martes, marzo 06, 2007

Variación da poboación entre os censos de 1991 e 2001 dos concellos da Costa Ártabra e do resto das comarcas do noroeste galego

Concellos Censo 1991 Censo 2001 Variación absoluta Variación relativa
Ares 4.511 5.003 492 11
Cabanas 3.074 3.354 280 9
Capela, A 1.741 1.530 -211 -12
Cariño 5.514 4.844 -670 -12
Cedeira 7.673 7.500 -173 -2
Fene 14.989 14.496 -493 -3
Ferrol 83.045 77.950 -5.095 -6
Mañón 2.242 1.870 -372 -17
Moeche 1.763 1.489 -274 -16
Monfero 3.008 2.562 -446 -15
Mugardos 6.668 5.718 -950 -14
Narón 31.594 32.204 610 2
Neda 6.456 5.958 -498 -8
Ortigueira 9.925 8.172 -1.753 -18
Pontedeume 8.817 8.696 -121 -1
Pontes, As 13.350 12.097 -1.253 -9
San Sadurniño 3.781 3.220 -561 -15
Somozas, As 1.682 1.396 -286 -17
Valdoviño 7.008 6.805 -203 -3
Total Comarcas 216.841 204.864 -11.977 7,69

Elaboración propia a partires de dados do IGE [ 9-3-2004], con fontes do censo do INE.

Táboa de pobación dos concellos da Costa Ártabra e resto das comarcas do noroeste galego, con datos de 2001

Táboa de Pobación 2001

Concellos Total Homes Mulleres
Ares 5.003 2.459 2.544
Cabanas 3.354 1.648 1.706
Capela (A) 1.530 751 779
Cariño 4.844 2.361 2.483
Cedeira 7.500 3.676 3.824
Cerdido 1.568 763 805
Fene 14.496 7.070 7.426
Ferrol 77.950 36.342 41.608
Mañón 1870 901 969
Moeche 1489 690 799
Monfero 2.562 1.301 1.261
Mugardos 5.718 2.753 2.965
Narón 32.204 15.554 16.650
Neda 5.958 2.906 3.052
Ortigueira 8.172 3.880 4.292
Paderne 2.709 1.296 1.413
Pontedeume 8.696 4.160 4.536
Pontes (As) 12.097 6.064 6.033
San Sadurniño 3.220 1.551 1.669
Somozas (As) 1.396 694 702
Valdoviño 6.805 3.347 3.458
Totais Comarcais
209.141 100.167 108.974

Elaboración propia basada nas informacións do IGE [9-3-2004], utilizando fontes do INE, sobre a población con datos do censo de 2001.


Comunicación da Consellería de Política Territorial, ..., sobre a Praza da Porta Nova [Praza de España]

Hoxe, con data de rexistro de saida do 5 de marzo de 2007, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes notificounos a resolución da Conselleira requerindo ao Concello de Ferrol a revisión dos acordos plenarios para o cambio de uso dos terreos no ambito da Praza de España-Porta-Nova e a suspensión dos efectos do acordo do Pleno do 24 de Novembro de 2004 e as obras de edificación contempladas no proxecto de urbanización aprobado mediante este acordo plenario.

luns, marzo 05, 2007

Felicítanse polo éxito da mobilización e afirma o seu compromiso a prol dunha Praza de España sen edificio de ningún tipo

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Par: artabra21@gmail.com
Data: 5 de marzo de 2007 12:00
Asunto: Felicítase da mobilización e defenderá que non haxa ningún edificio na Praza de España

ESQUERDA UNIDA-IU felicítase polo éxito da mobilización e afirma o seu compromiso a prol dunha Praza de España sen edificio de ningún tipo

ESQUERDA UNIDA-IU quere felicitar aos veciñ@s de Ferrol polo exemplar exercicio de civismo que o domingo protagonizaron ao participar na manifestación que discurriu até a Praza de Armas. Nen unha meteoroloxía adversa botou atrás á cidadanía á hora de demandar o respecto pola legalidade urbanística, que o goberno local teima en ignorar. Non cabe calificar senón de positiva esta nova mobilización cidadá.

Para nós resulta fundamental despexar calquer dúbida ao respecto sobre o futuro da Praza de España: esta ten que ser un espazo público, un ámbito de encontro do pobo ferrolán, o cal ten dereito a disfrutar dunha cidade relacional, pública, de encontro, non privatizada nos seus espazos e, xa que logo, opoñémonos a calquer transacción no que atinxe a edificar nese ámbito; nin de máis alturas nin de menos, EU-IU rexeita calquer edificio na praza de España. Nin ilegal como é agora o edificio proxectado, nin legal - con artimañas, cambiando ao planeamento vixente para salvar á cara aos que nos gobernan - , a nosa oposición é rotunda e sen ambiguedades.

O edificio ao noso parecer é absolutamente innecesario, por canto nós apostamos por evitar nun espazo público da relevancia da Praza de España a prevalencia de espúrios usos privados.

A pesares de silenzos ominosos e do flagrantes imcumprimentos do máis elemental código deontolóxico, ESQUERDA UNIDA-IU quere afirmar o seu compromiso e a súa participación neste amplísimo movemento cidadá, que agrupa a unha treintena de organizacións sociais de toda caste. A nosa organización é unha das convocantes da xeira de mobilizacións que está protagonizar a nosa cidadanía. Estabamos onte como estaremos mañán, estaremos sempre da parte dos intereres públicos e populares, lle doa a quen lle doa, pois o que é verdade o é, dígao Agamenón ou o seu porqueiro.

