Amosando publicacións coa etiqueta Narón por Diante. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narón por Diante. Amosar todas as publicacións

luns, maio 13, 2019

O cabeza de lista de Narón por Diante, André Abeledo, e o Portavoz Nacional de Anova Antón Sánchez, explicaron as propostas en materia de vivenda


ANTÓN SÁNCHEZ E ANDRÉ ABELEDO PROPOÑEN EN NARÓN UN PARQUE PÚBLICO MUNICIPAL DE VIVENDA EN ALUGUEIRO CON PREZOS SOCIAIS


O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez e o cabeza de lista de Narón por Diante, André Abeledo, compareceron hoxe en Narón para explicar propostas en materia de vivenda.

Lembraron o dereito da poboación a ter acceso a unha vivenda digna, un problema agravado nos anos da crise e que se trasladou ao eido do alugueiro con enormes dificultades para poder acceder a presos accesíbeis e normais. “A vivenda continúa a ser obxecto de especulación e de investimentos, de tráfico económico e non un dereito da xente”, afirmou Antón Sánchez, quen lembrou que o estado “resgaou aos bancos con miles de millóns de euros mais non se ocupou de crear un parque público de vivendas en alugueiro a prezos sociais mediante a Sareb”.

A nulidade de Feijoó para garantir o dereito á vivenda.

Neste sentido, salientaron que Narón tamén é un exemplo de todo isto. Puxeron sobre a mesa a necesidade de crear un Parque público de vivenda de alugueiro ao xeito do que existe noutros países europeos. Ademais, apuntaron cara o grande volume de vivendas baleiras existente que habería que xestionar. Nesa liña, Antón Sánchez reprochou á Feijóo que “a pesar dos seus anuncios e da súa propaganda non adoptou ningunha medida para liberar vivenda baleira”.

Sánchez e Abeledo explicaron que nun contexto de “consolidación dun modelo de traballo precario, salarios baixos, e desigualdade, con mocedade que non pode ter un plan de futuro. Non poden plantexarse mercar unha vivenda e trasladáronse ao eido do alugueiro onde a especulación e o aumento dos prezos é co que se atopan”. Sinalaron que aumentou exponencialmente a demanda de vivenda de alugueiro, especialmente nas áreas urbanas como é o caso de Narón. “Aquí tampouco se artellou unha política de vivenda centrada nas necesidades da xente”.

Parar os abusos e a especulación coa vivenda

Enfatizaron o papel que os concellos poden xogar nesta importante materia mediante a creación un Parque Público municipal de vivenda en alugueiro social, con prezos sociais, a implantación dunha política fiscal que desincentive a especulación e impulse a función social da vivenda. Demandaron medidas para rematar coa especulación de vivendas baleiras.

Puxeron de manifesto que nos últimos anos as zonas urbanas de Galiza tiveron aumentos anuais de máis do 10% no alugueiro.

O candidato á alcaldía de Narón, André Abeledo, propuso que no concello de Narón se fixe como repto prioritario o estabelecemento dun Parque público de vivenda en alugueiro. Asemade, explicaron a necesidades de pedir ao Goberno do estado a cesión de vivendas en propiedade da Sareb para que poidan ser incluídas nesta iniciativa. Unha proposta que debe ser dotada de suficiente orzamento e liñas de axuda destinadas aos sectores sociais máis desfavorecidos, familias monoparentais e a mocidade. Igualmente, consideran relevante que se implanten recargos no IBI á vivenda baleira sobre os grandes posuidores a fin de rematar coa política especulativa. Consideran tamén que se debe modificar a Lei de Arrendamentos Urbanos para estipular un límite ao incrementos dos prezos de alugueiro entre contrato e contrato.

Defenden que a Xunta teña un papel máis activo en materia de vivenda e por exemplo desenvolva, en coordinación cos concellos, un programa de prevención de desafiuzamentos e haxa alternativas de realoxo.

Narón, 13 de maio de 2019.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante


NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
13 de maio de 2019 14:02

_____________________

domingo, maio 12, 2019

André Abeledo reúnirase, este luns 13 de maio, co parlamentario de En Marea Antón Sánchez, para falar sobre vivenda social en Narón no Local de Campaña de Narón Por Diante na Praza d'A Gándara - A deputada de Unidas Podemos Yolanda Díaz e o Alcalde de Ferrol Jorge Suárez, na inauguración do Local de Campaña


André Abeledo reúnese con Antón Sánchez para falar sobre vivenda social en Narón no Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE na Praza de A Gándara
.

