Amosando publicacións coa etiqueta Mugardos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mugardos. Amosar todas as publicacións

domingo, agosto 26, 2007

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, desprazouse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego

Onte sábado, unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desprazáronse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego, o máis grande de Galiza [438,91 km²], mais pouco poboado [sobre uns 5.000 habitantes].

O motivo do desprazamento foi porque ese sábado, 25 de agosto, o Presidente Zapatero estivo na Fonsagarada nun acto político e un xantar. A veciñanza valorou que era un bon momento para amosar as faixas reivindicativas e o despropósito gasístico que están a facer no corazón da Ría de Ferrol.

Ía-se coa intención de poder achegar-se até Zapatero para entrevistar-se e entregar-lle a documentación do despropósito gasístico, mais sendo conscentes do difícil do asunto.

Outro obxectivo era o do efecto mediático, pois aun Presidente de Goberno, siguen-lle dúcias de medios informativos, polo que non se podía desaproveitar a ocasión, como así foi.

Nas inmediacións do polideportivo municipal, colocaronse, ben visíbeis, as faixas reivindicativas e denunciadoras contra REGANOSA e reapartiron-se boletíns informativos entre as persoas que acudiron ao acto, entre as que estaban xornalistas e representantes institucionais, políticos, ... Varios centos de exemplares do Boletín Informativo nº 13 do Comité Cidadán espalláron-se polo lugar.

Segundo informa o Coordenador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro, á mesa onde estaba o Presidente do Goberno, chegou o citado Boletín Informativo, de mans do Subdelegado do Goberno en Lugo e do Senador Luís Angel Lago Lage que se entrevistaron con Luz Mariña Torrente, Presidenta da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá" e representantes da veciñanza de Mugardos pechada na o Casa do Concello.

Achégase dito boletin nº 13
__________________



[Clicar no enlace ou acima da imaxe para entrar na Galería de diapositivos]


Platorma Veciñal "O Cruceiro de Meá
http://ocruceiromeha.blogspot.es/
ocruceiromeha@yahoo.es
_____________

Video enviado pola A.C. Fuco Buxán






fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@gmail.com

_____________

Noticia da Axencia Galega de Noticias:

Reganosa
O subdelegado do Goberno de Lugo entregaralle a Zapatero un informe do Comité Cidadán

Ramudo. AGN (Lugo).

Medio cento de manifestantes contra a planta de gas de Reganosa, pertencentes ó Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, manifestáronse hoxe nos exteriores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa María, en A Fonsagrada (Lugo), onde o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero celebrou un acto político.

Ós manifestantes impedíuselles acceder ó centro educativo e repartiron dípticos entre as persoas que se achegaron ó mitin. Aínda que non puideron falar con Zapatero, o subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, comprometeuse a entregarlle unha publicación elaborada pola plataforma.

Tras falar cos membros do Comité, Jesús Otero indicou que “só pola forma de comportarse merecen ser escoitados” e que “mantiveron en todo momento unha actitude moi correcta”.

25/08/2007

Enlace coa noticia orixinal

__________________

ENLACES DE INTERESE:

sábado, agosto 25, 2007

Marcha Cidadá a Mugardos: os 17 Km a pé de Ferrol a Mugardos, foron un éxito. O movimento opositor a REGANOSA, está forte e concienciado.

Hai uns días a Asemblea Cidada reunida no local da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, decidiu entre outras mobilizacións, facer unha marcha a pé até a Casa do Concello de Mugardos, onde se atopan pechados, desde hai máis dun mes, a veciñanza que vive nas proximidades da planta regasificadora. Onte, 24 de agosto, tiña lugar a Marcha Cidadá a Mugardos, cun grande éxito de participación e forza. O movimento opositor á planta de REGANOSA, medra día a día en conciencias e desexos de demolición da ilegal e perigosa planta, producto da corrupción política e de intereses económicos alleos aos do povo galego.

A Marcha Cidadá, comezou un pouco máis tarde do previsto saíndo con 111 participantes desde o peirao de Ferrol. Catro horas fixeron falta até chegar a Mugardos. No camiño fóronse unindo máis persoas, en Esteiro xente da Unión Libertaria e da asociación veciñal Fontelonga, en Caranza da asociación veciñal, en San Valentín de Fene, en Barallobre, ... e así até chegar a máis de 300 marchistas reivindicativos e solidarios. Só houbo un reagrupamento na Pedreira, máis non fixo falta agadar moito tempo para que chegase todo o mundo.

