Amosando publicacións coa etiqueta Praza da Porta Nova. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Praza da Porta Nova. Amosar todas as publicacións

venres, febreiro 20, 2009

O Pleno do Concello de Ferrol, rexeita a "proposta de aprobación inicial do anteproxecto de construción e explotación do centro deportivo" ...

O Pleno do Concello de Ferrol, rexeita a "proposta de aprobación inicial do anteproxecto de construción e explotación do centro deportivo" da Praza da Porta Nova

A Xunta Local de Goberno de Ferrol, levaba ao Pleno Municipal de hoxe, 20 de Febreiro de 2009, que se reuneu en sesión extraordinaria, a "proposta de aprobación inicial do anteproxecto de construción e explotación do centro deportivo" que se localizará baixo o cemento da Praza da Porta Nova [Praza de España], este ponto xa fora retirado do Pleno Ordinario anterior, para dar tempo para o seu estudo polo resto dos grupos municipais. Mais non puido ser, os grupos municipais da oposición deron-lle as costas ao anteproxecto, PP, IF e EU-IU, votando en contra e o BNG coa abstención. A oposición alegou motivos electorais do PSOE, o de intentar aprobar o anteproxecto agora, sen que a oposición teña mais tempo para estudar o asunto.

Segundo informaron os responsabeis municipais, o anteproxecto "foi elaborado por un equipo multidisciplinar que traballou baixo a coordinación do Xefe de Planeamento do Concello de Ferrol (isto é, o técnico xefe da Sección de Patrimonio, o de Urbanismo e o de Deportes). As instalacións ocuparán máis de 4.500 metros cadrados de superficie, así como que nelas se disporá unha pista polivalente, unha piscina e unha zona spa, entre outros servizos. Tamén salas para a realización de exercicios cardiovasculares e salas de musculación". Segundo o concelleiro de Urbanismo, Angel Mato a construción desta infraestrutura "permitirá contribuir á revitalización socio-económica do barrio da Magdalena", ademais de "dar resposta á actual e futura demanda dos cidadáns de Ferrol en infraestruturas deportivas".

Continuará ...
_______________

venres, novembro 09, 2007

13 concelleiros do anterior goberno da dereita PP - IF, comandados por Juan Juncal, imputados polo asunto Abeconsa e as obras da Praza da Porta Nova

A Plataforma Ártabra 21, cumpreu um papel importante na loita pola defensa dos espazos públicos, en concreto o asunto da Praza da Porta Nova, foi moi importante. Nun momento determinado desde a PA21 tomamos a iniciativa de denuncia e mobilización, señalando o despropósito do goberno municipal da dereita PP-IF coas obras da citada Praza.

Pola importancia do asunto transcribimos as noticias que publicou o xonal comarcal "Diario de Ferrol", nas edicións dos días 8 e 9 de novembro.

Diario de Ferrol - 8 de novembro de 2007
A Fiscalía imputa ao goberno de Juncal pola praza de España
O fiscal que se ocupa da denuncia polas obras da praza de España pediu ao Xulgado número 1 "que instrúe o caso" a declaración como imputados dos 13 edís que formaban parte do grupo de goberno presidido por Juan Juncal ?oito do PP e cinco de IF?, así como do arquitecto e o aparellador municipais. Trátase un paso previo á cualificación xurídica dos feitos.

O fiscal que se ocupa da causa aberta no Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol polas obras da praza de España solicitou a declaración como imputados dos oito concelleiros do Partido Popular e os cinco de Independentes por Ferrol que no seu día deron o voto favorable aos criterios de urbanización deste espazo, o cambio de usos, a adxudicación a Abeconsa e a aprobación do proxecto presentado pola empresa. Todas estas cuestións liquidáronse en catro plenos celebrados entre os anos 2004 e 2005 nos que unicamente o entón grupo de goberno, presidido por Juan Juncal, apoiou as propostas presentadas -a oposición votou en contra-.

