luns, xuño 11, 2007

Os creadores de Opinión: Crea fama e botate a durmir





De joya de la corona
a bisutería barata.
08/03/2007
XOSÉLUÍS BARREIRO RIVAS

HACE unos meses, el presidente Pérez Touriño puso en circulación la metáfora del queso gruyer, con la que quería referirse a la Galicia llena de deficiencias y frustrados proyectos que heredó de Fraga. Lo que no nos dijo es que las cosas iban a seguir más o menos igual y que, a punto de cruzar el ecuador de la legislatura, lo único que parece funcionar es la fábrica del queso gruyer.

Los periódicos de la última semana son paradigmáticos, al llamar la atención sobre algunas carencias e irracionalidades que conviene repasar. El eje atlántico del ferrocarril, con vía tradicional y sin electrificar, inhabilitado por tanto para las lanzaderas del AVE, sigue acumulando retrasos impresentables. El verdadero AVE -electrificado y con ancho internacional- está creciendo como una verruga entre Santiago y Ourense, aislado del resto de la red y sin que nadie sepa cómo va a utilizarse una infraestructura que no conectará con Olmedo -háganme caso- hasta el 2018. Lejos de exigir la construcción de un AVE continuo, que viniese de allá para acá y entrase en servicio -como el de Barcelona- de forma progresiva, hemos optado por fragmentar la obra de forma irresponsable, por lo que no dispondremos de un AVE eficiente hasta que san Juan baje el dedo.

También hemos sabido que algunos ríos, como el Sar y el Ulla, o algunas rías, como la de Vigo, sufren carencias medioambientales que ahogan su desarrollo. O que la artificiosa polémica sobre el auditorio de Lugo se está afrontando con estudios tan serios como los que avalaron el monte Gaiás. Pero el último agujero conocido se llama Reganosa, que, construida con fuerte aportación de capital gallego y concebida como la primera pieza del sistema energético del Noroeste, está condenada a convertirse en una pieza secundaria del programa energético nacional. De joya de la corona a pura bisutería, y de ser la piedra angular de una actividad considerada estratégica para Galicia a convertirse en puro almacén -como un economato con clientela cautiva- de las eléctricas de ciclo combinado que funcionan en Galicia.

Para tener una idea cabal de lo que nos pasa es necesario saber si son otros los que nos agreden o si tenemos algo de culpa en este embrollo. Y por eso sería interesante saber si Reganosa quiso ser una pieza clave en el complejo energético español o si jugó por libre su oportunidad. También hay que saber si es posible que una factoría ampliamente rechazada por la población del entorno, y con pocas posibilidades de crecer, sea considerada por el Estado como un eslabón de alto valor estratégico. Porque es muy probable que, tanto la Xunta como los ciudadanos, nos estemos especializando en fabricar queso gruyer.

Enlace ao artigo orixinal



El futuro de Ferrol, en entredicho.
11/06/2007
XOSÉ LUÍS BARREIRO RIVAS

FERROL es, ante todo, una ciudad portuaria. Lo fue, en su nacimiento, cuando la Armada la eligió como refugio inexpugnable de su flota y como arsenal de construcción y mantenimiento de la misma. También lo fue cuando tuvo en su ría los grandes astilleros de Fene. Y lo quiere ser ahora cuando, a través de su puerto exterior o de las instalaciones de Mugardos, quiere configurarse como una referencia estratégica en la
importación y distribución de energía.

Ferrol -industrial, universitario, comercial y turístico- es algo más que una base militar o un astillero. E incluso su puerto, que quiere diversificar su actividad en el marco de la competencia suicida que mantienen entre sí -no con Gijón o Leixões- los puertos gallegos, aspira a ser algo más que fragatas, gas y carbón. Pero la base de todo es el puerto en su configuración actual, en la medida en que constituye un aprovechamiento inteligente de la única ventaja comparativa de la que dispone la ciudad. Por eso hay que considerar un grave error el hecho de que Ferrol sea el único puerto europeo en el que se ponen cortapisas al derecho de navegación.

Contra lo que la gente cree, la calidad de un puerto no se define por sus paisajes, ni por las condiciones naturales de navegabilidad, sino por su situación comercial estratégica, por la población industrial a la que sirve, por la buena gestión de la estiba y desestiba, por las conexiones estables con otras líneas marítimas, por la eficiencia de sus comunicaciones terrestres y por la seguridad con la que operan los grandes consignatarios. Y por eso no es bueno que, además de competir en difíciles condiciones estructurales y estratégicas, algunos ferrolanos contribuyan a crear la negativa imagen de su puerto que está sobre la mesa de los grandes consignatarios e inversores europeos, a los que no les gusta perder 300.000 euros por cada tarde de fondeo, mientras esperan a que el delegado del Gobierno limpie de chalanas y alborotadores la bocana de Mugardos.

La ubicación de Reganosa pudo ser, diez años atrás, todo lo discutible que se quiera. Pero ya no lo es. Su funcionamiento, ahora indispensable, depende de la buena gestión del puerto de Ferrol, y todo lo que sea poner en duda la seriedad de una instalación tan importante, o discutir a destiempo lo que no se discutió a tiempo, es llenar de nubarrones el futuro de Ferrol. Y eso, además de a la Guardia Civil y a los mariscadores, debería interesarle mucho a los ciudadanos, empresarios y organizaciones sociales que juegan de forma inconsciente -por acción u omisión- a las falsas solidaridades. Porque un error de co
yuntura, cometido hoy, puede extender hacia un largo futuro sus efectos negativos.

Enlace ao artigo orixinal


Nova web opositora a REGANOSA



http://www.regadeles.info/
___________________

Marcha pola Liberdade de Bernardo Bastida e pola Defensa da Ría de Ferrol: final na prisión de Teixeiro

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 11 de Junho de 2007 01:39

Asunto: Marcha pola Liberdade de Bernardo Bastida, final na prisión de Teixeiro


Despois de pasar a noite no lugar de Ois no Concello de Coiros baixo o teito dun pabellon deportivo sen paredes, a marcha de apoio a Bastida saiu ás sete e ás once e media da mañá xa percorrera os 12 kilometros ata o núcleo de poboación da Castellana, non atopando suficinte aprovisionamento para tod@s continuaron 10 kilomentros mais ata o pobo de Teixeiro, onde compraron pan e fiambres para complementar a comida que hoxe chegara de casa.

Ás 13,30 a marcha saiu do núcleo de poboación de Teixeiro para percorrer os 6 km de distancia ata o cárcere provincial situada na estrada de Paradela. Polo camiño foron sumandose outros participantes que chegaran en tres autobuses desde Ferrol, mais outros moitos que viñeran en coches de turismo, de modo que cando faltaban uns catro kilometro ocupaban unha das calzadas coreando con forza varios lemas, entre eles "Liberdade para Bastida", " Ou noso mariñeiro esta en Teixeiro", "Bastida esta presente", "Bastida somos todos", "A Ría e nosa e non de Reganosa".

O número de participantes cífrase nunhos mil que se concentrou dentro do recinto de aparcadoiro do cárcere, unha gran praza rodeada de aramados cunha porta grande de acceso para coches e autobueses, anexa ás instqalacions do cárcere puidendose ver en alguns módulos como as súas fiestras asomaban as mans de mulleres presas saudando aos que desde o exterior coreaban con forza "Liberdade para Bastida". Un gran número de participantes vestia camiseta coa foto de Bastida e a frase "Bastida somos todos", ademas dúas grandes pancartas tiñan en grandes letras a frase "Liberdade para Bastida", outros asistentes portaban distintas pancartas a maioría delas reclamaban a liberdade para Bastida e outras facían referencia a que a Ría de Ferrol non é de REGANOSA.

Dos tres autobuses con parcitipantes, dous deles foron organizados polas Cofradías de Mugardos e Barallobre. O terceiro autobus foi desde Ferrol cheo e organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia, indo en coches pequenos un gran número de participantes.

Dentro da praza de estacionamento do cárcere, durante uns 10 minutos corearonse todos os lemas, logo Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol leu un comunicado.

Finalmente Jaime Gabarri, portavoz da Cofradía de Pescadores de Ferrol, deu por finalizada a marcha deixando ver que se Bastida non quedaba pronto en liberdade habería mais actuacións, cunha frase moi expresiva dicindo "Despois de estar aquí, iremos a Madrid" e gritando "liberdade para Bastida". Así mesmo Jaime Gabarri agradeceu os apoios recibidos para reclamar a liberdade de Bastida, en concreto agradecio a presenza de representantes das Cofradias de Mugardos, Barallobre e Pontedeume, así mesmo doutras Cofradías do sur de Galicia. Tamén agradeceu aos Concellos de Coiros e Pontedeume que facilitasen os seus pavillóns deportivos para pasar a noite, resaltando en positivo que no de Pontedeume o trato fora excelente, con auga quente nas duchas que lles permiteu aliviar a fatíga da camiñada forte do primeiro día, así mesmo que moitos veciños de Pontedeume ofrecéronlles comida e viveres. Igualmente Jaime Gabarri deixou constancia do agradecemento aos servizos de proteccion civil de Betanzos que lles antenderon en lesións nos pés, ademas das policias locais e garda civil que auxiliaron para facilitar con seguridade o transito a pé polas estradas das 200 persoas máis os vehiculos de apoio loxístico que lles acompañaban.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Ciudadán para a Ría de Ferrol
O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
___________________

Enlace cos Arquivos Ártabros, onde está postado o texto integro do Comunicado leido na concentración diante do cárcere de Teixeiro
____________________

Comunicado final da Marcha a Teixeiro leido polo coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [10.06.2007]

Comunicado final da Marcha a Teixeiro leido polo coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Vimos ata aquí para manifestar publicamente que Bastida recupere a liberdade porque a súa prisión incondicional vulnera a constitución de 1978, i e un moi grave abuso nun estado democrático. Tamén vimos aquí co slogan ¡Planta de Gas fora dá Ría!. O Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, non cometeu ningún delito, está no cárcere por liderar e defender os intereses dos mariscadores, e tamén por defender a vida dos cidadáns da Ría de Ferrol, ameazada pola entrada de buques gaseros cargados de gas natural licuado e polo funcionamento en probas de Reganosa.

A xustiza non está para reprimir o liderado do Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol nin o de calquera outro colectivo. Entendemos que é infumable a prisión incondicional ordenada para o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol a fin de reprimir o seu liderado cos traballadores do mar. Esiximos a súa liberdade inmediata canto antes cos argumentos da sentenza de 19-1-1994 da sala 2ª do Tribunal Supremo Sala 2ª no recurso nº recurso 773/1993 para os veciños de Góngora no Val de Aranguren (Navarra), que é aplicable ao conflito social que se está producindo na Ría de Ferrol co caso Reganosa. Na Ría de Ferrol un colectivo de cidadáns estamos defendendo a vida, a riqueza da Ría, é dicir, o medioambiente e tamén defendemos a legalidade. Neste colectivo de cidadáns as primeiras victimas son os mariscadores en perdas económicas e polo risco de que os seus 600 empregos desaparezan, así mesmo que sexan abórtados os máis de 1500 empregos de mariscadores despois de que este realizado o saneamento integral de toda a Ría.

Hoxe aquí lembramos publicamene que na devandita sentenza do Tribunal Supremo consta que “o articulo 45.1º da Constitución Española confire a todos o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como impón o deber de conservalo.” Tamén consta que “É certo que todos habemos de afacernos a resolver os problemas interpersoais e sociais pola vía do Dereito, pero ás veces, cando por unhas ou outras razóns, estes camiños ou resultan difíciles de comprender ou percorrer para os cidadáns ou non existen as reaccións que serían de desexar nas correspondentes condutas, estas han de ser xulgados desde unha clave de proporcionalidade racionalidade e respecto á liberdade, na medida en que esta última sexa compatible cos demais valores constitucionais.”

Por iso hoxe aquí tamen reclamamos que esta sentenza do Tribunal Supremo sexa tida en conta, que sexa respectada a Constitución de 1978 e que Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.

Ademais este colectivo de cidadáns esta reclamando que as autoridades apliquen as leis segundo as cales unha instalación perigosa como unha planta de gas non pode ser unha ameaza para a vida humana e que teñen o Porto Exterior para situar a Planta de Gas de Galicia. Por iso reiteramos o dito o pasado domingo 3 de xuño na manifestación en Ferrol, que o problema social que provoca Reganosa non se pode reducir a un asunto económico cos mariscadores, Reganosa é unha ameaza para a vida humana e as autoridades dun estado democrático non poden permitir que se vulneren as leis existentes.

Os metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche cargados de Gas Natural Licuado, a brutal actuación das forzas antidisturbios e a prisión incondicional de Bastida, provocaron mais problemas que agudizan o conflito social. A súa entrada na Ría de Ferrol é unha ameaza moi grave para a vida. Esperamos que non chegue ningún metenero máis cargado de GNL e que sexa evacuado o existente nas instalacións de Reganosa. Mentres non sexa paralizada a ameaza de Reganosa, haberá mais problemas cada vez que un gasero cargado de GNL pretenda entrar na Ría de Ferrol.

Estamos en condicións de axudar á Xunta de Galicia para que abandone as falsidades herdadas de éra Fraga, tamén no caso de Reganosa, para que haia mais e millores empregos dos traballadores do mar e para que sexa respetado o liderado dos seus Patrons Maiores.

Podemos demostrar á Xunta que a Planta de Gas de Reganosa non é estratéxica, que é falsa a afirmación que está facendo. Así mesmo para que a Xunta abandone a falsidade e pretexto de que a planta de Gas xa está feita. Iso e falso, as obras non estan terminadas e é imposible que Reganosda poida cumprimentar todo-os condicionados da súa autorización de Construción en relación cos riscos para a poboación e o medioambiente. Para falar disto retamos a un debate publico en directo, o Presidente da Xunta, o Viceperesidente, e os Conselleiros de Industria, Economía, Medio Abiente e Economía, por separado ou todos xuntos. Por iso seguimos dicindo

Teixeiro, 10 de xuño de 2007

Non estamos todos falta Bastida!,
Liberdade para Bastida!
Planta de Gas Fóra dá Ría!.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/

domingo, xuño 10, 2007

A Marcha pola defensa da Ría e pola Liberdade de Bastida chega até a prisión de Teixeiro

Máis de 150 marchistas conseguiron chegar até a prisión de Teixeiro, para esixir a Liberdade do Patrón Maior da Cofradía de Ferrol que se atopa inxustamente encarcerado desde o pasado 29 de maio. A Marcha reivindicativa e solidaria reagruppouse na vila de Teixeiro antes de coller o tramo final de 6 Km que lles separaba do Centro Penitenciario onde está encarcerado Bernardo Bastida.

