mércores, xaneiro 29, 2020

Nace CERNA TV para a difusión audiovisual de contidos ambientais - ADEGA promove a canle de televisión que versará sobre o ecoloxismo e meio ambiente


Nace CERNA TV para a difusión audiovisual de contidos ambientais

A asociación ecoloxista ADEGA vén de estrear CERNA TV, unha canle audiovisual para a difusión dixital de vídeos con contidos de carácter ambiental, ecoloxista ou de defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza.

Actualmente, CERNA TV sería a primeira canle audiovisual galega destinada estritamente á difusión pública de contidos ambientais e ecoloxistas do noso territorio.

Con esta iniciativa, ADEGA pretende ampliar e diversificar os seus medios de difusión pública, colaborar na divulgación de producións audiovisuais alleas de interese ambiental e producir contidos audiovisuais propios para as redes sociais e para un público máis familiarizado con este tipo de soportes. Esta canle viría así a complementar o abano de medios de comunicación dos que xa dispón ADEGA e que contan cunha ampla traxectoria, como son a Revista CERNA e Radio CERNA. Todos estes medios están accesibles no sitio web de ADEGA, http://adega.gal.

Esta iniciativa, enmarcada no Proxecto CERNA 2019, contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.


Seccións de CERNA TV

CERNA TV conta con diversos apartados ou seccións que se establecen en función do tipo de contidos, ademais dunha pantalla principal na que se reproducen as pezas audiovisuais máis destacadas ou actuais. En todos os apartados se recollerán tanto producións propias como alleas que encadren na tipoloxía de contidos que se define a continuación:

Conservas co ecoloxismo: Este é un apartado de entrevistas realizadas a persoeiros destacados do mundo ecoloxista e no ámbito da defensa ambiental. Pretende ser un apartado recompilatorio de conversas con personalidades que pertenceron ou pertencen ao sector ambientalista de Galiza. Actualmente, xa conta con entrevistas ao expresidente de ADEGA, Ramón Varela Díaz, e ao presidente de APDR, Antón Masa.

Eventos: Este espazo está destinado a recoller a gravación audiovisual de eventos relacionados co activismo ecoloxista ou coa divulgación e formación en medio ambiente, como poden ser xornadas, charlas, encontros, etc.

Video-denuncia: Neste apartado poderanse volcar aqueles vídeos que traten de denunciar unha agresión ambiental no territorio galego ou que representen actos reivindicativos e de denuncia, como unha marcha, mobilización, etc.

Documental: Este espazo ten previsto acoller vídeos de produción interna e allea que estean feitos en forma de documentario, ben de carácter histórico, ben explicativo ou tutorial, reivindicativo, etc.

Vídeo-Estrea: Conversa con Ramón Varela Díaz sobre contaminación, industrias electrointensivas, o peche das térmicas e o modelo forestal galego

CERNA TV estréase coa primeira entrega da sección “Conversas co Ecoloxismo” que protagoniza o doutor en Ciencias Biolóxicas, experto en contaminación atmosférica e expresidente de ADEGA, Ramón Varela Díaz. O autor do libro “Contaminación atmosférica de Galiza” analiza na primeira entrevista de CERNA TV cal foi a evolución das emisións contaminantes na última década, a crise de Alcoa e outras industrias electrointensivas asentadas en Galiza (min 00:06:53) ou a forma na que as administracións públicas están a abordar a transición industrial cara a un futuro descarbonizado que representa o peche das térmicas galegas (00:14:48). Varela Díaz tamén achega a súa visión do que sería unha transición ecolóxica xusta (00:20:55) e sobre que debería facer a sociedade fronte a emerxencia climática (00:29:33). O último bloque da conversa con Ramón Varela aborda a cuestión forestal, a progresión do monocultivo de eucalipto e piñeiro e os lumes forestais (00:34:52).

CERNA TV emite esta entrevista de forma íntegra ou separada en distintos bloques temáticos: http://adega.gal/videoteca.php?sec=224&cat=conversas

Así mesmo, nas outras seccións de contidos xa están dispoñibles para o seu visionado pezas audiovisuais relativas, por exemplo, ao debate público celebrado en Lugo arredor do traslado de autobuses do centro da cidade ou a campaña de petición de sinaturas para salvar as Covas de Vale ou a Serra do Iribio.

Ligazóns


CERNA TV

Fonte: adega.gal

Artigo en Nós Diario. | Cerna TV, a primeira canle audiovisual do ecoloxismo galego. | Impulsada por Adega “para a difusión dixital de vídeos con contidos de carácter ambiental, ecoloxista ou de defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza”.  | Redacción 27.01.2020 | Ir á Web.

--
adegatrasancos@adega.gal ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza) Delegación de Ferrolterra Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol ASÓCIATE!!! www.adega.gal > Delegacións > Ferrolterra

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
28 de janeiro de 2020 03:02
_________

Presentación do libro 'Ciencia próxima' de Xosé A. Fraga - Xoves 30 de xaneiro ás 19:30 hs no Ateneo Ferrolán, coa presenza do autor e de historiador Guillermo Llorca


Presentación libro "Ciencia próxima" de Xosé A. Fraga

xoves 30 de xaneiro ás 19:30hs.

#AteneoFerrolán

Contaremos coa presenza do autor e de Guillermo Llorca (historiador).

Xosé A. Fraga, doutor en Bioloxía e ex director dos Museos Científicos da Coruña presenta Ciencia próxima. Episodios sobre a cultura científica na área coruñesa, un libro editado por Espacio Cultura que explica en 78 relatos a pegada que deixou a Ciencia na cidade desde mediados do século XVIII.

Ciencia próxima recompila os episodios da cultura científica que desde o ano 2014 Xosé A. Fraga publica no xornal La Opinión. «Son as mesmas pezas, revisadas e con ilustracións novas, que respectan o seu obxectivo orixinal: achegar ao público xeral o coñecemento científico», explica o autor.

A idea de xuntalos todos nun volume único xurdiu da experiencia lectora dente próxima e da propia observación de Xosé A. Fraga. Dunha banda, apunta, esta selección publicada por xunto, permite compensar «a lectura apurada dos domingos cunha máis relaxada que convida á reflexión».

Doutra, incide, «co paso do tempo e con case 80 episodios sobre a mesa, deime conta de que narraban moi ben a integración da Ciencia na cidade», tamén porque a súa historia foi parella á propia historia do desenvolvemento científico.

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879

-ateneoferrolan@gmail.com-
29 de janeiro de 2020 12:05
_______________

Charla e Coloquio: Qué Galicia prefires? - Hoxe mércores 29 de xaneiro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán para falar con Mabel Rivera e Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde sobre o cambio climático, a ILP, a deseucaliptización e a defensa do bosque autóctono e do medio rural


Charla e Coloquio: Qué Galicia prefires?


O mércores 29 de xaneiro ás 19:00has, organizada por Fuco Buxá A. C. charla e coloquio no Ateneo Ferrolán para falar con Mabel Rivera e Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde sobre o cambio climático, a ILP, a deseucaliptización e a defensa do bosque autóctono e do medio rural.

Agardamos a vosa presenza!!

Fundación Galicia Verde

secretaria@fundaciongaliciaverde.org

---
ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
Calle Armada Española,nº 32 Baixo.
Ferrol,15406
Chamar 981 32 54 92
fucobuxan@gmail.com
http://www.fucobuxan.net


--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
28 de janeiro de 2020 12:26
__________

luns, xaneiro 27, 2020

Memoria Histórica: Actos en Ferrol e Narón do 'Día Internacional das Vítimas do Holocausto' e lembramdo a 'Amada Garcia' no Castelo de San Felipe e no cemiterio de Serantes


Actos do luns, 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe

A A.C. Memoria Histórica Democrática, que hai anos iniciara estos actos hoxe felizmente asumidos como celebración institucional do Concello de Ferrol, anima á cidadanía a participar nos mesmos.

Ás 12.00h Celebración do “Día Internacional das Vítimas do Holocausto” co acendido das seis candeas representativas dos distintos colectivos vítimas da barbarie nazi. Na casa do Concello.

Ás 17.00h Ofrenda floral a Amada García e a todas as vítimas da represión franquista. No Castelo de San Felipe.

A seguir deste acto, a nosa Asociación acompañará á familia de Amada, como cada ano, nunha ofrenda floral no Cemiterio de Serantes onde repousan os seus restos canda os do seu fillo Gabriel, que mantivo até o seu falecemento o recordo á súa nai.


ACTOS CONMEMORATIVOS EN NARÓN POLO DÍA INTERNACIONAL DE LEMBRANZA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

Actos organizados polo Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática para conmemorar o 27 de Xaneiro, Día Intenacional en Lembranza das Vítimas do Holocausto.

O pasado día 20 foi inaugurada xa a Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen” que pódese visitar durante este mes na Biblioteca Municipal de Narón.

Celebráronse senllas conferencias do historiador e docente Enrique Barrera, secretario da asociación, para o alumnado do IES As Telleiras e o CPR Ayala.

Actos a celebrar próximamente

Luns 27 de xaneiro

Ás 11.00 h Visita guiada a Exposición do alumnado dos citados centros.

Ás 12.00 h Cerimonia institucional das candeas no Salón de Plenos do Concello, acto no que participará tamén o citado alumnado.

Xoves 30 de xaneiro

Ás 12.00 h Visita guiada a Exposición para a Asociación de Personas Xordas de Ferrolterra.


--
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática⏩ memoriahistoricademocratica@gmail.com
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
En facebook: Memoria Historica Democratica
En twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

_____________

'A situación da Lingua Galega a debate', con Isaac Alonso Estravís, o 29 de xaneiro, no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol


DEBATE SOBRE A SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA.
29 DE XANEIRO áS 19:30 HORAS
NA ESCOLA DE IDIOMAS DE FERROL

Acto organizado pola Sociedade Cultural Medulio de moito interese, que terá lugar o día 29 de Xaneiro, cuarta feira as 19.30h, na EOI (escola oficial de idiomas) de Ferrol, sobre a situación do Galego, na que participará Isaac Alonso Estravís, autor do mellor e máis importante dicionario da nosa lingua.
---
A Sociedade Cultural Medulio (Facendo que Galiza exista), comeza a súa andaina no ano 1979. Nace cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización, obxectivos totalmente vivos a día de hoxe, trinta e tantos anos despois. | Contacta con nós a través do teléfono 620609966 ou no correo electrónico cultura.medulio.ferrol@gmail.com  | No facebook.

https://sociedadeculturalmedulio.blogspot.com/

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
26 de janeiro de 2020 01:54

________________

Alargascencia nos tempos do low cost, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei
[*]
27.01.2020


Alargascencia nos tempos do low cost

Non queda outra que artellar palavras para resgatar as conductas axeitadas do pasado, esas que aínda perviven nos países do Sul global. De aí o de alargascencia, esa ferramenta para alongar a vida dos produtos en procura dun aforro tanto económico como ambiental. Todos sabemos das vellas neveiras ou carros de Cuba ou das habilidades creativas dos povos nos países empobrecidos pola globalización. Eles han ser os nosos mestres, o espello onde lembrar o que perdemos co progreso e teremos de recuperar con urxencia no mundo que se achega ao colapso enerxético.

Porque o grao de desenvolvemento capitalista dun país é inversamente proporcional a autosuficiencia individual e colectiva. Nos tempos do low cost  prémianse os analfabetos no que podiamos chamar capacidades reparadoras e artes da resiliencia que diriamos no pensamento decrecentista.

Hai quen di que as grandes superficies tamén crean postos de traballo. Certo, de ínfima calidade. Mais cantos destruiron e destrúen?. En Ferrol, cantas tendas de deporte nos barrios pechou a multinacional francesa que todos coñecemos? Non esquezamos que máis barato incita a máis cantidade no consumo.

É sabido que o mercado no capitalismo non existe para cobrir as nosas necesidades senón para crearnolas. Mais quen nos crea unha necesidade fainos o seu escravo.

Xa Iván Illich nos alertava na súa História das Necessidades, que teriamos de educar nunha austeridade convivial para que a propiedade dos utensilios perdera o seu poder actual, así protexeriamos o valor de uso das mercadorías contra o enriquecemento incapacitante. Mestres do decrecemento como Carlos Taibo falaría de sobriedade. Carosa tarefa nunha sociedade onde as persoas perdemos a confianza para moldar os nosos propios desexos. Eles veñen enlatados de fábrica e homologados nos estándares da produción. Cando nada temos somos miserabeis, cando temos pouco somos pobres, cando temos demais somos infelices e insolidarios.

Certamente o consumismo, alén de estar inducido polo poder como motor do sistema capitalista, reflicte unha creba comunitaria e persoal. Hoxe a construción da personalidade afinca máis ca nunca no estatus e é máis dependente ca nunca da amósega dun xeito de vida onde a propiedade é lei e onde ser pobre xa non o mide a pertenza a unha clase social senón que depende do mérito individual co conseguinte sentimento de culpa. Sentimento que conduce á epidemia de doenzas psíquicas que van dende a ansiedade á depresión.

Así nace a aporofobia ou odio ao pobre. A obsolescencia nútrese desta fobia mentres que a alargascencia axuda á combater.

O veleno do consumismo abriuse coa explotación da muller no téxtil e os primeiros grandes almacéns para engordar o emporio da moda. Unha moda que aliena ainda máis á muller destinada ao rol da aparencia física.
 Xa dicía o grande pedagogo Herminio Barreiro que as modas son instrumentos de alienación ideolóxica disfrazados de liberación estética. Crearonnos a necesidade de ser alguén mediante o ter. E foron fagocitando todas as nosas vidas. Nunca antes a aparencia foi tan detrutora da nosa esencia. Nunca antes os medos se explotaron con tanto éxito comercial. A persecución ao diferente fixo de nós servos da homoxeneización. Entregados a lucrar á elite coa aparencia de igualdade que dá pasar de usuario a cliente.

O exceso de oferta, excedendo imperiosa e coactiva á demanda nas grandes superficies, róubanos o escaso tempo livre e así os centros de explotación global mudan en centros de ocio para educar na obsolescencia programada ás novas xeracións. A lonxanía destas superficies comerciais obríganos a usar o vehículo e arrédanos dos cascos antigos das cidades. É a alienación centrífuga que fecha o comercio local e crea minicidades gobernadas polas multinacionais. Que pasará cos novos clientes que só mercan online? Conseguirán as multinacionais movelos para recoller o mercado a distancia ou será a entrega a domicilio o novo nicho de mercado? Serán máis compulsivos os clientes online como parecen selo os xogadores que se agochan nos fogares dificultando as estadísticas de ludopatía?.

A alargascencia vén recuperar non só a vida dos utensilios e ferramentas senón tambén as nosas vidas de barrio. Alongar a vida duns zapatos, dun móbil ou dun eletrodoméstico alonga a un tempo as nosas vidas facéndonos  solidarios cos territorios do Sur global que sofren da explotación de recursos naturais e humanos,  reduce os vertedoiros innecesarios e axuda a frear o cambio climático.  Recuperemos a economía colaborativa que abrangue unha morea de posibilidades. Compartir ferramentas entre veciños como se facía de sempre nas aldeas sería un exemplo así como ter un banco de  intercambio a nível municipal. As tendas de troco son outro xeito de evitar o low cost, a ser posibel locais para evitar todo o transporte e a impersonalidade que xera a venda online.

Mais todo isto non fará mudar o sistema de despilfarro e inxustiza global se non vai acompañado dunha toma de conciencia que nos cambie o sistema de valores. Temos que entender que o Low Cost non é Baixo Custe, que pagar tres euros por unha camiseta implica explotación, en moitos casos infantil, mala calidade e esgotamento e contaminación de recursos naturais non renovabeis para satisfacer un desexo fugaz ou tapar unha carencia emocional. Temos que entender que a alargascencia non só alonga a vida dos obxectos que nos rodean senón as nosas propias vidas. No mundo dos podómetros, cronómetros, reloxos intelixentes...ainda non foron quen de nos vender un ociómetro, un trebello que mida o tempo e a calidade do noso ocio e igual que as básculas nos avisan dos nosos excesos calóricos cun programa de adelgazamento que nos evite unha doenza asociada como diabetes, colesterol, cardiopatía... poidamos iniciar un programa de divertimento no que ir de compras ou reunirmonos no centro comercial para pasar o tempo non sexa a nosa relixión. Rebelémonos contra o deus Mercado. Desmercantilicemos as nosas vidas.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
26 de janeiro de 2020 22:26
_________________

Basta de Femenicidios, o mahismo mata: En Ferrol e n'As Pontes, como en moitos outros concellos da Galiza, vai ter lugar unha concentración en repulsa por un novo asasinato machista, desta vez foi n'A Pastoriza

Resposta do Feminismo Galego nas Comarcas

En Ferrol e n'As Pontes, como en moitos outros concellos da Galiza, vai ter lugar unha concentración en repulsa por un novo asasinato machista, desta vez foi n'A Pastoriza. Accións de repulsa convocadas polo conxunto do movemento feminista galego.