Os edís cuxa declaración como imputados solicítase ao Xulgado son, ademais de Juncal, os "populares" Marta Cerdido Pintos, José Manuel Rei Varela e José Manuel Vilariño Anca -todos eles aínda en activo-, Vicente Lorenzo Luque, Rosa María Novoa Alcaraz e Amador Fátima Rodríguez Silvar, así como os de Independentes por Ferrol Manuel Honorio Bustabad Ferreiro -entón edil desta formación política e hoxe dentro do grupo do PP-, Juan Fernández García, Leopoldo Ibáñez Santiago e o que era responsabale municipal de Urbanismo, Francisco Manuel Pita-Romeu Caamaño -que permanecen aínda na corporaación-, xunto con José Luís Amado Caeiro e José Manuel Couce Fraguela.

Á petición de declaración dos concelleiros hai que sumar, tamén en calidade de imputados, a do arquitecto municipal Guillermo Díaz do Río e o aparellador do Concello Juan J. Ruiz González.

Dáse a circunstancia de que Guillermo Evia (PP), que substituíu a Pita-Romeu á fronte de Urbanismo por decisión de Juncal, é o único edil que formou parte do anterior grupo de goberno que se libra de prestar declaración, polo menos de momento.

Enlace orixinal coa noticia no Diario de Ferrol

[Os imputados sin Juncal]

Diario de Ferrol - 9 de novembro de 2007
O caso da praza de España pasará ao TSXG
O caso da praza de España volverá ao Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, cuxa Fiscalía instou á de Ferrol a presentar denuncia. O motivo é que a condición de deputada de Marta Cerdido obriga ao Xulgado de Instrución a inhibirse en favor do TSXG.

REDACCIÓN > FERROL
A condición de deputada do Parlamento galego da concelleira do Partido Popular Marta Cerdido deu un novo xiro ao caso da praza de España. A imposibilidade de xulgar a través do procedemento ordinario a unha aforada derivará, con toda probabilidade, no traslado das dilixencias ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fontes da Fiscalía informaron onte a este xornal de que tiveron coñecemento extra-procesual desta circunstancia, que aínda que afecta de xeito persoal unicamente á edila Cerdido, repercutirá no conxunto das persoas para as que se pedía a imputación -como se recordará, oito edís do Partido Popular e cinco de Independentes por Ferrol, os que gobernaron o Concello durante o anterior mandato con Juan Juncal como alcalde- e dous técnicos. Deste xeito, a partir de agora o Xulgado de Instrución número 1 -que viña ocupándose do caso- terá que dirixirse ao Parlamento de Galicia para solicitar unha relación de deputados e comprobar que entre eles figura Marta Cerdido. Unha vez ratificada esta situación, obrigará a inhibirse en favor do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, que é o que por lei asume as competencias cando se dan estas circunstancias. Será o TSXG o encargado de nomear un maxistrado instrutor para que se ocupe das dilixencias.

Demora > Na práctica, o traslado do caso redundará nunha demora nos trámites que se seguen, que se iniciaron, precisamente, por mor dunha denuncia da Federación Veciñal Roi Xordo presentada ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Foi o fiscal do TSXG Antonio Roma o que entendeu que procedía formular denuncia e o que trasladou o caso ao Xulgado Decano de Ferrol, que o outorgou en repartición ao número 1, aínda que agora teña que volver ao seu lugar de orixe por unha cuestión de procedemento.

Como onte anunciaba Diario de Ferrol, o fiscal José Luís Pillado López solicitara ao Xulgado que se chamase a declarar como imputados aos trece concelleiros citados e ao arquitecto e o aparellador municipais, admitindo así as teses de Roi Xordo e do propio fiscal do TSXG Antonio Roma.

Enlace orixinal coa noticia no Diario de Ferrol
_____________________
Octavilla dunha das mobilizacións realizadas en Ferrol

[Para ampliar clicar acima das imaxens]

_____________________

Importante comunicado do 16 de abril de 2007

POSICIÓN CONSENSUADA POLAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS E CONTRA A CONSTRUCIÓN DO MACRO-EDIFICO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], DIANTE DO DITAME DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E DA ACTITUDE DO GOBERNO MUNICIPAL
__________________

venres, outubro 26, 2007

A PA21 esixe solucións de futuro para a Praza da Porta Nova - Praza de España

A Xunta Coordinadora, acordou solicitar ao Concello toda INFORMACIÓN posible sobre o futuro da PRAZA DA PORTA NOVA - PRAZA DE ESPAÑA.

Expresamos nosa satisfación pola PARALIZACIÓN DAS OBRAS, máis queremos que se determine o futuro da PRAZA, iniciando un proceso de recuperación deste ESPAZO PÚBLICO sen edificación algunha e darlle unha función de disfrute pública, así mesmo preocúpanos que a situación se prolongue demasiado nos despachos ou como arma arroxadiza de campaña electoral, polo que a cidadanía esixe unha relativa rápida solución e da máxima calidade para esta PRAZA EMBLEMÁTICA.

INFORME PRAZA DE ESPAÑA- PORTA NOVA

A Xunta Coordinadora da PA21, reunida na tarde deste pasado día 17 de outubro, no seu debate interno respecto a política municipal sobre os Espazos e PRAZAS PÚBLICAS como unha das prioridades desta Plataforma acorda:

SOLICITAR :

UN INFORME DA ALCALDÍA E CONCELLARÍA DE URBANISMO, MEDIANTE O SECRETARIO DO CONCELLO DAS NOVAS PROPOSTAS DE FUTURO E XESTIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA - PRAZA DA PORTA NOVA.

Lembramos que a Plataforma Ártabra 21, a través de diversas iniciativas promoveu un movemento social para a PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DA PRAZA COMO UN ESPAZO PÚBLICO DESTINADO AO DISFRUTE E GOZO DA CIDADANÍA LIBRE DE EDIFICIOS, AINDA MENOS PARA A EXPLOTACIÓN OU ESPECULACIÓN PRIVADA EN SUPERFICIE.

Este MOVEMENTO SOCIAL estivo sempre representada pola maioría social e veciñal da cidade de Ferrol para salvagardar e reivindicar seu uso de espazo público .

Ferrol a 24 de Outubro de 2007.

A XUNTA COORDINADORA.
José R. Jove, Amadeo Varela, J. Fernandez, Xosé N. Sanxoán
__________________

sábado, abril 28, 2007

"... células durmientes ... al servicio de intereses bastardos ..." [sic]

O pasado 26 de abril, os convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos, ocuparon as obras que o Concello está realizando na Praza da Porta Nova, posteriormente pasadas as seis da tarde foronse concentrando diversos colectivos que teñen demandas significativas diante da política municipal dos actuais gobernantes. Máis de 300 persoas acudiron á chamada do movimento cidadán ferrolán, non son muitas, mais na súa maioría representaban a unha parte da veciñanza agredida pola política municipal e a sobervia da dereita que goberna a cidade desde as pasadas eleccións municipais do 2003. Desde hai un par de anos, os conflitos veciñais son continuos [Recimil, Sartaña, Ferrol-Vello, Canido, Planta de Gás, Menáncaro, Mandiá, Porta Nova, Os Corrais, ...] acelerandose na medida en que o goberno municipal [PP e IF], toma medidas contrarias aos intereses veciñais, e mesmo no caso de Menáncaro favorecendo aos intereses particulares do Teniente Alcade.

Pasado o Pleno do citado 26 de abril, uns minutos despois, no mesmo Pazo Municipal, ten lugar unha roda de prensa convocada polos dous lideres da dereita municipal, onde entre outras lindezas, Juan José Fernández García, acusa á oposición municipal de despertar "... células durmientes que obedecen a intereses bastardos sólo cuando están en la oposición ..." [sic].

Contrario ao que se pretende facer ver, desde as filas dos dous juanes [Juncal e Fernández], as mobilizacións populares, a xenreira e indignación mostrada nos plenos municipais e as reivindicacións, denúncias e demandas veciñais, non parten, nin son auspiciadas polas bancadas da oposición municipal, nalgúns casos enfrentada a certas demandas veciñais ou noutros casos corresponsabeis de certas situacións. As actitudes veciñais, son só a resposta as súas actitudes antidemocráticas e hostiles contra unha parte importante do movimento social ferrolán e contra a propia cidadanía que seguen ignorando e despreciando, pensando que se pode gobernar sen ter en conta as demandas cidadáns, sen diálogo, facendo o que lles peta, intentando coacionar ao movimento social, vendendo os espazos públicos, pretendendo destruir os escasisimos espazos naturais de importante valor ecolóxico, desoindo demandas veciñais, ...

