xoves, abril 17, 2008

Moción do BNG para a retirada do concello de Ferrol das antenas ilegais de telefonía móvil

Rexistro Xeral do Concello de Ferrol
17 ABR 2006

SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

O Grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego ao abeiro da lexislación vixente presenta para o seu debate en Pleno á seguinte MOCiÓN

Exposición de Motivos:

O Concello de Ferrol aprobou no ano 2002 a súa Ordenanza municipal de instalacións de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas.

Esta Ordenanza nace para dar resposta, entre outros, a alarma social existente pola proliferación de estacións base de telefonía móbil en todo o Concello e o baleiro legal existente no que se atopaban este tipo de instalacións.

Posteriormente e con sentenzas do tribunal Superior de Xustiza de Galiza e informe xurídico do oficial maior deste Concello anúlanse os artigos 8,9, 10.e, e 40.2 e 47.1 da dita ordenanza que facían mención principalmente ao límite máximo de emisión permitido no Concello, unha zona de protección de 10m.

Ao redor da antena e máis a prohibición de instalalas a menos de 100 m. Das escalas e residencias. É certo que non existe unanimidade en canto á avaliación dos efectos que a exposición continuada a este tipo de ondas produce sobre a saúde e o medio ambiente. Pero só o feito de que haxa que estipular por lei uns niveis de emisión indica xa de por si que non se trata de instalacións inocuas posto que a superación duns índices conleva efectos para a saúde das persoas.

A preocupación polas posíbeis repercusións que a proximidade a campos electromagnéticos poida ter sobre a saúde, levou a moitas asociacións veciñais e sociais e a particulares do noso concello a mobilizarse contra a instalación deste tipo de antenas nos edificios nos que viven, en colexios e entornas urbanos habitados.

As denuncias poia instalación deste tipo de antenas dánse na práctica totalidade dos barrios da nasa cidade: Can ido, Esteiro, Caranza, Ensanches, barrio da Magdalena, etc.

Non é a primeira vez que no noso Concello igual que en Galiza e no resto do estado español se dan casos nos que coincide unha alta incidencia de persoas enfermas de cancro co feito de convivir debaixo, ao lado ou nas proximidades dunha antena de telefonia mobil.

É por isto que o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da adopción dos seguintes

ACORDOS:

1.- O Pleno do Concello de Ferrol insta ao Goberno Municipal a adoptar as medidas oportunas para a retirada das estacións base de telefonía móbil, instaladas no noso Concello en situación de ilegalidade.

2.- O Pleno do Concello de Ferrol acorda proceder a revisión da Ordenanza municipal de instalacións de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas co fin de mellorala e adaptala a lei de telefonía móbil.

Asinado.-
Xoán Xosé Pita Díaz
Portavoz

Elia Rico Lagaron
Concelleira


Ferrol a 17 de abril de 2008



Telf.: 981 944031
Fax .: 981 945235
bng@lerrol.es
Casa do Concello. Praza de Armas. s/n.
15402 Ferrol
GRUPO MUNICIPAL B.N.G.

A SGHN denuncia unhas obras no Parque Natural das Fragas do Eume

De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de abril de 2008 13:48
Asunto: Denuncia obras Parque Natural das Fragas do Eume



Denuncian obras no Parque Natural das Fragas do Eume

Adxunto vai o escrito de denuncia de obras no Parque Natural das Fragas do Eume, enviouse o mesmo documento a diferentes autoridades:

-Delegado Provincial de Medio Ambiente
-Delegada Provincial de Medio Rural
-Director Xeral de Conservación da Natureza
-Alcalde do concello de A Capela.

Saúdos


A Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural amosa o seu total desacordo coas actuacións que recentemente comezaron a realizarse dentro do contorno de Parque Natural das Fragas do Eume, nunha pista forestal que comeza na estrada que une As Neves (A Capela) coa central eléctrica de Ventureira, e discorre polo interior do Parque, rematando nas inmediacións do Mosteiro de Caaveiro.

As obras, xa comezadas, aínda que semella que paralizadas, consisten no pavimentado do firme, cunha ringleira de lousas na parte central, material compactable nas rodeiras, adoquinado nos laterais, e un borde resaltado construído con cemento, pechando unha das beiras do vial.

A pista forestal fora aberta no seu inicio, hai máis de vinte anos, coa finalidade de conectar o Mosterio de Caaveiro coa estrada antes citada. A actuación non chegou a realizarse por completo, quedando inconclusa, resultando un camiño forestal ancho con firme de terra que remata a uns 300 metros do mosteiro. Dende aquela, o único uso que se lle deu foi o de vía de circulación para tractores relacionados coa explotación forestal, ademais da posibilidade de acceso para medios antiincendios en caso de producirse algún lume. Deste xeito, a presión humana sobre o medio resultou mínima, compatibilizándose os usos forestais co uso e disfrute das fragas, dado que o camiño serve como roteiro a pé para aquelas persoas que desexen adentrarse no parque, en dirección ao mosterio, dende o Concello de A Capela.

A nova actuación, pola contra, non cumpre con este requisito de compatibilización de usos e respecto ao medio natural, por varias razóns:

-Non queda garantido que se vaian respectar os usos do aproveitamento forestal, pois o tipo de pavimentación xa construído non se corresponde coas características necesarias para este fin.

-O mesmo se podería dicir a respecto da circulación de vehículos antiincendios.

-Orixínase un considerable impacto paisaxístico, non habendo correspondencia entre a paisaxe natural e a actuación que se está levando adiante, aceptable para un medio periurbano pero non para este espazo.

-Perigo de afección á zona de Caaveiro: ante o absurdo desta actuación, coa pavimentación de arredor de 400m de pista que non conduce a ningunha parte, vémonos na obriga de facer conxeturas acerca do obxectivo real que se persegue, que ao noso entender non pode ser outro que, co paso do tempo, o vial remate sendo un acceso do tráfico rodado cara a Caaveiro. No caso de que isto chegara a ser así, o impacto sobre o Parque sería enorme. En todo caso, a actuación que se pretende, ao non ter un obxectivo claro, é un gasto de recursos económicos e materiais inaceptable.

A falta do Plano de Xestión do Parque e a posta en marcha efectiva da Xunta Reitora do Parque fan posible que se desenvolvan proxectos como este. Non obstante, e referíndonos ao Plano de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) do Parque das Fragas do Eume, no seu artigo 3 establécese: “As infraestruturas de explotación (pistas e vías de acceso) axustaranse ao que dispoña a Consellería de Agricultura e se construirán atendendo a criterios de incidencia mínima sobre o solo e a paisaxe”.

Igualmente, o Decreto 218/1997, de 30 de xullo, no artigo 5.3 establece que existe a obriga de xustificar debidamente todo proxecto de obra ou aproveitamento.

Como queda claro no anteriormente exposto, para este proxecto non hai obxectivo, e, por tanto, xustificación algunha, polo que solicitamos que non se continúe coa obra comezada e se repoña o espazo á súa situación inicial. Cremos que o reafirmado dalgúns tramos da pista será suficiente para mantela en bo estado, sempre e cando se leven adiante, periodicamente, os labores de conservacion necesarios para manter perfectamente encauzadas as augas de escorredura e máis os regos que cruzan o camiño.

Ferrol, a 16 de abril de 2008

O Delegado da SGHN-Ferrol

Asdo.: Juan Ignacio Díaz da Silva

SR. DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
_________________________

Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com
____________

xornadas "agrocombustibeis a debate"- 3ª Xornada, Venres, día 18 de abril

De: noe -olaolaoola@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de abril de 2008 23:58

Asunto: xornadas "agrocombustibeis a debate"- sexta-feira, día 18 de abril



Boas!!

Este venres temos a terceira xornada sobre os agrocombustibeis, ás 6 do serán no salón de actos do Vicerreitorado, no Campus de Esteiro (no 1º edificio a man dereita, entrando dende o pabillón).

Imos contar con con Antonio Dorado (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia), Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción), e Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra). Aquí tendes máis detalles.

Son totalmente de balde, e NON hai que facer inscrición, nen nada, para asistir e participar!!
Gostarianos que botasedes unha ollada ao blogue da mesa, porque as organizazóns internacionais comezan a se desdicer...

3ª xornada, 18 de abril

18:00 h: Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas.
18:45 h: Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico.

19:30 h: Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis.
20:15 h: Coloquio.

4ª xornada, 25 de abril

18 h: Audiovisual 1.
19 h: Audiovisual 2.
20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.

Máis información sobre esta andadura en:
www.agrocombustibeisadebate.blogaliza.org

Pregamos difusión, graciñas!!

Saúdos.
(Noelia)

¿Por qué organizamos estas xornadas?

A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.

Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.
Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.

A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.

Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.