Basta de Femenicidios, o mahismo mata !

Este luns 27 de xaneiro.

💜 En Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta, ás 20:00hs.

💜 N'As Pontes, na Praza do Hospital, ás 20:30hs.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
26 de janeiro de 2020 21:48

_________________

domingo, xaneiro 26, 2020

A Plataforma comeza a campaña de difusión do Recurso contra o pago da 'Taxa de Depuración das Augas Residuais' do período onde non se prestaba o servizo, a través das redes sociais e de mesas informativas que se instalaran nos barrios do Ensanche, Caranza, Inferniño, Recimil e a Madalena


Emafesa está remitindo aos fogares o segundo recibo da "Taxa de Depuración de Augas Residuais" dun período onde non se prestaba o servizo, ademais de ser discriminatorio con outra parte da veciñanza de Ferrol e de Narón. O sistema de depuración beneficia a toda a veciñanza por igual, sexa de Ferrol, de Narón e nun futuro a de Neda, pola que todas e todos debemos de contribuír por igual.

A Plataforma comezou este venres unha campaña onde chama a non pagar este recibo da depuración, do período onde non se prestaba o servizo, foron moitos os recursos feitos, mesmo veciñas e veciños levaron para facer fotocopias e difundir na súa contorna e comunidades.

Este é o calendario de mesas informativas para a semana que entra:

💧Luns 27, no Ensanche, volvemos á Praza da Ilustración, nas inmediacións de Emafesa.
💧Martes 28, en Caranza, diante do Centro Cívico.
💧Mércores 29, no Inferniño, perto da Farmacia.
💧Xoves 30, en Recimil, diante do edificio da Xunta.
💧Venres 31, na Madalena, na rúa María, detrás do Concello.

Todos os días desde as 10:30 a 12:30 horas.

A Plataforma vai desenvolver unha actividade durante estes días que xa comezou este venres 24 de xaneiro na Praza da Ilustración, nas inmediacións de Emafesa, lugar onde volverá este luns, ademais de difundir nas redes sociais a campaña e o texto do Recurso que se deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello, ao mesmo tempo que non se fai efectivo o recibo e mesmo se este está domiciliado, notificar ao banco a decisión de non pagar ou pedir a súa devolución, tamén pode-se facer a través da banca online, para o cal a Lei prevé que hai 8 semanas de prazo, para notificar á entidade bancaria esa vontade de devolución (Artigos 48 e 49 do Real Decreto-lei 19/2018, de servizos de pago e outras medidas urxentes en materia financeira).

Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

venres, xaneiro 24, 2020

En México, a artista, activista e feminista de 26 anos Isabel Cabanillas da Torre foi asasinada na cidade fronteriza de Juárez - Unha firme defensora dos dereitos das mulleres e membro do colectivo feminista 'Hijas de Su Maquilera Madre'


A feminista e activista mexicana Isabel Cabanillas da Torre foi asasinada en Juárez

En México, a artista, activista e feminista de 26 anos Isabel Cabanillas de la Torre foi asasinada na cidade fronteiriza de Juárez. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres e membro do colectivo feminista "Hijas de Su Maquilera Madre". Compañeiros activistas están esixindo xustiza polo seu asasinato e o fin dos feminicidios e desaparicións de mulleres que afectaron a Juárez desde que se converteu nun centro de fabricación barata para empresas estadounidenses en virtude do Acordo de Libre Comercio de América do Norte de 1994, ou TLCAN.

23 Xaneiro 2020

Image Credit: Instagram: @isabelcabanillas_mx

https://www.democracynow.org/es

De relacionada de interese:
Acusan a Javier Corral de indiferenza ante feminicidio de Isabel Cabanillas, por
Jessica Xantomila | martes, 21 xaneiro 2020 20:09 | Ir á Web de "La Jornada".

Enviado por:
Boletín de Democracy Now!
-boletin@democracynow.org-
24 de janeiro de 2020 00:02

___________

xoves, xaneiro 23, 2020

Ante o paso a cobro dunha nova factura de depuración por un período onde non se prestaba o servizo, a Plataforma difunde Recurso á veciñanza de Ferrol


A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, decidiu facer un Recurso ante unha nova factura de Emafesa por un período onde non se depuraba

Onte, mércores 21 de xaneiro, miles de fogares de Ferrol comezaron a recibir unha nova factura polo concepto "Depuración de Augas Residuais". Tráta-se da terceira factura dunha parte (Xullo-Setembro/2015), do período onde non se prestou o servizo de saneamento, depuración e interceptación (do 3 de setembro de 2014 a 3 de abril de 2017).

A primeira factura foi pasada a cobro cando era Alcalde José Manuel Rey Varela (Setembro-Decembro/2014). A segunda, polo périodo (Xaneiro-Xuño/2015), ao ter asinadas as liquidacións o anterior alcalde Jorge Suárez Fernández e baixo o mandato do novo alcalde Ángel Mato Escalona. Agora chega aos fogares a terceira factura, polo período (Xullo-Decembro/2015), seguindo o actual alcalde, como nos anteriores, desoíndo a petición de diálogo desta Plataforma para abordar este caso de abuso e discriminación.

A Plataforma basea o Recurso que hoxe comezou a difundir á veciñanza de Ferrol en dous aspectos fundamentais:

1º A non prestación do servizo.
"...abono por un servizo, que no período indicado, non se lle prestou..."

2º Na discriminación entre a veciñanza.
"...un acto de discriminación ao tratar de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel..."

acordamos facer un recurso contra o o recibo que van pasar ao cobro nos meses de xaneiro e febreiro, de atrasos de depuración.

Esta Plataforma seguimos solicitando á veciñanza que non faga efectivo o pago deste novo recibo, continuaremos coa campaña de non pagar.

Mesas Informativas e Actos

Mañá venres 24 de xaneiro, desde as 11 da mañá, poñeremos unha mesa informativa na Praza da Ilustración, nas inmediacións das oficinas de Emafesa, nos días posteriores seguiremos con mesas informativas e actos por todos os barrios de Ferrol.

---

SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

D/Dna:

Con DNI Nº

maior de idade e veciño/a de Ferrol, co enderezo a efectos de notificación na rúa / praza / lugar:
Nº , . C.P.

EXPÓN:

Que recibiu unha factura da Empresa Mixta de Augas de Ferrol, SA (EMAFESA), emitida en xaneiro de 2020, baixo o epígrafe xeral de “Facturación Servizo Depuración”. Dita factura é unha parte do período xullo-decembro/2015, mais só corresponde a un trimestre (79 días comprendidos entre o 1 de xullo e o 17 de setembro de 2015), polos conceptos de “Depuración cota de servizo” e “Depuración cota variable por consumo", conforme á resolución do alcalde-presidente do Concello de Ferrol de data 20 de agosto de 2018, onde se aprobaron as liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados pola empresa xestora que inclúe o importe da factura mencionada (BOP núm. 172 – 10.09.2018).

Que non está de acordo coa factura recibida e menos que se lle pase a cobro para o seu abono por un servizo, que no período indicado, non se lle prestou. E porque supón un acto de discriminación ao tratar de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel.

Que mediante este escrito, ao amparo dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, presenta Recurso de Reposición, para que se anule a citada factura con base aos seguintes

FEITOS, ALEGACIÓNS e FUNDAMENTOS:

Que o 28 de agosto de 2014, o Pleno aprobaba a Ordenanza fiscal reguladora da taxa por depuración de augas residuais para o ano 2014 (BOP da Coruña do 03/09/2014) e se comezou a aplicar ao día seguinte de ser publicada. En xaneiro e febreiro de 2015 pasou-se a cobro unha factura polo período setembro-decembro/2014. Miles de persoas manifestaron-se nas rúas contra o paso a cobro desta factura, e presentaron recurso de reposición, sen obter resposta, por máis que, en numerosas ocasións, se manifestou, por parte da autoridade local, o compromiso de devolver os importes cobrados indebidamente.

Que como consecuencia dos resultados das eleccións locais de 24 de maio de 2015, houbo un cambio de goberno municipal. Este realizou unha inspección á Depuradora de Prioriño, acompañado por técnicos municipais. A raíz da citada inspección realizada o 25 de agosto de 2015, constatou-se que non se depuraba, nin sequera estaba en funcionamento o sistema; non había persoal contratado, só unha persoa ao cargo das instalacións en xornada de mañá; non había enerxía eléctrica, tampouco fora contratada (utilizaba-se un grupo electróxeno); balsas e tanques estaban con fisuras e filtracións en muros e canles, parte sen utilizar, provocando inundacións de estancias; o laboratorio sen estrear, e un baipás desviaba as augas residuais sen depurar deitándoas directamente ao mar. Ante estes feitos o propio goberno municipal manifestaba que se estaba cometendo unha fraude no servizo de saneamento e depuración, pois non se prestaba o servizo. Un relatorio do Enxeñeiro Municipal deu conta da Inspección e tamén dúas comparecencias públicas do goberno municipal os días 28 e 31 do mesmo mes de agosto de 2015. Mesmo as dúas consultoras de enxeñería (PW Advisory & Capital Services e Applus Norcontrol) contratadas polo Concello, nos seus informes, inspeccións e conclusións, deixaron constancia de que en xaneiro de 2016, non se procedera á reparación das fisuras e defectos construtivos na EDAR e que a esas alturas aínda as poucas augas residuais que eran bombeadas desde a EBAR non se estaban depurando.

<<Informe Enxeñeiro Industrial de Urbanismo... “CONCLUSIÓN: Nesta visita de inspección puidemos comprobar que a empresa Emafesa non está a xestionar o sistema de saneamento e depuración de augas residuais EDAR, de cabo Prioriño, xa que as augas residuais saen da planta sen depurar... Ferrol, 27 de agosto de 2015>>.

<<Todo o Goberno local, os once concelleiros, compareceron esta mañá no salón de recepcións do Concello de Ferrol nunha rolda de prensa de carácter extraordinario para denunciar uns feitos que o alcalde, Jorge Suárez, cualificou como de extrema gravidade, e que teñen a corporación perplexa e indignada polo engano e a estafa que sería para os usuarios que se lles estea a cobrar (entre 40 e 70 euros semestrais no recibo) en concepto de taxa de saneamento por un servizo que non se presta e que supuxo un engano á cidadanía prolongado durante meses... “Temos que dicir que na EDAR de Cabo Prioriño desde agosto do 2014, cando Emafesa se fixo cargo por unha encomenda de xestión do Concello de Ferrol, que previamente autorizou a Xunta mediante un convenio, non se depurou integramente e absolutamente nin un só metro cúbico de auga”, afirmou Súarez... Nas imaxes tomadas polos técnicos pódese observar os laboratorios sen uso, manuais de instrucións dentro dos aparellos e teas de araña, e a auga completamente negra, sen tratar integramente, que directamente vai ao mar. Desde xaneiro, a Edar só funcionou de 8 a 15:00 horas en momentos moi puntuais, segundo as insuficientes explicacións achegadas por Emafesa, e para eliminar os residuos sólidos sen decantación nin filtrado... Web Oficial do Concello de Ferrrol – 28.08.2015>>.

<<O Goberno local de Ferrol ofreceu este martes unha rolda de prensa para valorar a extensa visita realizada na tarde do luns a EDAR de Cabo Prioriño, cos responsables de AEOPAS, a Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento, que asesoran ao Concello de Ferrol no proceso para remunicipalizar o ciclo integral da auga... Participaron o alcalde, Jorge Suárez, os edís de Servizos e Participación Cidadá, Bruno Díaz e Álvaro Montes, o enxeñeiros e secretario xeral de Aeopas, Jaime Morell. A primeira conclusión que extrae AEOPAS do percorrido polas instalacións de Prioriño é que a EDAR de Ferrol, en palabras do seu máximo responsable, non funcionou como tal nunca, a pesar de tratarse dunha obra “de primeiro nivel tecnolóxico” na que se investiron millóns de cartos públicos. Web Oficial do Concello de Ferrol – 22.09.2015>>

➤ Polas cifras comparativas que amosan as grandes diferencias (-58.012.046 m3 e -29.834.720 kW/h) entre os consumos estimados que se utilizaron para o cálculo da Taxa a cobrar (67.028.698 m3 de augas residuais a bombear e 37.206.386 kW/h a consumir entre EBAR e EDAR), e os consumos reais (9.016.652 de m3 e 7.371.666 kW/h), segundo cifras de Emafesa nos seus informes de xestión de 2014 a 2017, que tiveron lugar neses 31 meses (de 3 de setembro de 2014 a 3 de abril de 2017), até que o sistema comezou a funcionar, coa posta en funcionamento dos “Interceptores Xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol”, por parte da sociedade estatal pública Acuaes, situación posta de manifesto na xuntanza da Comisión de Seguimento das Obras, celebrada o 14 de xuño de 2017 (Acuaes, Augas de Galicia, Concello de Narón e Concello de Ferrol)

➤ Pola enorme diferencia na recollida de lodos e outros residuos (51,68 toneladas en 2016, cando o sistema estaba en probas, e 4.883,62 toneladas en 2018, cando todo o sistema xa estaba conectado e en funcionamento, aínda que o previsto para o cálculo da taxa , eran máis de 10.000 toneladas de residuos e 344.311 euros de custe), a diferencia está máis que clara.

➤ Polos gastos de persoal en 2015 (1.892.940 euros) onde se sitúa o período que pretende cobrar Emafesa e en 2018 (2.293.592 euros), cando o sistema funcionou conectado, cunha diferencia de 400.652 euros.

➤ Pola falta de gasto en mantemento nin en explotación do sistema de interceptación a facer (que sería en 31 meses, máis de 1.533.458 euros previstos para o calculo da Taxa que non se gastaron), pois este aínda non estaba nin contratado, nin licitado, nin entregado, nin rematado. Ningún investimento feito no saneamento rural que tamén se utilizou para o cálculo da Taxa.

Queda constatado, que a non prestación efectiva do servizo nos 31 meses que durou a longa posta en marcha, supuxo un custe moi inferior ao da posta en funcionamento real e efectiva do mesmo (Informe de Xestión 2018). Senón, que eses informes amosan que ese período non foi de posta en servizo, nin de prestación do mesmo, foi un período de arranque, posta en marcha ou fase de proba, mentres non se puxo a funcionar o sistema de saneamento, interceptación e depuración, que a todos os efectos, comezou o 3 de abril de 2017.

Polo que, ao non se prestar o servizo, o feito impoñíbel non se produce, segundo o disposto nos artigos 13 da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos. A prestación do servizo de recepción obrigatoria que especifica a ordenanza, non se produce, o feito impoñible non está a ter lugar, polo tanto non se devenga, artigo 15 da citada Lei 8/1989.

Que na xa citada xuntanza da Comisión de Seguimento das Obras, celebrada o 14 de xuño de 2017, deixouse constancia da posta en funcionamento do sistema de saneamento e depuración coa conexión do sistema de interceptación (colectores xerais, interceptores, tanques de tormenta, aliviadoiros,... ) o 3 de abril do mesmo ano.

<<Durante o encontro informouse da recente posta en marcha dos colectores e tanques de tormentas dos tramos xa finalizados da Malata-Gándara, A Gándara-Cadaval e Cadaval-Neda. Ademais púxose en servizo a parte das obras do Tramo Rio Inxerto concluída, que transporta máis do setenta e cinco por cento do caudal que recolle este tramo.

Grazas a iso, desde o pasado mes de abril (2017) comezáronse a conectar ás novas infraestruturas as redes de sumidoiros municipal que recollen as augas residuais urbanas dos barrios ferrolanos de Esteiro, Caranza, Ensanche-A, Ultramar, Recimil, San Xoán, Sta Cecilia e unha parte importante de San Pablo e Sta Mariña, e os barrios naroneses de Alto do Castaño, O Couto, A Solaina, A Gándara e Freixeiro, Piñeiros e Xubia, xunto coa parte da zona rural correspondente ás parroquias de Castro, San Mateo, O Val e San Xiao. Web Oficial Acuaes - 14.06.2017>>

Que os actos administrativos teñen que reunir uns requisitos para que sexan válidos, entre eles o principio de igualdade e non discriminación, amparados no artigo 14 da Constitución, e do resto do ordenamento xurídico, que deste artigo emana, toda a actividade administrativa debe estar inspirada na igualdade de todos ante a lei, tanto en sentido material como formal, polo que forma parte fundamental do ordenamento xurídico. Toda discriminación vulnera o principio de igualdade: a desigualdade carente dunha xustificación obxectiva e razoábel constitúe unha discriminación contraria a Dereito. Un sistema de saneamento e depuración que supón unha infraestrutura supramunicipal que tanto vai beneficiar á veciñanza de Ferrol, como á de Narón, e nun futuro á de Neda, non pode ser sufragada a súa posta en marcha, arranque e probas, só por unha parte da veciñanza de Ferrol e sobre todo, cando a grande maioría dos abonados de Ferrol, foron conectados ao sistema o mesmo día que os de Narón, máis se lles esixe á veciñanza de Ferrol o pago de 7.129.145,59 euros (Incluído IVA), cousa que aos veciños e veciñas de Narón non, como tampouco á veciñanza ferrolá da “Conca do Río Sardiña e Mandiá. e das Concas Atlánticas e da bocana da Ría: A Cabana, A Graña, Valón, San Felipe, San Cristóbal, Cariño, Confurco, Doniños, San Xurxo-A Mariña, O Pieiro, Covas-Esmelle) – Artigo 9. b) b-1) da Ordenanza”. Unha parte da veciñanza de Ferrol, non podemos costear, un período de 31 meses desde setembro de 2014 a marzo de 2017, cando a depuradora non funcionaba como tal, e o sistema non estaba conectado, uns custos dun período que tería que ser contribuído pola Administración Central, a Xunta de Galicia e os concellos de Ferrol e Narón.

Polo que facer recaer o custe total de 31 meses de fase de probas, arranque e posta en marcha do sistema de saneamento, interceptación e depuración, só nunha parte da veciñanza beneficiaria, supón un acto de discriminación que atenta contra o principio de igualdade, pois trata-se de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel, conculcando o disposto no artigo 14 da C.E. e no artigo 21 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e da lexislación que deles emana.

Polo que ademais se constata: falta de procedemento adecuado que orixinou indefensión na cidadanía; actuacións que teñen a súa orixe en presuntos delitos contra a administración pública que se solicita que se investiguen; falta de contestación por parte do Concello a gran parte dos escritos e recursos formulados anteriormente; incumprimento Lei de Procedemento Administrativo e da Lei de Transparencia por parte do Concello; esixencia de cobro de taxas que superan o valor do servizo incumprindo a normativa vixente; irregularidades flagrantes nas actuacións, respecto da taxa, de Emafesa, así como abandono de funcións do goberno municipal respecto do seu deber de control sobre a parte privada que orixinou un cobro indebido á veciñanza. En virtude do cal solicitamos que se investigue e se depuren responsabilidades que houbera e se repare o dano causado.

En virtude do exposto

SOLICITA, que se teñan por realizadas as anteriores manifestacións e, en consecuencia, admítase a trámite o presente escrito, dando por interposto Recurso, proceda-se á anulación da factura emitida por Emafesa afectada de enormes irregularidades, por ser contraria a dereito tal e como foi exposto; ademais solicita a suspensión cautelar do seu pagamento en tanto se resolva este Recurso.

OUTROSÍ DI, que en consecuencia solicita, a anulación de todas as facturas emitidas por Emafesa e as resolucións das liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados pola empresa xestora Emafesa, polo servizo de “Depuración de augas residuais” referentes ao período comprendido entre o 3/09/2014 e o 3/04/2017 (31 meses, por un importe, con IVA incluído, de 7.129.145,59 euros), período de arranque, posta en marcha ou fase de probas que non pode ter o carácter e condición de prestación de servizo.

En Ferrol, a ___ de __________________ , de 2020


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol | Twitter: @municipalizarFT
______________________________

domingo, xaneiro 19, 2020

6th anniversary Tarajal massacre: Appeal for a global day to commemorate victims at the borders -6 de febreiro de 2020 - Chamado a unha xornada de ConmemorAcción en ocasión do sexto aniversario da traxedia de Tarajal


6 de febreiro de 2020 - Chamado a unha xornada de ConmemorAcción en ocasión do sexto aniversario da traxedia de Tarajal |
6th anniversary Tarajal massacre: Appeal for a global day to commemorate victims at the borders

O 6 de febreiro de 2014, máis de 200 persoas migrantes intentaron entrar en Ceuta desde territorio marroquí. Mentres se achegaban á praia do Tarajal, moitas delas tratando de chegar a nado, a Garda Civil utilizou material antidisturbios, -botes de fume e balas de goma-, para evitar que as persoas entrasen en territorio español.

Quince inmigrantes morreron no lado español, ducias máis desapareceron, outras faleceron en territorio marroquí.

Para recordar este evento, desde o 6 ao 8 de febreiro de 2020, reuniranse na cidade de Oujda (Marruecos) familiares das persoas migrantes desaparecidas de Túnez, Argelia, Marruecos, Camerún, Senegal, Siria e México xunto a militantes de diferentes países que cotidianamente denuncian a violencia asasina que os estados exercen nas fronteiras.

O evento organízano a rede Alarm-phone de Watch the Med xunto coa asociación Pionniers volontaire de Oujda (Marruecos) en colaboración con Fondation Euro-Med, Milano senza Frontiere, Stiftungs fonds zivile seenotretttung, Association deas enseignants de philosophie de Oujda, Arci, :do Stiftung, Heinrich Böll stiftung, Union Marocain de travail, Reseau marocain deas journalistes migrations, XminY Actie Fonds, Alarm phone Sahara, Association d'aide deas migrants de Oujda, Association marocaine deas droits humains, Afrique Europe Interact e Missing at the borders.

Programa CommémorAction do evento (Trilingüe Francés, Inglés e Español): Acceder/Baixar.

Chamamos a todas as organizacións sociais e políticas, laicas e relixiosas, a todos os cidadáns e cidadás a unirse a esta xornada de ConmemorAcción organizando nas súas propias cidades iniciativas para recordar ás vítimas desta traxedia e de todas as traxedias que cotidianamente vívense nas diferentes fronteiras do mundo.

Aquí pode-se ver o texto da commemorAcción https://missingattheborders.org/news

Pedímoslles ademais que nos envíen á mail info@missingattheborders.org o material das iniciativas que se realizarán para publicalas na páxina web https://missingattheborders.org/

Grazas

O equipo de organización da ConmemorAcción

Edda Pando
eddapando@gmail.com

Chamado

Loitamos xuntas contra as Fronteiras que os mataron e os desapareceron!


Hai moito tempo que nos atopamos unha e outra vez con mortes e desaparicións de seres humanos nas fronteiras externas de Europa -no mar Mediterráneo, o Sahara ou nos campos de detención e hotspot europeos que están destinados a disuadir a xente a seguir adiante. Non podemos esquecer aos que foron asasinados, desaparecidos ou vítimas de desaparición forzada. Rematar esta masacre continua provocada polo réxime de fronteiras de Europa é unha das nosas motivacións para estar xuntos nunha loita a longo prazo pola liberdade de movemento e a xustiza global.

O 6 de febreiro de 2020 xuntámonos para converter o noso pesar en acción colectiva. Procedemos de diversos contextos e temos diversos antecedentes. Somos parentes dos desaparecidos de Túnez, Alxeria, Marrocos, Camerún, Senegal, Siria, México, Perú e outros lugares. Somos os que atopamos restos humanos no deserto e no mar, os que intentamos identificar aos falecidos nas distintas zonas fronteirizas, que damos aos cadáveres sen nome un enterro digno. Somos os que nos temos as mans cando botamos de menos unha filla, un fillo, unha irmá, un irmán, un amigo.

Xuntámonos para denunciar a violencia mortal dos réximes fronteirizos mundiais. Xuntámonos para conmemorar a aqueles que morreron, desapareceron ou foron vítimas de desaparición forzada no mar Mediterráneo, no Sáhara, na rexión de Evros, en Calais e noutros lugares. Acusamos aos autores do asasinato: os gobernos que deciden restrinxir aínda máis as rutas e disuadir ás migrantes por todos os medios dispoñibles.

Para nós, conmemorar a persoas falecidas, desaparecidas ou vítimas da desaparición forzada é parte das nosas loitas diarias.

O 6 de febreiro de 2020 serán 6 anos: en 2014, a policía de fronteiras española (Guardia Civil) masacrou polo menos a 15 persoas intentando cruzar a fronteira ate o enclave español de Ceuta. Ate o de agora, as súas mortes non foron recoñecidas como asasinatos, os axentes fronteirizos implicados quedan impunes. Esta masacre é só un dos demasiados exemplos de morte e desaparición nas fronteiras europeas. Moitos miles máis perderon a vida no deserto, no mar, desapareceron ou son vítimas dunha desaparición forzada.

Como alianza transnacional e a través de accións de solidariedade en moitas cidades, conmemoramos estas vidas perdidas e loitamos por un mundo xusto onde a liberdade de movemento finalmente e verdadeiramente será un dereito humano básico.

Moitos de nós xuntámonos en Oujda, Marrocos, para recordar e intercambiar. Queremos visualizar as loitas diarias e o sufrimento das persoas que cruzan as fronteiras. Queremos crear espazos para o continuo trauma soportado polos familiares e seres queridos dos que perderon a vida, desapareceron ou foron vítimas da desaparición forzada. Coa externalización da fronteira europea, Marrocos converteuse cada vez máis na garda de fronteira europea. É por iso que necesitamos unha forte mobilización de activistas migrantes sobre o terreo.

Xuntámonos antes e volveremos a atopar no futuro. A próxima vez, xuntarémonos nun lugar diferente e nunha data diferente como os crimes contra a humanidade en curso marcan tantos días do ano con pena e rabia que é imposible elixir un só.

Coñeceremos e protestaremos polas fronteiras externalizadas de Europa, pero tamén en moitas cidades de Europa (Ceuta, Barcelona, ​​Berlín, Marsella, Milán e outras persoas). Temos que levar a violencia á súa fonte, o corazón de Europa.

Co noso termo "CommemorAction" ofrecemos unha promesa: Non esqueceremos aos que perderon a vida ou desapareceron e loitaremos contra réximes asasinos fronteirizos. Ofreceremos un espazo para a lembranza e construiremos algo do noso pesar. Non estaremos sós e non renunciaremos. Seguiremos loitando pola liberdade de movemento e a dignidade humana para todos na nosa vida diaria.

Por iso, invitamos a todo o mundo a organizar iniciativas nas súas cidades para facer do 6 de febreiro de 2020 un día global para conmemorar a aqueles que morreron, desapareceron ou foron vítimas da desaparición forzada nas fronteiras do mundo.

Enviado por:
Edda Pando
-eddapando@gmail.com-
19 de janeiro de 2020 14:34

__________________

venres, xaneiro 17, 2020

Fitas en 2019: foi un ano da conclusión exitosa dalgunhas das accións iniciadas por Adega


Marcha social “Por un monte galego con futuro”
Fitos de ADEGA en 2019 O 2019 foi un ano da conclusión exitosa dalgunhas das accións iniciadas por ADEGA, en solitario ou en colectivo, no ámbito xudicial e administrativo, como a declaración de Cova Eirós como BIC. Pero tamén destaca a paralización das obras do Parque Eólico Serra do Iribio, no espazo natural protexido como Rede Natura Ancares-Courel, a súa participación activa no Movemento Galego polo Clima, a campaña na defensa dun monte galego con futuro, ou o espallamento da compostaxe como forma máis ecolóxica e racional de xestionar os residuos orgánicos. Durante o pasado ano, ADEGA seguiu sendo a entidade ecoloxista de referencia en Educación e voluntariado ambiental de Galiza, acadando a participación de máis de 2.500 persoas voluntarias nas súas actividades de custodia do territorio en hábitats fluviais, litorais e de monte.

Neste comezo de ano 2020, queremos agradecer profundamente a todas aquelas persoas que contribuídes á defensa ecolóxica de Galiza e que fixéstedes posible que ADEGA acadase os seguintes fitos durante o ano 2019!

1. Paralización das obras do Parque Eólico Serra do Iribio no Courel

ADEGA conseguiu, xunto con outros colectivos da plataforma “Salvemos O Iribio”, frear as obras irregulares do Parque Eólico Serra do Iribio, promovidas por Fergo Galicia Vento SL coa conivencia da Xunta, no espazo de Rede Natura Ancares-Courel. As denuncias de ADEGA e de Salvemos O Iribio conseguiron que o TSXG decretase a suspensión do Acordo do Consello da Xunta polo que se aprobou o proxecto eólico definitivo e, con el, todas as resolucións administrativas vinculadas. Este feito supón un fito para o ecoloxismo galego na defensa dos nosos espazos naturais. Actualmente, ADEGA (coa SGO e a Fundación Oso Pardo) ten presentados dous recursos contenciosos-administrativos ante o TSXG contra este proxecto eólico e a súa modificación, ademais de ter tramitado durante 2019 varias ducias de denuncias e alegacións contra as obras de execución do parque, dos viais de acceso e do proxecto da Liña de Alta Tensión. ADEGA foi tamén unha das principais promotoras da plataforma Salvemos O Iribio, que aglutina máis dunha vintena de entidades sociais, ecoloxistas, veciñais e políticas, que traballan conxuntamente pola preservación desta excepcional Serra do Iribio.

2. Nova batalla xudicial gañada contra Reganosa


Un novo fallo do Tribunal Supremo deu a razón á plataforma de veciños e veciñas O Cruceiro de Mehá, e por extensión do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, do que fai parte ADEGA. Este novo fallo dá resposta ao recurso presentado contra a Resolución do Consello de Ministros do 29 de Maio de 2016 polo que o goberno en funcións de Mariano Rajoy acordou eximir a planta de gas de Reganosa da tramitación de avaliación ambiental. Dita sentenza anula esa resolución pola que se permitía á planta seguir funcionando sen un estudo de impacto ambiental, alegando un carácter de urxencia que o Alto Tribunal non observou. Esta sentenza vén a ratificar a ilegalidade da planta de Reganosa. ADEGA pediu en 2019 e seguirá pedindo en 2020 a paralización inmediata da actividade da planta por incumprir, con esta, 5 sentenzas firmes do Tribunal Supremo, que anulan todas as autorizacións administrativas outorgadas a Reganosa polo PP da Xunta.

3. ADEGA leva aos tribunais a dous ex altos cargos da Xunta

Oito anos despois de que ADEGA presentara denuncia penal ante Fiscalía contra varios cargos da Xunta por permitir o dragado da ría de Ferrol cunha fraudulenta avaliación ambiental nun espazo de Rede Natura, en 2019 desenvolveuse o xuízo oral. Despois dun longo período de instrución, foron xulgados Carlos Muñoz, ex-xefe de servizo de Conservación da Natureza da Coruña, e Roxelio Fernández, ex-subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Xunta de Galiza. Á agarda de sentenza por presunta falsificacion documental, ambos enfróntanse a unha posible condena de 6 anos de prisión e de inhabilitación, a petición da Fiscalía e de ADEGA como acusación particular. Tamén en 2019, ADEGA recorreu a sentenza absolutoria do TSXG que exime de culpa ao ex-alcalde de Barreiros, Alfonso Puente, a ex arquitecta municipal e a varios concelleiros do seu goberno por presunta prevaricación na concesión de 45 licenzas urbanísticas para 3.000 vivendas durante o ano 2006. Así mesmo, durante 2019, ADEGA presentou 3 denuncias na Fiscalía contra varios cargos da Xunta e das empresas presuntamente executoras de danos contra o patrimonio cultural por labores forestais, polos vertidos e a contaminación procedente da mina de Touro ou polas obras irregulares do PE Serra do Iribio.

4. Cova Eirós, por fin, declarada BIC

En abril de 2019 culminaba a ampla traxectoria de ADEGA na defensa do xacemento do Paleolítico máis importante de Galiza, a Cova Eirós (Triacastela). Ese ano, a Xunta de Galiza declaraba oficialnente a Cova Eirós como Ben de Interese Cultural (BIC), logo de máis de 12 anos de reivindicacións por parte de ADEGA. Grazas á presión exercida por ADEGA e o recurso xudicial presentado contra a Xunta por non ter protexido adecuadamente o xacemento, agora a Cova Eirós xa conta co maior rango de protección cultural. Aínda así, en 2020 ADEGA seguirá pulando por que a Xunta mellore as garantías de protección deste xacemento e impida a continuidade da actividade extractiva da canteira de Cementos Cosmos a carón da Cova.

5. Marcha social “Por un monte galego con futuro”

ADEGA foi unha das principais promotoras da campaña “Por un monte galego con futuro” que se iniciou en 2019 para demandar á Xunta unhas 50 medidas de cambio cara a un novo modelo de monte que se afaste do monocultivo do eucalipto e se adapte ás condicións da actual emerxencia climática, complete o ciclo produtivo, evite a proliferación dos lumes forestais e garanta a súa sostibilidade para o futuro. Xunto con outras organizacións sociais de ampla representación en Galiza como CIG, Fruga, SLG, ORGACCMM, APDR, Amigos da Terra, Verdegaia e outras 15 organizacións de carácter local, ADEGA convocou unha gran marcha “Por un monte galego con futuro” o pasado 20 de outubro en Santiago de Compostela, na que se reuniron milleiros de persoas.

