Amosando publicacións coa etiqueta Marcha Mundial das Mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marcha Mundial das Mulleres. Amosar todas as publicacións

martes, marzo 22, 2022

O feminismo galego, ante un novo feminicidio, convoca concentracións, en Ferrol e n'As Pontes, como noutras cidades e vilas da Galiza, en repulsa polo asasinato machista de Jéssica Méndez, no concello de Barro - Todas as mobilizacións este martes 22 de marzo, ás 8 da tarde



Con motivo do asasinato machista de Jéssica Méndez Iglesias, de 29 anos, en Barro (Pontevedra), o feminismo galego convoca:

💜 CONCENTRACIÓN EN FERROL
Martes, 22 de Marzo, ás 8 da tarde.
Na Praza de Armas (Diante do Pazo Municipal)


💜 CONCENTRACIÓN N'AS PONTES
Martes, 22 de Marzo, ás 8 da tarde.
NA PRAZA DO HOSPITAL


O feminismo galego convoca concentracións en repulsa á violencia machista en toda Galiza

📍Até agora están confirmadas as seguintes concentracións:

💜 A Coruña, 20h no Obelisco
💜 A Guarda, 20h Praza do Reloxo
💜 Ames, 20h Praza da Maia
💜 As Pontes, 20 h Praza do Hospital
💜 Betanzos, 20h detrás do palco da música
💜 Catoira, 20h Praza da Pedra
💜 Compostela, 20h Praza 8 Marzo
💜 Ferrol, 20h diante do Concello
💜 Lugo, 20h diante do Concello
💜 Moaña, 19.15h Praza do Concello
💜 O Porrriño, 20h Praza do Concello
💜 Ourense, 20h na Castañeira
💜 Pontevedra, 20h Praza da Peregrina
💜 Vigo, 20h no Marco
💜 Vilagarcía, 20h Praza de Galiza

#MachismoMata #Feminicidio #Acoso #ViolenciaMachista #Machismo

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientase cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan arredor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movementos sociais progresistas.

Info baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
21 de março de 2022 16:41

_______

mércores, marzo 16, 2022

A xornalista e profesora de comunicación cubana Dixie Edith estará de xira pola Galiza neste mes de marzo, en Ferrol, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, será no Ateneo Ferrolán, o venres 25 de marzo, ás 7 da tarde

 



Cuba: mulleres e revolución!

A xornalista e profesora de comunicación cubana Dixie Edith Trinquete Díaz estará de xira pola Galiza neste mes de marzo, non vos perdades as charlas!

👉 23 Marzo ás 19.30h Compostela
Organizada pola Marcha Mundial das Mulleres e Tamborililás Compostela - Batukada Transfeminista na Casa do Peixe
https://csadosar.wordpress.com/

👉 24 Marzo ás 19.30h Vigo
Organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a Marcha Mundial das Mulleres na sede da Francisco Villamil.

👉 25 Marzo ás 19h Ferrol
Organizada pola Marcha Mundial das Mulleres no Ateneo Ferrolán.
A xira é posíbel grazas ao Movemento de Solidariedade con Cuba.

#Cuba #MulleresERevolución #MulleresCubanas #NonAoBloqueo
_______

domingo, marzo 06, 2022

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra difunde a convocatoria de Galegas8M: Nin escravas nin heroínas, mulleres con dereitos xa! -


A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra difunde a seguinte convocatoria de Galegas8M

MOBILIZACIÓN DE GALEGAS8M EN FERROL O MARTES 8 DE MARZO

As mulleres de Galegas 8M na comarca ferrolá convocamos unha mobilizaciónn o día 8 de marzo en Ferrol, con saída ás 20 horas da Praza de España. Este ano o lema escollidos por Galegas 8M é “Nin escravas nin heroínas, mulleres con dereitos xa!”, co que queremos expresar que dunha vez por todas vexamos cumpridas as demandas do feminismo para que as mulleres deixemos de ser cidadás de segunda. As mulleres queremos que se recoñeza o noso traballo con salarios dignos e con dereitos, queremos vivir en liberdade sen violencias, queremos servizos públicos que melloren as condicións de benestar das persoas dependentes e nos liberen de asumir os coidados como unha responsabilidade exclusiva nosa. Sabemos que somos esenciais para o desenvolvemento e benestar da sociedade mais non precisamos aplausos senón dereitos.

As nosas demandas explicítanse no manifesto de Galegas 8M para este 2022 e destacamos aquí algunhas delas: políticas públicas efectivas deseñadas polos feminismos, sistema educativo en que a igualdade e a diversidade sexan centrais, erradicación das violencias pondo para este obxectivo todo tipo de medios e recursos necesarios, belixerancia dos poderes públicos coa industria da trata, políticas que revertan a destrución do medio rural, erradicación da fenda salarial e das pensións, a precariedade dos traballos de coidados, etc.

As mobilizacións convocadas en Galiza pola plataforma do movemento feminista galego Galegas8M percorrerán as rúas en vinte e nove localidades o próximo martes 8 de Marzo.

#Galegas8M

http://galegas8m.gal/

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
5 de março de 2022 18:56

_______

mércores, febreiro 16, 2022

Presentación en Ferrol da obra colectiva: 'Cómplices. A violencia machista institucional', o venres 18 de febreiro, no Ateneo Ferrolán - Ademais da coordenadora e coautora da obra, Iria Vázquez Silva, participará no acto a tamén coautora Lola Ferreiro Díaz, presentando o acto, pola Marcha Mundial das Mulleres, Esperanza Vidal Martínez


Presentación en Ferrol da obra colectiva: "Cómplices. A violencia machista institucional", o venres 18 de febreiro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

Ademais da coordinadora e coautora da obra, Iria Vázquez Silva, participará no acto a tamén coautora Lola Ferreiro Díaz, presentando o acto, pola Coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres, Esperanza Vidal Martínez.

Cómplices. A violencia machista institucional
Iria Vázquez Silva
Editorial Galaxia

Unha publicación máis que imprescindíbel.

Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo. A autora explora varios eidos institucionais, cos que tivo ontacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
_______

martes, novembro 23, 2021

As mulleres da Marcha Mundial centran as denuncias deste 25N no papel da xustiza que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres - En Ferrolterra o xoves 25 de novembro, na Praza do Concello de Fene, ás 17:30hs


As mulleres da Marcha Mundial decidimos centrar as denuncias deste 25N no papel da xustiza que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres.

O sistema patriarcal irradia todos os ámbitos da nosa vida, tamén no institucional, as leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres que non é efectivo.

Campañas con promesas de protección, atención e axuda do aparello institucional fican baleiras de contido. Cada día as mulleres que denuncian violencia machista ven violentados os seus dereitos: o dereito á defensa, á protección das crianzas e á protección fronte aos seus agresores. Neste proceso falla o asesoramento, hai eivas de redacción no atestado policial que afectará a posteriori, medidas cautelares insuficientes, informes que revitimizan ás mulleres, unha xudicatura machista, falta de formación, de empatía e implicación dos axentes que interveñen nos procesos xudiciais, falta de xulgados específicos, etc.

Por isto este 25 de Novembro baixo o lema

"COMBATER A XUSTIZA PATRIARCAL PARA ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA"

convocamos mobilizacións en 27 localidades galegas.

En concreto na nosa comarca, convocamos en Fene, diante da Praza do Concello ás 17.30, un acto para lembrar as vítimas dos feminicidios dos anos 2020 e 2021 e para denunciar o funcionamento da xustiza, que dá as costas ao clamor social por unha verdadeira xustiza para as vítimas de violencia machista.

Ferrol, 22 de novembro de 2021.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Info baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de novembro de 2021 23:11

_______

luns, novembro 22, 2021

En Ferrolterra e no Eume como noutros lugares da Galiza, este 25N o feminismo galego mobiliza-se contra as violencias machistas - En Fene ás 5 da tarde na Praza do Concello e n'As Pontes ás 20:30hs na Praza do Hospital - Este Día internacional contra a violencia machista 2021: Combater a Xustiza Patriarcal


25N COMBATER A XUSTIZA PATRIARCAL PARA ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA

📣 Mobilizámonos contra as violencias machistas!!!
📣 Convocatorias do feminismo galego 👇👇💜

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

➡️ A Coruña, 20h Manifestación! dende o Obelisco
➡️ A Estrada, 20:30h Diante do Concello
➡️ As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital.
➡️ Betanzos, 20:30 h detrás do Palco da Música
➡️ Carballo, 20:00h na Praza do Concello
➡️ Chantada, 20h na Praza do Cantón
➡️ Compostela, 20:00h Praza 8 de Marzo
➡️ Fene, 17h na Praza do Concello.
➡️ Lugo, 19.30h diante do Xulgado.
➡️ Muros, 20h diante do Concello
➡️ O Porriño, 20:00h. na Praza do Concello
➡️ Ourense, 12h diante dos xulgados novos 20h Manifestación dende Subdelegación do Goberno
➡️ Val Miñor, 20h no Cruce da Ramallosa.
➡️ Vilaboa, 19.30h diante do Concello
➡️ Vila de Cruces, 20:30h Praza do Concello
➡️ Vigo, 20h Manifestación! dende Vía Norte

#ViolenciaMachista #XustizaPatriarcal #SeEMachistaNonEXustiza #RespostaFeminista #FeminismoParaVivir #MachismoMata #BastaDeMachismo

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Info baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de novembro de 2021 11:27

_______

mércores, outubro 13, 2021

Conversas Feministas: Economía Feminista - Acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, que terá lugar o venres 22 de outubro, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido (Ferrol)


Conversas Feministas: Economía Feminista

Acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, que terá lugar o venres 22 de outubro, ás 19:00hs no Centro Cívico de Canido (Ferrol).

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
12 de outubro de 2021 21:11

_______