________________

Enlace relacionado:

4 de abril de 2008 comezan as xornadas "Agrocombustibeis a debate" en Ferrol
________________

mércores, abril 16, 2008

A oposición a REGANOSA recibeu ao Presidente Touriño diante do Teatro Jofre na entrega de Premios Mestre Mateo

[Foto Óscar Corral - 15.04.2008]

O pasado martes, 15 de Abril, entregabanse os Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego. Responsábeis políticos presidiron o Acto, para o que se desprazaron até o Teatro Jofre de Ferrol que foi o lugar elexido para celebrar o evento. Integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentraronse diante do Teatro Jofre e manifestaron a súa oposición á planta regasificadora de REGANOSA, lembrandolle ao Presidente, Emilio Pérez Touriño e ao Delegado de Goberno Sr. Ameijeiras as súas responsabilidades, na continuidade na construción e na posterior posta en funcionamento da Planta de Gas dentro da nosa Ría.
_______________

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de abril de 2008 08:20
Asunto: Entrega dos premios mestre mateos en Ferrol no Teatro Jofre


Unha representación do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol volveu a amosarlle á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á Planta de Gas de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, na entrega dos premios Mestre Mateo. O acto estaba subvencionado polo grupo Gadisa que é un dos socios de Reganosa que encheu, incumprindo as normas de funcionamento do Teatro Jofre, toda a fachada do mesmo con publicidade de GADIS.

En defensa da vida, da ría e do marisqueo.

¡PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA!
____________

O Concello adherirase este mes ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar [16.04.2008]

Diario de Ferrol
Ferrol Mércores 16 de Abril de 2008


O Concello adherirase este mes ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Anxo Quintana mantivo unha reunión de traballo co alcalde e a concelleira de Benestar
CARLOS CARBALLEIRA


REDACCIÓN > FERROL

A adhesión do Concello de Ferrol ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar será unha realidade este mesmo mes, tras o protocolo de colaboración asinado onte entre o alcalde, Vicente Irisarri, e o vicepresidente dá Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana. Este acordo suporá a posta en marcha de infraestruturas como dúas escolas infantís, unha ludoteca, unha residencia para persoas maiores, vivendas dotacionais en réxime de aluguer para mozos e maiores, dous centros de día, un centro ?Quérote?, un de inclusión e urxencia social, así como a xestión da casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero.

O vicepresidente dá Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, viaxou onte a Ferrol na que foi a súa primeira visita institucional ao Concello. Recibido cunha bandeira galega na escalinata do Palacio Municipal e coa Marcha do Antigo Reino de Galicia, Quintana, tras saudar á corporación municipal, asinou no Libro de Ouro e mantivo unha curta reunión de traballo co rexedor municipal, Vicente Irisarri. Posteriormente, os representantes municipais e o vicepresidente desprazáronse ao salón de plenos para proceder á firma dun protocolo de colaboración en materia de igualdade e benestar.

Este paso implica a adhesión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no próximo pleno que se celebre tras a firma do convenio de onte. Ademais, suporá para Ferrol a construción de dúas escolas infantís (a primeira, en Caranza, licitarase ao día seguinte da adhesión ao consorcio), unha ludoteca, vivendas dotacionais en réxime de aluguer para mozos e maiores, dous centros de día, un centro de asesoramento afectivo-sexual ?Quérote?, un centro de inclusión e urxencia social, ademais da xestión da casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Con estas infraestruturas, tal e como sinalou Anxo Quintana, ?non prazo de catro anos Ferrol terá un nivel dotacional dous mellores de Galicia?.

Pero, aínda que o prazo xeral do convenio márcase un horizonte de actuación de catro anos, está previsto, como explicou o alcalde, ?empezar polas cousas máis demandadas?. Así, sinalou que este ano se acometerá a construción da Escola Infantil de Caranza, o centro de día deste mesmo barrio e un segundo en Canido, que albergará nun mesmo edificio un centro cívico.

O rexedor municipal destacou a necesidade de ?compartir responsabilidades? entre as dúas administracións e así indicou que ?ou Concello vai traballar arreo para que a Xunta poida investir?.

Tanto Vicente Irisarri como Anxo Quintana valoraron este convenio, especialmente polo sector da poboación ao que vai destinado. O alcalde apuntou que ?un goberno de esquerdas e progreso debe ter como bandeira ás persoas? e sobre todo, indicou, aquelas que máis o necesitan.

O vicepresidente destacou tamén que ?é unha demanda dá sociedade que exista esta colaboración institucional? e apuntou que ?cando achegámonos ós veciños é cando acertamos e non cando empolicámonos en disputas políticas?. Quintana explicou que o convenio é unha demostración deste feito e indicou que a adhesión ao consorcio galego hai que vela ?como un sistema de colaboración estable e non como unha invasión do poder dá Xunta nin como a resistencia numantina do Concello?. Así, indicou que o consorcio débese "ós veciños, que son quen nos moven".

Pero a colaboración entre o Concello e a Xunta en materia social tamén suporá un incremento no financiamento dos servizos sociais municipais, especialmente no referido ao servizo de axuda a domicilio. Neste sentido, Irisarri recordou que a Concellaría de Benestar Social amplicó ata en cinco ocasións o número de beneficiarios e a partida económica para a prestación. Así mesmo, Quintana indicou que para este ano o investimento roldará os 500.000 euros, continuando a liña ascendente de 2005 a 2007, na que o orzamento ampliouse nun 113%. 02 FERROL


Diario de Ferrol
Ferrol Mércores 16 de Abril de 2008


O protocolo distingue tres tipos de actuacións en financiamento e xestión

A firma do protocolo suporá investimentos para Ferrol
CARLOS CARBALLEIRA

REDACCIÓN > FERROL

O vicepresidente dá Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, diferenciou tras a firma do protocolo tres aspectos do mesmo, que levan responsabilidades diferentes en canto a financiamento e xestión das infraestruturas que se pretende pór en marcha.

Deste xeito, haberá actuacións de servizos municipais que sexan financiadas pola Xunta pero cuxo desenvolvemento correrá a cargo do Concello -servizos de atención primaria-. Noutras, a Xunta e o Concello establecen mecanismos de xestión conxunta, como o caso das galescolas ou os centros de día. Neste aspecto, o Concello cede os terreos e o consorcio -Xunta e Concello- xestiona. A terceira vía de actuación refírese a dotacións cuxa competencia exclusiva é da Xunta. É o caso dos centros da terceira idade, para os que o Concello cede os terreos e a Xunta encárgase da xestión.

O convenio confirma, para Quintana, "unha colaboración posible máis aló dá loita partidaria".
_______________

Asinado un protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de abril de 2008 20:44
Asunto: Protocolo colaboracion



PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR E O CONCELLO DE FERROL PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR A TRAVÉS DE FÓRMULAS DE COLABORACIÓN ESTABLE

Xosé Manuel Pazo Blanco
______________

O Concello adherirase este mes ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
_______________

Protocolo de Colaboración e, dentro do marco dos principios de coordinación, colaboración e ... entre Vicepresidencia da Xunta e o Concello de Ferrol

PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR E O CONCELLO DE FERROL PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR A TRAVÉS DE FÓRMULAS DE COLABORACIÓN ESTABLE

En Ferrol, a 15 de abril de 2008.

REUNIDOS

Dunha parte, Don Anxo Manuel Quintana González, Vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, nomeado por Decreto 213/2005, do 3 de agosto, publicado no Diario Oficial da Galicia (DOG) nº 149, de 4 de agosto –corrección de erros do 5 de agosto-, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

Doutra parte, Don Vicente Luis Irisarri Castro, na súa condición de Alcalde do Excmo. Concello de Ferrol, en uso das facultades que lle confire o artigo 124 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e demais normativa concordante en materia de réxime local,

As partes comparecentes recoñécense competencia e capacidade legal para formalizar o presente Protocolo de Colaboración e, dentro do marco dos principios de coordinación, colaboración e respecto mutuos que deben informar todas as relacións interadministrativas,


EXPOÑEN


PRIMEIRO.-

Que o Estatuto de Autonomía de Galicia encomenda aos poderes públicos galegos a obriga de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, amais de remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude, facilitando a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.

Que a Comunidade Autónoma galega ostenta competencias, con carácter exclusivo, tal e como se desprende do contido do artigo 27 do seu Estatuto de Autonomía, en materia de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario.

Que, con base na referida atribución competencial, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais (DOG, nº 76, do 23 de abril), co obxecto de ordenar e regular os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais definido como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia, e que atribúe á Administración Autonómica, entre outras, as competencias de planificación e programación xeral dos servizos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma, a ordenación e coordinación do sistema de servizos sociais, a homologación, rexistro e control de centros e servizos e o estudo das necesidades e problemáticas suscitadas no eido dos servizos sociais.


