Amosando publicacións coa etiqueta O Caurel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Caurel. Amosar todas as publicacións

venres, febreiro 13, 2009

Manifestación Urxente: Domingo 15 de Febreiro en Compostela

De: SOS Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de fevereiro de 2009 08:33
Asunto: Galiza non se vende MANIFESTACIÓN URXENTE




Galiza non se vende
MANIFESTACIÓN URXENTE

Neste artigo que sae hoxe, 13 de febreiro, en El País, queda en perfecta evidencia o "jolglorio", a ridiculez política na Galiza a tres bandas e o asombroso futuro do Courel.

Por toda a Serra:
  • Canteiras con escombreiras que converten os ríos en Guadianas.
  • Canteiras abandonadas, empresas afundidas e centos de traballadores sen cobrar.
  • Pero máis proxectos!! concesións de máis de medio cento de novas canteiras en Rede Natura.
  • Estradas para as canteiras con ríos e regatos entubados.
  • Estradas con obras eternas e sen Declaración de Impacto Ambiental.
  • Despilfarro de fondos para Rede Natura en plantacións de piñeiros, cortalumes e pistas ata na Rogueira.
  • Monte sen vixiar e incendios-represalia multifoco que avanzan mofándose da parafernalia preventiva.
  • Proxectos de parques eólicos xa tramitados en Rede Natura e no Camiño de Santiago.
  • Promesa eterna de un Parque Natural para intentar tapar ante o Mundo as desfeitas anteriores.
Contra a desfeita do Courel e de toda a Galiza, SOS Courel ten a obriga de acudir a manifestación do domingo, 15 de febreiro, que sairá as 12:00 da Alameda de Santiago de Compostela, convocada pola plataforma “Galiza non se vende”




Saúdos
____________________
Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
Santa Eufemia 32. Folgoso do Courel.
27327-Lugo
NIF G27362474.
soscourel@mundo-r.com
Teléfono de contacto 607 22 58 87
http://soscourelsos.blogspot.com/
__________________

martes, setembro 16, 2008

Fervesteiro: "Unha Lousa sobre O Courel" este próximo venres, 19 de Setembro, ás 20:00 hrs, nos cines Duplex de Ferrol

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Reeenvio: mriver@fundaciongaliciaverde.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 18:39
Asunto: Unha Lousa sobre O Courel no "Fervesteiro"


Ola a tod@s,
e perdón sobre todo á xente da zona de Ferrol-cidade, porque andamos tan desbordados que case nos esquecemos de avisarvos da proxección do docu Unha Lousa sobre O Courel este próximo venres, 19 de Setembro, ás 20:00, nos cines Duplex de Ferrol (Travesía Moreno, 3) dentro da programación do Fervesteiro, que ofrece unha programación estupenda para divertirse sen deixar de loitar, así que a ver se vos animades.

Bicos e seguímonos vendo de tódolos xeitos,

Mabel & Enrique.


Unha lousa sobre o Courel é un traballo documental que recolle a problemática xurdida en torno ás canteiras de lousa que ameazan con destruír un dos baluartes máis emblemáticos de Galicia, para convertelo nunha zona mineira de explotación duns recursos esgotables a curto ou medio prazo. A cambio, estánse a hipotecar outras posibilidades de futuro sustentable para esa comarca, como sería a creación dun Parque Natural que protexese e puxese en valor a zona con maior biodiversidade de Galicia.

Gracias ao silencio (ou á manipulación) dos medios, á colaboración dos políticos e á actividade empresarial máis depredadora, conseguíuse que os escasos habitantes do Courel contemplen a canteira da Campa (no concello de Folgoso) como a súa única posibilidade de emprego, ao tempo que se foi instalando entre a poboación a idea de que un Parque Natural traería coutos de caza só para ricos “de Madrid”, mentres que outras actividades tradicionais como a gandería e a agricultura se verían limitadas, ou mesmo prohibidas. O resultado é unha poboación dividida entre os que están a favor da canteira e os que se mostran a favor do Parque Natural. Existe gran desconfianza e medo a falar abertamente destas dúas fontes de ingresos: a canteira, co seu durísimo traballo, o seu inmenso custo ambiental e o seu tempo de explotación limitado; e o Parque Natural como alternativa de sustentabilidade e permanencia.

A gran desinformación que se foi tecendo en torno a esta situación está sendo contestada por grupos de veciños que queren defender, por riba de todo, os valores culturais do Courel e crear para os seus habitantes postos de traballo de calidade e que garantan o futuro do inmenso legado recibido dos seus antergos.