Mañá luns día 13 de Maio as 12:30 o candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE SON EN COMÚN, André Abeledo, acompañado do seu equipo de traballo reuniranse con Antón Sánchez Vicevoceiro de En Marea no Parlamento Galego e Portavoz Nacional de ANOVA, para falar sobre vivenda social en Narón.

A reunión será no Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE (N'A Gándara,Rúa Vigo, número 20).


André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz na inauguración do Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE.  

André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz, o alcalde de Ferrol Jorge Suarez, membros da candidatura de NARÓN POR DIANTE, e tamén doutras candidaturas, así como de veciñas e veciños de Narón.

Foi Una noite entre compañeir@s. Dende NARÓN POR DIANTE queremos agradecer a asistencia e azos a Ferrol en Común, a Yolanda Díaz, a Son de Ares e a veciñanza que nos arroupou neste acto.

André Abeledo indicou que NARÓN POR DIANTE é un espazo amplo onde a esquerda naronesa pode verse e sentirse representada.

Abeledo clarexou que os máis de 4.000 votantes de UNIDAS PODEMOS nas eleccións xerais poderán repetir o seu voto nas eleccións municipais votando a NARÓN POR DIANTE - SON EN COMÚN.

Tamén todos aqueles votantes do PSOE que queren un goberno de esquerdas no Estado español, poden utilizar o voto útil, votando desta vez a NARÓN POR DIANTE. Un voto realmente útil que vai servir como mensaxe claro ao PSOE, de que si incumpren o seu compromiso coa cidadanía o pagarán política e electoralmente nas Municipais e nas autonómicas.

Abeledo remarcou que NARÓN POR DIANTE é un espazo soberano, un proxecto propio de Narón, ao servizo das naronesas e naroneses.  Pero é moito máis porque formamos parte de SON EN COMÚN e imos ter voz tanto no Estado español, como na Xunta de Galicia, ou na Deputación.

Por iso NARÓN POR DIANTE - SON EN COMÚN é a garantía de que en Narón imos ter un goberno de cambio e progreso capaz de facer que Narón avance.

Somos unha organización que vai ABRINDO AS PORTAS a un futuro mellor para Narón.

👉Estamos na Rúa Vigo, número 20 , diante da Praza da Gándara, esta é a vosa casa, tedes as portas abertas.

#AbrindoAsPortasAoFuturo #AbrindoAsPortasAIlusion

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
12 de maio de 2019 15:53
12 de maio de 2019 16:51

___________

sábado, maio 11, 2019

Mitín no Centro Cívico de Caranza de Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante, Son de Ares, coa participación de Antón Sánchez (Anova) e Eva Solla (EU) - Luns 13 de maio, ás 7 da tarde


Mitín no Centro Cívico de Caranza, coas candidaturas que se presentan nas comarcas baixo a coalición electoral Son en Común: Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante e Son de Ares, ademais vai contar coa participación do parlamentario galego de En Marea Antón Sánchez (Voceiro Nacional de Anova - Irmandade Nacionalista) e da parlamentaria galega, tamén de En Marea, Eva Solla (Cordenadora Nacional de Esquerda Unida). O acto vai ter lugar o vindeiro luns 13 de maio, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza,

➮ Ferrol en Común. | Web | Twitter | Facebook
➮ Esquerda Unida de Mugardos. | Web | Twitter | Facebook
➮ Xuntos por As Pontes. | Web | Twitter | Facebook
➮ Narón por Diante. | Web | Twitter | Facebook
➮ Son de Ares. | Web | Twitter | Facebook
➮ Anova IN. | Web | Twitter | Facebook 
➮ Esquerda Unida. | Web | Twitter | Facebook

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
11 de maio de 2019 17:00

__________

mércores, maio 08, 2019

Narón por Diante inaugura local de campaña coa presencia da recen elixida diputada por Pontevedra, na candidatura de 'En Común Unidas Podemos', Yolanda Díaz



NARÓN POR DIANTE INAUGURA O SEU LOCAL DE CAMPAÑA

Este venres 10 de Maio as 20:30 NARÓN POR DIANTE SON EN COMÚN inaugura o seu local de campaña situado na Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).

André Abeledo (Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE), estará acompañado pola deputada Yolanda Díaz e as compañeiras e compañeiros dunha candidatura que pretende dar a sorpresa en Narón o próximo 26 de Maio.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
8 de maio de 2019 09:18

______________

martes, abril 30, 2019

Narón por Diante, o espazo liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro de Son en Común. (Anova, Esquerda Unida e Podemos)


NARÓN POR DIANTE, o espazo liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro de SON EN COMUN. (ANOVA, ESQUERDA UNIDA, PODEMOS).

NARÓN POR DIANTE, o espazo de unidade da esquerda naronesa, liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro do espazo de unidade da esquerda que é SON EN COMUN.

Un espazo de unidade creado por ANOVA, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS para ser a ferramenta capaz de parar a dereita na Galiza e construír alternativa dende a esquerda.

André Abeledo, o candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTER valora como “moi bo” o resultado de En Común Unidas Podemos, coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo en Narón.

Somos a terceira forza en empate técnico cun PP en caída libre.

Os 4.020 votos conseguidos, un 18,57% de porcentaxe de voto, demostran que o próximo 26 de Maio NARÓN POR DIANTE vai ter a oportunidade histórica de dar a veciñanza a posibilidade dun cambio real, o famoso “sorpasso” é posible en Narón de mans de NARÓN POR DIANTE.

Abeledo amosase orgulloso de liderar unha gran candidatura con capacidade para gobernar. Unha candidatura que conta con xente de esquerdas cunha traxectoria impecable, limpa, e un gran espírito de servizo a veciñanza é capaz de axuntarse para traballar por Narón.

Contamos cun equipo de traballo cunha gran capacidade e cunha traxectoria política ou sindical contrastada, axuntamos mocidade e veteranía, traballadoras e traballadores, veciñas e veciños de Narón dispostos a traballar con honestidade polo noso Concello. 

André Abeledo amósase convencido de que NARÓN POR DIANTE é a garantía de que a dereita non vai a gobernar en Narón. Nin con paracaidistas nin sen eles. Imos cerrar o paso a dereita en Narón cunha candidatura de garantías para as naronesas e naroneses.

Abeledo indica que NARÓN POR DIANTE é o mellor antídoto contra a dereita para a nosa cidade, un espazo de esquerdas amplo, onde organizacións e persoas a nivel individual con unha traxectoria política limpa e transparente axúntanse para presentar unha candidatura forte, que rema nunha mesma dirección, vai ser unha candidatura capaz de gobernar para que NARÓN avance e mude para mellor.

Estamos convencidas e convencidos de que NARÓN POR DIANTE SON EN COMUN será a gran sorpresa nas eleccións municipais grazas a ilusión e a confianza da veciñanza.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
29 de abril de 2019 14:39

____________

venres, abril 26, 2019

Sobre a senda peonil e ciclista de O Val, a retirada do proxecto, e a devolución dos terreos expropiados pola Xunta de Galicia


Sobre a senda peonil e ciclista de O Val, a retirada do proxecto, e a devolución dos terreos expropiados pola Xunta de Galicia.


André Abeledo indicou durante o Pleno que as xestións para a devolución dos terreos expropiados son un tramite administrativo individual, no que o Concello pode colaborar cos afectados para indicarlles cales son ditos trámites e como xestionalos. E pedimos ao Goberno que actúe neste sentido. Pero que tanto as expropiacións como a devolución dos terreos son responsabilidade da Xunta de Galicia. 

Debemos remarcar que a senda peonil e ciclistas de O Val era un proxecto da Xunta de Galicia, e que as expropiacións e a devolución dos terreos expropiados tamén son responsabilidade da Xunta de Galicia.

Non entendemos a postura dun PP que fai un xogo hipócrita, sabendo que a responsable é unha Xunta onde son eles os que gobernan, pero pretendendo pasar a pelota ao tellado do Concello. 

Abeledo tamén manifestou no seu momento a súa opinión sobre a escusa que puxo a Xunta de Galicia para retirar finalmente o proxecto, “parécenos infantil, pouco sería e irresponsable, o feito de sentirse maltratados durante unha asemblea para explicar un proxecto non é motivo suficiente nin defendible”.