Baixar pola Travesa da Pedreira até os tanques de REGANOSA, convirtiuse nun estruendo de berros contra a planta de REGANOSA. En pouco tempo xa estabamos diante da Casa do Concello, onde agardaba a veciñanza pechada. Luz Mariña Torrrente da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", recibeu con alegría e palabras de agradecimento e loita ás marchistas.

Polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, falou Alexandre Carrodeguas:

Amigos e amigas, como tan ben dicía LINO BRAXE no seu emotivo artigo que tanto nos emocionou: Antes eramos veciños e veciñas, e agora sodes-somos, amigos e amigas; unha grande familia que voa soa como as águias ceibes e valentes, e non en manada como abutres de REGANOSA, que o fan en compañía dos poderes políticos, económicos e mediáticos.

Levamos 6 anos de mentiras loitando pola verdade, porque nunca nos acostumaremos a mentir e a que nos mintan. Porque nunca nos acostumaremos a que esta sexa a patria da picaresca, porque non queremos ser cómplices da corrupción, deste escándalo político e económico neste sistema, onde o diñeiro ten máis liberdade que as persoas.

Como ben dicía PATRICIA GABEIRAS no prólogo do libro editado por Fuco Buxán "Muros do Silencio", facendo referencia á película "Apaga y vámonos", queren tratarnos como tratou Endesa aos indios mapuches en Chile, desprazándoos do seu medio natural para construír unha central hidroeléctrica, e todo por intereses espúreos, e a vós quérenvos tratar igual, quérenvos desprazar das vosas casas, onde sempre vivistes, simplemente para favorecer os intereses de Reganosa. E os poderes políticos, no canto de estar ao servizo do pobo que os elixiron, están ao servizo do grande capital.

Esta herdanza de FRAGA e TOXEIRO está a ser xestionada polo actual Goberno, cando debería ser valente e desmarcarse deste despropósito. Porque se deberían facer unhas políticas para a xente e non simplemete xestionar as herdanzas recibidas.

Esta loita estámola gañando, cada vez é un tema que está máis presente na axenda política de Galicia, e é máis coñecido en todo o país. Temos avanzado moito nos últimos meses coa loita dos veciños e veciñas de Mugardos e de toda a cidadanía de Ferrol Terra.

Imos conquerir que este despropósito de REGANOSA, non sexa un feito consumado e trúnfe a xustiza, a razón e o sentido común.

¡¡¡ ADIANTE!!!

A RÍA E NOSA E NON DE REGANOSA

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Unha vez máis o movimento opositor á planta regasificadora REGANOSA, demostrou que está forte e decidido a loitar. Onte veuse un movimento social con forza, cun discurso claro e argumentado. Un movimeto cidadán como este, se segue este camiño, conseguirá os seus obxectivos. Ánimo e forza. E a preparar a Manifestación do 30 de Setembro.

Galería fotográfica da Marcha Cidadá a Mugardos
[24.08.2007]

[Para entra clica no enlace ou acima da foto]


___________________

___________________

BLOG SOLIDARIO COA VECIÑANZA PECHADA NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS


A Plataforma Ártabra 21, abreu un Blog en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello, onde pretende subir todo o que ten e o que caia nas súa mans en referencia á loita desta veciñanza que xa vai pasar a historia do movimento popular e cidadán da nosa Comarca.

http://rompendo-muros-de-silencio.blogspot.com/
_______________

Cartaz aprobado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para convocar a manifestación cidadán do 30 de Setembro en Ferrol

[Se tés posibilidade difunde o cartaz na rede]
[ En versión impresa imos facer 1000 copias
]

[Para ampliar clicar acima do cartaz]

___________________

venres, agosto 24, 2007

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, mantivo unha reunión este pasado 23 de agosto, co Subdelegado do Goberno

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, mantivo unha reunión este pasado xoves, 23 de agosto, co Subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pose, co obxectivo de demandarlle a revisión dos permisos en probas que a Area de Industria e Enerxia Povincial emiteu para REGANOSA. Así como que revise os permisos que lle foron concedidos a Reganosa desde a autorización para a súa construción.


SOBRE OS PERMISOS EN PROBAS

REGANOSA, obtivo o permiso en probas, por tres meses, o pasado 4 de maio. Mais adiante, unha vez finalizado o citado permiso, a principios deste mes de agosto, a mesma Area de Industria, prorrogou este permiso por tres meses máis. Mentras, son xa seis os buques metaneiros que entraron ilegalmente na Ría de Ferrol, poñendo en perigo a miles de persoas que nas suas ribeiras vivimos.


IMCUMPRIMENTO DOS CONDICIONANTES DE SEGURIDADE

A avogada da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", presente como asesora na reunión, mantén que estes permisos son ilegais, alegando que só cabería a posibilidade dun permiso dun mes para probar o funcionamento das instalacións, non para funcionar unha planta regasificadora en probas sen cumprir todos os condicionantes de seguridade que están estabelecidos por lei e directivas europeas, para este tipo de instalacións altamente perigosas. A isto hai que engadir que hai duas sentencias do TSXG que anulan a tramitación de impacto ambiental aprobado pola anterior administración autonómica do goberno Fraga.

Segundo a representación da Plataforma, que se desplazou á cidade da Coruña, o Subdelegado do Goberno, mostrouse receptivo ás demandas veciñais.


OBXECTIVOS DAS ENTREVISTAS


A veciñanza pechada na Casa do Concello, ven cumprindo os obxectivos de entrevistarse cos responsabeis das administracións que teñen que ver coa posta en funcionamento de REGANOSA. Estas entrevistas teñen como obxectivo informarlles de primeira man, das demandas cidadás e os incumprimentos da mencionada empresa regasificadora. Mais ainda queda falar co propio Ministro Joan Clos e o Presidente Zapatero, últimos e decisivos responsábeis políticos, así como co Director Xeral de Industria ...


Á VECIÑANZA Á FONSAGRADA
OBXECTIVO: ENTREVISTA CO PRESIDENTE ZAPATERO


Este sábado, 25 de agosto, co motivo dunha visita do Presidente Zapatero á Fonsagrada, unha representación númerosa da veciñanza pechada na Casa do Concello e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, vanse desplazar até ese concello, para intentar conseguir que o Presidente Zapatero os escoite e reciba a documentación que ten elaborado o movimento cidadán opisitor á actual localización da planta regasificadora de REGANOSA.


MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS

Hoxe, venres 24 de agosto, vai ter lugar a Marcha Cidadá a Mugardos, un percorrido a pé de case 17 Km, con saída desde o Porto de Ferrol ás catro da tarde que está previsto que remate sobre as oito diante da casa do Concello, cun acto reivindicativo contra REGANOSA e de solidariedade coa veciñanza que xa leva máis dun mes pechada.


BLOG SOLIDARIO COA VECIÑANZA PECHADA

Noutra orde de cousas dicer que a Plataforma Ártabra 21, abreu un Blog en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello, onde pretende subir todo o que ten e o que caia nas súa mans en referencia á loita desta veciñanza que xa vai pasar a historia do movimento popular e cidadán da nosa Comarca.

http://rompendo-muros-de-silencio.blogspot.com/
________________

xoves, agosto 23, 2007

Un mes de peche, un mes de loita, un mes de solidariedade

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de Agosto de 2007 09:05
Asunto:LOGO DUN MES DE PECHE

LOGO DUN MES DE PECHE

Mugardos a 23 agosto 2007

Despois dun mes de peche no concello de Mugardos (lembrade o 23 de Xullo), os veciños e veciñas pechados con carácter indefinido para, deste xeito protestar pola localización da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol (REGANOSA), queremos agradecervos todas as palabras de solidariedade e ánimo que nos fixéchedes chegar día a día, e sen as cales, case con absoluta seguridades, non poderíamos aguantar tanto tempo.

Queremos decirvos con isto que, non desfalezamos, que a loita e dura, longa e o inimigo moi poderoso. Mais nós somos os que estamos en posesión da verdade, da racionalidade; somos un colectivo soberano e testazudo, como dixo un bo amigo noso: Somos esa maldita almorrá no cu de REGANOSA!!.

Lembrade que mañán é a marcha ás 16:00 horas desde o peirao de Ferrol ata o concello de Mugardos e que nos gustaría estar con todos vós.

Sabede tamén que o vindeiro sábado iremos A FONSAGRADA para que o Presidente do goberno español tome conciencia, coa nosa presenza, dos perigos a que ten exposta á poboación que vive na ría de Ferrol. Lémbrome, cando Zapatero gañou as eleccións xerais que un galego lle berrou: ¡¡¡ZAPATERO NO NOS FALLES!!!.

Esa mesma mensaxe é, a que a nosa presenza quere darlle a entender, xa que, están a poñernos unha bomba no noso Xardín.

Compañeiras e compañeiros, amigos e amigas, asociacións veciñais e demais colectivos que nos apoiades, a todos vos un abrazo de amizade e solidariedade destas veciñas e veciños que pelexan pola dignidade e a legalidade, de xeito conxunto con todos vós.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
A RÍA E NOSA E NON DE REGANOSA !

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
______________


O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Convoca:

MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS

Contra a localización da Planta Regasificadora de Reganosa
dentro da Ría de Ferrol, sumándose á veciñanza pechada
desde o 23 de xullo na Casa do Concello de Mugardos.

Andaina de 17 Kms.

Venres, 24 de agosto de 2007

Saída do Porto de Ferrol, ás 16 hs.
Regreso en autobús de liña, ás 22 e 23 hs.

¡¡¡ PARTICIPA !!!


¡¡¡ A NOSA VIDA E NOSA E NON DE REGANOSA ¡!!!


Cartaz consensuado na pasada reunión [16.08.2007] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com

[Clicar acima del para ampliar]


Faite coa túa bandeira da dignidade
[+ info]

Para ampliar a imaxe clica acima dela
________________________

mércores, agosto 22, 2007

Parte da veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos, desplazarase até a Fonsagrada onde estará Zapatero o vindeiro sábado, 25 de Agosto

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data:21 de Agosto de 2007 22:36
Asunto: MARCHA VISITA A ZAPATERO A FONSGRADA

A VECIÑANZA DE MUGARDOS Á FONSAGRADA , PARA VISITAR AO PRESIDENTE ZAPATERO

O vindeiro sábado 25 terá lugar unha comida mitin do PSOE na Fonsagrada (LUGO).
Os veciños encerrados no concello de Mugardos en contra da localización da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol, desprazaranse en autobús e convidan a todas as persoas que o desexen a sumarse á protesta.

Como Chegar

  • Dende Lugo simplemente hai que seguir a 530 ata A Fonsagrada.




¡¡¡¡ SE MAHOMA NON VAI Á MONTAÑA, TERÁ QUE IR A MONTAÑA A MAHOMA.!!!!


PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

REGANOSA ILEGAL E PERIGOSA

AXUDANOS COA TÚA PRESENCIA NA FONSAGRADA

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
__________________

martes, agosto 21, 2007

Novas visitas, novas actuacións, denuncia e un agarimoso e solidario artigo para a veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 21 de Agosto de 2007 17:54

Asunto: NOTA DE PRENSA, PECHADOS AXUNTAMENTO MUGARDOS


NOTA DE PRENSA, PECHAD@S NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS

A Plataforma de Vecinos de Mehá, como representante dos/as veciños/as pechados/as no Concello de Mugardos, dende o día 23 de xullo, á espera de que o Presidente da Xunta de Galicia, o Ministro de Industria e o Director Xeral de Política Enerxética, nos concedan as entrevistas solicitadas, queremos comunicar que a día de onte 21 de agosto, denunciamos na comandancia da garda civil de Mugardos, que entre as 02:00h. e as 06:00h., da madrugada do luns, un axente da Policía Local, procedeu á retirada do mural alegórico á instalación da Planta de Gas Natural Licuado (adxuntamos fotografía), en Mugardos, por orde da Alcaldía. O citado mural, fora colocado na fachada do Concello na maña do día 19 de agosto, tras a finalización dunha concentración de protesta contra a citada instalación.

Esta reitrada do mural se produxo tras o fracaso do Alcalde, para impedir que a concentración se pudiera celebrar, distorsionando totalmente o contido pacífico da protesta frente ó Subdelegado do Goberno, que finalmente concedeu a autorización facendo oidos sordos á petición da Alcaldía de que non fora autorizada argumentando todo tipo de mentiras.

Noutra orde de cousas, comunicar que a veciñanza pechada no Concello doará sangue, maña,durante a visita que a unidade móvil do centro de transfusión realizará manán día 22 en Mugardos. Igualmente o mércoles 22 ás 20:00h. terá lugar unha nova actuación no Parque Anexo ó Concello, en mostra de solidariedade con nós, esta vez será Fran Rey e Julie Guravich.

Seguindo coas actividades que levamos a cabo os veciños de Mehá, comunicámosvos que hoxe pola mañá recibimos a visita de Xulio Abelleira, Secretario comarcal de CCOO, quen mostrou a súa solidariedade e apoio cos veciños (adxuntamos fotografía), pechados no concello de Mugardos, comprometéndose a participar na marcha a pé do próximo venres dia 24 de Agosto que sairá ás 16:00 horas dende o peirao de Ferrol para rematar na casa do concello de Mugardos.

Agradecemos tamén ó escritor e xornalista polifacético Liño Braxe, o seu comprometido artigo a prol da loita que os veciños estamos a levar (axuntamos o arquivo)

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
__________________

O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Convoca:

MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS

Contra a localización da Planta Regasificadora de Reganosa
dentro da Ría de Ferrol, sumándose á veciñanza pechada
desde o 23 de xullo na Casa do Concello de Mugardos.

Andaina de 17 Kms.

Venres, 24 de agosto de 2007

Saída do Porto de Ferrol, ás 16 hs.
Regreso en autobús de liña, ás 22 e 23 hs.

¡¡¡ PARTICIPA !!!


¡¡¡ A NOSA VIDA E NOSA E NON DE REGANOSA ¡!!!


Cartaz consensuado na pasada reunión [16.08.2007] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com

[Clicar acima del para ampliar]


Faite coa túa bandeira da dignidade
[+ info]

Para ampliar a imaxe clica acima dela
________________________

domingo, agosto 19, 2007

Actuacións Solidarias e Mural na casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá cruceiro -ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de Agosto de 2007 21:33

Asunto: ACTUACION 19 AGOSTO PRAZA DA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS

Clicar acima da imaxe para ampliar

Hoxe día 19 de Agosto ás 20:00 horas actuaron na Praziña do Parque da Casa do Concello de Mugardos a cantante canadiense afincada en Ferrol JULIE GURAVICH e JAVIER AMOR, mostrando así a súa solidariedade e simpatía coa veciñanza pechada na Casa do Concello.

O vindeiro mércores dia 22 de agosto volverá actuar JULIE GURAVICH esta vez con FRAN REI aos teclados.

Para ampliar clicar acima da foto



Antonio

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
______

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá
cruceiro -ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Agosto de 2007 16:59
Asunto: fotos manuel rivas



Achego fotos de visitas e presentación mural en concello de Mugardos.

Para ampliar as fotos clicar acima delas
un cordial saúdo.

A vosa solidariedade connosco é a nosa forza para continuar na loita.

Antonio.

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
_____________________

A veciñanza de Mugardos recibe a visita de Manuel Rivas, Pedro de LLano, Xaquín Rubido e ao C.S.C. A Revolta de Trasancos

De: Plataforma Veciñal "O Cuceiro de Meá" ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de Agosto de 2007 20:12

Asunto: VISITA ÓS PECHADOS NO CONCELLO DE MUGARDOS DE MANUEL RIVAS E PEDRO DE LLANO



VISITA Á VECIÑANZA PECHADA NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS DE MANUEL RIVAS, XAQUÍN RUBIDO, PEDRO DE LLANO E DO C.S.C. A REVOLTA DE TRASANCOS

A veciñanza pechada no concello de Mugardos reciben a visita de apoio e solidariedade do escritor e xornalista MANUEL RIVAS, o arquitecto PEDRO DE LLANO e o Presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa XAQUÍN RUBIDO.

Todos eles compartiron comida dentro do salón de actos coa veciñanza afectada pola PLANTA DE GAS NO INTERIOR DA RÍA DE FERROL, a quen dedicaron unhas palabras de ánimo.

O escritor dedicou no mural, que están construíndo os encerrados, plasmando neste a seguinte frase: " Mugardos hoxe é ou fogar dá dignidade contra a violencia catrastal ou capitalismo impaciente e a cobiza. ¡ Benvidos días de futuro!: a decepción e finita; a esperanza e infinita".

A continuación actuou na praza do concello un grupo de música popular do C.S.C. A REVOLTA DE TRASANCOS.

Tamén se lle enviou un correo ao Presidente Zapatero, coincidindo coa súa próxima visita á Fonsagrada, invitándoo a unha entrevista cos afectados no concello de Mugardos.

Achegamos fotografías do encontro.

Plataforma Veciñal "O cruceiro de Mehá"
___________________

Hoxe, domingo 19 de Agosto, a veciñanza de Mugardos que ocupa a Casa do Concello desde o pasado 23 de Xullo, realizará unha acción reivindicativa, cortando o tránsito de 12:30 a 13:30 hrs, diante da casa do concello, para realizar un mural relacionado coa loita contra a actual localización da ilegal e perigosa planta regasificadora que REGANOSA costrui dentro da Ría de Ferrol, en punta Promontoiro.
_________________

Para ampliar as fotos clicar acima delas






_________________

domingo, xullo 29, 2007

A cita foi en Mugardos, este domingo 29 de Xullo coa veciñanza de Mehá e a Pedreira, contra os despropósitos de REGANOSA e a Xunta de Galicia

Muitas foron as persoas que se congregaron nas inmediacións do peirao de atraque das lanchas en Mugardos. O obxectivo era mobilizarse contra os despropósitos de REGANOSA e da Xunta de Galicia, pola aprobación dun Plano de Emerxencias Exterior [PEE] de costas á veciñanza dos lugares póximos á planta regasificadora e que segundo o mesmo PEE formarían parte do chamado perímetro de seguridade [un radio de 400 metros]; por aprobar un PEE que non ten en conta os condicionados de seguridade máis importantes para este tipo de instalacións tan perigosas, como son o de distancia das instalacións até as poboacións máis próximas e o de saída ao mar dos buques gaseiros, polos propios meios, en caso de emerxencia.

Non nos cansaremos de repetir eses argumentos unha e outra vez, polo irracional da actitude da Xunta de Galicia que en vez de mirar pola seguridade da poboación, pola vida das persoas, pola legalidade, pola defensa da Ría, amparandose en sospeitosos motivos estratéxicos, só miran polos intereses do capital, avalando un pacto ilegal, "confidencial"e corrupto entre a anterior administración Fraga e os promotores do despropósito gasístico, poñendose ao servizo de grandes multinacionais e grupos empresariais e financieiros que o seu fundamental obxectivo é o máximo beneficio, custe o que custe.

Mais, a marcha, non só se pretendía denunciar a REGANOSA e á Xunta de Galicia, senon que nos mobilizamos en Mugardos, para amosar o noso apoio e solidariedade á veciñanza de Mehá e da Pedreira, que levan días pechados na Casa do Concello, continuando coa demolición dos MUROS DE SILENCIO.

A demolición deses "muros de silencio"comezouna a xente do mar o pasado 9 de Maio, ao impedir que o Galicia Spirit entrara na Ría e continuou coas posteriores mobilizacións e intentos de que os buques gaseiros non entraran na Ría, coas continuas mobilizacións no porto e ante os Xulgados sofrindo unha desproporcionada e violenta carga policial. Na grande manifestación do pasado 3 de xuño, onde miles de persoas dixeron non a unha planta de gas dentro da Ría e non á represión sobre o movimento opositor a dita planta regasificadora. Na marcha que a xente do mar, Comité Cidadán de Emerxencia e ecoloxistas, realizaron durante tres días até a prisión de Teixeiro, 80 km de solidariedade e compromiso, pola liberdade do Patrón Maior da Cofradía de Ferrol e na defensa da Ría. Hoxe é a veciñanza mugardesa a que tomou o relevo e está petando con forza contra "Os Muros de Silencio", facendo cada vez máis forte ao movimento opositor á Planta de Gas que a empresa REGANOSA pretende impoñer á cidadanía que moramos na Ría de Ferrol, conculcando a lexislación medioambiental e de seguridade, tanto europea como estatal, poñendo en perigo a miles de persoas por un puñado de euros.

A marcha pola vila de Mugardos transcurreu, con caceroladas, percusión e música, mais con berros reivindicativos e de indignación, ante o abuso e a corrupción. Ao final da marcha diante da Casa do Concello, realizouse un simulacro de accidente, falando con posterioridade o Coordenador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro e como final do Acto Reivindicativo e Solidario, falou Luz Marina Torrente, presidenta da Asociación Veciñal de Mehá e unha das representantes da veciñanza ocupante da Casa do Concello. Onde con claridade veu expoñer o que estaba acontecendo, de cal era o motivo que os tiña ocupando o consistorio e agradecendo o apoio e a solidariedade, non só do acto no que estaba, senon do recibido no transcurso destes días e peche.
_________________________

Galería de Fotos da Marcha en Solidariedade coa veciñanza de Mehá e A Pedreira

Nota.- En poucos día editaremos un video do acto
_____________________

BANDEIRA [90x70 cm] QUE ESTÁ A VENDA POR 1

Editamos: 3.000 unidades
Costaronnos: 1.624 €

Podeste facer con elas nas asociacións veciñais de Mehá-Mugardos, O Rosario-Inferniño, Caranza, Fontelonga-Esteiro e Ferrol-Vello, tamén na Tenda da Copoperativa de Cosumo Responsábel A Xoaniña, na Rúa Venezuela nº78 en Ferrol e tamén chamando ao telemóbel 652 201 003.

FAITE COA TÚA BANDEIRA DE OPOSICIÓN A REGANOSA E PONNA NA FACHADA, XANELA OU BALCÓN DA TÚA CASA.

NON DEIXES DE FACELO, É MOI IMPORTANTE EXTERIORIZAR A OPOSICIÓN Á, ILEGAL E PERIGOSA, PLANTA DE GAS QUE REGANOSA INSTALOU DENTRO DA RÍA .


Para ampliar a imaxe clica acima dela

______________

mércores, xuño 20, 2007

Proxección, en Mugardos, o xoves 21 de xuño, do documentario " O Salario do Silencio"

De: Paula Meizoso
pmeizoso@gmail.com

Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 dexuño de 2007 20:28
Asunto: Proxección, en Mugardos, o xoves 21 de xuño, do documentario " O Salario do Silencio"


Projección do Documentario "O Salario do Silencio", de Mabel Ribera e Enrique Banet, sobre a Planta de Gas que construe REGANOSA na Ría de Ferrol.

Xoves 21 de junho, ás oito da tarde.

Casa da Cultura de Mugardos.

Coa presenza de Mabel Rivera.







Organizan:

  • Plataforma veciñal de Meha, Mugardos.
  • Cofradia de pescador@s San Telmo de Mugardos.
  • Esquerda Unida Local de Mugardos.

Nova en Vieiros sobre o documentario "O Salario do silencio"

--
Publicada por mirando o mundo em Trasancos a 6/19/2007 05:58:00 PM
_____________________

domingo, xuño 03, 2007

O Pleno Municipal de Mugardos, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores.

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 3 de Junho de 2007 01:20

Asunto: .O Pleno Municipal de Mugardos, co voto favorable de todos os grupos fóra de grupo socialista que se abstivo, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores


O Pleno Municipal de Mugardos, co voto favorable de todos os grupos fóra de grupo socialista que se abstivo, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores. A concelleira de Esquerda Unida, Pilar Díaz, recordou ao pleno a postura que a maioría dos grupos municipais expresaran nos Concellos de Ferrol, Fene e Naron, a favor dos catro puntos dos mariscadores e que son os seguintes:

1.- Denunciar a situación dos mariñeiros e mariscadores á flote que perderán un mínimo de 100 días ao ano por mor da entrada dos metaneros proxectada por Reganosa.

2.- Condenar a brutal agresión da policía os días 28 e 29 de maio.

3.- Apoio á manifestación do 3 de xuño solicitando a liberdade de Bernardo Bastida.

4.- Idem anterior solicitando a instalación da Planta de Gas fóra da Ría.