A nosa actividade desde o movimento social, non ten nada que ver co momento electoral que vivemos, é máis, estea quen estea no poder municipal, tornase imprescindíbel un movimento social forte e reivindicativo, garantia de democracia e a participación cidadán real. Outra cousa é que a oposición pretenda rentabilizar as irresponsabilidades dos gobernantes e a mobilización veciñal, que por outra banda é lexítimo, mais sempre será a cidadanía co seu voto ou coa abstención quen decida quen estará no goberno municipal e quen na oposición. A Plataforma Ártabra 21 sempre estará a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural.

xoves, abril 26, 2007

Xoves, 26 de Abril de 2007: Concentración na Praza do Concello de Ferrol

As entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, reunidas no día de hoxe en Ferrol, nos locais do Ateneo Ferrolán, acordamos a seguinte posición diante do ditame da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes onde notifica a aprobación definitiva da modificación puntual do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol que ten por finalidade a recualificación de solo urbano no ámbito da Praza da Porta Nova que, até o de agora, figuraba no planeamento urbanístico municipal como sistema xeral viario. Solo urbano no que o Concello de Ferrol en sesión Plenaria, cos votos de PP e IF, acordou levar adiante unha intervención urbanística ilegal, innecesaria e usurpadora dos espazos públicos.

En primeiro lugar, reafirmámonos na necesidade urxente de que se paralicen as obras xa, e se acabe dunha vez por todas con esta irresponsabilidade.

En segundo lugar, manifestamos a nosa reprobación da actitude "chulesca" do Alcalde Sr. Juncal e os concelleiros do goberno municipal que co ánimo de confundir á cidadanía, en tempo electoral, fan alarde da súa perversa interpretación do ditame de Política Territorial, seguro que pensando niso de "en río revolto, ganancia de pescadores".

En terceiro lugar, criticar o grado de ambigüidade e incoherencia deste ditame que aínda que é claro á hora de cualificar os acordos plenarios como nulos de pleno dereito, deixa aberta a posiblidade de que se poda edificar para equipamentos públicos en parte dese solo urbano agora recualificado. Ademais seguimos mantendo a nosa crítica á comunicación de febreiro pasado da Consellería de Medio Ambiente por innecesaria e malintencionada e a anterior da Dirección Xeral de Urbanismo onde requería a paralización das obras, mais dando un inxustificábel prazo de tres meses.

En cuarto lugar, queremos facer fincapé en que os acordos das sesións plenarias de 24 de novembro de 2004 e de 16 de marzo de 2005 son nulos de pleno dereito. E que a nova recualificación que modifica puntualmente o PXOM en vigor, aprobada por Política Territorial, aínda que permita o cambio de uso do solo non ten carácter retroactivo, polo que os acordos plenarios citados carecen de legalidade e, polo tanto, deben ser revocados. Polo que persistir na actitude de " que as obras van a continuar pese a quen lle pese" como ten manifestado o Alcalde Sr. Juncal, non deixa de ser persistir nun delito, tipificado no código penal como prevaricación, polo que a actuación da fiscalia faise necesaria.

En quinto lugar, queremos manifestar que todo este "negocio político-económico", do Goberno Municipal coa empresa concesionaria-construtora ABECONSA, e a irresponsabilidade que manifestan os gobernantes municipais, pode ter un custe importantísimo para as arcas municipais, en definitiva para os cartos de todas as veciñas e veciños de Ferrol. Polo que, con todas as consecuencias, non imos permitir que os membros deste Goberno Municipal e os concelleiros e concelleira que o sustenta co seus votos e que aprobaron no seu día a ilegalidade, dando o visto bon ao macro-edifio e ao conxunto de despropósitos, en forma de planeamentos urbanísticos, concesións e acordos, saían impugnes deste "guisado", polo que imos demandar a súa inhabilitación para ocupar cargo público e que paguen co seu patrimonio persoal, no caso de que esta irresponsabilidade cause custes ao Concello, é dicir ao conxunto da cidadanía de Ferrol.

