Amosando publicacións coa etiqueta Mugardos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mugardos. Amosar todas as publicacións

xoves, agosto 30, 2007

Hoxe imos ao Pleno de Ferrol, di o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

De: Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Carmelo Teixeiro -carmeloteixeiro@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 30 de agosto de 2007 09:18

Asunto: Hoxe imos o Pleno de Ferrol




Hoxe imos ao Pleno de Ferrol

Hoxe, xoves 30 de agosto de 2007, o Pleno Municipal ordinario deste mes, comenzará ás 19:00 horas.

Hai unha moción de EU que pide o apoio do concello para a solicitude co Ministro de Industria Joan Clos, a "Direccion General de Política Energetica y Minas" e o Presidente da Xunta, solicitada pola veciñanza de Mugardos pechada na Casa deste Concello.

Dita moción e case unha copia da que había presentado a Federación Veciñal Roi Xordo quitandolle algún paragrafo de menor importancia.

Na tarde noite de onte o Comité Cidadán acordou asistir a dito Pleno Municipal coas camisetas do CCE, nas súas distintas edicions existentes, aínda que se agarda que predominen as de cor vermello que chaman máis a atención. Tamén coas bandeiras de cor vermello que se desplegarán mentras fale Luz Mariña Torrente en representación da Federación Roi Xordo e do CCE. Esperase que dito turno de palabra para Luz Marina sexa concedido ao principio do pleno segundo o solicitado pola Federación Roi Xordo.

Desde as 18:15 hrs teremos á porta de entrada camisetas de cor vermello para quen as queira mercar.

Conven ir antes das 18:45 hrs, hora á que todas e todos debemos estar dentro.

Saúdos

Carmelo Teixeiro
Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
__________________

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
______________________________

Novo Blog da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de agosto de 2007 08:22
Asunto: Á terceira vai a vencida [referente ao Blog]


[Para entrar no Blog clicar acima da imaxe]

Á terceira vai a vencida

Seguen os problemas cos blogues, (queremos pensar que REGAÑOSA non está detras de todo isto).

Din que á terceira vai a vencida.

Apuntarvos esta dirección e estaredes ao tanto de todo o sucedido e todos os actos programados polos pechados hai xa 38 días no concello de Mugardos.

Un saúdo e grazas polo voso ánimo e colaboración.

Venceremos

http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

Plataforma de veciños ou Cruceiro de Meá
_____________________________

O apoio á veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, vaise tratar hoxe, xoves 30 de agosto, no Pleno Municipal de Ferrol

Hoxe no pleno municipal de Ferrol vai-se tratar unha moción de apoio á veciñanza de Mugardos que leva pechada na Casa do Concello, desde o pasado 23 de xullo en protesta pola actual localización da planta regasificadora de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.

A veciñanza pechada , está conseguindo apoios procedentes de toda Galiza, intelectuais, políticos, artistas, colectivos, ... a solidariedade é amplia. Agora vai-se tratar as súas demandas neste Pleno Municipal.

Desde comezos do peche a veciñanza consiguiu entrevistarse con varios cargos políticos e da administración, mais agora trata-se de conseguir entrevistar-se con cargos que teñen o poder de decisión, para impedir que REGANOSA consiga autorización para o seu funcionamento, sen cumprir os condicionados fundamentais de seguridade: a distancia de 2.000 metros de núcleos de poboación e que os buques gaseiros podan saír a alta mar, en caso de emerxencia, polos seus propios medios. Condicionados imposíbeis de cumprir, é por iso polo que se demanda desde hai oito anos [a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá incluida] que esta regasificadora non pode estar localizada dentro da Ría.

Esta moción non está exenta de polémica, pois está presentada a mesma moción tanto polo grupo municipal de Esquerda Unida [Moción], como pola Federación Veciñal "Roi Xordo" [Moción]. Agardamos unha explicación pública por parte de ambas entidades.

Proposta:

1. O Pleno do Concello de Ferrol apoia as reivindicacións dos veciños da Plataforma de Mehá pechados na Casa do Concello de Mugardos e solicita do Presidente da Xunta de Galicia e do Ministro de Indústria se conceda unha entrevista a unha representación destes veciños na maior brevidade de tempo.

2. O Pleno do Concello de Ferrol insta ó seu Alcalde a realizar cantas xestións sexan necesarias para conseguir as entrevistas dos veciños da Plataforma de Mehá co Presidente da Xunta de Galicia, e co Ministro de Indústria, debendo dar conta pública nun prazo de 20 días das xestións realizadas e dos resultados obtidos


Acudamos ao Pleno para apoiar a Moción
________________

Enlace relacionado de moito interese -I-

Enlace relacionado de moito interese -II-
_______________

A veciñanza contraria a Reganosa, pechada en Mugardos critican que a Xunta e Goberno central "dean continuidade a unha cacicada de Fraga"

Noticia públicada no xornal dixital noticiasgalicia, de interese, pois recolle declaracións de portavoces da veciñanza pechada en Mugardos a axencia de noticias EuropaPress, logo das declaracións do expresidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Como sobre as filtracións de gas no gaseoducto ao seu paso polo concello de cabanas.

A veciñanza contraria a Reganosa, pechada noa Casa do Concello de Mugardos critican que a Xunta e Goberno central "dean continuidade a unha cacicada de Fraga"

noticiasgalicia.29/08/07.- A Plataforma Veciñal de Mehá, contraria á instalación de Reganosa en Mugardos (A Coruña), criticou que os gobernos autonómico e central "dean continuidade" á regasificadora, un proxecto que definen como "unha cacicada de Manuel Fraga". O ex presidente da Xunta de Galicia considerou onte nun acto celebrado en Cabanas (A Coruña) que Reganosa foi "un dos seus principais logros" ao longo dos seus dezaseis anos á fronte do Executivo autonómico.

Luz Mariña Torrente, portavoz do colectivo veciñal, admitiu a Europa Press que Fraga, ao "xestar" o proxecto poida "sentirse orgulloso", pero criticou que os actuais executivos central e galego "dean continuidade a Reganosa" e preguntouse "se senten orgullosos dunha cacicada".

Torrente inquiriu ás administracións sobre "que fan os gobernos" e se "senten tamén orgullosos da fazaña de Fraga", denunciando que "seguen adiante" con esta planta. En referencia ás críticas do senador do PP ás protestas veciñais contra Reganosa, dixo que "fai anos que empezamos as protestas, antes de que se puxese a primeira pedra", á vez que advertiu de "se quixesen diñeiro, venderían antes".

Así mesmo, a dirixente veciñal acusou de "gravísimo" unha filtración de gas que onte tivo lugar no tramo de gasoduto que abastece a Reganosa ao seu paso por Cabanas (A Coruña). Luz Mariña Torrente criticou que o feito "tratouse con tanta naturalidade e tranquilidade" e recriminou a falta de información pública sobre incidentes deste tipo. "Sácase importancia a algo que ten moita", lamentou, á vez que asegurou "tómannos como bobos ao dicir que a filtración débese a un cambio de temperatura", feito ante o que recoñeceu que os veciños móstranse "alarmados". De igual modo, preguntou que retén permanente ten Reganosa para estes sucesos.

A compañía atribuíu o incidente a unha filtración de moléculas de gas natural ao exterior, aínda que destacou que a cantidade de combustible que se escapou desde o gaseoducto foi de "pouca importancia" e que o incidente tivo lugar en ausencia de vivendas na contorna.

Enlace coa noticia orixinal en Noticias de Galicia

________________________

martes, agosto 28, 2007

A Plataforma Veciñal "O cruceiro de Meá" informa: unha noticia de interes, cambio de morada do Blog, visitas e novas actuacións

Recimimos varios correos da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", informando de varios asuntos de interes, como son as visitas que recibiron; as actuacións que houbo e as que están previstas; o cambio de morada na rede e o novo Blog; e por último informando dunha nova que publica La Voz de Galicia na súa edición de hoxe.

[Clicar na foto para ampliar]
___________________

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Agosto de 2007 21:30
Asunto: Visitas e actuacións


O luns día 27 de agosto ás 12:00 horas, os veciños pechaos no concello de Mugardos recibiron a visita do Presidente e Vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural, como acto de apoio e solidariedade.

