ADEGA alerta sobre os impactos e os riscos de encher de auga as minas de As Pontes e Meirama
O enchido forzado con auga das minas de As Pontes e Meirama amosa incertidumes e riscos non suficientemente avaliados. O director do Instituto de Universitario de Xeoloxía, Xoán Ramón Vidal Romaní, sinala que tanto a bacía de As Pontes como a de Meirama atópanse sobre fallas activas que poderían provocar un incremento da sismicidade inducida polos millóns de m3 de auga dos lagos. Mais hai un problema engadido: o enorme volume de líquido dos lagos (de 2 km de longo e máis de 200 m de profundidade no de As Pontes), pode provocar a inxección de auga no plano de falla lubricandoo e incrementando as probabilidades de esbaramento
O aumento de peso propiciado pola propia carga da agua é quen de producir sismicidade (a chamada sismicidade inducida) asociada por exemplo a todos os encoros galegos. Só que en ningún encoro dase a circunstancia de estar sobre fallas activas, como acontece en Meirama e As Pontes.
Por outra banda, os estudos de impacto ambiental non avaliaron as consecuencias de que os lagos estén sobre zonas tectónicamente activas, con fallas que se moven periódicamente debido ao choque da placa Euroasiática coa Ibérica, e o posíbel incremento da sismicidade inducida que isto pode provocar. Existe portanto a posibilidade de que aparezan sismos asociados como os que tiveron lugar hai algunhas semanas en Galiza e a cornixa cantábrica. Aínda que afortunadamente a intensidade destes tremores foi baixa, non pode descartarse que nun futuro poidan repetirse fenómenos semellantes con intensidades e magnitudes maiores. Os tremores poderían ser máis frecuentes e/ou máis intensos, provocando desestabilización de taludes, afundimentos, e outros efectos no propio lago e zonas próximas moi difíciles de predecir.
No caso de producírense eventos sísmicos asociados ao prenchido tampouco se contemplan medidas de emerxencia, como poder desviar as augas para fóra da mina. Hai tamén incertezas sobre o tempo que tardaría en manifestarse esta sismicidade, se inmediatamente ou ao longo dos anos posteiores ao enchido. Nestas circunstancias, sería interesante poder obter garantías por parte das empresas promotoras, baseadas es informes asinados por científicos competentes, de que estes fenómenos estarán controlados e o proceso convintemente monitorizado para minimizar os posíbeis riscos. Neste senso, o profesor Vidal Romaní desaconsella o preenchido das duas minas, cando menos cunha cantidade tan grande de auga como a prevista e insta a que se tomen todas as precaucións e garantías posíbeis antes de transferir a xestión das lagoas á administración galega.
ADEGA expresa tamén a súa preocupación sobre as consecuencias que sustraer cada ano 120 Hm3 de auga do Eume pode ter no ecosistema do río, no parque natural das Fragas do Eume, no abastecemento de auga da poboación e mesmo nas xunqueiras e na produtividade dos bancos marisqueiros da ría de Pontedeume. Nun horizonte de mudanza no réxime de precipitacións non alleo ao cambio climático, con secas persistentes e intensas, plantexar a posibilidade de detraer até o 70% do caudal do Eume durante o “inverno” para encher o lago canto antes non nos parece sustentábel. Hai que ter en conta que o Eume xa afronta arestora unha merma importante na calidade da auga debido aos encoros e aproveitamentos hidroeléctricos, vertidos etc. ao que habería que engadir catro anos como mínimo de estiaxe forzada sobrevivindo cun ridículo caudal “ecolóxico” (cando menos o 10% do caudal medio anual).
Un aspeito non menos importante é o posíbel aproveitamento dos elementos xeolóxicos dos xacementos así como das infraestruturas mineiras como recursos científicos, culturais, e mesmo turísticos. Recentemente deuse conta da aparición nas Pontes de valiosos fóseis que poden axudar a interpretar o clima, fauna e flora das bacías terciarias de Galiza durante o periodo Oligoceno, hai máis de 20 millóns de anos. Os achados non son recentes: estes valiosos elementos que forman parte do Patrimonio Xeolóxico galego foron colleitados e almacenados polo persoal da central térmica durante anos, impedindo que os investigadores das universidades galegas puideran acceder á valiosa información científica que conteñen. Os novos fóseis por descubrir e as estruturas tectónico-sedimentarias que revelou a apertura da mina van quedar agora asolagados baixo 200 m de auga, impedinto tamén o seu aproveitamento como recurso educativo e turístico, por exemplo mediante a criazón dun parque do terciario galego, ao estilo dos parques xurásicos de Asturias e Teruel. As propias infraestruturas mineiras poderían ser tamén un foco de atracción de visitantes, caso das antigas explotacións de Riotinto (Huelva) ou Almadén (Ciudad Real).
Atendendo a estes argumentos, semella que a solución adoptada non parece a millor nen dende o punto de vista ambiental nen tampouco técnico. Só é máis convinte para as empresas (Endesa e Fenosa) que logo de décadas de explotar os nosos recursos obtendo inmensos beneficios a cambio de impactos e contaminación, queren agora “liquidar” as súas responsabilidades ambientais cunha solución rápida e barata, novamente a costa dun recurso público: os nosos ríos. Estas empresas decidiron apostar pola creación de grandes lagos artificiais, a semellanza doutros na antiga Alemaña do leste, que habería que encher o máis rapidamente posíbel para logo traspasar a súa xestión (e a das posíbeis consecuencias) á Xunta de Galiza. Á marxe de que a escala e as características dos lagos alemáns son bastante distintos aos galegos, estamos ante outro exemplo da rapinería e insolidariedade de dúas empresas acostumadas a ter dereito de pernada sobre o noso territorio e os nosos recursos naturais. Alén disto, en ADEGA queremos pensar que tanta celeridade en rematar a “restauración ambiental” e encher de auga as minas non ten que ver co posíbel traslado da fatoría de ENCE e a necesidade de contar con grandes masas de auga para que a celulosa dilúa os seus vertidos contaminantes. Sería unha intolerábel fraude económico-ambiental á cidadanía galega.
Finalmente, dende ADEGA pedimos da Xunta de Galiza que revise os estudos de impacto presentados no seu momento así como a declaración emitida polo anterior governo, para que á luz destes datos se investiguen os posíbeis efectos sísmicos e se garanta convintemente a seguridade ambiental e cidadá. Para isto, precísase dunha investigación independente sobre a proposta de enchido por parte dun comité científico interdisciplinar, que avalíe tamén (e con criterios non só económicos) outras alternativas e solucións máis seguras dende o punto de vista ambiental e social.
Video do Acto: Risco sísmico nos lagos artificiais de Cerceda e As Pontes
Análise dos proxectos para encher con auga as antigas minas de Meirama -en Cerceda- e As Pontes, que pode aumentar o risco sísmico, segundo informa ADEGA e a Universidade de Santiago.
________
Enlace con ADEGA
___
Enlaces Relacionados co enchido forzado da Mina das Pontes:
Denuncian o comezo do enchido do oco da Mina das Pontes nas condicións máis perigosas de todas as opcións posibeis
- Escrito ao Fiscal Xefe do TSXG Fiscalia de Medio Ambiente
- Escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Outros enlaces relacionados:
- ADEGA, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian que Endesa comezou a cubrir a explotación mineira coas augas de choiva acumuladas nas súas inmediacións
- [23.02.2008]
- Adega-Trasancos, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian o enchido pasivo do oco da mina que Endesa ten en As Pontes
- [22.02.2008]
- O colectivo ecoloxista Erva considera que a lagoa artificial que ha asolagar a mina das Pontes responde á "vontade do bipartito" de levar a papeleira para este concello. Por Antía Rodríguez
- [25.01.2008]
- O lago artificial das Pontes, para os vertidos da nova Ence? Por Esther Rodríguez
- [25.01.2008]
- Erva denuncia o proxecto do lago das Pontes como tapadeira dos verquidos da futura ENCE
- Polo Grupo Ecoloxista Erva
- [24.01.2008]
- O lago das Pontes, por Marcelino Fernández Mallo
- [19.10.2007]
- A Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla contra o lago da mina de As Pontes
- [09.10.2007]
- Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente
- [15.02.2007]
- Recuperación da Mina das Pontes: A FEG lamenta que se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro
- [14.02.2007]
- Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa
- [09.12.2006]
- Xornadas: Restauración Mina das Pontes, 2 de decembro
- [30.11.2006]
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon