venres, agosto 17, 2007

Abortado o intento de entrada na Ría do 6º buque gaseiro.

Hoxe pasadas as 8:30hs. da mañá, o buque "Akwa Ibom", non tivo mais remedio que abortar o intento de entrada na Ría, pola presión cidadá, pois as lanchas da Xente do Mar e o Comité Cidadán, bloquearon a Ría impedindo que o perigoso buque entrara na Ría poñendo en perigo á poboación.

A Guardia Civil ten detido a un mariscador, José Angel Rios, sen dar explicación de tal proceder. O avogado do Comité Cidadán xa está sobre o asunto.

Hoxe ás 20:00hs. está convocada unha nova concentración no peirao de Ferrol. Non hai confirmación de que o gaseiro vaia a entrar na pleamar desta tarde, mais o Comité Cidadán ten convocado igual a cacerolada. Así como mañá, Sábado 18 de Agosto, ás 8:00hs. da mañá que sí é mais probabel que o intente.

Esta é unha nova vitoria da cidadanía de Ferrol-Terra.


[Seguiremos informando]

A Xente do Mar e o Comité Cidadán, en lanchas, dirixense até a bocana da Ría para impedir a entrada do Akwa Ibom cargado de GNL para REGANOSA

Hoxe, 17 de Agosto de 2007, desde as 6:45 hrs, mariscadores, mariscadoras, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e doutras entidades cidadás e ecoloxistas, de Ferrol Terra embarcaron en lanchas, para intentar impedir a entrada do buque metaneiro Akwa Ibom na Ría de Ferrol, polo perigo que supon para a cidadanía que moramos ao rededor da Ría ferrolán.

A Xente do Mar e o Comité Cidadán, en lanchas, dirixense até a bocana da Ría para impedir a entrada do Akwa Ibom cargado de GNL para REGANOSA.

xoves, agosto 16, 2007

Este venres, 17 de agosto, nova concentración no Porto, contra a entrada na Ría do buque metaneiro Akwa Ibom, cargado con gas para REGANOSA

O Akwa Ibom, sexto metaneiro con destino a Reganosa cargado de GNL, ao final non entrou na Ría de Ferrol, por supostas razons técnicas. A súa chegada ao Golfo Ártabro está prevista para esta madrugada e a entrada na Ría, aproximadamente, para as 8 da mañá. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, decideu manter a convocatoria desta tarde, onde participaron un número importante de persoas. A cacerolada durou máis de media hora de continua percusión de protesta pola ilegal entrada do gaseiro cargado de gas natural liquado procedente de Nixeria.

A convocatoria foi un grande éxito o que demostra que a cidadanía non está disposta a deixarse coacionar polo poder económico que ten secuestrado ao poder político que goberna en Compostela, cómplice da actual situación de apoio a REGANOSA.

O Comité Cidadán de Emerxencia, interpuxo unha denuncia no xulgado de garda de Ferrol, contra a entrada do gaseiro na Ría de Ferrol, pois o "ilegal" permiso de funcionamento en probas que lle deron a REGANOSA, remataba este 4 de agosto, data na que se cumprían os tres meses do "ilegal" período de proba.

Este venres, 17 de Agosto, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ten convocada unha nova concentración cidadán ás 7 e 1/2 da mañá no Porto de Ferrol, para amosar a nosa protesta pola chegada do Akwa Ibom con GNL, para REGANOSA.
___________________

Pulpiño Viascón, Turu e a Asociación Veciñal de Caranza este venres, 17 de Agosto visitarán á veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal "o Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Agosto de 2007 17:14
Asunto: ACTUACION VENRES 17 AGOSTO AS 18:00 HORAS


ACTUACIÓN VENRES 17 AGOSTO AS 18:00 HORAS


NA PLAZA DO CONCELLO DE MUGARDOS O VENRES 17 DE AGOSTO ÁS 18:00 HORAS ACTUARA EN ACTO SOLIDARIO COS VECIÑOS PECHADOS EN CONTRA DA UBICACIÓN DA PLANTA DE GAS DE REGANOSA:

PULPIÑO VIASCÓN (SERRUCHO)
E
TURU (GAITA)



NOTA: Contamos con que o grupo MACACO se achegue a saudar e solidarizarse cos veciños sobre as 17:00 horas do venres
________________________

A Asociación Veciñal de Caranza - Ferrol, ten programado un venres SOLIDARIO coa veciñanza de Meá pechada na Casa do Concello de Mugardos desde o pasado 23 de xullo e REIVINDICATIVO contra a localización de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.

Este Venres 17 de Agosto, proxección ao aire libre (se o tempo non o permite, proxectarase no salón de Actos do Centro Cívico de Caranza) do documental elaborado e emitido por TVE a través do Programa LINEA 900: UN GASODUCTO NO MEU XARDÍN

Organizan: A. Veciñal de Caranza "Cuco Ruiz de Cortazar" e o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol.

Tamén en apoio aos veciños e veciñas pechados na Casa do Concello de Mugardos, ás 17hs. sairán dous autobuses do Mercado de Caranza para aqueles que desexen e poidan acompañar durante tres horas a Asocición Veciñal de Mehá no seu peche en protesta pola ubicación da Planta de Gas.

Os autobuses son gratuitos e se cubrirán as plazas por orde de chegada aos mesmos.

Na Asociación Veciñal de Caranza, dispoñen de bandeiras con o lema "Planta de Gas, Fora da Ria" ao prezo de 1€.

Teléfono
981 325 852
Fax
981 325 500
Correos electrónicos
correo@avvcaranza.es
secretaria@avvcaranza.es

Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...

De: Adega-Trasancos Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 15 de Agosto de 2007 18:15

Asunto: Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...



Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...

Queridos/as compañeiros/as: Espero que esteades moi ben e pasando un bó verán ....¡sen lumes..!!!

Unhas cousas:

-saíu a exposición pública o proxecto de facer un novo porto deportivo en Cedeira (DOG 13.8) (embaixo vai o texto): valoralo por se poden presentar alegacions, e ver se non fan máis desfeitas pola Ría de Cedeira

-seguen as actividades de apoio á veciñanza pechada polo asunto planta de gas en Mugardos

*e hai previsión nova entrada de novo gaseiro o xoves día 16 ás 19,23: dende as 18,30 temos concentración no peirao de Ferrol, para cacerolada, e seguramente para algunha acción sorpresa.

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 18:30 hrs, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

*seguimos cos apoios a veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos. Xa teñen páxina web (blog) http://ocruceiromeha.blogspot.es e o correo é: ocruceiromeha@yahoo.es .

-Novo éxito do ecoloxismo local: Rexeitado o proxecto para facer un campo de golf en Covas-Marmadeiro: ¡imos que nos saímos!! (entre o de Menáncaro, Brión, campo de golf, proxecto ríos, . ¡non paramos de ter éxitos por un tubo!!

Unha aperta e sigades pasando un bó verán


Antonio Gª
Adega-Trasancos

Enlaces de interese:

_________

Diario Oficial de Galicia
luns, 13 de agosto de 2007

VI. ANUNCIOS

Resolución do 16 de maio de 2007 pola que se somete a información pública o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental de instalacións náutico -deportivas en Cedeira, no concello de Cedeira (A Coruña) e promovido pola UTE Comercial Internacional, S.L. e Bardera, S.L.

O 28 de decembro de 2005, o presidente de Portos de Galicia acordou a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Cedeira (A Coruña) para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa, a favor da Unión Temporal de Empresas Comercial Internacional, S.L. e Bardera, S.L., autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público marítimo terrestre.

Polo que, de acordo coa lexislación vixente, faise público o proxecto de execución de instalacións náutico deportivas en Cedeira subscrito en xaneiro de 2007 pola enxeñeira de camiños, canles e portos Enma Mª Viqueira Cruz para que entidades, corporacións ou particulares interesados poidan presentar por escrito as reclamacións que consideren oportunas, no prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa 5A-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, onde poderán examinar a documentación correspondente durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, en cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de trinta (30) días hábiles, o órgano substantivo someterá o estudo de impacto ambiental ao trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución de instalacións náutico deportivas en Cedeira, situado no concello de Cedeira, provincia da Coruña.

Segundo.-Para os efectos informativos, poranse ao dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, en Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na provincia da Coruña.

-Concello de Cedeira.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2007.

(Orde CPTOPT de substitución, 3-5-2007, DOG nº 86, do 4 de maio)

Mar Chao López
Presidenta de Portos de Galicia
_____________________________

mércores, agosto 15, 2007

Cartaz da marcha Cidadá a Mugardos do vindeiro venres 24 de Agosto de 2007


martes, agosto 14, 2007

O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 14 de Agosto de 2007 19:50

Asunto: Sexto Metanero con destino a Reganosa


O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 coa única pleamar diurna dese día ás 19:23 horas.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, 14 de agosto de 2007

Achego nota.

Carmelo Teixeiro


O sexto metanero con destino a Reganosa, chámase Akwa Ibom. Foi construído no ano 2004 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é Bonny Gas Transport Bermuda Shell. Cunha eslora de 285 metros ten capacidade para transportar 134.487 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, descoñecéndose neste momento a carga que trae, o seu desprazamento total é de 118.000 toneladas. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 ás 19:23 horas, coa única pleamar diurna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Segundo acordo da última Asemblea Cidadá do pasado 9 de agosto o Comité Cidadán de Emerxencia convocará como mínimo unha cacerolada nos peiraos de Ferrol, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles.

A continuación unha foto do Metanero Akwa Ibom, tomada de Internet, na que se pode apreciar que o seu tamaño é dos máis grandes.

________________

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 18:30 hrs, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

_________________

luns, agosto 13, 2007

Praza de Sartaña: nova vitoria veciñal

Na Praza de Sartaña, o anterior Goberno Municipal da dereita [PP e IF], tiñan o empeño de facer un chamado Centro de Deportivo, de Ocio e Saúde. Dando a concesión por uns 50 anos a unha empresa privada amiga [SERVIOCIO], sacrificando a praza de todas e todos, en beneficio dun negocio privado.

A veciñanza levaba case tres anos de loita continua, opoñéndose por todos os medios posíbeis a este despropósito, manifestándose, concentrándose, reuníndose tódos os venres, asistindo aos plenos municipais, e por suposto presentando as correspondentes alegacións e recursos.

A veciñanza de Sartaña reivindicaba unha Praza Pública, un espazo de todas e todos que se acondicione e remodele, para un mellor uso e disfrute, mais que siga sendo pública.

Hoxe luns, 13 de agosto, a Xunta Local de Goberno, constituida logo do proceso electoral do pasado 27 de maio, decideu paralizar o Proxecto Sartaña, conforme ás demandas cidadáns, e dar paso a unha remodelación da Praza con participación veciñal.

A veciñanza do barrio de Ultramar, ten que estar contenta pois un dos seus colectivos máis activo, coerente e tenaz, consigueu gañar unha loita de vital importancia para o movimento popular e veciñal da cidade. Con unidade, loita, tenacidade e tendo a razón, é posíbel.

O Colectivo Veciñal de Sartaña, participa, na Plataforma Ártabra 21, e con esta loita van tres, primeiro foi a paralización do macro edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], logo a paralización da urbanización da Fraga de Menáncaro e agora quedou paralizado o do intento de destruír a Praza de Sartaña. O movimento social de Ferrol estamos de noraboa.

PRAZA DE SARTAÑA SEMPRE PÚBLICA !!

________________________

domingo, agosto 12, 2007

Teatro solidario en Mugardos: martes, 14 de agosto

De: bartoleta teatro -bartoletaferrol@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 11 de Agosto de 2007 15:55
Asunto: Teatro solidario en Mugardos



O Grupo

“ Bartoleta Teatro”

da A.VV. “Ensanche A” de Ferrol

en solidaridade coa veciñanza de Mugardos pechada no Concello, e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

levará a cabo

o martes, 14 de agosto,
ás 20,30 horas


na praciña xunto ó Concello de Mugardos

un ensaio aberto da súa obra en cartel:

“Ataque Verbal”



(Adaptación da obra de Elvira Lindo e Miguel Albaladejo)

Dirixe:

Helga Méndez.

Invitamos a asistencia.

Duración aprox. 1 hora.


¡¡¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!!!




Visita a nosa páxina en :

http://spaces.msn.com/members/bartoletaferrol
__________________

Antes da interpretación do grupo teatral, terá lugar a actuación, ás 8 da tarde, do cantautor:

ROGER DE FLOR

__________

Do Courel a Corrubedo I.- A terra e o home.

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Agosto de 2007 11:32
Asunto: Artigo de X. M. Beiras


de catro a catro
Do Courel a Corrubedo I.- A terra e o home
XOSÉ MANUEL BEIRAS

Si, a Corrubedo, non a Compostela. No itinerario de Novoneyra profetizaba il, interrogativamente, viaxar por terra liberada. No meu, agora mesmo, meio século despois, cadroume tripar aínda terra colonizada, ou sexa, asoballada -e ter que aturalo, de momento. De momento? Case outro meio século máis antes da declaración de amor do Uxío, Cabanillas escribía "Da terra asoballada". Polo que semella, inda dura. Non foi a xeración de Cabanillas, a dos tempos chegados. Non o fora a de Pondal, que o dera por certo. Non o ía ser a do Uxío, pesia a forza dun amor que non pode ser inútel. A este paso, pra cándo viaxarmos "por terras libradas"?. Qué tangaraño é ise que unha e outra vez semella erradicado, mais unha vez e outra reaparece en novas formas -que muda mais non se esvai?

Terra e home, onda nós, son unha mesma cousa, unha mesma realidade, simbiose inseparábel de dous entes animados na que ún é prolongación recíproca do outro. Niso somos primitivos, seguímolo a ser, por moito que varíen as formas de civilización nas que vivamos. Acórdaseme escoitar a voz de don Ramón Otero falar da paisaxe. Da sua noción de paisaxe, nada que ver coa plástica e convencional. Deixouno escrito en moitos recantos da sua imensa obra. Paisaxe e cultura, veume agora ás mentes aquil volume pioneiro de Grial, suscitado por il se non me engano, de cando a censura denegara o permiso para unha revista en galego, e os de Galaxia ensaiaran o circumloquio editorial dos volumes monográficos colectivos -que tampouco lles valera: paráranos en seco aos poucos números. Escoito a don Ramón dicir que poucas culturas populares criaran unha paisaxe tan humanizada como a galega. Até o ponto de formaren terra e home unha comunión "transustancial" -ésta si- recíproca, na que resultaría impensábel calquera dos dous elementos sen o outro. Ben sei: algo disto dáse en tódalas culturas paisáns de andaina ancestral. Algo, si. Mais o caso está no degrau de intensidade desa ósmose, no calado da impregnación recíproca e na múltiple diversidade das dimensións nas que se manifesta eiqui. Polo demais, abonda con tripar o país, observar con atención, ter trato cos seus paisáns -sexan labregos ou non, moren no país ou fóra, na beiramar, nos chaos ou na montaña. Ao que vou: onda nós, non existe a natureza como tal, poisque a natureza, onda nós, é humana tamén. Eiqui, mancar á natureza é ferir ao home, ferirnos a nós mesmos. Eiqui, unha agresión ao meio redunda nunha amputación, nunha mutilación somática do ser humán galego: todos, até os urbanitas, compartimos as raiceiras e a seiva dos carballos e ameneiros.

