Amosando publicacións coa etiqueta Loita Feminista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Loita Feminista. Amosar todas as publicacións

mércores, novembro 10, 2021

Propostas de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) para a participación no trámite de consulta pública previa para a reforma da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero


O Ministerio de Igualdade coa modificación da Lei Orgánica 1/2004 pretende avanzar na adaptación da normativa española aos compromisos internacionais asumidos polo Estado no seu deber de actuar con debida dilixencia para previr e erradicar todas as formas de violencia previstas no 'Convenio do Consello de Europa para previr e combater a violencia contra a muller e a violencia doméstica' (2011), así como noutros tratados e instrumentos internacionais de dereitos humanos, ratificados polo Estado, como a 'Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller (CEDAW)', para o cal de conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, en relación co artigo 26.2 da Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno, se sustancia, con carácter previo á elaboración dun proxecto normativo sobre o asunto de referencia, unha consulta pública ao obxecto de solicitar a opinión das persoas e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma. Neste marco a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), acordou elaborar unha serie de propostas para participar no trámite de consulta pública previa, por considerar-se afectada pola Lei que se vai modificar.


AO MINISTERIO DE IGUALDADE

Propostas de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) para a participación no trámite de consulta pública previa para a reforma da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.


En primeiro lugar xustificaremos a participación de AGAMME neste trámite de consulta previa, en base ao feito de que os fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero son á súa vez vítimas, a que a súa participación en procedementos penais pode ser crucial para lograr que o mesmo prospere e ao uso recorrente por parte dos maltratadores dos procedementos civís relativos a custódiaa e/ou visitas cos fillos e fillas como forma de prolongar en control e a violencia. O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero incluíu entre os seus obxectivos o tratamento da violencia de xénero que sofren nenos, nenas e adolescentes. Por outra banda, está documentada en diversas estatísticas e estudos a presenza de comportamentos violentos de tipo machista por parte de mozos cara ás súas parellas menores de idade. Está plenamente xustificado, pois, que unha asociación como AGAMME participe neste trámite lexislativo.

A LOPIVI, aprobada neste mesmo ano, deixou algúns puntos fracos que poderían xerar desprotección a mulleres,nenas e nenos, polo que creemos que esta pode ser unha boa ocasión para concretar algúns dos artigos alí expostos, co fin de evitar devandito risco.

Pasamos a continuación a desenvolver as nosas propostas de contidos que consideramos imprescindíbel incluír no texto de reforma.


1.- A Lei 1/2004 é unha lei ben formulada que máis que ser reformada require un maior grado de concreción respecto das medidas que se levarán a cabo para a súa posta en práctica de forma efectiva.

Especialmente importante é manter o espírito inicial da lei: facer fronte á violencia que sofren os seres humanos de sexo feminino polo mero feito de nacer mulleres. Debe manterse este obxectivo único coa única limitación da necesidade de incluír o deber de protección dos fillos e fillas das vítimas, pois é en realidade parte do mesmo fenómeno.

A violencia que sofren outros colectivos, incluso sendo as vítimas mulleres, debe ser abordada nun texto normativo separado co fin de non desvirtuar o valor da que aquí se pretende modificar.


2.- A violencia que se basea nunha concepción patriarcal da familia diríxese con frecuencia de xeito indistinta cara á muller e os fillos e fillas. Aínda que se avanzou formalmente na declaración dos fillos e fillas de mulleres vítimas como vítimas directas á súa vez, o ordenamento xurídico pode ser máis explícito á hora de establecer as obrigacións dos tribunais respecto do dereito dos fillos e fillas menores de idade a recibir protección, tanto como parte dentro do procedemento xudicial (principios de Xustiza Adaptada á Infancia da UE), como á hora de establecer as medidas sobre o réxime de custodia e/ou visitas co proxenitor violento ou presuntamente violento.

A LOPIVI avanzou ao permitir que os tribunais adopten medidas de suspensión dos réximes de custodia e visitas nestes casos pero consideramos que o texto debe ser máis contundente e evitar a excepción final do artigo. Tal e como está redactado queda a decisión do tribunal determinar que se entende por interese superior e si este pasa por establecer algunha modalidade de contacto filio-parental.

A lei debe ser tallante en establecer a obrigación dos tribunais de protexer aos nenos e nenas e adolescentes expostos a situacións ou presuntas situacións de violencia de xénero. En especial é imprescindíbel que se prohiban, coas medidas disciplinarias correspondentes en caso de incumprimento:

a) Os réximes de custodia ou visitas en contra da vontade manifestada polo neno, nena ou adolescente.

b) As terapias de revinculación cando os fillos ou fillas manifesten a existencia de condutas violentas por parte dos proxenitores ou proxenitoras, exista ou non condena.

c) Calquera decisión xudicial conducente a modificar a vontade do neno, nena ou adolescente respecto da modalidade de contacto cos seus familiares.


