sábado, xuño 07, 2008

Nova manipulación informativa de "La Voz de Reganosa"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de junho de 2008 17:04
Asunto: Nova manipulación informativa de La Voz de Reganosa



Nova manipulación informativa de "La Voz de Reganosa"


Ven de producirse unha nova sentenza do TSXG contraria a Reganosa e xa é a terceira. Esta sentenza se produce un día antes de que entre un novo gaseiro ilegal e dous días antes da multitudiaria manifestación que se vai producir o domingo día 8 de xuño convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, tres días despois de que veciños e veciñas de Ferrol estean pechados no Concello para defende-la vida, a ría, o marisqueo e o patrimonio. Días despois de que Reganosa estivese presentando o seu chamado Plan de Emerxencia por todo o Estado para facer un lavado de cara.

Pois para La Voz de Reganosa a noticia aparece escondida nas páxinas locais de Ferrol e no apartado de Comarcas e a palabra Reganosa non aparece no encabezamento da noticia e ó longo da mesma aparece unha vez e para argumentar o recurso de Reganosa ó Tribunal Supremo.

Continúa o rigor informativo e a transmisión da verdade da que ven facendo gala La Voz de Reganosa e sobre todo a Delegación de Ferrol que dirixe Miguel Angel Souto.

Non aparece nas páxinas de Galicia nin nas páxinas de Economía , aparece na edición local e en comarcas.

Absolutamente noxento.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
_____

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

____________

Enlaces Relacionados:

O Comité Cidadán de Emerxencia valora o fallo do Tribunal Superior de Galicia ...
soitu.é - fai 19 horas
Ferrol.- O Comité Cidadán de Emerxencia pola Ría valorou hoxe o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que dá a razón aos veciños fronte a Reganosa ao entender que a modificación puntual do PGOM de Mugardos, que permitiu a localización da planta, debía incluír unha declaración de impacto ambiental polo cambio de usos no chan.

Entrevista Rafael Pillado - Descargar


Actualizado o Noticario a sábado 7 de Xuño:


__________

venres, xuño 06, 2008

Entrevistas a algumhas das pessoas fechadas no Concelho de Ferrol.


Achegamos entrevistas a algumhas das pessoas que participam no feche que iniciou o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol na casa do Concelho.

1ª Entrevista Rafael Pillado - Descargar


2ª Entrevista Jam Lópes- Descargar


3ª Entrevista Alexandre Carrodeguas- Descargar


4ª Entrevista Aurora- Descargar

______________________

Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de junho de 2008 18:39
Asunto:Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño


Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACION CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do Gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado, trócase a convocatoria prevista para om venres, para ese día :

Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas Edificio Administrativo da xunta de Galicia Praza de España – Ferrol CONCENTRACIÓN
CACEROLADA E MANIFESTACIÓN
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Resumo da roda de Prensa do 5 de Xuño de 2008.-

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ofreceu hoxe unha roda de Prensa aos medios de Comunicación desde o Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde se atopan pechados ao redor de quince persoas, na súa maioría membros deste Comité.

Precisamente hoxe que celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, este Comité, na súa comparecencia ante os medios, quere poñer de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostenible e de actuar con criterios medioambientais e de seguridade nos diferentes temas comarcales.

Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da nosa Ría e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de miles de persoas.

A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto "Confidencial" contra o interese público, así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, como en tantas ocasións temos dito, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido en España nesta etapa democrática.

Este CCE ratifícase na súa posición mantida desde fai 8 anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:
Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que supoñerá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada e Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da nosa ría, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.
Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.
Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.

Á preocupación por todas estas ameazas para as vidas e para ría, hai que engadir outra, que é a posibilidade suxerida de instalar na súa contorna a Celulosa de ENCE, rexeitada en Pontevedra tras moitos anos de loita, e que acabaría coa riqueza económica e ambiental da nosa comarca.

Así mesmo, este CCE rexeita o chamado Plan de Emerxencia Exterior, presentado estes días en A Coruña, como elemento de confusión creado dentro dunha campaña de contraprogramación e que trata de desmovilizar á poboación fronte á convocatoria de Manifestación do próximo domingo día 8 de Xuño.
O mellor Plan de Urxencia, é que se cumpra o establecido na lei: Distancia de 2 Km. aos núcleos de poboación e todas as precaucións legais estableciadas para a entrada destes buques, circunstancias, nesta ubicación, imposibles de cumprir e que sempre supoñerán un risco grave para a poboación circundante.

Esta permanente situación de risco supón que, tanto a cidadanía como os seus gobernantes, estamos obrigados - e sempre a tempo - de impedir unha catástrofe - independientemente do seu custo económico - que de producirse podería ocasionar miles de vítimas e que en todo caso vai supoñer a perda irreparable do noso ecosistema e dos postos de traballo que del dependen.
Numerosos exemplos fannos ver que unha solución favorable é posible: A Planta de Gas de Brindisi , cuxa autorización foi revocada. A Celulosa de Pontevedra, onde se conseguíu, tras 20 anos de oposición, un compromiso de traslado. Outras plantas, en diversos lugares, que foron trasladadas a varias millas mar dentro.

Este CCE fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol, a súa Comarca e Galicia, para asistir á Manifestación convocada no Porto de Ferrol, o próximo domingo 8 de Xuño, ás 12 horas, en apoio do anteriormente exposto.

Agradece a cantas persoas e Entidades están mostrando o seu apoio á Convocatoria de Manifestación e a solidariedade cos pechados no Concello, ben pola súa presenza alí, ou a través das súas mensaxes e outros medios.

Para rematar, mostrar a disposición a continuar este encerro, na demanda dun posicionamento contrario a ubicación da Planta de Gas, deste Goberno Municipal e EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E A LEGALIDADE DEMOCRÁTICA.
________________

xoves, xuño 05, 2008

Cambio de data da Concentración e Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de junho de 2008 18:39
Assunto: Resumo Rolda de Prensa hoxe, [05.06.2008] e Cambio de data Concentración



URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado 7 de Xuño, trócase, a convocatoria prevista para o venres, para o xa citado Sábado 7 de Xuño, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa.

O Comité Cidadán de Emerxencia
Convoca
Sábado, 7 de Xuño, ás 7 da Tarde
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Diante do Edificio Administrativo
da Xunta de Galicia en Ferrol

e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,
onde están pechad@s membros do CCE.


Así foi a Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia no Concello de Ferrol o 05-06-2008.



Escoita os audios:

1ª Parte - Descargar


2ª Parte - Descargar

______

Nota do Comité Cidadán de Emerxencia nos Arquivos Ártabros: Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

Noticias relacionadas nos medios:

Campaña informativa da Xunta sobre o plan de emerxencia de ...
O País (España) - fai 19 horas
Seis meses logo da posta en funcionamento da planta de regasificación de Reganosa na ría ferrolá, a Consellería de Presidencia inicia unha ...

O Comité Cidadán asegura que a presentación do Plan de ...
soitu.é - fai 4 horas
Ferrol.- O Comité Cidadán de Urxencia pola Ría de Ferrol, no seu terceiro día de peche no concello de Ferrol, denunciou hoxe que a presentación ...

Contrarios a Reganosa din que Goberno e Xunta queren converter ...
Europa Press - fai 5 horas
Os veciños contrarios á planta de Reganosa que cumpriron hoxe tres días de peche no Concello de Ferrol, denunciaron a "degradación" da ría ...

A Xunta concluirá en agosto o Plan de Emerxencia Exterior de ...
La Opinión A Coruña - fai 16 horas
Os escolares do municipio recibirán información este mes sobre os riscos das instalacións e a actuación en caso de accidente, que logo se ofrecerá ...

Juan antonio Vílchez: ´A planta de Mugardos é impecable en ...
La Opinión A Coruña - fai 16 horas
"A súa presenza no interior da ría é un condicionante xeográfico, pero a instalación deseñouse de acordo con el, xa que incorpora as medidas de ...

Reganosa, máis segura que un avión
O Correo Galego - fai 20 horas
"O gas natural licuado é unha sustancia perigosa, pero segura se está ben manexada; un avión é perigoso pero seguro, un coche o mesmo, son exemplos ...

Manifestación en Ferrol contra a planta de gas
kaosenlared.net - 4 Xun 2008
Ou vindeiro domingo día 8 celebrarase non Ferrol unha manifestación convocada polo Comité de
Emerxencia contra a planta de gas. Tamén onte unha delegación ...

Os opositores a Reganosa encerrados en Ferrol ven o Plan de ...
Europa Press - 4 Jun 2008
Os opositores á planta de gas de Reganosa que secundan o peche no Concello de Ferrol convocado polo Comité Cidadán de Urxencia da ...

Peche na casa consitorial para reclamar un posicionamento ...
E Correo Gallego - 3 Jun 2008
16.23h. O Concello de Ferrol "non impedirá as protestas lexítimas dos cidadáns", aínda que pide "respecto" e que non afecten á súa actividade Un grupo de ...
_____________

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia e e Cambio de data da Concentración

de Comité Cidadán de Emerxencia
data 5 de junho de 2008 18:39
assunto Resumo R d Prensa hoxe e Cambio data Concentración


URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACION CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do Gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado, trócase a convocatoria prevista para om venres, para ese día :

Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
Praza de España – Ferrol
CONCENTRACIÓN CACEROLADA E MANIFESTACIÓN

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia no Concelho de Ferrol o 05-06-2008.



Escoita os audios:

1ª Parte - Descarregar


2ª Parte - Descarregar

A Fundaçom Artábria ante o feche no Concelho de Ferrol e a manifestaçom contra a presença de REGANOSA na nossa ria

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de junho de 2008 14:48
Asunto: Solidariedade com o CCE



Solidariedade com o CCE

A Fundaçom Artábria ante o feche no Concelho de Ferrol e a manifestaçom contra a presença de REGANOSA na nossa ria, queremos manifestar:

1.- A nossa total solidariedade com @s companheir@s do Comité Cidadao de Emergência para a Ria de Ferrol que desde a passada terça-feira estám fechad@s no Concelho para instar ao Alcalde, Vicente Irisarri, a pronunciar-se claramente contra a ubicaçom da Planta de Gás de Reganosa assim como o rexeitamento das novas ameaças das que se tenhem constáncia nos últimos dias, nomeadamente a ampliaçom da capacidade regasificadora da Planta de REGANOSA aprovada polo Conselho de Ministros espanhóis, a intençom de dragar com dinamita a bocana da ria e o translado da planta de ENCE para a nossa ria.

2.- A Fundaçom Artábria chama a participar na mobilizaçom convocada polo Comité Cidadao de Emergência para o próximo domingo, 8 de Junho, e que sairá às 12h do Peirao de Corujeiras para rejeitarmos a imposiçom de umha indústria contrária ao verdadeiro desenvolvimento sustentável de Trasancos e da Galiza.

Especialmente fazemos um apelo a todo o tecido associativo da comarca e aquel que trabalha nos diferentes Centros Sociais da Galiza.

A ria é nossa e nom de REGANOSA!
Planta de Gás fora da ria!

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
___________

mércores, xuño 04, 2008

Ante a chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán convoca unha Concentración en Ferrol, este Venres 6 de Xuño

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de junho de 2008 19:00
Asunto: Roda de Prensa dia 5, e Concentración día 6



Urxente !!

  • Rolda de Prensa día 5 de Xuño, ás 12 do mediodía, no salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol
  • Concentración día 6 de Xuño, ante a chegada dun novo gaseiro, para a ilegal e perigosa REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Convoca aos Medios de Comunicación, a unha RODA DE PRENSA Xoves 5 de Xuño, ás 12 horas no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol para informar sobre:
________________

Asemade, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia
Convoca
Venres, 6 de Xuño, ás 19 horas
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,
onde están pechad@s membros do CCE.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!



Situación do Buque en navegación polo Atlántico
[Actualizandose]:

http://www.sailwx.infoposition

Características do buque:
Longueur: 288,75 m
Largeur: 48,00 m
Tonnage brut: 114 354 ums
Port en lourd
Tirant d' eauété: 12,30 m
Tirant d' air max: 53,00 m
Propulsion: Turbine
Puissance: 31 500 kW
Vitesse: 19 nds
N° IMO: 9216303
Pavillon: Bermuda
LGN: 60.000 T.
Nunha reparación en Brest [Bretaña] Estado Francés
http://www.marine-marchande.net/LNGRivers
___________________
Comunicado de apoio:


A Rede Galiza Non Se Vende [RGNSV], expresa o seu apoio á manifestación convocada para o 8 de xuño polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol



____
Un momento do peche no Concello de Ferrol

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Transcribimos a noticia publicada pola Axencia Europa Press:

Os opositores a Reganosa encerrados en Ferrol ven o Plan de Emerxencia Exterior de "lavado de imaxe" e "tapadeira"
Insisten en demandar ao alcalde ferrolán que se sitúe en contra da planta de gas situada na ría

FERROL, 4 Jun. (EUROPA PRESS) -

Os opositores á planta de gas de Reganosa que secundan o peche no Concello de Ferrol convocado polo Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol (CEE) manifestaron hoxe o seu rexeitamento ao Plan de Emerxencia Exterior da planta de gas, por considerar que se trata só de "un lavado de imaxe" e unha "tapadeira" que trata de "encubrir" o perigo que entenden que supón a instalación.

Por segundo día consecutivo, unhas quince persoas continuaron cun peche co que piden ao alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri (PSDEG), que se pronuncie en contra do funcionamento de Reganosa na súa localización o interior da ría, na localidade de Mugardos, en fronte do porto ferrolán.

Os membros do Comité aseguran que ao perigo da localización da planta de gas a menos de dous quilómetros da poboación, súmanse agora novas ameazas, como o transporte de gas natural licuado en camións cisterna, o aumento aprobado da capacidade de produción, ou a voadura da canle de entrada da ría que prevé o Porto para facilitar o acceso dos gaseros.

RISCOS NON EVITABLES

Ante esta situación, aseguran de que o Plan de Emerxencia Exterior (PEE) non pode evitar os "riscos" para a poboación que se poderían producir no caso de que se rexistre unha emerxencia en Reganosa. O PEE, publicado no Diario Oficial (DOG) de Galicia o pasado 31 de xullo, comeza agora a ser explicado aos veciños de Mugardos e hoxe foi presentado ante os medios de comunicación na Coruña.

Rafael Pillado, portavoz do Comité, resaltou que o PEE "é sinxelamente un lavado de imaxe, é vender seguridade entre comiñas, xa que en caso de accidente en Reganosa, só se recollerían mortos e feridos". "É unha falsidade" e "unha tapadeira" para "encubrir" o perigo da planta de gas, concluíu.

Os membros do Comité, que desde 2001 rexeita a localización de Reganosa en Mugardos por considerar que supón unha "ameaza" para a poboación, reclaman co seu "peche indefinido" no Concello, que o alcalde, o socialista Vicente Irisarri, reclame o traslado da instalación ao exterior da ría.

O Comité censura que o alcalde admita en diversas reunións que Mugardos non é a mellor localización para Reganosa pero que con todo "non tome a decisión de reclamar a saída da planta de gas". "É unha contradición", subliñou Pillado, "é coma se ante a colocación dunha bomba, un mira para outro lado porque xa está colocada".

Os membros do colectivo veciñal anuncian que continuarán co seu peche de forma indefinida, nesta semana na que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente, e na que está previsto que realicen unha manifestación de protesta o vindeiro domingo 8 de xuño na cidade, ante as "novas ameazas" que xorden na ría de Ferrol, tanto vinculadas a Reganosa como á localización de Ence que se baralla para a localidade próxima das Pontes.

A planta de gas de Mugardos comezou a operar en fase de probas en maio de 2007 e foi autorizada para o seu funcionamento comercial polo Goberno o pasado mes de novembro. Desde entón, xa atracaron nos peiraos de Reganosa máis de 20 buques gaseros.

APOIOS POLÍTICOS

Desde o Goberno municipal, o grupo de Esquerda Unida-Esquerda Unida, en coalición co Partido Socialista, manifestou a súa "solidariedade" e o seu "apoio máximo" tanto ao peche como ás "lexítimas" reivindicacións do Comité. A primeira tenente de alcalde, Yolanda Díaz, insistiu hoxe en que a formación política entende que a planta de gas "é un risco para a poboación", para "o medio ambiente" e "un auténtico dislate".

Tamén desde a formación de Independentes por Ferrol, o seu portavoz, Juan Fernández, manifestouse hoxe en apoio aos veciños. "Seguimos dicindo de forma clara e contundente que hai un risco adicional innecesario, porque a planta tería que estar no porto exterior", declarou.

Enlace coa noticia orixinal
____________________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

_____________

O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 17:18
Asunto: INFORMACIÓN iNICIATIVAS BNG



O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quer facer pública a súa solidariedade e compromiso coa A.V.V. De Ferrol Vello e anuncia que vai secundar a mobilización convocada para o vindeiro mércores, 4 de xuño, co obxecto de facer pública a indignación e repulsa polas continuas descargas, sen control medio ambiental algún, que se desenvolven de forma reiterada e que poñen en perigo a saúde dos veciños e veciñas das zonas colindantes coas instalacións portuarios.

O BNG reclama do Goberno local de Ferrol que esixa á Autoridade Portuaria a cumprir a resolución Plenaria deste concello, aprobada por unanimidade, na que demandamos que se tomen as medidas necesarias para facer cumprir a lexislación vixente en materia de carga e descarga nos Portos de Ferrol e tomar as medidas oportunas para evitar as molestias que esta actividade causa entre a veciñanza das zonas limítrofes aos portos.

Ferrol a 3 de xuño de 2008

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol

--
Xosé Manuel Pazo Blanco
______

Esquerda Unida se solidaridiza e apoia ao Comité Cidadán de Emerxencia contra á Planta de Gas de Reganosa no seu PECHE na Casa do Concello de Ferrol

O Consello LOCAL de ESQUERDA UNIDA – Ferrol, ACORDA o seu total apoio e solidariedade co Comité Cidadán de Emerxencia contra á Planta de Gas de Reganosa no seu PECHE na Casa do Concello de Ferrol.

Apoiamos as súas reivindicacións e denuncias na grave decisión das institucións de consentir que CAMIONS CARGADOS DE GAS LICUADO transiten as polas nosas estradas.

Rexeitamos o dragado na boca da ría de Ferrol na utilización de explosivos nesta rochas que puideran causar unha grave alteración na fauna e medio mariño con que subsisten milleiros de homes e mulleres do mar.

Pensamos que a ampliación da regasificadora aumenta o perigo que representa esta Planta, tanto nas súas instalacións coma nas manobras de entrada e saída destes enormes gaseiros pola angosta bocana da Ría de Ferrol.

ESQUERDA UNIDA- FERROL apoia e convida a toda a cidadanía, en particular aos seus militantes e simpatizantes, a PARTICIPAR na MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 8 DE XUÑO NO PORTO DE FERROL.

Ferrol a 3 de Xuño de 2008.

Asdo. O Consello Local de Ferrol .-
_________________

A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga": Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 18:55

Asunto: Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo


Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", expresamos a nosa solidariedade e total apoio o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e particularmente para os compañeiros e compañeiras que en Defensa da Vida, da Ría e do Marisqueo se atopan pechados/as no Concello de Ferrol, como antes fixeron durante 103 días o veciños e veciñas de Meá no Concello de Mugardos, para demandar o desmantelamento da instalación, ilegal e perigosa, do Grupo Reganosa participado pola Xunta de Galicia.

Rexeitamos o proxecto de dinamitar a canle de entrada da Ría con diñeiro público para favorecer unha empresa privada, baixo o pretexto de que vai haber maior seguridade, cando se sabe que aínda así os gaseros non poderán cumpri-la normativa de cabotaxe da Ría de Ferrol en caso de emerxencia, e que vai acabar co importante banco marisqueiro de San Felipe e que mesmo pode afectar ós castelos da entrada da Ría que se quere sexan Patrimonio da Humanidade.

Rexeitamos tamén o Complexo Petroquímico de Forestal del Atlántico e pedimos que sexa desmantelado cando remate a súa concesión no ano 2017, un ano antes que a Papeleira Ence instalada na Ría de Pontevedra e que tamén se quere traer á Ría de Ferrol o que é , o igual que Reganosa, absolutamente inaceptable.

Facemos un chamamento a toda a cidadanía a que participen na manifestación convocada para o domingo día 8 de Xuño as 12 do mediodía, polo Comité Cidadán de Emerxencia no Porto de Ferrol.

Pola defensa da vida, da Ría e do patrimonio! ¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Ferrol a 3 de xuño de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo/ X. Miguel López, presidente
____________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

____________

Enlace relacionado:

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA
________

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol

Sr. Alcalde:

No nome do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", decidimos pecharmos na casa de todos os ferroláns e ferrolás, co obxectivo de reclamar da Corporación que vostede preside, un pronunciamento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, así como o rexeitamento das novas ameazas que se están poñendo en marcha nas últimas datas: autorización de ampliación da capacidade regasificadora decidida polo último Consello de Ministros; pretensión de dinamitar a canle de entrada da Ría, decidida pola Autoridade Portuaria, como pantalla para ocultar a imposibilidade de cumprir coa normativa en situacións de emerxencia dos gaseiros cargados; transporte de gas en cisternas polas estradas galegas, con perigo para a poboación, etc.

Asimesmo, reclamamos da Corporación un claro rexeitamento da pretensión de incrementar aínda máis a contaminación e destrucción deste mar interior, coa planta de Ence, que Pontevedra leva anos rexeitando.

Co ocasión do Día Mundial do Medioambiente, emprazamos ao Governo Municipal desta cidade para que defenda a legalidade, un auténtico desenvolvemento sostible e se empeñe na defensa da VIDA e da RÍA, na que residen e traballan decenas de miles de cidadans e cidadás, que hoxe están en perigo.

Invitamos á Corporación Municipal a sumarse á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, para o próximo domingo día 8.

Ferrol, 3 de Xuño de 2008

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL
_____________

Enlace relacionado:

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA
________

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupou unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ocupou unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA

A oposición social contra REGANOSA, ten moitos anos de vida, desde que se soubo da pretensión da súa instalación dentro da Ría, ao pouco tomouse a iniciativa de constituir un Comité Cidadán de Emerxencia, para impedir a tolemia de instalar unha planta regasificadora no corazón da nosa Ría. 8 anos de loita contra este monumental despropósito que auspiciado polo Grupo Tojeiro e a Administración Fraga [PP], co apoio de multinacionais enexéticas e entidades financieiras do noso país, posteriormente coa complicidade das autoridades autonómicas do novo goberno bipartito [PSOE-BNG]. A nivel da administración municipal o Concello de Mugardos deu todas as facilidades para que se consumara tal despropósito, o de Narón fixo algún xesto de apoio ás demandas cidadáns, os de Neda e Fene, como que con eles non vai o asunto. E o de Ferrol que nun principio ten resolucións de rexeitamento da localización da planta de gas dentro da Ría, formulando alegacións e demandas, posteriormente producese unha viraxe nos posicionamentos que o convirte en cómplice e pretende deixar de exercer a súa función de defensa da cidadanía, renunciando a defender os dereitos cidadańs, nos contenciosos abertos contra REGANOSA e a localización actual da Planta de Gas, nos que participaba como parte afectada e interesada.

Moitas persoas, son as que argumentan que isto había que facelo antes, amosando unha total amnesia social e sen darse conta da ocultación e manipulación mediática á que estivo sometida esta loita cidadá. A planta comezouse a construir en Febreiro de 2004 e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, xa levaba case tres anos de actividade opositora a tal despropósito gasístico.

No movimento opositor a REGANOSA, hai consciencia de que estamos pelexando contra un potente enemigo apoiado polas administracións e grupos mediáticos, mais tamén somos conscientes da necesidade de dar esta loita, por xusta e necesaria, na defensa da vida, a seguridade e a Ría.

