Amosando publicacións coa etiqueta Amada García. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Amada García. Amosar todas as publicacións

mércores, xaneiro 25, 2017

Presentación do libro 'Amada García e os seus arredores' de Bernardo Máiz Vázquez. Xoves 26 de xaneiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán


Xoves día 26 de xaneiro ás 19,30 h. no AteneoFerrolán

Presentación do libro 
"Amada García e os seus arredores" de Bernardo Maiz Vázquez. 

Edicións Embora

Intervirán: Miguel Toval, Xoán Rubia, Amada Toimil e o autor Bernardo Maiz.


"Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico. 

Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. 

Bernardo Maiz Vázquez (1950), catedrático xubilado, doutor en historia, é recoñecido como pioneiro e como traballador infatigable na investigación do tempo histórico contemporáne da Galiza e no estudo do patrimonio marítimo. Por tal condición no ano 2010 recibiu o Premio Manuel Murguía ao labor e Mérito Historiográfico da Asociación Galega de Historiadores.



martes, xaneiro 28, 2014

Foi a homenaxe a Amada García no 76 cabodano do seu asasinato, xunto a sete republicanos no Castelo de San Felipe, en Ferrol - Galería Fotográfica


A asociación Memoria Histórica Democrática e a asociación Fuco Buxán organizaron un ano máis a homenaxe que realizan ano pos ano, no Castelo de San Felipe, a Amada Garcia e aos outros sete republicanos fusilados o mesmo día 27 de xaneiro de 1938, a carón dun dos muros do castelo.
Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra:
Antonio Eytor Cañizo,
José María Montero Martínez,
Ángel Roldos Gelpi
Juan José Teijeiro Leira,
Jaime González Pérez
Ramón Rodríguez López de Ares
e Germán López García
Nesta edición do evento-homenaxe, a pesar do mal tempo e a forte chuvia, deron-se cita numerosas persoas da esquerda social, cultural e política da Comarca. Sindicalistas, parlamentari@s, xente da cultura e representantes das organizacións políticas locais. Estivo presente no acto o fillo de Amada Garcia, Gabriel Toimil que participa todos os anos na homenaxe. A bisneta de Amada Garcia, interpretou o hino Galego ao violín para o seu avó Gabriel.

Web da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática:
http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Web da Asociación Cultural Fuco Buxán:
http://fucobuxan.net/

Galería Fotográfica da asociación Memoria Histórica Democrática.
____________

Enlace relacionado:
Artabra 21: Presentación en Ferrol do documentario de Xosé Abad: "A pegada dos avós", este Venres 24 de Xaneiro - Sete mozos e mozas, que se achegan á Guerra civil e á represión fascista, facendo a súa propia investigación ...
______________________

luns, xaneiro 20, 2014

Homenaxe a Amada García no 76 cabodano do seu asasinato e dos outros sete compañeiros que morreron asasinados o mesmo día - O acto terá lugar o luns 27 de xaneiro ás 17.00 horas no Castelo de San Felipe de Ferrol


Homenaxe a Amada García no castelo de San Felipe no 76 cabodano do seu asasinato

Este ano 2014 conmemoramos a memoria de todas as mulleres e homes asasinados e represaliados polo franquismo co seguinte programa de actividades:

O venres 24 de xaneiro ás 20.00 horas no auditorio da Fundación NCG de Ferrol, presentación do documental «A Pegada dos avós», de Xosé Abad. Sete adolescentes indagan as consecuencias do franquismo.

O luns 27 de xaneiro ás 17.00 horas no Castelo de San Felipe de Ferrol, homenaxe no cabodano do fusilamento de Amada García e os outros sete compañeiros que morreron asasinados aquel día.

"Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra: Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas".

http://www.memoriahistoricademocratica.org/
________________

Presentación en Ferrol do documentario de Xosé Abad: "A pegada dos avós", este Venres 24 de Xaneiro - Sete mozos e mozas, que se achegan á Guerra civil e á represión fascista, facendo a súa propia investigación ...


"A pegada dos avós"

Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán AC, celébrase a presentación da longametraxe documental “A pegada dos avós”, dirixido por Xosé Abad. O acto terá lugar no salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, na Praza da Constitución de Ferrol, este Venres, 24 de xaneiro 2014, ás 8 da tarde. A entrada libre ate completar aforo.

O seu Director, Xosé Abad (O segredo da Frouxeira, Isaac, ...), volve a tratar o tema da Memoria Histórica, pero coa innovación de centrarse na mirada de sete mozos e mozas, que se achegan á Guerra civil e á represión fascista,  facendo a súa propia investigación a través da escoita dos avós, pero non dos seus avós, senón de represaliados que eles mesmos escolleron.

Un proxecto innovador tamén porque “ante a gravidade da situación do sector audiovisual” emprega vías de financiamento a través do crowdfunding (aportacións desde 5 €).

www.apegadadosavos.com

Información baseada na enviada por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
20 de janeiro de 2014 11:35
http://www.fucobuxan.net/

_____________________

xoves, xaneiro 24, 2013

Homenaxe a Amada García e as vítimas da ditadura, este Domingo, 27 de xaneiro, ás 12 do mediodía no Castelo de San Felipe – Ferrol


As Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, convidan a participar na Homenaxe a Amada García e as vítimas da ditadura, este Domingo, 27 de xaneiro, ás 12 do mediodía no Castelo de San Felipe – Ferrol, lugar onde foi fusilada fai agora 75 anos.

Enténdese que, pola singularidade deste caso, a súa homenaxe é tamén a homenaxe a todas as mulleres  de Ferrolterra represaliadas pola dictadura franquista, e fai un chamamento a poboación para que acuda ao devandito acto.

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que se granxeou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.

Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.

Cando se dita a sentenza de morte contra Amada García, estaba embarazada, polo que retrasouse a execución a espera de que dera a luz ao seu fillo Gabriel Toimil García. O parto foi 0 31 de outubro de 1937 e tres meses despois foi fusilada xunto con Ángel Roldós Gelpi, un profesor do colexio público “O Pitieiro” e outros seis compañeiros.

Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas. A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas? Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.

En dous días xulgáronse a 45 persoas de Ares e Mugardos e ditáronse 37 penas de morte.
Fotos de Amada coa súa filla, e doutra homenaxe hai dous anos.
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
23 de janeiro de 2013 22:55

As Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, convidan a participar na Homenaxe a Amada García e as vítimas da ditadura.

_________________

mércores, xaneiro 18, 2012

Homenaxe a Amada García, o Venres, 27 de Xaneiro, ás 5 da Tarde, no Castelo de San Felipe - Homenaxe a todas as mulleres represaliadas pola dictadura fascista


Homenaxe a Amada García

O venres, 27 de Xaneiro de 2012, ás 17:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.

Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.

Un abrazo e saúde

Amada foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao "Hospital de Caridade de Ferrol", onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodrigues Lopes, Jaime Gonçales Peres, de Ares; e Germán Lopes García, de Cabanas.

http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
18 de janeiro de 2012 13:56
____________

mércores, xaneiro 26, 2011

Homenaxe a Amada García, este Xoves 27 de Xaneiro, ás 5 da tarde, celebrarase no Castelo de San Felipe


Homenaxe a Amada García

Á esquerda, Amada García coa súa filla. Máis abaixo, o seu fillo Gabriel, nos fosos do Castelo de San Felipe, nun acto de homenaxe á súa nai, fusilada aos tres meses do seu nacemento.

O próximo xoves 27 de Xaneiro, ás 17.00 horas, celebrarase no Castelo de San Felipe a ofrenda floral e o acto da homenaxe á mugardesa Amada García, fusilada hai 72 anos por órden das militares sublevados contra o goberno da Segunda República.

A Asociación Memoria Histórica Democrática fai un chamamento aos veciños, asociacións e representantes públicos de Mugardos, Ferrol e bisbarra, para que acudan a este acto, símbolo da barbarie e do fanatismo.

Enlaces:

venres, xaneiro 29, 2010

Onte, 27 de Xaneiro de 2010, foi homenaxeada Amada García en San Felipe


Celebrada a Homenaxe a Amada García en San Felipe

Nun emocionado e sinxelo acto, celebrado onte 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe, rendíuse homenaxe a Amada García Rodríguez, cando se cumplen 72 anos do seu fusilamento, xunto con outros sete veciños de Mugardos, tras unha farsa de Consello de Guerra, que os condenou a morte aceptando as falsas testemuñas e os tortos intereses dos seus acusadores.

Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática, reuníu a representantes de diversas Entidades, Asociacións, Partidos Políticos e persoas identificadas coa recuperación da Memoria, que arroparon con agarimo ao seu fillo Gabriel Toimil e a súa neta Amada.

Foi tamén unha homenaxe para todas aquelas persoas, mulleres e homes, vítimas da represión fascista pola súa defensa da legalidade republicana e dos seus ideais de liberdade e de progreso.

Album fotográfico do evento en :

http://picasaweb.google.com/fucobuxan

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
28 de janeiro de 2010 12:54
_______________

Web da Asociación Cultural Memoria Historica Democrática :

http://www.memoriahistoricademocratica.org/
______________________

mércores, xaneiro 27, 2010

Homenaxe a Amada García: Mércores 27 de Xaneiro de 2010

Mércores 27 de Xaneiro de 2010: Homenaxe a Amada García.
Memoria Histórica Democrática

A Asociación Memoria Histórica Democrática celebrará o vindeiro Mércores, 27 de Xaneiro, ás 17.00 horas no Castelo de San Felipe (Ferrol) unha homenaxe a mugardesa Amada García, fusilada polas autoridades franquistas no ano 1938, xunto con outras sete persoas.

Convidase a toda a cidadanía a asistir a este acto, e prégase difusión.

Máis información: Anxo González Vilariño ( Tfº 629.366.146)


--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
26 de janeiro de 2010 00:10
________________________

luns, xullo 13, 2009

O bebé republicano

A nai de Gabriel Toimil foi fusilada polos franquistas tras dar a luz por ser "roxa e revolucionaria"

Por Lorena Bustabad
Ferrol 12.07.2009


En 1937, en plena contenda civil de España contra España, un tribunal militar condena-a á morte por "roxa e revolucionaria" nun proceso "infestado de irregularidades". Estaba embarazada. Non houbo clemencia, só cárcere. O 31 de outubro, Amada García Rodríguez alumou ao seu fillo no hospital de Caridade de Ferrol. O único home de tres irmáns. Chamoulle Gabriel, como o pai, Gabriel Toimil. Amada só viviría 88 días máis, o xusto para aleitar brevemente ao recentemente nado. O 27 de xaneiro de 1938 morría fusilada contra o muro do castelo de San Felipe, na bocana da ría. Contan que sostivo en brazos ao seu fillo ata o último minuto. Outros presos ofrecéronse a morrer no seu lugar. Os mandos fascistas non se abrandaron. As mans dos verdugos non tremaron ao fulminarla contra o paredón. Tiña 27 anos.
Nun pequeno bote de pescadores, o seu pai, o seu home e a súa irmá afastábanse remando da fortaleza militar cara ao outro lado da ría, co bebé enroscado nunha manta. Aquel neno, Gabriel Toimil García, ten hoxe 72 anos e unha saúde delicada. É a testemuña e a memoria viva de Amada, nai, esposa, muller e republicana.

"Acusárona de bordar unha bandeira comunista que gardaba en casa", explica o seu fillo. Era falso. Foi outra muller á que os franquistas indultaron. O delito de Amada consistiu en ser unha activista valente e unha boa oradora. Conta que a denunciaron por receos e envexas, "enganando" a veciños analfabetos aos que obrigaban a asinar declaracións "inventadas". "Un quixo retirar a acusación, pero o ameazaron, ata desterraron a dous curas que trataron de axudala", recorda Gabriel.

