Amosando publicacións coa etiqueta Esquerda Unida Narón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Esquerda Unida Narón. Amosar todas as publicacións

luns, decembro 17, 2018

O concelleiro da esquerda de Narón, André Abeledo, rexistrou unha Moción para controlar a proliferación das apostas online e casas de xogo e pedir que se tomen medidas para a prevención da Ludopatía


MOCIÓN, DE EU NARÓN, PARA CONTROLAR A PROLIFERACIÓN DAS APOSTAS ONLINE E CASAS DE XOGO E TOMAR MEDIDAS DE PREVENCIÓN ANTE A LUDOPATÍA


Abeledo explica que Dende fai uns anos teñen proliferado os anuncios en televisión, radio, prensa escrita, redes sociais, etc de casas de apostas deportivas online. Unhas casas de apostas que insiran a súa publicidade en eventos deportivos, especialmente nas retransmisións deportivas e que incluso chegan a utilizar estrelas de fútbol para animar aos telespectadores a que aposten. Un sistema de xogo moito máis aditivo, sen pausas, con bonos «gratis» de entrada, e sobre todo cunha inmensa inversión en publicidade que representa xusto os valores contrarios as formas máis pausadas e tradicionais de apostar, como a lotería de Natal, a quiniela ou os cupóns da ONCE.

Hai 613.812 usuarios activos nas casas de apostas, segundo o último Informe Trimestral do Mercado de Xogo Online, un 13,44% máis que no mesmo segmento de 2016. Non só corresponde as apostas deportivas, tamén ao póker, casino e bingos virtuais. Ata setembro de 2017, os operadores gastaron máis de 140 millóns de euros en promover-se. En España hai máis de medio centenar de empresas con licencia no negocio online e presencial.

O xogo patolóxico é un trastorno que figura entre as adiccións de tipo relacionado co comportamento nas clasificacións médicas e psicolóxicas. Consiste na perdida de control de comportamento en relación ao xogo que se caracteriza por ter graves consecuencias para as persoas como problemas académicos, laborais, económicos, sociais e/ou legais asociados ao xogo.

Tentase a clase traballadora,  que normalmente non pode acceder a un traballo estable dado o enorme paro crónico, a que arrisquen as súas rendas ganadas en traballos precarios.  Non é estraño que nos barrios e localidades onde menos renda hai, sexa onde as políticas neoliberais máis efectos negativos causen a través das casas de apostas. Estas afectan especialmente a xuventude, onde a falta de expectativas e dun futuro estable é o caldo de cultivo perfecto para doses rápidas de adrenalina onde conseguir diñeiro sen esforzo.

Tampouco é admisible que as casas de apostas aumenten día a día os seus beneficios e deixen as familias e ao conxunto da sociedade a obrigación de costear integramente o tratamento das persoas as que ten enganchado. É de xustiza, polo tanto, aumentar a contribución que os beneficios destas empresas teñen que facer ao conxunto da sociedade para que se poida tratar de maneira eficaz as persoas adictas ao xogo e para que se poidan investigar eses mecanismos e previr futuras adiccións.

De forma física ou a través de Internet, o que se esconde detrás de cada aposta é o mesmo: fante crer que non é necesario traballar para xerar riqueza, que podes inverter o teu diñeiro e, si o fas ben, o multiplicarás. Este conto liberal obvia que o teu beneficio implica que alguén como ti está perdendo o seu diñeiro, tamén obvia que un día gañaches pero ao seguinte podes perder moito máis.  Non é cuestión de sorte que, en última instancia, sexa a dona da casa de apostas o único que gañe, é cuestión de matemáticas.

É o momento de que as diferentes institucións adapten a normativa a realidade social, económica e tecnolóxica da actividade do xogo antes de que se converta en unha lacra sen retorno.

Formulamos nesta moción unha serie de medidas, a nivel municipal e supramunicipal, para atallar esta problemática. Por unha lado entendemos que é necesario prohibir a publicidade de estes locais e frear a súa expansión a través das ordenanzas o las normas urbanísticas, tamén son importantes as medidas de prevención ante a ludopatía e, por último, formulamos unha serie de propostas a nivel fiscal para gravar a actividade das casas de apostas e do xogo online.

 PRIMEIRO: Instar ao Goberno do Estado a reformar a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual e a Lei Xeral de Publicidade para que se regule a publicidade das Casas de Apostas e se prohiba que estas empresas poidan publicitar-se para facer efectiva a protección do público infantil e xuvenil e a impulsar o Real Decreto de Comunicacións Comerciais das Actividades de Xogo e de Xogo Responsable co obxectivo de restrinxir a publicidade para xogos e apostas online.

SEGUNDO: Instar ao Goberno Autonómico a que, igual que pasa co gremio de tabacaleiras ou farmacias, limite a apertura das casas de apostas físicas mediante o establecemento dun mínimo de metros de separación ou por núcleos de poboación, para a frear así a súa  expansión.

TERCEIRO: Instar ao Goberno Autonómico a que prohiba as terminais de apostas deportivas en salóns de xogo, bingos e casinos.

CUARTO: Instar ao Goberno Local a que estudie a revisión das ordenanzas para introducir limitacións urbanísticas a implantación de locais de apostas nas inmediacións de espazos  frecuentados pola infancia, a adolescencia e a xuventude, como os centros educativos, culturais, deportivos ou xuvenís.

QUINTO: Instar ao Goberno Local a que, a través da Ordenanza de Publicidade, regule a eliminación de calquera carteleira do mobiliario urbano ou do espazo público de este tipo de establecementos, aténdose exclusivamente aos carteis do propio local incluíndo unicamente o nome e sen ningún tipo de publicidade.

SEXTO: Instar ao Goberno Local a que realice actividades informativas nos centros escolares para afondar no uso que fan os rapaces dos xogos online e de apostas e os posibles problemas derivados deste uso e a que poña en marcha modelos de ocio e espazos de socialización xestionados directamente pola xuventude onde poidan desenrolar un ocio san, que potencie o coñecemento, o deporte e as artes.

SÉTIMO: Instar ao Goberno Local a que reforce a formación da Policía Local de modo que se familiaricen coas infraccións máis habituais relacionadas coas apostas e o xogo, particularmente no acceso de menores de idade, persoas incapacitadas legais e persoas co acceso ao xogo legalmente restrinxido.

OITAVO: Instar ao Goberno do Estado a aumentar o tipo aplicable no  Imposto sobre Actividades do Xogo para as casas de apostas e de xogo online.

NOVENO: Instar ao Goberno Local a que cree unha taxa específica por utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, que teña que ser abonada polos  establecementos que instalen pantallas ou outro tipo de dispositivos para desenrolar a súa actividade empresarial con fronte directo a vía pública ou en liña de fachada.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
17 de dezembro de 2018 13:34

__________________

xoves, novembro 22, 2018

Loitemos dende o feminismo todas xuntas para unha sociedade xusta, libre de violencias e radicalmente democrática

O Pleno do Concello de Narón contra a violencia machista

NIN VIOLENCIA MACHISTA NIN VIOLENCIA PATRIARCAL. EU NARÓN


A violencia contra as mulleres converteuse nun problema estrutural que se dirixe cara as mulleres co obxecto de manter ou incrementar a súa subordinación ao xénero masculino.

Trátase dun problema social tanto no fogar como no público, de forma física, sexual, psicolóxica, económica, cultural...

Dende Esquerda Unida de Narón sumámonos ao grito de “Nin Unha Menos”este 25 de novembro do 2018. Como todos os anos por esta data chamábavos a atención para dicir nin unha menos Basta xa, nin unha asasinada máis, nin unha violada, acosada, discriminada, invisibilizada ou marxinada por etnia...

Este ano indignante para as mulleres polos casos Juana Rivas, a Manada,o aumento de casos de violación en grupo e a mala xestión do poder xudicial.

Tamén estamos vendo unha gran resposta social do movemento feminista en tódolos seus aspectos e que está a redefinir o sentido común da nosa sociedade.

Debemos ter presente a enorme importancia do feminismo nun momento no que temos que dar unha dura batalla contra o neoliberalismo, o autoritarismo,
a intolerancia e o fascismo, que avanzan internacionalmente.

