domingo, xuño 17, 2007

Axuda urxente para O Courel !

Axuda urxente para O Courel !

Axuda urxente para salvar o Courel


Amigas e amigos: Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”. Esta Asociación, no outono de 2004, coa vosa axuda, fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta De Galicia na primavera de 2005 respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras tantas novas que se pretendían autorizar:

Na ladeira este da Serra, quedaban fóra as cuncas, xa totalmente aniquiladas do ríos Pacios e Vilarbacú, onde traballan 5 macrocanteiras de pizarra. Pero tamén deixaban fora na ladeira oeste: A cunca do Ferreiriño, para abrir xunto ao Pregue Tumbado do Courel a concesión CUPA II.2 E a metade sur da cunca do Lor, onde estaba previsto abrir 2 novas macro canteiras, CUPA II.3 e ILUSIÓN.2 e legalizar “La campa”, que traballaba xa, sen licencia municipal nin autorización do Consello da Xunta e con unha orden de peche de Urbanismo.
Agora, no 2007/2008, definitivamente o Courel será Parque Natural, un pouco máis extenso ao norte, que na proposta do 2005, pero outra vez gravemente mutilado ao sur, para as mesmas canteiras e as mesmas novas concesións; moi pronto 9 macrocanteiras canteiras á vez, “explotaran” a Serra.

Esta declaración que se invalida a si mesma, é a “sentencia” definitiva do Courel. Logo coa inminente próxima aprobación da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, Folgoso do Courel será declarado Concello Mineiro (artigo 46, páxina 28). E por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre o Parque Natural e poderán ir recortándoo na medida das “necesidades” .Do Pregue Tombado do Courel pouco queda que dicir, un fito xeolóxico único en Europa.Pero a metade sur da cunca do Lor tamén é algo único dentro da Rede Natura, unha das rarezas que fan extraordinario ao Courel, tratase da profunda incursión da zona bioxeográfica Mediterránea no interior da Atlántica, de excepcional riqueza faunística, un dos últimos hábitats do bufo real na Galiza, ave en perigo de extinción. As terras de Santa Eufemia, Baldomir, Vilamor, Froxán, Vilar, Castro Portela, Salcedo, a Montaña do Lor, Barxa de Lor, ... ; todo isto quedará fora do Parque Natural, todo por mor da “obsesión de non dar gastado os recursos naturais”A urxencia deste correo ven dada ante a inminente legalización da canteira “La Campa” por o Consello da Xunta de Galicia, tal e como se nos comunicou dende todos os Organismos Sectoriais competentes. A documentación xa está preparada na Comisión Superior de Urbanismo, para ser examinada. Xa alegamos reiteradamente ante as Administracións, que esta é unha explotación imposible por estar totalmente cercada polos ríos Lor e Loruda, por varios núcleos de poboación, pola estrada LU-651, polo souto de Santa Eufemia e no medio de un Espacio Natural. Máis cedo que tarde terá que ser clausurada, pero acontecerá despois de legalizada, e terá que indemnizarse á empresa con cifras astronómicas con cargo aos Fondos Públicos.

Que lle pedimos as Administracións para o Courel ?


Que declaren o Courel Parque Natural, que inclúa como mínimo as cuncas enteiras dos ríos Lor-Louzara, Soldón, Selmo e Ferreiriño, e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, hidroeléctricas, ....

Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura. E máis agora, que se prometeu case duplicar a superficie total da Rede Natura na Galiza. Que poñan xa de inmediato en marcha un Plan Urxente, no que participen todas as Administracións, para a recuperación ambiental, do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional. Este Plan debe estar implementado cun orzamento digno e suficiente, para a creación de empregos directos, que nós, no resumo do Plan de Desenvolvemento para o Courel, que enviamos a todas as administracións en novembro de 2005, calculamos en máis de 150 traballadores; para os que se necesitaría destinar aproximadamente 3 millóns de euros anuais. Esta cifra non é nada disparatada se temos en conta que no Principado de Asturias, con máis número de parques naturais, ningún recibe menos de 6 millóns de euros ao ano, así no Parque Natural de Somiedo empregaranse durante este ano 7,7 millóns de euros. Neste plan debese incluír necesariamente a dotación de servizos á poboación, para equipara o Courel ao resto da Galiza (sanitarios, asistenciais, culturais, de transporte, ...). Esto propiciaría, entre outras moitas cousas o retorno de emigrantes xubilados, para poder desfrutar por fin da súa Terra e na súa casa. A mellora da imaxe do Courel e a “seguridade de futuro”, multiplicaría a inversión privada e propiciaría a creación de empregos indirectos. Xa se quedou en que a Rede Natura tiña garantida a cofinanciación da Unión Europea. Ademais moitas institucións e fundacións están desexando colaborar; parece ser que unha Corporación Financieira Galega anda mirando de comprar unha Illa Atlántica e ao parecer tamén unha Devesa no Courel, e nos estamos seguros de que comprará tamén, a súa propia canteira que traballa no medio da cunca do Lor, entre Santa Eufemia e “a Campa”, para levar a cabo unha restauración ambiental exemplar”.


Que podes facer ti para axudar ?

Non se trata de axuda económica, pero pedímosche que teñas paciencia, que remates de ler este correo e llo reenvíes as túas coñecidas e coñecidos o antes que poidas. Non encontramos outra maneira para dar a coñecer ao Mundo o que no Courel está acontecendo. Ao final deste correo, van os enderezos electrónicos das distintas Administracións, cópiaos e reenvíalle este correo a esas Institucións.


Recollida de sinaturas.

Imprime nun folio o documento que xuntamos neste enlace, asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos: Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución, substituíndo “... os que abaixo asinamos” por o nome da mesma. Neste caso tes que baixalo en formato Word.Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras. (Debaixo de “Ao Presidente da Xuta de Galicia” pon en letra pequena “Envíeselle copia á Presidenta do Parlamento e a cada unha das Consellerías da Xunta” , isto non é para que o fagas ti, iso é para que o fagan dende Presidencia). As sinaturas recollidas mándaas, por correo, certeficado mellor, a Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.


Ou, se tes tempo e te queres implicar máis.

Sácalle unha copia a cada folio coas sinaturas, entrega o orixinal nun Rexistro Público e que che selen a copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas e cada unha das correspondentes copias. Podes acudir ao Concello, Subdelegación do Goberno, Delegación do Goberno, Correos, Xunta, Gobernos Autónomos, Embaixadas de España, Consulados, etc.

A copia-resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo. Se tes tempo, mellor certificada.

Non estaría mal que te quedaras cunha fotocopia da copia-resgardo, para que se queres, facer un seguimento do teu documento dentro da Administración.Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución, substituíndo “... os que abaixo asinamos” por o nome da mesma.

Non fai falla que te propoñas metas moi ambiciosas, mellor rexistrar menos e axiña que dilatar moito a tarefa. Ademais sempre poderás reiniciar o traballo de novo, se tes ocasión. A campaña durará ata o 21 de xuño de 2007, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.

Podes colgar na túa páxina Web o texto deste correo , ou calquera outro motivo relacionado co Courel (Fotos, “O Courel non se vende”, “Courel Parque Natural”, ....)

Gracias por axudarnos

Unha aperta
O Courel, 25 de abril de 2007

Asociación SOS Courel. Enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com,

Correos para as Administracións:

Moi Importante !! Cópiaos e reenvíalles este correo en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Presidente<secre.presidente@xunta.es>; Vicepresidente<gabinete.vicepresidencia@xunta.es>; C Presidencia<conselleria.presidencia@xunta.es; Economía<secretaria.gab@xunta.eco.org>; Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>, Confederación H<presidente@chn.mma.es>; c.pita@diputacionlugo.org, concello.folgosodocourel@eidolocal.es, culturaedeporte@xunta.es; Traballo< angelina.gutierrez.alvarez@xunta.es>, ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>; gabinete.sanidade@sergas.es; C Educación<conselleira@edu.xunta.es>; secretaria.turismo@xunta.es, CIndustria<fernando.xabier.blanco.alvarez@xunta.es>; montes.galicia@xunta.es, valedor@valedordopobo.com, registro@defensordelpueblo.es, gp-pp@parlamentodegalicia.es; gp-socialista@parlamentodegalicia.es; ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ C Vivenda<rosa.lopez.rendo@xunta.es>;C Pesca<carmen.vallejo.pousada@xunta.es>; C Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>; Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>; Calidade Ambiental<secretaria.dx.cal.aval.ma@xunta.es>; gp-bng@parlamentodegalicia.es; Presidenta<yolanda.aguiar.castro@parlamentodegalicia.es>;
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para saber máis do Courel, se tes tempo de ler.

I).- A propósito da canteira “La Campa”.

No BOE nº 160 de 6/7/2006, aparece publicado o Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Norte (Ministerio de medio Ambiente) relativo a información pública del proyecto de restauración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda) a su paso por el paraje de La Campa. T.m. de Folgoso del Caurel (Lugo) y de los terrenos, bienes y derechos necesarios para su ejecución”

No parágrafo 5º do dito anuncio di: “El río Redomás está invadido tanto por el banco de explotación de pizarra actual como por la escombrera de estériles aguas abajo de dicho banco, generando una gran contaminación de las aguas por la elevada concentración de sólidos en suspensión.”

O río Redomás ou Luruda (Loruda), afluente do Lor, non é outro que o que está ocupado por “La campa”, situada a 300 metros do Lor; pero se lemos atentamente o anuncio deducimos:

O río está moi contaminado e invadido tanto polas escombreiras como polo propio banco de extracción.

O Ministerio de Medio Ambiente, con fondos públicos, disponse a restaurar un río, desfeito por unha empresa, que funciona sen licencia Autonómica nin Municipal e cunha orde de peche dende o 2002 que non cumpriu en ningún momento. Esta orde foi ratificada polos Tribunais de Xustiza, ata o momento.
Para levar a cabo as obras, vaise expropiar un gran número de fincas, entre elas dúas da propia empresa, de Cupire Padesa.

Pero non se vai recuperar o cauce antigo, di “.... consiste en la apertura de un nuevo cauce para el río Redomás .....”. Despois de ver o Proxecto, puidemos comprobar que se trata de un “transvase total” cara outro río, o Redeirexa; co fin, supostamente, de que a auga non estorbe na canteira.

A maiores prevense outras obras extra, que parece que tería que facer a empresa: “... se diseña una nueva pista de circulación de vehículos paralela al cauce para el servicio habitual de la explotación,..” “.. Se prevé la construcción de dos pasos sobre el río Redomás resueltos mediante marcos de hormigón prefabricado,...””.. Se proyecta la remodelación de la escombrera existente,..” “...se procederá a la revegetación de la escombrera y de las márgenes del río con hidrosiembras y plantaciones, previo aporte de una capa de tierra vegetal o suelos reciclados...”

Este Proxecto, ten un custe de case 4 millóns de euros (3,744 millóns), e sería financiado con Fondos FEDER da Unión Europea. Esta cantidade está moi próxima ás axudas totais que recibiu o LEADER +, que xestionou a Asociación Rio Lor para 7 concellos en 7 anos (4,2 millóns de euros).

2).- O Plan “B”que funciona no Courel.

Este “Plan”, que non está escrito en ningún “papel” e vén de moi antigo, avanza de forma inexorable e non ten nada que ver coa Rede Natura, nin co Parque Natural. Este plan “oculto” consiste en despoboar o Courel para abaratar o aproveitamento “bárbaro” dos recursos naturais e librarse de “estorbos incómodos”. Por incrible que pareza, podemos demostralo cunha análise sinxela:

No 2002, suprimiuse a asistencia médica no Concello dende as 22 horas ata as 8 horas do día seguinte, cando dende que se activa o servicio de emerxencias ata a chegada ao hospital de Monforte, tárdase un mínimo medio de 3 horas, nun concello que queda illado pola neve e o xeo varias veces ao ano.

No 2003, os veciños do Courel pediron que se asfaltara a pista forestal que dende o Courel pasa dereitamente a Poboa de Brollón, para acurtar a chegada ao Hospital de Monforte en máis de unha hora e evitar o impedimento da neve. Non se recibiu resposta algunha.

No 2004 suprimiuse o transporte público, nun Concello onde a maioría da poboación está constituída por persoas maiores.

Os maiores do Courel máis desvalidos, vense obrigados tamén a emigrar. No Courel non hai Centro Residencia e por iso son dispersados polos Centros de toda a provincia de Lugo.

O 9 de marzo de 2006, O Consello da Xunta, sentencia sobre o futuro do Courel, ao decidir reformar a estrada LU-651, para convertela nunha superestrada:

O Consello da Xunta declarou hoxe a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo trazado (un total de 436 fincas) e estudo de impacto ambiental de dita estrada que da servizo a preto de 5.500 habitantes dos concellos lugueses de Quiroga e Folgoso do Courel. O acondicionamento da dita estrada mellorará considerablemente a seguridade viaria e terá unha especial repercusión no desenvolvemento económico da zona, xa que facilitará a circulación dos camións dedicados ao transporte da lousa, principal actividade industrial, que actualmente transitan por unha estrada moi estreita e sinuosa. Prevese que as obras dean comezo no segundo semestre deste ano, estando previsto

Coa reforma desta estrada, LU-651, que se orzamentará con 13,79 millóns de euros para 21 quilómetros, queda aparcada para sempre a vella aspiración courelá da “Estrada Dereita a Monforte”; a media ladeira, seguindo o canón do Lor, aproveitando unha pista forestal existente de 7 quilómetros, para acurtar 25 a distancia ao Hospital, evitando o illamento invernal e cun impacto insignificante.

Queda claro que para o Consello da Xunta, os veciños do Courel, xente maior na súa maior parte, a que mantén vivo o Courel, traballadora tamén, a que inviste as súas pensións honradas na súa Terra, a que aguanta gratis da única paisaxe tradicional que queda, do aparello etnográfico e arquitectónico, e da tradición cultural,.... nun dos mellores espazos naturais da Galiza, .... son menos rendibles economicamente que a producción de lousa.

Nin que dicir ten, que coa reforma da LU-651, “a alguén se lle escapará a man,” e converterán a metade da Serra nunha inmensa escombreira, e a ver quen se atreve a dicir algo porque lle soltarán esa frase contundente de “se poñedes pegas non a facemos e despois a ver que lle contades aos veciños”.

Salvo datos de última hora, ningún veciño do Courel traballa na recuperación e conservación ambiental. Na terra dos mellores soutos e devesas da provincia, non hai destinada ningunha brigada de prevención de incendios, e os aproximadamente 13 traballadores do lume, traballan habitualmente fóra do Concello.

Cando xa está de abondo demostrado, que as devesas, os soutos, as franxas de frondosas, os prados de rega, o labrado, ....constitúen os únicos cortalumes eficaces, aquí no Courel, séguese a desfacer os montes con grandes máquinas e plantando todo de piñeiros.

No final do século XX, á vista de que a Universidade de Santiago, quería construír un Centro Científico en Seoane, e non había solar, os veciños da vila pagaron do seu peto 12.000 euros para amañar un. Despois de 7 anos, outras tantas promesas e o “letreiro” da obra comido polas silveiras, os veciños aínda din que “desta vai” ¿ Quen non entendía o do Parque Natural?

A Ferrería, restaurada ou medio restaurada, hai arredor de 8 anos, con fondos públicos, permanece pechada ás visitas sen que ninguén saiba de quen é a culpa.

O albergue de Folgoso, cofinanciado con fondos LEADER +, despois de case un ano rematado, aínda non se abriu.

Mentres na Xunta estudian como explicarlle aos veciños o paso de Rede Natura a Parque Natural, seguen a correr polo Courel os rumores maliciosos e disparatados da “prohibición de apañar leña para o lume” e o de que “non se poderán apañar as castañas”.

Agora cando xa había orzamento en Medio Ambiente para “tapar con terra” os dous vertedoiros de lixo municipais, o Sr Alcalde non dá encontrado , ao parecer, aos donos das fincas a rexenerar. E alí segue o Castro de Megoxe entullado polo maior deles, ao carón do río Lor. Nós aproveitamos para pedir que non se “tape o lixo”, debe recollerse na súa totalidade e trasladarse a unha planta de tratamento.

SOS CAUREL: Emerxencia no territorio de maior biodiversidade da Galiza

De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de Junho de 2007 01:32
Asunto: Video e noticias da campaña de "O Courel"


SOS Caurel
Últimas noticias !!!





1ª) - Regaláronnos un vídeo para a Campaña, con imaxes do Courel e música de “Luar na Lubre”.

Video Courel “Luar na Lubre”:

http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

2ª) – Aprazamos a entrega das sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia ata o 21 de XULLO, un mes máis. Xa temos preto de 10.000, pero pódese dobrar facilmente esta cifra.

3ª) – Non recibimos ningunha nova dende Administración.


Máis axuda urxente para
O Courel !



DENUNCIA:

Ante o consenso de alomenos os 3 partidos políticos parlamentarios, para arrasar o Espazo Cultural do Courel, o territorio de maior biodiversidade da Galiza, aproveitando o despoboamento intencionado, non temos máis remedio que pedir máis axuda.

A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis dunha ducia delas.


PROPOSTA E OBXECTIVO:

Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao Courel, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor - Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...

A NOSA PROPOSTA DE PARQUE NATURAL:

O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello).


A PROPOSTA QUE FAI A XUNTA:

A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, para instalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira “Campa-Santa Eufemia”, que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza.

A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Pregue Tumbado de Campodola, ..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.


PRETENDEN LEGALIZAR UNHA MACRO-CANTEIRA NUN ESPAZO NATURAL DE GRANDE VALOR ECOLÓXICO E PAISAXÍSTICO.

Esta canteira, “Campa-Santa Eufemia”, que ocupa un Espazo Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira “Imposible”, acurralada polos soutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal.

Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, “Campa-Santa Eufemia”, terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas.


ALTERNATIVAS AO EMPREGO QUE XENERAN AS CANTEIRAS.

Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos:

A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamente dende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galiza aos do resto da minaría e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.

B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida. Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.

Que podes facer ti para axudar ?

Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido “Ao Presidente da Xunta de Galicia”, que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ou Inglés), asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos:

http://www.adega.info

Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución (báixao en formato -doc-), substituíndo “... os que abaixo asinamos” polo nome da mesma.

Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras.

As sinaturas recollidas mándaas por correo, preferiblemente certificado se podes, á “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”

Ou, se tes tempo e te queres implicar máis, entrega o orixinal no Rexistro Público máis cercan, e que che selen unha copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas. A copia resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”

A campaña rematará o 21 de XULLO de 2007 coa entrega de sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.

Engadimos a continuación os enderezos electrónicos das distintas Administracións, se o tes a ben cópiaos e reenvíalles esta información en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta.
____________________________
1º Grupo:

Presidente<secre.presidente@xunta.es>;
Vicepresidente<gabinete.vicepresidencia@xunta.es>;
C Presidencia<conselleria.presidencia@xunta.es>;
Economía<secretaria.gab@xunta.eco.org>;
Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>;
Confederación H<presidente@chn.mma.es>;
Diputación de Lugo<
c.pita@diputacionlugo.org,
>;
Concello deFolgoso<concello.folgosodocourel@eidolocal.es,>;
C.Cultura e Deporte< culturaedeporte@xunta.es>;
Traballo<
angelina.gutierrez.alvarez@xunta.es>;
________________________
2º Grupo

Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>;
Sanidade<gabinete.sanidade@sergas.es>;
C Educación<conselleira@edu.xunta.es>;
Turismo< secretaria.turismo@xunta.es>;
C. Industria<fernando.xabier.blanco.alvarez@xunta.es>;
Montes< montes.galicia@xunta.es>;
Valedor<
valedor@valedordopobo.com, >;
Defensor<registro@defensordelpueblo.es,>;
Parlamento Galicia<
gp-pp@parlamentodegalicia.es>;
Socialista < gp-socialista@parlamentodegalicia.es>;
__________________________
3º Grupo

C Vivenda<rosa.lopez.rendo@xunta.es>;
C. Pesca<carmen.vallejo.pousada@xunta.es>;
C Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>;
Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>;
Calidade Ambiental<secretaria.dx.cal.aval.ma@xunta.es>; Nacionalista<;gp-bng@parlamentodegalicia.es
>;
Presidenta<yolanda.aguiar.castro@parlamentodegalicia.es>
_________________

Engadimos igualmente, os correos dos medios de comunicación, se o tes a ben, cópiaos todos, e reenvíalles este correo:

correo@elprogreso.es, redac@lavoz.es, cronica@diariodepontevedra.com, info@anosaterra.com, noticias@vieiros.com, info@gznación.com, galicia@elcorreogallego.es, redaccion@farodevigo.es, info@galicia-hoxe.com, digital@laopinioncoruna.com, stgredaccion@efe.es, redacción@axencia.com, galicia@europapress.es, autonomias@servimedia.net, redaccion@xornal.es, redaccion@galiciadiario.com, redaccion@arroutadanoticias.com, redaccion@codigocero.com, info@noticiasgalicia.com, nosevendeacoruna@20minutos.es, galicia@abc.es, galicia@elpais.es, informativos.tvg@crtvg.es, xefinfo.radiogalega@crtvg.es, sociedad9_ssii.tve@rtve.es, edirecto@rtve.es, redaccion.c.tve@rtve.es, informativos.santiago@cadenacope.net, redaccion@cadenaser.com, Gaceta@recoletos.es, apenam@unionradio.es, lacoruna@ondacero.es, voces@radiovoz.com, informativosgalicia@antena3tv.es, mvelo@atlas-news.com, telelugo@elprogreso.es,

Unha aperta

O Courel, 14 de xuño de 2007

Asociación SOS Courel.