O seu pai foi encarcerado e criouse en Mugardos, xunto aos seus avós maternos, un pescador e unha redeira. Conta que a súa familia relatoulle unha mil e veces o tortuoso camiño de volta, e o estrondo da descarga dos fusís en metade da ría.

Sete décadas despois, Gabriel Toimil non esquece e coa axuda da Asociación da Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra buscou e rebuscó entre os laberínticos arquivos militares da cidade naval para rescatar a súa traxedia familiar. O castelo de San Felipe é hoxe un reclamo turístico e o Concello, cando gobernaban BNG e PSOE, dedicou a Camilo José Cela a plazuela que os seus familiares pedían para Amada García.

Na súa casa de Caranza, Gabriel garda con celo o extenso proceso do consello de guerra que sesgó a vida de Amada García. Centenares de folios infestados de acusacións e falsos testemuños que serviron aos fascistas para sentenciar á súa nai e a outros 37 veciños. Tamén unha carta escrita a lapis por Amada ao seu esposo desde a prisión ferrolá onde sinala, un por un, aos seus delatores e os seus motivos. Xunto á súa nai, os militares franquistas encheron de chumbo a outros sete veciños da comarca: o mestre Anxo Roldós, Juan José Teijeiro Leira, José María Montero Martínez, Antonio Caniña, Ramón Rodríguez López, Jaime González Pérez e Germán López García.

Ferrol quedará para a historia como o berce do ditador Francisco Franco, pero tamén é unha das comarcas onde a represión franquista foi máis sanguinaria e cruenta, aseguran desde a asociación. En tan só dous días, os rebeldes sublevados xulgaron a 45 persoas en Ares e Mugardos. 37 foron condenados á morte por un consello de guerra nas causas 42/37 e 379/37. Así ata sumar 2.708 ferroláns, 2.615 homes e 94 mulleres. O presidente da Asociación da Memoria Histórica Democrática de Ferrol, Manuel A. Fernández Pita, leva dez anos contando mortos en fosas e cunetas para elaborar un censo de represaliados na comarca.

Esta diminuta asociación, con tan só 15 membros "aínda que moi activos e implicados", naceu en Ferrol en 2000, contra "o pecado do esquecemento", explican parafraseando ao investigador xudeu Simon Wiesenthal. Agrupa a historiadores, vítimas e familiares do franquismo que queren "vivificar e dignificar o recordo dos seus seres queridos, tratados como criminais e condenados como bandoleiros polos seus ideais".

O historiador Enrique Barrera asegura que se mobilizaron contra "unha tendencia a revisar a historia da ditadura que negaba a evidencia por parte de historiadores Pío Moa e partidos como o PP". Desde a súa sede no Ateneo Ferrolán indagan nos arquivos, recollen testemuños, organizan charlas e congresos, escriben blogs e se autofinancian a través das súas publicacións.

"Os cemiterios están cheos de persoas pequenas, anónimas, que merecen recuperar esas memorias. Cada historia ten pinceladas da brutal represión exercida polo Réxime e as terribles consecuencias que tivo sobre as súas familias", asegura o presidente da Asociación da Memoria Histórica Democrática de Ferrol.

Do mesmo xeito que os seus "irmáns maiores" da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), o colectivo ferrolán traballa para localizar fosas e exhumar corpos para identificar ás vítimas. Sospeitan que hai dous xunto ás praias de Vilarrube e Valdoviño, onde xacen varios veciños "paseados" polos falanxistas desde o campo de concentración de Cedeira. Buscan outra no Eume, e sérvense da tecnoloxía cun georradar, un instrumento que permite "radiografiar" a terra en vertical. Os restos aínda non aparecen, pero non se renden: "Con pouco facemos moito. É a nosa materia pendente e non pararemos ata dignificar a esas vítimas".

Fonte: elpais.com

Enviado por:
melsanxoan@gmail.com 13 de julho de 2009 01:02

__________________