luns, xullo 24, 2006

Diante do relevo da concellaría de urbanismo do Concello de Ferrol

Tags
Comunicado da Plataforma Ártabra 21

A Plataforma Ártabra 21, reunida de urxencia, como consecuencia do relevo na Concellería de Urbanismo no decreto asinado polo Alcalde da corporación Municipal deste pasado día 19 de xullo, cesando ao Concelleiro de IF, Sr. Pita- Romero e nomeando novo Concelleiro de Urbanismo do PP Guilermo Evia, quere manifestar que:

1ºMoitos colectivos da cidade de Ferrol se organizaron para se defender das políticas especulativas da área de Urbanismo, coa conformidade e complicidade do Partido Popular.

2ºEsta Plataforma Ártabra21 nace pola decisión e unión dos colectivos de afectados nestas políticas agresivas, especulativas sen escrúpulos contra as prazas e espazos públicos, lembrando que noso ideario na PA21 no seu documento fundacional defende “Os espazos públicos como centro da vida das cidades e vilas fronte a exclusividade dos centro comerciais e a privatización dos espazos e servizos públicos”.

3ºLevamos parte da cidadanía de Ferrol tres anos padecendo os abusos da administración Local polo que esiximos ao Alcalde e o novo Concelleiro “un cambio de rumbo nas políticas urbanísticas a desenvolver”.

Demandamos pois un novo xiro na política urbanística no que respecta a:

PRAZA DA PORTA NOVA [Praza de España] .- Paralización urxente do chamado “Edificio emblemático”, rematando as obras sen ningún impacto visual en superficie e unha ornamentación axeitada que se podería consensuar cos axentes sociais ou concurso de ideas.

PRAZA DE SARTAÑA.- Principiar conversacións co Colectivo Sartaña de afectados. Descarte da obra do Spa e rehabilitación dunha futura Praza multifuncional.

CASAS DE RECIMIL.- Respectar os acordos plenarios do Concello e comezar as negociacións coa XUNTA de Galicia para a súa REHABILITACIÓN. Restablecer contactos e conversacións cos “Afectados de RECIMIL”

FRAGA DE MENÁNCARO.- Abandonar os Planos previstos por IF, respectando a Carballeira. Restablecer as conversas coa Comunidade Menáncaro, para conseguir recalificar a zona como rústica e trasladar a Xunta a petición de Espazo Natural protexido.

MONTES DO CHA- BRION E LEIXA.- Reunión e debate con esta Plataforma desde a iniciativa de declaración de Patrimonio Cultural e Natural das Fragas de Leixa e por unha ordenación do territorio racional e sen localismos que ostaculizan os proxectos industriais da comarca e fan xurdir proxectos irracionais como o dos montes de Cha-Brión. Todo plano de desenvolvemento debe contar cunha amplia participación ciudadán, ser sustentábel e ter unha visión comarcal do mesmo.

Outros temas importantes de urbanismo son:

- Ferrol- Vello, que precisa unha rehabilitación e estudo dun Plan Especial.

- Sánchez Aguilera, precisa un novo convenio co Ministerio de Defensa para a recuperación integral destes terreos para o Concello de Ferrol con fins sociais, Residencia da Universidade.

- Inferniño, urbanización do barrio e negociación dos terreos con RENFE para o futuro Parque Urbano desta zona.

- San Xoán, ordenación con criterios non especulativos da futura urbanización do Bertón.

- Canalizar as demandas urbanísticas veciñais doutros barrios como Esteiro, Canido, Barrio da Magdalena, A Graña, a Zona Rural, etc.

Queremos que se abra unha nova etapa de PARTICIPACIÓN CIDADÁN nas diferentes mesas sectoriais, neste caso abrir un vía de diálogo e colaboración entre os diferentes colectivos e axentes sociais en materia de Urbanismo que de seguro sairán moitas conclusións en beneficio da cidadanía e do pobo de Ferrol.

Ferrol a 21 de Xullo de 2006.

Asdo. A Xunta Coordinadora .-
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
X.Fernandez
Inácio Martinez
Xosé M. Sanxoán

sábado, xullo 22, 2006

O Urbanismo em Ferrol: ao serviço de quem?

Tags
Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
22 de julho de 2006 16:00
Responder a: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com

O Urbanismo em Ferrol: ao serviço de quem?

Ainda que Juan Fernandez, de Independientes por Ferrol, mostrasse a sua surpresa ante o anunciamento por parte do alcaide de Ferrol,- Juan Juncal do Partido Popular e sócio no governo municipal-, de destituir a Pita-Romero (IF) á frente da concelharia de Urbanismo por Evia (PP), o conjunto da sociedade ferrolana já sabia que mais cedo que tarde ia ocorrer isto, posto que esta decissom nom é um facto isolado, senom que estava proclamada aos quatro ventos polo particular desenvolvimento das próprias contradiçons internas de carácter "técnico" nos diversos projectos urbanísticos lançados desde a formaçom do governo municipal em 2003.
Nom descubrimos nada ao dizer que a verdadeira ponta de lança durante estes três anos de governo municipal foi a descarnada política neoliberal aplicada por meio do urbanismo (por desgraça já considerada genérica para o conjunto dos municípios galegos) que é claramente abussiva contra a qualidade de vida da vizinhança ferrolana (por exemplo o projecto da "pileta" na zona de Sartanha), contra a conservaçom do nosso património cultural, histórico e ambiental (demoliçom do bairro de Recimil para a construçom de vivendas de luxo, parque logístico nos montes de Chá em Briom, urbanizaçom de chalês e hotel prévia destruiçom da carvalheira de Menáncaro, etc.) e pola privatizaçom dos espaços públicos (urbanizaçom da superfície da Praça de Porta Nova ou o projecto para a remodelaçom para a Praça do Concelho).