SEGUNDO.-

Que o Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, atribúelle ao citado Departamento da Administración autonómica, entre outras competencias e funcións, o deseño, coordinación, avaliación e, se é o caso, a xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de Benestar, incluíndo as políticas de xuventude, inclusión social, atención aos discapacitados e persoas maiores, ademais de para o deseño, coordinación, avaliación e xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de xénero, loita contra a discriminación por razón de sexo, igualdade entre mulleres e homes, loita contra a violencia de xénero e calidade de vida persoal e familiar.

Igualmente, o citado Decreto atribúelle competencias para a xestión, coordinación, asistencia técnica, seguimento, avaliación e control de programas, servizos e centros relativos á conciliación da vida laboral e persoal e á protección da infancia.


TERCEIRO.-

Que os entes locais, de conformidade co previsto na Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais de Galicia, na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e demais normativa de aplicación en materia de réxime local, ostentan competencias para a prestación de servizos sociais e promoción e reinserción sociais, ademais de para a execución de programas destinados á infancia, xuventude, muller e terceira idade.

Que os concellos se configuran como as institucións máis próximas aos cidadáns e, en consecuencia, están en situación de avaliar en mellores condicións o grao de diversidade da demanda de atención social, artellar a oferta e optimizar os recursos, polo que se considera necesario o establecemento de liñas de colaboración de carácter estable entre a Xunta de Galicia e os entes locais galegos co obxecto de coordinar as actividades de planificación para a mellora e ampliación da oferta actual en materia de servizos de igualdade e benestar.


CUARTO.-

Que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron, en data 24 de abril de 2006, un Protocolo de colaboración para a xestión dos servizos sociais de ámbito local, con especial atención á xestión integral das escolas infantís, no que se contemplaba, entre outras posibles iniciativas, a creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar como medio idóneo de desenvolvemento da cooperación interadministrativa en materia de servizos de igualdade e benestar, dando así cumprimento ao compromiso recollido no Acordo entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se establece o contido e desenvolvemento do Pacto Local que rexerá na Comunidade Autónoma de Galicia.


QUINTO.-

Que con data 3 de xullo de 2006 asinouse o Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e diversos concellos galegos, para a constitución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, quedando este formalmente constituído en sesión de data 10 de xullo de 2006.

Que de conformidade cos seus Estatutos, publicados no Diario Oficial de Galicia, nº 131, de data 7 de xullo de 2006, o Consorcio ten como misión primordial a participación na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local (centros de prestación de servizos sociais de atención especializada e tamén centros de prestación de servizos sociais de atención primaria cando así o solicite o concello interesado), con atención especial á xestión integral das escolas infantís, no ámbito territorial dos entes consorciados.

Que o Consorcio nace así, de acordo ás súas finalidades e competencias, co obxecto de implantar un modelo homoxéneo de prestación de servizos sociais:

* Garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recurso suficiente e equilibrada territorialmente;

* Incremento dos niveis de cobertura, intensidade e horario de atención dos distintos servizos e prestacións;

* Distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación, asignando equitativamente o uso e acceso aos recursos sociais dispoñibles, a través de procesos de planificación previa, e tendo como principio de actuación o mantemento das persoas no seu entorno propio.

Que coa creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar arbítrase unha fórmula innovadora de xestión no eido das políticas de provisión de servizos de igualdade e benestar, orientada á consecución dunha maior flexibilización no acceso e uso dos recursos, así como á mellora dos dispositivos de coordinación, coa finalidade última de garantir, en calquera caso, a prestación dun servizo de calidade e con niveis suficientes de cobertura poboacional e territorial.


SEXTO.-

Que as parte asinantes coinciden na conveniencia e necesidade de xuntar esforzos e impulsar, dende o ámbito das súas respectivas competencias, e mediante os instrumentos legais oportunos, iniciativas, programas, proxectos e accións conxuntos dirixidos a mellorar as condicións de vida e sociais das persoas que presentan especiais necesidades de protección social en Galicia, coa finalidade última de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade.

De conformidade co exposto, as partes, en virtude da representación con que interveñen, acordan a subscrición do presente Protocolo de Colaboración, de acordo ás seguintes


CLÁUSULAS


PRIMEIRA.-

Por medio do presente Protocolo, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar manifesta a súa vontade de mellorar o financiamento dos servizos sociais municipais que desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos, dentro do medio máis próximo ao usuario e ao seu contorno, dos programas básicos de actuación que se levan a cabo desde o primeiro nivel de atención, así como da atención a sectores de poboación con problemáticas diferenciadas.

En consecuencia, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar manifesta a súa intención de artellar os instrumentos e mecanismos necesarios para incrementar o financiamento que recibe o Concello de Ferrol para a prestación dos devanditos servizos sociais, especialmente no que se refire ao servizo de axuda a domicilio.

Proba do anterior é que, xa o pasado ano 2007, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar incrementou o financiamento recibido polo Concello de Ferrol no ano 2005 nunha contía de 164.614,71 euros. Dita contía veu a supoñer un incremento do 113,12% do financiamento recibido, desglosándose nos seguintes conceptos:

- Axuda no fogar.............................................200.000 euros.

- Xestión de programas..................................110.136,14 euros.

Por todo o exposto, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar pon de manifesto a súa vontade de que o referido incremento se consolide nos vindeiros anos.


SEGUNDA.-

O Concello de Ferrol manifesta a súa vontade de integrarse no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co procedemento establecido ao efecto nos Estatutos do Consorcio, publicados no Diario Oficial de Galicia, nº 131, da data 7 de xullo de 2006, como Anexo ao Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e diversos concellos galegos para a constitución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

En virtude do anterior, o Concello de Ferrol expresa a súa intención de adoptar o acordo de integración no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na primeira sesión ordinaria do Pleno que teña lugar tras a sinatura do presente Protocolo de Colaboración.


TERCEIRA.-

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar manifesta a súa vontade de incrementar o número de prazas residenciais públicas coa fin de acadar progresivamente os índices de cobertura recomendados no Plan Xerontolóxico Nacional e paliar, en consecuencia, o déficit de prazas existente.


CUARTA.-

As partes asinantes manifestan a súa vontade de colaboración na creación e xestión dos programas e actividades seguintes nos vindeiros anos:

  1. Programa de construción, mantemento e xestión de dúas Escolas infantís e dunha ludoteca.
  2. Programa de construción e xestión de vivendas dotacionais en réxime de alugueiro para xóvenes e maiores.
  3. Programa de construción, mantemento e xestión dunha Residencia para persoas maiores, de carácter referencial.
  4. Programa de construción, mantemento e xestión de dous Centros de Día.
  5. Programa de xestión da casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero.
  6. Programa de construción, mantemento e xestión dun centro de asesoramento afectivo-sexual “Quérote”.
  7. Programa de construción, mantemento e xestión dun centro de inclusión e emerxencia social.
Para a consecución destes obxectivos, o Concello de Ferrol manifesta a súa vontade de facilitar a dispoñibilidade dos terreos e/ou equipamentos necesarios para a ubicación dos centros de nova creación, arbitrando as partes asinantes, nos instrumentos de desenvolvemento do presente Protocolo, os mecanismos de colaboración necesarios para a súa construción e posterior mantemento. Non obstante o anterior, as partes asinantes manifestan a súa intención de encomendar a construción e a xestión das escolas infantís e dos centros de día ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sen prexuízo da posible incorporación do resto de equipamentos previstos no parágrafo precedente, de conformidade cos requisitos e procedemento que, de ser o caso, se establezan.


QUINTA.-

Serán causas de resolución do presente Protocolo de Colaboración, o mutuo acordo das partes e o incumprimento das cláusulas contidas nel.


SEXTA.-

Para o seguimento e coordinación das accións previstas no presente Protocolo, créase unha Comisión Mixta e paritaria na que estarán representadas cada unha das partes afectadas polo mesmo. Esta Comisión, que se reunirá por petición de calquera das partes, será o mecanismo de actuación conxunta para garantir a efectividade do Protocolo.


SÉTIMA.-

O presente Protocolo ten carácter administrativo, quedando excluído da aplicación do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, ao abeiro do disposto no artigo 3.1.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño; debendo aplicarse, non obstante, os principios do devandito texto legal para a resolución das dúbidas ou lagoas que puideran presentarse.


OITAVA.-

Os conflitos que se susciten en desenvolvemento do presente Protocolo serán coñecidos, en primeira instancia, pola Comisión de Seguimento do Protocolo e, en caso de non chegar a un acordo, as partes someterán as cuestións litixiosas ao coñecemento dos tribunais do orde xurisdicional contencioso-administrativo.


NOVENA.-

O presente Protocolo de Colaboración entrará en vigor o día da súa sinatura e terá unha vixencia de catro anos, podendo prorrogarse a súa duración por períodos anuais, salvo denuncia expresa de calquera das partes. Dita denuncia deberá formalizarse por escrito cunha antelación mínima de tres meses á data en que se desexe deixar sen efectos o Protocolo e, sen prexuízo das actuacións que, nese momento, estean iniciadas, as cales deberán ser rematadas en todo caso de acordo ao estipulado na data da denuncia.

Baixo os termos referenciados e en proba de conformidade, asinan ambas partes o presente Protocolo de Colaboración, no lugar e data indicados no encabezamento.

O VICEPRESIDENTE DA IGUALDADE E DO BENESTAR DE FERROL
Anxo Manuel Quintana González

O ALCALDE DO CONCELLO
Vicente Luis Irisarri Castro
________________

O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de abril de 2008 20:39
Asunto: O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais


O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol esixiu, novamente esta mañá, a retirada do prego de prescripcións técnicas para a contratación do servizo de vixilancia das dependencias municipais por atentar contra a liberdade dos e das cidadáns.

O BNG considera que a proposta do goberno local contrariamente ao que afirma a edil de seguridade, Sandra Ríos, non unifica ningún servizo. Trátase dunha proposta ambiciosamente privatizadora que vai mudar persoal municipal por unha empresa privada. Ademais, só dúas dependencias das oito ofertadas teñen contratado, na actualidade, algún servizo de custodia privada.

Faise preciso unha rectificación do goberno local por presentar un prego que recolle no seu articulado funcións que supoñen unha vulneración dos dereitos fundamentais. Sandra Rios, edil de seguridade, debe dar unha explicación pública de porque o goberno , PSOE-IU, promove a vixilancia de "estraños e sospeitosos" un tema que escapa das competencias municipais e significa poñer en entredito a calquera persoa polo seu aspecto,

Consideramos totalmente inxustificábel as funcións que se lle encomendan a empresa que resulte adxudicataria pois significa poñer en mans privadas a seguridade cidadá.

O BNG considera que existen numerosos exemplos de concellos que atenden os mesmos servizos con persoal propio polo que insta ao goberno local a reconsiderar a súa decisión de sacar a concurso este prego.

Ferrol a 16 de abril de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

--
Xosé Manuel Pazo Blanco
__________

Enlaces Relacionados:

O CONCELLO PRETENDE PRIVATIZAR UN SECTOR DO SERVIZO MUNICIPAL DE VIXIANCIA QUE ATÉ O DE AGORA VIÑA DESEMPEÑANDO A POLICIA LOCAL.-
_______________

En Ferrol, o 17 de Abril, presentación do libro de X. M. Sarille: "A impostura e a desoreientación na normalización lingüística"

De: Fuco Buxán -fucobuxan@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de abril de 2008 23:06
Asunto: xoves 17: presentación libro XM Sarille





PRESENTACIÓN DO LIBRO:
A IMPOSTURA E A DESORIENTACIÓN NA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Presenta:
Manuel Cendán
(Directivo da A.C. Fuco Buxán)
Intervén:
Xosé Manuel Sarille
[autor do libro e fundador d’A Mesa pola Normalización Lingüística]
Xoves 17 de abril 2008, ás 20 horas
Salón de Actos da Galería Sargadelos en Ferrol
[Rúa Carme esq. Rúa Ruvalcaba]
Organiza: Fuco Buxán, A.C.
Colabora : Galería Sargadelos [Ferrol]

__________
Visita a nosa web: www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

PSOE e IU querem mais polícia... e privada!

De: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de abril de 2008 18:42
Asunto: PSOE e IU querem mais polícia... e privada!



PSOE e IU querem mais polícia... e privada!

A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos quer denunciar a orientaçom privada e repressiva que os partidos governantes em Ferrol querem dar à segurança pública.

O anúncio de que o PSOE e IU querem pôr em maos de umha empresa privada labores tam inconcretos e sujeitos à arbitrariedade como a “vigiláncia de estranhos e suspeitos” em espaços públicos do concelho de Ferrol, situa essas forças políticas nos parámetros repressivos e privatizadores próprios do mais puro e duro neoliberalismo.

A policializaçom da vida social, com empresas privadas a exercer labores repressivos carentes de transparência e controlo público é umha decisom reaccionária que deve ser rechaçada por quem defende um modelo de convivência democrática.

Em lugar de andar a conceber planos repressivos privados para o controlo das pessoas, o governo municipal de Ferrol deveria pôr os meios para combater as desigualdades e promover a justiça social, através de programas de integraçom, formaçom e promoçom de emprego em condiçons dignas para todos e todas.

É certo que todo isso nom está só nas maos de umha administraçom local, mas gastar o dinheiro público em pagar a empresas para que controlem e reprimam “estranhos e suspeitos” é umha medida contrária a um modelo social justo e democrático como o que duas forças autodefinidas como de esquerda deveriam defender.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular reclama a retirada imediata da proposta de privatizaçom parcial dos labores policiais através do chamado “serviço de vigiláncia e serviços complementares para os centros e instalaçons pertencentes ao Excmo. Concelho de Ferrol”.

Ferrol, 15 de Abril de 2008

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos
_______________

Enlaces Relacionados:

Segundo o BNG, o goberno local pretende contratar un servizo de vixilancia de estranos e sospeitosos

Prego de prescripcións técnicas Servizo de vixilancia e servizos complementarios para os centros e instalacións pertencentes ao Excmo. Concello de Ferrol, asinado o 31 de Marzo de 2008, polo Cordenador da Área de Seguridade do Concello de Ferrol, José Manuel Pérez Díaz

Enlace co Prego nos Arquivos Ártabros

______________

Cando o nacionalismo baixa as calzas

Cando o nacionalismo baixa as calzas
[29-03-2008]
Bautista Álvarez

Para comezar este artigo vou tomar emprestada unha suxestiva reflexión de Marica Campo, que á súa sensibilidade poética engade o compromiso nacionalista e a clarividencia política. Erro total, interpreta ela, o do navegante que, para fuxir da procela, querendo chimpar pola borda o lastre, bota tamén as provisións necesarias para continuar a travesía. Parábola que Marica aplicaba con acerto á deserción ideolóxica que pode tentar a unha forza que procura conciliar a transformación política e social coas normas, usos e costumes do sistema. Moito máis grave aínda, paréceme a min, tirar as provisións e deixar os lastres. Nacionalismo lastrado e sen recursos é o que subxace na versión que del fan algúns dirixentes. Imos mergullarnos, xa que logo, para resgatar do naufraxio principios que navegan á deriva.

Que outra cousa defende o Nacionalismo senón o direito a constituírse en Estado, sexa federado ou independente? Cando falamos de autodeterminación, a teoría política entende como tal a faculdade dunha entidade territorial para escoller a organización política que máis lle conveña. A esta organización chamámoslle Estado. Sen el non existe ordenamento xurídico proprio. Cando demandamos un maior autogoverno estamos pedindo por mercé autonómica o Estado que esta nos vega e que por direito nos correspone. Vou omitir referirme a federacións ou simulacros das mesmas que existen en países alén-mar, integradas por Estados, conceito este que por rubor algúns nacionalistas de aquí pretenden ocultar. Máis perto temos referentes máis acaídos dentro da Unión Europea. Na federación alemá están integrados dous lands que teñen a categoría de Estados libres: o de Saxonia e o de Baviera (Freistaat Bayern). E despois ladra de raiba o integrismo español cando o Lendakari apresenta un proxecto de autogoverno menos ambicioso. Cousa curiosa nuns integristas que tomaron como modelo constitucional a Carta Fundamental de Bonn, e que Baviera non aprobou. Teñamos en conta, ademais, que nos referimos a dous territorios individualizados pola historia, non por caracteres nacionais, dentro da federación xermana. Eu, nada xermanófilo, debo recoñecer que houbo menos problemas alí para independizarse ideoloxicamente de Hitler que aquí de Franco.

Quede claro, pois, que sen Estado proprio pode existir nación pero non soberanía, nin poder constituínte, nen ordenación política e xurídica particular dun territorio nacional. Direitos estes irrenunciábeis para unha organización nacionalista. Os que asuminos o deber de substituírmos polo noso o ordenamento alleo, sen violencia pero con orgullo e valentía, non podemos agachar avergoñados conceitos e principios que o imperialismo fulminou. Falemos entón da tan criminalizada independencia. Que conste que non é a opción prioritaria para min nin a maioritaria do nacionalismo galego no momento actual. Rexeitala, mesmo así, é deixar mutilado o exercicio do direito de autodeterminación, que ten nesa alternativa unha das súas concrecións. Se cadra, ó a única vía de penetración que teñamos que abrir de persistir a obstinación mesetaria de Felipes e Borbóns. Conclusión á que chegou xa o independentismo catalán, convencido da incapacidade secular dos españois para comprender unha España diferente á que foi amamantada por Castela. Incomprensión que mantén no remo) a muxica da violencia e que para dar fin ao fenómeno da loita armada só coñece o idioma da represión. Non hai moito, alguén sentenciaba en letra impresa o seguinte título: "Non queremos paz, senón vitoria". Moi acertada a confesión para un país que ten na tauromaquia o emblema nacional. Derrotado Boabdil, cría "victorinos" para manter en forma a belicosidade ibérica.