Despois dun ano de intensa actividade, o Comité Cidadán de Emerxencia e a Asemblea Cidadá, acordaron dar un impulso á mobilización social que sempre mantivo unha chama acesa mostrando na rúa a súa protesta cada vez que un buque cargado con GNL entraba na Ría poñendo en perigo a nosa seguridade, a vida e a Ría. O pasado 9 de Maio, no aniversario da expulsión da nosa Ría do buque metanero "Galicia Spirit", o primeiro buque cargado con GNL [LNG] que pretendia entrar con destino ao peirao da ilegal e perigosa REGANOSA, mobilizamonos pola cidade de Ferrol, sinalando establecimentos e oficinas das empresas e entidades que forman parte do acionariado de REGANOSA. Unha mobilización sonora de grande éxito que os medios de comunicación intentaron minimizar. Esta foi unha mobilización cunha grande carga simbólica e reivindicativa que anunciaba que o movimento opositor estaba vivo e cargado de razóns, pois REGANOSA ameaza e aumenta o perigo á poboación, con novas ampliacións regasificadoras, coa pretensión de inzar Galiza de camións cisterna cargados con GNL e unha brutal agresión á nosa Ría pretendendo a voadura do canle de entrada, agredindo os fondos mariños nunha zona LIC [Lugar de Interse Comunitario], protexido pola Unión Europea.

Onte unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA; para denunciar aos que permitiron a construción da planta regasificadora dentro da Ría; para denunciar o aumento das ameazas da empresa gasística, pois, entre outras ameazas xa sinaladas con antelación, ao aumentar a súa capacidade regasificadora e instalar máis vaporizadores, vanse duplicar o número de buques que teñen que entrar na Ría e a auga enfriada e morta que se vai verter nela; e por último reclamar ao Concello de Ferrol que cumpra coas súas obrigas de defensa da cidadanía e da Ría, opoñendose claramente á localización da planta regasificadora dentro da Ría.

A próxima cita, pode que sexa o día 6 de xuño, pois agardase un novo buque gaseiro cargado con GNL para REGANOSA, polo que de producirse, terá de novo unha mobilización de protesta. Mais a que si está convocada é a MANIFESTACIÓN do vindeiro Domingo 8 de Xuño, ás 12 do mediodía no Porto de Ferrol, non faltemos.

Galería Fotográfica, con fotos de José Álvarez que leva 13 días en Folga de Fame na Praza do Concello de Ferrol, polo desarme contra a instalación do "Escudo Estelar Europeo", tamén fotos de J. Meis [Diario de Ferrol], do CCE e da propia PA21.
__________


_________

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 17:35
Asunto: O Comité Cidadán de emerxencia pechado no Concello de Ferrol


O 3 de Xuño, ás 11 horas, varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.

Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a localización da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría, así como o seu rexeitamento ás novas ameazas que se perfilan para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes, detalladas no escrito entregado á Alcaldía que se reproduce a continuación.

O CCE convida a cantas persoas e colectivos consideren oportuno apoiar esta iniciativa a manifestalo mediante visitas aos pechados no Concello, como xa o están a facer moitas persoas nestas primeiras horas de peche, ou comunicados públicos, mensaxes de correo electrónico ou calquera outro medio.

Oportunamente notificarase cantas novidades xurdan respecto desta situación, e unha vez máis recordar a convocatoria para a MANIFESTACIÓN do Domingo, 8 de Xuño, ás 12 hrs no Peirao de Curuxeiras – Ferrol. PLANTA DE GAS FORA DA RÍA¡!

_____

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol
___________

Escrito de Solidariedade da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga"

Comunicado de Solidariedade do Consello Local de Esquerda Unida
_________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

13º día de folga de fame en Ferrol, polo desarme contra a instalación do "Escudo Estelar Europeo"

De: santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 23:28
Asunto: 13º dia de folga de fame en Ferrol



13º día de folga de fame en Ferrol

O activista do Movimento Humanista, José Álvarez, leva desde o 22 de Maio en Folga de Fame, os seus motivos e obxectivos expresaos no seguinte comunicado:

Proposta de Folga de fame en Galiza

1.- O meu nome é José Álvarez Crucio. Son un cidadán europeo de orixe español/galego: nacín en Ferrol o 12 de marzo de 1955.

2. Ferrol é a cidade máis militarizada de Galiza. Fronte ao seu Concello hai unha praza (significativo é que sexa aínda coñecida como a Pza. de Armas) que propoño sexa -para todo comunicado emitido por persoas de boa vontade- denominada a partir de agora a Pza. do Desarmamento.

3. Ofrézome persoalmente para iniciar unha folga de fame nese significativo lugar (en actitude de particular recollemento interno desde
un, silencioso, desexo de benestar -sen limitación algunha- para toda a humanidade) a fin de ampliar con esta acción a denuncia que se está realizando para impedir a instalación dese "escudo estelar" en territorio europeo; sempre que exista un compromiso de acompañamento mínimo na acción (de polo menos unha persoa -talvez en quendas- permanente) por parte de membros do Movemento Humanista, ou de calquera outra organización non-violenta, que poderían/deberían servirse desta actividade -de contínua chamada de atención ao público no centro dunha cidade- para realizar toda a oportuna transmisión da información (actualizada e en relación co proposto ao final desa "carta aberta a todas as organizacións") a todo medio de comunicación que, lonxe de apostar pola complicidade desinformativa, puidese interesarse pola acción e querer dar a coñecer publicamente a mensaxe subxacente nesa protesta... tan "inusual" aquí.

4. Se nalgún colectivo dos que compón esta lista vese e "sente" a necesidade (e a conveniencia) de levar adiante a sencillísima implementación necesaria para poder realizar con intelixencia esta acción, persoalmente estarei moi agradecido de que se facer saber por esta mesma lista como tomar contacto directo, concretando un cando/onde atoparnos. E se houbese que -en solidariedade- máis persoas decidisen sumarse (por quendas) a esta folga de fame -evitando así os innecesarios padecimientos persoais- iso non minguaría, senón todo o contrario, na eficacia da protesta.

5. Este e-mail pode ser reenviado a todo o mundo, particularmente importante que (coa intención de animar -agora mesmo- á oportuna acción simultánea) poida chegar a todas as colectividade europeas-de calquera país de Europa- que, non sendo indiferentes ao feito do aumento/diminución do armamentismo no noso continente, puidesen querer tamén sumarse a unha inédita onda de folgas de fame simultáneas en todos os países da Comunidade.

Atentamente, á espera as súas respostas / Moitas grazas.

José Álvarez
-josealvarezcster@gmail.com-

Web de referencia:
http://pazesfuerza.wordpress.com
____________________

A xente está contestando indignada ao Concello e a Policía de Ferrol
Posted by: mar on 3, 2008

A policía de Ferrol requisa os enseres de José Álvarez no seu 12º día de folga de fame
Posted by: mar on Xuño 3, 2008

Mensaxe de Jose á poboación de Ferrol.
Posted by: mar on Xuño 2, 2008

xa van 11 días en folga de fame para denunciar o escudo estelar
Posted by: mar on Junio 2, 2008

Nove días en folga de fame…
Posted by:mar on Maio 31, 2008

A axuda mutua é necesaria AGORA
Posted by:mar on Maio 30, 2008

Oito días en folga de fame en Ferrol
Posted by: mar on Maio 30, 2008

A folga de fame na prensa de Ferrol
Posted by: mar on Maio 29, 2008

José Álvarez solidarízase na concentración de Mans Brancas
Posted by: mar on Maio 29, 2008

Vídeo-Entrevista de Jose Alvarez no cuarto día da súa folga de fame en Ferrol
Posted by: mar on Maio 29, 2008

7 días de folga de fame en Ferrol
Posted by: mar on Maio 29, 2008

Sexto día de folga de fame en Ferrol
Posted by: mar on Maio 27, 2008

Queda inaugurada a praza do Desarmamento
Posted by: mar on Maio 27, 2008

Se queres a paz, non prepares a guerra
Posted by: mar on Maio 26, 2008

Cuarto día de folga de fame en Ferrol
Posted by: mar on Maio 26, 2008

Terceiro día de folga de fame en Ferrol
Posted by: mar on Maio 24, 2008

Segundo día de folga de fame en Ferrol
Posted by: mar on Maio 24, 2008

Todo comezou na campaña europea Non ao Escudo Estelar
Posted by: mar on Maio 23, 2008

martes, xuño 03, 2008

Concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores, 4 de Xuño, ás 18:30 hrs contra as agresións medioambientais no Porto de Ferrol

De: Alberto Saavedra Fernández
Para: artabra21@gmail.com

Data: 3 de junho de 2008 06:48

Asunto: NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA



NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA

A Asociación de veciñal de “FERROL VELLO” Quérevos convocar a unha concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores ás 18:30, co obxecto de facer pública a nosa indignación e repulsa polas continuas agresións medioambientales que de forma reiterada poñen en perigo a nosa propia saúde.

Cremos que o máis inmediato responsable é a propia administración pública, neste caso a Autoridade Portuaria, que coa súa actitude benevolente consente e permite que se infrinxan dereitos e deberes de carácter medioambiental, poñendo en serio perigo algo tan preciado como é a saúde.

Esta asociación vecinal quere reclamar con este acto, a atención tanto dos organismos oficiais directamente responsables de que nos atopemos nesta situación (Concello, Xunta e ou propio goberno Español) como a de solicitar a participación de “TOD@S” os veciñ@s e de “TODAS AQUELAS FAMILIAS” que ben directa ou indirectamente sofren a diario un alto grado de contaminación tanto en forma de partículas no aire como á hora de entrar en contacto co mar.

Por todo iso esta asociación responsabiliza á carga, descarga e almacenamiento de produtos perxudiciais para a nosa saúde sen que se tomen as medidas medioambientales oportunas, dando un mal exemplo de irresponsabilidad, temeridad e falta de respecto a unha Ría, a un pobo e o que é peor a futuras xeracións que algún día pedirán explicacións sen obter resposta.

EVITÉMO-LO

Por este motivo solicitamos a “TODOS” os veciños e veciñas que realmente estean sensibilizados con este grave problema tanto a título individual como aos distintos membros de agrupacións, colectivos e asociacións que sentan como seu un problema que é de “TODOS”, a participar na concentración que se celebrará o vindeiro mércores día 4 ás 18:30 da tarde fronte á Autoridade Portuaria no peirao de Ferrol, facendo coincidir o acto con a descárga de miles de toneladas de “CLÍNKER” sen que ninguén faga cumprir as obrigadas medidas medioambientales, poñendo en perigo inútilmente e unha vez máis a saúde de familias enteiras ao “NON FACER CUMPRIR AS NORMATIVAS VIXENTES”

ACÚDE

O vindeiro mércores Ás 18:30 DIANTE DA AUTORIDADE PORTUARIA

NON CAMBIES A SAÚDE POR RIQUEZA, NIN A LIBERDADE POR PODER, AS DECISIÓNS VALENTES PERMANECEN NO TEMPO

________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es

_______________

Enlace relacionado nos Arquivos Ártabros:

O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol
___________

luns, xuño 02, 2008

Loita cidadá e social na defensa do Courel

Verdegaia, Arredemo, Ecotono, Amigos da Terra, Adega, Federación Ecoloxista Galega

SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

Amigas e amigos do Courel:

Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E fixémolo xa o 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, 0 30 de outubro de 2007, recorremos tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a "magnitude da desfeita", non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.

Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en "La caixa", que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces:

Verdegaia
http://www.verdegaia.org/content/view...

Arredemo
http://www.arredemo.info/arredrupal/n...

Ecotono
http://ecotono.net/modules.php?op=mod...

Adega
http://www.adega.info/index.php?optio...

Amigos da Terra
http://www.amigosdaterra.net/index.ph...

Federación Ecoloxista Galega
http://federacionecoloxista.blogsome....

Sociedade Galeaga de Historia Natural
http://sghnferrol.blogspot.com/2007/0...

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G27362474, con enderezo postal en "Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo" non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a "Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel".

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87.

Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados.

Gracias por axudar SOS Courel, 11 de outubro de 2007

Enlaces con fotos do desastre:

http://fotossoscourel.blogspot.com/

http://soscourelsos.blogspot.com/

_________________

SOS Courel resposta ao Conselleiro de Medio Ambiente, polas súas manipuladoras informacións logo de publicado o Informe da Comisión Europea

De: "S.O.S Courel" -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 Maio 2008 22:29:56
Asunto: O Conselleiro insulta a SOS Courel



O Conselleiro insulta a SOS Courel
[SOS Courel resposta ao Conselleiro de Medio Ambiente, polas súas manipuladoras informacións logo de publicado o Informe da Comisión Europea]


A raíz do informe da Comisión Europea, sobre as canteiras do Courel, o Conselleiro de Medio Ambiente está cada vez máis nervioso, e así insultounos de xeito grave na prensa de onte mércores:

http://www.gznacion.com

Acúsanos de:
  • 1.- "mentir",
  • 2.- "andar buscando titulares"
  • 3.- "ten unha teoría apocalíptica do mundo"
  • 4.- "o resto é literatura, gañas de andar buscando titulares, e un afán excesivo de protagonismo de tres señores".
  • 5.- "mentira e demagoxia"
  • 6.- dicir que esa zona "é Rede Natura, é un desastre natural"
  • 7.- e segurou que SOS Courel até colocou na súa páxina web "unha foto que non é de aí"
  • 8.- "postura iluminada"
Tamén no seguinte artigo publicado no xornal"El Pais" o pasado 24 de Maio:

http://www.elpais.com

Acúsanos indirectamente de quitarlle o pan a Xente: "Es muy fácil decir, 'oiga, cierre usted todo', pero la gente tiene que comer". Nos cremos que esta situación é culpa da Xunta e polo tanto é quen lle debe garantir o salario aos traballadores pase o que pase

SOS Courel xa comunicaou estes insultos a Comisión Europea, por estarse incumprindo gravemente o Convenio Aarhus, ratificado por España, sobre o acceso á información, á participación do público e na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente:

Que no Artículo 3. Disposiciones xerais, apartado 8, di:

Cada Parte velará por que las personas que ejerzan sus derechos de conformidad con las disposiciones del presente Convenio no se vean en modo alguno penalizadas, perseguidas ni sometidas a medidas vejatorias por sus actos.”

A “mentira” de SOS Courel, Sr Conselleiro, sae no BOE

http://www.boe.es que dice:

Que no parágrafo 5º di: El río Redomás está invadido tanto por el banco de explotación de pizarra actual como por la escombrera de estériles aguas abajo de dicho banco, generando una gran contaminación de las aguas por la elevada concentración de sólidos en suspensión.

Hoxe xoves, nunha reunión do Conselleiro e o Director Xeral, Benito Reza, con ADEGA, Federación Ecoloxista Galega, Amigos da Terra e a Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA), calificaron como “barato” o discurso de “SOS Courel”

Cremos que debe ser o primeiro caso, onde unha autoridade dun país denunciado ( Reino de España) insulta aos denunciantes.

Saúdos

SOS COUREL
soscourel@mundo-r.com
607 22 58 87

Luar Na Lubre - Terra - AXUDA URXENTE PARA O C@UREL !



Enlace nos Arquivos Ártabros sobre a Loita na defensa do Courel
_____________

Recimil Informa

Recimil Informa

Resumo do mes de Abril do 2008

O mes de Abril tróuxonos novas decepcións sobre o tema da rehabilitación das Casas Baratas.

A primeira quincena caracterizouse pola ausencia de noticias. A pesar de que se fixeron varias xestións cos grupos políticos do goberno municipal, (PSOE e EU/EU), ninguén nos soubo responder á pregunta formulada nos nosos escritos, referente á posibilidade de presentación dunha moción para a retirada do Recurso presentado polo anterior goberno, sobre o asunto da reclamación de propiedade das vivendas. É un claro exemplo de incoherencia política por parte do grupo gobernante, que desde a oposición votaran en contra da presentación dese Recurso. (Ver Curiosidades de Tres en Tres). Con todo, as xestións proporcionáronnos unha cita para o día 21, co Concelleiro de Facenda Sr, Veloso (PSOE) .

Na segunda quincena, houbo abundancia de noticias con respecto ao tema da rehabilitación.

O día 19, D. de Ferrol publicaba un comentario sobre as intencións do goberno municipal, expresadas polo edil de obras, Sr. Reimúndez, no transcurso das xornadas sobre "Vivenda e Cidade", celebradas o pasado mes de Marzo, e que se concretaban na recuperación dos elementos comúns, deixando para unha etapa posterior as obras interiores.

A proposta consistiría na intervención "piloto" sobre un bloque de doce vivendas, que serviría de orientación para o resto dos edificios. Devandita intervención incluía como novidade, a habilitación dun baixo-cuberta para lavandería e trasteiro e a instalación de ascensor.

O día 21, o noso secretario entrevistouse co Sr. Veloso, a quen se reiterou a petición de retirada do famoso Recurso no tema da reclamación de propiedade das vivendas. O descoñecemento demostrado polo concelleiro sobre o tema das Casas Baratas foi total e absoluto, quedando moi sorprendido da información proporcionada polo noso representante e portavoz. Ante a súa petición de datos concretos, proporcionóuselle a denominación da nosa páxina Web, que visitou sobre a marcha, asombrándose da cantidade de información exposta e quedando en manternos informados.

O día 23, o diario ferrolán informa da presentación ao Pleno, por segunda vez, da proposta de solicitude de ARI para a barriada de Casas Baratas de Recimil. Sinala ademais, que se retoma esta proposta, xa presentada e retirada en novembro do 2007, tras o fracaso das conversacións coa Xunta de Galicia. Esas conversacións celebráronse segundo o xornal, o 18 de Febreiro e o 17 de Marzo, estando prevista unha terceira que non chegou a producirse.

Neste mesmo comentario incluíanse unhas declaracións do edil do BNG, Xoán Xosé Pita, que denuncia a falta de vontade de acordo por parte do Concello, apuntando a posibilidade dunha cesión de gran parte das vivendas á Xunta, posibilidade rexeitada repetidamente por EU/EU.

O día 24 aparece un comentario do PP, criticando a "inconsistencia" financeira do proxecto para Recimil, ao que consideran como o principal "reto urbanístico" da cidade, apostando por un proxecto integral a través dun convenio coas administracións autonómica e central e coa redución do número de vivendas en propiedade do Concello, acorde coas súas posibilidades de mantemento.

O día 24 é o da celebración do Pleno e nel, prodúcese de novo a retirada da solicitude de ARI para Recimil, ante a sorpresa de todos os presentes.

O día 25, D. de Ferrol recolle a noticia con grandes titulares. "O Alcalde sorprende ao Pleno coa retirada do punto sobre a creación dun ARI para Recimil".

Tras as consecuentes protestas e críticas dos edís da oposición, o Sr. Alcalde dixo que ?non imos meter a Recimil nun túnel sen saída? e apostando por "levantar ou pé do acelerador".

A nós parécenos que ademais de levantar o pé do acelerador, estase pisando o freo con forza.

O día 26, o D. de Ferrol publica unhas declaracións da portavoz de EU, dona Yolanda Díaz, nas que aseguraba que a retirada do ARI de Recimil non obedecía a desacordos entre os grupos de goberno, senón á solicitude dunha entrevista por parte da Consellería de Vivenda. Pola súa banda, o BNG estima que existe diferenza de criterio entre os dous socios de goberno e aproveita para transmitir aos veciños de Recimil o apoio do BNG para a rehabilitación do barrio.

O día 27 salta unha nova noticia: O edil de Vivenda, Sr. Reimúndez anuncia que en tres ou catro mese volverase a solicitar o ARI para Recimil e afirma que mantivo sete reunións coa Consellería. Ao longo da información recollida en "o outro diario", o concelleiro explica que será a nova "Empresa Municipal de Vivenda" a que acometerá o deseño do financiamento municipal, realizando os cambios necesarios para poder presentar o proxecto e financiamento conxuntamente.

O día 28 celebramos a nosa afeita asemblea mensual, na que informamos aos nosos asociados de todo este desconcerto, acordando seguir coas nosas xestións cos grupos gobernantes.

Para pechar o mes, o día 29 o BNG maniféstase en D. de Ferrol dicindo que "Reimúndez está desautorizado polo alcalde para falar de Recimil". Insiste o BNG no desinterese do goberno local por negociar coa Consellería unha solución máis ambiciosa para Recimil e critica o feito de non presentar un plan viable para a rehabilitación da barriada.

Pola nosa banda, a seguir esperando e, se podemos, coa vara dando?

Asociación San Fernando, nacida para defender el Patrimonio Histórico del Barrio ferrolano de Recimil
__________________

Enlace co artigo orixinal na web da Asociación San Fernando
_______________________

Historial das Casas Baratas do Barrio de Recimil de Ferrol
______________

Mércores 4 de Xuño, concentración en Ferrol Vello, contra a pasividade da administración para rematar coa contaminación producida no Porto de Ferrol

De: Asociación Veciñal de Ferrol Vello
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de junho de 2008 20:07
Asunto: convocatoria de mobilización




__________
A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es
____________________

domingo, xuño 01, 2008

Charla de Gilda Roa, dirixente labrega paraguaia, o Xoves 5 de Xuño ás 19:15 horas, no Ateneo Ferrolán

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de junho de 2008 20:21
Asunto: Charla Gilda Roa



Charla Gilda Roa A dirixente labrega paraguaia en Ferrol, o Xoves 5 de Xuño ás 19:15 horas, no Ateneo Ferrolán

---------- Forwarded message ----------
From: monica arto blanco
Date: 2008/5/30
Subject: Charla Gilda Roa
To: lupeces@gmail.com,...


Boa tarde:

Envíovos un texto e tamén o cartel (calidade web, non vale para imprimir, e queda pendente que o modifique para facer algunhas impresións para darvos o luns) da charla de Ferrol para que o distribuades (o que prefirades, o xeral ou o de Ferrol) entre os coñecidos e tamén os asistentes das charlas de agrocombustibeis. Para non liarnos máis e como xa é un pouquiño tarde, eu me encargaría de enviar nota de prensa e enviar tamén aos diferentes colectivos, plataformas, etc, e así non repetirnos.

Un saúdo,
Mónica Arto Blanco
Verdegaia

A dirixente labrega paraguaia Gilda Roa estará os vindeiros días 4, 5 e 6 de Xuño en Galiza, dentro da xira europea que está a facer xunto coa investigadora Nina Holland e a antropóloga An Maeyens, para informar sobre os impactos ambientais e sociais dos monocultivos de soia transxénica no Paraguai, produción destinada á exportación para a elaboración de agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial.

Gilda Roa, dirixente do MAP (Movimiento Agrario y Popular) veu a Europa para participar no evento Planet Diversity , en Bonn, paralelo á Convención da ONU sobre Diversidade Biolóxica, convidada por CEO (Corporate Europe Observatory) e A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity). A visita de Gilda Roa foi aproveitada por estas dúas organizacións para facer unha xira europea da campaña internacional “A soia mata”.

Gilda Roa (MAP), Nina Holland (CEO) e An Maeyens (A SEED Europe) estarán en Galiza entre os días 4 e 6 de Xuño convidadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (alianza formada por Amarante, SLG, Verdegaia e VSF) para falar en Lugo, Ferrol e Vigo sobre as consecuencias ambientais e sociais dos monocultivos de soia no Paraguai. A soia transxénica cultivada no Paraguai é exportada a Europa co obxecto de elaborar agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial.

Calendario:

* Mércores 4 de Xuño ás 20:00 horas. Sala de Xuntas da Faculdade de Veterinaria (Lugo)

* Xoves 5 de Xuño ás 19:15 horas. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204 1º), Ferrol
* Venres 6 de Xuño ás 19:30 horas. CSA A Cova dos Ratos (Rúa Romil), Vigo

As charlas serán acompañadas de proxeccións de curtametraxes nas que se recolle a situación que vive o rural paraguaio

Gilda Roa fai parte da Dirección Nacional do MAP (Movimiento Agrario y Popular), organización paraguaia que traballa na defensa das comunidades labregas que moran na fronteira agrícola da soia transxénica.

Nina Holland é investigadora do CEO (Corporate Europe Observatory), organización con base en Amsterdam dedicada á investigación e realización de campañas sobre as ameazas á democracia, equidade, xustiza social e ambiente por parte das empresas e os seus lobbies. Un dos ámbitos de investigación de Nina Holland é o da política europea sobre agrocombustíbeis.

An Maeyens é antropóloga e membro da rede A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity) con sede en Amsterdam. An Maeyens ten estudado a situación das poboacións labregas paraguaias.
__________

http://www.lasojamata.org
____________
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

______________