Mas as razons desta destituiçom (que ainda nom fôrom explicadas polo alcaide) nom as devemos procurar em diferentes visons da política urbanística, posto que no cerne plantejam o mesmo desenvolvimento especulativo e privatizador com os espaços públicos. As primeiras declaraçons de Juncal após a destiuiçom fôrom as de "imprimir um novo ritmo aos projectos de urbanismo" onde o concelheiro do PP entrante dea "um pulo firme e decidido" às actuaçons que já indicamos acima.

Este movimento na equipa de governo devemo-la interpretar como o resultado dos interesses de sectores da burguesia local ferrolana enfrentados por meio destas duas formaçons. Nom é casualidade que por trás de projectos como a urbanizaçom em superfície da Praça de Porta Nova ou a remodelaçom da Praça do Concelho apareça a omnipresente empresa Abeconsa. Nom é por casualidade que o PP tire polo chao todo o projecto de IF para a Praça do Concelho alegando que nom se cumprem certas condiçons técnicas e que imediatamente apareça o omnipotente empresário Isidro Silveira reclamando indemnizaçons milionárias pola paralisaçom do projecto.
Devemos ver mais alá das proclamas desta caste política e olhar para os claros interesses de classe que determinam o desenvolvimento do conjunto das problemáticas em cena.

Porém, tendo em conta a própria conjuntura a nível local, a Assembleia Comarcal em Trasancos de NÓS-Unidade Popular quer fazer um chamamento ao conjunto do movimento popular para continuar a trabalhar nas diferentes problemáticas abertas a golpe de promotora imobiliária no Concelho de Ferrol (e por extensom aos demais municípios da comarca) desenvolvendo umha vissom global que seja quem de chegar a determinar a estratégia urbanística claramente planificada pola burguesia local e executada pola "classe" política, sem distinçom de signo (ontem BNG-PSOE e hoje PP-IF).

Neste sentido, apoiaremos todas aquelas iniciativas que se promovam desde a Plataforma Átabra 21 (as entidades e os colectivos que a componhem) para elevar o nível de descontente popular cara aos abusos desta estratégia urbanística e os seus ilógicos plantejamentos de cara ao enriquecimento da minoria social.

Comunicación sobre a agresión israelí á poboación de Palestina e o Líbano

Tags
Estando reunida a Xunta Coordenadora, em sesión extraordinaria, para analisar as consecuencias na política municipal de urbanismo e ordenación do territorio, do cese do concelleiro de urbanismo no concello de Ferrol, Sr. Pita Romero, achegáron-nos unha comunicación da organización feminista MNG, que mais abaixo transcrebemos. Dita comunicación é unha "autoconvocatoria", para a realización dunha concentración na Praza da Casa do Concello de Ferrol, o vindeiro Mércores, día 26 deste mes de Xullo, ás 20:30 hs, para denunciar a agresión israelí á poboación de Palestina e do Líbano.

Diante desta comunicación, a Xunta Coordenadora da Plataforma Ártabra 21, ACORDA, trasladar a petición recebida, de participar nesta "autoconvocatoria", a todos os colectivos, asociacións e organizacións que conforman a Plataforma para o seu coñecimento e que podan decidir sumarse a esta concentración.

Ferrol, a 21 de Xullo, de 2006

Pola Xunta Coordenadora
Asdo.-
Xosé R.Jove
Xoán Fernández
Carlos Gª Seoane
Xosé M. Sanxoán
Inácio Martínez




Mng -mng@feminismo.org-
21 de Julho de 2006 11:53

Contra o genocidio do povo palestiniano.

O Estado de Israel lançou uma nova ofensiva contra a Faixa de Gaza que a dia de hoje continua. A 12 de Julho, abriu umha segunda frente de agressom invadindo o sul do Líbano e atacando objectivos civis da capital e outras cidades libanesas, ameaçando com estender a guerra a outros países da regiom, como a Síria ou o Irám.

As vítimas dos ataques militares israelitas som numerosíssimas e nom deixam de aumentar. Mas a reacçom da chamada “comunidade internacional” está a ser nula.

Os movementos sociais, as mulheres nom podemos ficar na passividade. Há que sair à rua, denunciar o genocidio do povo palestiniano e dizer mais uma vez:

As suas armas a nossa pobreza, as suas guerras a nossa miséria.

Desde MNG fazemos um chamado a todos os movementos sociais a participar em concentraçons o dia 26 de julho.

Vigo: diante do Marco às 20h30.
Compostela: Praça do Toral às 20h30.
Ourense:Praça do Ferro às 21h00.
Ferrol:Praça de Armas às 20h30.

Esta é uma convocatória aberta.

--
Por umha sociedade laica.
Polo nosso direito a decidir

www.feminismo.org
mng@feminismo.org
Local Nacional: Gentalha do Pichel
r/Espíritu Santo nº22
Compostela

mércores, xullo 19, 2006

8 de Agosto, Martes, reunión da Coordenadora, ampliada, da Plataforma Ártabra 21

Tags
No local social do Clube de Montaña de Ferrol, que está na Rúa Coruña nº 102 1ºD, terá lugar a próxima reunión da Xunta Coordenadora da Plataforma, está será o Martes, dia 8 de Agosto, ás 20:00 hs. A reunión é ampliada e aberta, dado que nos meses de Xullo e Agosto non hai Asemblea Xeral.

A orde do día iremo-la facendo entre tod@s, perante estes días, de entrada teremos que tratar o que segue máis abaixo, mais será a propia Xunta Coordenadora a que acorde a orde día a tratar na citada reunión.

Orde do día provisional:
1.- Leitura e aprobación da acta anterior.
2.- A nosa actuación diante das expropiacións de Canido.
3.- Análise do informe da Xunta sobre Recimil.
4.- Praza da Porta Nova.
5.- Cementeira de Narón.
6.- Outros, rogos e preguntas.

Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.

luns, xullo 17, 2006

Condena da agresión israelí á poboación civil de Palestina e do Líbano

Tags
De: Movemento polos Dereitos Civís mpdc@movemento.org
Subject: CONDENA DA AGRESIÓN ISRAELÍ Á POBOACIÓN CIVIL DE PALESTINA E DO LÍBANO.
17 de xuño de 2006

CONDENA DA AGRESIÓN ISRAELÍ Á POBOACIÓN CIVIL DE PALESTINA E DO LÍBANO.

O ataque israelí iniciado o 28 de Xuño co bombardeo masivo das infraestructuras que quedaban en pé na castigada Franxa de Gaza, entre eles os xeradores que alimentaban de enerxía eléctrica á cidade e as pontes de comunicación, as aterradoras bombas de son, as detencións de cidadáns e ministros e representantes electos do Parlamento palestino, xunto cos asasinatos chamados polo goberno israelí "selectivos" dos dirixentes da poboación ocupada, son todos eles crimes de guerra expresamente condenados e descritos como tales na IV Convención de Xenebra relativa ao tratamento da poboación civil polas potencias ocupantes.

Trátase dunha poboación formada maioritariamente por refuxiados, expulsados dos seus pobos por Israel, que vén sufrindo unha política racista de apartheid e operacións militares desde 1948.

A gravísima crise humanitaria provocada por estes feitos e denunciadas ata polo secretario xeral da ONU días pasados, o que se poida poñer un término aos seus sufrimentos, o fin da hambruna e do terror sobre a poboación exánime dos campos de refuxiados, depende da actitude da comunidade internacional e especialmente da permisividad dos países europeos.

O/A abaixo asinante preocupado/a polo silencio institucional, impropio das circunstancias que vivimos, súmanse a todas as iniciativas europeas e estatais dirixíndose a todas as autoridades electas do noso país, ao presidente e deputados da Xunta de Galiza, aos alcaldes e deputados provinciales, para recordarlles o compromiso adquirido polo Estado Español ao asinar os tratados internaciones e especialmente a IV Convención de Xenebra de "respectala e facela respectar en toda circunstancia".

E pedirlles que se dirixan ao presidente do Estado, Jose Luís Rodríguez Zapatero rogándolle que denuncie ante as institucións internacionais as gravísimas violacións cometidas polo estado israelí nos territorios ocupados e no Líbano, tómense as medidas de presión necesarias para que Israel cese a agresión, e decida a retirada do embaixador español en Tel Aviv ata tanto non adecue Israel a súa política ás esixencias do Dereito Internacional."


ASINA AQUÍ

www.movemento.org

Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 - 2º
15703 Santiago de Compostela

Tel. 610858850
Fax: 981571082

sábado, xullo 15, 2006

Solicitude de audiencia ao Rei na sua visita prevista a Ferrol o 14 de Xullo DE MAIO

Tags
From: CCE
Date: 10/07/2006 16:52
Subject: Solicitude de audiencia a S.M. el Rey Juan Carlos I
To: "Undisclosed-Recipient:;"@smtp.ifrance.com

Con motivo da súa visita a Ferrol o vindeiro venres 14 de xullo de S.M. o Rei Juan Carlos I, o Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol solicitoulle unha audiencia para darlle informarlle con mais detalles da ameaza que se cierne sobre a poboación de Ríaa de Ferrol, no caso de que entre en funcionamento a Planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe a 1.500 metros da Cidade de Ferrol e a 1,200 metros do Arsenal Naval Militar.
Nos anexos do escrito envíaselle a S.M o boletín nº 12 do Comité Cidadán que informa con datos, gráficos e fotos, sobre a ameaza que supón Reganosa para a vida humana, para a riqueza marisquera e para a Base Naval Militar.

Tamén cono anexo envíaselle o informe de 25 de agosto de 1999, realizado por D. Pedro Español Jofre de Villegas, entón Xefe de Estado Maior da Zona Marítima do Cantábrico, cuxa conclusión é que o proxecto de Reganosa afecta á zona próxima de seguridade do Arsenal Naval Militar e é unha ameaza para a poboación de Ferrol. Tamén envíaselle o escrito de 26 de agosto de 1999, do entón Almirante Xefe da Zona Marítima do Cantábrico D. Rafael do Morais Romeu enviado ao AJEMA (Almirante Xefe de Estado Maior da Armada en Madrid) , enviando tal informe e subscribíndoo, significando que a Planta Regasificadora debe situarse en terreos de Cabo Prioriño que a Armada vendera a ENAGAS para situar neles unha Planta de Gas.

Segue en achega nota de prensa en español e gallego, e en copia do escrito enviado a S.M. o Rei Juan Carlos I, comunicándolle un resumo da preocupación existente por edl feito de que Reganosa e ncaso de que entre en funcionamento é unha ameaza a vida humana en Ríaa de Ferrol, e solicitándolle audiencia na súa visita a Ferrol o próximo 14 de xullo.

Así mesmo achégase copia de:

Escrito de 26 de agosto de 1999, do entón Almirante Xefe da Zona Marítima do Cantábrico D. Rafael do Morais Romeu e as tres paginas do Informe de 25 de agosto de 1999 do Xefe de Estado Maior da Zona Marítima do Cantábrico, entón D. Pedro Español Jofre de Villegas.