Así mesmo que nas entrevistas realizadas o xoves cos grupos municipais de Ferrol os mariscadores atoparon o apoio aos catro puntos nos grupos municipais de Esquerda Unida, Independentes por Ferrol e BNG, mentres o Alcalde en funcións de Ferrol Juan Juncal manifestou o seu apoio aos tres primeiros puntos. Tamén que o venres os Alcaldes en funcións de Fene e Naron pronunciaran por apoiar os catro puntos. Pola súa banda o alcaldable polo PSOE en Ferrol Vicente Irisarri eludiu pronunciarse en apoio dos puntos que lle propuxeron os mariscadores logo de case dúas horas de conversacións con eles.

confirmaron a asistencia á concentración, Adela Figueroa Presidenta de Adega, Xan Duro Coordinador Xeral de Verdegaia, Agustín Fernández Paz escritor e Manuel Bragado, Director de Edicions Xerais. Pola súa banda comunicaron a súa adhesión o escritor Manuel Rivas, o veterano político Santiago Carrillo e o escritor Méndez Ferrin indicando que non poden asistir pero se solidarizan cos obxectivos da concentración.

Na Confraría de Pescadores de Ferrol e noutras asociacións tamén integradas no Comité Cidadán recibíronse multitude de emails e faxes, de confrarías de pescadores de Galicia, sindicatos e outras entidades, expresando o apoio á liberdade de Bastida e á concentración deste domingo.

A concentración será nos peiraos de Ferrol ás 12:00, onde desde unha hora antes disporanse de mesas para asinar autoinculpaciones nos feitos que se lle imputan a Bernardo Bastida e así mesmo poranse á venda Camisetas elaboradas pola Confraría de Pescadores de Ferrol cunha foto na que se ve Bastida nunha lancha dentro da canle de acceso a Ría un dos días en que foi bloqueado un metanero coa frase “Bastida somos todos” e tamén coa frase “Planta de Gas fora dá Ría”. Ademais poñerase tamén á venda o libro “Muros de Silencio, Corrupción e Ameaza na Ría de Ferrol, o caso Reganosa” editado pola Asociación Cultural Fuco Buxan. No remate final da manifestación na Praza de Armas lerase un comunicado desde as escaleiras do Concello.

luns, abril 30, 2007

1 de maio de 2007: Homenaxe a Pancho [Francisco Martínez Leira], en Mehá - Mugardos



Homenaxe ao guerrilleiro galego antifascista e membro do Partido Comunista, Francisco Martínez Leira - "Pancho" que morreu, en 1954, nunha emboscada en Ombre, parroquia do concello de Pontedeume, onde nacera en 1916.

Segundo o seu neto, Juan Carlos Montero Martínez, e que publica un xornal comarcal, "Pancho" morreu nunha emboscada tendida por Fraga, conocido guardia civil da zona, recorda que viviu en Mugardos onde casara. Foi carpintero de gradas de Bazán e ingresou na clandestinidade no Partido Comunista en 1940 onde asumeu importantes responsabilidades. Foi un dos promotores da folga do aceite (1946), a primeira que houbo en Ferrol trala Guerra Civil. Cando foi descuberto, en 1948, fuxiu ao monte onde foi xefe da agrupación guerrilleira da comarca.

Pero non só el sufriu a represión. A súa familia foi perseguida con saña: a esposa foi desterrada a Valladolid, unha filla tivo que irse ao País Vasco cunha tía, e os seus fillos, separados da nai tralo asasinato de "Pancho", entregados ao hospicio da Coruña. O seu cuñado, Florentino Igrexas, asasinado en Ferrol. Outro cuñado, Xoán Romeu Rilo, preso durante 20 anos en Burgos. A sua sogra, encarcelada na Coruña. «Sinto orgullo deles e de todos aqueles loitadores contra do franquismo», di o neto.

Familiares e amigos [Francisco Martínez Romero [Fillo], Juan Carlos Montero Martínez [Neto], Juan Vázquez Loureda, Carmen Filgueiras Vázquez, Victor López Casal, Liberdad Barcia e Vicente Couce Ferreira], organizan unha homenaxe pública en Mehá, no concello de Mugardos, este 1º de maio de 2007, ás seis da tarde.

_______________________