Loitemos dende o feminismo todas xuntas para unha sociedade xusta, libre de violencias e radicalmente democrática.

Por todo iso, dende Esquerda Unida de Narón esiximos de xeito urxente:
  • O cumprimento da LEI 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Que aumente o orzamento destinado a políticas de igualdade.
  • Que se poña en marcha o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
  • Que as campañas promovidas dende as distintas administracións para a violencia de xénero teñan unha perspectiva feminista e se ensine educación afectivo-sexual e contra a discriminación e violencia de xénero.
  • Que se desenvolvan plans de formación e sensibilización contra a violencia de xénero de obrigado cumprimento ao persoal ao servicio das administracións.
  • Demandamos unha xestión pública directa da rede de servizos de violencia de xénero.
Por todo o anterior, dende Esquerda Unida esiximos unha estratexia estrutural que loite en todos os ámbitos.

AREA DA MULLER DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de novembro de 2018 17:49

_________

domingo, novembro 18, 2018

Moción conxunta de EU NARÓN, TEGA, BNG e PSOE en apoio aos veciños de San Xiao - EU Narón, TEGA, BNG, PSOE, axuntan forzas para esixir a Xunta de Galicia investimentos en Narón nos orzamentos de 2019 - Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón

Abeledo, Concelleiro de EU Narón, reuniuse coa AAVV de San Xiao.

Moción conxunta de EU NARÓN, TEGA, BNG e PSOE en apoio aos veciños de San Xiao


André Abeledo reuniuse cos representantes da asociación de veciños de San Xiao para amosar o seu apoio e o de EU NARÓN na súa reivindicación de que se leve acabo o proxecto do ensanche e modificación da estrada de San Xiao (DP-5401).

Naquela reunión  Abeledo defendeu a necesidade de que o Pleno do Concello arroupe politicamente aos veciños coas ferramentas que temos nas nosas mans, mediante unha Moción apoiada por todos os grupos políticos do Concello esixindo a Deputación que cumpra coas súas promesas.

Os representantes da veciñanza entenden que esa unidade na defensa dos seus intereses é necesaria, e como non pode ser doutro xeito dende EU NARÓN estamos sempre dispostos a sumar forzas para defender os intereses e os dereitos das naronesas e naroneses.

14 anos de promesas incumpridas por parte da Deputación merecen unha resposta urxente, indicou Abeledo.

Xa pasaron tamén 9 anos dende a modificación do PXOM para recoller o novo trazado da estrada, é lóxico que a paciencia dos veciños téñase esgotado.

Os veciños solicitan que se proceda á elaboración e asinamento dun Convenio entre o Concello e a Deputación que teña en conta as demandas veciñais.

E solicitan a Deputación o inicio do proceso de expropiación das parcelas afectadas pola modificación do PXOM.

Ademais dende EU NARÓN damos o noso apoio as posibles mobilizacións que emprendan os veciños para conseguir ser escoitados.

Abeledo advirte que está carreteira é un perigo, sobre todo para os peóns, e que a solución a problemas onde se poñen en xogo vidas deberían ser sempre unha prioridade. 

É unha carreteira sen beirarrúas, cun deficiente mantemento que ademais ao servir de acceso a un polígono ten horas de intenso tránsito de todo tipo de vehículos.

Narón, 15 de novembro de 2018


EU Narón, TEGA, BNG, PSOE, axuntan forzas para esixir a Xunta de Galicia investimentos en Narón nos orzamentos de 2019

André Abeledo denuncia que o Goberno da Xunta de Galicia fai política partidista castigando aos Concellos onde non goberna o PP.

Abeledo entende que unha e outra vez o PP castiga a Narón nos Orzamentos da Xunta de Galicia.

Os Orzamentos estan para atender as necesidades das galegas e galegos e non para facer política partidista.

Por ese motivo imos a instar a Xunta de Galicia a incluír no seu proxecto de Orzamentos para o ano 2019 os seguintes investimentos:
  • Un centro integral de atención ás persoas maiores.
  • Un plan de inversións en melloras nos centros de ensino públicos de Narón.
  • Un Centro Integrado de Formación Profesional no que se impartan as familias profesionais que non se están a ofertar en outros centros da Comarca.
  • Renovación das beirarrúas da Estrada de Cedeira (AC-566), dando solución aos problemas de paso e accesibilidade en diversos puntos do treito que abrangue o primeiro quilómetro desa entrada por ambas beiras.
Narón, 18 de novembro de 2018


Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón

Dende EU Narón apostamos decididamente pola creación dun espazo de confluencia de cara as eleccións Municipais.