A 5 Km do obxectivo, un grupo procedente da comarca ferrolán xuntouse coa marcha que estaba no seu tercer día de camiñata. Foron cinco quilometros de berros: Bastida Liberdade ! Non estamos tod@s falta Bastida ! A Ría é nosa e non de REGANOSA ! Membros do Colectivo "A Revolta" acompañaron parte do traxecto sen deixar de tocar as gaitas, bombo, tamboril e pandireta. varios centos de persoas foronse somando á marcha e outras agardaban xa nas inmediacións da prisión. As portas do estacionamento estaban abertas e non houbo problema en realizar o acto reivindicativo mesmo na esplanada, onde chegamos a ser case 1.000 persoas, na súa maioria mariscadores e mariscadoras da Ría e familiares, mais non faltaron membros do Comité Cidadán de Emerxencia, co seu coordenador, Carmelo Teixeiro, todo o tempo exultante polo logro tan importante de seguir rompendo os muros de silencio que hai construídos ao redor da loita contra a planta de gas que REGANOSA ten dentro da Ría de Ferrol, foi o encargado de leer o comunicado do Comité Cidadán ... Tamén estivo a Coorddanadora Nacional de Esquerda Unida e concelleira de Ferrol, Yolanda Díaz e membros de diferentes organizacións ecoloxistas da comarca.

Non hai a menor dúbida de que as mariscadoras e mariscadores son os verdadeiros protagonistas da xornada e da loita para expulsar a planta de gas da Ría, o seu portavoz Xaime Gabarri, unha vez mais centra o debate, denuncia e pon o dedo na chaga: "Non somos biólogos, nen técnicos, mais non somos tontos, ... nos estabamos primeiro que REGANOSA... eles son os que teñen que vir a falar con nós, mais antes que solten ao Patrón Maior... A Xunta ten que falar directamente con nós sen intermediarios sen intermediarios que desvirtuen e manipulen a información, coa documentación acima da mesa ...

________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com

Para ampliar clicar acima da foto

_______________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello

Para ampliar clicar acima da foto

______________________________

A Marcha a Teixeiro segundo os medios galegos nas súas edicións dixitais:

Diario de Ferrol -1-

Diario de Ferrol -2 Editorial-

Galicia-Hoxe

Vieiros

De Luns a Venres

El País - Galicia

El Correo Gallego

La Opinión de A Coruña

Faro de Vigo

El Progreso - Lugo-

La Región -Ourense-

Xeración WEB

O Xornal

GZNación

La Voz de Galicia

El Ideal Gallego

Noticias de Galicia
____________________


Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
[Blog actualizado a 11 de xuño de 2007 10:00 hrs]
________________________________________

Por quê umha feminista vai ir manhá pedir a liberdade do Patrom Maior


De: lupeces@gmail.com
Para:artabra21@gmail.com

Data:9 de maio de 2007 02:03

Asunto Opiniom, Por quê umha feminista vai ir manhá pedir a liberdade do Patrom Maior


Por quê umha feminista vai ir manhá pedir a liberdade do Patrom Maior

Som várias as vozes que, ao longo destes dias, criticam às feministas que participamos nas mobilizaçons que solicitam a liberdade de Bernardo Bastida. Eu som umha dessas feministas e vou ir manhá a unir-me à marcha que estám realizando os mariscadores e mariscadoras desta comarca, junto a pessoas vinculadas ao Comité Cidadán de Emerxencia e organizaçons ecologistas, para achegar-se até o cárcere de Teixeiro. Essas vozes acusam-nos de esquecemento dos graves feitos acaecidos há algúns anos, quando o já daquela Patrom Maior, foi julgado e condenado por agressom sexual a umha trabalhadora da Cofradia. Nom, nom esquecemos. Mas nesta ocassom, Bernardo Bastida nom é detido por cometer um delito, nem como conseqüência dumha outra condena. É detido por participar numha mobilizaçom que tinha como objectivo paralisar a entrada ilegal dum gaseiro na nossa Ria. É detido por ser o Patrom da Cofradia, por ser o representante dos mariscadores e mariscadoras. O Patrom Maior convirte-se assim num prisioneiro de Reganosa, para o que outros poderes prestárom os grilhetes e as celas, dizendo que mantê-lo em liberdade criava alarma social, ou como reza no auto "para evitar um possível delito". E como algumhas feministas estavamos alí, umhas nos barcos fazendo fronte ao gaseiro, e outras no porto agardando e alentando a acçom das mariscadoras e mariscadores, puideramos ser nós mesmas as represaliadas, e assim lhe-lo figemos constar à juíza assinando umha autoinculpaçom polos mesmos feitos polos que o Patrom Maior da Cofradia de Ferrol era detido e levado ao cárcere. E ainda sem esquecer, o que nom se pode é virar os olhos ante a injustiça e deixar que umha luita colectiva entre polos tam desiguais, se julgue polo historial delictivo dumha pessoa. Porque a luita por sacar a Reganosa fora da Ria de Ferrol, é umha luita moi desigual. Dum lado a cidadania da comarca de Ferrolterra, com desinformaçom e mesmo abandoada por algumhas forças políticas e sindicais nas que se sentiu de sempre representada; ameazada e agredida polas autoridades que deveriam defendê-la. Doutro lado ENDESA, FENOSA, BANCO PASTOR, CAIXA GALICIA... os de sempre, com medios de comunicaçom moi fortes como LA VOZ DE GALICIA, e agora também cos contertúlios da Rádio Galega; co governo da Xunta do señor Fraga Iribarne para poder asentar sem problema os começos deste fraudulento negócio; e agora, mercando nom se sabe bem a cámbio de qué, novas vontades numhas administraçons governadas por forças políticas de esquerdas que estaríam chamadas a preservar a vida, o meio ambiente e mesmo a legalidade.

Algumhas vozes se escuitam recitando o historial de Bernardo Bastida... Detrás disto saem outras dizendo que as mariscadoras e mariscadores só querem dinheiro, que nom lhes importou ter a Ria contaminada todos estes anos... a realidade é que som umha das maiores empresas desta comarca, e o principal seria defender os 500 postos de trabalho que dá esta Ria e que sabemos que poderíam ser muitos mais. Mas o que passa agora, é que a injustiça de Reganosa resulta já um feito palpável, como resulta já evidente que a planta de gás nom vai ser paralisada de momento polo novo governo, como agardavamos muitas pessoas de boa fê. O que passa agora é que vemos entrar os gaseiros, e ver passar a poucos metros da tua casa um gaseiro arrastrado por vários remolcadores é moi didáctico. O que passa agora é que trescentos milhons de litros de auga da nossa Ria, vam ser cloradas todos os dias do ano e expulsadas de novo a mais baixa temperatura, e isto resulta moi doado de entender, salvo para alguns biólogos e técnicos ao serviço da empresa. O que passa é que, como dixo alguém o outro dia na assembleia cidadá "a gente movemo-nos por evidências". Falta saber que move a outras pessoas a desprestigiar este movimento cidadá. Manhá estarei fronte ao cárcere de Teixeiro, junto às trabalhadoras e trabalhadores do mar. Manhá domingo, estarei, porque outras luitas ao melhor nom compartimos, mas esta é a nossa luita, a de toda a cidadania de Ferrolterra. Tenho boa memória mas A RIA É NOSSA E NOM DE REGANOSA.

Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

Trailer do documentario "O salario do Silencio"

Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio". [Trailer]




Vertidos na Ría [A propósito da auga da Ría e REGANOSA]

Atención ! Atención !!
Artigo moi interesante


Contrario ao manifestado por REGANOSA nos medios de comunicación (ano 2001), o sistema para regasificar o gas natural licuado (GNL) na súa planta de gas será de tipo aberto (ORV) o cal necesitará inxentes cantidades de auga de mar (máis de 300 millóns de litros ao día). Con obxecto de eliminar as incrustaciones biolóxicas que danarían os sistemas e equipos da planta, a auga de mar impregnarase con hipoclorito sódico. Este biocida utilízase xa que logo para MATAR a todo organismo mariño que circule por este sistema de regasificación eliminando, deste xeito, as larvas e ovos das próximas xeracións do peixe e moluscos da zona así como tamén o diminuto plancto que forma a base da súa cadea alimentaria. A zona de verteduras converterase nun área con degradación permanente pois a auga retornará estéril, contaminada e ademais moi fría, engadindo así un factor máis de agresión á fauna e flora mariña da ría.

A estas conclusións chegaron a NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration), a CCA (COASTAL CONSERVATION ASSOCIATION) e a EPA (ENVIRONMENTAL PROTECTION AGENCY), así como científicos das universidades de Pisa e Bolonia en Italia e os de Lusiana en Lafayette (EE.UU.) nos estudos que realizaron sobre este sistema ORV de regasificación.. Por esta razón as plantas de GNL xa situadas na costa de EE.UU. e as novas en proceso de aprobación, non usan este sistema. Os organismos antes citados así como os científicos e asociacións medio ambientais tampouco están de acordo co seu uso en alta mar e actualmente están librando unha batalla política e legal para evitar que se autorice o uso deste sistema nas plantas Offshore. A doutora Susan Mopper, directora de Tecnoloxía do Medio Ambiente e Ecoloxía da Universidade de Louisiana en Lafayete, que escribiu un magnífico artigo sobre os efectos deste sistema, bautizou a área das verteduras da auga de mar de regasificación do GNL como "zona morta".

Consecuentemente, os gobernadores dos estados ribeiregos de EE.UU. como California, Lusiana, Alabama e Mississipi xa vetaron algunhas plantas regasificadoras solicitadas para operar en alta mar porque pretendían usar este sistema de regasificación con auga de mar. Ante estas decisións gobernamentais algúns promotores de regasificadoras de GNL xa notificaron que modificarán o sistema de regasificación polo de tipo combustión mergullada (SCV) que utiliza o propio gas para regasificar o GNL. O problema é que é moitísimo máis custoso xa que perderían de gañar millóns de euros ao ano ao utilizar o gas do seu negocio para a regasificación do GNL. Xa que logo a razón de utilizar a auga de mar é de tipo económico aínda que, loxicamente, non están de acordo os ecoloxistas e por suposto os mariscadores da ría pois ven ás súas empresas e traballo nun serio perigo.

Pola súa banda, Reganosa informa que "o funcionamento da instalación non afecta á calidade da auga nin da fauna mariña da ría, segundo os informes elaborados por un equipo de científicos das universidades de Santiago e de Vigo, coa participación da Estación de Bioloxía Mariña da Graña". Eu lin o informe e non di iso. O lector estará de acordo comigo se lese este informe. Nel pódese ler, entre outras cousas o seguinte: "o único efecto importante podería ser o achegue de contaminantes (antifouling ou biocida) ao sistema que tería unha influencia negativa sobre as comunidades biolóxicas e os bancos marisqueiros circundantes", "A auga de mar de saída do sistema será estéril sen fitoplacton, larvas e outros zooplánctontes", "A utilización do cloro do sistema antifouling durante o paso de auga das instalacións provocará unha esterilización da auga do mar e en consecuencia un lixeiro empobrecimiento do placton nas áreas circundantes, incluíndo as larvas presentes nel", etc.

Ao non cuantificarse no informe os danos, non debería, na miña opinión, ser aceptado como válido nin ser considerado como "favorable" por parte da Administración medio ambiental de Galicia. Non cabe dúbida de que os biólogos e expertos en ecoloxía de EE.UU. e Italia e os que elaboraron o informe (así como os que aprobaron a Avaliación de Impacto Ambiental destas verteduras) estudaron en libros diferentes. Espero que o noso probable e futuro alcalde de Ferrol, Sr. Irisarri, cumpra coa promesa de ir ata o fondo neste asunto das verteduras da auga de mar de Reganosa, xa que afectan á súa ría e aos seus mariscadores. Non é soamente un tema do municipio de Mugardos.

Manuel Afonso Domínguez, é profesor de Plataformas Offshore da UDC, membro do Colectivo Universitario Opositor á Planta de Gas da Ría de Ferrol - www.f-cape.org

Nota.- Por ser de interese para mariscadores e cidadáns que viven na ría de Ferrol enviamos o artigo publicado en Diario de Ferrol o pasado xoves día 7 de Xuño

LIBERDADE PARA BASTIDA
PLANTA DE GAS FORA DA RIA
_________________________

Concentracion relizada o vernes en Pontevedra e segundo día de marcha solidaria e reivindicativa

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de Junho de 2007 00:44

Asunto: Concentracion relizada o vernes en Pontevedra e segundo día de marcha solidaria e reivindicativa


Concentración na Praza da Peregrina en Pontevedra

A APDR (Plataforma para a Defensa da Ría de Pontevedra) reuniu a unhas trescentas persoas na concentración realizada o pasado venres na Praza da Peregrina de Pontevedra, co lema de "Bastida Liberdade Reganosa fora dá Ría". Coreáronse varias veces os eslóganes de "Bastida LIberdade", "Reganosa Fora dá Ría", "A ría e nosa non de Reganosa", "Reganosa i Elnosa fora dá Ría".Finalmente tomaron a palabra Antón Masa Cordinador da APDR quen manifestou a súa solidariedade en apoio á liberdade de Bastida e aos veciños da Ría de Ferrol na súa loita polo desenvolvemento sostible co slogan Planta de Gas fora dá Ría", Jaime Gabarri portavoz da Confraría de Pescadores de Ferrol e Carmelo Teixeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol insistiron en que non hai motivo para a prisión incondicional ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, así mesmo en que é infumable o auto de prisión incondicional para o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol a fin de reprimirlle o seu liderado cos traballadores do mar, a raiz do que estase esixindo a súa inmediata liberdade canto antes. Recordouse a sentenza do Tribunal Supremo do ano 1994 para os veciños de Góngora no Val de Aranguren (Navarra), aplicable ao conflito social na Ría de Ferrol no caso Reganosa, fronte á que un colectivo de cidadáns, entre eles os mariscadores, están defendendo a vida e o medioambiente. Na devandita sentenza do Tribunal Supremo consta que “o art. 45.1º da Constitución Española confire a todos o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como impón o deber de conservalo”. Acompáñase foto da pancarta na Praza da Peregrina en Pontevedra.

