Amosando publicacións coa etiqueta Roteiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Roteiros. Amosar todas as publicacións

xoves, abril 09, 2009

O 19 de Abril Verdegaia organiza un Roteiro polo Río Mera

ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org
-
8 de abril de 2009 23:10





Roteiro Rio Mera

PROGRAMA VAI DE ROTEIROS


19/04/09 Rio Mera (Núcleo Comarcal de Ferrol, Eume e Oregal)

Roteiro Río Mera (A Cuqueira-Ponte Mera). Zona LIC.
19 de abril de 2009
  • Concellos: Cerdido e Ortigueira.
  • Percorrido total: 14,4 km
  • Duración: 8 horas e media (condicionado polo tren)
  • Medio de transporte: FEVE.
  • Colleremos o tren ás 10:30 h. (Estacion de Ferrol)
  • Punto de inicio: Apeadeiro de “A Cuqueira”.
  • Punto de remate: Estación de Ponte Mera.
  • Prezo: 5€ (socios) 7,50 € (non socios).
  • Contacto para inscricion: 661 636 946
  • Dificultade: media-baixa.
  • Indumentaria: roupa cómoda, pantalón longo.
  • Calzado: tipo “treking”.
  • Comida e bebida: cada un ten que levar a súa.
Trátase dun roteiro que se fará case sempre en descenso e no cal percorreremos unha parte do LIC Ortigueira-Mera, en concreto o tramo medio e baixo do Río Mera, visitando a Fraga dos Casás, unha excelente mostra de bosque atlántico.

Percorrido

Comezo na Estación do FEVE de Ferrol, onde colleremos o tren ás 10:30 h.

Chegaremos ás 11:24 h ao apeadeiro da Cuqueira, no concello de Cerdido, onde baixaremos para emprender a andaina.

1o tramo: A Cuqueira-Cruce coa pista de terra (Covelo).

2o tramo: Pista forestal pola Fraga dos Casás.

Neste tramo visitaremos a Fraga dos Casás, incluida no LIC Ortigueira-Mera. Esta fraga ten unha extensión aproximada de 100 ha., se ben a súa extensión vese menguada continuamente polos cultivos de eucalipto, ao igual que sucede no resto do país. Esperemos que a súa inclusión no LIC poida frear este proceso de degradación, se ben sabemos que esta medida non será suficiente se non se acompaña de otras medidas de control e dun compromiso firme por parte da administración. Neste momento a fraga está ameazada ademais por un novo proxecto de “ruta de senderismo” parecido ao do Río Sor.

3o tramo: Fraga dos Casás-Ponte da Cardeal.

4o tramo: Ponte do Cardeal-Area recreativa do Refuxio do Río Mera.

5o tramo: Área recreativa-Ponte Noval

6o tramo: Ponte Noval-Ponte do FEVE

7o tramo: Ponte do FEVE-Estación de Ponte Mera.

[Vista do Val de Mera desde a Igrexa de Santiago]

Dende aIgrexa parroquial de Santiago, en Mera de Abaixo, de 1829 dirixirémonos xa cara ao final da nosa andaina, na Estación (pechada) do FEVE en Ponte Mera, non sen antes botar unha ollada ao Pazo do Souto.
______________

Verdegaia é unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. Naceu 2 de Abril de 2006 co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.

Enderezo:
Apdo. Correos nº 49
Santiago de Compostela
15870

Correo-e: info@verdegaia.orgEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 622 033 665 - 629 835 351


http://www.verdegaia.org/
_______________

xoves, outubro 16, 2008

Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas): 26 de Outubro de 2008

De: Miguel Ángel Fernández -miguelafp@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 15 de outubro de 2008 18:51

Asunto: Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas)


Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas): 26 de Outubro de 2008

Querid@s compañeir@s:

É para min un pracer remitirvos información sobre o noso seguinte roteiro, que terá lugar o vindeiro 26 de outubro.

Como sempre iremos en bus, dende a escalinata de Correos en Ferrol.

Cando chamedes, lembrade dicir un nome completo e o número de persoas. Tede en conta que as prazas son limitadas.

Como información adicional que non aparece no arquivo adxunto, direivos que o percorrido discurre por unha pista forestal en bo estado e, na parte final, por pistas alfaltadas, polo que non é imprescindible que o calzado sexa de montaña.

Lembrade levar cada un/unha a súa auga e comida.

Saúdos,

Miguel.
[Para amliar o folleto clicar acima da imaxen]
[Para amliar o folleto clicar acima da imaxen]
_________________________

mércores, marzo 26, 2008

Roteiro Nocturno polo río Belelle, este Sábado 29 de Marzo

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 21:09

Asunto: Roteiro Nocturno polo río Belelle


[Para ampliar o cartaz, clicar acima del]

Ola compas, adxunto arquivo con cartaz do roteiro a celebrar este sábado á noite polo río Belelle. É unha nova experiencia que queremos podamos disfrutar todas e todos. O percorrido será de aproximadamente 2 horas. Ao inicio (ás 19,30 h) realizaremos a plantación dunhas árbores no paseo marítimo de San Valentín.

Comentar asemade que agasallaremos un chaleco reflectante e unha linterna ás persoas participantes. Ao remate do roteiro repartiranse bebidas e petiscos.

Saúdos, Carlos Outeiro.
________________

venres, novembro 02, 2007

Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón






De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal

-ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de novembro de 2007 00:44

Asunto: Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón.

Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.

O percorrido comezará na parroquia de Grañas do Sor, no lugar coñecido como Ribeira do Bispo, e continuará sempre seguindo o percurso do río ata a zona recreativa de Ponte Segade, onde terá lugar o xantar. Pola tarde continuará a andaina ata chegar á fervenza de Augas Caídas onde rematará, completando un percorrido total de 14, 5 km cunha dificultade considerada como media-baixa.

Para dita actividade a asociación poñerá a disposición dos participantes un bus que partirá da escalinata de Correos en Ferrol o domingo 11 ás 9:30 h, estando prevista como hora de volta as 7 da tarde. O prezo será de 4 € para os/as non socios/as e de 2,50 € para os/as socios/as. O número de prazas é de 30 e o prazo de inscrición rematará o día 8 de novembro. Cómpre levar o xantar e ropa e calzado axeitados.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden facer a súa reserva chamando aos teléfonos 981320235 ou 661636946.
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
ferrol@verdegaia.org

...

http://www.verdegaia.org
______________

sábado, abril 14, 2007

Desde Ferrol ao Roteiro por Carnota convocado polos afectados da piscifactoría de Quilmas

De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal -ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Abril de 2007 17:01
Asunto: ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS


Pregamos difusión

ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS

Verdegaia quere apoiar o roteiro reenvidicativo organizado polos afectados da piscifactoría de quilmas (Carnota) que terá lugar o domingo 22 de abril, por iso fletará un bus, que sairá ás 8.00h da escalinata de correos en Ferrol, parará en Santiago a recoller xente e chegará a Carnota para asistir o citado roteiro.

O proxecto de ampliación da piscifactoría de Quilmas, afectaría LIC Carnota-Monte Pindo, incluído na rede Natura 2000 e declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo decreto 72/2.004, onde existen hábitats naturais prioritarios, vulnerando así o establecido na Directiva 92/43/CEE e no Real Decreto 1997/1995, de 7 de Decembro de Conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.

Entre estes hábitats prioritarios afectados figuran dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (“dunas grises”), dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea), matorrais arborescentes de Laurus nobilis, zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea, e xa na zona húmida perto da praia de Quilmas, vexetación anual con Salicornia e outras especies de zonas húmidas e areosas.

saída: 8.00h escalinata de correos en Ferrol.

chegada a santiago: aproximadamente 9.30 (parará a recoller xente na estación de autobuses por onde están os taxis e sairá xa para Carnota)

Regreso: entre ás 16.00h e ás 17.00h

Prezo: 7’50 € ida e volta incluído.

Nota: levar comida, bebida e calzado cómodo.

Contacto: 699 897 712 (Mónica) 661 636 946 (Miguel)
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal

xoves, abril 05, 2007

II descenso a pé Río Belelle: 15 de Abril 2007

De: XAN RAMIREZ -xanramirez@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 5 de Abril de 2007 12:49

Asunto: II Descenso a pé Río Belelle




Organizado polo Clube de Montaña de Ferrol
http://www.clubmontanaferrol.com

Ahi vos remitimos o folleto para a marcha do día 15 de Abril por todo o Belelle abaixo.

Un saúdo

Xan Ramírez

martes, marzo 13, 2007

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com- Para: artabra21 -artabra21@gmail.com- Data: 13 de marzo de 2007 19:06 Asunto: Próximas actvidades medioambientais na

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21 -artabra21@gmail.com-
Data: 13 de marzo de 2007 19:06
Asunto: Próximas actvidades medioambientais na comarca de Ferrol: Mesa Redonda, Roteiro

Queridos/as compañeiros/as: Reenvío esta informacíón sobre próximas actividades medioambientais nas próximas datas, por se queredes asistir/participar, difundirlla entre os/as socios e /ou publicar na vosa páxina web.

Unha aperta e graciñas

Antonio Gª
Vogal Adega-Trasancos
Ferrol


Mesa redonda:

"DEREITO A UN MEDIO AMBIENTE SANO

Poñentes: D. NES LÓPEZ.

Secretario de ADEGA-FERROL

D. ANTONIO GÓMEZ.

Directivo da Sociedade Galega de Historia Natural.

Data: Venres, 16 de marzo, ás 20 horas.

Lugar: Salón de actos de Caixa Galicia, Pontedeume.

-Coordina : Suso L. Piñeiro

____________________

ROTEIRO POLO EUME

Este domingo 18 marzo ás 9 h. con saída do Centro Cívico de Caranza (fronte ao mercado) en Ferrol e chegada prevista ás 15 h, realizaremos un roteiro polo Parque Natural Fragas do Eume.

A súa inclusión dentro da proposta galega para a Rede Natura 2000 motívanos a facer un especial esforzo en dar a coñecer un dos enclaves da nosa comarca con meirande valor natural ao ser un dos últimos bosques atlánticos relícteos da era terciaria. O seu coñecemento e posta en valor son pezas fundamentais para a súa xusta valoración social.

O percorrido principiará na caseta de información do Eume ás 9.30 h para atravesar os 60 m de lonxitude da ponte colgante, onde arranca un sendeiro que discurre 8 km á beira do río cara ao nacimento para chegarmos ao Mosteiro de Caaveiro onde disporemos dunha visita guiada.

Dirixirémonos ao Museu Etnográfico d´A Capela visitando no camiño uns muiños tradicionais restaurados.

Anotarse en:

690 30 72 45 (Carlos) couteiro@hotmail.com

606 11 98 46 (Suso)
Saída en autobús:

Prezo: socios – 2 euros
Non socios – 3 euros

____________________________

Tamén está pdte para as próximas datas: .

-Día 20.3: inauguración exposición de Xaquín Marín sobre o Prestige en Fene, na Casa da Cultura.
-Día 22.3: 20 hs; Mesa redonda en Sargadelos sober Piscifactorías (có intervención de ADEGA,SGHN ,etc)(pdte concretar programa definitivo)
-Día 24.3 ; 16 hs Xornada limpeza do litoral en Doniños, orgañiza Surfrider Foundation e colaboramos diversos colectivos.