6. Eliminación duns 7500 eucaliptos e acacias do monte galego

ADEGA promoveu a través da plataforma Cousa de Raíces a I e a II Deseucaliptización simultánea de Galiza durante o ano 2019. Na primeira edición participaron un total de 360 persoas, 20 colectivos e realizáronse 11 actuacións entre os días 21 e 23 de marzo que acadaron a eliminación dun total de 206.000 pés de eucaliptos e acacias en preto de 15 Ha de monte. Na segunda edición, celebrada no mes de xuño, coincidindo coa Semana do Medio Ambiente, participaron unhas 400 persoas, 25 entidades e elimináronse preto de 82.000 exemplares de acacias e eucaliptos en 15 montes galegos, nunha superficie aproximada de 10 Ha. ADEGA coordinou ambas actividades e dirixiu de forma directa 6 das actuacións deseucaliptizadoras, nas que acadou a participación de 137 voluntarios e voluntarias, a eliminación de 7535 eucaliptos e acacias en 4,5 Ha de superficie de monte.

7. Repoboación de 2.000 árbores autóctonas e 5.000 landras no Couto da Eirexiña

Ademais de dar continuidade a proxectos de custodia do territorio xa consolidados como Proxecto Ríos, o Campo do Tea, Eira da Xoana ou Monte da Fraga, neste ano 2019 estreamos un novo proxecto de custodia territorial: o Couto da Eirexiña. Esta iniciativa foi promovida pola delegación de ADEGA en Vigo e a comunidade de montes veciñais de Rebordelo en Cerdedo-Cotobade, que xa realizaron un total 10 actividades de educación e de voluntariado ambiental nas que participaron máis de 200 voluntarias. A través destas actividades elimináronse 11 ha de especies exóticas invasoras e se repoboáronse outras 8 Ha con 2.000 árbores de especies autóctonas e 5.000 landras. O obxectivo deste proxecto é a conservación do bosque autóctono e a biodiversidade.

8. Protección da Fraga de Menáncaro (Ferrol)

En abril 2019, unha empresa madereira quixo talar a Fraga de Menáncaro, sobre a que se pretendía construír 69 chalés e un hotel de luxo, que o TSXG freou en 2011 tras a denuncia de ADEGA, da veciñanza e doutros colectivos (Verdegaia, SGHN, Greenpeace, Comunidade Menáncaro, EU, Colectivo Artabra 21, Xoaniña...). Ante a nova tentativa, ADEGA, xunto coas demais entidades, volveu denunciar, conseguindo que se paralizase a tala e que o Concello de Ferrol iniciase os trámites para protexer oficialmente a Fraga de Menáncaro. A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais pendentes de declarar como Espazos Naturais de interese local (ENIL).

9. Máis de 2500 persoas nas accións de voluntariado de ADEGA

Durante 2019, ADEGA desenvolveu diferentes actuacións de voluntariado ambiental para a eliminación de flora exótica invasora nas contornas de Baldaio, Muros, Sálvora, Monte da Fraga, etc. Así mesmo, celebráronse novas edicións de iniciativas de voluntariado de ámbito galego de grande impacto, como son a Limpeza simultánea de ríos e a de praias. En 2019, na primeira participaron1.158 persoas de 72 entidades de 52 concellos de toda Galiza, e retiráronse máis de 14 toneladas de residuos dos cursos fluviais. A este volume sumouse outra tonelada de lixo recollida na VIII Limpeza simultánea de praias, na que participaron máis de 800 persoas en 24 praias galegas. Ademais, outros 500 voluntarios e voluntarias sumáronse ás diversas actividades de custodia realizadas por ADEGA no Monte da Fraga (A Coruña), en colaboración coa Oficina de Medio Ambiente da UDC, na Eira da Xoana, no Campo do Tea ou no Couto da Eirexiña, en Cotobade-Redondela.

10. Participación activa no Movemento Galego polo Clima

En 2019, ADEGA traballou activamente fronte a emerxencia climática, ecolóxica e social. Mobilizándose polo clima, en coordinación con outros colectivos que integran o Movemento Galego polo Clima, plataforma integrada por máis de 80 entidades e organizacións galegas. Así, ADEGA participou e colaborou na organización da Folga Mundial polo clima do pasado 27 de setembro así como na programación e coordinación de moitas das actividades realizadas na Semana polo Clima previa á Folga. Tamén contribuímos ao envío de dous autobuses desde Galiza para a gran marcha polo clima do pasado 6 de decembro, na que tamén participamos, e que deu inicio ao Cumio Social polo Clima en Madrid. Ao tempo, tamén está a pular polo peche da central térmica de Endesa en As Pontes xunto con outros colectivos desde a plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón.

11. Uns 1000 composteiros instalados e nova aplicación para compostaxe

Durante 2019, ADEGA participou activamente no proxecto “Revitaliza” da Deputación de Pontevedra, que trata de implantar a compostaxe na xestión da materia orgánica da provincia. ADEGA instalou durante este ano uns 800 composteiros no Concello de As Neves, e outros 200 noutros concellos. Ademais impartiu unhas 30 charlas formativas sobre tratamento de residuos e compostaxe. Tamén en 2019, xunto co concello de Santiago de Compostela, ADEGA colaborou na creación dunha nova apliación informática para a recollida de datos de seguimento dos composteiros instalados. A nova app permitiranos rexistrar dun modo máis eficaz e eficiente os datos que procedan do programa de compostaxe caseira que se está a desenvolver na área periurbana compostelá, onde están inscritas 131 vivendas. En 2019 cumpríronse 10 anos desde que ADEGA lanzou a súa primeira campaña de compostaxe caseira e comunitaria, convertíndos na entidade ecoloxista de referencia en Galiza en programas educativos sobre compostaxe. Na última década, repartiu máis de 5.000 composteiros por toda Galiza.

12. Primeira experiencia en agrocompostaxe e compostaxe de hostalaría

A finais de xaneiro de 2019 deu comezo a primeira experiencia de ADEGA en agrocompostaxe, en colaboración coa asociación de persoas en risco de exclusión social Ecos do Sur, coa asociación Renacer, e coa Universidade da Coruña. O obxectivo é avanzar cara a economía circular, a sustentabilidade e fomento de emprego a través da reciclaxe de residuos. Neste caso, ADEGA forneceu de formación ás persoas de Ecos do Sur que traballan no mantemento e operación dos composteiros da UDC instalados para a recollida dos residuos orgánicos dos comedores dos seus sete centros. A idea de futuro é facer unha pequena planta de compostaxe, onde entren residuos orgánicos de grandes produtores e se obteña un abono orgánico de calidade, permitido en agricultura ecolóxica, para poñer á venda. De momento, estase a beneficiar deste abono a horta ecolóxica do Colectivo Renacer, que vende parte da colleira ao comedor de Inditex, polo que, pensando en pechar o ciclo da materia orgánica, tamén se acordou con Inditex compostar nesta parcela os residuos orgánicos do seu comedor. Cada semana, conséguense compostar tres contedores de 75L de residuos orgánicos. Tamén en agosto de 2019, se puxo en marcha un proxecto de compostaxe no complexo hostaleiro “Cabanias del Bosque” co que se pretende concienciar ao turista da xestión racional dos residuos orgánicos. Alí instaláronse 3 áreas de compostaxe.

13. Máis de 80 obradoiros, 40 saídas formativas, 12 charlas, 16 roteiros, 4 encontros e 2 cursos

A través do programa “O lixo desde o teu concello” e o programa xeral de Educación Ambiental de ADEGA realizáronse durante 2019 un total de 80 obradoiros sobre residuos (compostaxe, reciclaxe...), aforro enerxético, aproveitamento sostíbel da auga, coidado da biodiversidade, etc., en diferentes concellos, centros de ensino, ou entidades de todo o país. Así mesmo, realizáronse 40 visitas formativas de proxecto Ríos, 6 charlas sobre o lobo en centros de ensino, 6 charlas sobre diversos temas ambientais, 8 roteiros pola natureza con ADEGA-Lugo, 8 andainas de custodia do río Miño con “Lugo de Cara ao Miño” e 3 encontros: o XV Encontro do Voluntariado de Proxecto Ríos, as dúas sesións de Debate Público sobre o traslado da Estación de Buses de Lugo, o VII Encontro Solar na UDC e, no marco da colaboración coa Oficina de Medio Ambiente da UDC, unhas interesantes xornadas sobre Custodia do territorio en ámbitos urbanos. Así mesmo, ADEGA impartiu 2 cursos durante 2019: un de educación ambiental e compostaxe en Pontevedra e outro sobre custodia fluvial na Estacións de Hidrobioloxía do Encoro do Con, en Vilagarcía de Arousa. En total, unhas 1800 persoas, entre cativas e adultas, participaron nestas actividades.

14. Salto aos proxectos europeos de Investigación e Educación Ambiental

Neste 2019, ADEGA deu o salto á colaboración e participación en proxectos internacionais e europeos de educación e formación ambiental. A través do programa Erasmus + Living River, ADEGA colabora con entidades de Portugal, Rumanía e Turquía na concienciación social sobre a importancia dos ríos e regatos, achegando a estes países a nosa experiencia na conservación dos ecosistemas fluviais e intercambiando ideas e accións. ADEGA tamén participa como socia colaboradora en varios proxectos de investigación apoiados pola UE como o Interreg DiaDES, para o estudo dos servizos ecosistémicos e o cambio climático nos peixes migradores, ou no Life Invasaqua, que estuda o impactos das especies exóticas invasoras nos ríos.

15. ADEGA-Compostela reactívase

A delegación de ADEGA-Compostela tiña como reto para este 2019 retomar a actividade propia e constituír unha nova directiva. Tras unha asemblea aberta a mediados de outubro, con moi boa asistencia, decidiuse iniciar o proceso coa proposta dunha nova directiva, que foi aprobada en novembro. Os eidos de traballo nos que se comezou a traballar abranguen o diálogo e traballo conxunto con plataformas de defensa ambiental a nivel comarcal, campañas en redes e a presenza con cortexo propio a diversas mobilizacións na comarca. Neste breve período de tempo xa denunciou o baleirado irregular da lagoa de Casalonga ou presentou achegas no concello no proceso da nova licitación para a xestión dos residuos municipais. A nova Delegación encara o 2020 con novas ideas para seguir mellorando!

16. Máis de 100 denuncias, requirimentos e alegacións

ADEGA tramitou en 2019 máis dun cento de denuncias e solicitudes de información relativas a distintos tipos de agresións ambientais, como plantacións e talas ilegais, afeccións a patrimonio arqueolóxico, batidas de caza, vertidos en ríos e mares, vertedoiros, desaugues, urbanismo e infraestruturas, etc. Tamén presentou alegacións a unha manchea de proxectos e outros trámites administrativos entre os que destacamos o Plan Reitor de Uso e Xestióin (PRUX) do Parque Natural Monte Aloia, a autoestrada A-57, recheos na praia de Barrañán (Arteixo), á nova lei de pesca continental, á reorganización viaria do porto de Rande, á Estratexia Galega de Economía Circular, á Avaliación de Impacto Ambiental de Reganosa, ao Decreto da Paisaxe, ao proxecto mineiro de Touro-O Pino ou á renovación da Avaliación Ambiental Integrada (AAI) do complexo industrial Alúmina-Aluminio Alcoa.

17. Lanzamento dun Dosier Semanal de información ambiental publicada en Galiza

Coa idea de ampliar e mellorar o PROXECTO CERNA de divulgación e de comunicación ambiental da organización ecoloxista ADEGA e de facilitar á cidadanía galega o acceso á información ambiental, ADEGA lanzou en 2019 un novo instrumento de divulgación de contidos relacionados co medio ambiente galego desde canle dixital de Radio CERNA (http://adega.gal/radiocerna). Trátase dun dosier de actualidade ambiental, de consulta aberta, que recolle semanalmente toda a información rexistrada nos medios de comunicación dixitais e de ámbito galego que ten a ver co medio ambiente e a ecoloxía de Galiza e que permite coñecer as tendencias de contidos ambientais nos medios galegos de comunicación.

18. Aposta polo Ecoloxismo Social e unha Educación Ambiental integradora

ADEGA entende que o ecofeminismo é un piar base do ecoloxismo social, capaz de dotar aos movementos ecoloxistas de ferramentas para unha transformación social real a todos os niveis, evitando o relego deste movemento a mero observador crítico da súa realidade. Por iso, participamos activamente na folga internacional de mulleres do pasado 8 de marzo, para reclamar un mundo máis xusto, igualitario e sostible. Tamén o pasado 28 de xuño, desde ADEGA sumámonos á reivindicación dos dereitos da diversidade sexual e celebramos o orgullo de sermos diversas defendendo un ecosistema diverso, tanto no eido natural coma no social. Tamén publicamos o estudo preliminar da Guía Naturalmente Diversas, para incluír a perspectiva feminista e sexodiversa nas actividades de educación ambiental e acabar coa discriminación.

19. Contra a emerxencia cinexética e a caza deportiva

Durante 2019, ADEGA instou á Xunta a realizar un Plan de Xestión do Xabaril e un censo rigoroso e científico sobre o estado das súas poboacións, fronte a improsivada acción do goberno galego para abordar o control da especie e que o levou a declarar por primeira vez unha “emerxencia cinexética”, alentado por aqueles que cualifican de “praga” esta especie salvaxe. ADEGA tamén reclamou a través da plataforma Convivencia Ética a elaboración de estudos científicos sólidos que certifiquen as causas polas que o xabaril realiza incursións nas contornas urbanas e periurbanas, antes de adoptar medidas de control drásticas ou letais para o animal, e achega datos que apuntan á presión cinexética como unha das posibles causas. Así mesmo, ADEGA mantén firme a súa posición contra a caza deportiva e a celebración de eventos, como os campionatos de caza do raposo, que son anacrónicos, crueis e que ademais poderían ser motivo dun desequilibrio ecolóxico.

20. Premios 2019 á traxectoria de ADEGA

ADEGA tamén recibiu neste ano 2019 varios premios e galardóns á súa traxectoria. En xaneiro, foi escollida entre varias entidades ecoloxistas e carácter galego e estatal como entidade beneficiaria dun importe próximo a 2.500 euros recadado nun mercadiño solidario organizado polo colexio CEI A Gándara de Ferrol a prol do medio ambiente. Por outra banda, a Eira da Xoana volveu ser galardoada, desta volta, co premio Gabriel Barreiro Toural, entregado por Metátese Teatro e Alentía Teatro o pasado día 31 de agosto no marco da XX Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei. O premio consistiu na entrega dunha peza artesá de María Iglesias Gil e unha dotación de 1.000 euros. ADEGA agradece profundamente a todas as entidades, colectivos e persoas que contribuíron ao seu labor na defensa do medio ambiente galego a través das súas doazóns.

Únete a ADEGA e fai que o imposible se faga realidade!


Paralización das obras do Parque Eólico Serra do Iribio no Courel


Máis de 2500 persoas nas accións de voluntariado de ADEGA


Uns 1000 composteiros instalados e nova aplicación para compostaxe


ADEGA-Compostela reactívase


Contra a emerxencia cinexética e a caza deportiva

Boletín informativo: Feliz e ecolóxico 2020!

http://www.adega.gal/

Enviado por:
ADEGA NACIONAL
ADEGA nacional -adega@adega.gal-
3 de janeiro de 2020 13:31
________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lamenta profundamente o falecemento, o día de onte, do compañeiro Ricardo González Costas


No falecemento do compañeiro Ricardo González Costas

Este Comité Cidadán de Emerxencia lamenta profundamente o falecemento, o día de onte, do compañeiro Ricardo González Costas.

Ricardo fora traballador da Bazán, afiliado da USO, Secretario Xeral Comarcal da UGT, militante do PSOE e persoa comprometida nas causas sociais.

Colaborador deste CCE nestes 20 anos de actividade na defensa da legalidade da Ría e da Vida.

A súa compañeira Ángeles Fernández Paredes, aos seus fillos, familia e amizades una forte aperta solidaria e a nosa lembranza sempre.

---
Tanatorio Albia, sala nº 2. Incineración na intimidade familiar, agradecen que non se envíen froles.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Información baseada na enviada polo:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de janeiro de 2020 12:17
__________________

xoves, xaneiro 16, 2020

Como ler o galego reintegrado de Carvalho Calero? - Videoblogue de Eduardo Maragoto Presidente de Agal


Carvalho Calero escreveu a sua obra mais conhecida, Scórpio, em galego reintegracionista. É o seu livro mais recomendável para todo o tipo de públicos, já que é umha aproximaçom mui entretida à história política e social da Galiza e de Espanha entre 1910 e o final da Guerra Civil. Mas algumhas pessoas podem ter medo à sua leitura porque nom está escrito na norma oficial do galego, senom em galego-português. Por isso, hoje vou explicar como se lê aproveitando que no dia 16 de maio a AGAL está a preparar umha leitura continuada desta obra durante 14 horas que vai ser retransmitida em streaming a partir de um teatro de Compostela.


Fonte: Nós Televisión.

https://a.gal/

---

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego: Quero ser de Nós Televisión.

____________________