En sexto lugar, aledámonos de que o Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, ... se desprazara até a cidade para explicar o xa mencionado ditame, e advertir da ilegalidade do macro-edificio e do conxunto do planeamento urbanístico da Praza, ademais dos ilegais acordos plenarios. Así como tamén das declaracións públicas do Presidente da Xunta de Galicia na súa visita de hoxe á cidade, que veu reiterar o xa dito o venres polo Delegado de que as obras son "ilegais e ilegalizábeis". Polo que tomamos nota das súas palabras, e as gardamos na nosa memoria colectiva, para esixir social e politicamente o seu cumprimento.

E en séptimo e último lugar, desde o movimento cidadán que conformamos as entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos reiteramos que a obra segue sendo

ilegal, innecesaria e usurpadora de espazos públicos.

Polo que chamamos á mobilización social na defensa dos espazos públicos e contra actuación do Goberno Municipal neste planeamento urbanístico, polo que mantemos a convocatoria da concentración cidadán, para o xoves, día 26 de Abril, na Praza do Concello, ás 18:30 hrs, para mostrar a nosa repulsa a actuación do Goberno Municipal e demandar a paralización das obras xa, rexeitar a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova e que esta quede limpa e libre, para uso e goce de toda a cidadanía.

En Ferrol, a 16 de de abril de 2007

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra da construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

mércores, abril 25, 2007

Esixen ao Alcalde que cumpra a legalidade e deteña de xeito inmediato o edificio da Praza da Porta Nova

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de Abril de 2007 14:39
Asunto: Esixen ao Alcalde que cumpra a legalidade e deteña de xeito inmediato o edificio da Praza de España

ESQUERDA UNIDA-IU ESIXE AO ALCALDE QUE CUMPRA A LEGALIDADE E DETEÑA DE XEITO INMEDIATO O EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA

ESQUERDA UNIDA-IU demanda ao Alcalde que cumpra a legalidade e de exemplo de cidadanía cumprindo a lei, paralizando a construcción dun edificio ilegal. Non pode haber unha legalidade esixente para coa cidadanía e outra, vulneradora da mesma para os responsables públicos.

A nosa organización forma parte da longa lista de convocantes da concentración cidadá que haberá mañán, xoves, 26 de marzo, na Praza do Concello, ás 18:30 horas, para esixir a paralización inmediata das obras e en defensa dunha Praza de España libre de calquer edificio, un espazo central apara artellar unha cidade relacional, onde a calidade de vida d@s veciñ@s teña unha imbricación profunda coa recuperación dos espazos públicos e abertos, onde o tránsito peónil faga habitable a cidade.

Entendemos que nos atopamos diante dunha obra ilegal, innecesario e usurpadora do espazo público.

Mañán abordarase no Pleno unha moción asinada polos tres grupos, ESQUERDA UNIDA-IU, PSdg-PSOE e Bloque Nacionalista Galego para demandar a paralización dunha obra que nos furta un espazo que é de td@s os ferroláns.

ESQUERDA UNIDA-IU demanda dun goberno en bancarrota política e legal ( Menáncaro, Praza de España... ) que non tente hipotecar o futuro desta cidade cando a lexislatura vai rematada. Que escoite o clamor popular para deixar libre a Praza, para o disfrute público da cidadanía.

mércores, abril 18, 2007

Comunicado consensuado das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de Abril de 2007 17:57
Asunto: Comunicado consensuado das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos

POSICIÓN CONSENSUADA POLAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS E CONTRA A CONSTRUCIÓN DO MACRO-EDIFICO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], DIANTE DO DITAME DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E DA ACTITUDE DO GOBERNO MUNICIPAL.-

As entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, reunidas no día de hoxe en Ferrol, nos locais do Ateneo Ferrolán, acordamos a seguinte posición diante do ditame da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes onde notifica a aprobación definitiva da modificación puntual do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol que ten por finalidade a recualificación de solo urbano no ámbito da Praza da Porta Nova que, até o de agora, figuraba no planeamento urbanístico municipal como sistema xeral viario. Solo urbano no que o Concello de Ferrol en sesión Plenaria, cos votos de PP e IF, acordou levar adiante unha intervención urbanística ilegal, innecesaria e usurpadora dos espazos públicos.

En primeiro lugar, reafirmámonos na necesidade urxente de que se paralicen as obras xa, e se acabe dunha vez por todas con esta irresponsabilidade.