Sintetizando, teñamos ou non como norte a independencia, que un nacionalista a exclúa de antemán significa ignorancia e capitulación ideolóxica. Dirixir é algo máis que exhibir o bigode na pantalla. Compre tamén impartir pedagoxía. A tensión permanente que nos obriga a manter o compromiso co ideal revolucionario (recuperemos a palabra que a reacción obrigou a suprimir no vocabulario da esquerda), é incompatíbel coa emisión de mensaxes ambiguas, e edulcoradas para captar simpatías persoais, nunca adhesións políticas. A vista están as avaliacións gabanciosas de comentaristas nunca reverentes con nengunha alternativa soberanista. Louvanzas empezoñadas que o fabulista Iriarte ridiculizou nun dos seus apólogos. Coido que conto co apoio de Castelao na miña interpretación e censura. Un dos treitos derradeiros do Sempre en Caliza, comprobada por el a obstinación teimosa dos españois, chega á conclusión de que imporemos respeito cando os galegos sexamos quen de proclamar a nosa independencia. Antes que vivir de xeonllos derramemos a pinga de sangue irmandiño que aínda levamos nas veas.

O dilema para os nacionalistas non está en escoller entre un Estado unitario -centralizado ou autonómico- e nutro de estrutura federal. A unión en pé de igualdade, fundamentada no poder constituínte e soberano da nación galega. Recunco, para aclarar e simplificar a tese: o descartábel para o nacionalismo é o Estado na súa configuración histórica aínda vixente. A exclusión da alternativa independentista traduce -sobre todo cando se omiten matizacións- unha mentalidade no mellor dos casos rexionalista. Esta ó a doutrina que prevaleceu, desde as Irmandades da fala, no movimento no que o nacionalismo actual está inserido. Se alguén, con autoridade ou sen ela, opina de xeito diferente, o máis axeitado é devolvelo ao cursiño de novicio.

Por suposto que, por mor de non toldar a paz, se os galegos aturamos vexames de reis, bispos, abades e caciques durante séculos de dominio colonial, non perdemos aínda hoxe a esperanza de poder amolecer as conciencias dese imperio de secano erixido na meseta de Castela. Agardamos que prevaleza a razón e non as vísceras para construírmos un fogar que nos reciba como irmáns e non como vasalos. Mentres tanto, como medida preventiva, eu hai tempo que me teño declarado mentalmente independente. Estou disposto a seguir vivindo e morrer nunha patria secuestrada, pero nunca aceitarei a man nen os símbolos dos seus secuestradores. Para eles, os españois, o seu himno con ritmo de pachanga. Mentres as outras nacións cantamos o noso, aquécelle mellor ao español un zapateado ou mover o esqueleto por bulerías. Para eles a súa bobónica (perdón, borbónica) monarquía. O meu rei está no povo, que pertence á dinastía de Breogán.

Temos unha lingua, unha cultura, unha patria. Tamén debemos ter estilo propio cando emitimos xuízos sobre acontecementos que, se obxectivamente os censuramos, as razóns subxectivas son diferentes ás dos nosos adversarios. A autonomía empeza pola autonomía de pensamento. A vileza está na súa indignidade, e non por ser afronta ao Estado de direito. Nunca comprendín esta expresión case tautolóxica -Estado é dereito- até que descubrín o substrato malicioso que en si encerra. Trata ela de sacralizar a le¡ como un deus ex machina imparcial, enviado do ceo polo supremo criador. Como se non fose o produto duns intereses e dunha ideoloxía, quer elaborada pola Cámara ou ditada polo Tirano. Para nos, o deus ex machina, o Estado de direito, é a Constitución que sempre usurpa a nosa soberanía nacional, totalmente incompatíbel co proxecto político que defendemos.

A que obedece entón a baixada de calzas do ideario político? Supoño que será para compensar a capitulación coa gratitude das urnas, arriscada aposta. Quen ten no poder o modelo orixinal resulta difícil que vaia trocalo por unha fotocopia de incerta fiabilidade.

Nada valen, ademais, os enfeites cando a dama carece de dote.

Mesmo no caso de resultar unha estratexia exitosa, sería substituir a clientela tradicional por outra adventicia, cada vez máis esixente na desmontaxe de escrúpulos ideolóxicos. Chegaríase así ao modelo Cartel Party, que os americanos exportan agora para Europa.

Reitero. O medre eleitoral está ligado ao incremento da conciencia nacionalista no noso povo. O conseguido por outra vía so pode servir para quen unicamente atopa acougo onde está a mesa coas viandas colocadas.

["Terra e Tempo", nº 141-142-143-144]


http://xgalizadocumentos.blogspot.com/
_______________-

luns, abril 14, 2008

Alegacións presentadas pola SGHN, á á solicitude de autorización ambiental integrada promovida por Forestal do Atlántico, S.A.

ALEGACIÓNS: “Instalación de fabricación de formol, colas e resinas FORESTAL DEL ATLÁNTICO S.A.”

A SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL – Delegación de Ferrol,

efectúa ALEGACIÓNS á solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación de fabricación de formol, colas e resinas; xestión de residuos de Malpol; coxeneración e recepción, almacenamento e distribución de hidrocarburos, no Concello de Mugardos (A Coruña), promovida por Forestal do Atlántico, S.A.


Clave 2006/0349_NAA/IPPC


2. Alegacións en relación coa Avaliación Ambiental.

2.1. No Anexo IV do Proxecto (Condicións da Declaración de Impacto Ambiental) apúntase que as actividades de Forestal do Atlántico S.A. non están sometidas a trámite de Avaliación Ambiental, mencionando ao respecto a Lei 6/2001, de 8 de maio. Sen embargo, no Artigo 3.1. do R.D. 1/2008 advírtese que están sometidas a ese trámite as actividades incluídas no Anexo I:“Grupo 3. Industria energética.

h. Instalaciones para el almacenamiento de productos petrolíferos mayores de 100.000 toneladas.

Grupo 5. Industria química, petroquímica, textil y papelera.

a. Instalaciones químicas integradas, es decir, instalaciones para la fabricación a escala industrial de sustancias mediante transformación química, en las que se encuentran yuxtapuestas varias unidades vinculadas funcionalmente entre sí, y que se utilizan para:

1. La producción de productos químicos orgánicos básicos.

2. La producción de productos químicos inorgánicos básicos.”

Polo tanto, o primeiro trámite que debe seguir a empresa promotora será a solicitude de Avaliación de Impacto Ambiental, nos termos indicados nos Artigos 5.1 e 5.2. do R.D. 1/2008:

“Artículo 5. Evaluación de impacto ambiental de proyectos.

1. La evaluación de impacto ambiental de proyectos comprenderá las siguientes actuaciones:

a) Solicitud de sometimiento del proyecto a evaluación de impacto ambiental por el promotor, acompañada del documento inicial del proyecto.

b) Determinación de alcance del estudio de impacto ambiental por el órgano ambiental, previa consulta a las administraciones públicas afectadas y, en su caso, a las personas interesadas.

c) Elaboración del estudio de impacto ambiental por el promotor del proyecto.

d) Evacuación del trámite de información pública y de consultas a las Administraciones publicas afectadas y a personas interesadas, por el órgano sustantivo.

2. La evaluación de impacto ambiental de proyectos finalizará con la emisión de la declaración de impacto ambiental por el órgano ambiental, la cual se hará pública.”

Posteriormente, o órgano sustantivo someterá o Estudo de Impacto Ambiental ao trámite de información pública, segundo o Artigo 9.1. do R.D. citado.

3. Dado que as actividades da empresa promotora poden afectar espazos da Rede Natura 2000 (L.I.C. “Costa Ártabra”), e con maior razón, debido a que este espazonatural xa está gravemente afectado polo desenvolvemento das actividades industriais implantadas na Ría de Ferrol e as infraestruturas aparelladas, deberá adaptar o proxecto aos requerimentos da Disposición Adicional 4ª do R.D. 1/2008:

“Disposición adicional cuarta. Evaluación ambiental de los proyectos estatales que puedan afectar a espacios de la Red Natura 2000.

1. La evaluación de los proyectos que, sin tener relación directa con la gestión del lugar de que se trate de la Red Natura 2000 o sin ser necesario para la misma, pueda afectar de forma apreciable a los citados lugares ya sea individualmente o en combinación con otros planes o proyectos, se someterá a una adecuada evaluación de sus repercusiones en el lugar teniendo en cuenta los objetivos de conservación de dicho lugar, conforme a lo dispuesto en la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, de patrimonio natural y de la biodiversidad, sin perjuicio de lo establecido en la presente ley.”

