A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvDiante do relevo da concellaría de urbanismo do Concello de Ferrol
20060724
A Plataforma Ártabra 21, reunida de urxencia, como consecuencia do relevo na Concellería de Urbanismo no decreto asinado polo Alcalde da corporación Municipal deste pasado día 19 de xullo, cesando ao Concelleiro de IF, Sr. Pita- Romero e nomeando novo Concelleiro de Urbanismo do PP Guilermo Evia, quere manifestar que:
1ºMoitos colectivos da cidade de Ferrol se organizaron para se defender das políticas especulativas da área de Urbanismo, coa conformidade e complicidade do Partido Popular.
2ºEsta Plataforma Ártabra21 nace pola decisión e unión dos colectivos de afectados nestas políticas agresivas, especulativas sen escrúpulos contra as prazas e espazos públicos, lembrando que noso ideario na PA21 no seu documento fundacional defende “Os espazos públicos como centro da vida das cidades e vilas fronte a exclusividade dos centro comerciais e a privatización dos espazos e servizos públicos”.
3ºLevamos parte da cidadanía de Ferrol tres anos padecendo os abusos da administración Local polo que esiximos ao Alcalde e o novo Concelleiro “un cambio de rumbo nas políticas urbanísticas a desenvolver”.
Demandamos pois un novo xiro na política urbanística no que respecta a:
PRAZA DA PORTA NOVA [Praza de España] .- Paralización urxente do chamado “Edificio emblemático”, rematando as obras sen ningún impacto visual en superficie e unha ornamentación axeitada que se podería consensuar cos axentes sociais ou concurso de ideas.
PRAZA DE SARTAÑA.- Principiar conversacións co Colectivo Sartaña de afectados. Descarte da obra do Spa e rehabilitación dunha futura Praza multifuncional.
CASAS DE RECIMIL.- Respectar os acordos plenarios do Concello e comezar as negociacións coa XUNTA de Galicia para a súa REHABILITACIÓN. Restablecer contactos e conversacións cos “Afectados de RECIMIL”
FRAGA DE MENÁNCARO.- Abandonar os Planos previstos por IF, respectando a Carballeira. Restablecer as conversas coa Comunidade Menáncaro, para conseguir recalificar a zona como rústica e trasladar a Xunta a petición de Espazo Natural protexido.
MONTES DO CHA- BRION E LEIXA.- Reunión e debate con esta Plataforma desde a iniciativa de declaración de Patrimonio Cultural e Natural das Fragas de Leixa e por unha ordenación do territorio racional e sen localismos que ostaculizan os proxectos industriais da comarca e fan xurdir proxectos irracionais como o dos montes de Cha-Brión. Todo plano de desenvolvemento debe contar cunha amplia participación ciudadán, ser sustentábel e ter unha visión comarcal do mesmo.
Outros temas importantes de urbanismo son:
- Ferrol- Vello, que precisa unha rehabilitación e estudo dun Plan Especial.
- Sánchez Aguilera, precisa un novo convenio co Ministerio de Defensa para a recuperación integral destes terreos para o Concello de Ferrol con fins sociais, Residencia da Universidade.
- Inferniño, urbanización do barrio e negociación dos terreos con RENFE para o futuro Parque Urbano desta zona.
- San Xoán, ordenación con criterios non especulativos da futura urbanización do Bertón.
- Canalizar as demandas urbanísticas veciñais doutros barrios como Esteiro, Canido, Barrio da Magdalena, A Graña, a Zona Rural, etc.
Queremos que se abra unha nova etapa de PARTICIPACIÓN CIDADÁN nas diferentes mesas sectoriais, neste caso abrir un vía de diálogo e colaboración entre os diferentes colectivos e axentes sociais en materia de Urbanismo que de seguro sairán moitas conclusións en beneficio da cidadanía e do pobo de Ferrol.
Ferrol a 21 de Xullo de 2006.
Asdo. A Xunta Coordinadora .-
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
X.Fernandez
Inácio Martinez
Xosé M. Sanxoán
O Urbanismo em Ferrol: ao serviço de quem?
20060722
22 de julho de 2006 16:00
Responder a: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
O Urbanismo em Ferrol: ao serviço de quem?
Ainda que Juan Fernandez, de Independientes por Ferrol, mostrasse a sua surpresa ante o anunciamento por parte do alcaide de Ferrol,- Juan Juncal do Partido Popular e sócio no governo municipal-, de destituir a Pita-Romero (IF) á frente da concelharia de Urbanismo por Evia (PP), o conjunto da sociedade ferrolana já sabia que mais cedo que tarde ia ocorrer isto, posto que esta decissom nom é um facto isolado, senom que estava proclamada aos quatro ventos polo particular desenvolvimento das próprias contradiçons internas de carácter "técnico" nos diversos projectos urbanísticos lançados desde a formaçom do governo municipal em 2003.
Nom descubrimos nada ao dizer que a verdadeira ponta de lança durante estes três anos de governo municipal foi a descarnada política neoliberal aplicada por meio do urbanismo (por desgraça já considerada genérica para o conjunto dos municípios galegos) que é claramente abussiva contra a qualidade de vida da vizinhança ferrolana (por exemplo o projecto da "pileta" na zona de Sartanha), contra a conservaçom do nosso património cultural, histórico e ambiental (demoliçom do bairro de Recimil para a construçom de vivendas de luxo, parque logístico nos montes de Chá em Briom, urbanizaçom de chalês e hotel prévia destruiçom da carvalheira de Menáncaro, etc.) e pola privatizaçom dos espaços públicos (urbanizaçom da superfície da Praça de Porta Nova ou o projecto para a remodelaçom para a Praça do Concelho).
Mas as razons desta destituiçom (que ainda nom fôrom explicadas polo alcaide) nom as devemos procurar em diferentes visons da política urbanística, posto que no cerne plantejam o mesmo desenvolvimento especulativo e privatizador com os espaços públicos. As primeiras declaraçons de Juncal após a destiuiçom fôrom as de "imprimir um novo ritmo aos projectos de urbanismo" onde o concelheiro do PP entrante dea "um pulo firme e decidido" às actuaçons que já indicamos acima.
Este movimento na equipa de governo devemo-la interpretar como o resultado dos interesses de sectores da burguesia local ferrolana enfrentados por meio destas duas formaçons. Nom é casualidade que por trás de projectos como a urbanizaçom em superfície da Praça de Porta Nova ou a remodelaçom da Praça do Concelho apareça a omnipresente empresa Abeconsa. Nom é por casualidade que o PP tire polo chao todo o projecto de IF para a Praça do Concelho alegando que nom se cumprem certas condiçons técnicas e que imediatamente apareça o omnipotente empresário Isidro Silveira reclamando indemnizaçons milionárias pola paralisaçom do projecto.
Devemos ver mais alá das proclamas desta caste política e olhar para os claros interesses de classe que determinam o desenvolvimento do conjunto das problemáticas em cena.
Porém, tendo em conta a própria conjuntura a nível local, a Assembleia Comarcal em Trasancos de NÓS-Unidade Popular quer fazer um chamamento ao conjunto do movimento popular para continuar a trabalhar nas diferentes problemáticas abertas a golpe de promotora imobiliária no Concelho de Ferrol (e por extensom aos demais municípios da comarca) desenvolvendo umha vissom global que seja quem de chegar a determinar a estratégia urbanística claramente planificada pola burguesia local e executada pola "classe" política, sem distinçom de signo (ontem BNG-PSOE e hoje PP-IF).
Neste sentido, apoiaremos todas aquelas iniciativas que se promovam desde a Plataforma Átabra 21 (as entidades e os colectivos que a componhem) para elevar o nível de descontente popular cara aos abusos desta estratégia urbanística e os seus ilógicos plantejamentos de cara ao enriquecimento da minoria social.
Comunicación sobre a agresión israelí á poboación de Palestina e o Líbano
Diante desta comunicación, a Xunta Coordenadora da Plataforma Ártabra 21, ACORDA, trasladar a petición recebida, de participar nesta "autoconvocatoria", a todos os colectivos, asociacións e organizacións que conforman a Plataforma para o seu coñecimento e que podan decidir sumarse a esta concentración.
Ferrol, a 21 de Xullo, de 2006
Pola Xunta Coordenadora
Asdo.-
Xosé R.Jove
Xoán Fernández
Carlos Gª Seoane
Xosé M. Sanxoán
Inácio Martínez
Mng -mng@feminismo.org-
21 de Julho de 2006 11:53
Contra o genocidio do povo palestiniano.