Este traballo documental ten por obxectivo dar a coñecer esta situación, crear debate entre a cidadanía e procurar un posicionamento claro en defensa do noso patrimonio cultural e medioambiental. Nel participan prestixiosos científicos e colaboradores que non dubidaron en dar a cara en defensa do que nos pertence a tod@s.

Namche Films está formada por Henrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, edición e cámara. Colabora no guión coa actriz Mabel Rivera, quen tamén se encargou da produción executiva, documentación e voz en off.

Unha lousa sobre o Courel é o segundo traballo dunha serie iniciada con O Salario do Silencio. Producido tamén de maneira independente, sen ningún tipo de subvención, está orientado ao mercado do DVD. Ofrécese en dobre versión (galego e español), e os beneficios da súa venda irán destinados a axudar á Asociación Ecolóxico-Cultural SOS-Courel na súa loita pola conservación dun patrimonio único e irrepetible do que nos sentimos partícipes tódol@s galeg@s.


Santiago de Compostela, 2 de Febreiro de 2008.
_____________

ENTRE O 12 E O 20 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR A SEXTA EDICIÓN DO FESTIVAL DO FERVESTEIRO, CON NOVO CIRCO E CABARET, CHARLAS, DEBATES, PROXECCIÓNS, ... E MÚSICA, DEDICADO Á DEFENSA DO TERRITORIO E Á REDE GALIZA NON SE VENDE

http://www.fervesteiro.org/

______

venres, xullo 18, 2008

Sembrando incendios no Courel

De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 4 de julho de 2008 16:50

Asunto: Sembrando incendios no Courel




Sembrando incendios no Courel

Difunde !!!

A Xunta de Galicia decidida a acabar co Courel !!

Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio.

Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra
  • Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.
  • Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...
  • Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.
  • Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais, .....
  • Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.
  • Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de “autovías” de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.
Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.

Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.

Así viaxa o Courel cara o Parque natural. Santa Eufemia en dúas fases:

1ª Fase

2ª Fase

A propósito da destrucción do Courel, mañá sábado, día 5 de xullo, en “La Vanguardia”, con referencia na portada , sairá unha reportaxe de tres páxinas adicada ao Courel. http://www.lavanguardia.es

Saúdos

SOS Courel, xullo de 2008

Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
NIF G27362474
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com

_______________

xoves, outubro 11, 2007

SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

De: S.O.S Courel
-soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de outubro de 2007 07:56
Asunto: O Courel acude aos Tribunais de Xustiza


____________________________

____________________________
SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

Amigas e amigos do Courel:

Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E fixémolo xa este venres, 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, “La Campa-Santa Eufemia”, no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, a primeiros de novembro, teremos que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a “magnitude da desfeita”, non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.

_____

2 1 0 0

2 1 8 3

5 6

0 2 0 0 1 8 1 1 0 9

____________

Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en “La caixa”, que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces:
Ou tamén podes miara o nº ao final deste artigo de prensa de EL PAÍS.

Mellor en páxinas fixas, porque ao difundir o nº de conta no texto do correo electrónico, pode xerar erros ou saltos de cifras.

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos.

__________________________

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
con NIF G27362474,
con enderezo postal en
“Santa Eufemia, nº32,
Folgoso do Courel. 27327 Lugo”
non ten ánimo de lucro,
e tal e como consta nos seus estatutos,
debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a
“Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel”.
___________

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o
telefono 607 22 58 87.

Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados.

Gracias por axudar

SOS Courel, 11 de outubro de 2007
______________________

Enlaces con fotos do desastre:

Fotos -1-
Fotos -2-

Video no Youtube:

Axuda urxente para o Courel !


Outras aclaracións:

Mentres o Courel se dispara cara un despoboamento seguro e o Parlamento cala, a Xunta lanza cortinas de fume a base de unha maraña de prazos e datos confusos sobre o futuro Parque Natural, de numero de concesións mineiras posibles e imposibles e de unha garabullada de promesas e medidas que nunca chegan; todo elo para tranquilizar a opinión pública sobre o inmenso escándalo.

Ao noso entender, o Consello da Xunta de Galicia, en xuño de 2007, errou ao entender mal a Lei, e autorizar unha canteira no medio da Cunca do Lor, na médula dun xa masacrado Courel.

A lei di: “ O Consello da Xunta valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais e paisaxísticos existentes”. Pois ben, a explotación funcionaba xa, a pesar de unha orde de peche, dictada precisamente por non ser compatible con eses valores.

Ao mesmo tempo esta autorización, é o precedente e o umbral ambiental necesario para a autorización de alomenos outras 54 explotacións mineiras neste territorio; e tamén é o requisito previo para a declaración do concello de Folgoso do Courel como “Concello Mineiro” tal e como se prevé na futura “Lei de promoción da minaría de Galicia”.

No Courel xa hai demasiadas canteiras cunhas condicións ambientais insostibles, recoñecidas polas propias empresas, cando pediron axuda económica ás Administracións para solucionar o problema ambiental no 2001.

Os postos de traballo:

No Courel hai posibilidade dabondo de crear moito máis dos cen postos de traballo, da canteira que se cuestiona, e son necesarios e urxentes para a restauración e conservación cultural e ambiental de todo o Courel.

A Xunta pode se quere, crear estes postos de traballo xa, sen traumas nin chantaxes para os traballadores; e os fondos poden saír por exemplo, do mesmo “cofre” de onde que saíron os do “Gaiás” ou os dos de momento, 4.000 sobresoldos de 15.000 euros anuais, para pasados e futuros altos cargos; e non imos valorar agora estes dous últimos “esforzos económicos públicos”.

Aos traballadores da pedra de Galicia, as Administracións débenlle, según algúns sindicatos e nós estamos tamén de acordo, un plan cun “esforzo económico Estatal”, para equiparar a idade de xubilación aos outros ramos da Minaría. De levarse a cabo permitiría a xubilación de moitas e moitos traballadores cunhas retribucións máis xustas que as actuais e recolocar todas as traballadoras e traballadores especialistas desta canteira nas outras da contorna.

Non hai desenvolvemento económico se non se respectan os valores culturais e ambientais.
_______________

GALERÍA DE DIAPOSITIVOS DO CAUREL
________________

sábado, setembro 08, 2007

SOS Courel: Entrega de sinaturas en Compostela o luns 10 de setembro.

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de setembro de 2007 14:23
Asunto: Entrega de sinaturas en Santiago o LUNS


Encamiñando correo recebido:

---------- Mensagem encaminhada ----------
From: "S.O.S Courel" -soscourel@mundo-r.com-
To: -soscourel@mundo-r.com-
Date: Sat, 8 Sep 2007 12:47:30 +0200
Subject: Entrega de sinaturas en Santiago o LUNS


SOS Courel

SOS Courel quere participar na organización da “2ª Galicia non se vende”

Entrega das xa 21.000 sinaturas para a declaración de o Courel como Parque Natural

O próximo luns, 10 de setembro, ás 11:00 horas, acudiremos a Santiago de Compostela, ao Rexistro Xeral da Xunta, que está situado no Edificio de San Caetano, na planta baixa do Bloque Central.

Como teñen que selarnos todas as copias, por ser cada folio un documento independente, permaneceremos no edificio dende as 11:00 ata as 14:00.

Para ser identificados, portaremos camisolas de SOS Courel

Saúdos

Orlando Gregorio Álvarez Álvarez

Teléfonos 607 22 58 87; 982 16 52 18

_____

Enlaces Relacionados:

SOS CAUREL: Emerxencia no territorio de maior biodiversidade da Galiza
____________

xoves, xuño 28, 2007

Sobre as canteiras do Caurel e o Informe de Greenpace sobre a Costa Galega

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
ADEGA-TRASANCOS

-adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Junho de 2007 18:19
Asunto: As canteiras do Caurel e o Informe de Greenpace sobre a Costa Galega



Queridos/as compañeiros/as:

Unhas cantas novas:

Queren tirar para diante có asunto das canteiras no Courel, incluido na Rede Natura e proposto para Parque Natural. Levase unha campaña forte dende Adega-nacional. Se poidedes, difundila información:

Acaba de publicarse o informe "DESTRUCCIÓN A TODA COSTA 2007" elaborado por Greenpeace, onde aparecen, entre outros, os puntos negros da Costa Galega.

Nas súas páxinas 29 e 30 do informe referente a Galiza, aparece o asunto da Planta de Gas de Mugardos; tamén aparece en mapas asociado e alguna cousa máis referente a ese punto (..o "puntazo" negro..)

Se non coincidimos antes: bó veran a todos/as.
Unha aperta
Antonio Gª
Adega-Trasancos
Ferroliño
________________________________________

Enlace relacionado:


SOS CAUREL: Emerxencia no territorio de maior biodiversidade da Galiza
________________________________________

domingo, xuño 17, 2007

Axuda urxente para O Courel !

Axuda urxente para O Courel !

Axuda urxente para salvar o Courel


Amigas e amigos: Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”. Esta Asociación, no outono de 2004, coa vosa axuda, fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta De Galicia na primavera de 2005 respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras tantas novas que se pretendían autorizar:

Na ladeira este da Serra, quedaban fóra as cuncas, xa totalmente aniquiladas do ríos Pacios e Vilarbacú, onde traballan 5 macrocanteiras de pizarra. Pero tamén deixaban fora na ladeira oeste: A cunca do Ferreiriño, para abrir xunto ao Pregue Tumbado do Courel a concesión CUPA II.2 E a metade sur da cunca do Lor, onde estaba previsto abrir 2 novas macro canteiras, CUPA II.3 e ILUSIÓN.2 e legalizar “La campa”, que traballaba xa, sen licencia municipal nin autorización do Consello da Xunta e con unha orden de peche de Urbanismo.
Agora, no 2007/2008, definitivamente o Courel será Parque Natural, un pouco máis extenso ao norte, que na proposta do 2005, pero outra vez gravemente mutilado ao sur, para as mesmas canteiras e as mesmas novas concesións; moi pronto 9 macrocanteiras canteiras á vez, “explotaran” a Serra.

Esta declaración que se invalida a si mesma, é a “sentencia” definitiva do Courel. Logo coa inminente próxima aprobación da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, Folgoso do Courel será declarado Concello Mineiro (artigo 46, páxina 28). E por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre o Parque Natural e poderán ir recortándoo na medida das “necesidades” .Do Pregue Tombado do Courel pouco queda que dicir, un fito xeolóxico único en Europa.Pero a metade sur da cunca do Lor tamén é algo único dentro da Rede Natura, unha das rarezas que fan extraordinario ao Courel, tratase da profunda incursión da zona bioxeográfica Mediterránea no interior da Atlántica, de excepcional riqueza faunística, un dos últimos hábitats do bufo real na Galiza, ave en perigo de extinción. As terras de Santa Eufemia, Baldomir, Vilamor, Froxán, Vilar, Castro Portela, Salcedo, a Montaña do Lor, Barxa de Lor, ... ; todo isto quedará fora do Parque Natural, todo por mor da “obsesión de non dar gastado os recursos naturais”A urxencia deste correo ven dada ante a inminente legalización da canteira “La Campa” por o Consello da Xunta de Galicia, tal e como se nos comunicou dende todos os Organismos Sectoriais competentes. A documentación xa está preparada na Comisión Superior de Urbanismo, para ser examinada. Xa alegamos reiteradamente ante as Administracións, que esta é unha explotación imposible por estar totalmente cercada polos ríos Lor e Loruda, por varios núcleos de poboación, pola estrada LU-651, polo souto de Santa Eufemia e no medio de un Espacio Natural. Máis cedo que tarde terá que ser clausurada, pero acontecerá despois de legalizada, e terá que indemnizarse á empresa con cifras astronómicas con cargo aos Fondos Públicos.

Que lle pedimos as Administracións para o Courel ?


Que declaren o Courel Parque Natural, que inclúa como mínimo as cuncas enteiras dos ríos Lor-Louzara, Soldón, Selmo e Ferreiriño, e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, hidroeléctricas, ....

Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura. E máis agora, que se prometeu case duplicar a superficie total da Rede Natura na Galiza. Que poñan xa de inmediato en marcha un Plan Urxente, no que participen todas as Administracións, para a recuperación ambiental, do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional. Este Plan debe estar implementado cun orzamento digno e suficiente, para a creación de empregos directos, que nós, no resumo do Plan de Desenvolvemento para o Courel, que enviamos a todas as administracións en novembro de 2005, calculamos en máis de 150 traballadores; para os que se necesitaría destinar aproximadamente 3 millóns de euros anuais. Esta cifra non é nada disparatada se temos en conta que no Principado de Asturias, con máis número de parques naturais, ningún recibe menos de 6 millóns de euros ao ano, así no Parque Natural de Somiedo empregaranse durante este ano 7,7 millóns de euros. Neste plan debese incluír necesariamente a dotación de servizos á poboación, para equipara o Courel ao resto da Galiza (sanitarios, asistenciais, culturais, de transporte, ...). Esto propiciaría, entre outras moitas cousas o retorno de emigrantes xubilados, para poder desfrutar por fin da súa Terra e na súa casa. A mellora da imaxe do Courel e a “seguridade de futuro”, multiplicaría a inversión privada e propiciaría a creación de empregos indirectos. Xa se quedou en que a Rede Natura tiña garantida a cofinanciación da Unión Europea. Ademais moitas institucións e fundacións están desexando colaborar; parece ser que unha Corporación Financieira Galega anda mirando de comprar unha Illa Atlántica e ao parecer tamén unha Devesa no Courel, e nos estamos seguros de que comprará tamén, a súa propia canteira que traballa no medio da cunca do Lor, entre Santa Eufemia e “a Campa”, para levar a cabo unha restauración ambiental exemplar”.