Dende o primeiro momento manifestamos o noso pesar porque un importante investimento para O Val e para Narón puidera perderse.

Entendiamos que unha senda peonil e ciclista é algo positivo, aporta seguridade e dá valor aos terreos.

Un proxecto da Xunta pode ser modificado nun 10% sen necesidade de ser retirado, pos iso anímamos no seu momento ao dialogo da Xunta coa mediación do Goberno Local, con aqueles veciños que se sentían perxudicados para poder sacar adiante o proxecto.

Insistimos que a Xunta de Galicia responsable deste proxecto non fixo o esforzo necesario para negociar coa veciñanza, o PP responsable do proxecto dixo que non se ía facer porque a veciñanza non o quería, agoara o pretenden colgarse a medalla de ter retirado o seu propio proxecto e dar a imaxe de que agora o responsable do problema creado é do Concello de Narón.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
26 de abril de 2019 09:04

________________

xoves, abril 25, 2019

A veciñanza de Santa Icía quéixanse das molestias que causan as gaivotas no seu barrio - André Abeledo, candidato á Alcaldía de Narón por Diante, rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zona urbana de Narón


Veciños de Santa Icía quéixanse das molestias que causan as gaivotas no seu barrio. | Abeledo rexistrou unha Moción urxente para o Pleno.

André Abeledo rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zona urbana de Narón. 

Veciños de Santa Icía levan queixándose das molestias que causan as gaivotas no seu barrio sobre todo na época de cría. 

As gaivotas adoitan nidificar en poboacións naturais: illotes, rochas ou acantilados. Sen embargo, nos últimos anos a elevada densidade de individuos nas poboacións naturais xerou unha escaseza de lugares de nidificación, o que implica que estas aves poidan establecer as súas zonas de nidificación en áreas humanizadas.

Nestas zonas acostuman formar os seus niños preferentemente en lugares pouco accesibles e con abundantes sombras e reconcos, como por exemplo, tellados, chemineas, terrazas,…

O crecente aumento das poboacións de gaivotas débese a que aprenderon a explotar dúas fontes de alimento: os vertedoiros, contedores de lixo e do peixe na zona costeira. Isto supón que a densidade de individuos sexa cada vez maior, e que as colonias se despracen ata zoas humanizadas en busca de máis alimento e novas zonas para nidificar.

As gaivotas son coñecidas por ser aves moi territoriais, especialmente nesta época, cando hai crías de por medio.

Ao ser aves gregarias e ruidosas, a súa presenza causa molestias en zonas urbanas polos ruídos e ataques destas aves. E a nidificación en edificios implica molestias polo ruído e a sucidade por acumulación de excrementos. 

Os traballos de control da especie deron os seus froitos en Ferrol, cunha redución da colonia de gaivotas dun 54 % nos últimos dez anos.

As técnicas para poñer coto a estas pragas son moitas e variadas, aínda que todo depende da especie e do presuposto. O ideal é unha acción prolongada no tempo que permita un control sistemático da poboación.

Estes traballos de retirada das zonas de cría realízanse dende Maio ata o verán.

Por este motivo entendemos necesario diminuír a medio prazo a poboación reprodutora “urbana” e desprazala ata zonas naturais. Para minimizar no posible as molestias que as gaivotas ocasionan á cidadanía, sobre todo no período de cría.

ACORDOS:

1. Solicitamos un estudo sobre a poboación de gaivotas nos barrios da nosa cidade onde existan queixas veciñais, sobre todo na época de cría.

2. Solicitamos ao Concello de Narón que tome as medidas axeitadas non lesivas (evitando métodos como lazos, tanzas, etc que son cruentos) para o control desta ou outras especies.

3. Solicitamos medidas complementarias a adoptar para non facilitar o acceso ao lixo, recordando á veciñanza non deixar as bolsas fora dos contedores, poñendo máis se fose necesario para evitar facilitarlles o foco de alimentación. Temos como exemplo a zona de Santa Icía que é un punto de gran nidificación onde a superpoboación de gaivotas orixinan as queixas dos veciños.

Asdo.:  André Abeledo Fernández
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
25 de abril de 2019 00:22

_______________