O Estado de Israel lançou uma nova ofensiva contra a Faixa de Gaza que a dia de hoje continua. A 12 de Julho, abriu umha segunda frente de agressom invadindo o sul do Líbano e atacando objectivos civis da capital e outras cidades libanesas, ameaçando com estender a guerra a outros países da regiom, como a Síria ou o Irám.
As vítimas dos ataques militares israelitas som numerosíssimas e nom deixam de aumentar. Mas a reacçom da chamada “comunidade internacional” está a ser nula.
Os movementos sociais, as mulheres nom podemos ficar na passividade. Há que sair à rua, denunciar o genocidio do povo palestiniano e dizer mais uma vez:
As suas armas a nossa pobreza, as suas guerras a nossa miséria.
Desde MNG fazemos um chamado a todos os movementos sociais a participar em concentraçons o dia 26 de julho.
Vigo: diante do Marco às 20h30.
Compostela: Praça do Toral às 20h30.
Ourense:Praça do Ferro às 21h00.
Ferrol:Praça de Armas às 20h30.
Esta é uma convocatória aberta.
--
Por umha sociedade laica.
Polo nosso direito a decidir
www.feminismo.org
mng@feminismo.org
Local Nacional: Gentalha do Pichel
r/Espíritu Santo nº22
Compostela
8 de Agosto, Martes, reunión da Coordenadora, ampliada, da Plataforma Ártabra 21
20060719
A orde do día iremo-la facendo entre tod@s, perante estes días, de entrada teremos que tratar o que segue máis abaixo, mais será a propia Xunta Coordenadora a que acorde a orde día a tratar na citada reunión.
Orde do día provisional:
1.- Leitura e aprobación da acta anterior.
2.- A nosa actuación diante das expropiacións de Canido.
3.- Análise do informe da Xunta sobre Recimil.
4.- Praza da Porta Nova.
5.- Cementeira de Narón.
6.- Outros, rogos e preguntas.
Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.
Condena da agresión israelí á poboación civil de Palestina e do Líbano
20060717
De: Movemento polos Dereitos Civís mpdc@movemento.org
Subject: CONDENA DA AGRESIÓN ISRAELÍ Á POBOACIÓN CIVIL DE PALESTINA E DO LÍBANO.
17 de xuño de 2006CONDENA DA AGRESIÓN ISRAELÍ Á POBOACIÓN CIVIL DE PALESTINA E DO LÍBANO.
O ataque israelí iniciado o 28 de Xuño co bombardeo masivo das infraestructuras que quedaban en pé na castigada Franxa de Gaza, entre eles os xeradores que alimentaban de enerxía eléctrica á cidade e as pontes de comunicación, as aterradoras bombas de son, as detencións de cidadáns e ministros e representantes electos do Parlamento palestino, xunto cos asasinatos chamados polo goberno israelí "selectivos" dos dirixentes da poboación ocupada, son todos eles crimes de guerra expresamente condenados e descritos como tales na IV Convención de Xenebra relativa ao tratamento da poboación civil polas potencias ocupantes.
Trátase dunha poboación formada maioritariamente por refuxiados, expulsados dos seus pobos por Israel, que vén sufrindo unha política racista de apartheid e operacións militares desde 1948.
A gravísima crise humanitaria provocada por estes feitos e denunciadas ata polo secretario xeral da ONU días pasados, o que se poida poñer un término aos seus sufrimentos, o fin da hambruna e do terror sobre a poboación exánime dos campos de refuxiados, depende da actitude da comunidade internacional e especialmente da permisividad dos países europeos.
O/A abaixo asinante preocupado/a polo silencio institucional, impropio das circunstancias que vivimos, súmanse a todas as iniciativas europeas e estatais dirixíndose a todas as autoridades electas do noso país, ao presidente e deputados da Xunta de Galiza, aos alcaldes e deputados provinciales, para recordarlles o compromiso adquirido polo Estado Español ao asinar os tratados internaciones e especialmente a IV Convención de Xenebra de "respectala e facela respectar en toda circunstancia".
E pedirlles que se dirixan ao presidente do Estado, Jose Luís Rodríguez Zapatero rogándolle que denuncie ante as institucións internacionais as gravísimas violacións cometidas polo estado israelí nos territorios ocupados e no Líbano, tómense as medidas de presión necesarias para que Israel cese a agresión, e decida a retirada do embaixador español en Tel Aviv ata tanto non adecue Israel a súa política ás esixencias do Dereito Internacional."ASINA AQUÍwww.movemento.org
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 - 2º
15703 Santiago de CompostelaTel. 610858850Fax: 981571082
Espoliados de Canido
20060715
A Plataforma Artabra21 queremos expresar a nosa solidariedade cos cidadáns afectados pola expropiación e desaloxo da Rúa Insua e Pérez Parallé , manifestando en principio cas cantidades ofertadas como indemnizacións son ridículas e unha burla as persoas humildes e pensionistas, dada a idade da maioría que viviron toda súa vida nestas vivendas.A Plataforma ártabra21 , de recente creación e conformada por 17 entidades e organizacións das comarcas e vilas do entorno, preocupándonos polo medio ambiente, a participación cidadá, a defensa dos patrimonios naturais, culturais, enerxías e economías sustentables e o dereito a unha vivenda digna fronte a especulación como así declaramos en noso documento fundacional.
Acudimos ao local da Asociación Veciñal de Canido para tratar de abrir unha vía de diálogo entre os afectados e seus familiares ca directiva da Asociación ,” mediando” a plataforma e poder facer unha convocatoria pública no que se exprese e coordine as decisións a tomar no futuro.
Esta convocatoria quedou formalizada para o vindeiro, LUNS, 17 de Xullo, ás 10.30 horas da mañá no mesmo local social da A.vv. do Cruceiro de Canido en que haberá asesoramento, propostas para tomar os acordos que se decidan nesta Asemblea de Barrio ou de afectados.Ferrol a 14 de Xullo de 2006.
Asdo.
A xunta coordinadora
José R. Jove
Inacio Martinez
Xan Ramirez
Carlos Gª Seoane
Manuel Dominguez
Xosé m. Sanxoán
PARA MAIS INFORMACIÓN ENTRA NO SITIO QUE PROPUXO O COLECTIVO FUSQUENLLA [+ info]
Galería fotográfica sobre a espoliación da veciñanza de Canido
[14.07.2006]
Valoracións e Acordos da Reunión Extraordinaria Aberta da Xunta Coordenadora do 10 de Xullo
20060712

Reunión- Xunta Coordenadora
A Plataforma Ártabra 21 reuniuse o luns día 10 no local social da Avv. de Ferrol- Vello para analizar os acontecementos referente ao Edificio da Praza de España.
Para a Plataforma Ártabra 21, é unha nova ou 2ª oportunidade que lle damos a antiga Praza de Porta Nova que debemos aproveitar para que o goberno local do PP-IF recapacite nesta proposta que supón a destrución de espazo público nesta Praza emblemática de toda a cidadanía.
O Alcalde de Ferrol ten que reaccionar para que esta obra non vaia adiante advertindo que sería un mal precedente se a Xunta de Galicia non acepta o modificación puntual sobre esta Praza tería que responder ante a xustiza e o electorado.
O edificio que a Concellería de Urbanismo do concello de Ferrol pretende plantar na Praza é alegal, inmoral, indecente e un atentado urbanístico máis que significa unha burla a cidadanía.
Por todo isto esiximos ao Alcalde e a todo o Goberno Municipal a PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO EDIFICIO “HITO" DE FERROL” e a máxima atención para que remate canto antes a Praza en superficie.
Por outra parte, rexeitamos este tipo de expropiacións que pretenden trocar ou mellor dito roubar aos propietari@s, veciñ@s de Canido cunha esmola indigno de quen o consinte nos tempos actuais, por tanto teñen todo noso apoio e solidariedade para que non se vaian sen que súas aspiracións sexan as Xustas.
Desde a Plataforma Ártabra 21 faise unha análise respecto aos terreos de Sánchez Aguilera que no futuro terá unha prioridade urbanística de primeira orde, considerando en primeiro lugar que o convenio subscrito con Defensa é insuficiente e máis ben bastante cativo polo que debe o goberno e oposición reclamar ao Goberno Central un convenio ambicioso para que sexa recuperado a totalidade deste solo que a todas luces pertence por dereito propio a cidadanía de Ferrol sen discusión nin complexos.
Ferrol a 10 de Xullo de 2006.
A Xunta Coordenadora.-
Xan Ramírez
Inácio Martínez
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
Manuel Domínguez
Xosé M. Sanxoán
Porta Nova espazo público
Polo direito a unha vivenda digna, xustiza e realoxo d@s afectad@s de Canido
Para: artabra21@gmail.com
Fecha: 10-jul-2006 0:46
Asunto: Petición
Recentemente limos na Voz de Galicia unha noticia sobre un caso de expropiación en Canido.
A demolición pende sobre as vivendas de toda a súa vida
[Entrar Noticia VdeG 01]
Resposta oficial: Estase cumprindo a legalidade de forma escrupulosa», di o Concello
[Entrar Noticia VdeG 02]
Trata-se dun caso típico do axente urbanizador polo cal diversas familias van quedar sen casa co beneplácito do concello.
Creo que sería interesante que o tratasedes no blog.
Un saúdo. Colectivo FUSQUENLLA
http://www.sospontedeume.com
Nota.- No Diario de Ferrol, sae publicada esta mesma nova, explicando con máis claridade o que está a acontecer en Canido [12.07.2006]
Afectados polas expropiacións de Canido piden axuda a Teresa Táboas
[Entrar Noticia DdeF 01]
Diario de Ferrol [13.07.2006]
O Valedor do Pobo solicita un informe ao Concello sobre os desaloxos de Canido
[Entrar Noticia DdeF 02]
Voz de Galicia [13.07.2006]
O xurado galego de expropiacións valorará as casas de Canido
[Entrar Noticia VdeG 03]
Estivemos o venres, 14 de Xullo en Canido [+ info]
Noticias do 15.07.2006
O Concello suspende ata novo aviso a ocupación das vivendas de Canido.
O oficial maior do Concello de Ferrol e unha funcionaria de Urbanismo comunicaron onte aos afectados polas expropiaciones da urbanización de Pérez Parallé, en Canido, que a Concejalía do área acordou suspender o alzamiento das vivendas ata novo aviso. Segundo informou o concelleiro Francisco Pita-Romeu Caamaño, dita suspensión obedece a que á hora na que estaba previsto o desalojo 10 da mañá aínda non se recibín o auto do Xulgado do Contencioso Administrativo relativo ás medidas cautelares solicitadas polos afectados.
[Entrar Noticia DdeF 03]
O Concello apraza o desaloxo de Canido por segunda vez
A medida, ratificada polo xulgado, está agora sen data de aplicación
Os afectados instan ao xurado galego de expropiacións a que taxe as súas casas non ao prezo do catastro.
[Entrar Noticia VdeG 04]
Co que nos dan non compramos nin unha praza de garaxe.
[Entrar Noticia VdeG 05]
El Concello suspende de "forma verbal" el desalojo de Canido.
Los vecinos insisten en que sólo pretenden que se les realoje en otras viviendas.
[Entrar Noticia LOdeAC 01]
Convocatoria da Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21, para o 26 de Setembro
20060711
A orde do día da citada Asemblea irémo-lo facendo entre tod@s, desde agora, mais provisionalmente será a seguinte:
1.- Leitura e aprobación da acta anterior.
2.- información e análise da situación das diferentes loitas veciñais e cidadáns [Recimil, Sartaña, Menáncaro, Praza Porta Nova, Montes de Brión, ...].
3.- Estado das contas e situación organizativa da Plataforma.
4.- Intervencións da Plataforma.
5.- Aprobación do logotipo.
6.- Outros, rogos e preguntas.
Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.
10 de Xullo, Luns, reunión da Coordenadora, ampliada, da Plataforma Ártabra 21
20060708
Solicitaremos ou esixiremos ao Goberno a paralización das obras neste senso...
Dicir que Miguel Rei como arquitecto vainos asesorar tenicamente e levaremos documentación desta obra.
Saúdos
Xunta Coordinadora
Acta da Xunta Coordenadora [04.07.2006]
20060707
ACORDOS MAIS RELEVANTES DA JUNTANÇA DA COORDENADORA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21 CELEBRADA A TERÇA-FEIRA, 4 DE JULHO NO LOCAL DO CLUBE DE MONTANHA DE FERROL.
ASSISTEM: a Junta Coordenadora ( Inácio Martinez, Xan Ramirez, Carlos Garcia Seoane, Xosé M. Sanxoán, Manuel Dominguez, Jose R. Jove) mais dous representantes do colectivo Lapis Verdes.
- Os representantes do colectivo didáctico-meioambiental Lapis Verdes exponhem umha proposta que consiste na realizaçom dumhas Jornadas sobre urbanismo naqueles licéus da comarca onde se tiver oportunidade, possivelmente para o mês de Setembro. Para isto contactarám com o Colégio de Arquitectos e informarám á Plataforma.
- Neste mesmo sentido, Jove e o colectivo da vizinhança de Sartanha - a inícios de Setembro- estudarám algumha proposta sobre umha jornada reinvindicativa a desenvolver no bairro.
- Valorizaçom da Assembleia do 27 de Junho. Analisa-se o aspecto de preparar melhor as propostas que se levam à Assembleia para acadar umha maior participaçom e entendimento.
A assistência foi “digna” devido á situaçom nas que se acha o desenvolvimento das problemáticas de Sartanha e Recimil. Manifesta-se a possibilidade de realizar vindouras Assembleias num outro local para conseguer umha disposiçom d@s participantes mais ajeitada. Aliás, acha-se que a trajectória da Plataforma até a actualidade é boa enquanto as propostas desenvoltas por algum dos colectivos que se integram na Plataforma e a adessom de entidades, ainda que nom se conseguisse aderir todas aquelas que se tinha previsto.
- Realiza-se umha análise da conjuntura política, social, etc. a nível comarcal, destatacando o Pleno do Concelho de Ferrol desenvolto o 29 de Junho no qual se voltou debater outros assuntos urbanísticos de releváncia: a remodelaçom da Praça do Concelho e o bairro de Recimil.
- Novos contactos. Informa-se que se contactou cum membro do colectivo contra a cimenteira de Castro, quem de momento nom se integrarám. Também se informa que o representante do Comité Anti-SIDA em Ferrol nom puido assistir à anterior Assembleia por confundir-se de local.
As novas entidades com as que contactar som, entre outras, Fervesteiro, AA.VV. Santa Marinha- O Vilar, Ferrol Velho, Sam Joám de Filgueira, Plataforma polo círculo Lítico das Pontes, Guerrilheiros das Fragas, ...
- Propom-se que para finais de Setembro- inícios de Outubro as Plataformas em questom realizarám um roteiro reinvindicativo pola Carvalheira de Menáncaro e outros polos montes de Briom e de Leixa.
- Xosé M. Sanxoán, Jose R. Jove e Carlos Garcia Seoane serám os encarregados de abrir umha conta bancária da Plataforma, na qual os diferentes colectivos fagam efectiva a quota semestral de 25 € aprovada na Assembleia do passado 27 de Junho.
A efeitos de poder subtitular a conta bancária entregará-se este documento interno á Caixa de aforros onde se abra a citada conta.Ingreso das cotas dos colectivos e entidades á Plataforma
20060705
Na pasada reunión da Xunta Coordenadora, celebrada o pasado 4 de Xullo no Clube de Montaña, decideuse executar o acordo da Asemblea, recaendo a responsabilidade en tres membros da mesma: Carlos Gª Seoane, José R. Jove e Xosé Manuel Sanxoán.
Abrimos unha conta en CAIXA GALICIA - Rúa Real - esquina Praza do Concello co número de conta:
2091 - 0226 - 28 - 3040026805
Na mesma Asemblea acordouse que as cotas das entidades e colectivos membros da PA21 son de 25,00 € mínimo, cada Semestre.
As persoas que estexan na Plataforma a nível individual, non teñen polo de agora unha cota definida, mais tamén poden facer un ingreso voluntario na conta referida.
Rogamos que ingresedes a partir de agora na conta sinalada, o mais axiña posíbel, as cotas correspondentes a este segundo trimestre co seguinte conceito:
||Cota PA21 2º Stre. 2006 de ________________ [Nome da persoa, colectivo ou entidade que realiza o ingreso]||
Saúdos
Xunta Coordenadora:
Manuel Domínguez
Inácio Martínez
José R. Jove
Xan Ramírez
Carlos Gª. Seoane
Xosé Mel Sanxoán
Convocatoria da Xunta Coordenadora para o 4 de Xullo
20060702
Polo de agora a reunión do día 4 celebrarase coa seguinte proposta de orden do día:
- Leitura e aprobación da Acta anterior.
- Analise e valorización da pasada Asemblea Xeral.
- Execución dos pontos acordados na Asemblea Xeral.
- Novos contactos e propostas de incorporación á Plataforma.
- Concretizar o asunto das contas e cotas.
- Outros que se vaian propoñendo.
Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.















