Queremos lembrar a cidadanía de Ferrol que non é certo que todas as forzas políticas sexan responsables deste atropelo urbanístico que estamos a a padecer. Cando iniciouse o proceso de reforma da Praza, o goberno de entón estaba formado polo PSOE e o BNG, e non por EU-IU. Non vale dicir, pois , que todos os gatos son pardos: ESQUERDA UNIDA-IU resulta ser a única forza non impricada neste desfeita urbanística.

Para rematar, reiterar o noso compromiso con todas e todos os que van seguir a traballar para ter unha praza de tod@s, sen edificios de ningún tipo de altura, un praza pública, aberta, cidadá.

venres, marzo 02, 2007

Concentración no Cantón de Ferrol, o xoves, 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

De: marchagaliza@feminismo.info
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de marzo de 2007 12:24
Asunto: Concentración no Cantón de Ferrol, o xoves, 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres



Concentración en Ferrol,
o dia 8 de Marzo, ás 20:00 hrs, no Cantón
COMPARTIR OU DISCRIMINAR
Marcha Mundial das Mulleres

http://www.feminismo.info

Para ampliar clicar acima da imaxen


8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

PARA O CAPITALISMO SON IMPRESCINDÍBEIS A PRODUCIÓN E O CONSUMO

PARA AS PERSOAS SON IMPRESCINDÍBEIS OS COIDADOS

PARA CONSEGUIR A IGUALDADE É IMPRESCINDÍBEL COMPARTIR OS COIDADOS

ELIXE: COMPARTIR OU DISCRIMINAR

PARTICIPA NOS ACTOS E MOBILIZACIÓNS O DÍA 8 DE MARZO

Como foi a Mesa Redonda con proxección da reportaxe de Liña 900 “Un gasoducto no meu xardín” Nota de 28 de febreiro 2007

De: Comité Cidadán
-comitecidadan@iespana.es-

Para: artabra212gmail.com
Data: 2 de Marzo de 2007 01:04
Asunto: Nota sobre acto do día 27

Para información de quenes non asistiron á mesa redonda do pasado 27 de febreiro, ou para quenes esten fóra de Ferrol ou de Galicia, achego a nota sobre a mesma.

Así mesmo o artigo que José Manuel Ponte publica hoxe na páxina 2 de La Opinion de A Coruña.

Tamén achéganse unhas fotos do acto.

Saúdos cordiais
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
http://comitecidadan.org/

________________________

Mesa Redonda con proxección da reportaxe de Liña 900 “Un gasoducto no meu jardin”
Nota de 28 de febreiro 2007

Moi poucos actos en Ferrol reúnen a 160 asistentes, como ocorreu o martes 27 de febreiro na Mesa Redonda convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no Salón de Actos do Vicerrectorado Universitario, sen axuda nin presenza dos medios. O seu Coordinador, Carmelo Teixeiro, iniciou o acto lendo un comunicado no que anunciou que en primeiro lugar proxectaríase a reportaxe de Liña 900 titulado "Un gasoducto no meu xardín", co permiso de Jaume Codina, director de Liña 900. Así mesmo que estaban presentes Carles Enrique e José Costas, dous dos compoñentes do equipo de TVE en Barcelona que elaboraron a devandita reportaxe, ademais dos xornalistas galegos Xan Morales, José Manuel Ponte e Sonia Vizoso.

O devandito comunicado resaltou que a raíz da reportaxe de Liña 900, ademais das actuacións por vía administrativa ou xudicial, o Goberno Central e a Xunta de Galicia continúan agora máis emplazados a que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa que ten obrigación de solicitar, máxime cando a Xunta de Galicia ten outra opción para unha Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol que lle ofrecen operadores europeos, cun proxecto e prazo a tempo suficiente no obxectivo que a Xunta alega para que Galicia dispoña de plataforma gasista.

Tamén sinalou que as imaxes da reportaxe de liña 900 son unha proba da proximidade da poboación e dos condicionados que Reganosa ten imposible de cumprimentar en relación coas distancias mínimas que require a Directiva Europea Seveso II ou o RAMINP, así mesmo sobre a saída de urxencia dos buques gaseros. Por iso este documental ten tamén un valor pericial, polo que xa foi enviado á Comisión Europea, tamén ao Defensor do Pobo Europeo. Así mesmo a reportaxe de liña 900 este luns pasado 26 de febreiro presentouse no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid como proba no contencioso contra a autorización de construción a Reganosa. O devandito contencioso, iniciado en setembro de 2004, agora comezou a moverse coincidindo con dias posteriores á emisión da reportaxe de Liña 900.

Carmelo Teixeiro finalizou dicindo que o CCE non oculta a súa satisfacción con esta reportaxe, así mesmo que felicita aos profesionais de Liña 900 por este traballo, que se debería propoñer para un premio como unha boa reportaxe televisiva e de expresión da problemática social.

Logo da proxección da reportaxe, actuando de moderadora Montse Garel, interviñeron Xan Morais xornalista de Radiofusión, Carles Enrique Redactor de TVE liña 900, José Luís Costas Realizador de Liña 900, José Manuel Ponte xornalista e Sonia Vizoso xornalista do diario El País.

Carles Enrique e José Luís Costas informaron do seu traballo para realizar a reportaxe. No ano 2004, cando viñeron realizar unha reportaxe sobre o amianto, recibiron un dossier do Comité Cidadán, pero non foi ata o outono do 2006 cando estudaron o tema e pediron máis información. Destacaron que para facer unha reportaxe televisiva é imprescindible dispoñer de imaxes, mentres que outros medios poden arranxarse con textos e fotos. Os traballos duraron tres meses e realizaron dezaseis horas de grabación televisiva para obter unha reportaxe que dura 24 minutos. Na primeira visita impactoulles moito ver a magnitude e gran tamaño dos tanques que constrúe Reganosa á beira de casas e núcleos de poboación dentro da pequena Ría de Ferrol. Por iso con imaxes ademais do zoom trataron de reflectir a proximidade das instalacións de Reganosa á poboación, o gran tamaño de buques en relación coa estreita canle de saída da Ría, e o Porto Exterior onde estaba previsto situar a Planta de Gas. Algunhas imaxes onde se ve unha gran gabia aberta co gasoducto a medio instalar, foron realizadas cunha cámara de video pequena na primeira viaxe, un mes despois volveron cunha cámara grande e a gabia xa fora tapada.