Esa mesma tarde ás 20:00 horas, na praza do concello de Mugardos actuou o grupo A Faltriqueira, de Pontedeume. O grupo amosou en todo momento gran entusiasmo e interese en poder participar e achegar o seu granito de area na loita que os veciños da plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá estamos mantendo contra a localización de REGANOSA no interior da ría ferrolá.

[Clicar na foto para ara ampliar]

Mañá martes 28 de agosto ás 19:30 horas, actuarán, nun recital de poesía, na mesma praza de Mugardos:

FERNÁN VELLO
EVA VEIGA
PEPE LEIRA
ROSA MÉNDEZ.

Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá
A RÍA E NOSA E NON DE REGAÑOSA

____________________________

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Agosto de 2007 22:37
Asunto: Novo enderezo do Blog



Queridos amigos, este correo é para avisarvos de que desde a Plataforma de veciños O Cruceiro de Meá, tivemos que cambiar de dirección web-blogg, debido a problemas técnicos co servidor.

A partir de agora, e esperemos que por moito tempo, sera a seguinte

http://ocruceirodemea.blogspot.com

Perdoade as molestias e ter en conta que por motivos de mobilidade de datos non estará completo ata dentro duns días, pero si que actualizaremos as actividades dende xa.


[Clicar na imaxe para entrar no novo Blog]

Grazas polo voso seguimento.

Nós, pola nosa banda seguiremos ata a vitoria final.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Un saúdo para todos e todas

Plataforma de veciños O Cruceiro de Meá

____________

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Agosto de 2007 10:44
Asunto: Noticia publicada en La Voz de Galicia [E ainda estamos empezando]



E aínda estamos empezando

Una filtración de gas nun tramo do gasoducto en Cabanas moviliza ao retén de Reganosa

Autor:
La Voz de Galicia
Data de publicación:
28/8/2007


O retén permanente disposto por Reganosa para vixiar os dous ramais do gasoduto que parte de Mugardos cara ás Pontes e Arteixo atendeu onte unha incidencia en Cabanas. Fontes oficiais de Reganosa informaron de que se produciu unha «filtración de moléculas de gas natural ao aire» nun tramo en obras do gasoduto.

A pequena fuga detectouse grazas a que o gas natural (é inodoro) leva incorporado un odorizante precisamente para que resulte fácil descubrir filtracións.

Reganosa sinalou que a cantidade de combustible que se escapou á atmosfera foi insignificante. A empresa achacou esta incidencia a que as condicións climatolóxicas dos últimos días (calor, humidade, entre outros) puideron provocar que se afrouxase unha válvula.

O retén de Reganosa resolveu o problema facilmente, segundo a empresa.

O lugar onde se produciu a filtración está afastado de casas, destacou a compañía, e localízase nunha posición onde conflúen os dous ramais do gasoduto. A tubaxe que vai ás Pontes xa transporta combustible, mentres que a que desembocará en Arteixo aínda non. Reganosa aínda deberá acometer as obras para que o gasoduto salve a desembocadura do río Eume, unhas obras de gran complexidade técnica.
_____________

luns, agosto 27, 2007

Peche na Casa do Concello de Mugardos: Estado da situación, novas visitas, novas actuacións [música, poesia, ...]

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com

Data: 26 de Agosto de 2007 19:42

Asunto: Estado da situación, novas visitas, novas actuacións [música, poesia, ...]



Despois de 34 días de peche no Concello de Mugardos, por parte dos vecinos de Meha, seguimos sin ter contestación ás peticións de entrevistas realizadas ó Presidente da Xunta de Galicia, ó Director Xeral de Política Enerxética e ó Ministro de Industria, Turismo e Comercio. Polo tanto, seguimos á espera de que esas entrevistas nos sexan concedidas para explicar a nosa posición sobre as medidas contempladas nas diferentes autorizacións, constructivas e administrativas, que son de imposible cumplimento por parte de Reganosa, e para recordar que existe unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que indica a obligatoriedade de realizar un estudio de impacto ambiental, e non de efectos ambientais como se realizou. Esta sentencia, recordaredes é do ano 2006, encontrándose recurrida pola Xunta de Galicia e de Reganosa.

