Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións Locais 2015. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións Locais 2015. Amosar todas as publicacións

domingo, abril 26, 2015

No Día da Terra, un programa pola Terra: para uns concellos sustentábeis - Recolle unha serie de propostas para que as diferentes organizacións políticas as integren na súa acción de goberno ou de oposición nos diferentes concellos de Galiza


As organizacións ADEGA, Amigos da Terra, APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia, xuntaron-se para definir uns principios e elaborar unhas proposta diante das vindeiras Eleccións Municipais que se van celebrar o 24 de Maio deste ano 2015. A ditos principios e propostas se lles denominou "
Programa pola Terra - Por uns concellos sustentábeis e Propostas para o desenvolvemento de actuacións políticas sustentábeis a nivel local". O citado programa recolle  as  propostas  do ecoloxismo  galego  para  que  os  diferentes  partidos  e  coalicións  políticas as  integren  na súa acción tanto de goberno como de oposición nos concellos de Galiza. Desde Ártabra 21 consideramos necesario a difusión destes principios e propostas e chamamos aos diferentes partidos e organizacións políticas a asumir-las como propias para fomentar e desenvolver desde as institucións municipais das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Achegamos ao final deste artigo o enlace para acceder ou baixar o texto desenvolvido do programa unitario das organizacións do movemento ecoloxista galego.


No Día da Terra, un programa pola Terra: para uns concellos sustentábeis

Un Programa pola Terra” recolle unha serie de propostas para que as diferentes organizacións políticas as integren na súa acción de goberno ou de oposición nos diferentes concellos de Galiza

O vindeiro 24 de maio celebraranse eleccións municipais en Galiza. Coa presentación deste documento as organizacións ecoloxistas máis representativas do ámbito galego, queremos salientar a importancia crucial dos concellos á hora de realizar actuacións tendentes a acadar un modelo ecoloxicamente sustentable no noso país.

Debido á enorme magnitude da crise ambiental global, causada por un modelo social inxusto que explota de xeito ilimitado o noso planeta finito (os seus recursos materiais e as súas formas de vida), perceptible, entre outros moitos factores, no cambio climático da Terra e na perda a pasos de xigante de biodiversidade, consideramos preciso e urxente un cambio profundo nas políticas desenvolvidas polas Administracións Municipais: ben por posuír un alto grao de implicación na xestión medioambiental a nivel local, ben pola súa estreita relación e proximidade coa cidadanía. 

Estas eleccións supoñen unha grande oportunidade para que todos os partidos se comprometan a que os Concellos muden as súas insustentábeis políticas na súa contorna de actuación, reflexionando arredor dos efectos que sobre o global teñen tamén as súas accións no ámbito local. 

Para iso, as organizacións ecoloxistas asinantes achegamos este “Programa pola Terra”, cunha serie de propostas concretas, factibles e realistas destinadas a ser aplicadas en calquera municipio e permitir a transformación das nosas sociedades. 

Este documento contén dez propostas, que permitirían a transformación que a actual crise ambiental require. Están baseadas en catro principios básicos:
  • O actual modelo económico e social é inxusto e insustentábel.
  • É necesario un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas. 
  • Participación e transparencia non poden quedarse só en verbas.
  • Cumprimento da lexislación ambiental.
10 medidas para camiñar cara a sustentabilidade nos concellos
1. Integrar enerxía, mobilidade e contaminación.

2. Protexer os espazos naturais, a flora e a fauna.

3. Implantar unha nova cultura da auga.

4. Aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drasticamente o crecemento urbanístico e defenda a costa.

5.  Apostar pola redución, a reciclaxe e a compostaxe dos residuos sólidos urbanos.

6.  Defender a soberanía alimentar e apoiar ao sector primario para manter un mundo rural e mariñeiro vivos.

7.  Recoñecer a importancia dos coidados básicos para a vida, o papel das mulleres neles e facilitar novos esquemas de xénero ao respecto.

8. Avanzar na participación cidadá cara unha democracia participativa real.

9. Facer unha reforma verde do sistema fiscal local e impulsar unha contratación pública verde.

10. Afortalar a cooperación internacional para o desenvolvemento sustentábel.
Documento:

"Programa pola Terra", 8 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Para máis información:   

ADEGA: Fins Eirexas (981570099; 661993406)
Amigos da Terra: Victor Barro (988374318; 671865839)
APDR: Xulio Carmona (986847670)
CEMMA: Alfredo López (686989008)
FEG: Mónica Arto (691527277); Anxo Saborido (666893879)
Verdegaia: Iñaki Varela (622033665

http://www.adega.gal
http://www.amigosdaterra.net
http://www.apdr.info
http://www.cemma.org
http://www.federacionecoloxista.org
http://www.verdegaia.org

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
25 de abril de 2015 23:51
________________

domingo, abril 19, 2015

Candidatura de Esquerda Unida de Narón - Municipalizar - O TTIP non é un tratado, é un atentado


Candidatura de Esquerda Unida de Narón

En Esquerda Unida Narón celebramos o pasado xoves día 16 de Abril unha asemblea aberta  no local social de A Gándara co obxectivo de levar a cabo unha votación mediante o sistema de lista aberta para configurar a orde da lista dos postos 2 a 21, o cabeza de lista André Abeledo Fernández actual coordinador local de EU Narón xa tiña sido escollido como cabeza de lista en asemblea o pasado 10 de Abril. Finalmente o orde da candidatura de EU Narón para as municipais é o seguinte:
1. André Abeledo Fernández; 2. María Belén Aneiros López; 3. Jorge Juan Rego Gárate; 4. Roberto Villasuso Vázquez; 5. María Belén Iglesias Berrocal; 6. Antonio López Pita; 7. Argemiro Montero Martiño; 8. Carmen María Uriondo Pita; 9. Juan José Teijeiro Couce; 10. María dolores López García; 11. Marcelino Bermúdez Fraguío; 12. Víctor Manuel García García; 13. Tamara López Díaz; 14. Luís Miguel García Pita; 15. Raquel Abeledo Fernández; 16. Rubén Méndez Otero; 17. María Luísa Agra Parada; 18. Manuel Ángel Prados Rego; 19. Rosa Estefanía Fernández Vigo; 20. Xosé María Alonso Luaces; 21. José Manuel Prado Serantes; 22. María Josefa Prado Suárez; 23. Antonio Luís Gómez Sánchez; 24. Miguel Rego Casas.
En Esquerda Unida de Narón queremos que esta candidatura sexa a de todas e todos os cidadáns de Narón, e facemos un chamamento a todas as naronesas e naronesas a participar nas nosas asembleas, pretendemos abrirnos a cidadanía para coñecer de primeira man os problemas do noso concello. 

Municipalizar

Dende  Esquerda Unida Narón​ non paramos de repetir a importancia de municipalizar, pero por que, e para que?, creemos que a ninguén se lle escapa que cando un concello pon en mans privadas un servizo este servizo pasa a ser un negocio, a empresa privada ten que ter beneficios, e para logralos ten poucos camiños, e todos eles negativos para a cidadanía.

Por unha banda encarecer o servizo, por outra mal pagar e ofrecer emprego precario, ou ben baixar a calidade do servizo.

Nos defendemos que é preciso municipalizar os servizos básicos para conseguir xusto o efecto contrario, abaratar o servizo, conseguir xerar emprego de calidade, e mellorar a calidade do servizo.

O municipalizar estes servizos os beneficios derivados dos mesmos repercutirían directamente no concello, e non quedarían en mans privadas, o xerar emprego de calidade isto axudaría a súa vez a reactivar o consumo, pois un traballador con un salario digno e un emprego fixo pode consumir, a formula é moi simple, e si se quere se pode.

O TTIP non é un tratado, é un atentado

O sábado día 18 de Abril saín a rúa como tanta outra xente para mostrar o meu rexeitamento o TTIP, a do sábado foi unha acción global de protesta contra un "tratado" que é mais ben un ATENTADO contra as liberdades, é realmente un paso mais da ditadura das multinacionais e dos chamados "mercados", este atentado ven disfrazado de "tratado de libre comercio", ven envolto en papel de agasallo, ven a calada e as agachadas, pero é un atentado contra a soberanía dos pobos, contra os dereitos das traballadoras e os traballadores, é un atentado contra a natureza e contra a saúde alimentaría, o TTIP é un elaborado plan de fin de conquista das oligarquías para impoñer a ditadura do capital a todos os niveis das nosas vidas.

Na Praza de Armas de Ferrol eramos pouca xente, pero vin algunha xente que non tiña visto ates, e varias mozas, os que tomaron a palabra o fixeron para dicir cousas moi interesantes, a parte boa que me levo é que hai compañeiras e compañeiros ben informados tentando contar a verdade a cidadanía, a mala é que dende as organizacións que debemos liderar esta loita estamos fallando en algo.

Quédanos tempo, pero non moito.

André Abeledo Fernández

CPL EU NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de abril de 2015 17:54
19 de abril de 2015 19:05
19 de abril de 2015 19:56
_______________________

sábado, abril 18, 2015

A Marea Ártabra convoca este sábado, 18 de Abril, ás seis da tarde o seu primeiro acto público no barrio de Caranza - A Marea Ártabra contra o TTIP, vai participar ás 12:30 no acto unitario da Praza de Armas de Ferrol


A Marea Ártabra convoca este sábado, 18 de Abril, ás seis da tarde o seu primeiro acto público no barrio de Caranza. No local social do Galicia de Caranza. Trátase dunha Asemblea Aberta onde se van explicar as liñas básicas deste movemento cidadá e presentar as persoas que conforman a súa candidatura para as próximas eleccións municipais. O debate aberto a continuación abordará cales deben ser as liñas prioritarias de actuación da Marea Ártabra no barrio.


A  MAREA  ÁRTABRA  APOIA  A  MOBILIZACIÓN  INTERNACIONAL  CONTRA  O TTIP


Desde a Marea Ártabra queremos convidar a todos e todas as nosas veciñas, a mobilizarse o próximo 18 de abril en contra do Tratado de Libre Comercio da UE con EE.UU.
Este tratado contradí todos os valores e principios nos que se basea a Marea Ártabra para construír a súa alternativa municipal.

Na Marea Ártabra queremos transparencia e democracia participativa. O TTIP estase negociando con total escurantismo. A cidadanía non ten aceso aos documentos, e non vai ser consultada, vía referendo, por exemplo, para a súa aprobación.

Na Marea Ártabra consideramos que a defensa dos servizos públicos, e a remunicipalización dos servizos agora privatizados (auga, recollida de lixo, dependencia, apoio familiar, menores...) é fundamental para poder exercer dereitos fundamentais, asegurar a igualdade no seu aceso e optimizar recursos. O TTIP vai significar a privatización dos servizos públicos para seguir converténdoos en niño de negocio das grandes empresas.

Na Marea Ártabra entendemos que o dereito á saúde de todas e todos, debe ser un eixe vertebrador das políticas municipais. O TTIP vai representar a quebra constante dese dereito, non só pola privatización da sanidade, senón pola desregularización do comercio de produtos tranxénicos, a legalización de sustancias non autorizadas ata agora para uso alimentario, o levantamento da cláusula de prevención, e a distribución e control de fármacos.
Na Marea Ártabra queremos recuperar o concello para as veciñas e veciños, para que exerzamos nel a soberanía, con responsabilidades e dereitos. O TTIP vai colocar ás multinacionais por riba da soberanía dos estados, de maneira que calquera conflito entre unha destas grandes empresas e os gobernos europeos, vaise resolver ante entidades de mediación privadas. As normativas laborais, o salario mínimo, a normativa sobre produtos financeiros... vanse adaptar á baixa, collendo de Europa ou de EE.UU., aquelas normativas que máis favorezan aos intereses das grandes empresas.

A cidadanía de Ferrol ten que tomar conciencia urxentemente, da necesidade de participación e de resposta colectiva e organizada, para enfrontar todos estes plans que desde os poderes económicos, collidos da man do poder político, están intentando impoñernos.

Marea Ártabra estará o sábado 18 de abril mobilizándose na praza do concello de Ferrol, ás 12:30hs, na concentración convocada pola Plataforma Ferrolá contra o TTIP, para unirse ao clamor europeo contra esta ameaza.


Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.


Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

WEB: Mareaartabra.gal
TWITTER: @mareaartabra | #MareaArtabra
E-MAIL: info@mareaartabra.gal
FACEBOOK: Marea Ártabra
YOUTUBE: Marea-Ártabra

Local electoral:

Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
17 de abril de 2015 22:45
_____________

martes, abril 14, 2015

A Marea Ártabra facendo camiño, construíndo o poder popular

Perante estes últimos días a @MareaArtabra desenvolveu intensa actividade, para o grupo innovador que aspira a ser Marea, convertir-se en movemento socio-político e entrar con forza na institución municipal nas vindeiras eleccións locais do 24 de Maio.


No @ateneoferrolan falando da sua problematica e do programa cultural de @MareaArtabra | 09.04.2015

O venres pasado, 9 de abril, un nutrido grupo de compañeiras e compañeiros da #MareaArtabra reuniron-se no Ateneo Ferrolán con parte da Xunta Directiva da entidade cultural. Para escoitar en viva voz os problemas que afronta a entidade con respecto ao conflito que trae co goberno municipal do Partido Popular, centrado no usufruto do local social e o patrimonio da entidade, pechado en catro contedores, porque o goberno de José Manuel Rey Varela, non se quere facer cargo da recuperación do mesmo, unha vez que remataran as obras de rehabilitación do edificio da entidade. A @MareaArtabra, antes de ter lugar a referida xuntanza, emitiu un comunicado público fixando a súa posición.


A #MareaArtabra amosa o seu apoio aos traballadores das contratas de Movistar/Telefónica. | 10.04.2015

Na tarde do 10 de abril, membros da @MareaArtabra escoitaron a problemática das traballadoras e traballadores das empresas contratas, subcontratas, e autonom@s que pretan servizo aos clientes de Movistar/Telefónica, logo amosarón o seu apoio e solidariedade. Compromentendo-se a incidir en difundir a loita e facer propias as súas xustas reivindicacións.


Pola mañá do sábado, no feirón do Inferniño repartindo volantinas da @MareaArtabra | 11.04.2015

Un grupo de compañeiras e compañeiros da @MareaArtabra estiverom polo Feiron do Inferniño, na praza que lle puxeron o nome de "Porta Nova", deslocalizando este nome que pertence orixinariamente ao que corresponde ao lugar que agora leva o nome de Praza de España. Vamos que pola mañá no feirón do Inferniño repartindo volantinas da @MareaArtabra.


As 6 da tarde do mesmo sábado, tiña lugar unha importante charla-debate co titulo 'Que pasa coa Ría de Ferrol?', onde participaron a artista e activista Meli Criado e o activista social, ecoloxista e biólogo Joam Ferreiro. O acto desenvolveu-se no local da @MareaArtabra. | 11.04.2015

Falamos do estado da Ría (algúns tweets do acto).

A quenda de @melicriado.
"estam fazendo barbaridades co nosso territorio" ... "estam destrozando todo e nom hai nada que nos beneficie colectivamente" ... "a terminal de contenedores é impossível tecnicamente no porto exterior" ... "ninguém para isto porque os fondos europeios som cuantiosos" ... "nem o carbom, nem os contenedores, nem o papel e a madeira de Perez Torres, justifica a destruçom do territorio" ...