Pola súa banda Xan Morais, destacou que reportaxes como este só podía realizalos unha televisión pública. Así mesmo que determinados medios de comunicación non responden á necesidade informativa dos cidadáns. Puxo unha mostra: no caso de que nunha gran cadea comercial producísese unha contaminación nos alimentos, ¿Como actuarían os medios nos que dita cadea comercial ten o seu maior investimento publicitario?.

José Manuel Ponte resumiu que a esta situación pódese chegar por tres causas: a corrupción política, o control mediático polos poderes político e económico, ademais da pasividade da cidadanía que non reaccionou antes pero que agora se alarma ao ver as obras ou a reportaxe de Liña 900. Como paradoja no comportamento das autoridades en materia de seguridade puxo como mostra destes días o buque holandés OSTEDIJK, que cunha carga de fertilizantes descomposta puxéronse medidas extremas de non permitirlle achegarse a núcleos de poboación, pero que as mesmas autoridades seguen impasibles ante o anuncio da entrada na Ría de Ferrol de grandes buques gaseros cargados con gas natural licuado, que é unha mercancía moi perigosa.

Sonia Vizoso suscitou que nalgún momento os políticos terán que pedirlle perdón a Ferrol, e sinalou que na actual televisión pública galega non se poden facer reportaxes como este de Liña 900, a causa do control político. Como mostra as reportaxes pagas que seguen existindo en base a convenios das Consellerías da Xunta de Galicia con determinados medios galegos para publicidade encuberta das devanmditas Consellerías. Eses convenios foron elaborados cando gobernaba o PP e continúan aplicándose, pese a que o BNG e o PSOE cando eran oposición denunciáronos e prometido suprimir. Resaltou que a Xunta na reportaxe de Liña 900 aparece afectada co “síndrome do clip”, porque ao Director Xeral de Industria véselle cun clip nas mans, dándolle continuas voltas, mentres as súas palabras “xustifican” que acepta a herdanza de Reganosa.

No coloquio posterior houbo un gran número de cualitativas intervencións de preocupación pola peligrosidad das instalacións que constrúe Reganosa, tamén con propostas e ofrecimientos para continuar con actuacións a fin de que Reganosa non entre en funcionamento.

Varias intervencións denunciaron a manipulación e censura informativa nos medios de comunica­ción, producíndose un cualitativo e interesante debate sobre a liberdade de expresión, con intervencións dos xornalistas invitados. En relación con este asunto Sonia Vizoso manifestou que segue pendente dispoñer do Estatuto dos xornalistas para que poidan exercer o dereito á liberdade de expresión, sen condicionamientos polos poderes políticos e económicos.

A intervención dun asistente ao acto propuxo que non se compre un xornal diario impreso que di ser de máis tirada en Galicia, porque censura e manipula a información en asuntos de interese xeral para os cidadáns, en varios temas tamén en relación coa Planta de Gas.

Outra intervención preguntou canto tempo pode pasar para que sexa paralizada Reganosa e a ameaza que supón para a vida humana na Ría de Ferrol, respondéndolle o Coordinador do Comité Cidadán que por vía xudicial poden pasar de un a varios anos ata que existan sentenzas que paralicen a Reganosa, pero que a vía Administrativa nunca se pode dar por esgotada e en calquera momento a administración central competente pode acordar paralizar as obras de Reganosa ou non darlle autorización de funcionamento. Ademais a autorización de construción a Reganosa ten uns condicionados imposibles de resolver en relación coas distancias á poboación e coa saída de urxencia de buques gaseros, que non os tiñan as plantas de Bilbao e Sagunto. Quen teña a competencia para autorizar a entrada en funcionamento de Reganosa, atoparase co final en falso dun proceso tramposo que pretende vulnerar a lexislación vixente. Polo tanto é de esperar que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.

Finalmente fíxose referencia aos indicios de que os promotores de Reganosa están moi preocupa­dos, segundo o publicado na Voz de Galicia, ante un posible fracaso do negocio se non lle aumentan a 800.000 m3/hora a produción de gas natural que veñen reclamando desde decembro de 2006, (máis do dobre dos 322.500m3/hora que ten autorizados). Por iso non hai que descartar o que un fracaso do negocio de Reganosa termine con ese pesadelo, antes que pola vía xudicial.

_________
Artigo do xornalista José Manuel Ponte publicadio en La Opinión de A Coruña o 1 de marzo de 2007
[Para ampliar clicar acima da imaxen]

Información Mesa Redonda Mugardos 3.3.2007. A Costa Galega: Riqueza a defender

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 1 de marzo de 2007 15:42 Asunto: Información Mesa Redonda Mugardos 3.3.2007. A Costa Galega: Riqueza a defender


Queridos compañeiros/as: Reenvío esta mensaxe con información sobre Mesa Redonda "A Costa: Riqueza a defender" o día 18,30 en Mugardos, no Concello, e unha exposición sobre o tema, por se vos interesa asistir/participar e/ou comunicar ós socios/as

Unha aperta e boa fin de seman

Antonio García

xoves, marzo 01, 2007

Pola paralisaçom imediata e definitiva da construçom do edifício na Porta Nova

De: Nosup-trasancos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de marzo de 2007 18:00
Asunto: Pola paralisaçom imediata e definitiva da construçom do edifício na Porta Nova


A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos quer fazer pública a sua adesom à manifestaçom convocada para o próximo domingo, dia 4 de Março, em defesa dos espaços públicos do concelho de Ferrol e contra a pretensom do PP e IF de construir um edifício em plena praça da Porta Nova. Tal como figemos nas duas manifestaçons anteriores, a nossa organizaçom participa na convocatória e os nossos filiados e filiadas estarám presentes nesta nova mobilizaçom em defesa de um urbanismo racional e contra a especulaçom.