Na Ría de Ferrol desenvólvense actividades do sector primario (pesca, marisqueo) que veñen sufrindo unha seriede prexuízos por causas de diversa índole. Esta situación obriga ás administracións a replantexar o desenvolvemento do sector industrial no contorno da Ría, desprazando deste espazo singular todas aquelas empresas produtoras de emisións contaminantes que poidan ser ubicadas noutros emprazamentos, xa que incluso coas MTDs empregadas, sempre hai un índice mínimo inevitábel de emisións por tonelada de produción.


4. Alegacións en relación coa autorización integrada

4.1. Da documentación presentada no proxecto extráese a conclusión de que a empresa Forestal do Atlántico S.A. estivo funcionando ata o momento sen as autorizacións requeridas pola lexislación vixente.

Esta condición de irregularidade suporía unha infracción. A administración competente debería de avaliar, neste caso,

a gravidade de tal infracción.

No caso de non ter a autorización integrada antes do 30 de outubro de 2007, debería tela solicitado nesta data, segundo a Disposición Transitoria 1ª da Lei 16/2002: “Los titulares de las instalaciones existentes, definidas en

el art. 3.d) de esta Ley, deberán adaptarse a la misma antes del 30 de octubre de 2007, fecha en la que deberán contar con la pertinente autorización ambiental integrada.

A estos efectos, si la solicitud de la autorización ambiental integrada se presentara antes del día 1 de enero de 2007 y

el órgano competente para otorgarla no hubiera dictado resolución expresa sobre la misma con anterioridad a la fecha señalada en el párrafo anterior, las instalaciones existentes podrán continuar en funcionamiento de forma provisional hasta que se dicte dicha resolución, siempre que cumplan todos los requisitos de carácter ambiental exigidos por la normativa sectorial aplicable.(…)”

4.2. Falta o certificado do organismo de control autorizado onde se acredita a conformidade das instalacións para o almacenamento de produtos químicos, cos preceptos de instrución básica regulamentaria, atendendo ao Artigo 4 do Real Decreto 379/2001.4.3. Na solicitude faise referencia á procedencia das materias primas, pero non a se cumpren coa normativa explicitada no Artigo 10.2. do Real Decreto 375/2001: “Se aceptarán los productos legalmente fabricados o comercializados en otros Estados miembros de la UE o por los países miembros de la AELC (Asociación de Estados de Libre Comercio), firmantes del acuerdo sobre el Espacio Económico Europeo, cuando sean conformes a normas, reglamentos técnicos o procedimientos de fabricación que garanticen niveles de seguridad equivalentes a los que se exigen en la reglamentación española.”


5. Alegacións en relación co Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP).

Para a instalación desta industria non se respectan as distancias legais impostas polo Artigo 4 do Decreto 2414/1961: “(…) En todo caso, las industrias fabriles que deban ser consideradas como peligrosas o insalubres sólo podrán emplazarse, como regla general, a una distancia de2.000 metros, a contar del núcleo más próximo de población agrupada.”

A Lei 34/2007 derroga o RAMINP, salvo para aquelas comunidades autónomas que non teñan normativa aprobada na materia, como ocorre coa Comunidade Autónoma Galega.


6. Alegacións en relación á calidade do aire e máis do control da contaminación atmosférica.

6.1. Non se especifican as substancias contaminantes producidas en cada un dos focos de emisión e, por tanto, non hai análise da contaminación causada polas materias primas e o tipo de combustíbel utilizados en cada unha das plantas de produción.

Tampouco se describen pormenorizadamente as técnicas empregadas para evitar e controlar a contaminación e só

se indican, en termos xerais, as medidas que habería que observar. Non se describen as técnicas de medición utilizadas, contradicindo o Artigo 20.2 da Lei 8/2002: “Especificaranse regulamentariamente, para cada tipo deactividade industrial, tódalas condicións técnicas asociadas á expresión do valor límite de emisión, a situación dos puntos de medición e os parámetros auxiliares necesarios para obter medidas representativas, evitar interpretacións

dubidosas dos datos, manexar resultados comparables e posibilitar a determinación das cantidades totais de contaminantes emitidos nun período dado.”

6.2. Os datos de límites legais de emisión citados non se corresponden cos valores límites de emisión fixados pola normativa en vigor, segundo oo artigo 7 da Lei 16/2002, de prevención e control integrados de la contaminación. Os valores expresados no proxecto teñen como referencia os valores de emisión para instalacións que utilizan fuel-oil, segundo indica o Anexo IV do Decreto 833/1975, no que non se describen valores límite, que si se detallan nos Anexos I, II, III, iV, V e VI do Real Decreto 1073/2002, de Avaliación e Xestión calidade do aire en relación ao SO2, NO2, NOx, partículas, Pb, benceno e CO. Na mesma lei obsérvase que os valores límite para SO2 expresaránse en µg/m3 para NO2e NOx (Anexo II) valores límite en µg/m3, e as medicións de CO en mg/m3.

Non obstante, e aínda aténdonos ás referencias manexadas no proxecto, a suma das emisións dos cinco focos exceden

os niveis de emisión propostos no Decreto 833/1975, medida que hai que observar, xa que segundo regula o Real Decreto 508/2007, no Capítulo I do Anexo I, se un mesmo titular realiza diversas actividades da mesma categoría na mesma instalación, ou no mesmo lugar de emprazamento, sumaránse as capacidades de ditas actividades.

Para NO2 e NOx, no Decreto 1073/2002 si se explicitan os límites de emisión e, polo tanto, hai que utilizar obrigatoriamente as referencias dese decreto, xa que no Decreto 833/1975 non hai referencias ás medidas de emisión destes parámetros.


6.3. Con relación ao resto de contaminantes, faltan os datos de emisións difusas, só se expresan os aplicabeis a formol.

O Proxecto remítese a presentar unhas fichas coascaracterísticas dos contaminantes, sen especificar as fon-tes nas instalacións de Forestal do Atlántico e os danos que poderían causar no contorno, tendo en conta as caracterís-ticas propias do lugar no que se ubica.


6.4. Non se dan datos de emisións de partículas, sendo estas un dos contaminantes, regulados no Real Decreto 1073/2002, dos que se esixen medicións da contaminación.


6.5. A Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia, dispón, no artigo 8, sobre Avaliación da calidade do aire:

“As medicións da calidade do aire serán obrigatorias nos seguintes supostos:

(…) 3. Nas zonas nas que aínda non superándose os límites de inmisión si existe un risco potencial conforme os parámetros técnicos que se determinarán regulamentariamente.” Tendo en conta o anterior, e coñe-

cendo que se exceden os límites de emisión esixidos para os contaminanates regulados, faise necesario ubicar pun-

tos de medición naqueles lugares proclives a recibir esta contaminación e que presenten unha alta densidade de poboación, como é o caso das inmediacións da planta. Remitímonos ao artigo 8.1., sobre avaliación da calidade do aire, da Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do
ambiente atmosférico de Galicia, que establece que as medicións serán obrigatorias nas aglomeracións, No artigo 5.1. defínese aglomeración: “Área cunha concentración de poboación de máis de 50.000 habitantes ou cando, sendo igual ou inferior a esta cifra, ten unha densidade de habitan-tes por quilómetro cadrado que xustifique a avaliación e o control da calidade do aire ambiente.”


7. Alegacións con respecto ao dereito á información.

7.1. Consultada a páxina web do PRTR-España, non apare-ce nela máis dato que as emisións de carbono orgánico ao mar, do ano 2004, contravindo o RD 1073/2002, de 18 de octubre, sobre avaliación e xestión da calidade do aireambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitró-xeno, óxidos de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono, que no artigo 11.2 establece:

“Las Administraciones públicas pondrán periódicamente a disposición del público y de las organizaciones interesadas información actualizada sobre las concentraciones de dióxido de azufre, dióxido de nitrógeno y óxidos de

nitrógeno, partículas, plomo, benceno y monóxido de carbono en el aire ambiente. Esta información deberá facilitarse a través de medios de difusión apropiados, como radio, televisión, prensa, pantallas de información o servicios de redes informáticas, teletexto, teléfono o fax.

5. La información al público indicará todos los casos en que las concentraciones superen los valores límite y los um-brales de alerta durante los períodos especificados en los anexos I a VI. También incluirá una breve evaluación en re-lación con los valores límite y con los umbrales de alerta, así como información adecuada en relación con las repercusiones sobre la salud. (…7. La información disponible por el público y por las organizaciones en virtud de lo dispuesto en los anteriores apartados deberá ser clara, comprensible y accesible.”

Ningunha destas obrigas se cumpre.


8. Alegacións en relación aos verquidos.

8.1. Na autorización de verquido de líquidos, nas augas

residuais dos procesos, inclúense as augas de refrixeración procedentes da empresa Reganosa, cando actualmente Forestal do Atlántico e Reganosa non verquen conxunta-mente. Isto altera as medicións, que neste proxecto só inclúen os verquidos líquidos procedentes de Forestal do Atlántico.

8.2. Danse datos de catro puntos de mostraxe, cando é obrigado proporcionar cinco. Isto inflúe na suma total dos resultados.

8.3. É necesario coñecer os datos exactos de onde se realizan as mostraxes ás que se alude no informe para saberse están dentro da zona de marisqueo ou non, polos riscos que para a saúde humana supón a concentración e acumulación de contaminantes nos moluscos.

8.4. A modificación da autorización de verquido emitida por Augas de Galicia no ano 2003 non é suficiente. Neste mo-mento Reganosa e Forestal verquían conxuntamente as augas residuais.

8.5. No relativo ao control de residuos e puntos de verqui-dos, canalízanse todas as conducións cara un único emisario.

Os puntos de mostraxe sinalados na fotografía do Proxecto non se aprecian.

Falta a descrición dos elementos técnicos do emisario, segundo obriga o Anexo da Orde Ministerial de 13 de xullo de 1993:

“Art. 5. Proyectos de vertidos a través de emisarios subma-rinos.

5.1. Elementos técnicos del proyecto.-El proyecto de vertido a través de un emisario submarino, además del cumplimiento de las obligaciones administrativas que sean exigibles,definirá los siguientes elementos técnicos: La longitud del emisario, las coordenadas del punto de vertido (longitud, latitud y profundidad), el número, tipo y disposición de los dispositivos difusores y los mecanismos de transporte, dilución y autodepuración que definen su eficacia en función del impacto que tiene el vertido sobre el nivel de contaminación de la aguas costeras.

(…)La comprobación de la estabilidad mecánica y estructural de la obra, a través del análisis de las solicitaciones y es-

fuerzos a que ésta quedará sometida por la acción del mar. (…)Los métodos constructivos y la integración de la obra en su entorno, teniendo en cuenta las necesidades de mante-nimiento y conservación del emisario y las interferencias que éste pueda introducir sobre los mecanismos de dinámica marina.”

Na descrición das características do efluente non hai esti-macións da carga contaminante e do caudal punta en tempo seco. Sendo un sistema colector de tipo unitario, segundo o Artigo 5.3.1. do Anexo da Orde anteriormente citada, débese indicar tamén o caudal punta en tempo de choiva.Non se mencionan as características do funcionamento do aliviadoiro. En todo caso, e segundo o Artigo 5.3.1.b) do Anexo da mesma Orde, o aliviadoiro só poderá entrar en funcionamento con caudais superiores ao caudal punta en tempo seco.

Non se informa das características do difusor, elemento fundamental do emisario coa fin de aumentar a dilución inicial. Segundo o Artigo 5.4.3.b) do Anexo da mesma Orde, para verquidos industriais, a adopción dos valores de dilución inicial deberán xustificarse cando sexan menores
aos especificados para verquidos de augas residuais urbanas.

8.6. Segundo o Artigo 4.3. do Anexo da mesma Orde, todo verquido líquido de augas residuais deberá someterse a uns tratamentos mínimos antes da súa evacuación. No proxecto presentado faltan descricións pormenorizadas das insta-lacións necesarias para levar adiante estes obxectivos.

A capacidade da piscina final de decantación, na que con-flúen as augas de toda a instalación (124.915,2 m3/día) emáis das augas pluviais (274.580 m3/día) é só de 520 m3, é insuficiente para tratar o volume total de augas.

Con respecto das augas residuais procedentes da Instala-ción MARPOL, indícase unicamente a eliminación de hidro-carburos, da separación de fracción acuosa e do envío á piscina de decantación final, cunha capacidade de 520 m3 que contrasta co volume de augas residuais da planta MARPOL (4.800 m3/día).

8.7. Non se mencionan as análises realizadas no arranque

da condución, tal e como está regulamentado na Orde antes

citada, en relación coa determinación dos parámetros fixa-dos: DBO, BQO, sólidos sedimentabeis, pH, Nitróxeno, Fós-foro, así como outros contaminantes que a administración competente esixa.

8.8. No seguemento da potencial afección sobre bancos marisqueiros próximos, afírmase que se efectuará un con-trol de moluscos, inspeccionándose a presenza de hidro-carburos, análises de metais pesados, análises doshidro-carburos derivados do petróleo e análises microbiolóxicas. As unidades nas que se establecen os límites de contami-nantes non coinciden cos utilizados para os datos de efluentes.

8.9. Nas análises dos puntos de mostraxe da zona de baño non se teñen en conta todos os parámetros enumerados no Anexo IV do RD 734/1988. Non se presentan táboas separadas para os puntos de mostraxe das zonas de baño nin para as zonas de protección e mellora con límites de emisión propios, regulados no Anexo IV do RD 345/1993.

8.10. Non se presentan os datos obtidos nos puntos de mostraxe para o control de sedimentos, que segundo o Artigo 7.3.3., da Orde citada, deberá realizarse con carácter anual.

O mesmo ocorre coas mostraxes sobre sedimentos mariños en catro puntos de control cuxa ubicación non se determina, para analizar as posibles variacións das características naturais do sedimento na zona. Indícanse os parámetrosutilizados (granulometría, contido en materia orgáncia, potencial redox, NTK, zoobentos), pero non se mencionan os resultados, salvo para o último parámetro.

Algo semellante sucede co control de calidade das augas en catro puntos coincidentes cos dos sedimentos. Os parámetros estudados son o pH, a temperatura, a coloración, a materia en suspensión, a condutividade, os hidrocarburos derivados do petróleo e os coliformes fecais. Igual que no caso anterior, non se achegan conclusións.

8.11. Non hai previsto ningún protocolo a seguir en caso de fuga de calquera das substancias coas que se traballa na planta (formaldehído, amoníaco, urea, formol, melanina, fenol, etc) agás para hidrocarburos, sendo calquera destas substancias, probabelmente, máis tóxicas para o medio e a saúde das persoas.

8.12. Os últimos datos son do ano 2004, cando os datos deben actualizarse anualmente e ser accesibeis ás distintaspersoas e entidades interesadas. Non se cumpre coa obriga de presentar os datos anualmente na páxina web do Rexistro EPER.

8.13. A Declaración de Impacto Ambiental sobre o proxecto de ampliación da concesión marítimo-terrestre en Punta Promontoiro expedida no ano 1998 estaba condicionada á redacción dun Programa de Seguimento e Control dos impactos e da eficacia das medidas correctoras, tendo en conta os seguintes aspectos:

- Un estudo previo ao inicio das actuacións: inventario de verquidos, calidade das augas superficiais, calidade do sedimento de fondo, control de moluscos bivalvos.

- Idem. en tres momentos da fase de construción.

- Idem. anualmente.

Cremos necesario complementar a información incluída no Proxecto de Solicitude de Autorización Integrada cun resumo das conclusións destes estudos, e unha relaciónpormenorizada do estudo previo ao inicio das actuacións que serven de base para determinar as afeccións ao medio no momento actual.

9. Alegacións en relación cos residuos.

9.1. A existencia de zonas de interese no contorno da planta de valorización de residuos, concretamente do banco marisqueiro da Barca, así como a cercanía do Lugar de Importancia Comunitaria “Costa Ártabra”, integrado na Rede Natura 2000, da Unión Europea, non fan en absoluto recomendábel a ubicación da planta en Punta Promontoiro, tendo en conta as máis que seguras afeccións ao medio. O Artigo 12.1 da Lei 10/1998 establece unha serie de precaucións neste ámbito:

“Las operaciones de gestión de residuos se llevarán a cabo sin poner en peligro la salud humana y sin utilizar procedimientos ni métodos que puedan perjudicar al medio ambiente y, en particular, sin crear riesgos para el agua, el

aire o el suelo, ni para la fauna o flora, sin provocarincomodidades por el ruido o los olores y sin atentar contra los paisajes y lugares de especial interés.”

De seguirse unha observancia real da lexislación, sería imposíbel a implantación desta planta no lugar elixido. Isto só é posíbel cando se priorizan os intereses industriais, de carácter económico, sobre os relativos á saúde das persoas e máis á conservación do medio.

9.2. O argumento anterior é válido tamén para o resto da industria, tendo en conta o volume de emisións contaminantes en proporción directa co de materias primas utilizadas.


10. Alegacións con respecto á coxeración.

10.1. Non se conta con autorización para incinerar residuos no proceso de coincineración. Partindo da definición de coincineración expresada no Artigo 3.5. do Real Decreto 653/2003: “(…)toda instalación fija o móvil cuya finalidad principal sea la generación de energía o la fabricación de productos materiales y que, o bien utilice residuos comocombustible habitual o complementario, o bien los residuos reciban en ella tratamiento térmico para su eliminación.(…)”, a planta de coxeneración de Forestal do Atlántico tería que recibir a denominación de instalación de coincineración e, polo tanto, cumprir cos requisitos esixidos neste Real Decreto .

Con respecto aos verquidos, os valores límites de emisión serán aplicabeis no punto da instalación de coincineración por onde se vercan as augas, en aplicación do Artigo 11.3.

do R.D. 653/2003. En ningún caso se terá en conta a dilución das augas residuais para o cumprimento dos valores límite sinalados no Artigo 11.2. do citado Real Decreto, requisito non observado no proxecto.

Os requisitos de medición establécense na autorización expedida pola autoridade competente, en cumprimento do Artigo 14.2. do mencionado Real Decreto.


11. En ningún momento se fai referencia á cercanía da Empresa REGANOSA, que supón un risco engadido en casode accidente. No Plano de Emerxencia non se contempla esta circunstancia.


Por todo o exposto,

SOLICITA:


Que non se outorgue a Forestal do Atlántico S.A. a autorización ambiental integrada, debido a todas as eivas que o proxecto e máis o sistema de funcionamento das instalacións presentan. Esta asociación queda a expensas de recibir a información da resolución que o órgano competente outorgará en cumprimento do Artigo 23.2 da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de Prevención e control integrados da contaminación.

Ferrol, a 3 de abril de 2008

Asdo. Juan Ignacio Díaz da Silva

DELEGADO DA SGHN-Ferrol

________

Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web:
http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es

Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com/
_____

Segundo o BNG, o Goberno local, PSOE-IU, fixo caso omiso á denuncia formulada polo BNG sobre o estado dos inmobles

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de abril de 2008 17:27
Asunto: "O BNG esixe ao Goberno Local que asuma as súas responsabilidades pola caida do edificio da rúa Magdalena


O BNG esixe ao Goberno Local que asuma as súas responsabilidades pola caida do edificio da rúa Magdalena
O Goberno local, PSOE-IU, fixo caso omiso á denuncia formulada polo BNG sobre o estado dos inmobles

O grupo municipal do BNG pediu esta mañá que o goberno local asuma a súa responsabilidade no derrumbamento do edificio da rúa Magdalena pola pasividade amosada e a negativa a atender as denuncias sobre o estado do edificio e o perigo que supuña para a seguridade cidadá.

O portavoz do grupo municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, lamentou que tivera que suceder este accidente para que o Goberno Municipal tome en serio a situación dos edificios abandonados na cidade e se decida a actuar sobre os mesmos.

O BNG considera que o goberno local non pode descargar toda a responsabilidade no azar e na metereoloxia, xa que se demostra que non actuou dilixentemente diante das denuncias presentadas.

O portavoz nacionalista, Xoán Xosé Pita, solicitou que o Servizo de Inspección e Disciplina Urbanística comprobara o estado da edificación situada na Rúa Real 87 polo risco que supuña para a vía pública. Esta denuncia foi formulada na Comisión Informativa de Urbanismo celebrada o pasado día 18 de marzo.

Ferrol a 14 de abril de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

Xosé Manuel Pazo Blanco


Adxuntamos copia da acta da Comisión Informativa
Acta Urbanismo 18 03 2008.pdf- 1291K
[Ao estar en Formato PDF, non a podemos reproduzir no Blog, polo que a quen lle interese pode pedi-la a ferrol@bng-galiza.org]

Raj Patel: "Tras unha barrita de chocolate hai nenos escravos"

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de abril de 2008 14:09
Asunto: "Tras unha barrita de chocolate hai nenos escravos" -A ENTREVISTA CON RAJ PATEL, ECONOMISTA E SOCIÓLOGO-



A ENTREVISTA CON RAJ PATEL, ECONOMISTA E SOCIÓLOGO
Raj Patel: "Tras unha barrita de chocolate hai nenos escravos"
Empezou protestando en Seattle e acabou escribindo "Obesos e esfameados". O impacto da globalización no sistema alimentario mundial ["Os Libros do Lince"].

Foto: JOSEP GARCÍA


NÚRIA NAVARRO

--Hai 800 millóns de esfameados e 1.000 millóns de obesos.
--A fame e o sobrepeso son síntomas do mesmo problema. Están vinculados entre si polas cadeas de produción que levan os alimentos desde o campo ata a mesa.

--Vinculados en que sentido?
--O control do sistema alimentario mundial está en mans dunhas poucas empresas. Unilever, que controla o 90% do mercado mundial do té; Cargill e supermercados como Wal- Mart, Tesco ou Carrefour. Eles véndennos comida que ten o que os nosos corpos desexan: azucres, graxas, sal.

--Se o desexan os nosos corpos ...
--Aparentemente, os súper ofrecen liberdade de elección, pero os nosos instintos están manipulados pola súa estrutura mesma. Fixouse en que hai panaderías á entrada?

--Si, señor.
--É un dos últimos inventos. Non as instalan porque gañen diñeiro vendendo pan, senón porque o cheiro a pan invita a entrar e a comprar máis.

--Así de fácil?
--Si. Xa dentro, inflúen a colocación dos produtos nos corredores, o tipo de iluminación, a música. Atópasche centos de cereais cunha porcentaxe de azucre elevadísimo, pero ninguén che anima a comprar froitas e verduras de tempada.

--Que non hai que botar nunca no carro da compra?
--Se quere morrer pronto, bote nel todos os produtos que teñan unha longa lista de ingredientes. Xa sabe, colorantes, conservantes, saborizantes, antioxidantes. Engada os conxelados, precocinados, fritidos de antemán, caramelos e chocolates.

--Suspende aos chocolates?
--Un dos principais produtores de cacao do mundo é Costa do Marfil. Sabemos con certeza que nas súas plantacións traballan nenos escravos. Así que, detrás dunha barrita, están eses nenos. Ademais, se mira a lista de ingredientes da barrita verá que aparece a lecitina.

--Estraña a lecitina.
--É un subproducto da soia que mantén a graxa e a auga unidos. En Brasil, hai 50.000 escravos agrícolas que traballan nos campos de soia. ¡Máis escravos para o chocolate!

--Volvamos ao súper. En concreto, aos departamentos de compras.
--Os campesiños dos lugares máis remotos do planeta son vítimas dos ditados deses departamentos de compras. O de Carrefour, por exemplo, é o que lle di aos payeses de Lleida: "Non produzades as vosas mazás, senón esas que brillan máis e aguantan mellor o transporte". ¡Non saben a nada!

--Empezo a dar solucións.
--Un paso enorme sería non comprar no súper. Os produtores da zona non son máis caros, ofrecen máis variedade e o diñeiro non se foxe fóra.

--Esa idea tropeza coas présas.
--Pois é algo a cambiar. En EEUU pódese consumir no coche, indo dun traballo a outro, unha ración de patacas fritidas con salsa de queixo dun fast food. ¡Ten 3.000 calorías! Unha alternativa é o slow food, un movemento que sabe que, para gozar da comida, necesítase tempo e diñeiro. Presionan sindicalmente para conquistar dúas horas para xantar e o aumento do salario min- nimo dos traballadores.

--Máis suxestións.
--tiveron casos de vacas tolas, non? Hai que cambiar a forma en que se produce a comida, porque a actual non é sostible. Necesítase unha caloría de combustible fósil por cada caloría de comida que producimos. Reinventemos o futuro.

--Alguén o intenta xa?
--En Brasil, por exemplo, o movemento dos sen terra tomou terras infrautilizadas e cultivan comida de verdade. Organízanse en comunidades, abren escolas e teñen unha taxa de desenvolvemento moi superior á dos programas trazados polo Goberno para a soia. E logo hai iniciativas pensadas para os nenos.

--Candidatos ao sobrepeso.
--As crianzas que viven en familias que gozan da comida crecen máis sans. Pola contra, polo menos en EEUU, están condenados a morrer cinco anos antes que os seus pais.

--¡Que espanto!
--En California púxose de moda o recreo comestible. Durante as horas de patio, os nenos cultivan un horto. Ven como crece o que comen.

--EEUU é capaz do mellor e do peor.
--Hai analistas que din que a guerra de Iraq é unha guerra vinculada á comida. "É a conquista do petróleo que comemos", din. O certo é que, antes de que entrase a axuda humanitaria a Bagdad, xa abriran un Burger King.

--España vai ben?
--É o segundo país da UE no que máis rápido creceu a obesidade, por detrás de Gran Bretaña. E é pola multiplicación dos fast food. Teñan moito coidado.
_______________

Enlaces relacionados:

Raj Patel subliña que "no mundo actual, os máis famentos e os máis obesos son pobres"

Eu, o supermercado
Raj Patel, en 'Obesos e esfameados' (Os Libros do Lince), analiza o impacto da globalización no sistema alimentario mundial e describe como cambiaron os hábitos alimenticios coa poderosa irrupción dos supermercados - Raj Patel 30/03/2008
_________________