O pasado 30 de Xaneiro de 2013, o salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, acollía unha Asemblea Cidadá Aberta, onde o único punto da orde do día era o de organizar a oposición ao trazado sur do tren de enlace co Porto Exterior de Ferrol. Días antes, desde Madrid, chegaba a decisión de que este trazado sur para a vía do tren a Caneliñas, fora a alternativa escollida polo Goberno Español, unha alternativa elaborada pola Autoridade Portuaria de Ferrol. Alternativa que sacrifica, unha vez máis, unha parte moi importante da nosa Ría.
Un dos acordos da Asemblea, foi o da elaboración dun vídeo co material que serviu, a Cesar Bedoya Díaz, de exposición, na mesma asemblea, da agresión á Ría que supuña a alternativa Sur. Este vídeo xa está subido na rede, nunha conta de youtube, e colgado nun Blogue que nos envía o compañeiro Xandro, e que vai ser o punto de encontro da Asemblea Cidadá Aberta, para centralizar a información sobre a loita, que continua, en defensa da Ría de Ferrol, contra o trazado sur do tren a Caneliñas..
Este vídeo, "descobre a verdade sobre a construción do tren ao porto exterior de Ferrol. Unha infraestrutura que vai ser construída do peor xeito posíbel, causando o maior impacto medio ambiental e provocando o maior prexuízo posíbel aos sectores produtivos da Ría".
"Esta infraestrutura, si se constrúe pola alternativa sur será o último paso para rechear a enseada da Malata, a máis grande das enseadas da ría de Ferrol (uns 1.200.000 metros cadrados de mar)".
"Este proxecto, aínda que é financiado polo Ministerio de Fomento (e a Unión Europea?) está promovida pola Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao que ganaría 1.200.000 metros cadrados de terreo, para alugar, vender ou especular".
Enlace ó blogue:
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/
E da páxina do facebook:
http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538
http://youtu.be/ui4UQA4MAus
Espalla e difunde:
Prégase toda a difusión posíbel deste vídeo, do enlace ao blogue e da conta no facebook. Pouca xente coñece cal é a razón que hai detrás deste trazado e queremos que todo o mundo coñeza a verdade desta grave situación.
Enlaces de interese:
Xandro García
-babor6@gmail.com-
18 de fevereiro de 2013 23:47
____________

- 30 de Xaneiro de 2013 - Asemblea Cidadá Aberta, en réxime de autoconvocatoria, para agrupar ao movimento opositor ao trazado, aprobado polo Goberno Español, para a construción da vía do tren ao Porto Exterior e proñer alternativas - Mércores 30 de Xaneiro.
- 24 de Xaneiro de 2013 - Posicionamento do Consello Local de Esquerda unida sobre o trazado escollido por Fomento para a conexión mediante ferrocarril do porto exterior - O Grupo Municipal presenta unha moción ao Pleno do Concello de Ferrol.
- 12 de xaneiro de 2013 - O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera necesario que o Ministerio de Fomento resposte às alegacións presentadas, hai xa máis de dous anos
- 10 de Maio de 2010 - Esquerda Unida presentou alegacións ao Estudo Informativo dos accesos ferroviario ao porto Exterior de Ferrol.
- 6 de Maio de 2010 - Adega-Trasancos: Presentadas alegacións ao Proxecto accesos ferroviarios ao "Porto Exterior" de Ferrol.
- 24 de Abril de 2010 - Os grupos municipais de EU e BNG presentan unha moción conxunta para que o Pleno de Ferrol se pronuncie contra a "alternativa sur" que figura no estudo informativo de Fomento dos accesos ferroviarios ao Porto Exterior que contempla un viaduto sobre a Ría na zona da Malata.
- 16 de Abril de 2010 - Encontro de Esquerda Unida coa xente do mar para analizar o proxecto de acceso ferroviario ao porto exterior.
- 7 de Abril de 2010 - Fomento expón a información pública o estudo informativo do acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol.
- 8 de Marzo de 2010 - Anuncio de la Dirección General de Infraestructuras Ferroviarias por el que se somete a información pública el "Estudio informativo de accesos ferroviarios a las obras de ampliación del Puerto de Ferrol (puerto exterior) en cabo Prioriño Chico" - Ministerio de Fomento - Publicado en: BOE número 84 de 7/4/2010, páginas 37572 a 37572 (1 pág.) - Referencia: BOE-B-2010-12012.
Xandro García
-babor6@gmail.com-
18 de fevereiro de 2013 23:47
____________