Em relaçom à decisom recente da Direcçom Geral do Património, da Junta da Galiza, de requerer a paralisaçom das obras por representarem umha infracçom grave da normativa urbanística, devemos lamentar que careça da suficiente contundência, ao deixar umha margem de três meses para a execuçom desse requerimento, o que dá margem de manobra aos especuladores que dirigem a política urbanística em Ferrol.

Contodo, há que dizer que a reacçom tardia e insuficiente da Junta só se deu pola insistente e firme mobilizaçom de cada vez mais ferrolanos e ferrolanas em defesa de um urbanismo ao serviço da maioria. É, por isso, necessário que continuemos a manifestar-nos até conseguir a paralisaçom efectiva e definitiva do projecto de Juan Juncal e de Juan Fernández. Ao mesmo tempo, é preciso mantermos a tensom mobilizadora diante de outros conflitos abertos da mesma natureza especuladora: a ameaça contra a fraga de Menáncaro, a aberraçom de querer instalar umha piscina privada na praça de Sartanha... a luita dos vizinhos e vizinhas contra a especulaçom e em defesa de um Ferrol habitável deve continuar.

A praça é nossa, e nom de Abeconsa!

STOP especulaçom!

Defendamos os espaços públicos!

Fora PP e IF!

Assembleia Comarcal de NÓS-UP em Trasancos

1 de Março de 2007

Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, xoves, dia 1 de marzo

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de Março de 2007 00:17
Asunto: CONVOCATORIA XUNTA CONVOCANTES


Estimados Compañeiros/as .- Debido ao INFORME DA DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO DA XUNTA DE GALICIA, enviado ao Concello de Ferrol, ordenando PARALIZAR AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO NA PRAZA DE ESPAÑA- PRAZA PORTA NOVA e ante a resposta do goberno local de continuar as obras , facendo caso OMISO das recomendacións da Xunta de Galicia e por petición de algún compañeiro, estamos CONVOCADOS a unha nova REUNIÓN EXTRAORDINARIA para hoxe, xoves-1 ás 7,15 horas no local da Asociación Veciñal de Fontelonga.

- Acordaremos os acordos necesarios ante as declaracións do Alcalde e Concelleiro de Urbanismo para esixirlles o cumprimento da orde da Xunta de Galicia a traves da Dirección Xeral de Urbanismo.

- Estudaremos as reivindicacións e actuacións necesarias para reclamar do Concello que cumpla este requerimento da Xunta.

- Analizaremos as declaracións en prensa do candidato do PSOE, Vicente Irisarri, no senso de "negociar" a altura do EDIFICIO para clarificar se son certas as declaracións e intencións deste partido.

- Actualización do MANIFESTO da MANIFA do domingo-4 de Marzo.

- Decidiremos un comunicado ou rolda de prensa , reafirmando o noso compromiso coa cidadanía de Ferrol na Defensa da Praza de Porta Nova - Praza de España, REXEITANDO o macro-edificio e as obras da Praza,convidando a toda a veciñanza da cidade para PARTICIPAR na MANIFESTACIÓN do Domingo.

* Asistirá por invitación persoal á ASOCIACIÓN VECIÑAL DE CARANZA.

* Comprometen asistencia a Manifa os afectados de MONTEFERRO-

* Trataremos nesta recta final os REPARTOS E RECOLLIDA DE SINAURAS.

SOLICITAMOS "APOIOS" DE ORGANIZACIÓNS E ENTIDADES contra o macro-edificio da Praza.

Ferrol a 1 de Marzo de 2007

asdo.- Os Convocantes

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

mércores, febreiro 28, 2007

Exposición no Ateneo Ferrolán, comemorando o Día Internacional das Mulleres

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de febrero de 2007 12:09
Asunto: INAUGURACIÓN EXPOSICION no ATENEO FERROLÁN - 8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


EXPOSICIÓN no ATENEO FERROLÁN.
AGRADECEMOS DIFUSIÓN


- Do 1 ao 14 de marzo (2ª planta): EXPOSICIÓN: INAUGURACIÓN XOVES DÍA 1 ÁS 20,30 horas

”A MULLER NO PATRIMONIO CULTURAL DO ATENEO FERROLÁN”

Coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora (8 Marzo) o Ateneo Ferrolán fai unha selección do seu patrimonio cultural tendo como protagonista á MULLER nos diferentes eidos das artes plásticas, bibliográficas e visuais.


http://www.ateneoferrolan.org/

Art. 4 do RAMINP en perigo, hai que salvalo, pola nosa saúde

De: ALMASSORA CONTAMINACIO NO -contaminaciono@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de febrero de 2007 4:02
Asunto: Art. 4 do RAMINP en perigo, hai que salvalo, pola nosa saúde


Estimados compañeiros e compañeiras das Plataformas, fai uns meses logrouse paralizar unha central térmica en Estremadura grazas a que esta se achaba a menos dos 2000 metros dun núcleo urbano que establece o artigo 4 do Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP).