Defender O caurel !
Defender o Patrimonio de Tod@s !

Contacta con nós en:
soscourel@mundo-r.com

Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina:
http://www.ecotono.net/
_______________________

QUEN DISPOÑA DE MÁIS TEMPO OU QUERA IMPLICARSE MÁIS, NOS ARQUIVOS ÁRTABROS PODE ATOPAR UNHA INFORMACIÓN MÁIS COMPLETA E CON ENLACES DE INTERESE [+info]
______________________

sábado, xuño 16, 2007

Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Junho de 2007 00:33
Asunto: Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza




Recibimento festivo o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de sair do carcere, en liberdade sen fianza.

Sigo estando en contra da planta de gas onde esta situada”, foron as palabras mais aplaudidas e interrompidas a Bernardo Bastida, a metade do seu discurso duns 5 minutos e medio, por unhas seiscentas persoas, a maior parte mariscadores, que xunto con veciños da Ría de Ferrol, foran convocados pola Confradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol, abarrotando a Lonxa existente no peirao comercial de Ferrol.

Ás 17:20 da tarde deste venres 15 de xuño, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol era recibido de forma festiva, ata con foguetes, para celebrar a súa liberdade sen fianza tras pasar no cárcere de Teixeiro quince días desde o 30 de maio, en prisión provisional imputado dun inexistente delito de desobediencia á autoridade, sen que se tivese en conta que se trata dun conflito social, que se está agudizando por mor da lentitude da xustiza e os trámites administrativos irregulares a Reganosa, cuxa Planta de Gas desde o 9 de maio é unha ameaza para a vida humana e para a riqueza marisqueira, polas probas que iniciou por mor da entrada ilegal de dous buques metaneros que descargaron 250.000 m3 de gas natural licuado.

A Xuíza do Xulgado nº 6, en realidade dera de prazo ata o luns ás 15:00 ao avogado de Reganosa para que presentase por escrito as súas alegacións, despois de que o xoves 14 de xuño o Fiscal presentase un informe no que se adhería ao recurso de reforma presentado polo avogado Victor López Casal que defendeu a Bernardo Bastida desde o día 29 en que foi detido no peirao de Ferrol tras desembarcar dunha lancha cando regresaba da operación de bloqueo do metanero Mourad Didouche cargado de 110.000 m3 de GNL para Reganosa.

Toda a mañá deste venres existiu a preocupación de que o avogado de Reganosa esgotase o prazo que a Xuíz lle habia dado ata o luns ás 15:00, co cal Bernardo Bastida non podería saír hoxe do cárcere de Teixeiro e o recibindo habería que atrasalo ata o luns.

A noticia positiva coñeceuse hoxe venres cara ás 14,30 horas, cando se coñeceu que a Xuíz do Xulgado nº 6 habia asinado o auto de liberdade sen fianza para o Patrón Maior da Confraría de Ferrol e que xa o había comunicado por fax ao Cárcere de Teixeiro, despois de que o avogado de Reganosa, cara ás 14 horas, presentase un escrito adheríndose ao informe do Fiscal.

As primeiras palabras de Bastida na Lonxa de Ferrol foron para constatar que a solidariedade recibida doutros compañeiros do cárcere e así mesmo un trato exquisito e excelente, que entende foi polo apoio que recibiu do pobo de Ferrol e dos traballadores do mar, da Ría de Ferrol e doutras de Galicia. Especialmente deu as grazas á persoa que lle substituíu estes días como portavoz da Confraría. Bastida cre que estivo secuestrado porque non había ningún motivo para terlle no cárcere, pois non cometeu ningún delito de desobediencia nin de desacato á autoridade, dos que lle acusan.

Así mesmo que antes da entrada do primeiro gasero, é dicir, antes do 9 de maio, desde a Confraría enviáronse faxes ao Presidente da Xunta e ao Delegado do Goberno para dialogar e non se lles fixo caso. Así mesmo Bastida reclamou “os mesmos dereitos que teñen outros sectores para resolver as súas reivindicacións”, con negociacións e conflitos, polo que denuncia que desde a Administración queren converterlles aos traballadores do mar no único sector sen dereito a reivindicar como o fan os sindicados para outros sectores.

Por iso Bastida recordou que “todos sabemos que os traballadores neste país mais tarde ou mais cedo ven obrigados a mobilizarse”, engadindo que non vai negociar con quen lle esta denunciando, en referencia á Autoridade Portuaria, a Reganosa, ou a quen sexa, e que esa é a primeira reivindicación que porán encima da mesa. Finalizando con estas palabras “estamos como sempre abertos ao diálogo e á negociación, sen condicións, nin pola nosa banda nin pola deles, nada mais e moitas grazas”.

15 de xuño de 2007.

Carmelo Teixeiro
Coordinador del Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O noso Blog: http://comitecidadan.org
O noso correo-e: comitecidadan@iespana.es___________________

A noticia nas edicións dixitais dos medios convencionais:

Diario de Ferrol
Bernardo Bastida: "Sinceiramente, creo que estiven secuestrado"
Entre aplausos, abrazos, bombas de palenque e berros de benvida regresaba, pasadas as cinco da tarde de onte, Bernardo Bastida á lonxa de Ferrol. Alí agardábanno máis de 200 persoas, na súa maior parte mariscador@s, mais tamén membros do Comité Cidadá de Emerxencia e outros colectivos sociais que se manifestaron en contra da localización da planta de gas de Reganosa.
ROCÍO PITA PARADA > FERROL [+ info]



__________________________

Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio" que desde xa, pasará ser un documento imprescindíbel da Historia de Galiza e en particular de Ferrol. [Trailer]






__________

GALERÍAS FOTOGRÁFICAS DA MARCHA A TEIXEIRO

Teixeiro -1- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com

ETeixeiro -2- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello

Pontedeume : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 "A marcha pola defensa da Ría de Ferrol e pola liberdade de Bernardo Bastida, 8 de Maio de 2007"
Autor: artabra21@gmail.com
___

venres, xuño 15, 2007

Recebimento de Bernardo Bastida na lonxa do porto ferrolán [15.06.2007].

O Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, saíu da prisión de Teixeiro hoxe pola tarde. Na Lonxa do porto de Ferrol, sobre as cinco da tarde, o agardaban moitos mariscadores e mariscadoras, así como representantes do Comité Cidadán de Emerxencia e doutras entidades, nun acto emotivo. Esta tarde manifestou a vontade de porse a traballar para abordar o conflito pola entrada de buques gaseiros na Ría, pola ilegal e inadecuada localización da regasificadora da empresa REGANOSA, mais tendo en conta a súa especial situación. Polo que pediu á REGANOSA e á Autoridade Portuaria de Ferrol que retiren as denuncias interpostas contra membros da Cofradía, polo bloqueo dos buques Galicia Spirit e o Mourad Didouche, así como pola ocupación do edificio da Autoridade Portuaria. Manifestou o seu rexeitamento a actual localización da Planta de Gas, palabras que foron respostadas con aplausos das persoas que o escoitaban, e este agradeceu as mostras de apoio e solidariedade que recibeu durante os 17 días de prisión.

O autor da foto de arriba a esquerda é Kiko Delgado
____________________________________



Teixeiro -1- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com

ETeixeiro -2- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello

Pontedeume : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 "A marcha pola defensa da Ría de Ferrol e pola liberdade de Bernardo Bastida, 8 de Maio de 2007"
Autor: artabra21@gmail.com________

O xulgado de Instrución nº 6 de Ferrol, dicta un auto de liberdade para Bernardo Bastida, patrón Maior da Cofradía de Pescadores [15.06.2007]

Como se agardaba, pois o fiscal adheriase, onte, ao escrito de alegacións do avogado defensor, onde se pedía a liberdade incondicional, o Xulgado de Instrución nº6 de Ferrol, dictou hoxe, Auto de Liberdade para Bernardo Bastida que se atopaba en prisión desde o pasado 29 de maio.

Polo que só falta o trámite de que chegue o Auto por fax ao cárcere de Teixeiro, desde o xulgado, e sexa posto en liberdade o Pratrón Maior do pósito ferrolán.

A Cofradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol teñen convocada para hoxe, venres, 15 de xuño, ás 5 da tarde unha Asemblea Informativa nos locais da Lonxa do Porto de Ferrol, aberta a toda a cidadanía. Polo que se agarda que se lle faga un recebimento nese local no transcurso da Asemblea .

Agardamos, mais información do Comité Cidadán de Emerxencia, polo que continuaremos informando.
______________

Esquerda Unida-IU ven de presentar unha batería de preguntas no Congreso dos Diputados acerca dun conxunto de subvencións concedidas ao grupo Tojeiro

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de Junho de 2007 11:50
Asunto:b Esquerda Unida-IU ven de presentar unha batería de preguntas no Congreso dos Diputados acerca du n conxunto de subvencións concedidas ao grupo Tojeiro


Esquerda Unida-IU ven de presentar unha batería de preguntas no Congreso dos Diputados acerca dun conxunto de subvencións concedidas ao grupo Tojeiro

O goberno Aznar concedeulle ao Grupo Tojeiro subvencións por un importe de máis de 11.500 millóns das antigas pesetas, ao redor de 70 millóns de euros; subvencións que se ligaban a uns compomisos de investimento empresarial duns 44.000 millóns de pesetas e de 331 postos de traballo.

A nosa organización presentou unha batería de preguntas para indagar o grao de cumprimento dos compromisos adquiridos. A continuación segue o texto das preguntas presentadas no rexistro do Congreso dos Diputados

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

No marco dos incentivos rexionais aprobados para a área funcional de Ferrol entre 1995 ? 1998, o Grupo Tojeiro (promotor da planta de gas e da súa actual localización dentro da ría de Ferrol ) viu concedidos sete expedientes, correspondentes a un investimento total de 44.450 millóns das entón pesetas, e obtendo unha subvención polo importe de 11.557 millóns; subvención que viña ligada á creación de 331 postos de traballo.

A resolución de 10 de setembro de 1997 da Secretaría de Estado de orzamentos e gastos fai público o acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos pola que se resolven os expedientes de solicitude de incentivos rexionais previstos na lei 50/ 1985, e reflexa , pois, os expedientes concedidos ao Grupo Tojeiro :

código-exped./empresa/localización/Investimento(en de millóns-ptas.)/Subvención(en millóns-ptas)/emprego

C/447/P05 Sociedade 1 As Pontes -- 15.295 ---- 3.976 -- 50
C/448/P05 Sociedade 2 As Pontes ---- 6.892 ---- 1.791 -- 50
C/449/P05 Sociedade 3 As Pontes ---- 6.118 ---- 1.590 -- 50
C/450/P05 Sociedade 4 As Pontes ---- 4.370 ---- 1.136 -- 50
C/451/P05 Sociedade 5 As Pontes ---- 3.596 ------- 934 -- 50
C/452/P05 Sociedade 6 As Pontes ---- 1.624 ------- 422 -- 31
C/453/P05 Sociedade 7 As Pontes ---- 6.555 ---- 1.704 -- 50

Polo exposto,

Ao amparo do establecido no Regulamento da Cámara preséntanse as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno, para as que se solicita resposta escrita:

  • Coñece o Goberno do cumprimento dos compromisos aos que estaban vinculadas as subvencións concedidas ao Grupo Tojeiro?
  • Que documentos obran en poder da administración que certifican que foron cumpridos polo Grupo empresarial Tojeiro os compromisos que diron lugar á subvención referida?
  • Que medidas vai adoptar o Goberno de constatarse que non foron satisfeitos os obxectivos de emprego recollidos na petición das subvencións?
______________________________

Necesidade de someter o proxecto urbanístico para Menáncaro ao trámite de avaliación de impacto ambiental, di a Xunta de Galicia


A Comunidade Menáncaro, recibeu onte un escrito da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, onde se lles comunica, en resposta a varios escritos remitidos entre os meses de febreiro e maio deste ano, que o Concello non pode realizar nengunha actuación con respecto ao proxecto urbanizador dentro da Fraga de Menáncaro sen previamente someter o Plano de Sectorización ao trámite de avalición de impacto ambiental. Ao tempo que notifica que de non ser así , o Concello estaría a cometer unha infracción moi grave, segundo o disposto no RD Lexislativo 1303/1986 na úa actual redacción.

A mesma Dirección Xeral, fai referencia ao Informe desfavorábel ao Plano de Sectorización, emitido o 16 de Outubo do pasado ano, en pleno vigor, ao que o Concello ten que respostar, en todos os seus pontos, antes de calquer actuación.


_________
Comunidade Menáncaro
menancaro@gmail.com
http://menancaro.blogspot.com
_____________________

Agardase a posta en liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, para este venres, 15 de xuño

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 14 de Junho de 2007 23:02
Asunto: Agardase a posta en liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, para este venres, 15 de xuño


Hoxe antes das 14:00 horas era noticia que o Fiscal presentou un informe no que se adhire ao recurso de reforma presentado polo avogado defensor de Bernardo Bastida solicitando súa liberdade sen fianza. A Xuíz do Xulgado nº 6 deu de prazo ata as 15:00 horas do venres ao avogado de Reganosa para presentar alegacións.

Por iso existe a posibilidade de que, a máis tardar, ás 15:00 do venres a Xuíz do Xulgado nº6 acorde a liberdade sen fianza para Bernardo Bastida, e o comuníque por fax ao cárcere de Teixeiro, desde onde a viaxe a Ferrol en coche realízase nunha hora.