Marcha de solidariedade en apoio a Bernardo Bastida, Sábado 9 de xuño de 2007

A noite do venres ao sábado, os participantes na marcha pasaron a noite nun pavillón deportivo prestado polo Concello de Pontedeume, onde as súas duchas e bos servizos permitiron aliviar a fatíga do forte ritmo na primeira etapa, na que se percorreron os 19 quilómetros a unha media de 5,5 Km. por hora, o que resultou excesivo para algunhas persoas que tiveron problemas nos pés e pernas, vejigas, tendóns doloridos etc. sendo necesario o uso de parches nos pés ou dos coches de auxilio para trasladar ao final de etapa a quen non podían seguir camiñando.

Hoxe a marcha saíu ás 7,15 de Pontedeume e nun primeiro tramo percorreu 20 quilómetros ata Betanzos onde chegou cara ás 12 da mañá. En Betanzos logo dun descanso para comer, a marcha saleu cara ás 16,15 pola Nacional VI ata o lugar de Ois no concello de Coiros, cun percorrido de 10 quilómetros onde chegou ás 19 horas, e aumentou moito as persoas incapacitadas para camiñar que para chegar ata o final do percorrido necesitaron ser transportados en coche.
Previsións da marcha solidaria para o domingo 10 de xuño

En OIS os participantes na marcha pasarán a noite nun pavillón polideportivo prestado polo Concello de Coiros. Na terceira e ultima etapa para o domingo 10 de xuño a marcha ten previsto saír de OIS cara ás 7 da mañá para percorrer un primeiro tramo de 12 quilómetros ata o núcleo de poboación da Castellana situado na mesma Nacional VI logo de Montesalgueiro.

Logo dun descanso e comida na Castellana, a saída será cara ás 13,30 horas para continuar pola Nacional VI uns 6,5 quilómetros ata un desvío pola estrada secundaria na que restan uns 3,5 km para chegar ata o Centro Penal na estrada de Paradela s/n Teixeiro-Curtis. (Total deste ultimo tramo de 10 quilómetros desde A Castellana) Os autobuses saen ás 12,30 de Barallobre, Ferrol e Mugardos e chegarán cara ás 13,30 á Castellana, podendo incorporarse á marcha as persoas que poidan camiñar os 10 quilómetros. Para quen lles resulte excesivo poden seguir e baixarse do autobús nunha Gasolineira a uns dous quilómetros do Cárcere. Igualmente avisarase a quen vaian en coche propio para que os seus acompañantes poden baixar na Castellana ou en devandita Gasolineira e sumarse á marcha no percorrido final.

Neste ultimo percorrido sumásense participantes que irán en coches particulares, así mesmo en tres autobuses que sairán desde Ferrol, Mugardos e Barallobre (Fene). Ao final do percorrido realizarase unha concentración o mais próximo ao cárcere, onde finalizase a marcha logo dunhas palabras por parte de portavoces da Confraría de Pescadores de Ferrol e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Espérase que non haxa problema para facer esa concentración no aparcadoiro do cárcere, un recinto rodeado de aramado cun paso ancho de entrada para coches e autobuses. No caso de que non fose permitido o acceso a devandito aparcadoiro, a concentración final realizaríase un pouco antes de chegar ao cárcere nun lugar que xa se viu como alternativa e no que non debe haber ningún inconveniente.

Tres autobuses sairán ás 12,30 do domingo para aportar participanetes no ultimlo tramo da marcha.

Un autobús sairá de Ferrol, outro de Mugardos e outro máis de Barallobre.

9 de xuño de 2007
Saúdos
Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Rumo trabucado

Opiniom
De: inaciogz@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de Junho de 2007 02:32
Asunto: Artigo de Opiniom

Rumo trabucado

O poder político e económico de REGANOSA e todo o seu contorno é tal que implica nom só ao Grupo Tojeiro, senom que a um grande número de multinacionais do sector energético, a varias entidades financieiras galegas e a própria administarçom autonómica e ao a nível mediático a todo o Grupo Voz que tem a sua credibilidade polo cham e que vai saír moi tocado deste conflito, quando consigamos expulsar a REGANOSA da Ria de Ferrol. Mais outra das manifestaçons deste poder é, que causa CORRUPÇOM POLÍTICA como assi está de manifesto e um sector da sociedade o percebe.

Da direita, do Sr, Fraga e de todos os seus lacaios, já o sabíamos, xa o aguardavamos e quase é natural, de pessoeiros da nova esquerda que "milita = €" e trepa nos partidos que detentam o poder que lhes imos pedir, já son assi nom nos enganam, mas de pessoas da esquerda que noutraora forom militantes com conciência, e sobre todo da esquerda nacionalista, que figérom País, que formam parte da história, nom é concebivél. Como nom retifiquem a tempo e reconhezam a sua equivocaçom, vam deixar na derradeira etapa da sua vida política um episódio de traizom que ensombrecerá toda umha vida de contínuo esforço e contributo na construçom nacional da Galiza. A sua postura com respecto a REGANOSA, se se mantem no tempo e nom cambia, agora que o sector mais concienciado e combativo do povo o demanda, nom deixará de ser umha traizom, ao povo, á classe trabalhadora, a Galiza. Venhem-nos co conto de empresa estrátegica para Galiza, chamam-nos ignorantes, que nom sabemos, ... , mais, saber nom saberemos, mais se percebemos a traizom, como assi o percebeu um sector do povo da Comarca castigando electoralmente a quem o está a traizoar, a quem se vende ao capital mais repugnante e destruidor do nosso País.

Ferrol Terra de Trasancos, 9 de Maio de 2007
Inácio Martínez Orero

Telemóvel
645158113

sábado, xuño 09, 2007

Realizada a primeira etapa até Pontedeume, comezou a sengunda até Coirós

Onte partía do peirao de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, a Marcha a Teixeiro pola Defensa da Ría e a Liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol. A iniciativa foi da Asemblea de Mariscadores e Mariscadoras, secundada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e apoiada pola Asemblea Cidadá celebrada nos locais da Asociación veciñal de Ferrol-Vello o pasado Xoves, 7 de xuño.

Sobre unhas duascentas persoas partiron de Ferrol, pasadas as tres e media da tarde, o maior grupo o compoñen mariscadores e mariscadoras, mais tamén se sumarón membros do Comité Cidadán de Emerxencia, VERDEGAIA, ADEGA, SGHN e outros colectivos da comarca.

A camiñata foi levadeira, mais chegou a dispersarse uns 500 metros, houbo reagrupamento en Cabanas e chegou a Pontedeume sobre as oito e media da tarde. A gente aproveitou para recuperar forzas e se dispersaron pola vila de Pontedeume. Sobre as dez e media da noite entraron no Pabillón Polideportivo "A Casqueira" que facilitou o Concello para utilizar as duchas, servizos e poder pasar a noite, até as 7 da mañá de hoxe sábado, 9 de xuño, que a marcha solidaria e reivindicativa parte até Coirós, con parada para xantar na vila de Betanzos, entre a unha e as dúas da tarde. Logo continurá a Marcha até chegar a Ois, no concello de Coirós, onde poderase descansar, cear e pasar a noite nun Pabillón Polideportivo.

A Marcha Solidaria e Reivindicativa, pretende seguir rompendo o silencio e a manipulación á que estivo sometida a oposición contra a instalación dunha Planta de Gas dentro da Ría.

Ninguén nos vai acalar, manifestou Jaime Gabarri, antes de saír de Ferrol, portavoz da Confradía de Pescadores.

Á Marcha, desde a saída de Ferrol, quedaballe sobre uns 80 Km até a prisión de Teixeiro, onde desde o 30 de maio permanece encarcerado en situación de prisión provisional sen fianza o Patrón Maior do pósito ferrolán.

Bernardo Bastida, permanece en prisión como refén de REGANOSA. Non hai que esquecer que REGANOSA, non só é o Grupo TOJEIRO [18%], que a estas alturas xa fixo grande parte do seu negocio, senon que tamén está ENDESA GENERACIÓN [21%], UNIÓN FENOSA GAS [21%], CAIXA GALICIA [10%], CAIXA NOVA [5%], BANCO PASTOR [5%], a coporación arxerina do gas SONATRACH [10%] e a propia XUNTA DE GALICIA [10%], porcentaxes dun capital social de 34,4 millóns de euros e un investimento que case chega aos 400, tamén en millóns de euros. O poder político e económico de REGANOSA, ten grandes tentáculos que lle permiten manter un refén no conflito que a cidadanía desta comarca libramos contra a empresa bomba que ameza a vida de miles de persoas que vivimos á beira da Ría e que paulatinamente vai destruindo, ainda máis do que está, o ecosistema mariño vertendo á Ría 300 millóns de litros/día de auga contaminada e enfriada.

E seguimos afirmando, que Bastida e refén de REGANOSA, senon non se pode entender que a xuíz e o fiscal, manteñan en prisión a un dirixente do movimento cidadán opositor á planta de Gás, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores, do Comité Cidadán de Emerxencia, movimento cidadán que sempre promoveu accións de desobediencia civil máis non violentas, e que pediron a súa liberación por clamor popular mais de 5.000 persoas o pasado domingo 3 de xuño; alcaldes da comarca; o pleno do Concello de Mugardos; dirixentes políticos; parlamentarios; todas as organizacións ecoloxistas do País; Plataformas cidadáns; a Federación Galega de Cofradías de Pescadores e varias cofradías; case cen organizacións e asociacións veciñais, sociais e culturais; partidos políticos e todas as centrais sindicais da Comarca. O que realmente causa alarma social, é manter ao patrón Maior no cárcere, por iso hai que seguir berrando: Bastida Liberdade !! REGANOSA mentireira, ilegal e perigosa !! A Ría é nosa e non de REGANOSA !! Planta de Gas, Fóra da Ría !!

_____________________

O domingo, 10 de Xuño, tod@s en Teixeiro, ás 14:30 hrs.

Desde Ferrol, sairán, ás 12:30 hrs, Autobuses desde a parada da Praza de Galiza, diante do edificio de Correos. Quen queira ir en Autobus chamar a un destes telefonos: 690612737 ( Alexandre), 649024612 (Mel), 981-933223 (A.V. Fontelonga, Miguel).
______________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
______________________

Como recollen, a noticia, os medios nas súas edicións dixitais:

Diario de Ferrol










Unha imaxe parcial da marcha a pé ao seu paso onte polo Cantón de Molíns
Autor: Luís Polo
_______

Atención !! Atención !! ...

Anónim@s colaboradores seguen discurrindo, para contribuir a rachar os muros de silencio, isto é o que nos acaban de achegar.

Se queres colaborar en seguir destruíndo os MUROS de SILENCIO, entra nesta WEB , pilla o código do barner [A Ría é nosa e non de REGANOSA] e coloca-o despois da etiqueta BODY da tua web ou blog.

Este é o barner:

A ria e nosa e non de REGANOSA

Para pilla-lo entra nesta web que está o código completo para que che saía na esquina dereita do teu Blog ou Web.

Tamén nesa web podes atopar unha videoteca de moito interese.

Saúde e Liberdade !
_________________________

Última hora da organización da Marcha a Teixeiro

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de Junho de 2007 18:41
Asunto: Última hora da organización da Marcha a Teixeiro


Atención, atención ... !!!

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Marcha ao cárcere de Teixeiro o Domingo, 10 de xuño, ás 14 hs, coincidindo coa chegada d@s mariscador@s


CONVOCATORIA
DA MARCHA
AO CÁRCERE DE TEIXEIRO

DOMINGO, 10 DE XUÑO ÁS 14 HORAS DIANTE DO CÁRCERE, COINCIDINDO COA CHEGADA D@S MARISCADOR@S QUE SE INICIOU HOXE VENRES ÁS 15:30 HORAS DESDE FERROL VELLO.

SAIRÁN AUTOBUSES O DOMINGO ÁS 12:30 HORAS DE CORREOS EN FERROL ( 5 EUROS APROX) !

ANOTARSE NOS TELÉFONOS :
690612737 ( Alexandre),
649024612 (Mel),
981-933223 (A.V. Fontelonga, Miguel)

Planta de Gas Fóra da Ría

Liberdade para Bernardo Bastida

Na defensa da Ría, da vida e da legalidade.


Convoca:
Comíte Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

venres, xuño 08, 2007

Programa radio kalimera Reganosa Vs Ferrolterra: Manifestaçom 3 de Junho em Ferrol

De: comochoconto@akalimera.org -comochoconto@akalimera.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Junho de 2007 11:09
Asunto: Programa radio kalimera Reganosa Vs Ferrolterra


Olá, som Edu da Kalimera a rádio livre de Compostela .

O Domingo em 3 de Junho 2007 estivemos em Ferrol para cubrir e participar da Mani contra Reganosa. Na terça feira día 5 foi emitido pelas ondas livres de Compostela este programa de comochoconto sobre esta perigosíssima planta regaseificadora instalada a poucos metros das vivendas de Mugardos e que constitue um autêntico e elevado risco para todas as moradoras e vissitantes da Bisbarra de Ferrolterra.

Está em cinco cortes em formato ogg.

Ficam à vossa enteira disposiçom para o que quiger.

Para aceder a eles vissitade a nossa página web:

http://www.akalimera.org

ou direitamente nesta ligaçom:

REGANOSA vs FERROLTERRA

Moito obrigadas pelo trato recebedo em todo momento.

Saúdos e saúde:

Edu (comochoconto da rádio kalimera)

Novo "éxito" do ecoloxismo comarcal, ao conseguirse paralizar o asunto da piscifactoría en Covas

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
"ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)"
-adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Junho de 2007 17:38
Asunto: Parabéns polo novo "éxito" do ecoloxismo comarcal, ao conseguirse paralizar o asunto da piscifactoría en Covas


Parabéns polo novo "éxito" do ecoloxismo comarcal, ao conseguirse paralizar o asunto da piscifactoría en Covas.

A ver se temos o mesmo éxito con Menáncaro:
Apobación definitiva do Plano de Sectorización Menáncao-Serantes [BOP]

e coa mina de andalucita en As Pontes:
Entidades ecoloxistas opoñense á mina de andalucita de Goente

Antonio García

Ferroliño

8 de xuño de 2007




A Xunta descarta de forma definitiva unha planta de acuicultura en Covas
  • El Ministerio de Medio Ambiente dice que estas granjas han de estar fuera de la Red Natura
  • Pesca no incluirá Ponzos dentro del futuro plan de parques de engorde de Galicia
____________________

Relacionadas:
Hai que salvar Pozos

Salvar Ponzos - SOS Ponzos
____________________

Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de xuño de 2007 02:19
Asunto: Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida


[Podese ampliar a imaxen da esquerda clicando acima dela]

Este venres 8 de xuño, cara ás 15:30 horas, desde Ferrolvello no Porto de Ferrol e diante do edificio da Autoridade Portuaria, terá lugar a saída da marcha a pé solidaria con Bernardo Bastida, Patrón Maior do Confraría de Pescadores de Ferrol, en prisión desde o pasado 30 de maio.

Tal marcha solidaria, foi un acordo da Asemblea Extraordinaria da Confradía de Pescadores de Ferrol, o mércores 6 de xuño, para realizala a pé desde o peirao de Ferrol cun percorrido total de 89 quilómetros ata as proximidades do cárcere de Teixeiro, a fin de manifestar publicamente que Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.

Dita marcha a pé, realizarase en tres etapas de 19, 42 e 28 quilómetros, por todos os mariscadores, pescadores e outros cidadáns que se inscribiron para a totalidade do percorrido, mais os que nos distintos concellos por onde discorra desexen acompañar en parte do percorrido dos concellos de Ferrol, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Coiros e Curtis.

A saída da marcha a pé en Ferrol realizarase no peirao de Curuxeiras cara ás 15:30 horas do venres 8 de xuño, con chegada final en Teixeiro prevista para o domingo 10 de xuño cara ás 15:00 horas. Na primeira etapa desde Ferrol a Pontedeume o percorrido de 19 quilómetros realizarase pola N-651, con chegada cara ás 20:00 horas e pasarrá a noite no pavillón municipal próximo ao porto de Pontedeume que xa foi solicitado ao Concello.

O sábado 9 de xuño a segunda etapa terá a saída ás 7 da mañá para camiñar un primeiro tramo de 29 quilómetros pola N-651 ata Betanzos con chegada prevista cara ás 13 horas, onde se realizará unha parada para comer. Cara ás 15:00 horas será a saída de Betanzos para un segundo tramo de 13 quilómetros ata o lugar de OIS no concello de Coirós, onde se pasará a noite nun pavillón cuberto.

A terceira etapa, o domingo 10 de xuño, con saída cara ás 7 da mañá de OIS, consiste nun tramo de 15 quilómetros na súa maior parte pola Nacional 6 ata Montesalgueiro, onde se sairá por unha estrada secundaria en dirección ao núcleo de poboación chamado A Castelá con chegada a este cara ás 11 da mañá, para realizar unha parada de avituallamiento e descanso. Cara ás 12 da mañá a marcha solidaria sairá da Castelá para percorrer os últimos 13 quilómetros ata un aparcadoiro próximo ao cárcere de Teixeiro onde portavoces dos organizadores da marcha dirixirán unhas palabras aos participantes e darán por terminada a marcha que se realiza no contexto de actuacións do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

A Asemblea Cidadá deste xoves nos locais da A.VV de Ferrolvello acordou animar a todos cantos poidan participar na totalidade do traxecto, ou en percorridos parciais dentro de cada concello, principalmente no último tramo de 13 quilómetros desde o núcleo de poboación da Castelá, logo de pasar Montesalgueiro, ata as proximidades do cárcere de Teixeiro.

Como apoio loxístico, unha furgoneta da Confradía levará os sacos de durmir. Así mesmo uns coches de apoio cun médico acompañarán á expedición para atender a quen o necesite.

Pola Confradía de Pescadores de Ferrol realizouse a correspondente comunicación á Delegación de Goberno, así mesmo enviou unha comunicación aos Concellos por onde discorre o percorrido, a fin de que dispoñan de efectivos de Protección Civil e de Policía Municipal que acompañen á marcha solidaria en percorrido correspondente ao termino municipal de cada Concello.

Conven acercarse ata o peirao de Ferrol o maior número de persoas posíble, para arroupar a saída da marcha solidaria con Bastida, e quen poida que camiñe ata a Ponte das Pías.

Esta e unha das actuacións acordadas na Asamblea Cidadá, ademáis de que unha representación acuda a concenración de Pontevedra as 20,30 do venres 8 de xuño na Praza da Peregrina, convocada pola APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra)

Carmelo Teixeiro.
Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
__________________________________

PARA APUNTARSE NOS AUTOBUSES, PODESE FACER CHAMANDO A UN DOS SEGUINTES TELÉFONOS :

690612737 ( Alexandre),
649024612 (Mel),
981-933223 (A.V. Fontelonga, Miguel):

Prezo aproximado: 5 €
__________________________________



xoves, xuño 07, 2007

Orde do día da Asamblea Cidadá de hoxe xoves 7 de xuño 2007

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
7 de Junho de 2007 09:24
Asunto:


Asamblea Cidadá de hoxe xoves 7 de xuño

Hai dous días por e-mail, xa se adiantou que hoxe xoves está convocada a Asamblea Cidadá para as 20,00 horas no local da A.VV de Ferrolvello,

Con este e-mil lembrase a mesma e aportase a información seguinte para quen poida traela coñecida:

Orde do día:

a) Coñecemento do auto de dilixencias previas procecimento abreviado nº 818/2007 co acordo de prisión provisional sin fianza ordenado pola Xuíz do Xulgado nº 6 de Ferrol, valoración do mesmo e contraste coa Sentencia do Tribunal Supremo que no seu dia anulou a consideracion de delito para os veciños do Concello de Gongora, Valle de Aranguren Navarra, quenes realizaron actuacions moito mais fortes para defender o medioambiente. Tamen darase coñecemento e valoracion sobre a Declaración de Bernardo Bastida na que anuncia que está sendo considerado como un preso politico e que vai iniciar unha folga de fame.

Adxuntase os correspondentes textos de Auto da Xueza do Xulgado nº 6, Sentencia 19-1-94 do Tribunal Supremo e a Declaración de Bastida de 5 xuño 2007. [Están en formatoPDF a quen lle interese a documentación que a solicite por correio-e a. comitecidadan@iespana.es]

b) Actuacións nos vindeiros días.

Nota: Os veciños de Gongora fixeron actuacións moito mais fortes que as do Comité Cidadán para ou bloqueo dous Gaseiros. En relación co conficto social dous veciños de Gongora, na sentenza 19-1-94 do Tribunal Supremo pode lerse:

"5) A protección do medio ambiente constitúe hoxe unha das preocupacións máis importantes da nosa sociedade á que case todas as Cidades, Pobos e Comunidades son especialmente sensibles. O art. 45.1º CE confire a todos o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como impón o deber de conservalo. Son moitos os instrumento internacionais que plasmaron esta xeral protección da que o TC e esta Sala fixéronse tamén frecuentemente eco."

Sin ser profesionales do dereito, modesta e sencillamente como cidadans que acatamos a Constitución de 1978, vemos con moita preocupación que a devandita sentenza do Tribunal Supremo non foi tida en conta pola proposta da Fiscalía do Xulgado de Ferrol trasladada o auto de prisión provisional para Bernardo Bastida acordado pola Xueza do Xulgado nº 6 de Ferrol, considerando delito o bloqueo dos gaseiros con actuacions pacíficas que teñen a finalidade de defender a vida da poboacion, o medioambiente da Ría de Ferrol e tamen a legalidade vixente.

Saúdos
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/

Marcha até a prisión de Teixeiro, pola liberdade de Bernardo Bastida e pola defensa da Ría

Mentras non temos comunicación oficial de como se vai desenvolver a marcha á prisión de Teixeiro, que acordou realizar a Asemblea de Mariscadores e Mariscadoras, cebrada onte en Ferrol, transcribimos, pola súa importancia, a noticia que publicaba hoxe o Diario de Ferrol.



A oposición á planta de gas fará unha marcha a Teixeiro

O colectivo opositor ao emprazamento no interior da ría ferrolá da planta de regasificación de Galicia levará este fin de semana as súas demandas ao cárcere de Teixeiro, a 85 quilómetros de Ferrol, onde permanece encarcerado de forma provisional o patrón maior da Confradía local.

REDACCIÓN > FERROL

As mobilizacións en contra da localización do complexo gasista de REGANOSA transcenden deste xeito o ámbito local para alcanzar ao provincial. A marcha dará comezo a primeiras horas da tarde de mañá venres e prolongarase por espazo de tres días, coa intención de cubrir unha media de 30 quilómetros por xornada para acabar na mañá do domingo ante a prisión de Teixeiro, onde, desde a noite do pasado 30 de maio permanece -salvo as horas do último martes empregadas na súa asistencia a un xuízo en Ferrol e unha comparecencia pola causa en curso- Bernardo Bastida.

Jaime Gabarri, portavoz da Confraría de Pescadores de Ferrol, asegurou que as mobilizacións manteranse durante estes días con actos paralelos dirixidos contra organismos da Administración. Gabarri non quixo adiantar o contido nin a natureza destas accións pero si sinalou que a intención do colectivo non é a de prexudicar á cidadanía. O mesmo portavoz convidou aos opositores ao complexo a sumarse a unha marcha que, dixo, ten carácter "pacífico e reivindicativo".

As demandas de liberdade de Bernardo Bastida, acusado de bloquear a entrada do gasero "Mourad Didouche" a pasada semana, así como do "Galicia Spirit" os días 7 e 8 de maio, partiron tamén doutros colectivos. É o caso da Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra, que convocou unha concentración para mañá en solidariedade con Bernardo Bastida. Tamén o comité de empresa de Navantia Fene reclamou a liberdade de Bastida, á vez que condenaba a "brutal intervención policial" do pasado 30 de maio.

Doutra banda, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia presentaron onte en Santiago o documental "O salario do silencio", que pretende informar sobre o "perigo" e as "irregularidades" do proxecto que promove REGANOSA.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

POR OUTRA BANDA LEMBRAR QUE HOXE, XOVES 7 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE VAI TER LUGAR UNHA ASEMBLEA CIDADÁ, CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO.
_______________________

mércores, xuño 06, 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 20 hs, na Asoc. Veciñal de Ferrol-Vello

CONVOCATORIA DA
ASEMBLEA CIDADÁ
XoveS, 7 de xuño,
ás 8 da tarde, nos locais da
Asociación Veciñal de Ferrol Vello
. INFORMACIÓN
. ANÁLISES
. PROPOSTAS DE ACTUACIÓNS
Planta de Gas Fóra da Ría
Bastida Liberdade
Na defensa da Ría, da vida e da legalidade.


Convoca:
Comíte Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
______________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 8 da tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello.

O Comité manifesta nunha nota, que o feito de que o pasado 30 de maio o Xuíz de Garda en Ferrol, a proposta da Fiscalia, dictara prisión para Bernardo Bastida, explica o que aconteceu o día anterior, cando os policias dirixirose directamente a deter a Bastida, cando procedía do mar do bloqueo do gasero Mourad Didocuhe.

Continuan dicindo que este 4 de xuño, na vista que se celebrou no Xulgado nº 6 de Ferrol, a Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión provisional sen fianza para Bernardo Bastida, que foi ratificada pola Xuíza titular do devandito Xulgado, a pesar de que o avogado defensor de Bernardo Bastida, entre outras probas achegou unha sentenza do Tribunal Supremo que sobreseía a un colectivo ecoloxista navarro, con actuacións simililares ao da Planta de gas .

O Comité Cidadán acordou convocar para este xoves a Asemblea Cidadá para analizar a situación e acordar posíbeis actuacións a raíz de que Bernardo Bastida segue na Carcel de Teixeiro e comezou unha foga de fame indefinida. A esa reunion da Asamlea Cidadá, o Comité Cidadán presentará unhas propostas de actuación a fin de compatibilizar as demandas e xestions por via administrativa das que están en curso ou se abriran por via xudicial. A súa vez comunica que segue pasando informacións cualitativas pois ve que agora é máis provábel que saían publicadas nos medios tanto locais como doutro ámbito.

A Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión incondicional sen fianza para Bernardo Bastida, a cal foi ratificada polo Xulgado nº 6 de Ferrol. Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol fai pública a declaración manuscrita e asinada que Bernardo Bastida realizou e transmitiunos o 5 de xuño, antes de ser trasladado á prisión de Teixeiro e que unha vez mecanografiada a continuación se transcribe. .

BERNARDO BASTIDA SIXTO, P.M. da Confraría de Pescadores de Ferrol

Declaro o seguinte:

1º.- Que non matei nin a 1 nin a 20 persoas.


2º.- Que non baleirei as ARCAS de ningún municipio nin ENTIDAD algunha.


3º.- Que o único delito que cometín, foi o de cumprir co meu papel de P.M. e RESPECTAR as decisións TOMADAS en ASEMBLEA.


4º.- Que me considero un preso político e evidentemente, perseguido pola administración ao servizo non do pobo, senón doutros intereses.


5º.- Que non cometín ningún dos delitos de que se me acusa, polo que non se pode xogar coa liberdade dunha persoa.


6º.- AGRADECER DE TODO CORAZÓN o apoio recibido de todos.


Ante isto e desde o día de hoxe, en contra dos meus desexos, como protesta e non como presión, declárome en folga de fame indefinida. É unha medida non grata, pero por DESGRAZA non me deixan OUTRA ALTERNATIVA.

Ferrol 5 de xuño de 2007.


Bernardo Bastida

[Texto manuscrito da Carta de Bastida, copia do orixinal, nos Arquivos Ártabros]
_____________________