Que podes facer ti para axudar ?

Non se trata de axuda económica, pero pedímosche que teñas paciencia, que remates de ler este correo e llo reenvíes as túas coñecidas e coñecidos o antes que poidas. Non encontramos outra maneira para dar a coñecer ao Mundo o que no Courel está acontecendo. Ao final deste correo, van os enderezos electrónicos das distintas Administracións, cópiaos e reenvíalle este correo a esas Institucións.


Recollida de sinaturas.

Imprime nun folio o documento que xuntamos neste enlace, asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos: Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución, substituíndo “... os que abaixo asinamos” por o nome da mesma. Neste caso tes que baixalo en formato Word.Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras. (Debaixo de “Ao Presidente da Xuta de Galicia” pon en letra pequena “Envíeselle copia á Presidenta do Parlamento e a cada unha das Consellerías da Xunta” , isto non é para que o fagas ti, iso é para que o fagan dende Presidencia). As sinaturas recollidas mándaas, por correo, certeficado mellor, a Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.


Ou, se tes tempo e te queres implicar máis.

Sácalle unha copia a cada folio coas sinaturas, entrega o orixinal nun Rexistro Público e que che selen a copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas e cada unha das correspondentes copias. Podes acudir ao Concello, Subdelegación do Goberno, Delegación do Goberno, Correos, Xunta, Gobernos Autónomos, Embaixadas de España, Consulados, etc.

A copia-resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo. Se tes tempo, mellor certificada.

Non estaría mal que te quedaras cunha fotocopia da copia-resgardo, para que se queres, facer un seguimento do teu documento dentro da Administración.Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución, substituíndo “... os que abaixo asinamos” por o nome da mesma.

Non fai falla que te propoñas metas moi ambiciosas, mellor rexistrar menos e axiña que dilatar moito a tarefa. Ademais sempre poderás reiniciar o traballo de novo, se tes ocasión. A campaña durará ata o 21 de xuño de 2007, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.

Podes colgar na túa páxina Web o texto deste correo , ou calquera outro motivo relacionado co Courel (Fotos, “O Courel non se vende”, “Courel Parque Natural”, ....)

Gracias por axudarnos

Unha aperta
O Courel, 25 de abril de 2007

Asociación SOS Courel. Enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com,

Correos para as Administracións:

Moi Importante !! Cópiaos e reenvíalles este correo en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Presidente<secre.presidente@xunta.es>; Vicepresidente<gabinete.vicepresidencia@xunta.es>; C Presidencia<conselleria.presidencia@xunta.es; Economía<secretaria.gab@xunta.eco.org>; Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>, Confederación H<presidente@chn.mma.es>; c.pita@diputacionlugo.org, concello.folgosodocourel@eidolocal.es, culturaedeporte@xunta.es; Traballo< angelina.gutierrez.alvarez@xunta.es>, ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>; gabinete.sanidade@sergas.es; C Educación<conselleira@edu.xunta.es>; secretaria.turismo@xunta.es, CIndustria<fernando.xabier.blanco.alvarez@xunta.es>; montes.galicia@xunta.es, valedor@valedordopobo.com, registro@defensordelpueblo.es, gp-pp@parlamentodegalicia.es; gp-socialista@parlamentodegalicia.es; ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ C Vivenda<rosa.lopez.rendo@xunta.es>;C Pesca<carmen.vallejo.pousada@xunta.es>; C Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>; Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>; Calidade Ambiental<secretaria.dx.cal.aval.ma@xunta.es>; gp-bng@parlamentodegalicia.es; Presidenta<yolanda.aguiar.castro@parlamentodegalicia.es>;
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para saber máis do Courel, se tes tempo de ler.

I).- A propósito da canteira “La Campa”.

No BOE nº 160 de 6/7/2006, aparece publicado o Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Norte (Ministerio de medio Ambiente) relativo a información pública del proyecto de restauración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda) a su paso por el paraje de La Campa. T.m. de Folgoso del Caurel (Lugo) y de los terrenos, bienes y derechos necesarios para su ejecución”

No parágrafo 5º do dito anuncio di: “El río Redomás está invadido tanto por el banco de explotación de pizarra actual como por la escombrera de estériles aguas abajo de dicho banco, generando una gran contaminación de las aguas por la elevada concentración de sólidos en suspensión.”

O río Redomás ou Luruda (Loruda), afluente do Lor, non é outro que o que está ocupado por “La campa”, situada a 300 metros do Lor; pero se lemos atentamente o anuncio deducimos:

O río está moi contaminado e invadido tanto polas escombreiras como polo propio banco de extracción.

O Ministerio de Medio Ambiente, con fondos públicos, disponse a restaurar un río, desfeito por unha empresa, que funciona sen licencia Autonómica nin Municipal e cunha orde de peche dende o 2002 que non cumpriu en ningún momento. Esta orde foi ratificada polos Tribunais de Xustiza, ata o momento.
Para levar a cabo as obras, vaise expropiar un gran número de fincas, entre elas dúas da propia empresa, de Cupire Padesa.

Pero non se vai recuperar o cauce antigo, di “.... consiste en la apertura de un nuevo cauce para el río Redomás .....”. Despois de ver o Proxecto, puidemos comprobar que se trata de un “transvase total” cara outro río, o Redeirexa; co fin, supostamente, de que a auga non estorbe na canteira.

A maiores prevense outras obras extra, que parece que tería que facer a empresa: “... se diseña una nueva pista de circulación de vehículos paralela al cauce para el servicio habitual de la explotación,..” “.. Se prevé la construcción de dos pasos sobre el río Redomás resueltos mediante marcos de hormigón prefabricado,...””.. Se proyecta la remodelación de la escombrera existente,..” “...se procederá a la revegetación de la escombrera y de las márgenes del río con hidrosiembras y plantaciones, previo aporte de una capa de tierra vegetal o suelos reciclados...”

Este Proxecto, ten un custe de case 4 millóns de euros (3,744 millóns), e sería financiado con Fondos FEDER da Unión Europea. Esta cantidade está moi próxima ás axudas totais que recibiu o LEADER +, que xestionou a Asociación Rio Lor para 7 concellos en 7 anos (4,2 millóns de euros).

2).- O Plan “B”que funciona no Courel.

Este “Plan”, que non está escrito en ningún “papel” e vén de moi antigo, avanza de forma inexorable e non ten nada que ver coa Rede Natura, nin co Parque Natural. Este plan “oculto” consiste en despoboar o Courel para abaratar o aproveitamento “bárbaro” dos recursos naturais e librarse de “estorbos incómodos”. Por incrible que pareza, podemos demostralo cunha análise sinxela:

No 2002, suprimiuse a asistencia médica no Concello dende as 22 horas ata as 8 horas do día seguinte, cando dende que se activa o servicio de emerxencias ata a chegada ao hospital de Monforte, tárdase un mínimo medio de 3 horas, nun concello que queda illado pola neve e o xeo varias veces ao ano.

No 2003, os veciños do Courel pediron que se asfaltara a pista forestal que dende o Courel pasa dereitamente a Poboa de Brollón, para acurtar a chegada ao Hospital de Monforte en máis de unha hora e evitar o impedimento da neve. Non se recibiu resposta algunha.

No 2004 suprimiuse o transporte público, nun Concello onde a maioría da poboación está constituída por persoas maiores.

Os maiores do Courel máis desvalidos, vense obrigados tamén a emigrar. No Courel non hai Centro Residencia e por iso son dispersados polos Centros de toda a provincia de Lugo.

O 9 de marzo de 2006, O Consello da Xunta, sentencia sobre o futuro do Courel, ao decidir reformar a estrada LU-651, para convertela nunha superestrada:

O Consello da Xunta declarou hoxe a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo trazado (un total de 436 fincas) e estudo de impacto ambiental de dita estrada que da servizo a preto de 5.500 habitantes dos concellos lugueses de Quiroga e Folgoso do Courel. O acondicionamento da dita estrada mellorará considerablemente a seguridade viaria e terá unha especial repercusión no desenvolvemento económico da zona, xa que facilitará a circulación dos camións dedicados ao transporte da lousa, principal actividade industrial, que actualmente transitan por unha estrada moi estreita e sinuosa. Prevese que as obras dean comezo no segundo semestre deste ano, estando previsto

Coa reforma desta estrada, LU-651, que se orzamentará con 13,79 millóns de euros para 21 quilómetros, queda aparcada para sempre a vella aspiración courelá da “Estrada Dereita a Monforte”; a media ladeira, seguindo o canón do Lor, aproveitando unha pista forestal existente de 7 quilómetros, para acurtar 25 a distancia ao Hospital, evitando o illamento invernal e cun impacto insignificante.