Coidaredes, se cadra, que deliro. Poidera ser. Con todo, ao sumo, estarei a soñar esperto, que é cousa ben distinta -é a odiseia da imaxinación. Malpocado o ser humán que careza dela, ou que nela non ouse aventurarse. Coma o "homo industrialis", o que todo o ve plano, sen terceira dimensión. Disposto, por iso, a achanzalo todo, para pólo á medida da sua chata visión, onde todo é realidade inerte, inanimada -natureza morta, iso é. Mais non. A cousa é máis real do que parece. Está a acontecer perante e arredor de nós. En poucos dias, transitei do Courel a Corrubedo, foi por azar. E repetiuse a historia -ou conto estilo Poe -nesas duas estremas do noso país. Percibir esa reiteración foi o que me fixo matinar. Ou, máis ben, cismar, cando menos de primeiras, porque as reflexións virían máis logo, a modiño, da man de rememoracións que ían emergullando do fondo do meu tempo vivencial. Tal como os dicires de don Ramón encol da paisaxe. Até recalaren na relación terra e home, ese binomio en simbiose indisociábel onda nós. É dicir, nun fenómeno que é cultura, e non simples civilización técnica. Nunha relación onde a terra non é un obxeto, unha cousa, senón un interlocutor humanizado e vivo -como na poética de Uxío, de Noriega, de Manuel, de Avilés tamén. Unha prolongación do ser e o existir individual e colectivo dos seres humáns galegos. Xa está, iso é: a biosfera, un anaco da biosfera do planeta Terra eiqui, onda nós, onde A Terra quer dicir a nación.

As ciencias sociais -e, nelas, a economía- andiveron longo tempo a espernexaren e dar moitas voltas arredor de sí, para ceibárense do corsé positivista que situaba á natureza -a terra- extramuros das formacións sociais humanas, e contemplaba as relacións con ela como relacións coas cousas, confinadas nunha condición pasiva, e meramente paciente. Até que, á forza, descubriron que as sociedades humáns son subconxuntos da biosfera que as abrangue e as integra nunha mesma totalidade, nun sistema: o ecosistema, mesmamente. Sobre a natureza non se actua de xeito unidireicional : home e natureza inter-actuan, como elementos, ou partes, dun mesmo sistema, ambolos dous sometidos ás mesmas leis do conxunto. Ningunha intervención humán é gratuita, o ecosistema deféndese e responde. Ningunha agresión fica impune, a natureza víngase. E a natureza non sabe de rendibilidades, nen lucros, nen tasas de xuro. As categorías mentais do "homo economicus" non funcionan nos ecosistemas. As ciencias sociais nacidas ao servizo dese especimen con orelleiras tiveron que aprender esas verdades elementais. Os antropólogos foron pioneiros, moito lles debemos. Pola contra, algunhas, como o "economics" neoliberal, néganse inda hoxe a aprendéreno. Vailles resultar demasiado tarde, se algún día entran en razón. Contan que, cando o Titanic bateu co iceberg e comezou o naufraxio, algúns pasaxeiros ricos precipitáronse ás caixas fortes pra arrecadaren as alfaias que gardaran nelas: de pouco lles valeron no fondo do mar. O Titanic é hoxe o planeta enteiro, gobernado pola soberbia pitoña dun kapital -non capitán- depredador ecocida. E nese planeta estamos nós, paisáns galegos en simbiose de terra e home, dende o Courel a Corrubedo. Compre parármoslle os pés.

É sabido que cando a unidade da mente se escinde devén esquizoide, e abrolla a esquizofrenia. É o mal que padece o "economics", esa praxeoloxía da cobiza ao servizo do "homo economicus" neo-ultra-liberal que o cousifica todo, a comezar pola natureza e a seguir polo proprio ser humán. Acontece a cotío, perante e arredor de nós, díxenvolo xa. En variados níveis e degraus, en ocasións larvadamente, con frecuencia venialmente, polo xeral habitualmente, convirtido en prática acostumada na que todos participamos maquinalmente. Mais ás veces tamén, mesmo a miudo, exacerbadamente. Cando é abrupta a rotura do binomio terra-home, e que a intrusión depredadora faise ostensíbel, e socialízase descaradamente o destrago, e atinxe no corpo social inervacións non anestesiadas, vivamente sensíbeis á doorosa mutilación. Daquela, saltan as alarmas na consciencia do común, que acorda, érguese e rebélase -muda, de súbdito a cidadán.

Aconteceu en Mugardos-Ferrol, onde prosegue a loita cívica do asisado común fronte á paranoia dunha bomba potencial de gas licuado. Acontece no Courel, contra as toupeiras da lousa no sochán dun tesouro biolóxico ancestral. Comeza a acontecer tamén en Corrubedo, ameazado de ser agnusdei mariñeiro na ara ritual das fábricas de proteínas para ictívoros sen padal. Menudo "triángulo das Bermudas" deslocalizado -fisterrán. Espricareivolo mañán- digo, na vindeira prédica dominical. Profana, ollo. Até xa.

________

Solidariedade com a vizinhança de Meá fechada na cámara municipal de Mugardos

De: Nosup-trasancos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Agosto de 2007 16:14
Asunto: Solidariedade com a vizinhança de Meá fechada na cámara municipal de Mugardos


Solidariedade com a vizinhança de Meá fechada na cámara municipal de Mugardos

NÓS-Unidade Popular quer manifestar publicamente o seu apoio aos vizinhos e vizinhas directamente afectadas pola instalaçom dos depósitos de gás de Reganosa, em Mugardos, e que ocupam as instalaçons da cámara municipal desse concelho desde o passado dia 23 de Julho.

É lamentável que um governo municipal teoricamente de esquerda como o que ocupa a instituiçom municipal mugardesa tenha permitido e mesmo apoiado a estratégia empresarial do Grupo Tojeiro por cima dos interesses da sua própria vizinhança, que se vê abocada a reclamar que se detenha a actividade ilegal e perigosa de Reganosa.

A proximidade de numerosas casas é o mais evidente perigo que a actividade gasista de Reganosa anuncia e que, com toda a razom, a vizinhança de Meá denuncia. No entanto, devemos lembrar mais umha vez que a comarca toda está ameaçada polas manobras marítimas dos gaseiros que já entram na nossa ria e pola actividade em terra da planta de gás de Mugardos.

Somamo-nos a revindicaçom vicinal de que seja anulado o plano de emergência aprovado pola Junta da Galiza, por nom garantir a segurança das pessoas que vivem nas proximidades dos depósitos, e exigimos a imediata e definitiva paralisaçom das actividades de Reganosa na nossa ria.

Trasancos, 8 de Agosto de 2007

NÓS-Unidade Popular

Assembleia Comarcal de Trasancos
_____________

sábado, agosto 11, 2007

Acto de protesta ante J. L. Méndez Romeu e mobilización de solidariedade da xente do mar coa veciñanza de Mugardos na súa loita contra REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 11 de Agosto de 2007 01:34

Asunto: Actividades do Comité Cidadán e da Cofradía de Pescadores de Ferrol



Unha gran pancarta co lema ¡Planta de Gas fóra da Ría!, foi despregada onte, 10 de agosto, ás 12,30 horas diante de José Luís Méndez Romeu, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do que depende Protección Civil de Galicia, mentres interviña no Castelo de San Felipe en Ferrol.

Por outra banda un grupo de mariscadores de Ferrol, ás 13:30 horas foron por mar coas súas lanchas ata Mugardos para amosar a súa solidariedade e apoio á veciñanza que ocupa a Casa do Concello desde o pasado 23 de xullo.

O organismo autonómico Protección Civil de Galicia depende da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cuxo titular é José Luís Méndez Romeu, quen hoxe interveu nun acto no Castelo de San Felipe en Ferrol, no patio onde fai 71 anos foi fusilado Xaime Quintanilla, que fora Alcalde socialista en Ferrol ata o ano 1934. No acto de homenaxe celebrada hoxe que se iniciou pouco despois das 12 do mediodía, logo da intervención da Concelleira de Cultura Yolanda Díaz e do Alcalde de Ferrol Vicente Irisarri, cando comezaba a intervención de José Luís Méndez Romeu, un grupo de compoñentes da Asemblea Cidadá e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, enfronte a uns quince metros de distancia, despregou unha pancarta duns dez metros de longo por un metro e medio de alto, na que con letras vermellas podíase ler o lema ¡Planta de Gas Fora dá Ría!. Así mesmo outras persoas despregadas dúas bandeiras de fondo vermello, co mesmo lema, que estes dias estanse difundindo pola Ría de Ferrol.

O ente autonómico Protección Civil de Galicia aprobou recentemente un Plan de Emerxencia Exterior para Reganosa, a propósito de que coa localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol ningún Plan de Emerxencia Exterior serve para previr o risco de catástrofe e as miles de victimas que pode provocar a actividade dunha Planta de Gas moi próxima á poboación e sen existir garantía de que os buques gaseros cargados de gas natural licuado poidan saír ao mar polos seus propios medios e con rapidez en caso de emerxencia segundo require a normativa aplicable. En atención a natureza do acto, a protesta limitouse a exibir as pancartas sen as habituais voces de ¡Planta de Gas fora dá Ría!.

Por outra banda un grupo de lanchas de mariscadores de Ferrol acompañados de membros da Asemblea Cidadá e de Comité Cidadán de Emerxencia, ás 13:30 hrs desprazáronse por mar ata Mugardos, para visitar e saudar aos veciños encerrados na casa do Concello, percorrendo as rúas de Mugardos con megáfonos e voces que, a quen atopaban ao seu paso nas terrazas dos bares e nas casas, anunciaban ían visitar aos veciños encerrados, así mesmo con lemas como ¡Planta de Gas Fora dá Ría! e tamén o de ¡Mugardos escoita Meha somos todos!. Entre os mariscadores ían varios membros do Cabildo da Confraría de Mariscadores de Ferrol, entre eles o seu Patron Maior Bernardo Bastida, quen a través dun megáfono manifestou que estaba alí para saudar aos veciños e veciñas encerrados e que todo o colectivo de afectados por Reganosa na Ría de Ferrol, entre eles tamén os mariscadores e mariscadporas, seguirían mobilizándose co lema ¡Planta de Gas fóra dá Ría!.


Carmelo Teixeiro

Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
___________________

venres, agosto 10, 2007

Resultado da XV Asemblea Cidadá, celebrada o 9 de Agosto en Ferrol Vello

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de Agosto de 2007 09:14
Asunto: XV Asamlea Cidadá



Achegamos o informe de situación e plan de actuación que foi aprobado na XV Asemblea Cidadá realizada onte, 9 de agosto, a partir das 8 da tarde nos locais da Asociación de Veciñal de Ferrol Vello.

Carmelo Teixeiro
Croordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Tarefas ou actividades pendentes a 9 agosto de 2007

Desde a Asemblea de finais de xuño

Elaborouse un plan de actividades coas propostas recibidas e convocouse unha primeira Mesa de Traballo a principios de xullo, na que se acordou unha Delegación para ir á manifestación de Quilmas en Carnota. Así mesmo puxéronse ao longo do mes e ata o 30 de xullo dunhas seis mesas para recollida de firmas. Tamén concretouse a data da gran mobilización para o 30 de setembro e un boletín o número 13 cun resumo para divulgar a ameaza de Reganosa.

A raíz do peche de veciños de Mugardos iniciado o 23 de xullo fixéronse comunicados de prensa de apoio e promovéronse visitas de solidariedade. Convocouse a Asemblea Cidadá en Mugardos o venres 27 de xullo, na que se acordou un pasaruas con cacerolada, realizado o domingo 29 de xullo.

O día 27 de xullo a Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Industria e Enerxía entregóuselle un dossier con documentación dos condicionados que debe ter en conta e que a Reganosa élle imposible de resolver. Devandita Area de Industria e Enerxia é un organismo provincial periferico, con sede na Coruña, que ten a competencia para aprobar ou non o acta de explotación comercial a Reganosa, que esta ten obligación de solicitar segundo prescribe a autorización de construción de 13/2/2004. Nesa oficina do Area de Industria e Enerxía o 27 de xullo informáronnos que Reganosa aínda non solicitara o acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo. Este mes de agosto a devandita oficina ten persoal de vacacións e dá a impresión que a súa lentitude fará que ese trámite se atráse para o mes de setembro, mais estaremos atentos

O martes 31 de xullo tivo lugar unha segunda Mesa de Traballo que se realizou en Mugardos, e concretáronse mesas para recoller firmas ata o cinco de agosto na Feira Medieval. Van recollidas unhas 2.000 firmas, e no resto de agosto hai que aumentar o numero de mesas en grandes actos.

Por iso nestes momentos todas as nosas actuacións e mobilizacións teñen como obxectivo solicitar que non sexa aprobada o acta de funcionamento comercial ou definitivo para Reganosa.

En canto a esta XV Asemblea Cidadá e nestes momentos.

Esta Asemblea Ciudadá reafirmou que o noso obxectivo segue sendo a derrota de Reganosa e os poderes que lle apoian, solicitando ás autoridades competentes que non autoricen a entrada en funcionamento comercial de Reganosa, en base a que non pode resolver os condicionados de distancias suficientes ata a poboación e de saída de emerxencia dos buques gaseros. Todo iso a fin de que a Planta de Gas de Galicia se situe no Porto Exterior que desde o ano 1994 está recoñecido con suficiente illamento e con declaración de impacto ambiental favorable para a unha Planta de Gas.

Sabemos que os promotores de Reganosa non soen quedarse cos brazos cruzados e que a súa resposta pode ser a través dos seus diversos mecanismos de prepotencia que lle vimos ostentar nos últimos sete anos. Hai aínda denuncias de Reganosa e por ateigados que foron presentados contra mariscadores a raíz do bloqueo dos dous primeiros gaseros no mes de maio.

Do colectivo globalmente afectado na Ría de Ferrol, os veciños de Meha e os Mariscadores son os mais directamente afectados. Desde o mes de maio a raiz das actuacións cos gaseros que entraron cargados de GNL, en o CCE somos conscientes diso, e por iso estámoslles prestando todo o noso posible apoio nas súas demandas ou reclamacións en relación cos danos e prexuízos que Reganosa causoulles ata a data ou que poida provocarlles no futuro o caso de que lle fose aprobada a entrada en funcionamento definitiva. No caso de que a Reganosa non lle sexa aprobada a entrada en funcionamento definitiva, tal e como estamos solicitando, todo simplificaríase e a Ría de Ferrol tería via libre para o seu desenvolvemento sostible.

En resumo esta XV Asemblea Cidadá concretou o plan de actuacións ata o 30 de setiembre, tendo como elemento novo e positivo o peche dos veciños de Meha na casa do Concello de Mugardos, sobre o que a Presidenta da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meha deu información aos asistentes.

Tarefas ou actividades pendentes a 9 agosto de 2007

1.- Firmas para que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa. Recollidas unhas dúas mil, hai que aumentar en Ferrol o numero de mesas por semana e en grandes actos das festas. Os escritos con firmas enviaranse a:

1.1 Ministro de Industria e ao Director do Area de Industria e Energia da Coruña, solicitándolles non autoricen o acta de funcionamento comercial ou definitivo de Reganosa.
1.2 Os grupos parlamentarios galegos a fin de que o Parlamento Galego para que a Xunta de Galicia retírese dos seus recursos de casación ao Tribunal Supremo, contra as dúas sentenzas do TSXG que anularon a falsa tramitación ambiental a Reganosa aprobada no 2001 pola Consellería de Mediambiente e pronúnciese por unha planta de gas no Porto Exterior ou en mar aberto.

2.- Entrevistas e/ou escritos:

* Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Industria e Energia da Coruña. Solicitude entrevista, 12/7/2007 por correo e por fax.), Realizada conxuntamente coa A.VV Meha.
* Protección Civil de Galicia. Solicitude enviada 12/7/2007 por correo e fax, dáse realizada por AVV de Meha o 26 de xullo a raiz do peche de veciños na casa do Concello de Mugardos.
* Escrito a Protección Civil. de Madrid, enviada 13/7/2007. Sen resposta.
* Presidente da Xunta Emilio Perez Touriño, Entrevista, solicitada o 19 de xullo por CCE. Sen resposta. Solicitada tamén pola AVV de Meha o 31 de xullo.
* Vicepresidente Xunta: Anxo Quintana, Entrevista, soilicitada por CCE 19 de xullo. Sen resposta.
* Conselleiro de Medio Ambiente: Manuel Vázquez. Entrevista pendente de solicitar.
* Conselleira de Política Territorial: Maria José Caride. Entrevista pendente de solicitar.
* Alcalde de Ferrol. Vicente Irisarri.. solicitada por CCE o 10 de xullo, reclamouse estes días.
* Presidente da Autoridade Portuaria. Amable Dopico Freire. Pendente de solicitar.
* Ministro de Industria en Ferrol o 11 de xullo. Entregado dossier, pendente de resposta. Solicitada entrevista ao mesmo e a DGPEyM por veciños pechados no concello de Mugardos.
* Delegado Provincial Conselleria de Industria: Luís Barcia Picos. Solicitado informe de Seguridade, pendente resposta e entrega do mesmo. Pendente solicitar entrevista.
* Entrevista con Anxela Bugallo, para posta in situ do xacemento romano de Caldoval. Pte solicitar.
* Entrevista cos alcaldes de Fene, Naron e Neda, pendente de solicitar.
* Escrito a Reganosa para que cancele o seu proxecto e trasládeo ao Porto Exterior, advertíndolle que desde o CCE apoiaremos a outros promotores que soliciten unha Planta de Gas no litoral exterior.

3.- Mobilizacións:

* Peche no Concello de Mugardos desde o 23 de xullo, de veciños de Meha máis próximos a Reganosa.
* 10 agosto ás 13, lanchas de mariscadores saen de Ferrol a visitar os veciños encerrados en Mugardos.
* Marcha a pé desde Ferrol a Mugardos, saída desde Ferrolvello, estudando a posibilidade dun percorrido para marcar puntos que estean a 2.000 metros de onde descargan os gaseros.
* Caravana de coches con bandeiras desde Ferrol a Mugardos.
* Turnos de varias persoas que de noite ou de día participen no peche de Mugardos.
* En caso de chegada dun gasero con gas natural licuado, como mínimo unha concentración con cacerolada-tamborrada en Ferrolvello ou no Peirao de Mugardos, sen descartar outras actuacións con lanchas para manifestacións por mar, ou para obstaculizar a entrada dos gaseros, de forma real ou simbólica.
* Pequena comisión para organizar en Ferrol outras mobilizacións durante agosto e setiembre.
* Proxección da reportaxe de Liña 900 e do documental de Namche Films. O 17 de agosto pola A.VV. de Caranza na praza do Centro Civico. Pola A.VV. Fontelonga en Esteiro en data a determinar.
* Reunión de intelectuais galegos en Ferrol.
* Falar con artistas de festas de Ferrol para que divulguen ameaza de Reganosa e que visiten Mugardos.
* Visita ao Parlamento Galego con mobilización diante do mesmo. Pendente de organizar.
* Todas as actuacións farán proxección e referencia á gran mobilización do 30 setiembre.
* Viaxe a Bruxelas para presentar en man información adicional e/ou nova denuncia no caso de que fose autorizada a entrada en funcionamento definitivo de Reganosa,

4.- Materiais e distintivos:

* Segunda edición de 400 camisetas iguais ás anteriores ou cunha foto diante na que se vexa un gasero fronte a unhas lanchas de mariscadores e co slogan ¡Planta de Gas Fora dá Ría!. Pendente financiamento.
* Bandeiras para colocar en fiestras e coches, co slogan ¡Planta de Gas Fora dá Ría!. En distribución.
* Cartel e pancarta para a manifestación do 30 de setiembre.

5.- Financiamento

* Donativos en conta bancaria, co resto logo de gastos pendentes de peritaje e procuradores.
* Venda de camisetas e bandeiras. Pendente cobrar gran parte das bandeiras distribuídas.

Aclaración veciñal: A situación dos expropiados en Canido é a día de hoxe exactamente igual que a que había antes das últimas eleccións municipais

De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de Agosto de 2007 12:40
Asunto: AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS DE VIVENDAS EN CANIDO (FERROL)


Os expropiados e a empresa non achegaron posturas desde antes das municipais

A situación dos expropiados en Canido é a día de hoxe exactamente igual que a que había antes das últimas eleccións municipais. Os veciños e a empresa levan máis de catro meses sen achegar posturas coa empresa Albantur, que pretende urbanizar a zona e construír máis de 260 vivendas. Os afectados reuníronse en dúas ocasións coa nova corporación local socialista, a última onte xoves. Con todo destes contactos só sacaron en claro que o Concello non ten intención de cumprir a recomendación do Valedor do Pobo.

A institución encargada de valer aos cidadáns ante os abusos das administracións instou en dúas ocasións ao Concello a que reacolla aos propietarios das vivendas, preferentemente nun piso da nova urbanización. A lexislación actual obriga a pór á súa disposición un piso de protección oficial e unha compensación económica suficiente para poder adquirilo. Nada disto transmitiuse aos veciños, que saíron da reunión co alcalde e o coordinador de Urbanismo coa sensación de que os chamaron só para facerse a foto e transmitir a falsa idea de que o problema solucionouse.

Os veciños móstranse sorprendidos de que o Concello indique á prensa que tras "a súa mediación" a situación actual sexa "significativamente mellor". En primeiro lugar, o Concello non pode reservarse só o papel de intermediador, porque é el, e non a empresa, o responsable directo de que se acometeu unha expropiación na que non se valoraron as casas segundo "os criterios de compensación previstos na Constitución", segundo indica o Valedor do Pobo, e é el quen ten a potestade para solucionalo. Ademais, a situación é exactamente a mesma que existía antes de chegar o goberno bipartido ao poder.

Os veciños aceptaron negociar coa empresa para solucionar dunha vez por todas o problema. Actualmente quedan dúas familias ás que legalmente se lles ten que ofrecer un reacollo (pero hai máis afectados con discrepancias polos baixos prezos aos que foron taxados os seus inmobles). As dúas familias están dispostas a renunciar a un piso na nova urbanización, sempre que polo menos ofrézaselles polas súas vivendas un prezo non insultante. Albantur négase a pagarlle a unha das veciñas octoxenarias os 81.000 euros que pide pola súa casa (máis os honorarios do avogado) ao consideralos excesivos. A outra familia xa chegara a un acordo coa empresa por valor de 75.000 euros (máis os gastos do avogado), pero se plantou á hora de asinar ata que se arranxase a situación con todos os prexudicados.

Nas declaracións do Concello á prensa, parece desprenderse que desde que os socialistas chegaron ao poder Albantur alcanzou acordos con outros veciños, pero non é certo. A empresa asinou con tres afectados o 2 de abril. Dous deles eran inquilinos e a outra propietaria. A esta última prometéuselle un piso na Rúa Estrela, pero catro meses despois non llo facilitaron.

Como a empresa non parece disposta a alcanzar un acordo, os veciños esixen ao concello que tome medidas e non escuse as súas responsabilidades. Na reunión do xoves o Concello informoulles de que se Albantur non cede limitarase a deixar que o Xurado de Expropiacións (no que xa están os expedientes desde que gobernaba o PP) valore novamente as súas vivendas. Con todo, o Valedor do Pobo xa advertiu ao ente local que isto non é suficiente. De proseguir a negativa da empresa, o Concello debería de botar para atrás todo o proceso e comezalo de novo, pero esta vez seguindo escrupulosamente o que ditan as leis que regulan as expropiacións.
___________________________

A Banda Bassotti en Ferrol, non a podemos perder, todas e todos este Sábado, 11 de Agosto

Banda Bassotti - Guantanamera

A Banda Bassotti, grupo musical, de carácter internacionalista e antifascista, solidario coas loitas populares ao redor de todo o mundo, achégase a nosa cidade da man da Concellería de Cultura, para participar nas Festas Ferroláns. Ante esta actuación, a dereita reaccionaria, o PP e as organizacións satelites de ideoloxía ultraconservadora pretenden, como así ven acontecendo, dentro da táctica elaborada na rúa Génova de Madrid, polos acebes, zamplanas e rajois de turno, criminalizar ao grupo musical e de paso desgastar ao recentemente elexido goberno municipal, que xa merece algo máis cuns capotes, máis que neste asunto manten a coerencia e merece o noso apoio, chamando a acudir ao concerto que o Sábado 11 de Agosto, vai ter lugar no Parque Municipal de Ferrol, ás 11 da noite, entrada de balde. Non faltemos, por solidariedade, no nome da liberdade de expresión, contra o fascismo e a manipulación. Ademais disfrutaremos dun grupo alegre, combativo e de moi boa música e cancións.

Solidaridaridade coa Banda Bassotti !!
Todas e Todos ao concerto !!
Viva a liberdade !!

Descarga: Banda Bassotti - El pueblo unido jamas serà vencido
[mb 3,6 mp3]

Podes descargar a discografía de Banda Bassoti dende esta web:
http://www.bibliotecamarxista.org/Audio/banda bassotti/banda_bassotti.htm

Antes de Banda Bassotti, poderemos escoitar a dous grupos da comarca, Retobato e La Sentina, dous grupos que tamén deixan ver o seu compromisso e solidariedade nas súas letras.


______________

Actividade inmediata do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de Agosto de 2007 08:18

Asunto: Posibles Mesas de firmas e actividades para este fin de semana



Mesas para recoller firmas:

Venres 10 de agosto: Na praia de Doniños. Hai un Grupo de tres persoas. quen queiran sumarse e saben o horario, poden chamar a 653535683 (Aurora).

Sábado 11 de agosto: En festival do Caurel. todo o dia. Grupo de seis persoas. Quen queiran sumarse e saber horario, poden chamar a 690612737 (Alexandre).

Sábado 11 de agosto, en parque Reina Sofia de Ferrol de 21 a 23 horas, con actuacion Banda Bassoti, grupo pendente de confirmar.

Domingo 12 de agosto: Pendente ver horas de posible mesa para firmas no Canton e Rúa Galiano, con motivo de actauciones de diversos grupos de camara,grupo pendente de confirmar.

Visita aos veciños encerrados

Hoxe venres ás 13 horas un grupo de lanchas de mariscasdores saldran do peirao de Ferrol e levarán aos que desexen participar nunha visita aos veciños encerrados na casa do Concello de Mugardos. Irase con cacerolas e tambores ou aparellos de facer ruído, para facerse notar no percorrido polas rúas de Mugardos.

Recepción a José Luís Mendez Romeu con pancartas de ¡Planta de Gas Fora dá Ría !

Hoxe de 12 a 14 José Luís Mendez Romeo asistirá no Castelo de San Felipe a un acto de recordo ao fusilamento do Alcalde Socialista Jaime Quintanilla . Por iso ás 11,30 un grupo con pancartas e bandeiras de Planta de Gas Fora dá Ría, saldra en coches desde o porto de Ferrol á altura de onde saen as lanchas de Mugardos para estar á entrada do Castelo de San Felipe desde as 11:45 ata as 12:30 en que regresasen para incorporarse á viaxe ata Mugardos en lanchas dos mariscadores. Da Consellería de Mendez Romeu depende Protección Civil de Galicia, organismo que acaba de aprobar un falso Plan de Emerxencia Exterior para Reganosa, que é falso porque ningún Plan de Emerxencia Exterior para Reganosa será bo para protexer á poboación próxima, é dicir, ese tal Plan de Emerxencia Exterior para Reganosa é unha tapadeira dun risco de catastrofe para a que non existen medios que poidan evitar miles de victimas e iso o debén saber en protección Civil de Galicia.

Saúdos Cordiais
Carmelo Teixeiro

martes, agosto 07, 2007

A veciñanza que ocupa a Casa do Concello de Mugardos desde o pasado 23 de xullo, manten reunións con cargos políticos e institucionais de EU e BNG

Segundo publica o xornal dixital "OXornal.com", a veciñanza de Mugardos, pechada na Casa do Concello, manten reunións con diferentes cargos políticos e institucionais, tanto de EU, como do BNG, estes últimos do propio concello de Mugardos.

Envia a noticia:
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
7 de Agosto de 2007 17:22

Montserrat Muñoz visita aos veciños encerrados en contra do plan de Reganosa
A secretaria de EU pretende chegar a un acordo cos manifestantes.

Martes, 07 de agosto de 2007

XORNAL I Mugardos.- Os veciños encerrados no Concello de Mugardos desde o pasado 23 de xullo en contra do Plan de Urxencia Exterior de Reganosa manterán hoxe un encontro coa secretaria de Política Municipal e Autonómica de EU, Montserrat Muñoz.

A tamén deputada no Congreso pola coalición de esquerdas estará acompañada pola portavoz de EU no Concello de Mugardos, Alicerce Díaz Otero.

O colectivo de veciños da parroquia de Mehá, na que se asenta a planta de gas, manterá mañá mércores unha reunión con Moisés Rivadulla, portavoz do grupo municipal do BNG en Mugardos, e co alcalde, o nacionalista Xosé Fernández Barcia, ás 10:00 e ás 12:00 horas, respectivamente.

Enlace coa noticia orixinal no Xornal.com
____________

Resposta do fiscal Anticorrupción ao Comité Cidadán: asunto REGANOSA e a anterior administración do goberno Fraga

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 7 de Agosto de 2007 16:38

Asunto: Resposta do fiscal Anticorrupción




Adxunto remítese a resposta recibida do Fiscal Anticorrupción, ao escrito que se lle enviou o 9 de xullo no que se lle solicita que habra unha investigación das decisións adoptadas pola Xunta de Galicia presidida por D. Manuel Fraga, no que se refire á instalación dunha planta de gas no interior da Ría de Ferrol, e así mesmo que se investiguen e auditen as axudas, prestamos ou outro tipo de actuacións ás empresas do grupo Tojeiro promotor e fundador de Reganosa.

O escrito enviado ao Fiscal Anticorrución ía acompañado de diversa documentación, entre ela o Convenio de Colaboracion de xullo de 2000 asinado por Manuel Fraga con outros socios de Reganosa, cunha clausula de confidencialidade, no que a Xunta se comopromete a asegurar a viabilidade económica de Reganosa no caso de que existan problemas que tal convenio especifica. Tamén ao Fiscal Anticorrupción se lle achegou copia do Rexistro Mercantil onde consta que José Antonio Orza [Ex conselleiro de Economía con D. Manuel Fraga] é socio do Sr Tojeiro na empresa do Taboleiro S.A. Intasa, así como notas de prensa nas que o Sr. Orza admite a súa participación en diversas empresas do Grupo Tojeiro entre elas Intasa e Forestal del Atlántico S.A.

Na súa reposta o Fiscal Anticorrupción di que os feitos pola súa natureza non son da súa competencia, polo cal os remíte á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Carmelo Teixeiro


Para ampliar a imaxe clica acima dela


_______
Á persoa que lle interesen os escritos, que stán en formatoPDF, podeos solicitar, escribindo a:

artabra21@gmail.com




Escrito ao Fiscal Anticorrupción de 9 xullo 2007.pdf


Resposta Fiscal Anticorrupción 19 xullo 2007.pdf

________________
LEMBRAR QUE O VINDEIRO XOVES, DÍA 9 DE AGOSTO VAI TER LUGAR A XV ASEMBLEA CIDADÁ, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL VELLO.
PARTICIPA !!

[+ info]
____________________

sábado, agosto 04, 2007

Comeza o proceso para protexer a Fraga de Menáncaro de futuros intentos de especulación urbanística

Pola importancia do asunto, transcribimos estas novas que publican hoxe Lorena Bustabad no xornal "El País" e a redacción do "Diario de Ferrol", sobre o resultado do Pleno do Concello de Ferrol, celebrado onte, 3 de agosto, ás 11 da mañá, no ponto sobre a Fraga de Menáncaro.

Menáncaro, carvallo centenario [Miguel Angel Fernández]

O goberno de Ferrol blinda a fraga de Menáncara para impedir que se urbanice
Socialistas e EU anulan definitivamente os orzamentos para 2007 herdados do PP
LORENA BUSTABAD - Ferrol - 04/08/2007

Dunha plumada, o goberno local de Ferrol tombou onte dous dos proxectos impulsados pola anterior corporación municipal, ao iniciar os trámites para impedir a urbanización de Menáncara e rexeitar os orzamentos deseñados polo PP para o 2007. A coalición de socialistas e EU no goberno local argumenta que quere redeseñar as contas públicas e reestablecer a legalidade urbanística na fraga de Serantes para protexela de futuras ambicións inmobiliarias. Desde a oposición, PP e Independentes por Ferrol (IF) interprétano como un desquite político.

Entre abrazos e aclamacións, veciños e ecoloxistas aplaudiron onte a decisión do goberno local de Ferrol de iniciar os trámites administrativos para revogar o acordo plenario que autorizaba a urbanización da fraga de Menáncara, aprobado o 20 de abril pola anterior coalición PP-IF. Nos últimos meses, asistiron a practicamente todos os plenos da corporación portando pancartas que denunciaban a destrución dun bosque centenario na contorna do río Sardiña, na parroquia de Serantes. "Levamos dous anos loitando e reclamando" manifestou Ramón Regueiro, un dos veciños afectados, "para nós isto é un éxito". A alegría dos veciños chocaba coas manifestacións da oposición municipal. "Nada lles vale, nin os soldos" replicaba un edil popular para referirse ás últimas decisións do goberno de paralizar as obras da praza de España e modificar á alza as táboas salariais dos edís.

A proposta para anular o Plan de Sectorialización de Menáncara aprobouse onte en pleno extraordinario cos votos a favor do executivo local e o respaldo do BNG, a abstención popular e a oposición de IF. O líder da formación, Juan Fernández, que figura como propietario de gran parte dos terreos que ambicionaba a promotora Bros Noroeste, ausentouse durante o debate aínda que permaneceu apostado na porta do salón de plenos seguindo o desenvolvemento dunha sesión non exenta de polémica.

O edil de Urbanismo, Anxo Mato, do PSDEG, defendeu a necesidade de protexer canto antes un espazo natural único que desde o 2000 figura na achaiadura urbanística como chan rústico urbanizable. Desde os bancos da oposición, o independente Francisco Pita Romeu, impulsor do proxecto na súa etapa á fronte da concellaría de Urbanismo, cuestionou a validez xurídica do proceso de anulación, mentres os populares responsabilizaron do agravio ao goberno autonómico. "Se os informes da Xunta chegasen a tempo, hoxe non estariamos aquí", manifestou o popular Guillermo Evia.

Este arquitecto, a quen Juncal sitúo como responsable de Urbanismo no lugar de Pita Romeu, aprobou o Plan de Sectorialización de Menáncara por silencio administrativo a despeito do criterio de Medio Ambiente e Política Territorial, que emitiron, fóra de prazo, ata tres informes desfavorables en contra dun proxecto que pretendía edificar 69 chalés encostados e pareados sobre o corazón da fraga. A Xunta advertiu que o impacto da urbanización sería "irreversible" e en xullo requiriu formalmente a revogación dun plan, que segundo Anxo Mato, aprobouse sen o correspondente informe de avaliación de impacto ambiental.

A decisión do goberno de Irisarri de rexeitar os orzamentos da anterior corporación para 2007 tampouco sentou nada ben nas filas populares. Desde os bancos da oposición acusaron ao executivo local de servirse dun "capricho" para "dilapidar" varios meses de traballo na área económica do concello cunha política de "terra queimada". O anterior alcalde, Juan Juncal, defendeu o "realismo" dunhas contas que superaban os 48 millóns de euros e que se aprobaron inicialmente a principios de maio, vinte días antes dos últimos comicios. Juncal acusou a Irisarri de pretender "demonizar todo o que ten que ver co goberno anterior" mentres o concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, responsabilizou ao executivo anterior de reflectir nas contas públicas "un falso crecemento" orzamentario.

O edil socialista sostén que o documento económico elaborado polo PP era unha "prórroga encuberta" das contas do 2006. Denunciou, ademais, que no último mandato non houbo "un control exacto do gasto público" e recordou que o municipio está abonando os intereses de varios créditos aínda sen investir. O goberno finalizará o presente exercicio cunha nova prórroga sobre os orzamentos do ano anterior para iniciar o deseño doutro documento económico para 2008, previsto para outubro.

Enlace coa noticia orixinal en "El País"
____________


Diario de Ferrol

Ferrol | Sábado, 4 de Agosto de 2007

Inicio dos trámites para a recualificación e protección da Fraga de Menáncaro

O tema de Menáncaro tamén suscitou un amplo debate no pleno de onte, sobre a proposta de iniciou do procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo plenario de 2007 que estableceu a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncaro por silencio administrativo. A proposta de PSOE e EU contou co respaldo do BNG e o voto contrario de IF, cuxo portavoz ausentar do debate.

O edil de Planificación e Coordinación de Urbanismo, Anxo Mato, explicou que o goberno municipal adoptou esta decisión para dar cumprimento ao principio de legalidade que a Administración debe garantir. Destacou, así mesmo, o indubidable valor ecolóxico da fraga de Menáncaro e recordou as resolucións emitidas pola Xunta que establecen a existencia de causas de nulidade de pleno dereito. Nesta liña, e ante a insistencia do PP en que os informes de Medio Ambiente chegaran fóra de prazo, por iso é polo que o anterior goberno aprobase o Plan pola vía do silencio administrativo, Anxo Mato asegurou que "a extemporalización dun informe non legaliza algo que é ilegalizable".

O anterior edil de Urbanismo, Guillermo Evia (PP) manifestou que non ía ser el quen defendese a sectorización de Menáncaro, pero incidiu en que cando se aprobou a clasificación de chan rústico tipo A apto para o desenvolvemento urbanístico foi no ano 2000, cando ostentaba a Alcaldía o BNG, co apoio do PSOE. "Se os informes da Xunta chegasen ao seu debido tempo non estariamos agora debatendo isto", manifestou, momento no que xurdiu un pequeno incidente, cando alguén do público díxolle que os paralizou el.

Despois de que o alcalde, Vicente Irisarri, puxese orde na sala, Evia continuou dicindo que el actuara en base a eses informes e que lle gustaría que o goberno recoñecese onte que se trataba dunha decisión política.

Desde IF indicouse que o que se estaba sometendo a aprobación era o inicio dun expediente "que poida que acabe na revogación do acordo",animando ao goberno a que "inicie de verdade a recualificación, porque isto só é culpar ao goberno anterior".

A portavoz de EU, Yolanda Díaz, cualificou a xornada de onte de "un día de ledicia para Ferrol, porque se vai poñer freo a un problema ambiental".

Pita, do BNG, precisou que o problema está "na vontade que tivo un goberno de facer aí unha urbanización, que nós sempre rexeitamos" e non na modificación do Plan Xeral no ano 2000.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
_______________

MENÁNCARO
Blog da Comunidade Menáncaro
Fraga de Menáncaro Formación Senlleira
Expresso de Menáncaro
Artigos publicados no Blog da PA21

_________________

Menáncaro, Gaiteir@s cruzando o río Aneiros [Miguel Angel Fernández]
___________________

Solidariedade coa veciñanza de Mehá e artellamento dunha rede de denuncia

De: ebanet@enlaspuertasdelcielo.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de Agosto de 2007 13:55
Asunto: SOS. Peche de cidadás en Mugardos


Olá a tod@s, como xa saberedes os veciños da parroquia de Mehá están en peche INDEFINIDO no concello de Mugardos reclamando accións contra REGANOSA, empresa que incumpre toda a normativa española e da UE. Este caso é un máis dos que se están producindo por toda Galiza, sempre coas mesmas constantes: empresario sen escrúpulos, silencio mediatizo e corrupción política. O mesmo que ocorre no Courel, en Moaña, Redondela, e un amplísimo e interminable etc. Os cidadáns pensamos que xa é tempo de xuntarmos e plantarlles cara aos que están acabando con este país. Mabel Rivera y Henrique Banet estamos artillando unha plataforma cidadá para denunciar estes feitos y plantarlles cara. Polo de agora xa fixemos un vídeo sobre REGANOSA que estamos a presentar por toda Galicia para dar a coñecelo tema, e vendelo para recadar fondos para apoiar a loita do Comité Cidadá de Emerxencia, aos mariscadores (que agora teñen que afrontar multas) e a xente de Mehá.

Convidamosvos a participar nesta rede.

Si estades interesados vos propoñemos, salvo que teñades outras propostas o seguinte.

1º Organiza presentacións deste vídeo titulado “O salario do silencio, e si queredes podedes contar coa nosa presencia.

2º Axúdanos a vendelo vídeo (a 12 €). Tódolos beneficios irán para axudar a loitar contra estre problema: avogados, multas,....

3º Apoia os veciños de Mugardos pechándote con eles os días, ou as horas, que poidas, para que sintan que todos estamos con eles. Si decides facelos sería conveniente que nos lo comunicaras para coordinar aos diferentes grupos e que o apoio sexa permanente.

Por último ofrecervos o nos apoio, a través da realización de vídeos denuncia que serán distribuídos na mesma rede. Actualmente estamos traballando na segunda parte de Reganosa, e preparando outro de apoio a SOS Courel, zona que pretender catalogar como mineira o que arruinaría para sempre estas paraxes marabillosas, e todo elo a pesar de que o propio presidente da Xunta recoñece que son explotación ilegais. ¡Incrible!

Esperamos contar coa vosa colaboración e coa difusión desta mensaxe.

Un aperta

Mabel Rivera & Henrique Banet
___________

venres, agosto 03, 2007

Convocatoria da Asemblea Cidadá, para o 9 de Agosto, na Asociación Veciñal de Ferrol Vello


De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de Agosto de 2007 18:59
Asunto: XV Asamblea Cidadan para o xoves 9 de agosto




A tódalas entidades cidadas e persoas, integradas na Asemblea Cidadá de Ferrolterra


XV ASEMBLEA CIDADÁ

Xoves, 9 de Agosto ás 20:00 hrs


Salón de Actos da
Asociación Veciñal de Ferrol Vello


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Desde o 4 de maio pasado Reganosa ten un acta parcial para probas por tres meses que finalizan estes días. Na Ría entraron cinco gaseros e descargaron 482.582 m3 de GNL, o quinto o 9 de xullo pasado, polo que Reganosa é unha ameaza real permanente, día e noite, para a vida de miles de habitantes na Ría de Ferrol. Por iso nestes momentos estamos preparando un plan de actuacións cunha manifestación para o próximo 30 de setembro, distribución de bandeiras co lema Planta de Gas Fora dá Ría, e recollendo firmas para que as autoridades competentes non lle aproben a Reganosa o acta de explotación comercial ou de entrada en funcionamento definitivo que a 27 de xullo pasado aínda non solicitada.

Neste contexto desde o pasado 23 de xullo un grupo de veciños de Mehá (Mugardos), os que teñen súas vivendas máis perto da Planta de Gas que Reganosa contruie, adosada ao complexo Petroquimico do Grupo Tojeiro, siguen pechados na casa do Concello de Mugardos, denunciando un Plan de Emerxencia Exterior que nunca será un bon Plan de Emerxencia Exterior pola ubicación de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, polo que se suman a nosa reclamación de que non sexa aprobada o seu funcionamento comercial e que a Planta de Gas se ubique fóra da Ría. Desde o Comité Cidadán para apoialos o pasado 29 de xullo realizouse un pasarúas con cacerolada en Mugardos, asimesmo compre ver de integrar dito peche dos veciños de Meha no plan de actuacións que estamos elaborando.

ORDE DO DÍA

1º.- Informe de situación.

2º.- Plan de actuacións para agosto e setembro.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
___________________________________

xoves, agosto 02, 2007

A Fraga de Menáncaro ao Pleno do venres, 3 de Agosto, para anular o acordo ilegal e especulativo, do pasado goberno da dereita

Este venres, 3 de Agosto, ás 11 da mañá terá lugar o Pleno Municipal do Concello de Ferrol, para anular o acordo Plenario do pasado 20 de abril, onde cos votos do PP e IF, aprobaron o Plano de Sectorización de Menáncaro, que pretendía urbanizar con 69 chalets e un hotel, un espazo natural de grande valor ecolóxico e natural, alegando silencio administrativo positivo.

A defensa da Fraga de Menáncaro, ten anos de loita, mais nestes dous últimos anos a súa intensidade foi en aumento. A Comunidade Menáncaro, que agrupa á veciñanza e ecoloxistas, foi unha parte moi importante da loita popular que se desenvolveu na defensa da Fraga. A mobilización social foi fundamental para conseguir vencer a política especulativa do pasado goberno de Juncal e Fernández, evitando a desaparición dun dos poucos bosques de especies autóctonas que hai en Ferrol.

Agardemos que este venres, coa anulación dos ilegais acordos Plenarios do pasado 20 de abril, comece o proceso para recalificar o lugar e dotar a toda a Fraga de Menáncaro dunha figura protectora do entorno natural, como así vimos demandando a veciñanza e os colectivos ecoloxistas.
______________________

Documentario realizado polas entidades ecoloxistas, onde se pode apreciar a imensidade e o valor da Fraga no seu conxunto. Realizado pouco despois de saberse que a Fraga de Menáncaro estaba ameazada por unha posibél especulación urbanística.

En formato mpg, cunha duración 6 minutos 43 segundos.
Editado por SGHN e ADEGA, Novembro 2005
Feito por Yosy (c)

DISCO CDR. ...


_____________________