Para as cinco da tarde deste venres 15 de xuño, a Confraría de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán convocaron un acto informativo no recinto da Lonxa existente no peirao comercial Fernández Ladreda, á espera de que nesa mesma tarde se poida dar un bo recibimento a Bernardo Bastida.
____________________________

Interesante curso sobre "Ferramentas de comunicación audiovisual para a participación", para dotar ao movimento social de técnicas para a comunicación

De: Fuco Buxán -fucobuxan@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Junho de 2007 00:22
Asunto: Curso de Vídeo organizado pola ONG ACSUR - Las Segovias e a Asociación Cultural Fuco Buxán.


Curso de Vídeo organizado pola ONG ACSUR - Las Segovias e a Asociación Cultural Fuco Buxán.

Curso: Ferramentas de comunicación audiovisual para a participación.

Obxectivos: O obxectivo do curso é ofrecer a personas, pertencentes a organizacións sociais, as ferramentas básicas en comunicación alternativa e teoría e técnica audiovisual para a realización de documentais.

Contidos:

- Teóricos: Visionado e debate de diversos documentais sociais. Noticiero Intercultural. Visionado do NIC e das secuencias de ACSUR -Las Segovias. Que é o NIC? Por que o NIB? (Tedes máis información sobre o Noticieiro na web www.acsur.org).

Comunicación e sociedade. Medios convencionais de comunicación e medios alternativos: cara a comunicación participativa. Introducción ao Documental Social. Elementos e etapas deste xénero audiovisual.

Como manexala tecnología. A cámara (audio e vídeo) e a montaxe.

Linguaxe e narrativa audiovisual.

- Prácticos: Elaboración de guión. Plan de rodaxe. Rodaxe.
Guión de edición. Guión de Montaxe (este curso no inclúe formación en montaxe de video)

Duración: 40 horas repartidas en 7 días. Sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo (xornada completa, de 10 a 19h), con descanso para comer.

Desde o luns 2 ao venres 6 de xullo, en sesión de tarde (a partir das 17 até a 21h). O horario pode sufrir algunha lixeira variación.

Plazas: Máximo 15 personas. Suscripción por orde de chegada.

Tanto ACSUR como Fuco Buxán faranse cargo da maior parte do custe económico. Queda unha cuota por persoa de 70 euros, onde recomendamos que cada entidade se faga cargo da mesma, e para que non repercuta nos socios/as participantes.

O curso está aberto a todas aquelas entidades que conforman o Comité Cidadán e os diversos grupos amigos.

Tema: Sostibilidade medioambiental

Impartido por 2 monitores da ONG ACSUR-Las Segovias

Para reservar praza dirixir un correo electrónico o máis pronto posible, a fucobuxan@yahoo.es, ou ben confirmádeo a través do móbil 627.29.22.36 (Manuel Cendán), ou a través de calquera directivo de Fuco Buxán.

____
Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@fucobuxan.com
www.fucobuxan.com
_____________________

xoves, xuño 14, 2007

Festival Solidario coas poboacións que padeceron as inundacións o pasado mes de maio en Uruguai: domingo, 17 de xuño

A Asociación Cultural E.P. Uruguay - Galicia, chama a participar no Festival Solidario que se celebrará en Santa Mariña o vindeiro domingo 17 de xuño.

FESTIVAL SOLIDARIO COAS POBOACIÓNS QUE PADECERON AS INUNDACIÓNS O PASADO MES DE MAIO EN URUGUAI


Este domingo 17 de xuño, desde as 4 da tarde, na Asociación Veciñal de Santa Mariña - Ferrol, organizado pola Asociación Cultural E.P. Uruguay - Galicia.

Coa popular charanga "Araca la Cana" que dirixirá: Taller de Murga, Ritmo de Murga, Maquillaxe, Vestiario e Coro.

Haberá servizo de Bar: Tapas típicas de Uruguai e bebidas.

Entrada Solidaria: 2 €

Conta coa colaboración de: CCOO, CIG, Concello de Neda, Caritas de Ferrol e do Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos.

Telefono de contacto: 619 085 350

O obxectivo do festival é o de recadar fundos destinados aos damnificad@s polas inundacións sufridas o pasado mes de maio en Uruguai, as peores inundaciones registradas en Uruguai en 50 años. Ao menos 11.500 persoas tiveron que ser evacuadas dos seus fogares. Os principais problemas rexistráronse en Durazno, Mercés, e Trinta e Tres. Precisamente, na capital do departamento de Durazno tivo que ser evacuado o dez por cento da poboación -que apenas supera os 30 mil habitantes- debido á crecida do río Yí, cuxo canle atopábase trece metros por encima da súa altura normal. Fontes da Asociación e a Federación Rural destacaron que as perdas na gandería, pola morte de gando vacún e ovino, e na agricultura, especialmente nos cultivos de soia, "serán millonarias"

ENLACES RELACIONADOS DE INTERESE:

Reportaxen completa:
Reportaxe especial de Quebec Noticias sobre as inundacións en Uruguai e os seus efectos.

Wiki noticias:
Graves inundacións en Uruguai.


Uruguai:
país atlántico e ribeireño.
______________________

Vertidos de sopa química que sae de REGANOSA; situación de Bernardo Bastida; contenciosos; próximo gaseiro; Entrevista en TVG e SER; ...

De: Carmelo Teixeiro
-carmeloteixeiro@iespana.es-

-comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de Junho de 2007 21:38

Asunto: Entrevista en TVG; fotos dos vertidos de sopa química que saen de Reganosa; xuntanza do CCE e situación da liberdade para Bernardo Bastida, pendente da decisión do Xulgado nº 6 de ferrol


Entrevista en TVG; fotos dos vertidos de sopa química que saen de Reganosa; xuntanza do CCE e situación da liberdade para Bernardo Bastida, pendente da decisión do Xulgado nº 6 de ferrol


ENTREVISTA NA TVG: AO COORDENADOR DO COMITÉ CIDADÁN

"Na páxina Web da TVG (en Television á carta) ou na do Comité Ciudadán http://comitecidadan.org , pode verse a entrevista realizada na maña do mércores 13 de xuño de 2007, en directo, no informativo matinal de TVG titulado BOS Días, cunha duracción de dez minutos.

Entrevista na TVG

Notas aclaratorias da entrevista.-

Carmelo Teixeiro prefireu non perder tempo en correxir o nome que se lle asignou de Presidente do Comité Cidadán de Emerxencia, o cal non e corectro, xa que é o de Coordinador.

Tamén sinalara que as cifras que menciona de auga do mar que Reganosa pretende usar, "300.000 toneladas e 600.000 toneladas", son cifras redondeadas por día. A primeira cifra corresponde a capacidade de Regasificación de 322.500 m3/hora que consta na autorizacion a Reganosa para a que precisaría duns 43 barcos ao ano, un cada 9 días. A segunda cifra correspondería a ampliación que pretende de 800.000 m3/hora para o que precisaría susministro dunhos 105 metaneiros ao ano, un cada tres días de 140.000 m3,.