André Abeledo indica que a unidade é unha necesidade en Narón, na Galiza, e no Estado español.

A nosa organización aposta por facer o esforzo de construír unidade popular, unha unidade baseada nun programa e nun proxecto de cidade.

O esforzo para recuperar e Municipalizar servizos básicos, a implementación de políticas sociais, a humanización da nosa cidade, deben ser o eixo dunha aposta decidida e valente polo futuro de Narón e a súa veciñanza.

Estamos convencidos de que a unidade vainos a permitir medrar e fortalecer un proxecto capaz de mudar Narón para mellor.

Nese sentido EU Narón xa comezou as reunións con ANOVA, e estamos a espera de que outras organizacións rematen os seus procesos internos para comezar os contactos. Estamos convencidos de que con xenerosidade e guiados pola responsabilidade da necesidade de traballar por mellorar a vida da cidadanía a unidade será posible.

Abeledo insiste en facer un chamamento a unidade da xente de esquerdas, das traballadoras e traballadores, a xenerosidade, ao esforzo por avanzar tendo como obxectivo traballar por construír unha cidade mellor onde vivir, pola nosa veciñanza, pola clase traballadora.

Somos unha organización que leva no seu ADN chegar a acordos que permitan avanzar, tender pontes e construír un futuro de esperanza.

Narón, 18 de novembro de 2018

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
15 de novembro de 2018 11:42
18 de novembro de 2018 22:32
18 de novembro de 2018 22:3
4

____________

xoves, outubro 25, 2018

Batería de comunicados de Esquerda Unida de Narón - Apoiamos ás persoas antifascistas que participaron na ocupación simbólica do Pazo de Meirás - Apoio á traballadoras e traballadores de Alcoa e á Clase Traballadora - Defensa da moción para amosar o rexeitamento a decesión do Tribunal Supremo de deixar sin efecto a sentencia sobre o imposto das hipotecas e para impulsar a creación dunha banca pública


APOIAMOS ÁS PERSOAS ANTIFASCISTAS QUE PARTICIPARON NA OCUPACIÓN SIMBÓLICA DO PAZO DE MEIRÁS.


Rexeitamos a demanda interpostas contra os 19 compañeiras e compañeiros que moi honorablementen participaron desta acción xusta de denuncia da existencia de dun espazo usurpado ao pobo onde se segue a facer impunemente apoloxía do fascismo.

É preciso denunciar e extirpar o fascismo que continúa vivo no Estado español.

Atopámonos con que existe unha “Fundación Francisco Franco” que exalta a figura do ditador xenocida e que xestiona a apertura do Pazo de Meirás, como si se tratase dun Parque Xurásico do horror fascista.

Un Pazo que os fascistas obrigaron ao pobo galego a “regalar” ao ditador.

Falanxistas armados ían casa por casa cunha lista, onde apuntaban o que pagaba cada familia, coa voluntariedade normal de ter un asasino armado pedíndoche os cartos.

Un Pazo que agora abriuse ao público para maior gloria do ditador golpista e asasino.

Algo que sería impensable en calquera pais democrático.

Algo que sería un delito facer coa figura de Hitler en Alemaña, ou de Mussolini en Italia, permítese no Estado español.

O Pazo de Meirás debe ser devolto a quen o pagou, ao seu lexitimo dono, ao pobo galego.

Permitir homenaxes ao ditador é unha mostra de que queda moito que facer, é a proba de que seguimos nas mans dun Goberno sen Memoria nin respeto aos asasinados polo fascismo.

O Pazo de Meirás debería servir para recordar a Emilia Pardo Bazán, unha verdadeiramente ilustre moradora do Pazo, e non ao pequeno xeneral traidor, golpista e asasino, que sementou a Galiza e ao Estado español de fosas comúns cheas de mártires inocentes.

25 de outubro de 2018 18:51


APOIO AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE ALCOA E A CLASE TRABALLADORA. EU NARÓN.


Dende EU queremos enviar un mensaxe de apoio aos traballadores de ALCOA na súa loita na defensa do seu posto de traballo, a todas as traballadoras e traballadores que se organizan para defender os seus dereitos e a súa dignidade.

O noso apoio as traballadores/as de Alcoa nas plantas de Coruña e Avilés nos que se destrúen 700 postos de traballo, por carecer de estratexias industriais e non ter plans de transición enerxética xusta e adecuada aos sectores produtivos.

Queremos enviar o noso apoio e solidaridade de cara a loita nas folgas d@s traballadores/as do sector de elaborados do mar que sendo un sector afectado pola precariedade laboral loitan por unha mellora do seu convenio.

E d@s traballadores/as e veciñ@s das Industrias Auxiliares de Navantia na Ría de Ferrol que loitan por acadar a inclusión e blindaxe dos acordos salariais dentro do Convenio Provincial do Metal e que a próxima semana comezan as movilizacións contra a patronal da Asociación de Empresarios do Metal.

Por toda esta situación de ataque aos dignos dereitos da clase obreira facemos un chamamento á as traballadoras e traballadores a apoiar as compañeiras e compañeiros  de Alcoa.

Así mesmo facemos un chamamento á participación en tódalas mobilizacións que as IIAA de Navantia convoquen, pois no día de hoxe as Federacións sindicais están levando á asamblea o calendario de mobilizacións para acada-las reivindicacións.

É preciso recuperar a conciencia de clase, porque a clase traballadora organizada é invencible.

25 de outubro de 2018 18:49


DEFENSA DA MOCIÓN PARA AMOSAR O REXEITAMENTO A DECESIÓN DO TRIBUNAL SUPREMO DE DEIXAR SIN EFECTO A SENTENCIA SOBRE O IMPOSTO DAS HIPOTECAS E PARA IMPULSAR A CREACIÓN DUNHA BANCA PÚBLICA.

A xustiza non pode estar ao servizo dos poderes económicos, os poderosos non poden ser quen de cambiar decisións xudiciais, nin de marcar a axenda política do Estado español. Porque nese momento a xustiza deixa de ser xustiza para ser ferramenta das clases dominantes, e a democracia queda reducida a case nada.

Os bancos cada ano multiplican os seus beneficios e os salarios dos seus directivos, mentres o noso pobo vaise empobrecendo cada vez máis, entre outros motivos por ternos obrigado a pagar multimillonarios “rescates bancarios, mentres ao unísono padecese unha tributación da banca escandalosamente reducida.

Bastou que a banca protestase 24 horas contra esta sentencia, para que o tribunal Supremo, servilmente, adopte esta cuestionable decisión.

O artigo 18 da Lei Orgánica do poder Xudicial di que “as sentencias executaranse nos seus propios termos” e “solo poderán deixarse sen efecto en virtude dos recursos previstos na Lei. Polo tanto, nin existe norma legal algunha que outorgue competencia a un pleno de Sala do Tribunal Supremo para deixar sen efecto unha sentencia firme nin o Supremo ten competencias para valorar a “repercusión” das súas sentencias: debe limitarse a aplicar estritamente a lei e deixar que sexan os poderes públicos competentes, neste caso o Poder Lexislativo ou o Executivo, quenes valoren os efectos desas sentenzas e adopten medidas políticas de entendelo necesario.

É un despropósito que dende as máis altas instancias xudiciais aléguese para xustificar esta decisión unha suposta “enorme repercusión económica”, mentres obvia que este mesmo fallo é claramente beneficioso para a maioría de persoas deste país, que deben recorrer ao crédito hipotecario para acceder a unha vivenda.

Son os mesmos bancos que teñen esquilmado a economía deste país e contribuíron a empobrecer a xente nestes últimos años agora amosan a súa capacidade para intervir ante as instancias públicas.

Dende EU apostamos por un “polo” de banca pública que impida a chantaxe que fai a banca privada. Ademais é imprescindible que, si este país quere desenrolara una política industrial coherente, que favoreza as pymes, facilite o acceso a  vivenda e poñer en marcha un novo modelo de desenrolo que reduza o paro e sexa sostible económica e ecoloxicamente, poña en marcha unha banca pública.

Somos un dos poucos países do noso entorno que non conta cunha banca pública. En Alemaña, a cota de mercado da banca pública chega a acadar o 24% e amosou a súa capacidade de financiar necesidades de investigación e internacionalización.

Ata o propio Banco Mundial, no seu informe “Repensando o papel do estado nas finanzas”, mencionaba, “o positivo papel que teñen xogado os bancos públicos en varios países durante a crisis financeira para manter o fluxo de crédito” ou “a evidencia do papel contracíclico que teñen xogado varios bancos públicos durante a crise”.

É esencial o papel que pode xogar a banca pública na atención das necesidades sociais, o desenrolo duns servicios públicos de calidade e suficientes, e a erradicación do desemprego.

Ese debe ser o obxectivo dunha banca pública que permitiría impulsar outra  política económica centrada na creación dunha estrutura económica dirixida a erradicar o paro estrutural e os desequilibrios territoriais.

Defendemos a independencia do poder xudicial, denunciamos a inxerencia dos poderes económicos, e apostamos pola creación dunha banca pública, e polo reforzamento do público como algo de todas e todas, que nos pertence e debemos defender e fortalecer.

25 de outubro de 2018 18:46


GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
25 de outubro de 2018 18:46
25 de outubro de 2018 18:49
25 de outubro de 2018 18:51

____________________

venres, outubro 19, 2018

EU Narón traballa nunha Moción para a aplicación de cláusulas sociais pola Lei de Contratación do Sector Público - Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón


EU Narón traballa nunha Moción para a aplicación de cláusulas sociais pola Lei de Contratación do Sector Público

O Concelleiro de EU Narón André Abeledo acompañado do Secretario de Organización de EU Roberto Villasuso reuníronse con Victor Ledo, Secretario Xeral de Industria de Galiza de CCOO eo responsable Comarcal de Construción e Servizos de CCOO Alejandro Bello para traballar na redacción dunha Moción para solicitar ao concello a aplicación de cláusulas sociais a hora de contratar as empresas.

Entendemos necesario:

✻ Establecer/definir o convenio colectivo sectorial de aplicación laboral de cada licitación.

✻ Pedir informes previos á adxudicación dun contrato.

✻ Establecer e reflexar sancións/penalidades nos pliegos para os incumprimentos de convenio, chegando á resolución do contrato nos casos.

✻ Cumprimento de convenio como condición pasa/non pasa.

✻ Definir en cada prego outras condicións de tipo social e medioambiental para valorar e puntuar (promover o emprego de persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral, en particular das persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social a través de Empresas de Inserción; eliminar as desigualdades entre o home e a muller en dito mercado, favorecendo a aplicación de medidas que fomenten a igualdade entre mulleres e homes no traballo; favorecer a maior participación da muller no mercado laboral e a conciliación do traballo e a vida familiar; combater o paro, en particular o xuvenil, o que afecta ás mulleres e o de larga duración; favorecer a formación no lugar de traballo; garantir a seguridade e a protección da saúde no lugar de traballo e medidas para previr a sinistralidade laboral).

 
Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón


Dende EU Narón apostamos decididamente pola creación dun espazo de confluencia de cara as eleccións Municipais.

André Abeledo indica que a unidade é unha necesidade en Narón, na Galiza, e no Estado español.

A nosa organización aposta por facer o esforzo de construír unidade popular, unha unidade baseada nun programa e nun proxecto de cidade.

O esforzo para recuperar e Municipalizar servizos básicos, a implementación de políticas sociais, a humanización da nosa cidade, deben ser o eixo dunha aposta decidida e valente polo futuro de Narón e a súa veciñanza.

Estamos convencidos de que a unidade vainos a permitir medrar e fortalecer un proxecto capaz de mudar Narón para mellor.

Nese sentido EU Narón xa comezou as reunións con ANOVA, e estamos a espera de que outras organizacións rematen os seus procesos internos para comezar os contactos. Estamos convencidos de que con xenerosidade e guiados pola responsabilidade da necesidade de traballar por mellorar a vida da cidadanía a unidade será posible.

Abeledo insiste en facer un chamamento a unidade da xente de esquerdas, das traballadoras e traballadores, a xenerosidade, ao esforzo por avanzar tendo como obxectivo traballar por construír unha cidade mellor onde vivir, pola nosa veciñanza, pola clase traballadora.

Somos unha organización que leva no seu ADN chegar a acordos que permitan avanzar, tender pontes e construír un futuro de esperanza.  

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
18 de outubro de 2018 13:12
19 de outubro de 2018 13:00

____________________

luns, setembro 24, 2018

O concelleiro André Abeledo, de Esquerda Unida de Narón, presenta unha moción a prol da biodiversidade fronte á eucaliptización


Moción EU Narón POLA DEFENSA DA BIODIVERSIDADE FRONTE Á EUCALIPTIZACIÓN

André Abeledo presentou unha "MOCIÓN POLA DEFENSA DA BIODIVERSIDADE FRONTE Á EUCALIPTIZACIÓN", na que EU Narón solicita:

- Que o de Narón se declare a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sostible da flora e a fauna autóctona da nosa terra e que se elabore unha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantacións con especies autóctonas.

- Solicitar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a inscrición do eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do estado español.

- Solicitar á Xunta de Galicia colaboración para elaborar un plan municipal de prevención de lumes con especies autóctonas como xa se está a facer noutros Concellos galegos.

- Facer cumprir con carácter urxente as distancias mínimas especificadas no anexo II da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, para:

. Afastar debidamente esta especie dos mananciais, regatos e ríos.
. Separar de calquera ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias.
. Afastar as plantacións das estradas convencionais e liñas eléctricas.
. Romper a continuidade das masas forestais de eucalipto con distancias mínimas de separación.

Abeledo insiste en que o futuro da Galiza pasa tamén pola defensa da nosa biodiversidade, a nosa fauna, a nosa flora, e por unha ordenación do territorio racional e sostible que permita deixar aos nosos fillos unha Galiza mellor.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de setembro de 2018 09:49

___________

mércores, setembro 19, 2018

Regreso desde os campamentos de Tinduf: André Abeledo acompañou aos nenos e nenas saharauís do programa 'Vacacións en Paz' como representante da colaboración que o Concello de Narón ten con SOGAPS no seu regreso ao deserto



André Abeledo acompañou aos nenos e nenas saharauís do programa “Vacacións en Paz” como representante da colaboración que o Concello de Narón ten con SOGAPS no seu regreso aos campamentos.


André Abeledo
acompañou no seu viaxe de regreso aos 77 nenas e nenos saharauís que regresaron a Tinduf logo da súa estancia na Galiza durante os meses de verán.

Abeledo entregou unha serie de agasallos institucionais a Aichetu Abba representante do pobo saharauí da Wilaya de Smara. Durante a reunión André Abeledo falou do Compromiso solidario do Concello de Narón co pobo saharauí que loita por sobrevivir nos campamento e recuperar o seu país ocupado ilegalmente por Marrocos.

Aichetu Abba agradeceu en nome do pobo saharauí o compromiso do pobo de Narón co seu pobo.

André Abeledo entende que este viaxe é unha mostra do compromiso solidario de Narón co Sáhara, o Concello de Narón vaise a comprometer ademais a participar con axuda humanitaria na “Caravana Solidaria”.

Abeledo explica a viaxe tiña dúas prioridades, a principal o coidado dos 77 nenos e nenas para que se reúnan coas súas familias, e tamén levar o compromiso solidario e a mostra de apoio encargada pola Alcaldesa de Narón Marian Ferreiro.

André Abeledo explica que merece a pena este esforzo solidario e perder catro días de salario a cambio de coñecer a realidade dos campamentos e vivir a experiencia de acompañar a estes pequenos embaixadores do pobo saharauí no seu viaxe de regreso.

Abeledo comprometeuse tamén a traballar polo irmanamento de Narón coa Wilaya de Smara, como un xeito de fortalecer os lazos co pobo saharauí e dar mais contido ao noso compromiso solidario.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
17 de setembro de 2018 01:07

___________________