Hoxe día 26 de agosto visitou o concello de Mugardos o Presidente do Ateneo Republicano de Galicia, CARLOS ETCHEVERRIA, como acto de solidariedade e apoio aos encerrados quen cumpren 34 días na súa protesta contra a localización das instalacións da planta de gas de REGANOSA, no interior da ría de Ferrol .

Nas súas palabras afirmou a unidade de acción necesaria entre todos os colectivos para asi, sumar esforzos e derrubar ao despropósito que esa infraestrutura gasistica significa.

Recordar tamén que mañá Luns 27 de agosto ás 19:30 horas actuará na praza do cocello de Mugardos para tambien, mostrar o seu apoio e solidariedade cos encerrados, AS FALTRIQUEIRAS de Pontedeume.

O Martes 28 de agosto, terá lugar na plaza do concello de Mugardos un recital de poesía a cargo dos seguintes poetas:

FERNÁN VELLO
EVA VEIGA
XOSÉ LEIRA
ROSA MENDEZ

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceiromeha.blogspot.es/
_____________

domingo, agosto 26, 2007

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, desprazouse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego

Onte sábado, unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desprazáronse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego, o máis grande de Galiza [438,91 km²], mais pouco poboado [sobre uns 5.000 habitantes].

O motivo do desprazamento foi porque ese sábado, 25 de agosto, o Presidente Zapatero estivo na Fonsagarada nun acto político e un xantar. A veciñanza valorou que era un bon momento para amosar as faixas reivindicativas e o despropósito gasístico que están a facer no corazón da Ría de Ferrol.

Ía-se coa intención de poder achegar-se até Zapatero para entrevistar-se e entregar-lle a documentación do despropósito gasístico, mais sendo conscentes do difícil do asunto.

Outro obxectivo era o do efecto mediático, pois aun Presidente de Goberno, siguen-lle dúcias de medios informativos, polo que non se podía desaproveitar a ocasión, como así foi.

Nas inmediacións do polideportivo municipal, colocaronse, ben visíbeis, as faixas reivindicativas e denunciadoras contra REGANOSA e reapartiron-se boletíns informativos entre as persoas que acudiron ao acto, entre as que estaban xornalistas e representantes institucionais, políticos, ... Varios centos de exemplares do Boletín Informativo nº 13 do Comité Cidadán espalláron-se polo lugar.

Segundo informa o Coordenador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro, á mesa onde estaba o Presidente do Goberno, chegou o citado Boletín Informativo, de mans do Subdelegado do Goberno en Lugo e do Senador Luís Angel Lago Lage que se entrevistaron con Luz Mariña Torrente, Presidenta da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá" e representantes da veciñanza de Mugardos pechada na o Casa do Concello.

Achégase dito boletin nº 13
__________________



[Clicar no enlace ou acima da imaxe para entrar na Galería de diapositivos]


Platorma Veciñal "O Cruceiro de Meá
http://ocruceiromeha.blogspot.es/
ocruceiromeha@yahoo.es
_____________

Video enviado pola A.C. Fuco Buxán






fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@gmail.com

_____________

Noticia da Axencia Galega de Noticias:

Reganosa
O subdelegado do Goberno de Lugo entregaralle a Zapatero un informe do Comité Cidadán

Ramudo. AGN (Lugo).

Medio cento de manifestantes contra a planta de gas de Reganosa, pertencentes ó Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, manifestáronse hoxe nos exteriores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa María, en A Fonsagrada (Lugo), onde o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero celebrou un acto político.

Ós manifestantes impedíuselles acceder ó centro educativo e repartiron dípticos entre as persoas que se achegaron ó mitin. Aínda que non puideron falar con Zapatero, o subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, comprometeuse a entregarlle unha publicación elaborada pola plataforma.

Tras falar cos membros do Comité, Jesús Otero indicou que “só pola forma de comportarse merecen ser escoitados” e que “mantiveron en todo momento unha actitude moi correcta”.

25/08/2007

Enlace coa noticia orixinal

__________________

ENLACES DE INTERESE: