Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións

domingo, febreiro 15, 2015

Solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais e aos afectad@s polo Plan PROA, ante as políticas sociais e de saúde do goberno do PP na Xunta de Galicia


Fuco Buxán A.C. amosa o seu apoio Solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais (Aspaneps) e aos afectad@s polo Plan PROA, ante as políticas sociais e sanitarias do goberno do PP na Xunta de Galicia

A A.C Fuco Buxán amosamos o noso total apoio e solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais (Aspaneps)). Denunciamos os salvaxes recortes presupuestarios do goberno da Xunta de Galicia, de Feijoo e do PP nos Programas Asistencias da Infancia, que disminuiron, nos últimos catro anos, un 35% nas axudas destinadas o Programa de saúde mental infantil-xuvenil para toda a área sanitaria de Ferrol da Asociación Aspaneps.

Asemade, máis de 50 de nenos/as dos centros educativos CEIP Cruceiro de Canido e a Laxe de Balón quedaranse este ano 2015 sen clases de Reforzo polos recortes da Consellería de Ensino da Xunta de Galicia no Plan PROA (Plan de Reforzo, Orientación e Apoio).

A.C Fuco Buxán denunciamos que son recortes ideolóxicos, clasistas e neoliberais e amosan a profunda insensibilidade, insolidariedade e inhumanidade do goberno do PP da Xunta de Galicia, coa submisa complicidade do goberno do PP de Ferrol, que mira para outro lado mentres estas medidas afectan as persoas mais vulnerables da nosa cidade, atentando contra a igualdade de oportunidades, perxudicando seriamente aos usuarios, supoñendo un grave ataque os dereitos humanos, mermando os servizos e os recursos, cebándose salvaxemente coas persoas mais vulnerables e coas súas familias e causándolles moita dor e sufrimento.

Desde a A.C Fuco Buxán esixímoslle ao goberno da Xunta de Galicia e ao goberno do PP de Ferrol máis axudas públicas destinadas a asociación Aspaneps e para o Plan PROA para que estes programas poidan desenvolverse nas mellores condicións e cos mellores recursos e atender a todos os nenos e nenas da nosa cidade que o necesiten.

Fuco Buxán, A. C.
--
Correo-e: fucobuxan@yahoo.es | Web: http://www.fucobuxan.net | Blogues: Escolma das Razóns http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/ | Pensamento Crítico http://opinionsfuco.blogspot.com.es/ | Facebook:
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 | Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan | Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts | Telefono: 981325492 | Local Social: Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol | Apartado Correos: 240 C.P. 15400 Ferrol.

Foto de Jorge Meis publicada no 'Diario de Ferrol' | 13.02.2015 | http://www.jorgemeis.com/.

Enviado por:

A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 17:53
_______________________

mércores, novembro 20, 2013

Mesa Redonda sobre a LOMCE, este venres 22 de Novembro no Instituto Concepción Arenal, coa intervención de Jurjo Torres Santomé, Helena Gómez Vecino e Marcos Abad


Mesa Redonda sobre a LOMCE, este Venres 22, ás 19:30hs, organizada por Fuco Buxán A.C., co titulo "A LOMCE Unha Lei neliberal, privatizadora e clasista". Que se celebrará no Salón de Actos do Instituto Concepción Arenal. Presentará Celso Posada Fernández, mestre e responsable da Área de Xuventude de Fuco Buxán. Coa intervención de Jurjo Torres Santomé, Catedrático da UDC, Helena Gómez Vecino, Presidenta da CONFAPA, Marcos Abad, Sindicato Estudantes de Ferrolterra.

A nosa web:
www.fucobuxan.net
Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
20 de novembro de 2013 08:33

______________

venres, setembro 27, 2013

Baleares segue inundada pola marea verde - Novena xornada de folga indefinida no ensino público de Baleares


A aprobación o martes no parlamento, únicamente cos votos do PP, do polémico decreto TIL non freou unha convocatoria que segue sumando apoios e crecendo en intensidade. A Consellería chamou a negociar hoxe por primeira vez ao comité de folga.

A folga indefinida do profesorado balear vive hoxe a súa novena xornada. Por primeira vez desde que comezou o conflito, a Consellería d'Educació das illas convocou ao comité de folga a unha reunión. Onte a cita foi coa mesa sectorial de educación, onde se suscitou que fose voluntario (decisión de cada centro) aplicar o TIL este curso en 1º da ESO, pero manténdoa no resto de niveis educativos previstos, medida que todos os sindicatos rexeitaron. Hoxe a mesa concluíu sen acordo, aínda que as partes volveron a concretar unha reunión mañá a partir das 4 da tarde.

A participación continúa sendo moi elevada, sen baixar do 70% segundo os convocantes e con seguimiento total en moitos dos centros públicos. Mentres tanto, as asociacións de nais e pais de diferentes centros seguen levando a cabo a súa iniciativa "aules buides" (aúlas baleiras). Consiste a non levar a clase os seus fillos, alternando a folga de docentes coa folga de alumnas. Son numerosos os centros das catro illas que permaneceron practicamente desertos pola ausencia do alumnado.

As mobilizacións e accións continúan diariamente e a caixa de resistencia xa practicamente alcanza os 200.000 euros, diñeiro que os docentes calculan que empezarán a empregar a partir da terceira semana de folga. Até un ex-presidente da Comunidade Autónoma co PP, Cristófol Soler, doou diñeiro á caixa de resistencia. Hai que recordar que até alcaldes do PP mostraron o seu rexeitamento cara á política educativa do Goberno de Bauzá e mostraron o seu apoio aos huelguistas.

As mostras de solidariedade e apoio multiplícanse nas Illas e por todo o territorio de fala catalá. Por exemplo, Uniuna de Pagesos de Mallorca, sindicato de labreg@s balear, tamén ofreceu o seu apoio á folga indefinida e puxo a disposición dos docentes produtos da terra aos folguistas, como sandías e melóns. O domingo está prevista unha gran mobilización na que se pretende mostrar o amplo apoio social á loita docente.

O martes a concentración masiva desenvolveuse nas portas do parlamento, xa que a cámara votaba a aprobación da lei que acendeu os ánimos da comunidade educativa. Alí reuníronse miles de persoas para protestar contra o TIL e os recortes. Previamente, ás seis e media da mañá, unha marea verde foi a recibir os deputados e deputadas que chegaban ao pleno do parlamento, con carteis que os apelaban a votar con "conciencia, non con obediencia". Pese a isto, e apoiado únicamente na maioría absoluta do PP, o parlamento deu luz verde á aprobación do TIL.

Cabo destacar a mobilización por parte do goberno balear dun helicóptero para tratar de arrincar unha tea verde xigante de apoio á folga que se descolgaba na contorna do paraxe do Castell d'Alaró. A oposición criticou que se mobilice un helicóptero, cuxo custo por hora de voo case alcanza os 2.000 euros, para retirar a mostra de apoio. Ademais sinalaron que puido perigar a seguridade do piloto. De todos os xeitos, o helicóptero non foi capaz de descolgar a tea.

En Menorca, as nais e pais que permanecían acampados ante a Delegación de Educación en Mahón desmontaron as tendas logo de conseguir o compromiso de reunirse coa nova delegada da Conselleria d'Educació en Menorca. Piden a retirada dos expedientes sancionadores aos directores que se negaron, seguindo as indicacións dos seus respectivos consellos escolares, a aplicar a reforma educativa. Estes directores foron suspendidos como directores e como docentes de emprego e soldo mentres dure o expediente disciplinario.

Por Tomás Muñoz | Publicado en Diagonal | 26/09/13 · 16:25
______________

xoves, setembro 26, 2013

Este Sábado 28 de Setembro Marcha contra a LOMCE en Santiago de Compostela - Sairán buses desde Ferrol


Este Sábado 28 de Setembro Marcha contra a LOMCE en Santiago de Compostela.


A marcha sairá as 10:30h do sábado 28 de setembro da rotonda do polígono do Tambre para chegar á praza de Praterías as 12h.

Desde Ferrol partirán Autobuses

Os buses sairán ás 9h da avenida de Esteiro diante do sindicato. O prezo é de 5€. Para anotarse chamade ao teléfono do Local Comarcal da CIG ao 981358750.

Ademais outras convocatorias están programadas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro.

Están previstas manifestacións, ese mesmo día, ás 11:30 h e este sábado día 28 de setembro haberá unha Marcha a pé a Santiago que remata ás 12:00 h en Praterías.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro en todo o sistema educativa galego. Así o  anunciaron este luns representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público nunha rolda de prensa na que fixeron un chamamento a secundar a folga e participar de xeito masivo nas mobilizacións que se van realizar ese día ás 11:30 horas da mañá nas sete cidades, na Mariña, Cee, Carballo, Lalín e Vilagarcía.

Ademais da Marcha a Santiago contra a LOMCE -prevista para este sábado 28 de Setembro- a Plataforma Galega fixo público un novo calendario de mobilizacións que inclúe a realización dunha acción o 16 de outubro diante da Consellaría de Educación, promover unha manifesto da cultura galega contra a LOMCE e reeditar o formato de actos comarcais  con música e letras contra a LOMCE en todo o país o 13 de novembro.

 A  Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público decidiu convocar folga o 24 de outubro porque considera prioritario facer un último esforzo para evitar a aprobación da lei. Non obstante Anxo Louzao, da CIG-Ensino, organización sindical maioritaria entre o profesorado galego e integrante da Plataforma Galega, explicou que, como xa aconteceu coa folga do 9 de maio, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público coñeceu a convocatoria desta nova folga a nivel de Estado polos medios de comunicación. “Prodúcese unha desconsideración permanente aos galegos e galegas. A Plataforma Galega nucleou durante o último ano toda a oposición á LOMCE en Galiza, pero non se conta con ela e a convocatoria fíxose desde Madrid”, explicou Louzao que lembrou tamén que a Plataforma Galega constituíuse en réxime de autoconvocatoria, aberta todas as organizacións que queiran participar dela.

Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Santiago de Compostela, exerceu como portavoz das familias e subliñou que os pais e as nais están a ser unha parte importante na pelexa contra a LOMCE. “Queremos que sexa unha lei que naza morta”, dixo diante da previsible aprobación da LOMCE debido á maioría parlamentaria coa que conta o PP. “Unímonos á repulsa de todos os colectivos sociais e seguiremos pelexando, cos medios que teñamos, contra esta lei que atenta contra os nosos fillos e fillas, contra a xente que xa está estudando … e contra a sociedade no seu conxunto ao facela clasista e separada por motivos económicos no futuro”, explicou. Mónica Martínez dos Comités, púxolle voz ao estudantado e animou a a participar na folga porque “xogan co noso futuro” e "esta lei vai deixar fóra do sistema educativo a estudantes con menos recursos”.

Para a primeira das mobilizacións previstas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a Marcha a Santiago o 28 de setembro, sairán autobuses desde as diferentes comarcas que chegarán, en Compostela, a catro puntos diferentes: Rúa de Boisaca (polígono do Tambre), Monte do Gozo, diante do CEIP Lamas de Abade e Ponte da Rocha.  Desde eses lugares sairán, ás 10:30 horas, catro marchas a pé que confluirán nun acto reivindicativo en Praterías ás doce horas.

Publicado en Avantar.

Información baseada na enviada pola:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
25 de setembro de 2013 09:24
http://www.cig-saude.org/ferrol/
_______________

mércores, maio 08, 2013

9 de Maio. Folga Xeral no Ensino contra a LOMCE - Non á Reforma Wert


Dúas plataformas cidadáns conformadas ambas por sindicatos e organizacións relacionadas coa comunidade educativa, convocan a Folga Xeral deste Xoves 9 de maio de 2013, mais as mobilizacións na rúa irán por separado. A convocatoria é estatal e galega, mais parece que as plataformas reivindicativas non encaixan ou non se quixeron encaixar. De todos os xeitos, en Ferrol, quen quixer pode participar nas dúas convocatorias pois unha vai ter lugar pola mañá e outra pola tarde.

Trta-se de rexeitar a LOMCE.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para as 11:30hs, desde a Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta.

Pola tarde quen convoca é a a Plataforma en Defensa do Ensino Público, ás 19:30hs, tamén desde a Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta.

Para máis información:
____________

Á folga do ensino do 9 de Maio cómpre ir masivamente para rexeitar o ataque dos gobernos da oligarquía contra os servizos públicos

9 DE MAIO, EN TODO OS CENTROS DE ENSINO, FOLGA!

A folga é a ferramenta que temos @s traballadores para amosar a nosa forza.

Á folga do ensino do 9 de Maio cómpre ir masivamente para rexeitar o ataque dos gobernos da oligarquía contra os servizos públicos, que queren privatizar en aras dos beneficios dos grupos empresariais privados, convertendo á mocidade obreira e popular en man de obra barata e obrigando ás familias a endebedarse para poder custear aos seus fillos uns estudos básicos.

Decimos NON á LOMCE

porque

-pon á educación ao servizo da patronal

-financia á privada cos cartos públicos

-impón aos centros públicos criterios de xestión de empresas privadas

-promove a competitividade entre centros de ensino

-coloca unha carreira de obstáculos aos/ás estudantes con menos recursos

-empeora as condicións laborais dos traballadores do ensino e do persoal de servizos

A LOMCE afonda na liña das anteriores reformas educativas ditadas pola Unión Europea para mercantilizar o sistema educativo en todas as súas etapas.

@s comunistas non queremos a volta a etapas anteriores, á LOE ou á LOGSE: defendemos a educación pública como parte da nosa loita por un sistema educativo alleo á lòxica capitalista, ao servizo da clase obreira e do pobo traballador. Libre do dominio da oligarquía parasitaria e dos monopolios capitalistas.

Cómpre ligar a loita do sector educativo á loita do conxunto de traballadores do resto de sectores, tanto públicos como privados, para deter a agresión que estamos sufrindo e organizar a resposta obreira e popular confluindo nunha nova Folga Xeral que faga valer a unidade e a forza da clase obreira. Sen nós non se move nin unha engrenaxe do sistema capitalista


POR UNHA EDUCACIÓN AO SERVIZO DO POBO TRABALLADOR
TOD@S Á FOLGA DO 9 DE MAIO!
A por outra Folga Xeral!

www.pcpe.es
www.cjc.es

comunistasdagaliza@gmail.com

Enviado por:
Comunistas da Galiza P.C.P.E.
-comunistasdagaliza@gmail.com-
6 de maio de 2013 16:16

_____________

Esquerda Unida de Ferrolterra une a súa voz á gran maioría da comunidade educativa para esixir a retirada do proxecto da LOMCE e apoia a Folga Xeral e as mobilizacións deste 9 de maio

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIA A FOLGA E AS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS CONTRA A LOMCE DO 9 DE MAIO

Esquerda Unida de Ferrolterra une a súa voz á gran maioría da comunidade educativa para esixir a retirada do proxecto da LOMCE, que se promova un amplo debate público, coa participación de expertos e de todos os sectores do ámbito escolar, para alcanzar unha diagnose compartida sobre as causas dos principias problemas do noso sistema educativo e expor medidas concretas con recursos suficientes para que sirvan para estender e mellorar a nosa educación pública.

O vindeiro 9 de maio EU fai un chamamento a toda a cidadanía a participar en todas as manifestacións convocadas. Ao mesmo tempo, en liña coa vontade de artellar frontes contra o sistema de dilapidación de servizos públicos, EU pula pola unidade sindical e a unidade de loita contra un inimigo común, que é o sistema neoliberal que abandeira o Partido Popular, verdadeiro esnaquizador dos dereitos sociais do pobo. EU lamenta a existencia de dúas convocatorias diferenciadas e insta ás organizacións sindicais para que cheguen a acordos que permitan unha loita decidida e unitaria contra a demolición da democracia.

Fronte á reforma do Ministro Wert, imposta e antidemocrática, adoutrinadora e discriminatoria, mercantilista e recentralizadora, EU aposta por unha educación libre, laica, pública, de calidade e con recursos, que respecte e motive ao profesorado e que permita o exercicio do dereito a igualdade na educación, tanto dos docentes como do alumnado. EU Ferrolterra estará, como sempre estivo, nas mobilizacións cidadás contra unha lei ditada ao servizo de intereses privados, relixiosos e de mercado.

Ferrol, 7 de maio de 2013

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de maio de 2013 14:08

Boas. Adxunto enviamos comunicado de apoio do Consello Comarcal de EU á folga e mobilizacións de ensino contra a LOMCE. Consello Comarcal.

____________