Ollar enlace:
http://www.ecologistasenaccion.org/article.php3?id_article=4499

O borrador da nova Lei da Calidade do Aire quere derrogar o RAMINP e desde a Plataforma Non á Contaminació de Castelló iniciamos unha serie de activiades encamiñadas a preservar o art.4

Por favor, é necesario que nos tomemos este asunto en serio e evitemos que dito artigo elimínese, porque con el pódense parar aqueles proxectos perigosos que están preto dos municipios. Mirade de difundir ao máximo a carta que achegamos abaixo.

Saúdos.

Vicent
-Plataforma no a la Contaminació Castelló-

Resultado:

Desde a "Plataforma Contaminació Non de Castelló", iniciamos unha campaña para intentar afastar dos nosos barrios e cidades tanto as novas industrias perigosas como as xa existentes que tanto nos contaminan e ameazan a nosa seguridade. Ata o momento remitimos cartas aos Ministerios de Interior e Medio Ambiente, solicitando que se inclúa na nova lexislación medioambiental e de protección civil a distancia de 2000 metros entre estas industrias e un núcleo urbano, indicada no art.4 do RAMINP e que se pretende abolir. Tamén temos pensado comunicar as nosas propostas aos grupos parlamentarios e non descartamos outras accións. No entanto consideramos que é necesario que a cidadanía e as diversas organizacións aúnen esforzos e presionen ás administracións públicas a fin de conseguir estes obxectivos.

Para iso propoñemos enviar a carta achegada máis abaixo a:

Ministerio de Medio Ambiente: ministra@mma.es, gabinete.prensa@mma.es
Ministerio del Interior: estafeta@mir.es
Dirección General de Protección Civil: dgpc@proteccioncivil.org
Copia a: contaminaciono@hotmail.com

Difunde esta actividad entre tus contactos, organizaciones amigas, webs,
medios, etc.

Legislación de Protección Civil:
http://www.proteccioncivil.org/centrodoc/centro00.htm

Legislación medio ambiente:
http://groups.msn.com/contaminacionoalmassora

___________________________

Estimado/a ministro/a:

Comunícome con vostede para expresarlle o meu máis profunda preocupación ante os riscos que corre a cidadanía pola presenza de industrias perigosas nas proximidades de núcleos urbanos. Estas empresas producen serias molestias e representan un perigo potencial polas súas características intrínsecas, talles como materias primas empregadas, substancias almacenadas, procesos industriais aplicados, contaminación lumínica, residuos xerados, ruídos, emisións contaminantes en auga e atmosfera, etc.

Folga dicir que cando dúas ou máis destas industrias conviven nunha mesma zona, o risco e a preocupación increméntanse exponencialmente pola interacción e a suma das diversas substancias que se emiten e polo ?efecto dominou? que se desencadearía ante un accidente en calquera instalación.

Por todo iso, a administración pública debe tomar medidas firmes a efectos de preservar á cidadanía e ao medio ambiente das molestias e os alarmantes riscos que ocasionan estas industrias. Por todo iso, solicito ao Ministerio de Medio Ambiente que inclúa íntegramente na nova Lei de Calidade do Aire, o mantemento da distancia mínima, EN TODO CASO, de 2000 metros das industrias perigosas e insalubres de casco urbano, que marca o RAMINP e que se pretende abolir. Da mesma xeito, insto ao Ministerio do Interior a que se estipule na lexislación estatal de Protección Civil como norma xeral básica, a distancia mínima de 2000 metros entre un núcleo urbano e unha industria perigosa. Así mesmo deberanse establecer os mecanismos para que os municipios e as comunidades autónomas teñan en conta esta distancia de seguridade á hora de redactar e aprobar os respectivos plans de ordenación urbana.

Sen outro particular despídome desexando que se tomen en consideración as inquietudes e propostas suscitadas nesta carta.

Firma

Nome e apelidos:
Cidade:

Firma


martes, febreiro 27, 2007

Saúdan a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo e empraza á Alcaldía a que paralice as obras inmediatamente

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de febrero de 2007 17:30
Asunto: Esquerda Unida-IU saúda a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo e empraza á Alcaldía a que paralice as obras inmediatamente


Ante as últimas noticias en relación co pronunciamento da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia sobre a construcción dun edificio na Praza de España, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere, por medio deste comunicado, manifestar:

Que saúda o pronunciamento que obriga ao Concello de Ferrol a paralizar as obras, se ben lamenta que trantándose dunha resolución tan grave se lle dea ao Concello de Ferrol tres meses para ejecutar o mandato do organismo autonómico e de que este debería terse producido con antelación.

Que da nova situación creada os responsables do grupo de Goberno PP-IF deben dar unha explicación á cidadanía que durante todo este tempo lle estivo a lembrar da ilegalidade das obras e do porqué do seu empecinamento que levou á situación ao estado actual. Cidadanía que foi ignorada, no mellor dos casos, durante todo este tempo polo Grupo de Goberno co Alcalde á cabeza.

Agora correspóndelle ao Sr. Alcalde mover ficha e paralizar con carácter inmediato as obras de construcción do macroedificio da Praza de España e buscar unha solución coa Empresa adxudicataria, solución que xa foi adiantada por esta formación política, que non entrañe pérdida de dereitos e que supoñan un mayor rendimento social.

Ademais, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que apoia, convoca e participará na manifestación que baixo o lema “En defensa dos espazos públicos, non ao edificio da Praza de España” que terá lugar o domingo 4 de marzo, e quere, a travès deste comunicado, animar á participación da cidadanía a amosar o seu rexeitamento á construcción dun edificio de 21 metros de altura no medio dunha Praza pública.

Ferrol, a 27 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU Ferrol

dadelle un vistazo... Blog interesante ... Reganosa

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra212gmail.com
Data: 27 de febreiro de 2007 1:56
Asunto: dadelle un vistazo...


dadelle un vistazo...

http://ciudadanoscabreados.blogia.com/temas/reganosa.php

É o blog de Enrique Banet.
Saúdos de Carlos Lareo

Ciclo de cinema pola recuperaçom da Memória Histórica

De: Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de febreiro de 2007 1:05
Asunto: CICLO DE CINEMA POLA RECUPERAÇOM DA MEMÓRIA HISTÓRICA

Acordos convocantes na reunión do 26.02.2007

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de febreiro de 2007 0:35
Asunto: Acordos convocantes na reunión do 26.02.2007


Reunidos os CONVOCANTES POLA DEFENSA DOS ESPAZOS PUBLICOS ESTE LUNS ÁS 7 DA TARDE, NO LOCAL SOCIAL DE FONTELONGA , ACORDAMOS realizar REPARTOS CARTEIS E DIPTICOS - INFORMATIVOS DURANTE TODA A SEMANA QUE RESTA PARA A MANIFA DO DOMINGO, 4 DE MARZO.

- LEMBRAR que temos solicitado unha entrevista ca Alcaldía , sen resposta algunha.
- Está pendente outra entrevista coa Dirección Xeral de Urbanismo.
- Comunicarvos que neste día realizamos unha ROLDA DE PRENSA , en Fontelonga, Miguel Lopez , Eliseo Zaera e Xosé M. Sanxoán.
- Carlos Lareo, Os Verdes, encargarase da MEGAFONÍA.
- Xa podedes pasar a recoller á CARTELERIA E PANFLETOS polo local da A. Veciñal de Fontelonga.

* == REPARTOS === *

MARTES-27 .- Recoller carteis e PEGADAS NOS VOSOS BARRIOS.

MERCORES-28 .- REPARTO NO MERCADO DE RECIMIL ÁS 11 horas.
A tarde quedaremos CONVOCADOS polo MOBIL en repartir na Praza de España .

XOVES- 1 .- REPARTO NOS ARREDORES DO CAFE AVENIDA AS 11 horas. - RECOLLIDA DE SINATURAS - PANCARTA.
REPARTO NO INFERNIÑO - RECOLLIDA DE SINATURAS - PANCARTA.

VENRES-2 .- REPARTO AS 6,30 horas da tarde no PALCO DA MUSICA DO CANTÓN.
REPARTO NO JOFRE ás 7 horas da tarde.

SABADO-3 .- ROLDA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN SAN FERNANDO DE RECIMIL NA GALERÍA SARGADELOS ás 11 horas , para denunciar ao Alcalde e Goberno local pola política urbanística e as formas conque está gobernando.

Arrouparemos ao colectivo Recimil para continuar co REPARTO na Praza de Porta Nova- Praza de España.

Ferrol a 27 de Febreiro de 2007

Polos CONVOCANTES

asdo.

Amadeo Varela
Xosé Permuy
Miguel López
Carlos Lareo
Xosé M. Sanxoán



PD.- O vindeiro martes , día 6 ás 7 da tarde, autoconvocatoria motivada a actitude e tratamento informativo da Voz de Galicia.

luns, febreiro 26, 2007

Saúdos, denuncia de comportamento periódistico da Voz de Galicia,...aínda que seguramente non valerá para moito,...

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de febreiro de 2007 16:53
Asunto: Saúdos, denuncia de comportamento periódistico da Voz de Galicia,...aínda que seguramente non valerá para moito,...

Queridos compañeiros/as: Como seguramente estaredes vendo estes últimos días (.. meses, e creo que anos..), a edición de Ferrol da Voz de Galicia, nalgúns temas e con certos colectivos está tendo un comportamento claro, na miña opinión, de censura periódistica, de desinformación e de falta do comportamento ético á hora de informar adecuadamente aos lectores.

Na súa páxina web, ten unha sección de denuncias:

http://www.lavozdegalicia.es/denunciatucaso/index.jsp

Eu xa lles denunciei a eles mesmos; non creo que lle fagan moito caso, pero se queredes e se vos animades a facelo algúns máis, ata se é posible reenvialo ao "defensor do lector" (non sé se teñen e-mail), pois se cadra cambian algo de actitude..

Un forte abrazo

Antonio García
Ferrol

Planta de Gas: Fondos para pago del Peritaxe dun Arquitecto

De: Comité Cidadán -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Fevereiro de 2007 18:01
Asunto: Fondos para pago del Peritaxe dun Arquitecto


Para coñecemento de todas e todos, especialmente dos que aínda non realizaron doazon na conta bancaria, infórmase o seguinte:

A día de hoxe temos 1.140 euros na conta onde recebimos doazons.

Para o pago do peritaxe do Arquitecto que é o último, faltan xa que logo uns 860 euros.

Recibiuse do Tribunal unha comunicación cunha decisión de 16 de febreiro, indicando o nome dun Arquitecto e o custo de 2.000 euros do seu peritaxe. O prazo é ata o venres para abonalo na conta do Tribunal.

Esa comunicación ten uns defectos de forma que o noso avogado está intentando resolver antes de que termine o devandito prazo.

Entretando debemos partir do suposto de que o prazo termina o venres. No caso de que se amplie o plazo xa se informará.

Á espera diso, quen vaia facer doazons, deben ter en conta que é preferible sexa en efectivo nunha sucursal de BBVA.

Quen vaia utilizar a transferencia, nunha sucursal do BBVA ou por vía telemática, rógase que o faga canto antes e avise por email ou telefono xa que pode tardar varios días en estar dispoñible na nosa conta.

Para quen eliminara o email cos datos da conta Bancaria para doazons, reitéranselle o fina de este email.

Eses datos tamén poden verse na Web do CCE, http://comitecidadan.org/
Así mesmo tamén o numero de devandita conta pode verse na Web http://www.verdegaia.org/ da organizacin ecoloxista Verdegaia.

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro

Datos da conta bancaria para doazons
Banco: BBVA.
A nombe de Carmelo Teijeiro Menéndez e doutros componentes do Comité Cidadán de Emerxencia.

Desde dentro de España o numero de conta e:
0182-0181-59-0201548440 del BBVA

Desde fora de España:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
codigo internacional de conta bancaria
IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440

O día 28 de Febreiro desde as 19:00 horas ás 20:00 horas apaguemos todos os móbiles

De: Pili Ces Rioboo -pilicex@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Fevereiro de 2007 13:25
Asunto: O día 28 de Febreiro desde as 19:00 horas ás 20:00 horas apaguemos todos os móbiles

O PRIMEIRO DE TODO DICIRVOS QUE ESTE MAIL TEN QUE RULAR E CHEGAR A TODA A PENÍNSULA ANTES DO DÍA 28 DE FEBREIRO ASÍ Q REENVIARLO A TODOS Os vosos CONTACTOS

Ola a todos, como ben sabedes TODAS as compañías telefónicas van subir as súas tarifas e o establecemento de chamada, xa que agora van empezar a tarificar por segundos, o que supón unha fraude. Trátase de que todos nos unamos e para o día 28 de Febreiro (día en que empezan esta estafa) desde as 19:00 horas ás 20:00 horas apaguemos todos os móbiles ou a maioría deles, xa que esa é unha das horas de máis "tráfico telefónico", calcúlase ademais que non Estado Español hai uns 30 millóns de terminales. Se por un casual conseguimos apagar a metade dos terminales, calculando que o establecemento de chamada custa 15 céntimos máis outros 10 céntimos que de media ten unha chamada dun minuto, podemos ocasionarlles unhas perdas de 3 millóns 750000 euros, pouca cousa para eles, pero un récord para nós.

Non o esquezades, día 28 de Febreiro desde as 19:00 horas ás 20:00 horas.

P.D.1 Se tendes buzón de voz, desconectalo para ese día.

P.D.2 Se tendes móbil de empresa desconectarlo tamén (a pérdida será maior), a excusa para o xefe "acabóseme aa batería"

P.D.3 Para que non se vos esqueza apuntádeo na axenda do móbil, é moi simple.

P.D.4 Debemos de comunicalo por e-mail, a gritos, etc, pero non co móbil ou teléfono.

COPIADE O TEXTO E PEGADE, É MELLOR PARA TOD@S!!!!

Piden a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de febrero de 2007 13:15
Asunto: Piden a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

Menáncaro: Esquerda Unida-IU de Ferrol pide a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

Ante as noticias aparecidas esta fin de semana en relación cos vínculos do Primeiro Tenente de Alcalde, Juan Fernández, coa promoción dunha urbanización na zona de Menáncaro (Serantes), Esquerda Unida-IU de Ferrol considera necesario que o Alcalde de Ferrol debe tomar cartas no asunto e apartar das súas responsabilidades de goberno ao Tenente de Alcalde e Voceiro de IF, en tanto non sexan clarificadas estas relacións.

Como se lembrará as ditas noticias relacionan xan non só ao Tenente de Alcalde coa promoción da urbanización senón que van máis alá ao existir un compromiso, segundo estes medios, coa modificación dun vial. Se isto é así, non estamos a falar dunha cuestión totalmente lícita, a de que un cargo público venda o seu patrimonio, senón da utilización do seu cargo para posibilitar ou facilitar os intereses dunha empresa sobre os públicos. Polo que procede abrir unha investigación por parte da Fiscalía para determinar se o procedemento e os vínculos do Sr. Fernández coa promoción están axustados á legalidade ou non.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol por transparencia democrática e para evitar comentarios, infundios ou males maiores, o Alcalde de Ferrol do mesmo modo que quitou as competencias de goberno a outro membro desta formación política, ao anterior Concelleiro de Urbanismo, debe actuar con urxencia e proceder a retirarlle ao Tenente de Alcalde as competencias de goberno en tanto non se clarifique a actuación e intervención do Sr. Fernández na urbanización de Menáncaro.

Esquerda Unida-IU de Ferrol considera que de facerse a urbanización de Menáncaro estaríamos ante un atentado a unha das escasas fragas existentes no noso Concello, como o ven demostrando nas súa participación nos distintos actos de carácter reivindicativo convocados. Ademais queremos salientar, por un lado, a incongruencia da modificación puntual do PXOM coa proposta de inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia e, por outro, que a calificación actual do solo que posibilitaría, de cumprir todos os requisitos legais, propúxose e aprobouse durante o anterior mandato BNG-PSdG-PSOE.

O que está claro, segundo a documentación que obra no expediente sobre a modificación puntual para a promoción de 69 chalés de luxo e un hotel, é que conta con informes negativos da Xunta de Galicia e, polo tanto, na nosa opinión non cabe acudir ao silencio administrativo para aprobar a dita modificación pois a figura do silencio non pode amparar actuacións irregulares.

Así pois, esixímoslle ao Alcalde de Ferrol que tome cartas no asunto apartando do goberno ao Primeiro Tenente de Alcalde, en tanto non se clarifique a situación, e instando á Fiscalía a que proceda á apertura dunha investigación para depurar, no caso de existir, as responsabilidades penais que houbera.

Ferrol, 26 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

Manifestación Popular, o 4 de marzo, ás 12 do mediodía, na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio na Praza Porta Nova

Nota de prensa, das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España].-

As entidades abaixo asinantes, imonos manifestar por terceira vez, contra a construción dun macro-edificio na Praza da porta Nova, ¿por que o facemos?, pois:

Porque o Goberno Municipal do Concello de Ferrol, está construíndo na Praza da Porta Nova [Praza de España], un macro-edificio innecesario; porque é ilegal, pois non respecta o PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal], pois ocupa un solo cualificado na actualidade, como sistema xeral viario, é dicir vías de dominio e uso público onde non está permitido a edificación en superficie; e porque, este, se vai a entregar para a explotación e lucro privado, nun espazo público que é de toda a cidadanía.

