Amosando publicacións coa etiqueta Videos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Videos. Amosar todas as publicacións

luns, xullo 01, 2013

Entrevista a Boaventura de Sousa

Edición completa da entrevista ao profesor, ensaísta e activista portugués Boaventura de Sousa, gravada o pasado 12 de xuño no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra. Con esta peza, Galiza Ano Cero estrea o seu espazo de entrevistas, que actualizará quincenalmente cando comecen as emisións ordinarias do canal á volta do verán. Tes máis información sobre o proxecto en www.galizaanocero.tv, e lembra que aínda podes colaborar ao lanzamento da #outratv na nosa campaña de microfinanciamento en Verkami.

Galiza Ano Cero. Xuntas. Sen ánimo de lucro. En código aberto e baixo licenzas libres. Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.


http://youtu.be/0Ly_vuOWfKc

___________

luns, novembro 29, 2010

"Eu teño dúbidas agora destas documentacións de WikiLeaks" ..., "WikiLeaks no revela verdadeiras políticas de EE.UU." ... "Non hai contido político en cables revelados por Wikileaks " ..., di James Petras

O usamericano, James Petras, sociólogo e analista político de esquerdas, ten dubidas sobre os verdadeiros obxectivos da publicación dos documentos de EEUU no portal WikiLeaks. Di que esta publicación pode que "tape máis do que destapa".

Por que hai tantos cables criticando sen mencionar o verdadeiro ataque de Estados Unidos e Israel?, preguntou-se James Petras.


Breve comentario nunha entrevista en TeleSur



Segundo o escritor e analista James Petras, os cables confidenciais da diplomacia estadounidense revelados por Wikileaks non teñen contido político, senón que se trata de apreciacións e ataques persoais sobre Presidentes e altos funcionarios. Di Petras que os diplomáticos de EEUU ou son superficiais ou algo falta nos cables publicados.



O analista político internacional James Petras destacou este luns que o portal Wikileaks aínda non revelou as verdadeiras intencións que o Goberno de Estados Unidos ten para atacar ás nacións progresistas do mundo.

Os documentos de Wikileaks aínda "non revelan as verdadeiras políticas de Estados Unidos co resto do mundo". "Por que non mencionan o apoio de EE.UU. a terroristas que operan en Irán pondo coches bomba e matando científicos?", preguntouse Petras en entrevista para teleSUR.

"Polo menos ata agora, Wikileaks non está presentado máis cables que revelan sobre practícalas norteamericanas, por exemplo practicas de asasinos israelís que colaboran coa CIA (Axencia Central de Intelixencia)?", subliñou.

Petras preguntouse "Por que hai tantos cables criticando sen mencionar o verdadeiro ataque de Estados Unidos e Israel. Hai selección de cables".

O atentado bomba ao nordés de Teherán (capital) de Irán, que cobrou a vida dun científico iraniano e deixo feridos a tres persoas "é unha indicación de que están implementando as políticas anunciadas polo Estado de Israel de asasinar a calquera oficial vinculado con calquera programa nuclear" con fins cívicos e medicinais.

"Non necesitamos buscar en Wikileaks, é noticia pública que Israel traballa con grupos terroristas para lanzar estes actos, eles mesmos din que infiltraron a varios axentes operando en Irán", subliñou.

O analista político salientou que o sito Web non "fai mención sobre Wáshington e a súa intromisión da política en Venezuela. WikiLeaks non produciu nada diso, só comentarios dun embaixador francés atacando ao presidente (Hugo) Chávez".

Petras manifestou as súas dúbidas sobre a documentación da páxina Web. "Eu teño dúbidas agora destas documentacións de WikiLeaks".

Indicou que WikiLeaks non "revela máis cousas importantes, os cables sobre Venezuela só falan dunha embaixador francés dicindo mentiras, que Brasil está cansado das políticas do presidente Chávez".

"Eu creo que hai cousas nos documentos que son moi negativos sobre os gobernantes, pero son só ataques persoais, non teñen contidos", sinalou.

Wayne Madsen

Pola súa banda, o escritor e analista político, Wayne Madsen, tamén entrevistado por teleSUR, considerou que "hai acusacións lexítimas en canto a estes documentos".

"Nestes documentos é o mesmo patrón, os adversarios Israel son os que están saíndo afectados", sostivo.

O analista insistiu en que é necesario investigar se os documentos filtrados en WikiLeaks "foron seleccionados para beneficiar a uns países e prexudicar a outros".

Ata a data son poucos os países que se pronunciaron respecto da onda de documentos publicados por Wikileaks.

O correspondente de teleSUR no Medio Oriente, Hisham Wannous informou este luns que ningún país árabe emitiu unha postura firme sobre o tema durante este fin de semana.

Sinalou que só o presidente iraniano, Mahmoud Ahmadineyad "restou importancia ás publicacións e considera que é manobra norteamericana para incrementar o caos entre os países árabes".

Wannous indicou que medios de comunicación de Siria fixeron referencia que "os documentos carecen de autenticidade".

Agregou que a prensa "sinala que os documentos foron emitidos por parte de Estados Unidos para que as nacións non cheguen a adoptar posturas unidas".

Wikileaks

Wikileaks, segundo explícase na rede "é un sitio web independente, sen publicidade nin axudas públicas, que publica informes anónimos e documentos filtrados con contido sensible en materia relixiosa, corporativa ou gobernamental, preservando o anonimato dos seus informantes".

Desde o Congreso de Wáshington planéase suxerir ao Goberno de Barack Obama que investigue se o grupo Wikileaks debe sumarse á lista de organizacións que EE.UU. considera como "terroristas". En tanto, o responsable do portal, Julian Assange, enfronta acusacións de suposta violación en Suecia.

teleSUR/kg-ld-PR

Fonte: http://www.telesurtv.net/
________________________

Enlaces de interese:

http://wikileaks.org/

http://twitter.com/wikileaks

http://www.waynemadsenreport.com/

http://petras.lahaine.org/

http://www.democracynow.org/
__________________________

xoves, xullo 29, 2010

Imprescindíbel documentario onde se evidencia a relación entre a actual Guerra Global Contra o Terror e a Crise Enerxética: "Petróleo Fume e espellos" -video dobrado ao castelán

Persoalidades de renome e que desempeñan ou desempeñaron significativas responsabilidades, participan neste documentario, como son: Richard Heinberg [Autor do protocolo para o cénit do petróleo], Colin Campbell [Xeólogo - Fundador da Association for the Study of Peak of Oil and Gas], Michael Meacher MP [Ex-ministro británico de medio ambiente - parlamentario do R.U.], Darley Julian [Fundador do Post Carbon Institute], Chris Sanders [Economista Político da Sanders Research Associates], Mosaddeq Nafeez Ahmed [Analista político e autor de "A guerra contra a verdade"], Philip J. Berg [Advogado de Estudantes pola Verdade do 11S], Webster G. Tarpley [Investigador, xornalista e escritor], Andreas Von Beulow [ex-ministro de Enerxía e Tecnoloxía de Alemaña], David Shayler [Ex-oficial anti-terrorista do MI-5 do R.U.], Bollyn Christopher [Editor en Europa de American Free Press], Paul Roberts [Xornalista e Escritor, autor do famoso libro "O fin do Petróleo"].

"O petróleo Smoke & Mirrors" presenta-nos unha seria crítica de certos acontencementos recentes da historia contemporánea, da actual situación mundial, e do que nos agarda nun futuro inmediato, sobre todo ao respecto das fontes enerxéticas. Son entrevistas ben articuladas e documentadas, onde se menciona que acontecementos recentes nos que se inclúe os sucesos do 11S, e a chamada polos poderes dominantes "guerra contra o terrorismo", poden-se entender máis e mellor no amplo contexto dunha diverxencia inminente e crítica entre a oferta global de petróleo dispoñíbel e a demanda de petróleo global crecente.

"Oil, Smoke & Mirrors" é un documentario que expón unha serie de ideas que axudan a pensar. Son ideas tráxicas que costa aceptar, máis ... necesita-se moita forza e vontade para entende-las e actuar en consecuencia, na investigación, actuando con espíritu crítico e pasando na necesaria acción por un outro mundo posíbel.

O DVD, con 60 minutos de material adicional, entrevistas, ... pódese mercar en: http://oilsmokeandmirrors.net/osm/catalog/




Fonte: http://video.google.com/videoplay?docid=6874865766680234839#

Os fundamentos esquecidos da crise enerxética. Crise enerxética. Cenit do petroleo. Enerxía nuclear. Sustentabilidade. Enerxías alternativas. Desenvolvimento sostíbel. Crecimento.

Para profundizar máis sobre a Crise energetica e o Cenit petroleo. Ver tamén Aritmética, Poboación e Enerxía

http://video.google.com/videoplay?docid=-6283775130407828859#

Máis info tamén en:


_________________

martes, agosto 18, 2009

Gripe A ou Gripe Capitalista?

Rede AntiCapitalista GalegaExcelente documental sobre os intereses político-farmacéuticos na expansión da Gripe A.

OPERACIÓN PANDEMIA

Santiago Quiroga

..un documental de Julián Alterini.

Que se esconde detrás da gripe porcina?
Por que a insistencia?

operacionpandemia@gmail.com

Realizado en xullo do 2009

[ATENCIÓN: A referencia á "Campaña de vacinación masiva contra a gripe porcina do ano 2009" é un erro. En realidade faise referencia á campaña de vacinación masiva contra a gripe porcina do ano 1976 que tivo como resultado múltiples mortes e parálises, sendo, unha vez máis, Donald Rumsfeld o secretario de defensa do por entón presidente de EEUU: Gerald Ford. DESCULPEN AS MOLESTIAS]



Enviado por:
Santiago Quiroga García
-outromundoeposibel@hotmail.com-
17 de agosto de 2009 13:45

por medio de:
espalla@redeanticapitalista.org

______________

luns, agosto 17, 2009

Xa son 50 os buques cargados con GNL que entraron na Ría de Ferrol para a perigosa e ilegal Reganosa


O gaseiro "Sestao Knutsen" fixo o buque número 50, cargado con GNL-LNG para a planta regasificadora de Reganosa, que entrou na Ría de Ferrol, este Domingo 16 de Agosto.

Como sucede sempre que un buque entra na Ría, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou unha nova acción de protesta e denuncia, consistente nunha CONCENTRACIÓN en Ferrol, o mesmo día, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Unha vez máis a entrada dun grande buque cargado con gas natural licuadao [GNL-LNG], puxo en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da nosa Ría.

Video do Acto deste Domingo 16 de Agosto de 2009 en Ferrol



PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA !
DESMANTELAMENTO DE REGANOSA XA !


Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

__________________________________

luns, xuño 08, 2009

Polo á Carta

Um irmao meu enviou-me este documental, nom di nada que nom saibamos, o importante é como o di, para que nom se nos ocurra esquecê-lo.
Lupe

Titulo: Chicken a la Carte
Tema: A Comida, O Sabor e a Fame.
Dirixido, Musicado e Escrito por: Ferdinand Dimadura
Duración: 6' 10'' [Paga a pena dedicar 6 minutos a ver este filme]

Deixa-me contar unha historia que ninguén pode ouvir.

Como alguén desde o sorriso leva-me até as lagrimas?

Nunca sabes que facer, nunca hai nada novo que ver, pois logo do que vimos non podemos pechar os ollos outra vez.

Quero-vos contar unha historia, que pensaredes que non é certa, mais que vou compartillar con vós.

Despois pecharemos os ollos, mais as imaxes continuarán, e a historia comezará de novo.



En Febreiro de 2006,no 56 Festival Internacional de Berlin Os Cineastas foron convitados a participar nunha competición de filme curto sobre o tema: A COMIDA, O SABOR E A FAME. Uns 3.600 cineastas de todo o mundo participaron no concurso, mais só 32 filmes foron seleccionados para ser expostos no Campus de Talentos da Berlinale. Tamén filme foi o vencedor na competición de curtas Metragens Turim, en Italia patrocinadas polo movimento slow Food e os Berlinale talent Campus, en Outubro de 2006..

http://www.cultureunplugged.com/play/1081/Chicken-a-la-Carte

Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-

7 de junho de 2009 11:26


Lupe Ces Rioboo
981946412 - 652201003
http://lupeces.blogspot.com/

____________

domingo, maio 10, 2009

Eduardo Galeano explica o mundo actual

Eduardo Galeano naceu en Montevideo, en 1940. Alí iniciou-se no oficio xornalístico publicando debuxos e crónicas no semanario El Sol. Entre 1959 e 1963 foi xefe de redacción do semanario Marcha e director do diario Época entre 1964 e 1966. Desde principios de 1973, durante os anos da ditadura militar uruguaia, estivo exiliado na Arxentina -onde fundou e dirixiu revísta -Crise- e en Catalunya.. A principios de 1985 regresou a Montevideo, onde actualmente vive, camiña e escribe... [+ Info]


_______________