teórica, polo menos no 50 % son prezos regulados para remunerar investimentos en xeración, transporte, distribución, ademais dos custos de transición á competencia,a moratoria nuclear, 30 anos logo da decisión, e o incentivo ao carbón nacional.

A comparación dos parámetros de rendibilidade resumiuse no cadro achego que recolle as facturacións, os Ebitda, (é dicir, o resultado empresarial antes de: intereses, impostos, depreciacións e amortizaciones produtivas) e os resultados das principais empresas españolas e europeas; no que se pode ver que nun país ineficiente e mal planificado como o noso, as súas empresas eléctricas son as máis rendibles do continente".
O cadro e o texto extraéronse do artigo publicado na Revista de Obras Públicas de novembro 2013, e do artigo: "Novas actividades e negocios no sistema eléctrico: a xeración distribuída", con permiso dos seus autores.

Media semestral das empresas analizadas. Periodo 2011, 2012 e primeiro semestre de 2013.
Clicar na imaxe para ampliar

No cadro obsérvase como as compañías españolas obteñen resultados de facturación en porcentaxe, moito maiores que as empresas europeas, con resultados finais (en euros) similares e ata maiores que as empresas europeas. Os resultados antes de impostos Ebidta tamén son moito maiores (excepto no caso de EDF que son similares). É dicir beneficios moi importantes nestes anos de profunda crise.

As causas que sinalan os autores no artigo sobre o mercado son: áreas de actividade máis amplas e competitivas baseadas en fortes interconexións físicas e económicas; maior fortaleza e participación das asociacións de consumidores, etc. Pero ademais cabería sinalar, entre outros, a errónea planificación empresarial e a deficiencia de supervisión da Administración, ao longo de máis dunha década e que levou ao sistema a alcanzar: un sobre-equipamento termoeléctrico inasumible, pola carga financeira que introduce no mercado, amplificado pola necesidade de levar a cabo un novo ciclo de investimento tecnolóxico avanzada no parque operativo termoeléctrico, ademais de dispoñer dun nivel de diversificación (índice de Shanon-Wiener) desaxustado; e, finalmente, unhas perdas do sistema inaceptables.

En conclusión unha mestura explosiva de ineficiencia e ineficacia aflora neste sector. Todas estas cuestións técnicas anotadas poderán ser ou non discutibles en canto á intensidade da mesma e o seu peso no resultado final dos prezos, pero sumadas ao cadro económico-financeiro presentado anteriormente sinalan unha perda moi importante do histórico posicionamento de excelencia que a industria eléctrica española asumiu en ciclos anteriores e que serviu de motor da economía española e un intento por manter as rendibilidades aos accionistas a base de prezos altos. Esta situación require tomar decisións importantes tanto ao lado público como ao lado privado, e con carácter inmediato, a fin de recuperar o pulso que a Sociedade demanda dela en beneficio da propia Sociedade.

Competencia cuestiona a poxa do 19 de decembro

Por Redacción web Diagonal
A poxa celebrada o 19 de decembro estableceu unha subida media do 11% das tarifas eléctricas a partir de xaneiro. O impacto da noticia levou á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia a invalidar póxaa Cesur pola concurrencia de "circunstancias atípicas". Nas próximas horas, Industria tense que pronunciar sobre un incremento na tarifa de último recurso que incrementa de novo un recibo que subiu un 80% desde o comezo da crise.
Artigos relacionados:


Publicado por Juan Avellaner e Fernando Prieto no xornal Diagonal | 20.12.2013
_____________________

martes, xuño 19, 2012

Concentración na Coruña contra o asasinato en Guatemala dun Líder Comunitario por dous empregados da empresa con sede na Coruña Hidralia Energía - Deteñen a dous pistoleros españois polo asasinato de líder comunal - Os sicarios da empresa Hidro-Santa Cruz recoñecen súa relación coa empresa española - Os escuros negocios de Hidralia Energía en Guatemala


Hoxe ás 20 horas na Avenida do Exército da cidade da Coruña decorrerá unha concentración contra o asasinato en Guatemala a mans de dous traballadores da empresa con sede na Coruña Hidralia Energía do campesiño e Líder Comunitario Andrés Francisco Miguel.

GUATEMALA: Deteñen a dous pistoleros españois polo asasinato de lider comunal.  
correovermello-noticias
Cidade de Guatemala, 01.06.12

Segundo informan axencias de noticias e xornais da capital, a policía detivo a dous cidadáns españois, gardas de seguridade da empresa Hidro Santa Cruz. S.A. subsidiaria da empresa galega Hidralia Energia, como presuntos responsables do asasinato do dirixente comunal Andrés Francisco Miguel, o pasado 1 de maio.

O Grupo Hidralia Enerxía con sede central na Coruña (España) e desde a súa Delegación en Cidade de Guatemala, acomete traballos en diversos países: España, Guatemala, Nicaragua, Panamá, Fonduras, Ecuador ou Venezuela.

Este crime foi o detonante das mobilizacións de protesta, que serviron como escusa, ao goberno da burguesía burocrática que preside Otto Perez, para decretar o Estado de Sitio no municipio de Barillas (departamento de Huehuetenango ), onde a transnacional pretende construír unha represa hidroeléctrica sen o consentimento das comunidades, baixo o argumento de loita contra o narcotráfico e o crime organizado, nunha zona ecolóxica na que a poboación oponse taxantemente, desde o 2009, á construción dunha hidroeléctrica, no río Cambalá, unidades militares estan hostigando aos pobladores que rexeitan o proxecto feitos denunciados ao Alto Comisionado para Dereitos Humanos da ONU.

A sede central da Empresa Hidralia Enerxía,que dirixe Luís Castro Valdivia* foi recentemente trasladada a unhas novas oficinas en A Coruña (Galicia), situadas na Avenida do Exército nº 10. E segundo o seu páxina web: "Conta con amplos espazos de traballo e office, así como unha equipada sala de xuntas con equipos para videoconferencias e chamadas internacionais. dirixíndose a área de Ingeniería así como os labores de Administración e Dirección da empresa".

*Imputado xunto ao dirixente da patronal CEG Antonio Fontenla e Francisco Vazquez nun delito de trafico de influencias por a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no caso das centrais éolicas.


Máis noticias da captura:
PL / Capturan a dous homes pola morte dun campesiño en Barillas: A Policía Nacional Civil (PNC) e o Ministerio Público (MP) capturaron hoxe a dous homes, traballadores da hidroeléctrica Hidro Santa Cruz, a quen sindican da morte do campesiño Andrés Miguel, en Barillas, Huehuetenango, que orixinou os disturbios que ameritaron o estado de Sitio.
http://www.prensalibre.com/noticias/xustiza/Estado_de_sitio-costo-seguridade-MP-Otto_Perez_Molina-Santa_Cruz_Barillas_0_707329359.html

S21 / Dous capturados por morte de campesiño en Barillas: En conferencia de prensa, o Ministerio Público e o ministro de Gobernación, Mauricio López Bonilla, informan de dous capturas pola morte dun campesiño perpetrada en Santa Cruz Barillas, Huehuetenango.
http://www.s21.com.gt/capturas/2012/05/26/dúas-capturados-morte-campesiño-barillas 

EP / Capturan a presuntos asasinos de campesiño en Santa Cruz Barrillas: A Fiscalía reportou este sábado captúraa de dous sospeitosos do asasinato fai un mes dun campesiño en Barillas, Huehuetenango, que xerou disturbios por parte dos pobladores e obrigou ao Executivo a decretar un estado de sitio que xa derrogou.
http://www.elperiodico.com.gt/é/20120526/pais/212755/ 

EU / Capturan a dous homes polo asasinato de campesiño en Santa Cruz Barillas: Dous homes foron detidos como supostos responsables do asasinato dun campesiño en Santa Cruz Barillas, Huehuetenango, segundo informou o ministro de Gobernación, Mauricio López Bonilla.
http://noticias.emisorasunidas.com/noticias/nacionais/capturan-dous-homes-sindicados-asasinato-campesiño-santa-cruz-barillas 


Os sicarios da empresa Hidro-Santa Cruz recoñecen sua relación coa empresa española

Os sicarios Ricardo Antonio Lopez e Óscar Ortiz Solares autores dos disparos que custaron a vida ao dirixente comunal Andres Pedro Miguel e feridas de gravedade a outro campesiño.

O xuíz ligaos ao proceso. 
Ricardo Antonio García López e Óscar Armando Ortiz Solares quedaron ligados ao proceso por asasinato e homicidio en grao de tentativa, según resolvió Óscar Sagastume, xuíz terceiro da instancia Penal.

Ambos-los dous foron acusados polo Ministerio Público de matar ao campesiño Andrés Pedro Miguel, o 1º de maio pasado, en Santa Cruz Barrillas, Huehuetenango, o cal xenerou disturbios que motivaron que o Goberno decretara o estado de Sitio nesa localidade.

Os acusados fixeron a sua primeira declaración e coincidieron en que foron provocados polos poboadores. García López afirmou que un dos campesiños disparoulle e que él respostou coa sua arma*, o que terminou coa vida de Pedro Miguel e deixou ferido a outra persoa. Relatou que foi contratado por un executivo da hidroeléctrica** , proxectada no río Cambalá naquel municipio, para capacitar a empregados que serían os encargados da construcción.

*Arma incautada ao detido que coincide coa utilizada nos disparos contra os campesiños, non sendo atopada ninguna outra arma na escena do crime.
**Hidro Santa Cruz SL, empresa filial da empresa Grupo Hidralia Energia con sede na Coruña e dirixida polos hirmans Castro Valdivia empresarios galegos relacionados co Presidente da Patronal CEG Antonio Fontenla Ramil.

Artigo extraído de Prensa Libre Prensa Libre



Persoas das comunidades indíxenas despois do ataque do exército © Plaza Pública


Santa Cruz Barillas


Os escuros negocios de Hidralia Energía en Guatemala

O pasado 1 de maio foi asasinado en Santa Cruz Barillas, unha pequena e illada vila de Guatemala, Andrés Francisco Miguel. Era un líder da comunidade, un líder indíxena oposto ao proxecto de construción dunha central hidroeléctica na zona por parte de Hidralia Energía, unha empresa coruñesa propiedade de Luis e David Castro Valdivia, cun conflitivo pasado cheo de denuncias e condenas en Galicia pola actividade das súas minicentrais e centrais eólicas, a chamada trama enerxética na que tamén estiveron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia.

Non se puido probar este vencello directo entre a súa morte e a súa oposición ao proxecto, aínda que as autoridades se apresuraron a desementir toda relación e culparon a un enfrontamento entre veciños e mesmo a un asunto relacionado con drogas (Santa Cruz Barillas sitúase preto da fronteira con México e os cárteles mexicanos estenden a súa actividade a estas zonas). Sexa como for, nos días seguintes o autoritario goberno de Guatemala presidido por Otto Pérez, decretou o estado de sitio na rexión e 600 soldados tomaron a vila, botando abaixo as portas das casas, destrozando as colleitas, detendo 21 persoas e traendo á memoria os tempos do xenocidio indíxena no país. Hai uns días foron detidos como sospeitosos do asasinato dous españois, gardas de seguridade das obras da central eléctrica.

A historia comeza antes. Hidralia Energía instálase en Guatemala en 2008 e comeza a traballar nunha serie de proxectos de produción de enerxía hidroeléctrica en centroamérica coa conivencia dalgúns gobernos da rexión, comezando polo guatemalteco. Entre eles está o de Santa Cruz Barillas, unha pequena central de apenas 5.000 kW, xestionado pola empresa Hidro Santa Cruz e que dende o inicio contou coa oposición das comunidades indíxenas da zona. Non tanto porque se trate dun macroproxecto que podería borrar do mapa literalmente as súas comunidades, senón porque estas persoas se opoñen ao modelo enerxético proposto: explotación para a exportación e porque din que a empresa se negou a negociar con eles en todo momento. Ademais, argumentan quen en 2007 os habitantes da rexión votaron masivamente en referendo contra a instalación na zona de explotacións mineiras, petrolíferas ou eléctricas.

O proxecto de Hidralia conta coa aprobación dun informe da Corporación Interamericana para el Financiamiento de Infraestructuras (CIFI), unha entidade participada por Bankia e polo Banco Mundial e que non só garatiu que a hidroeléctrica tería un efecto lesivo limitado, senón que lle concedeu á empresa un empréstito de 11 millóns de dólares para a súa construción. Toda unha mostra dos intereses cruzados entre entidades financeiras, empresas, organismos internacionais e gobernos.

Son moitas as denuncias que nos últimos anos se dirixen contra a actividade de empresas eléctricas europeas (moitas delas españolas e algunhas galegas) en América Latina. Por exemplo, en 2011 Emgesa (filial de ENDESA) iniciou a construción da central hidroelétrica do Quimbo, no departamento de Huila, Colombia e toda a rexión se está a ver afectada xa na súa actividade produtiva, baseada na pesca e no agro, polo asulagamento de 2.000 hectáreas de cultivos. Ou podemos falar igualmente da falida aventura hidroeléctrica de Nova Caixagalicia en Perú, que rematou coa súa reventa ao seu primeiro dono.

No caso de Hidralia, ademais, cómpre poñer sobre a mesa, como xa o fixeron algúns medios latinoamericanos, coma a Agencia Latinoamericana de Información, o seu documentado pasado de conflitos e ilegalidades. Foi fundada en 2006 polo empresario Luis Castro Valdivia, agora tamén representante legal de Hidro Santa Cruz; o seu irmán David é CEO de Hidralia e propietario e accionista maioritario de Hidro Santa Cruz.Porén, xa dende os anos oitenta Luis Castro Valdivia creou unha multitude de sociedades interpostas que foron recibindo distintas concesións para a construción de minicentrais e centrais eólicas.

Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.

Nesta trama enerxética, revelada polos medios de comunicación e denunciada polo TSXG, tamén foron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia. As acusacións por tráfico de influencias, prevaricación e fraude foron desestimadas polo Xulgado de Instrución número 1 da Coruña en 2010, pero unha sentenza do TSXG de 23 de xuño de 2011 confirma as malas prácticas do proxectos. Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia por parte de medios de comunicación coma La Opinión, organizacións ecoloxistas coma ADEGA ou partidos coma o BNG, que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.

Artigo extraído de Praza Pública
________________

xoves, xullo 29, 2010

Imprescindíbel documentario onde se evidencia a relación entre a actual Guerra Global Contra o Terror e a Crise Enerxética: "Petróleo Fume e espellos" -video dobrado ao castelán

Persoalidades de renome e que desempeñan ou desempeñaron significativas responsabilidades, participan neste documentario, como son: Richard Heinberg [Autor do protocolo para o cénit do petróleo], Colin Campbell [Xeólogo - Fundador da Association for the Study of Peak of Oil and Gas], Michael Meacher MP [Ex-ministro británico de medio ambiente - parlamentario do R.U.], Darley Julian [Fundador do Post Carbon Institute], Chris Sanders [Economista Político da Sanders Research Associates], Mosaddeq Nafeez Ahmed [Analista político e autor de "A guerra contra a verdade"], Philip J. Berg [Advogado de Estudantes pola Verdade do 11S], Webster G. Tarpley [Investigador, xornalista e escritor], Andreas Von Beulow [ex-ministro de Enerxía e Tecnoloxía de Alemaña], David Shayler [Ex-oficial anti-terrorista do MI-5 do R.U.], Bollyn Christopher [Editor en Europa de American Free Press], Paul Roberts [Xornalista e Escritor, autor do famoso libro "O fin do Petróleo"].

"O petróleo Smoke & Mirrors" presenta-nos unha seria crítica de certos acontencementos recentes da historia contemporánea, da actual situación mundial, e do que nos agarda nun futuro inmediato, sobre todo ao respecto das fontes enerxéticas. Son entrevistas ben articuladas e documentadas, onde se menciona que acontecementos recentes nos que se inclúe os sucesos do 11S, e a chamada polos poderes dominantes "guerra contra o terrorismo", poden-se entender máis e mellor no amplo contexto dunha diverxencia inminente e crítica entre a oferta global de petróleo dispoñíbel e a demanda de petróleo global crecente.

"Oil, Smoke & Mirrors" é un documentario que expón unha serie de ideas que axudan a pensar. Son ideas tráxicas que costa aceptar, máis ... necesita-se moita forza e vontade para entende-las e actuar en consecuencia, na investigación, actuando con espíritu crítico e pasando na necesaria acción por un outro mundo posíbel.

O DVD, con 60 minutos de material adicional, entrevistas, ... pódese mercar en: http://oilsmokeandmirrors.net/osm/catalog/




Fonte: http://video.google.com/videoplay?docid=6874865766680234839#

Os fundamentos esquecidos da crise enerxética. Crise enerxética. Cenit do petroleo. Enerxía nuclear. Sustentabilidade. Enerxías alternativas. Desenvolvimento sostíbel. Crecimento.

Para profundizar máis sobre a Crise energetica e o Cenit petroleo. Ver tamén Aritmética, Poboación e Enerxía

http://video.google.com/videoplay?docid=-6283775130407828859#

Máis info tamén en:


_________________

luns, xuño 22, 2009

Sobre a próxima subida da tarifa electrica e a liberación do mercado da electricidade

PRÓXIMA SUBIDA DA TARIFA ELÉCTRICA

As empresas eléctricas están enviando un comunicado informando de que, a partir do 1º de xullo, se liberalizará o mercado da electricidade en España e cada consumidor pode elixir tanto a compañía eléctrica como a tarifa que máis lle conveña.

Tal como informamos no noso anterior comunicado o goberno equivocouse na forma e no momento de levar a cabo este "cambio" na facturación eléctrica.

Primeiro, porque empezou creando unha confusión grande ao aceptar unha facturación mensual xa que ao ser provisional e estimativa xerou desconfianza e receos nos consumidores.

Segundo, porque non obrigou ás eléctricas a aumentar a eficiencia na xeración eléctrica pois, por exemplo e como todos sabemos, xérase electricidade en Galicia para logo distribuíla a outras comunidades, algunhas tan afastadas como é o caso de Valencia, Murcia e Andalucía coa consecuente perda enerxética por transporte. Ademais unha importante parte do mix enerxético realízase en Centrais de Ciclo Combinado que consomen gas natural un combustible moi caro en España xa que máis do 70 % do mesmo compra en estado líquido (Gas Natural Licuado - GNL) nun mercado moi especulativo e que en ocasións duplica o prezo normal de tarifa por gasoduto.

Terceiro, porque estamos nun momento de crise que afecta seriamente ás economías máis débiles da nosa sociedade e supomos que "liberalizando" o mercado, as tarifas van subir substancialmente pois o Déficit de Tarifa está aí cun 30% de desfasamento. Recordamos as palabras de María Teresa Costa (presidenta da Comisión Nacional de Enerxía) pronunciadas hai unha semana á saída da reunión anual de SEDIGAS no recinto feiral de IFEMA: as novas tarifas enerxéticas "non deberían estar por baixo do prezo de mercado", como ocorría coas anteriores tarifas integrais, co que se evitará que os prezos regulados entren "en competencia" cos do modelo liberalizado.

Tamén o Director Xeral de Política Enerxética e Minas, Jorge Sanz Oliva informou nese mesmo foro que o Ministerio de Industria comunicará o próximo 29 de xuño, dous días antes da súa entrada en vigor, a Tarifa de Último Recurso (TUR) de electricidade, que será o resultado da aplicación dunha nova metodoloxía de cálculo. Sanz Oliva indicou ademais que as tarifas, tanto de gas como de electricidade, serán "aditivas" (subidas en cadea?), de modo que reflictan "o custo real da enerxía".

Entendemos que está liberalización habería que facela. Mais insistimos, non agora e sempre a través dun estudo eficiente de custo de produción. Non de malgasto. Os consumidores teremos que apertar de novo o cinto. E as eléctricas?. De onde saen esas cuantiosas ganancias que tanto publican os medios de comunicación ante o asombro dos consumidores?

Achegamos unha nota aclaratoria [Transcrita máis abaixo] sobre o comunicado que están enviando as compañías eléctricas aos consumidores.

Máis información en : publico.es

Saúdos,
www.f-cape.org
Colectivo Universitario Opositor á Planta de Gas (GNL) dá Ría de Ferrol (Galicia)

Anexo.-

Nota aclaratoria sobre o comunicado que están enviando as compañías eléctricas aos consumidores

As empresas eléctricas están enviando un comunicado informando de que, a partir do 1º de xullo, se liberalizará o mercado e cada consumidor pode elixir tanto a compañía eléctrica como a tarifa que máis lle conveña.

O escrito aínda que claro, pero conciso, non é comprensible para moitos cidadáns pois non explica as "regras de xogo". O máis importante é que o consumidor pode elixir entre a tarifa regulada polo Ministerio de Industria ou optar por un prezo "libremente pactado" cunha empresa comercializadora.

A decisión non é fácil se non se coñece a situación do mercado en España. Analizámolo como segue:
  • Déficit de tarifa: É a diferenza entre o custo de producir a electricidade e o prezo regulado que se está cobrando na actualidade. Esta diferenza está estimada nun 30 % segundo a Comisión Nacional da Enerxía (CNE). Ver en europapress.es

    Isto significa que as eléctricas teñen que subir os prezos pois nun mercado liberalizado os custos (gastos) débense cubrir coa facturación (ingresos).

  • Tarifa de Último Recurso (TUR): É o novo nome que terá a tarifa regulada polo goberno e que non foi revelada aínda. Xa que logo non podemos elixir aínda nestas circunstancias.
  • Tarifa Social: A este contrato poden optar os consumidores de vivendas habituais cunha potencia contratada inferior a tres (3) quilovatios, a condición de que a instalación dispoña dun interruptor de control de potencia. Tamén se contemplan outras circunstancias sociais de colectivos máis desfavorecidos.
Tarifa máis vantaxosa para o consumidor: Non se sabe nestes momentos polas seguintes razóns:
  • As eléctricas que operen no mercado libre non deron a tarifa que ofertarán por quilovatio/hora. Algúns analistas informan que as eléctricas ofertarán un desconto dun 2% con respecto á tarifa regulada polo Goberno (non se explica xa que segundo eles a tarifa regulada actual é inferior nun 30% con respecto ao custo de xeración).
  • Por outra banda o Ministerio de Industria ten previsto levar a cabo outra subida na tarifa regulada a primeiros do mes de xullo. Algúns analistas sospeitan que poderías ser un incremento algo avultado para "animar" aos consumidores a optar polo mercado libre.
Conclusión: A falta de datos por parte do Ministerio de Industria a opción máis lóxica (e conservadora) é a de continuar coa Tarifa de Último Recurso (TUR) regulada polo goberno tal como informan as asociacións de consumidores. No suposto de non querer cambiar de empresa eléctrica, entón, NON SE FARÍA NADA. A empresa actual entendería que se opta pola tarifa TUR e pasaría a facturación á súa empresa filial comercializadora.

Os consumidores actuais que teñan un contrato cunha compañía eléctrica "pequena" deberán estar atentos por se esta empresa transfire o contrato a unha regulada polo goberno pero en base a "tarifa de mercado libre" e non de tipo TUR.

No entanto, sempre se podería cambiar de tarifa e de comercializadora cando se considere oportuno. Ata ao día seguinte do 1 de xullo. O mellor é ter paciencia e esperar que o mercado comece a ensinar as súas "cartas". Unha vez que se coñezan as tarifas ofertadas polas comercializadoras do mercado libre, poderá realizarse a comparativa e optar pola que interesa.

Enviado por:
Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
21 de junho de 2009 22:45

___________________

Máis Información na Rede
_________________________