Porque mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración municipal que é garante do seu cumprimento, pasa olimpicamente desta norma na Praza. Din que o "fito" urbano é legalizable, porque, no futuro, se póde adaptar ao Plan Xeral o que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.

Porque con esta actuación están destruíndo, aínda máis, a praza que pretenden recualificar, para cambiar o uso do chan, coa pretensión de esconder a cesión dun espazo, que é de todas e todos, a unha empresa privada, sen un uso definido, mais coa pretensión de destinalo a ser centro de servizos administrativos, comerciais e lecer privados, de máis de 7.500 m2 de superficie e 21 metros de altura, que van poñer en mans dunha empresa, para que o xestione como mellor lles conveña, usurpando o que é de todos para beneficio particular.

Hai uns días, o Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, organismo dependente da Consellería de Política Territorial, propuso requirir ao Concello para que paralice as obras do macro-edificio, incluíndo os dous edificios destinados a cafeterías de 180 m2 de superficie e 4 m de altura; e para que dispoña a suspensión dos efectos do acordo plenario do 16 de marzo do 2005, por entender a Inspección que é nulo de pleno dereito.

Esta proposta do Servizo e Inspección da Consellería de Política Territorial, ..., ven confirmar as demandas do movemento cidadán que en todo momento quixemos deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar e usurpar un espazo público para beneficios privados e por ser ilegal.

Diante disto, os responsables municipais, non só non a paralizan as obras das edificacións, senón que reclaman da empresa construtora a aceleración das obras. Intentando confundir á cidadanía, culpando a outros do que é única responsabilidade deles e do seu mal-goberno.

O pasado domingo 21 xaneiro manifestabámonos en Ferrol, xa o tiñamos feito o 3 de decembro do pasado ano, agora farémolo este domingo 4 de marzo, e así pretendemos seguir mobilizándonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construción dese macro-edificio na superficie da Praza e que, esta, quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.

Domingo,
4 de marzo,
manifestemos que
a Praza da Porta Nova [Praza de España]
é un
espazo público noso, de toda a cidadanía.
Non consintamos a construción do macro-edificio.
Achegate ás 12 do mediodía frente ao edificio da Xunta.
Non o consintamos !!

MANIFESTACIÓN CIDADÁ,
DOMINGO 4 DE MARZO, ÁS 12 DO MEDIODÍA,
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA


Convocan:
Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido, Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Asociación Veciñal de Santa Mariña, Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón, Asociación San Fernando de Recimil, CC.OO - Ferrol, CIG-Ferrol, Colectivo Veciñal de Sartaña, Esquerda Unida-IU, Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra, Os Verdes - Grupo verde de Ferrol, NÓS-Unidade Popular, Plataforma Ártabra 21, UGT-Ferrol e USTG-Ferrol.

A.V. de Esteiro Fontelonga: venres en Tele 5 Programa de denuncia antenas de tefonía móbil

De: asociacion vecinos fontelonga
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de febrero de 2007 08:48
Asunto: venres Tele 5 Programa de denuncia antenas

------ Mensaxe Orixinal ------
Data: Fri Feb 23 15:46:16 CET 2007
De: Fini Manso
Para: roixordo@roixordo.org, ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA, AVV FERROL VELLO Nª Señora Del Socorro, AVV ENSANCHE- A, AVVRECIMIL, AVVULTRAMAR, avvstamarina@wanadoo.es, AVVCANIDO, Alberto, LAPIS VERDES, Verónica, Rosa dos Ventos, a_ferrol@teleline.es, R M.D
Asunto: Fw: venres Tele 5 Programa de denuncia antenas


venres
Tele 5
Programa de denuncia sobre os efectos das antenas de telefonía móbil en Caiga quen caiga a partir das 21:20 horas.
Intervirán Raúl da Rosa..

domingo, febreiro 25, 2007

Segunda emisión dos fundamentos que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo Reganosa

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: a_ferrol@teleline.es
Data: 25 de febreiro de 2007 22:53
Asunto: Segunda emisión dos fundamentos que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo Reganosa

Ferrol.cape@gmail.com , blog opositor a la ubicación de la planta de Gas Natural Licuado dentro de la Ría de Ferrol

PLANTA DE GAS DE FERROL E A DECLARACION DE IMPACTO AMBIENTAL QUE NON TEN.

ROGAMOS A MÁXIMA DIFUSION A PERSONAS E ORGANISMOS INTERESADOS, PORQUE XA SABEMOS QUE OS MEDIOS NON O VAN A PUBLICAR. Grazas.

Ola de novo:

Tal como prometémosvos , enviamos a SEGUNDA emisión dos FUNDAMENTOS E RAZÓNS que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Punta Promontoiro (Mugardos), Ría de Ferrol.

Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRITICAS que se puidesen realizar sobre a lectura destes FUNDAMENTOS. Os comentarios pódense facer por e-mail en: ferrol.cape@gmail.com

Ao final desta serie de artigos publicaremos unha ALTERNATIVA TECNICA á planta de Gas de Mugardos que permite recibir GAS NATURAL para o consumo dos Ciclos Combinados da Galicia sen a necesidade de meter na angosta Ría de Ferrol eses perigosos gaseiros e cun CUSTO MOI ACEPTABLE.

Saúdos a tod@s do blog www.f-cape.org ¡NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!.

Edita: Colectivo universitário opositor á planta de GNL dentro da ria de Ferrol .

O blog www.f-cape.org (ferrolterra-Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.