3.- Participación de menores de idade en procedementos xudiciais.

A LOPIVI non foi suficientemente clara nin plenamente acorde á normativa europea a este respecto. Polo tanto, a modificación da Lei 1/2004, desde o momento en que o fillo ou filla pode ser testemuña ou vítima da violencia de xénero, debe dar un paso máis aló para garantir que as normativas europeas son traspostas ao noso ordenamento xurídico de forma adecuada.

Por iso pedimos, unha vez máis:

a) Que se establezan as características de formación e experiencia exixíbeis a quen haxa de obter o testemuño dun neno, nena ou adolescente nun procedemento xudicial.

b) Que se adapten as dependencias xudiciais para garantir espazos seguros para menores de idade, co fin de evitar calquera tipo de contacto directo ou indirecto co acusado antes, durante e despois do acto testemuñal.

c) Que se estableza a obrigación de que a proba testifical da testemuña menor de idade, se realice por medio de persoal experto en avaliación do testemuño infantil e do dano.

d) Que se garantan uns prazos máximos para a celebración das distintas partes do procedemento, co fin de evitar dilacións excesivas.

e) Que se doten suficientemente os equipos forenses, con persoal con formación específica ou que se cre un listado de profesionais en colaboración cos colexios de psicoloxía nomeados por medios aleatorios, todo iso co fin de garantir que o tempo non actúa en detrimento da calidade do testemuño do neno, nena ou adolescente.

f) Que se dote aos xulgados, ou polo menos a un número suficiente de xulgados por unidade territorial, de salas Gessell que permitan a realización do acto testifical con todas as garantías para as partes.

g) Que se entenda o testemuño infantil como un proceso que debe desenvolverse en base ás necesidades da vítima e non ás características do sistema xudicial (momento adecuado para realizar a intervención, en función do estado emocional e físico, duración das sesións e número de entrevistas). No caso de violencia sexual debe darse á vítima a oportunidade de elixir o sexo da persoa entrevistadora (Convenio de Lanzarote).

h) Durante a entrevista forense non debe haber ninguén máis na sala que a vítima e o/a profesional. A revelación do suceso traumático ha de evitar afondar na ferida causada (vitimización secundaria). Para permitir ás partes e aos axentes xudiciais estar presentes existen medios técnicos e tecnolóxicos factibles que se están utilizando desde fai anos en numerosos estados. Especialmente prohibirase a presenza do acusado na sala, cuestión na que a LOPIVI supuxo un retroceso. Non é suficiente con evitar a confrontación visual, o neno, nena ou adolescente ten que ser protexido da presión que supón declarar estando presente o acusado, co cal probabelmente mantén unha relación de parentesco e dependencia.

No referente á formación, debemos chamar a atención sobre o feito que certifica o informe do ano 2016 do Valedor do Pobo de Galicia (que supoñemos extrapolábel a outros territorios do estado), sobre a forma de nomear aos/as profesionais dos equipos de psicoloxía forense dos Institutos de Medicina Legal e Forense (a partires da páxina 588). Segundo este informe, os sistemas de acceso a esta función non establecen o requisito de contar coa especialización en psicoloxía forense, co cal é posíbel ser membro dun equipo forense sen ter dita formación.


4.- Modificación do artigo 154 do Código Civil e do Artigo 225c do Código Penal. A LOPIVI modificou en contido destes artigos xerando, ao noso parecer unha situación de enorme vulnerabilidade para as mulleres vítimas con fillos e fillas menores a cargo, dado que lles obriga a obter o consentimento do proxenitor violento para modificar o seu lugar de domicilio. De forma máis ampla ate consideramos innecesaria a nova redacción de ambos artigos dado que actúa en detrimento da liberdade de movemento da persoa que ostente a custódia dos fillos e fillas, independentemente de que exista risco de subtracción ou de que a modificación do domicilio supoña unha traba para a realización do réxime de custodia ou visitas que se estableceu.

Polo tanto, a nosa proposta é:

a) Que se elimine o apartado 3º do artigo 154 do Código Civil.

b) Que se recupere a redacción anterior do artigo do 225 bis, do Código Penal.

c) Subsidiariamente aos anteriores, que se estableza a limitación para as situacións nas que exista denuncia ou condena por violencia de xénero.

d) En calquera caso, que se inclúa o contido do artigo 13 da Convenio de La Haya, segundo o cal, non poderá considerarse subtracción de menores cando o traslado se efectúe para evitarlle un dano ao neno, nena ou adolescente.


5.- Incluír unha aclaración do artigo 17 da LOPJM, modificado pola LOPIVI, no cal se define o concepto de situación de risco:

O apartado 1 define risco, entre outras cuestións, como "conflitos familiares". Coñecemos o significado, ligado á teoría da suposta síndrome de alienación parental, que lle dan a esta expresión certos grupos de presión negacionistas da violencia de xénero. Un significado que calou fondo en boa parte dos nosos xulgados, Fiscais e equipos psicosociais.

Propoñemos que se cambie esta expresión por "violencia no ámbito familiar".

O apartado 2 establece os indicadores de violencia de xénero, sendo o apartado (l) o relativo a "exposición a calquera situación de violencia doméstica ou de xénero". Dito deste xeito, sen maior aclaración, unha nena cuxa nai sufra violencia de xénero (é dicir, unha nena vítima que debe ser protexida xunto coa súa nai) podería ser derivada aos servizos de protección de menores (así o establece o artigo 43 da LOPIVI) malia ter unha nai protectora.

Polo tanto este apartado debe ser eliminado ou polo menos matizado para non levar a interpretacións problemáticas.


6.- Servizos de "conciliación" e psicosociais.

O artigo 28 da LOPIVI establece que en caso de ruptura familiar "o xulgado que coñeza dun procedemento derivado do conflito parental (...) poderá derivar aos proxenitores (...)" aos servizos nomeados anteriormente.

Respecto diso debemos dicir que é paradoxal que a mesma lei inclúa este artigo xunto con outro que prohibe o uso da suposta síndrome de alienación, pois a expresión "conflito parental" é sinónimo na práctica da ideación gardneriana (páxina 100). Por iso pedimos que se elimine este término da lei.

Por outra banda, ao non estar definido que significa "servizos de conciliación", incluílos nunha lei que os fai aplicábeis segundo o criterio do xuíz supón un risco de inseguridade xurídica de primeira orde. Polo tanto pedimos a súa eliminación do texto normativo.

Para finalizar este apartado, os equipos psicosociais actúan a día de hoxe nun absoluto baleiro legal, pois forman parte dos Institutos de Medicina Legal e Forense que, segundo afirmaba un informe do Valedor do Pobo de Galicia do ano 2015,  (páxina 995 en adiante) carece de base normativa para operar (os decretos establecen que a función destes institutos está circunscrita ao ámbito da saúde, en ningún caso á rama do social). Polo tanto, ou ben se regulan ou ben terían que deixar de existir e entanto deberían quedar non operativos.


7.- Puntos de encontro familiar. Desde fai anos solicitamos que se modifique a regulación dos puntos de encontro en varios sentidos:

a) Serán de titularidade pública, cunha selección de persoal con criterios de formación específica en materia de violencia de xénero e maltrato infantil.

b) Contemplaran-se dúas tipoloxías: os centros que simplemente serven como lugar intermedio para as recollidas e chegadas de proxenitores/as e fillos e fillas; os centros aos cales acoden vítimas tanto de violencia de xénero como de maltrato infantil, que require outras medidas de seguridade e formación máis estritas.

c) O servizo debe vertebrarse, en calquera das dúas modalidades ao redor do neno ou nena que acode e deberán incluírse como causa para a interrupción ou suspensión da visita que o neno ou nena non se atope en disposición de realizala ou que exista unha negativa á súa realización, do cal deberá ser informado con carácter urxente o órgano derivante.

d) Dada a presenza reiterada da ideoloxía ligada á suposta síndrome de alienación parental nos informes de puntos de encontro e á relevancia da información que estes equipos aportan nos procedementos xudiciais, deberán realizarse un labor de reeducación destes equipos profesionais de forma periódica.


8.- Prohibición da suposta síndrome de alienación parental. Aínda que se deu o paso de prohibir formalmente o sap a través da LOPIVI, (artigos 11.3 e 26.3.a) ao noso parecer é insuficiente si non se acompaña dun sistema de inspección e sanción para a súa eliminación.

Por outra banda, dada a capacidade camaleónica do construto misóxino, creemos imprescindíbel incluír na nova lei unha definición que contemple tanto as liñas argumentativas como as accións que propón. De feito, a mellor forma de facer inaplicábel o SAP é prohibir o que Gardner chamou "terapia da ameaza", que é o fin último que persegue, é dicir, criminalizar á nai que denuncia e lograr que sexan as propias institucións as que exerzan a violencia contra muller, nenos e nenas.

Nas nosas achegas á LOPIVI faciamos a seguinte proposta de ampliación do artigo 10 bis, que volvemos traer aquí:

"..., co fin de restar valor ao testemuño dunha vítima ou testemuña menor de idade ou como base para establecer modificacións do réxime de comunicacións dos fillos e fillas coas súas proxenitoras.

Evitarase, así mesmo, que poidan ser sometidos a terapias ou medidas de vinculación paterno-filial aqueles nenos, nenas ou adolescentes que presenten rexeitamento cara a un proxenitor, baseándose nas premisas da síndrome de alienación parental.

Non será imprescindíbel o uso explícito do término "síndrome de alienación parental" para definir a súa utilización, senón que poderá ser identificado a través doutras terminoloxías análogas ou por medio dos seus fundamentos discursivos e de procedemento:

1. Utilizar terminoloxía relativa á influencia de terceiros sobre o relato do neno ou nena, co fin de definilo como falso ou pouco fiábel.

2. Usar terminoloxía que arroxe xuízos de valor sobre posíbeis intencións non demostradas obxectivamente por parte do proxenitor ou proxenitora que realiza a denuncia.

3. Ignorar a vontade expresada polo neno, pícara ou adolescente respecto ao réxime de custodia e visitas en base ao conflito existente entre os proxenitores.

4. Modificar ou propoñer a modificación do réxime de custodia ou visitas utilizando como argumento a existencia de condutas obstrucionistas ou non colaboradoras por parte dun dos proxenitores.

5. Modificar ou propoñer a modificación do réxime de custodia ou visitas cando exista rexeitamento por parte do neno, nena ou adolescente para o seu cumprimento, argumentando que devandito rexeitamento débese á presenza de influencia por parte do outro proxenitor e/ou da súa familia.

6. Establecer ou propoñer o establecemento de terapias de mediación, familiares ou doutro tipo co fin de revincular afectivamente a un neno, nena ou adolescente que presente rexeitamento cara a un proxenitor ou proxenitora ao que identifica como autor de actos de violencia de xénero ou maltrato infantil.

7. Establecer ou propoñer o establecemento de medidas cuxa finalización dependa da modificación do rexeitamento do fillo ou filla cara ao proxenitor ou proxenitora e a aceptación por parte do primeiro do réxime de custodia ou visitas.

8. Establecer ou propoñer o establecemento de períodos de incomunicación entre un proxenitor ou proxenitora e o neno, pícara ou adolescente, argumentando que o rexeitamento cara ao outro proxenitor sería froito de influencia externa.

Os actos descritos levarán parellas responsabilidades civís e penais por parte dos profesionais que os cometan
"

9.- Prohibir a utilización de recursos de coordinación parental, establecendo como único recurso legalmente establecido o da mediación e a través do listado de profesionais acreditados polo Ministerior de Xustiza.

Por outra banda deben establecerse mecanismos de control dos procedementos de mediación ou "terapéuticos" para evitar que sexan empregados como forma de presión (aínda que non é facilmente demostrábel, dado que na intervención están presentes tan só o equipo técnico e ambos proxenitores, chegan ás asociacións de forma constante relatos de mulleres vítimas ou nais de vítimas que foron premidas para aceptar un réxime de vistas ou custodia por medio da ameaza de informar negativamente sobre elas). Este tipo de situacións prodúcense tanto nos equipos psicosociais adxuntos aos xulgados como nos equipos de mediación, nos gabinetes de orientación familiar ou similares e en determinadas terapias psicolóxicas ás que son derivadas estas mulleres. O mecanismo de control debe contemplar o procedemento desde o seu inicio, é dicir, desde o acto de información ás partes para que poida detectarse calquera anomalía.


10.- Violencia vicaria. A nosa asociación quere advertir do risco de que devandito concepto poida chegar a chocar con dereitos fundamentais dos nenos, nenas e adolescentes si non se teñen as cautelas necesarias e si non se garante o respecto á validez do manifestado por o/a menor de idade. Por iso solicitamos que se establezan as seguintes pautas de aplicación:

a) Modificación do vocábulo utilizado, dado que redirecciona a violencia inflixida á persoa menor de idade cara a unha terceira (a nai), perdendo entidade a violencia que sofre de forma directa. O neno ou nena pasa a ser un mero obxecto, perdendo por iso status xurídico.

b) Debe recoñecerse que toda violencia dirixida contra un neno ou nena nun contexto de violencia machista é á súa vez violencia contra a nai, con todas as previsións e deberes de protección que iso supón.

c) Debe eliminarse da definición deste tipo de violencia a expresión "co fin de causarlle o maior e máis grave dano" (á nai), pois invisibiliza que é necesario o propósito de causar dano ao neno ou nena.

Desde o noso punto de vista é violencia machista igualmente dado que se enmarca no concepto de familia patriarcal e é resultado da perda de control do vitimario sobre os compoñentes do grupo familiar. Con todo, consideramos prexudicial para o status do neno e da nena que se entenda esta forma de violencia como unha forma de danar á muller (aínda que efectivamente cause ese dano), restando importancia á vítima directa, é dicir, a vítima menor de idade.

d) Non debe ser un mero recoñecemento formal, senón que debe converterse nun instrumento capaz de previr este tipo de violencia, recoñecela, investigala, establecer as medidas de protección necesarias para ambas vítimas (nai e fillo ou filla) e establecer as medidas penais pertinentes. De nada serviría un recoñecemento formal si non se acompaña das medidas que o fagan aplicábel a favor da vítima.

e) A aplicación deste concepto en ningún caso debe supoñer restar valor ao testemuño infantil ou a vontade expresada polo neno, nena ou adolescente sobre o establecemento do réxime de custodia ou visitas con calquera dos seus familiares.

f) Debe prohibirse taxativamente a aplicación de terapias de revinculación forzada da relación afectiva do neno, nena ou adolescente con calquera membro da familia.


11.- Recuperar o concepto de coeducación no ámbito educativo como instrumento de transformación social no marco de dereitos humanos e de igualdade. Evitara-se custe o que custe, como se viu nalgúns borradores de proxectos normativos recentes, que se establezan como indicadores da necesidade de intervir o feito de que un neno, nena ou adolescente mostre afeccións, gustos, estética, etc distintas ás que se supón "propias" do seu sexo. Por outra banda garantira-se que cada adolescente finaliza libremente o seu proceso de afirmación da identidade e orientación sexuais, perseguindo os comportamentos discriminatorios e normalizando a idea da diversidade sexual pero actuando baixo o principio de mínima intervención e sobre todo evitando intervencións de consecuencias irreversíbeis ou con efectos secundarios severos ou insuficientemente estudados.


Por todo o cal,

SOLICITAMOS que as nosas propostas sexan incluídas no presente trámite de información previa e que se nos teña en conta ao longo da tramitación parlamentaria da modificación da Lei 1/2004.

Atentamente:

Ferrol, a 9 de novembro de 2021


Documentación:

Consulta publica previa. | Anteproxecto de lei orgánica pola que se modifica a lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. | Ministerio de igualdade | Secretaría de estado de igualdade e contra a violencia de xénero | Delegación do goberno contra a violencia de xénero. | Acceder/Baixar.

Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. | BOE núm. 313, de 29/12/2004. Entrada en vigor: 28/01/2005 | Acceder/baixar.







Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME): Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente [+Info].
_______

martes, novembro 09, 2021

#taméneu o novo libro de María Xosé Porteiro, preséntase o xoves día 11 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán - A autora opina sobre a revolución feminista en setenta e sete traballos xornalísticos

[Ateneo Ferrolán] Presentación do libro #taméneu.
Xoves día 11 de novembro ás 19 h.


#taméneu o novo libro de María Xosé Porteiro, preséntase o xoves día 11 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán.
 
A autora opina sobre a revolución feminista en setenta e sete traballos xornalísticos.
 
María Xosé Porteiro recibiu senllos recoñecementos pola súa labor a prol do feminismo, en 2019, co premio 1º de maio de CCOO, e en 2020, co Ernestina Otero, da Comisión das Mulleres do concello de Vigo. Desde os anos 80 publicou innumerábeis pezas xornalísticas sobre desta temática. A partir de 2017 dirixe o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura e nesta xeira participou en numerosos estudos e investigacións desde a súa comisión de Igualdade.
 
A edición de #taméneu é da editora luguesa, LAR_libros, que inaugura con esta obra unha colección de opinión, e que participará na presentación. Acompañan a autora a directiva do Ateneo Ferrolán, Sonia Mauriz Pereira, e a prologuista, Llerena_Perozo.
 
Chama a atención a portada, coas cores identificativas do feminismo e unha imaxe en branco e negro do fotógrafo Vitín_de_las_Heras, dunha manifestación feminista na Praza da Constitución, en Vigo, en 1983.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
9 de novembro de 2021 19:28

_______

venres, outubro 29, 2021

O Círculo de Podemos de Ferrol pídelle ao Goberno Local que impulse puntos violeta no municipio


O Círculo Podemos pídelle ao Goberno Local que impulse puntos violeta no municipio

Carmen Espiñeira, enlace de feminismos de Podemos Ferrol: “Acabar coas violencias machistas require do compromiso de toda a sociedade, por iso é importante involucrar á veciñanza como parte da solución”.   

O Círculo Podemos Ferrol vén de presentar un requirimento para que o Goberno Local impulse a creación de ‘puntos violeta’ no municipio. Esta medida vén estipulada no ‘Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero’ do Ministerio de Igualdade.

Acabar coas violencias machistas require do compromiso de toda a sociedade, por iso é importante involucrar á veciñanza como parte da solución”, indica a enlace de feminismos municipal de Podemos Ferrol Carmen Espiñeiraaplaudimos esta medida do Ministerio de Igualdade porque vai nese senso e pedímoslle ao Concello que se comprometa a levala a cabo”.

‘Punto Violeta’ consta de tres puntos principais. Por unha banda, busca implicar a toda a sociedade na loita contra as violencias machistas. Por outro quere achegar a información dos servizos integrais ás vítimas a través da súa contorna. Finalmente, ten como obxectivo facilitar información sobre como actuar ante un caso de violencia machista a establecementos, entidades, empresas, organismos públicos.

Indica Carmen Espiñerira que “moitas veces unha muller en situación de violencia non sabe onde acudir. Cos puntos violetas esténdese a protección de estas mulleres á súa vida cotiá, o que facilita que se poidan informarse e sentirse arroupadas de maneira máis inmediata”.

Ademais, a formación considera que este tipo de iniciativas facilitan a concienciación da veciñanza respecto a unha cuestión de extrema gravidade como son as violencias machistas ao sentirse tamén como parte da solución.

Ferrol, 28 de outubro, 2021
 
Área de Comunicación e Prensa Podemos Ferrol
Susana López Verde
ferrol@circulospodemos.info
 
Enlace de Feminismos Podemos Ferrol
Carmen Espiñeira Vila
ferrol@circulospodemos.info
 
Voceiro Municipal Podemos Ferrol
Xosé Iglesias
ferrol@circulospodemos.info

Enviado por:
Podemos Ferrol
-ferrol@circulospodemos.info-
28 de outubro de 2021 12:14

_______

mércores, outubro 13, 2021

Conversas Feministas: Economía Feminista - Acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, que terá lugar o venres 22 de outubro, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido (Ferrol)


Conversas Feministas: Economía Feminista

Acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, que terá lugar o venres 22 de outubro, ás 19:00hs no Centro Cívico de Canido (Ferrol).

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
12 de outubro de 2021 21:11

_______

sábado, setembro 18, 2021

Resposta do Feminismo Galego ante un novo asasinato machista - Sábado 18 de setembro, ás 8 da tarde, en Ferrol, Cabanas e As Pontes, como noutras cidades e vilas da Galiza, están convocadas concentracións de repulsa - Basta de feminicidios, o machismo mata !


Basta xa de Feminicidios !

Resposta na rúa do feminismo galego ante un novo asasinato machista, desta vez n'A Coruña, no barrio d'O Birloque, onde foi brutalmente asasinada Mónica Marcos.

Concentracións este sábado 18 de setembro, ás 8 da tarde,
💜 en Ferrol, na Praza de Armas diante do Pazo Municipal,
💜 Cabanas, diante da Casa do Concello
💜 e As Pontes, na Praza do Hospital,
como noutras cidades e vilas da Galiza, van ter lugar concentracións de repulsa.

O asasino xa tiña antecedentes por violencia machista contra a dúas ex-parellas, en Canarias.

...“estamos fartas de que non se ille aos agresores nos nosos contornos máis próximos, onde nace e se perpetúa a violencia. De que se reproduza a educación machista e a discriminación que marca a lume o noso rol social a través das familias” e coa denuncia de que “todas aquelas persoas que negan a violencia machista, ou ben que a xustifican negando que o único motivo dos asasinatos é o patriarcado, é cómplice de cada asasinato”...

Basta de feminicidios, o machismo mata !

MAPA DOS FEMINICIDIOS NA GALIZA:

http://feminismo.info/feminismo/feminicidio/

#Feminicidio

#ViolenciaMachista

#MachismoMata

#RespostaFeminista


"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Info baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
17 de setembro de 2021 08:58

_______

luns, setembro 13, 2021

Liquar o sexo (II): menores, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
13.09.2021


LIQUAR O SEXO (II) : MENORES.

Rematou o tempo de alegaçons à "Lei Trans" [1] em pleno agosto sem que se desse o necessário debate social sobre umha lei que entendemos, polo menos as feministas, que supom passos atrás em matéria de igualdade e um fortalecimento dos estereótipos de género, fortemente induzidos sobre todo na infáncia e adolescência.

Profissionais da saúde que levam acumulando experiência por anos de serviço, estudo e dedicaçom a atender às pessoas transexuais, debatiam sobre qual é o melhor enfoque para tratar a chamada até agora "disforia de género",[2] e que passará no ano 2022 a chamar-se "discordáncia de género" dentro do novo CIE-11 (OMS) para diagnóstico e monitoreo de problemas de saúde. A Lei Montero, sem recavar a sua opiniom e assessoramento, aposta decididamente pola intervençom afirmativa, que nom tem em conta antecedentes, causas ou razons que precedem ou acompanham a apariçom da disforia de género, limitando o papel das profissionais da saúde a acompanhamento na hormonaçom e cirurgias.

A Lei impom este enfoque ademais, desprezando as evidencias científicas que asseguram que o 80% das disforias de género que aparecem na infáncia e na adolescência desaparecem com a idade adulta, impedindo a profissionais dar a atençom adequada a cada caso, pois com a aprovaçom da lei só se lhes vai permitir assegurar a transiçom (hormonas e cirurgia) nom questiona-la. Razom polo que cada vez mais vozes asseguram que esta lei nom vai de resolver os problemas das pessoas trans, senom que os vai negar, favorecendo que entre a infáncia e adolescência se reafirme o sofrimento e a confusom.