A quenda agora do biólogo da Confraria de Barallobre, Joam Ferreiro.
"o sistema de saneamento que se está construindo nom vai conseguir um saneamento integral" ... "o sistema de saneamento só vai conseguir parar as sancions da UE, pero nom sanear a ria" ... "Navantia, Forestal do Atlantico e Reganosa som outros actores do dano medioambiental da nossa ria" ... "somos a ria mais contaminada de Galiza" ... "o 95% das augas catalogadas como zonaC de todo o estado estam na Galiza" ... "as bateas de depuraçom do marisco das zonas C som umha irresponsabilidade" ... "estamo—nos cargando a ria, origem e razom de ser desta comarca" ... "entre os verquidos e os recheios estam acabando coa ria, hoje é possivel cruza—la a pé na altura das Pias" ... "os recheios de Megasa, ou os de Reganosa desfigerom os bancos marisqueiros mais ricos" ... "a ria de Ferrol tem tanta capacidade que nom fai falha sementar o marisco" ... "ainda coas agressons medioambientais a Ria de Ferrol segue a ter um alto indice de produtividade marisqueira" ... "Antigamente os barcos chegaban a Neda hacia a fabrica de velas. Hoxe en día cruzase a ria do O couto a Neda a pe".

Nos proximos días o debate completo sobre a Ría en Vídeo no @CanleTVdaMareaArtabra.


Falase na @MareaArtabra para últimar a lista electoral para presentar-se ás eleccións locais do 24M. | 12.04.2015

O domingo, 12 de abril, pola mañá tiña lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria para últimar a lista electoral, no local da #MareaÁrtabra, na Rúa Rochel nº14 e rúa Madalena, Nº 5. Elaborau-se a lista electoral para as municipais de Ferrol e se debatoiu sobre os postos a partires do 13, pois os trece primeiros xa foran resoltos cunhas primarias en Marzo. Así foi como a @MareaArtabra consigueu a súa candidatura. Rematou a Asemblea cunha presentación pública de cada unha das persoas que naquel momento estaban presentes na sala. quen era cada quen, a que se dedicaba, cal era o seu compromiso e o porque estaba construíndo  #MareaÁrtabra.

Última xuntanza da Coordinadora da @MareaArtabra, preparando as municipais, construíndo futuro. | 13.04.2015

Este Luns, 13 de Abril, tiña lugar a Coordinadora da #MareaArtabra. Cuestións previas sobre comunicación, precederon á elaboración do orzamento para as eleccións municipais. Un austero orzamento que se pretende financiar con contribucións pequenas das persoas achegadas e un abondoso lote de voluntariado disposto a deixar-se a pel, na construción do proxecto de unidade popular. Continuou a xuntanza da @MareaArtabra coa positiva valoración da pasada Asemblea Xeral Extraordinaria e rematando coa morea de actos e actividades previstas para os vindeiros días.

Mareaartabra.gal
| #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook


A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.


Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

WEB: Mareaartabra.gal
TWITTER: @mareaartabra | #MareaArtabra
E-MAIL: info@mareaartabra.gal
FACEBOOK: Marea Ártabra
YOUTUBE: Marea-Ártabra

Local electoral:

Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
Teléfono: 633 352 131


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de abril de 2015 23:45
_____________

venres, abril 10, 2015

Despois do proceso de primarias, onde só houbo unha única candidatura, Ferrol en Común convoca unha Asemblea en Canido, este sábdo 11 de Abril, ás 12 do mediodía


Asemblea Ferrol en Común

Despois do proceso de primarias onde só houbo unha única candidatura para a alcaldía, a de Jorge Suárez e as 12 persoas do seu equipo. Ferrol en Común convoca unha Asemblea en Canido, para cubrir o resto dos postos da lista que concurrirá ás eleccións municipais do 24 de maio.

Día: Sábado 11 de abril

Hora: 12.00 h.

Lugar: SCDR de Canido

Orde do día:

1. Presentación de tramo de candidatura FeC para as municipais de 2015 escollida por proceso de primarias.

2. Proposta de resto de candidatura

3. Quenda de intervencións



Enlaces de Ferrol en Común:

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/ferrolencomun

Conta no twitter:
https://twitter.com/ferrolencomun

Páxina web:
http://www.ferrolencomun.es/

Correos-e:
  • ferrolencomun@gmail.com
  • ferrolencomun@gmail.com
Manifesto Inicial de Ferrol en Común:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PTHdaalN4NlAtRWM/view?usp=sharing

Código Ético de Ferrol en Común:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PUGFOZDYyZGJiOW8/view?usp=sharing

Enlaces de interese:

Ferrol en Común en Ártabra 21: Acceder.

Ferrol en común no buscador libre DuckDuckGo.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
10 de abril de 2015 14:45
_____________

Próximos actos de Eliximos Narón e apertura do proceso de Primarias de Listas Abertas

Próximos actos de Eliximos Narón e apertura do proceso de Primarias de Listas Abertas

Eliximos Narón Electores (ENE) continúa coa súa rolda de presentacións e diálogo coa veciñanza das parroquias e barrios de Narón. Este fin de semana, xunto á presentación do venres na parroquia d'O Val (Restaurante Marinito ás 19:30 horas).

Na mañá do sábado día 11 de abril integrantes do colectivo acudirán á manifestación convocada para as 12 da mañá polos afectados da cooperativa de Pedroso para defender os seus dereitos e esixir solucións tras 10 meses, sen que socios nin depositantes poidan acceder aos seus aforros.

Na tarde dese mesmo día, no local Social da Solaina, ás 18:00 celebrarase unha asemblea con motivo de presentar a fórmula xurídica adoptada para presentarse ás próximas eleccións municipais. Ademais, procederase á lectura e firma do Manifesto de ELIXIMOS, que deberán asinar todas as persoas que desexen participar no proceso de Primarias para conformar a Candidatura ao concello, e do seu Código Ético que deberán defender e asumir como propio todas as persoas que desexen postularse como candidatos ás Primarias para a elección da lista da Candidatura. A partir de entón ábrese un proceso dunha semana na que todas as persoas interesadas poderán asinar ambos documentos.

Desde o equipo motor de ELIXIMOS invitamos a toda a cidadanía a participar neste proceso de listas abertas que rematará o vindeiro sábado día 18 de Abril cunha nova asemblea que terá lugar novamente no local Social da Solaina, ás 18:00, para proceder á elección das persoas que conformarán a Candidatura Cidadá de Eliximos para as eleccións do próximo día 24 de maio.

Atentamente
O equipo motor de ENE
eliximos@gmail.com

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

TODOS OS SÁBADOS ASEMBLEA ÁS 6 DA TARDE NO LOCAL SOCIAL DA SOLAINA (Rúa
Mercedes Freire Lago - A Solaina  - Narón).

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Agrupación de Electores
-eliximos@gmail.com-
10 de abril de 2015 08:06

______________

venres, abril 03, 2015

O Círculo Podemos de Neda convoca unha asemblea de presentación, onde vai poñer a consulta o apoio á candidatura veciñal MoveNeda nas vindeiras eleccións municipais de 2015


O Círculo Podemos de Neda convoca unha asemblea de presentación

O vindeiro venres día 10 de abril, no Centro Cívico de Neda as 20:00hs, se celebrará á presentación oficial do equipo de Podemos na localidade.

Na asemblea, ademáis de presentar ao actual secretario xeral, Jose Padín, o farán tamén os colaboradores actuáis, os grupos de traballo activos e as liñas e documentos que están a elaborar, tamén se realizará unha consulta á afiliación de Neda.
Esta vostede dacordo en que Podemos Neda apoie a candidatura veciñal MoveNeda nas vindeiras eleccións municipais de 2015?
A asamblea é aberta a todos os vecinos, afiliados ou non.

Correo-e:
podemosneda@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/CirculoPodemosNeda

Conta no twitter:
https://twitter.com/PodemosNeda

---

MoveNeda - Movemento Veciñal de Neda.
É unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia coa tarefa de impulsa-la concienciación e actividade politica dos veciños de Neda.

Correo-e:
mailto:moveneda@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/pages/Moveneda-Movemento-Veci%C3%B1al-de-Neda/1426695684294450

Conta no twitter:
https://twitter.com/MoveNeda


Informacóin baseada na enviada por:
Podemos Neda
-podemosneda@gmail.com-
3 de abril de 2015 16:37

_______________