En segundo lugar, manifestamos a nosa reprobación da actitude "chulesca" do Alcalde Sr. Juncal e os concelleiros do goberno municipal que co ánimo de confundir á cidadanía, en tempo electoral, fan alarde da súa perversa interpretación do ditame de Política Territorial, seguro que pensando niso de "en río revolto, ganancia de pescadores".

En terceiro lugar, criticar o grado de ambigüidade e incoherencia deste ditame que aínda que é claro á hora de cualificar os acordos plenarios como nulos de pleno dereito, deixa aberta a posiblidade de que se poda edificar para equipamentos públicos en parte dese solo urbano agora recualificado. Ademais seguimos mantendo a nosa crítica á comunicación de febreiro pasado da Consellería de Medio Ambiente por innecesaria e malintencionada e a anterior da Dirección Xeral de Urbanismo onde requería a paralización das obras, mais dando un inxustificábel prazo de tres meses.

En cuarto lugar, queremos facer fincapé en que os acordos das sesións plenarias de 24 de novembro de 2004 e de 16 de marzo de 2005 son nulos de pleno dereito. E que a nova recualificación que modifica puntualmente o PXOM en vigor, aprobada por Política Territorial, aínda que permita o cambio de uso do solo non ten carácter retroactivo, polo que os acordos plenarios citados carecen de legalidade e, polo tanto, deben ser revocados. Polo que persistir na actitude de " que as obras van a continuar pese a quen lle pese" como ten manifestado o Alcalde Sr. Juncal, non deixa de ser persistir nun delito, tipificado no código penal como prevaricación, polo que a actuación da fiscalia faise necesaria.

En quinto lugar, queremos manifestar que todo este "negocio político-económico", do Goberno Municipal coa empresa concesionaria-construtora ABECONSA, e a irresponsabilidade que manifestan os gobernantes municipais, pode ter un custe importantísimo para as arcas municipais, en definitiva para os cartos de todas as veciñas e veciños de Ferrol. Polo que, con todas as consecuencias, non imos permitir que os membros deste Goberno Municipal e os concelleiros e concelleira que o sustenta co seus votos e que aprobaron no seu día a ilegalidade, dando o visto bon ao macro-edifio e ao conxunto de despropósitos, en forma de planeamentos urbanísticos, concesións e acordos, saían impugnes deste "guisado", polo que imos demandar a súa inhabilitación para ocupar cargo público e que paguen co seu patrimonio persoal, no caso de que esta irresponsabilidade cause custes ao Concello, é dicir ao conxunto da cidadanía de Ferrol.

En sexto lugar, aledámonos de que o Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, ... se desprazara até a cidade para explicar o xa mencionado ditame, e advertir da ilegalidade do macro-edificio e do conxunto do planeamento urbanístico da Praza, ademais dos ilegais acordos plenarios. Así como tamén das declaracións públicas do Presidente da Xunta de Galicia na súa visita de hoxe á cidade, que veu reiterar o xa dito o venres polo Delegado de que as obras son "ilegais e ilegalizábeis". Polo que tomamos nota das súas palabras, e as gardamos na nosa memoria colectiva, para esixir social e politicamente o seu cumprimento.

E en séptimo e último lugar, desde o movimento cidadán que conformamos as entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos reiteramos que a obra segue sendo

ilegal, innecesaria e usurpadora de espazos públicos.

Polo que chamamos á mobilización social na defensa dos espazos públicos e contra actuación do Goberno Municipal neste planeamento urbanístico, polo que mantemos a convocatoria da concentración cidadán, para o xoves, día 26 de Abril, na Praza do Concello, ás 18:30 hrs, para mostrar a nosa repulsa a actuación do Goberno Municipal e demandar a paralización das obras xa, rexeitar a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova e que esta quede limpa e libre, para uso e goce de toda a cidadanía.

En Ferrol, a 16 de de abril de 2007

No nome das entidades convocantes

Mel Sanxoán e Inácio M. Orero

Nota.-
Achegamos o mesmo texto en ficheiro anexo en formato -doc- de software privativo Microsft-Windows
Achegamos o mesmo texto en ficheiro anexo en formato -odt- de software libre GNU-Linux