Queda claro que para o Consello da Xunta, os veciños do Courel, xente maior na súa maior parte, a que mantén vivo o Courel, traballadora tamén, a que inviste as súas pensións honradas na súa Terra, a que aguanta gratis da única paisaxe tradicional que queda, do aparello etnográfico e arquitectónico, e da tradición cultural,.... nun dos mellores espazos naturais da Galiza, .... son menos rendibles economicamente que a producción de lousa.

Nin que dicir ten, que coa reforma da LU-651, “a alguén se lle escapará a man,” e converterán a metade da Serra nunha inmensa escombreira, e a ver quen se atreve a dicir algo porque lle soltarán esa frase contundente de “se poñedes pegas non a facemos e despois a ver que lle contades aos veciños”.

Salvo datos de última hora, ningún veciño do Courel traballa na recuperación e conservación ambiental. Na terra dos mellores soutos e devesas da provincia, non hai destinada ningunha brigada de prevención de incendios, e os aproximadamente 13 traballadores do lume, traballan habitualmente fóra do Concello.

Cando xa está de abondo demostrado, que as devesas, os soutos, as franxas de frondosas, os prados de rega, o labrado, ....constitúen os únicos cortalumes eficaces, aquí no Courel, séguese a desfacer os montes con grandes máquinas e plantando todo de piñeiros.

No final do século XX, á vista de que a Universidade de Santiago, quería construír un Centro Científico en Seoane, e non había solar, os veciños da vila pagaron do seu peto 12.000 euros para amañar un. Despois de 7 anos, outras tantas promesas e o “letreiro” da obra comido polas silveiras, os veciños aínda din que “desta vai” ¿ Quen non entendía o do Parque Natural?

A Ferrería, restaurada ou medio restaurada, hai arredor de 8 anos, con fondos públicos, permanece pechada ás visitas sen que ninguén saiba de quen é a culpa.

O albergue de Folgoso, cofinanciado con fondos LEADER +, despois de case un ano rematado, aínda non se abriu.

Mentres na Xunta estudian como explicarlle aos veciños o paso de Rede Natura a Parque Natural, seguen a correr polo Courel os rumores maliciosos e disparatados da “prohibición de apañar leña para o lume” e o de que “non se poderán apañar as castañas”.

Agora cando xa había orzamento en Medio Ambiente para “tapar con terra” os dous vertedoiros de lixo municipais, o Sr Alcalde non dá encontrado , ao parecer, aos donos das fincas a rexenerar. E alí segue o Castro de Megoxe entullado polo maior deles, ao carón do río Lor. Nós aproveitamos para pedir que non se “tape o lixo”, debe recollerse na súa totalidade e trasladarse a unha planta de tratamento.

SOS CAUREL: Emerxencia no territorio de maior biodiversidade da Galiza

De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de Junho de 2007 01:32
Asunto: Video e noticias da campaña de "O Courel"


SOS Caurel
Últimas noticias !!!





1ª) - Regaláronnos un vídeo para a Campaña, con imaxes do Courel e música de “Luar na Lubre”.

Video Courel “Luar na Lubre”:

http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

2ª) – Aprazamos a entrega das sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia ata o 21 de XULLO, un mes máis. Xa temos preto de 10.000, pero pódese dobrar facilmente esta cifra.

3ª) – Non recibimos ningunha nova dende Administración.


Máis axuda urxente para
O Courel !



DENUNCIA:

Ante o consenso de alomenos os 3 partidos políticos parlamentarios, para arrasar o Espazo Cultural do Courel, o territorio de maior biodiversidade da Galiza, aproveitando o despoboamento intencionado, non temos máis remedio que pedir máis axuda.

A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis dunha ducia delas.


PROPOSTA E OBXECTIVO:

Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao Courel, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor - Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...

A NOSA PROPOSTA DE PARQUE NATURAL:

O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello).


A PROPOSTA QUE FAI A XUNTA:

A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, para instalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira “Campa-Santa Eufemia”, que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza.

A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Pregue Tumbado de Campodola, ..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.


PRETENDEN LEGALIZAR UNHA MACRO-CANTEIRA NUN ESPAZO NATURAL DE GRANDE VALOR ECOLÓXICO E PAISAXÍSTICO.

Esta canteira, “Campa-Santa Eufemia”, que ocupa un Espazo Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira “Imposible”, acurralada polos soutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal.

Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, “Campa-Santa Eufemia”, terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas.


ALTERNATIVAS AO EMPREGO QUE XENERAN AS CANTEIRAS.

Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos:

A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamente dende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galiza aos do resto da minaría e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.

B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida. Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.

Que podes facer ti para axudar ?

Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido “Ao Presidente da Xunta de Galicia”, que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ou Inglés), asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos:

http://www.adega.info

Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución (báixao en formato -doc-), substituíndo “... os que abaixo asinamos” polo nome da mesma.

Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras.

As sinaturas recollidas mándaas por correo, preferiblemente certificado se podes, á “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”

Ou, se tes tempo e te queres implicar máis, entrega o orixinal no Rexistro Público máis cercan, e que che selen unha copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas. A copia resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”

A campaña rematará o 21 de XULLO de 2007 coa entrega de sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.

Engadimos a continuación os enderezos electrónicos das distintas Administracións, se o tes a ben cópiaos e reenvíalles esta información en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta.
____________________________
1º Grupo:

Presidente<secre.presidente@xunta.es>;
Vicepresidente<gabinete.vicepresidencia@xunta.es>;
C Presidencia<conselleria.presidencia@xunta.es>;
Economía<secretaria.gab@xunta.eco.org>;
Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>;
Confederación H<presidente@chn.mma.es>;
Diputación de Lugo<
c.pita@diputacionlugo.org,
>;
Concello deFolgoso<concello.folgosodocourel@eidolocal.es,>;
C.Cultura e Deporte< culturaedeporte@xunta.es>;
Traballo<
angelina.gutierrez.alvarez@xunta.es>;
________________________
2º Grupo

Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>;
Sanidade<gabinete.sanidade@sergas.es>;
C Educación<conselleira@edu.xunta.es>;
Turismo< secretaria.turismo@xunta.es>;
C. Industria<fernando.xabier.blanco.alvarez@xunta.es>;
Montes< montes.galicia@xunta.es>;
Valedor<
valedor@valedordopobo.com, >;
Defensor<registro@defensordelpueblo.es,>;
Parlamento Galicia<
gp-pp@parlamentodegalicia.es>;
Socialista < gp-socialista@parlamentodegalicia.es>;
__________________________
3º Grupo

C Vivenda<rosa.lopez.rendo@xunta.es>;
C. Pesca<carmen.vallejo.pousada@xunta.es>;
C Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>;
Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>;
Calidade Ambiental<secretaria.dx.cal.aval.ma@xunta.es>; Nacionalista<;gp-bng@parlamentodegalicia.es
>;
Presidenta<yolanda.aguiar.castro@parlamentodegalicia.es>
_________________

Engadimos igualmente, os correos dos medios de comunicación, se o tes a ben, cópiaos todos, e reenvíalles este correo:

correo@elprogreso.es, redac@lavoz.es, cronica@diariodepontevedra.com, info@anosaterra.com, noticias@vieiros.com, info@gznación.com, galicia@elcorreogallego.es, redaccion@farodevigo.es, info@galicia-hoxe.com, digital@laopinioncoruna.com, stgredaccion@efe.es, redacción@axencia.com, galicia@europapress.es, autonomias@servimedia.net, redaccion@xornal.es, redaccion@galiciadiario.com, redaccion@arroutadanoticias.com, redaccion@codigocero.com, info@noticiasgalicia.com, nosevendeacoruna@20minutos.es, galicia@abc.es, galicia@elpais.es, informativos.tvg@crtvg.es, xefinfo.radiogalega@crtvg.es, sociedad9_ssii.tve@rtve.es, edirecto@rtve.es, redaccion.c.tve@rtve.es, informativos.santiago@cadenacope.net, redaccion@cadenaser.com, Gaceta@recoletos.es, apenam@unionradio.es, lacoruna@ondacero.es, voces@radiovoz.com, informativosgalicia@antena3tv.es, mvelo@atlas-news.com, telelugo@elprogreso.es,

Unha aperta

O Courel, 14 de xuño de 2007

Asociación SOS Courel.

Defender O caurel !
Defender o Patrimonio de Tod@s !

Contacta con nós en:
soscourel@mundo-r.com

Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina:
http://www.ecotono.net/
_______________________

QUEN DISPOÑA DE MÁIS TEMPO OU QUERA IMPLICARSE MÁIS, NOS ARQUIVOS ÁRTABROS PODE ATOPAR UNHA INFORMACIÓN MÁIS COMPLETA E CON ENLACES DE INTERESE [+info]
______________________