Polo Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol.
Carmelo Teixeiro

Pregunta escrita que o pasado 4 de Xullo foi presentada no parlamento europeo

Tags
From: CCE comitecidadan@iespana.es
Date: 09/07/2006 01:24
Subject: Pregunta escrita sobre a Planta de Gas de Reganosa
To: "Undisclosed-Recipient:;"@smtp.ifrance.com


Achego se vos reenvia o e-mail coa pregunta escrita que o pasado 4 de xullo foi presentada no parlamento europeo, recibida do Grupo de Esquerda Unida no Congreso dos Deputados, cumpliento un dos compromisos de Gaspar Llamazares na reunion que co tivemos o pasado 27 de xuño.
Fai uns dous dias o Diario de Ferrol se hico eco desta pregunta pero aqui se envia o texto completo da mesma.

Polo Comité Cidadán de Emerxencia
Carmelo Teixeiro



Alba Ridao-Bouloumié (Despacho de Willy Meyer)
Diputado al Parlamento Europeo
Comisión de Asuntos Exteriores
Comisión de Peticiones
Comisión de Pesca Comisión de Investigación sobre la Crisis de Equitable
Life Assurance
Society Delegación para las Relaciones con los Países de la América Central Bât. Altiero Spinelli 06F254 60, rue Wiertz / Wiertzstraat 60 B-1047 Bruxelles/Brussel
E-mail: willy.meyerpleite@europarl.europa.eu Tel.:+32 2 2845557 Faz:+32 2 284 9557


Clicar no documento para ampliar e poder ler

Galeria fotográfica sobre a espoliación da veciñanza de Canido [14.07.2006]

Tags












Espoliados de Canido

Tags
A Plataforma Artabra21 queremos expresar a nosa solidariedade cos cidadáns afectados pola expropiación e desaloxo da Rúa Insua e Pérez Parallé , manifestando en principio cas cantidades ofertadas como indemnizacións son ridículas e unha burla as persoas humildes e pensionistas, dada a idade da maioría que viviron toda súa vida nestas vivendas.

A Plataforma ártabra21 , de recente creación e conformada por 17 entidades e organizacións das comarcas e vilas do entorno, preocupándonos polo medio ambiente, a participación cidadá, a defensa dos patrimonios naturais, culturais, enerxías e economías sustentables e o dereito a unha vivenda digna fronte a especulación como así declaramos en noso documento fundacional.

Acudimos ao local da Asociación Veciñal de Canido para tratar de abrir unha vía de diálogo entre os afectados e seus familiares ca directiva da Asociación ,” mediando” a plataforma e poder facer unha convocatoria pública no que se exprese e coordine as decisións a tomar no futuro.

Esta convocatoria quedou formalizada para o vindeiro, LUNS, 17 de Xullo, ás 10.30 horas da mañá no mesmo local social da A.vv. do Cruceiro de Canido en que haberá asesoramento, propostas para tomar os acordos que se decidan nesta Asemblea de Barrio ou de afectados.

Ferrol a 14 de Xullo de 2006.

Asdo.
A xunta coordinadora
José R. Jove
Inacio Martinez
Xan Ramirez
Carlos Gª Seoane
Manuel Dominguez
Xosé m. Sanxoán

PARA MAIS INFORMACIÓN ENTRA NO SITIO QUE PROPUXO O COLECTIVO FUSQUENLLA [+ info]

Galería fotográfica sobre a espoliación da veciñanza de Canido
[14.07.2006]

mércores, xullo 12, 2006

Valoracións e Acordos da Reunión Extraordinaria Aberta da Xunta Coordenadora do 10 de Xullo

Tags

Reunión- Xunta Coordenadora

A Plataforma Ártabra 21 reuniuse o luns día 10 no local social da Avv. de Ferrol- Vello para analizar os acontecementos referente ao Edificio da Praza de España.

Para a Plataforma Ártabra 21, é unha nova ou 2ª oportunidade que lle damos a antiga Praza de Porta Nova que debemos aproveitar para que o goberno local do PP-IF recapacite nesta proposta que supón a destrución de espazo público nesta Praza emblemática de toda a cidadanía.

O Alcalde de Ferrol ten que reaccionar para que esta obra non vaia adiante advertindo que sería un mal precedente se a Xunta de Galicia non acepta o modificación puntual sobre esta Praza tería que responder ante a xustiza e o electorado.

O edificio que a Concellería de Urbanismo do concello de Ferrol pretende plantar na Praza é alegal, inmoral, indecente e un atentado urbanístico máis que significa unha burla a cidadanía.

Por todo isto esiximos ao Alcalde e a todo o Goberno Municipal a PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO EDIFICIO “HITO" DE FERROL” e a máxima atención para que remate canto antes a Praza en superficie.

Por outra parte, rexeitamos este tipo de expropiacións que pretenden trocar ou mellor dito roubar aos propietari@s, veciñ@s de Canido cunha esmola indigno de quen o consinte nos tempos actuais, por tanto teñen todo noso apoio e solidariedade para que non se vaian sen que súas aspiracións sexan as Xustas.
Desde a Plataforma Ártabra 21 faise unha análise respecto aos terreos de Sánchez Aguilera que no futuro terá unha prioridade urbanística de primeira orde, considerando en primeiro lugar que o convenio subscrito con Defensa é insuficiente e máis ben bastante cativo polo que debe o goberno e oposición reclamar ao Goberno Central un convenio ambicioso para que sexa recuperado a totalidade deste solo que a todas luces pertence por dereito propio a cidadanía de Ferrol sen discusión nin complexos.

Ferrol a 10 de Xullo de 2006.

A Xunta Coordenadora.-
Xan Ramírez
Inácio Martínez
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
Manuel Domínguez
Xosé M. Sanxoán

Porta Nova espazo público

Tags


Polo direito a unha vivenda digna, xustiza e realoxo d@s afectad@s de Canido

Tags
De: Fusquenlla

Para: artabra21@gmail.com
Fecha: 10-jul-2006 0:46

Asunto: Petición

Recentemente limos na Voz de Galicia unha noticia sobre un caso de expropiación en Canido.

A demolición pende sobre as vivendas de toda a súa vida
[Entrar Noticia VdeG 01]

Resposta oficial: Estase cumprindo a legalidade de forma escrupulosa», di o Concello
[Entrar Noticia VdeG 02]

Trata-se dun caso típico do axente urbanizador polo cal diversas familias van quedar sen casa co beneplácito do concello.

Creo que sería interesante que o tratasedes no blog.

Un saúdo. Colectivo FUSQUENLLA
http://www.sospontedeume.com


Nota.- No Diario de Ferrol, sae publicada esta mesma nova, explicando con máis claridade o que está a acontecer en Canido [12.07.2006]

Afectados polas expropiacións de Canido piden axuda a Teresa Táboas
[Entrar Noticia DdeF 01]


Diario de Ferrol [13.07.2006]

O Valedor do Pobo solicita un informe ao Concello sobre os desaloxos de Canido
[Entrar Noticia DdeF 02]

Voz de Galicia [13.07.2006]

O xurado galego de expropiacións valorará as casas de Canido
[Entrar Noticia VdeG 03]


Estivemos o venres, 14 de Xullo en Canido [+ info]

Noticias do 15.07.2006

O Concello suspende ata novo aviso a ocupación das vivendas de Canido.
O oficial maior do Concello de Ferrol e unha funcionaria de Urbanismo comunicaron onte aos afectados polas expropiaciones da urbanización de Pérez Parallé, en Canido, que a Concejalía do área acordou suspender o alzamiento das vivendas ata novo aviso. Segundo informou o concelleiro Francisco Pita-Romeu Caamaño, dita suspensión obedece a que á hora na que estaba previsto o desalojo ­10 da mañá­ aínda non se recibín o auto do Xulgado do Contencioso Administrativo relativo ás medidas cautelares solicitadas polos afectados.
[Entrar Noticia DdeF 03]

O Concello apraza o desaloxo de Canido por segunda vez
A medida, ratificada polo xulgado, está agora sen data de aplicación
Os afectados instan ao xurado galego de expropiacións a que taxe as súas casas non ao prezo do catastro.
[Entrar Noticia VdeG 04]

Co que nos dan non compramos nin unha praza de garaxe.
[Entrar Noticia VdeG 05]

El Concello suspende de "forma verbal" el desalojo de Canido.
Los vecinos insisten en que sólo pretenden que se les realoje en otras viviendas.
[Entrar Noticia LOdeAC 01]

martes, xullo 11, 2006

Convocatoria da Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21, para o 26 de Setembro

Tags
Despois de pasado o verán, terá lugar a 3ª Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21. Esta Asemblea desenvolverase no local da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, o último martes laborábel, do mes de Setembro, que corresponde con o dia 26. A hora de comezo será ás 19:30 hs.

A orde do día da citada Asemblea irémo-lo facendo entre tod@s, desde agora, mais provisionalmente será a seguinte:

1.- Leitura e aprobación da acta anterior.
2.- información e análise da situación das diferentes loitas veciñais e cidadáns [Recimil, Sartaña, Menáncaro, Praza Porta Nova, Montes de Brión, ...].
3.- Estado das contas e situación organizativa da Plataforma.
4.- Intervencións da Plataforma.
5.- Aprobación do logotipo.
6.- Outros, rogos e preguntas.


Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.

Dossier para @s 22 Biólog@s que participan no II Congreso Internacional na Estación Biolóxica da Graña

Tags
A documentación entregada consta dun escrito con versións en español e ingles. Os anexos son español, excepto un en ingles que consiste no Documento enviado por asociacións listadas no mesmo como alegación á Avaliación de Impacto Ambiental dunha planta en OFFSHORE!!!!!! (en alta mar) a 50 MILLAS DA COSTA DE LUISIANA, de nome PORT PELICAN.

No escrito infórmase aos Biólogos deste II Congreso, que a Ría de Ferrol ten 0,22 km3, é dicir, 220 millóns de m3, e que iso é moi pouco auga en comparación coas outras de Galicia. Desde o ano 1989 está proxectado o saneamento integral de toda a ría de Ferrol, pero nestes momentos soamente está construción un proxecto para a beira norte, nos Concellos de Neda, Narón e Ferrol, cuxo funcionamento está anunciado para o ano 2009, cunha estación depuradora en Cabo Prioriño, desde onde os vertidos depurados sairán a mar aberto por un emisario submarino cuxa terminación está anunciada para o ano 2011. Non existe aínda proxecto de saneamiento integral para a beira sur. Así mesmo que actualmente na Ría de Ferrol viven unhas mil familias da riqueza marisqueira, pese aos vertidos directos existentes, de carácter urbano e industrial. Unha vez que estea realizado o saneamento integral de toda ría, a súa produción marisquera multiplicarase e estímase que a cifra de mariscadores poderá ser máis de dúas mil, é dicir, multiplicaráse por máis de dúas.

Tamén infórmaselles de que:

a) O atraso de 17 anos no saneamiento integral de Ríaa, contrasta cos vertidos industriais na beira sur de Ría, onde encostado a un Complexo Petroquímico constrúese unha Planta de Gas pola Empresa Reganosa, cunha autorización de 13 de febreiro de 2004 e un proxecto de almacenamiento de 600.000 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, ameazando a vida de miles de cidadáns e o medio de vida de mil familias que viven da extracción do marisco, perigo que aumentaría pola entrada dun gran numero de buques gaseros. Nese Complexo Petroquímico xa existen un almacenamiento con 300.000 m3 de combustibles e outros produtos químicos dunha fabrica de colas de urea e outra fabrica de papel melamínico.

b) Tívose coñecemento de vertidos no Complexo Petroquímico chamado Forestal do Atlántico S.A., no sur de Ría, nos últimos 10 anos, vertidos de cola de urea, fenol, formaldehidos e amoniaco, ademais de lodos procedentes de balsas de decantación mesturados con deterxentes que puidesen ser a causa de grandes manchas que apareceron na superficie de Ría.

c) Reganosa está construíndo un sistema de quentamento do GNL desde os -160 ºC ata os 10 ºC, con vaporizadores tipo ?OPEN RACK? de circuíto aberto que utilizarían un gran volume de auga do mar, 26.400 m3/hora, 600.000 m3 por día. Ese gran volume de auga de mar, máis de dúas veces o caudal do Río Xubia, se vertería esterilizada ao interior de Ría a unha temperatura 8 grados mais fría e con restos de cloro (hipoclorito), o que acabaría aniquilando a riqueza marisqueira, xa que é moi reducida a renovación das augas da Ría de Ferrol e en ocasións debido a temporais a renovación da auga do mar pode ser case nula durante varias semanas..

d) Na solicitude ao organismo autonómico galego “Augas de Galicia”, para autorización dese gran volume de vertido de auga esterilizada, Reganosa utilizou un informe da Universidade de Vigo. Como anexo acompáñanse as conclusións de devandito informe tolerante cos vertidos letais promovidos por Reganosa, cos nomes e firmas dos seus tres autores, entre eles o Doutor Victoriano Urgorri. Así mesmo acompáñase a réplica presentada nas alegaciones o devandito informe e notifícaselles que en Estados Unidos xa foron cancelados varios proxectos de Planta de Gas en alta mar por mor dos vaporizadores de circuíto aberto.

e) Na Ría de Ferrol, desde fai mais de 10 anos a vieira ten prohibida a súa captura polo exceso de toxina amnésica, existindo toneladas de vieira no fondo de Ría. Estamos esperando que a comunidade científica e biolóxica estude os vertidos, a súa natureza, causas, orixe e efectos na biodiversidade da Ría. É notable o silencio da Estación Biolóxica da Graña que descoñece os vertidos industriais existentes en Punta Promontorio, mentres que o Doutor Urgorri, en declaracións erróneas sobre os problemas da Ría, como causa sinala o Porto Exterior de Cabo Prioriño que comezou a construírse en novembro do ano 2001


Anexos: Escrito e indice de documentación entregada os biólogos do II CongresoInternacional na Graña (Ferrol)

Indice de documentación que acompaña el escrito de 7 de julio de 2006, que se da a los Biologos que celebran su II Congreso en la Estación Biológica de A Graña (Ferrol).

Escrito de 7 de julio de 2006 en ingles.
Escrito de 7 de julio de 2006 en español.

Mapa de la Ría de Ferrol con la trayectoria de los buques gaseros para apreciar sus riesgos.
Anexo nº 1.- (En gallego) Boletín nº 12, del Comité Ciudadano de Emergencia para la Ría de Ferrol que describe gráficamente y con datos la amenaza que supone la Planta de Gas que construye Reganosa, para la vida humana, para la riqueza marisquera, para el patrimonio histórico y para el potencial turístico de la Ría de Ferrol.

Anexo nº 2.- (En ingles) Documento que enviaron las asociaciones listadas en la cabecera y al final del documento como alegación a la Evaluación de Impacto Ambiental de una planta en OFFSHORE!!!!!! a 50 MILLAS DE LA COSTA DE LUISIANA de nombre PORT PELICAN.

Anexo nº 3.- (En español) Conclusiones del informe de la Universidad de Vigo, tolerante con los vertidos letales promovidos por Reganosa, con los nombres y firmas de sus tres autores, entre ellos el Doctor Victoriano Urgorri.

Anexo nº 4.- (En español) Parte de la réplica en nuestras alegaciones al informe de la Universidad de Vigo:
a) Discrepancias y comentarios sobre el informe de la universidad de Vigo para Reganosa.
b) Comentarios y alertas a la cloración del agua del mar.
c) Valoración sobre el estudio de la llamada “Pluma fría” realizado por AMBIO para Reganosa. (AMBIO es una empresa filial de Endesa, uno de los principales socios de Reganosa).

Anexo nº 5.- (En español) Apuntes sobre vertidos y emanaciones procedentes de Forestal del Atlántico S.A. e informe técnico del Doctor Carlos Piñeiro, Presidente del Club Eurosaude de Ferrol.
Index of documentation that accompanies the writing of July 7, 2006 that is given to the Biologists who celebrate their Congress II in the Biological Research Station of A Graña (Ferrol).

Writing of July 7, 2006 in English.
Writing of July 7, 2006 in Spanish.

Map of Bay at Ferrol with the path of the ships gaseros, to estimate his risks.

Annex n º 1.- (In Galician) Bulletin n º 12, of the Civil Committee of Emergency for Bay at Ferrol that it describes graphically and with information the threat that supposes the LNG Gas Plant that Reganosa constructs, for the human life, for the wealth seafood shop, for the historical patrimony and for the tourist potential of the Bay at Ferrol.

Annexe n º 2.- ( In English) Document that they sent the associations listed in the head-board and at the end of the document as allegation to the Evaluation of Environmental Impact of a plant(floor) in OFFSHORE!!!!!! To 50 MILES OF LUISIANA's COAST, called PORT PELICAN.

Annex n º 3.-( In Spanish) Conclusions of the report of the University of Vigo, tolerantly with spilt lethal promoted by Reganosa, with the names and signatures of his three authors, between them the Doctor Victoriano Urgorri.

Annexe n º 4.- ( In Spanish) Departs from the reply in our allegations to the report of the University of Vigo:

a) Discrepancies and commentaries on the report of the University of Vigo for Reganosa.

b) Commentaries and alerts to the cloración of the water of the sea.

c) Valuation on the study of the so called " Cold Pen" realized by AMBIO for Reganosa. (AMBIO is Endesa's subsidiary, one of the principal associates of Reganosa)

Annex n º 5.- ( In Spanish) Notes on spilt and proceeding emanations of “Forestal del Atlántico S.A.”. and technical report of the Doctor Carlos Piñeiro, President of the Club Eurosaude from Ferrol.

Ferrolterra 7 de Julio de 2006.



<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Festival A'Jierrro06 en Neda, 2 de Setembro

Tags
O sábado, do primeiro fin de semana do mes de setembro, organizado pola Asociación Cultural Xenreira, terá lugar unha nova edición do Festival A'Jierrro06, este será o II Festival Cultural Solidario, que se celebre no recinto da Feira de Albarón do concello de Neda.

Estarán presentes as seguintes entidades:

Asociación Cometa
ADEGA
Coop. Xoaninha
Neboa Medioambiente
Os Picos do Sol
Sociedade Galega de Historia Natural


Os grupos que participarán son:

Zulú 930
Contratempos
Ta'track
Self polution
Perros de paja
Taru e os páxaros coiro

Haberá tamén diferentes obradoiros


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Xornada de Solidariedade co Povo Saharaui en Cariño, Sábado 22 de Xullo

Tags
Este ano Cariño será un dos concellos galegos onde se celebrará unha Xornada de confraternización e solidariedade co Povo Saharaui, organizada pola asociación O Faroleiro.

A poesia, a música, o deporte e o teatro, serán algunhas das actividades presentes na xornada do sábado 22 deste mes de Xullo.

Web do Concello de Cariño
http://www.concellocarino.org


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Oenach Atlántico, en Sedes-Narón, 29 e 30 de Xullo

Tags
“Vive en nos o espírito do bosque e o encanto da fonte, a maxia de cada recuncho desta nosa terra e o orgullo de sentirnos parte da historia dun pobo que loita por recupera-la súa identidade”





Estades tod@s convidad@s.

Unha aperta.

A.VV. Rosa dos Ventos

http://www.sedes-naron.com


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Roteiro Litoral Ría de Ortigueira, este Domingo, 16 de xullo do 2006

Tags

A hora de encontro será ás 10.15 na estación de FEVE de Ferrol e a hora de chegada ás 21.10h.

Este roteiro, organizado por Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal, é axeitado para tódalas idades, xa que a dificultade é baixa, case podería considerarse un paseo. Trátase de disfrutar do contorno, das paisaxes...polo que non teremos ningunha présa e faremos varias paradas explicativas. Tamén visitaremos o muíño de vento situado no Campo da Torre que foi recentemente restaurado.Ademais xantaremos no lugar e se o tempo nos acompaña teremos tempo de sobra para un chapuzón na praia de Morouzos O obxectivo é, por un lado fomentar o uso do transporte sostíbel desprazándonos en tren a este bonito lugar e por outro achegar á cidadanía en xeral o coñecemento da ría de Ortigueira, que conta con varias figuras de protección formando parte da Rede Natura 2000.

Qué hai que levar?

Pois calzado cómodo, bañador e toalla, xantar, auga, prismáticos, cámara fotográfica, crema protectora solar, gafas de sol e gorra.

Agardámoste.

Máis información:

636958728 (Belén)

699897712 (Mónica)

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta


http://www.verdegaia.org/


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

sábado, xullo 08, 2006

10 de Xullo, Luns, reunión da Coordenadora, ampliada, da Plataforma Ártabra 21

Tags
A raíz da importante nova tirada do xornal comarcal, Diario de Ferrol, e denunciado pola Federación de Asociacións Veciñais respecto a un informe desfavorable da Dirección Xeral de Política Territorial da Xunta de Galicia, sobre a construcción dun edificio de servicios dentro da Praza de España, a Plataforma A21 e súa xunta coordinadora, ademais de tod@ as que queiran participar, imonos reunir o vindeiro luns día 10 ás 20:30 hrs no local da Asociación Veciñal de Ferrolvello para analizar este importante revés que sofre unha vez máis o goberno municipal de IF-PP do Concello de Ferrol.

Solicitaremos ou esixiremos ao Goberno a paralización das obras neste senso...

Dicir que Miguel Rei como arquitecto vainos asesorar tenicamente e levaremos documentación desta obra.

Saúdos

Xunta Coordinadora

venres, xullo 07, 2006

Acta da Xunta Coordenadora [04.07.2006]

Tags
Pendente de aprobar na próxima reunión


ACORDOS MAIS RELEVANTES DA JUNTANÇA DA COORDENADORA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21 CELEBRADA A TERÇA-FEIRA, 4 DE JULHO NO LOCAL DO CLUBE DE MONTANHA DE FERROL.

ASSISTEM: a Junta Coordenadora ( Inácio Martinez, Xan Ramirez, Carlos Garcia Seoane, Xosé M. Sanxoán, Manuel Dominguez, Jose R. Jove) mais dous representantes do colectivo Lapis Verdes.

- Os representantes do colectivo didáctico-meioambiental Lapis Verdes exponhem umha proposta que consiste na realizaçom dumhas Jornadas sobre urbanismo naqueles licéus da comarca onde se tiver oportunidade, possivelmente para o mês de Setembro. Para isto contactarám com o Colégio de Arquitectos e informarám á Plataforma.

- Neste mesmo sentido, Jove e o colectivo da vizinhança de Sartanha - a inícios de Setembro- estudarám algumha proposta sobre umha jornada reinvindicativa a desenvolver no bairro.

- Valorizaçom da Assembleia do 27 de Junho. Analisa-se o aspecto de preparar melhor as propostas que se levam à Assembleia para acadar umha maior participaçom e entendimento.

A assistência foi “digna” devido á situaçom nas que se acha o desenvolvimento das problemáticas de Sartanha e Recimil. Manifesta-se a possibilidade de realizar vindouras Assembleias num outro local para conseguer umha disposiçom d@s participantes mais ajeitada. Aliás, acha-se que a trajectória da Plataforma até a actualidade é boa enquanto as propostas desenvoltas por algum dos colectivos que se integram na Plataforma e a adessom de entidades, ainda que nom se conseguisse aderir todas aquelas que se tinha previsto.

- Realiza-se umha análise da conjuntura política, social, etc. a nível comarcal, destatacando o Pleno do Concelho de Ferrol desenvolto o 29 de Junho no qual se voltou debater outros assuntos urbanísticos de releváncia: a remodelaçom da Praça do Concelho e o bairro de Recimil.

- Novos contactos. Informa-se que se contactou cum membro do colectivo contra a cimenteira de Castro, quem de momento nom se integrarám. Também se informa que o representante do Comité Anti-SIDA em Ferrol nom puido assistir à anterior Assembleia por confundir-se de local.

As novas entidades com as que contactar som, entre outras, Fervesteiro, AA.VV. Santa Marinha- O Vilar, Ferrol Velho, Sam Joám de Filgueira, Plataforma polo círculo Lítico das Pontes, Guerrilheiros das Fragas, ...

- Propom-se que para finais de Setembro- inícios de Outubro as Plataformas em questom realizarám um roteiro reinvindicativo pola Carvalheira de Menáncaro e outros polos montes de Briom e de Leixa.

- Xosé M. Sanxoán, Jose R. Jove e Carlos Garcia Seoane serám os encarregados de abrir umha conta bancária da Plataforma, na qual os diferentes colectivos fagam efectiva a quota semestral de 25 € aprovada na Assembleia do passado 27 de Junho.

A efeitos de poder subtitular a conta bancária entregará-se este documento interno á Caixa de aforros onde se abra a citada conta.

mércores, xullo 05, 2006

Ingreso das cotas dos colectivos e entidades á Plataforma

Tags
Na última Asemblea da Plataforma Ártabra 21, celebrada o pasado 27 de Xuño, provisionalmente mentras a Plataforma vai tomando forma e asentandose a nível organizativo, acordamos abrir unha conta corrente ao nome de tres persoas.

Na pasada reunión da Xunta Coordenadora, celebrada o pasado 4 de Xullo no Clube de Montaña, decideuse executar o acordo da Asemblea, recaendo a responsabilidade en tres membros da mesma: Carlos Gª Seoane, José R. Jove e Xosé Manuel Sanxoán.

Abrimos unha conta en CAIXA GALICIA - Rúa Real - esquina Praza do Concello co número de conta:

2091 - 0226 - 28 - 3040026805

Na mesma Asemblea acordouse que as cotas das entidades e colectivos membros da PA21 son de 25,00 € mínimo, cada Semestre.

As persoas que estexan na Plataforma a nível individual, non teñen polo de agora unha cota definida, mais tamén poden facer un ingreso voluntario na conta referida.

Rogamos que ingresedes a partir de agora na conta sinalada, o mais axiña posíbel, as cotas correspondentes a este segundo trimestre co seguinte conceito:

||Cota PA21 2º Stre. 2006 de ________________ [Nome da persoa, colectivo ou entidade que realiza o ingreso]||

Saúdos

Xunta Coordenadora:
Manuel Domínguez
Inácio Martínez
José R. Jove
Xan Ramírez
Carlos Gª. Seoane
Xosé Mel Sanxoán

domingo, xullo 02, 2006

Convocatoria da Xunta Coordenadora para o 4 de Xullo

Tags
A Coordenadora da Plataforma Ártabra 21, terá unha reunión, o Martes, 4 de Xullo ás 19:30 hs, no local do Clube de Montaña de Ferrol, que está na Rúa Coruña nº 102 1ºD. Lembrar que a Coordenadora esta aberta a caqueira persoa da Plataforma que queira participar.

Polo de agora a reunión do día 4 celebrarase coa seguinte proposta de orden do día:

- Leitura e aprobación da Acta anterior.
- Analise e valorización da pasada Asemblea Xeral.
- Execución dos pontos acordados na Asemblea Xeral.
- Novos contactos e propostas de incorporación á Plataforma.
- Concretizar o asunto das contas e cotas.
- Outros que se vaian propoñendo.

Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.

sábado, xullo 01, 2006

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]

Tags