Na Galiza, desde a associaçom Arela (Famílias de Infáncias Trans) com o apoio de instituçons como a Deputaçom da Corunha, achega-se aos centros escolares materiais divulgativos que nom questionam os estereótipos de género, senom que os amplificam. No caderno dirigido à educaçom primaria realizam a seguinte pergunta: "Crês que é justo para as mulheres e pessoas trans que se lhe obrigue de qualquer maneira que modifiquem o seu corpo para encaixar nos estereótipos de género?" Pois a Lei que tanto aplaudem vai fechar todas as portas, salvo a da luita constante contra o próprio corpo. Mas em todo caso "encaixar" nos estereótipos de género nom semelha ser soluçom, e sim problema para as mulheres e nenas que os sofrem como opressom.

Estes materiais didáticos, mostram entre outras, como exemplo de vidas trans a Avery Jackson, que com 9 anos apareceu na portada do National Geografic. Umha criança nascida neno que junto à sua família assegurava ser nena, cores rosa e vestidos de princesa incluídos, porque em palavras da própria família "queria vestir de nena". Pouca liberdade, depois dessa exposiçom pública, se lhe deixa à criança para incluir-se nesse 80% que supera a disforia com a entrada na idade adulta.

Em EEUU, o transgenerismo logrou que haja na actualidade umha lista de 30.000 nenas aguardando por umha extirpaçom dos peitos (mastectomía), vidas postas ante um espinhento caminho interminável (menopausa na mocidade, atrofia vaginal, entre outros efeitos irreversíveis ou secundários por  tomar testosterona; histerectomia -extirpaçom do útero- e ooforectomia -extirpaçom dos ovários-). O debate é internacional, e hai avanços e retrocessos. O feminismo começa a poucos a reagir a nível mundial contra a ofensiva Queer. Austrália, com leis trans em vigor, vem de meter baixo vigiláncia judicial umha clínica da identidade de género onde se receitavam bloqueadores da puberdade, hormonaçom e cirurgias em menores. Escócia, Suécia, Inglaterra... vam-se somando à lista de países que aprovarom leis de identidade de género e que estám dando passos atrás ao ver os efeitos das mesmas, sobre todo nas adolescentes. Aqui umha opiniom pública sobre-passada com a intensidade dos problemas aumentados no médio dumha pandemia, olha de esguelho este tema e assume acriticamente a mensagem de que se trata dum avanço em direitos, a maioria dos partidos de esquerda incluídos.

O transgenerismo, claramente liderado por homens que transicionarom, agora mimetizado em transfeminismo, é um fenómeno mundial que afeita maioritariamente às nenas e mulheres, que vem nel, um caminho aberto para fugir dos mandatos de género que resultam em opressom para elas. Som o 70% , mas som o 70% silenciado. Só este feito, esta super-representaçom das moças na disforia de género devera ser suficiente para concluir que se trata dum produto das sociedades patriarcais. O 70% que a lei vai deixar nas mans do enfoque afirmativo, sem opçons a ser tratadas por especialistas que estudem o seu caso, que para umha maioria vai resultar dum lesbianismo nom admitido, como nom podia ser doutro jeito nas sociedades profundamente homófobas que ainda habitamos. Mas hai outras  (autismo, abuso sexual, comorbilidade derivada de doenças mentais nom tratadas...). As nenas e adolescentes som botadas no cesto das hormonaçons e cirurgias irreversíveis, para alcançar o inalcanzável, o cambio de sexo.

Quando a coeducaçom ainda está em cueiros no nosso sistema educativo, o transgenerismo queer vai irromper com todo o peso da lei coa ideia de que só o sexo sentido e nom o biológico é o registável; a ideia de que ser mulher é um sentimento; a ideia de que os géneros, como construçom baseada em estereótipos é sobre o que as crianças devem construir a sua identidade e legitimar a manipulaçom e amputaçom dos corpos para adequa-los ao desejo, próprio ou induzido. A lei vem acompanhada dum importante bloco punitivo para quem questione estes dogmas de fé, no mundo da educaçom, da saúde ou na família.

A direita, que mostrou oposiçom à lei do divorcio e a do aborto; que se mobilizou contra a Lei de Igualdade, que fala de denúncias falsas e nega a violência machista, fomenta como o transgenerismo, os géneros. A diferenciaçom por sexos nos uniformes escolares, a segregaçom por sexos nos seus colégios de elite mais integristas, o papel das mulheres e nenas na religiom... tenhem a mesma base acientífica e patriarcal que a afirmaçom de que se um neno joga com bonecas ou a Frozen ou Barbie na PS4, ou a Girl's Fashion Shoot na Nintendo, é umha nena; e se umha nena gosta do futebol ou nega-se a pôr umha saia é um neno. Ao apartar o apoio psicoterapéutico à adolescência com disforia, abre-se a porta da captaçom da mocidade polas organizaçons religiosas que "por médio da fe" ajudaram a assumir o próprio corpo e de passo, as doutrinas associadas à salvaçom, incluindo os mandatos de género moi claros em todas as religions.

A situaçom em Afganistam, as inacabáveis vítimas lançadas à fossa comum do feminicídio ou as redes de prostituiçom de nenas na Galiza venhem de dar umha labazada de realidade e colocar a agenda feminista na urgência de todas nós. E o trangenerismo choca frontalmente com ela. O género nom pode seguir a construir a nossa identidade, levamos vários séculos pelejando contra estes estereótipos, seguiremos luitando contra eles, nom contra os nossos corpos, nem para oculta-los nem para mutila-los. O género hai que aboli-lo.

25 de agosto de 2021


[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, pertence à directiva de  AGAMME. É mestra xubilada, feminista e activista social (serviços públicos, água, remunicipalizaçom, medio ambiente...). Forma parte do Colectivo Ártabra 21.  Blogue persoal: Caranza free opiniom | Facebook | Twitter.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
11 de setembro de 2021 08:30

http://lupeces.blogspot.com/

_______

[1] Documentación: O anteproxecto finalmente é unha fusión das dúas propostas lexislativas sectoriais nas que estaba traballando o Ministerio de Igualdade: unha Lei Trans e unha lei LGTBI. Así, pasa a denominarse Anteproxecto de Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI. Que foi aprobado polo Consello de Ministras e Ministros, para pasar ao trámite parlamentario. | 29 de Xuño de 2021.  | Acceder/Baixar.

Documentación extensa. | Acceder/Baixar.


[2] Dumentación: Disforia / Incongruencia (Discordancia) de Xénero (CIE-10 e CIE-11). | Acceder/Baixar
.


Relacionado:

✔ Liquar o sexo (I), ... Por Lupe Ces | Ir ao artigo en Ártabra 21.
_______

venres, xullo 16, 2021

Debate no Regueifas 14, con Rosa Almirall, Aitzole Araneta, Ángeles Álvarez e Isabel Esteva, presentado por Manuel Vicente, baixo o epigrafe central: debe-se permitir a autodeterminación de xénero? - Lei Trans - Vídeo da Regueifa


De fondo a Lei Queer (chamada Lei Trans), en debate no Regueifas 14, con Rosa Almirall, Aitzole Araneta, Ángeles Álvarez e Isabel Esteva, presentado por Manuel Vicente, baixo o epígrafe central: debe-se permitir a autodeterminación de xénero?GRAZAS!

#Regueifas14 foi un debate emocionante e intenso sobre un tema moi complexo, dende #RegueifasDeCiencia desexamos que vos resultara interesante e útil.

Débese permitir a autodeterminación de xénero?

Segunda #RegueifaDeCiencia de 2021, celebrada o 15 de xullo, de forma totalmente online.

Defendendo o "si":

Rosa Almirall: creadora do Servizo Trànsit (Institut Catalá de la Salut)

▪ Aitzole Araneta: sexóloga e Técnica de Igualdade.

Defendendo o "non":

Ángeles Álvarez: consultora en Políticas de Igualdade, ex-deputada do PSOE e feminista.

Isabel Esteva: ex-coordinadora da Unidade de Transexualidade e Identidade de Xénero do Hospital de Málaga.

Grazas ás 4 relatoras: Rosa Almirall, Aitzole Araneta, Ángeles Álvarez e Isabel Esteva, por ensinarnos tanto sobre un tema tan cheo de matices.
.
Grazas ao noso presentador e "regueifeiro" Manuel Vicente (Efervesciencia) e a todo o equipo técnico, así como á Universidade de Santiago de Compostela e á F E C Y T · Ciencia e Innovación · por facer posible cada regueifa.
.
Grazas ás Intérpretes de Lingua de Signos de Acopros Galicia por facer máis accesible este debate.
.
E por suposto, grazas a vós por acompañarnos e participar!



Para quen non puido velo en directo, xa o tedes dispoñible na nosa canle de Youtube: https://bit.ly/36Mp1HD

Vémonos na seguinte, que será en setembro
.
( A persoa gañadora do pack camiseta + taza está anunciada nas nosas historias).

Regueifas de Ciencia celebrouse por primeira vez en 2016 e podes ver todos os debates na nosa canle.

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela, financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Ciencia e Innovación.

Máis información en
https://www.regueifas.org

No Facebook. | No Twitter.

info@regueifas.org

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
16 de julho de 2021 08:00

http://lupeces.blogspot.com/

_______

✅ Documentación: O anteproxecto finalmente é unha fusión das dúas propostas lexislativas sectoriais nas que estaba traballando o Ministerio de Igualdade: unha Lei Trans e unha lei LGTBI. Así, pasa a denominarse Anteproxecto de Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI. Que foi aprobado polo Consello de Ministras e Ministros, para pasar ao trámite parlamentario. | 29 de Xuño de 2021.  | Acceder/Baixar.

Documentación extensa. | Acceder/Baixar.

Documentación: Disforia / Incongruencia (Discordancia) de Xénero (CIE-10 e CIE-11). | Acceder/Baixar.
_______