Admais de respostar claramente a situación de Bernardo Bastida nese momento, nesa entevista Carmelo Teixeiro tratou de aportar un contido claro de que REGANOSA non e estratéxica, e tamén de que a súa Planta de Gas aínda non está feita, para saír ao paso de persoeiros que están equivocados uns e outros queren enganar á poboación e tamén enganarse a si mesmos. Ademais nesa entrevista trata de aportar as claves de como pode e debe ser resolto, a favor da poboación e dos intereses de Galicia, o conflicto social que REGANOSA ven formulando desde hai case dez anos.


SOPA QUÍMICA: VERTEDURAS DE REGANOSA

As fotos que se achegan son dos vertidos de REGANOSA nunha das súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escolleira e próximo a costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dos metros de diametro, de onde sae a "sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito". Nesas probas debe saír unha cantidade menor da que corresponde a vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por debaixo dos 11.000 m3/hora correspondentes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorización de REGANOSA como capacidade nominal.



CONTENCIOSOS CONTRA REGANOSA

Na súa reunión semanal deste martes pasado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol deu un repaso aos últimos contenciosos administrativos en trámite, un contra o proxecto de verteduras de Reganosa aprobado por Augas de Galicia, organismo autonómico dependente da Consellería de Medioambiene e sobre o cal estes días estanse tomando fotos da "sopa química" con costra de espuma que sae da descarga de verteduras no dique oeste dos peiraos de Reganosa, e que non é continua xa que se supón prodúcense nas horas nas que realizan probas de regasificación con vaporizadores tipo ORV que teñen capacidade para usar 11.000 toneladas por hora de auga do mar que sae esterilizada, con restos de cloro e de bisulfito sódico. Se esta pendente de tomar mostras para analizar eses verteduras.


RECURSO DE ALZADA: CONTRA A AUTORIZACIÓN EN PROBAS

Así mesmo informouse do recurso de Alzada que estes días presentouse en Madrid ante o Ministerio de Industria contra o acta de 4 de maio asinada por Francisco Barroso Palomino, Director da área de Industria e Enerxía da Coruña, pola que autorizou a irregular posta en servizo parcial por tres meses de Reganosa sen que teña resoltos os condicionados de distancias á poboación e de saída de emerxencia de buques gaseiros aos que está suxeita a súa autorización de construción, coa ameaza que iso supón para a vida da poboación da Ría.


AVALIACIÓN: MARCHA A TEIXEIRO

Tamén se analizou e valorou como moi positiva a repercusión que en todos os medios tivo a marcha a pé que organizado pola Confraría de Pescadores de Ferrol, foi realizada ata o cárcere Provincial de Teixeiro, desde os días 8, 9 e 10 de xuño, reclamando a liberdade para Bastida e na que se estima unhas mil persoas participaron nos últimos quilómetros do percorrido e na concentración na praza-aparcadoiro do penal.


ENTREVISTA RADIOFÓNICA NA SER: A PATRICIA GABEIRAS

Igualmente valorouse moi positiva a entrevista na radio SER realizada o luns por Gema Nierga a Patricia Gabeiras, cara ás seis da tarde no faladoiro na que se atopaban Santiago Carrillo e Herrero de Miñon, na que ao longo duns 12 minutos falaron do conflito social que supón Reganosa coa súa pretensión dunha Planta de Gas dentro da angosta Ría de Ferrol, no que Miguel Herrero de Miñon pediu facilitáseselle mais información xa que desexaba escribir sobre iso, considerando que a defensa do medioambiente é algo esencial a defender, afirmando que a ameaza de Reganosa é máis fácil de evitar, que os problemas que a nivel mundial están expostos co cambio climático. Finalmente nesta entrevista na Radio SER, Patricia Gabeiras informou da prisión incondicional sen fianza na que desde o 30 de maio atópase Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, coa acusación de desobediencia á autoridade. Herrero de Miñón manifestou que lle parecía unha barbaridade xa que por desobediencia á autoridade habería que meter no cárcere á metade da poboación española.


SITUACIÓN XUDICIAL DE BERNARDO BASTIDA

En canto á situación de Bernardo Bastida o Comité Cidadán deuse por informado de que a Xuíz do Xulgado nº 6 ten que tomar unha decisión este mércores ou xoves sobre o chamado “recurso de reforma e subsidiario de apelación” que o noso avogado presentou contra o auto nº 818/2007 de cinco de xuño polo que dita Xuíz ratificou a prisión provisional sen fianza que o día 30 de maio acordara o Xulgado nº 7. A parte de reforma do recurso quere dicir que se lle pide á Xuíz que deixe en liberdade a Bernardo Bastida. Se non o deixa en liberdade automaticamente o recurso convértese en apelación á Audiencia Provincial. Xa que logo estamos todos á espera do que dita Xuíz decida, nas próximas 24 horas, se deixa en liberdade a Bastida ou se opta pola súa continuidade na barbaridade de prisión incondicional.


POSÍBEL ENTRADA DUN NOVO GASEIRO

En relación cun posible terceiro gasero, o CCE deuse por informado das conclusións onte da Asemblea da Confraría de Pescadores de Ferrol, no sentido de que se Bastida continuaba en prisión tratarían de impedir a entrada dese terceiro gaseiro cargado de GNL, así mesmo que se Bastida quedaba en liberdade estes días, que se reunirían de novo en Asemblea para tomar as decisións que lles parezan procedentes.


AVALIACIÓN DA PASADA ASEMBLEA CIDADÁ

En canto á Asemblea Cidadá da semana pasada, o CCE valorou como moi positivas as distintas intervencións e iniciativas, entre elas a posibilidade dunha gran manifestación para este mes de xuño. Así mesmo que para o caso de que un terceiro gaseiro intente entrar na Ría de Ferrol cargado de GNL, o CCE considera que a Asemblea Cidadá xa avaliou tal posibilidade. Finalmente á espera do que estes días resolva a Xuíza do Xulgado nº 6 en relación coa liberdade de Bastida, postgeriormente o CCE continuará sua reunión, para tamén analizar o novo escenario resultante, tendo en conta de que desde a Conselleria de Industria por unha banda, e pola de Pesca por outra, parecen estar a codazos facendo intensos esforzos por minimizar o conflito de Reganosa, coma se fose soamente un problema dos mariscadores.
__________________________
Para contactar co Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
________________________

Case todas as noticias que se producen con respecto a REGANOSA



Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA

Actualizado: Xoves, 14 de xuño de 2007, ás 08:30 hrs.
_______________________

Publicado o FUNDAMENTO 4º que invalida técnica e legalmente a localización da planta que está construíndo REGANOSA na Ría de Ferrol
_____________________

mércores, xuño 13, 2007

Denuncias veciñais e políticas pola explotación dunhas canteiras nunha zona de protección ambiental en Vilabuide, na parroquia ferrolá de Valón.

Polo seu interese na loita medioambiental, transcribimos esta noticia publicada no xornal comarcal Diario de Ferrol, máis adiante informaremos sobre este asunto de Vilabuide, na parroquia de Valón [Ferrol].

Diario de Ferrol
Ferrol | Mércores, 13 de Xuño de 2007

Denuncian a explotación de canteiras nunha zona de protección ambiental

A explotación dunhas canteiras na zona de Vilabuide, na parroquia ferrolá de Valón, ocasionou críticas veciñais e tamén de agrupacións políticas, que denuncian que se trata dunha zona recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal como de protección ambiental.

Por este motivo, Esquerda Unida-Esquerda Unida denunciou publicamente os danos ambientais que se están ocasionando con esta explotación de canteiras en Valón-Doniños e que se puxeron de manifesto nos últimos días.

Con esta exposición, EU-EU faise eco, ademais, das denuncias veciñais da zona que tamén realizaron o seu pertinente denuncia ante a Policía Local.

O aviso dos veciños, como informa a través dun comunicado Esquerda Unida-EU, levou á zona de extracción a efectivos policiais que levantaron acta da explotación das canteiras que, ao parecer, carece dos preceptivos permisos nunha zona protexida. Desde a organización política enténdese que resulta necesario paralizar de inmediato a extracción de area de mina das dúas canteiras que, segundo as informacións veciñais, carecen do correspondente visto e prace tanto de Minas como do Concello.

Así mesmo, desde Esquerda Unida faise especial fincapé en que as canteiras afectan a un espazo que o Plan Xeral de Ordenación Municipal que rexe no concello ferrolán contempla ese espazo como de protección ambiental, polo que unha actividade destas características non está prevista no documento urbanístico.

Ademais, a organización engade que o tráfico de camións dun peso superior a dez toneladas tamén afecta á estrada, que non está pensada para vehículos destas dimensións e para o tráfico continuado.

Por estas razóns, demándase urxencia para que o goberno municipal en funcións deteña o que desde Esquerda Unida-EU definen como "agresión ambiental".

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

Asemblea Xeral de Mariscadoras e Mariscadores que se celebrou onte, 12 de xuño

Pendentes dunha nota do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e polo seu interese, transcribimos esta nova que hoxe publica o xornal comarcal Diario de Ferrol, sobre o contido e acordos da Asemblea Xeral de Mariscadoras e Mariscadores que se celebrou onte, 12 de xuño, na Lonxa do Porto de Ferrol, onde participou o Citado Comité Cidadán.

Diario de Ferrol
13 de xuño de 2007

Supeditan calquera negociación á liberdade de Bastida

Os mariscadores da Confraría de Ferrol decidiron onte intentar bloquear a entrada do terceiro gasero para Reganosa se antes da súa chegada non se pon en liberdade ao seu patrón maior, Bernardo Bastida. Ambas as circunstancias poderían coincidir nos próximos días, segundo púxose onte de manifesto nunha asemblea celebrada na lonxa ferrolá e á que asistiron unhas 150 persoas. Segundo Jaime Gabarri, portavoz dos mariscadores, hai expectativas de que a xuíza tome, entre hoxe e mañá, a decisión de deixar en liberdade ao patrón maior ferrolán.

REDACCIÓN > FERROL

Bastida cumpre hoxe catorce días en prisión provisional e sen fianza, desde o pasado 30 de maio, imputado pola súa participación no bloqueo da ría para tratar de impedir a entrada do "Mourad Didouche", o segundo buque metanero con gas natural licuado par a planta de gas de Reganosa.

Apelación > Gabarri recordou que o pasado venres se presentou nos xulgados ferroláns un escrito de apelación contra a decisión da xuíza Elvira Méndez de ratificar a medida de prisión provisional contra Bastida. O portavoz do depósito declarou que, segundo indicou aos mariscadores o avogado defensor do patrón maior, Víctor Manuel López Casal, a maxistrada deberá tomar unha decisión nas próximas horas. A Confraría e membros do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol presentes na asemblea calculan en que en menos de dous días haberá unha resolución. De non ser satisfactoria, o que equivale a que Bastida quede en liberdade, a asemblea decidiu onte case por unanimidade -fóra de dúas abstencións, precisou Gabarri- que intentarán impedir a entrada do terceiro gasero, esperado para finais desta semana ou principios da próxima, segundo o colectivo.

"Bastida somos todos. Non sería coherente quedarnos agora en casa. Bastida é o patrón maior e o único que facía era acatar o que decidía a asemblea", sinalou Gabarri. "O barco, se Bastida está dentro ou non hai indicios de negociación con el, se podemos non entra", sentenciou.

Compromiso > O recurso de apelación acompañouse cun escrito do propio Bastida, entregado onte á Fiscalía, no que se compromete a sentar a negociar "o que sempre quixemos: falar do dano que nos fai a planta de gas. Imos avalialo e despois, asinamos o que teñamos que asinar", engadiu Gabarri. Mentres tanto, "non haberá ningunha clase de negociación sen Bastida, porque el é o interlocutor que nós eliximos nas urnas", asegurou, a pesar de que din recibir intentos de contacto por parte da Xunta para iniciar a negociación. "Eu síntome a falar do patrón maior con quen sexa, pero de Reganosa senta a falar Bernardo Bastida", espetou Jaime Gabarri.

Se se cumprisen as súas expectativas de liberación, o portavoz dos mariscadores di que se convocará unha nova asemblea para analizar a situación.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

Enlace cunha noticia relacionada no Diario de Ferrol, sobre a denuncia que interpuxo a Autoridade Portuaria a mariscadores e membros do Comité Cidadán
___________________

Nesta sexta, palestra do sociólogo basco Justo de la Cueva

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Junho de 2007 01:13

Asunto: Nesta sexta, palestra do sociólogo basco Justo de la Cueva



Nesta sexta-feira, contaremos com a presença de Justo de la Cueva, sociólogo e militante da esquerda abertzale, que falará da situaçom actual no País Basco. "O conflito basco hoje" é o título da palestra, que começará polas 20:30h no nosso centro social. Clica em "continuar" para aceder a uns dados biográficos de Justo de la Cueva.

A palestra desta sexta-feira fai parte da visita ao nosso país do conhecido sociólogo e advogado basco, que também participará numha conferência similar na Baiuca Vermelha, centro social localizado na vila de Ponte Areias.

Como alguns e algumhas lembraredes, é a segunda vez que visita a Fundaçom Artábria, pois já participou numha conferência no nosso anterior local social, anos atrás. Esperamos contar, como sempre, com a tua assistência.

Justo de la Cueva nasceu em Madrid em 1937. Vive em Navarra desde 1980, aderindo já naquela altura à esquerda abertzale basca. Autor de numerosos estudos sociológicos e políticos, enre os que podem ser destacados:

- Metamorfose nazi fascista del Estado español (1981)
- La crisis de CINDU-EUSKADI (com Margarita Ayestarán,1982)
- Tortura y sociedad (com VVAA, 1982)
- La escisión del PNV. EA, HB, ETA y la deslegitimación del Estado español en Euskadi Sur (1988)
- Negación vasca radical del capitalismo mundial (1994)
- Esos asesinos que impunemente matan cada día a miles de personas: los automóviles (1996)

Além do mais, foi no seu dia promotor do site da Rede Basca Vermelha, que informava na net sobre a situaçom social e política no País Basco, até ser fechado pola Justiça espanhola, sendo pioneiro e especialista em temas relacionados com a contrainformaçom através da Internet.

Em relaçom à Galiza, e junto a Margarita Ayestarán, foi autor, em 1974, de um dos primeiros estudos de campo sobre usos sociais do nosso idioma: Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974. Galleguidad y conflicto lingüístico gallego.

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival