Amosando publicacións coa etiqueta Iván Rivas Rico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Iván Rivas Rico. Amosar todas as publicacións

xoves, abril 25, 2019

O BNG acompañou hoxe aos traballadores e traballadoras do naval na súa mobilización para reclamar carga de traballo - Iván Rivas, ao igual que Ramón Fernández ‘Mon’, insistiron na importancia de diversificar e apostar pola construción naval civil fronte á dependencia dos encargos militares


O BNG acompañou hoxe aos traballadores e traballadoras do naval na súa mobilización para reclamar carga de traballo


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acompañou hoxe aos traballadores e traballadoras da industria principal e auxiliar na súa mobilización para reclamar carga de traballo para os asteleiros da comarca.

O BNG quixo poñer de relevo a hipocresía das diferentes organizacións estatais que avalan plans industriais que implican un novo proceso de restructuración e xustifican o confinamento da construción naval pública ao nicho do sector militar. Para O BNG a visita pantasma no día de hoxe do candidato de Podemos non é máis cunha proba disto.

O candidato á alcaldía de Ferrol, Iván Rivas e o candidato nº3 ao Congreso pola provincia da Coruña, Ramón Fernández ‘Mon’, compareceron ante os medios antes de partir coa manifestación até a ponte das Pías para denunciar o desprezo e as mentiras que leva soportando o naval ferrolán nas últimas décadas. “A falta de carga de traballo é unha condea que levamos padecendo ao longo dos 40 últimos anos, sometidos a engano tras engano, constante e permanente. O último ten que ver cun plan industrial que vai a provocar un novo proceso de reestruturación no principal sector produtivo da cidade”, indicou Iván Rivas.

Unha reestructuración inminente. Xa se están a producir amortizacións de postos de traballo. Xente que está a saír prexubilada que non volverá á empresa mentres non hai prevista ningunha nova incorporación aos centros de Ferrol e Fene. “Puxéronnos a cenoira das F110 diante pra xustificar o desmantelamento do estaleiros en Ferrol a través dun Plan Industrial que como mínimo supón unha reducción do 25% do plantel avalado polo actual Alcalde, o candidato do PP o Sr. Rey Varela e o candidato do PSOE, o Sr. Angel Mato”, sinalou o candidato nacionalista.

Desde o BNG lembran que os acordos asinados pola empresa implican unha reposición xenérica como máximo do 75% dos postos e por tanto a empresa incorporará ao persoal que precise onde teña carga de traballo. É decir, amortizaremos postos de traballo en Ferrol que se recuperarán no Sur co aval das organizacións políticas na cidade. “É intolerable que se nos viñese aquí a vender a idea de que había que construír unhas corvetas para Arabia Saudí porque había que darlle carga de traballo a uns esteleiros que están absolutamente parados e que demostra que Cádiz conta con tres alcaldes: o de Cádiz, o alcalde de Ferrol e o ex alcalde de Ferrol, o señor Rey Varela, que tamén nos veu aquí a contar que era fundamental contratar as corvetas para Cádiz e que aquí non vamos a ver nin en pintura”, sentenciou o voceiro do BNG.

Rivas, ao igual que Fernández ‘Mon’, insistiron na importancia de diversificar e apostar pola construción naval civil fronte á dependencia dos encargos militares. “Se isto non se asume como un obxectivo prioritario, a única saída que ten esta comarca é quedar confinada a un gueto coma a construción militar e a verse convertida nunha especie de taller de reparacións e ao servizo do Ministerio de Defensa”, apuntou Rivas. “Deberiamos tomar nota do que está acontecendo no resto de Europa e apostar pola innovación, a investigación e o desenvolvemento, para competir sen restricións de carácter político”, engadiu Ramón Fernández ‘Mon’. “A sociedade galega, a sociedade da comarca de Ferrol, debe tomar nota. Veñen aí as eleccións xerais e nós precisamos como auga de maio ter representación política no congreso dos deputados para pesar alí onde se toman as decisións”, sentenciou o candidato ao Congreso.

Ferrol, 25 de abril, 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

#AgoraGaliza
#AgoraBNG

#Ferrol



Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
25 de abril de 2019 14:59
_______________

sábado, abril 20, 2019

Nestor Rego e Ana Pontón estarán este luns 22 de abril no Acto Central do BNG en Ferrol, evento no que tamén interviran Ramón Fernández (Mon) e Iván Rivas candidato á Alcaldía de Ferrol, ás 8 da tarde no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol (antigo Hospital de Caridade)


O vindeiro luns 22 de abril  ás 20:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol (antigo Hospital de Caridade) o BNG vai desenvolver o acto central da campaña das eleccións xerais, na cidade.

Neste acto intervirán: Ramón Fernández "Mon", candidato nº3 ao Congreso, Iván Rivas, candidato a alcaldía de Ferrol,  Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e o candidato nº1 ao Congreso, Néstor Rego.


https://youtu.be/Sfong-R3BMA

Primeira intervención de Néstor Rego no Debate organizado pola TVG: "Se 10 segundos de silencio lles pareceron unha enternidade, pensade nos tres anos de Galiza sen voz propia en Madrid." [16 de Abril de 2019 (14:32 h.)]


https://youtu.be/TkaF2EdL3LY

Minuto final de Néstor Rego: "Neste país non hai nada máis revolucionario que confiar en nós mesmos, non hai maior rebeldía que apostar por unha forza propia como o BNG. Confíen en Galiza. Confíen no BNG". [16 de Abril de 2019 (14:33 h.)]

Se queres ver o debate completo: Ir á Web.

Nestor Rego na Galipedia.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

#AgoraGaliza
#AgoraBNG

#Ferrol

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
20 de abril de 2019 13:00

____________

Iván Rivas esixe a Jorge Suárez que deixe de facer de cobrador do frac de Emafesa


Iván Rivas esixe a Jorge Suárez que deixe de facer de cobrador do frac de Emafesa


O voceiro do BNG de Ferrol, Iván Rivas, esíxelle a Jorge Suárez que deixe de facer de cobrador do frac de Emafesa. Lémbralle que estamos neste lío porque FeC e PP pactaron facerse cargo da depuradora mentres os veciños e veciñas protestan a diario polos abusos da taxa.

Así o afirma Rivas en relación á proposta de requirimento do Concello de Ferrol para o abono de case 1,4 millóns de euros, cantidade en que se cifra o custe do servizo de saneamento prestado ao Concello naronés dende 2017, e que FeC pretende someter a aprobación no pleno de fin de mes. “As administracións públicas deben estar ao servizo dos veciños e das veciñas e non que se poñan de acordo para defender os intereses da parte privada dunha empresa ante a cal Jorge Suárez está actuar coma o seu delegado”, afirma o voceiro nacionalista.

O BNG denuncia que o Goberno Municipal está a actuar como representante dunha transnacional, que o está a empregar como unha especie de cobrador do frac para pedirlle unha débeda á Narón que, en todo caso, terán que resolver entre eles. “O que lle reclame Emafesa ao Concello de Narón, será un problema do Concello de Narón. Levar esta proposta ao pleno de maneira acrítica implica que o goberno de FeC avala os custes totais que Emafesa lle está a impoñer ós veciños e veciñas de Ferrol. Trátase dun feito inadmisible e inasumible non só para o Bloque Nacionalista Galego senón para o conxunto de veciñas e veciños desta cidade”, remachou Rivas.

Para o BNG é lamentable ver como os gobernos locais actuais e pasados de Ferrol e Narón, no canto de poñerse de acordo para rematar co despropósito dun modelo de saneamento insostible económica e medioambientalmente exixindo responsabilidades ao Estado, propietario da infraestrutura, discuten por decidir a que empresa lle entregan a xestión do servizo e como lle cobran aos veciños e veciñas o custe do disparate deste sistema de depuración pensado para dar beneficio exclusivamente ás empresas construtoras e concesionarias do servizo.

Ferrol, 20 de abril, 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

#AgoraGaliza
#AgoraBNG

#Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol

-bngferrol@gmail.com-
20 de abril de 2019 12:56
______________

mércores, abril 17, 2019

De Santa Mariña á Meca, ... Por Iván Rivas Rico


Por Iván Rivas Rico [*]
17.04.2019


Días atrás reunímonos coa subdelegación do goberno respecto ao desplome do talude de Santa Mariña, propiedade do ADIF e que este se nega a reparar.

O goberno do Estado asegurou que nada podía facer, que non era un problema político pese a tratarse dunha empresa pública dirixida por un cargo político.

Mentres o Tribunal de Contas Europeo asegura que o ADIF dispuxo dunha inxente cantidade de cartos para as obras da alta velocidade e que a súa distribución estivo politizada.

A CNMC sanciona con 118 millóns de euros a 15 empresas por amañar contratos durante 14 anos. O Tribunal de Contas atopa máis de 7.000 millóns de euros en sobrecustes das obras. 

E a Fiscalía Anticorrupción investiga subornos a funcionarios e mordidas na adxudicación destes contratos millonarios, como o do AVE á Meca.

Pero non se preocupen que unha empresa pública como o ADIF que manexa miles de millóns de euros, con amaños, sobrecustes, fraude e subornos polo medio e co horizonte da privatización á vista que aquí significará o desmantelamento non é un problema político.

E nós algo máis teremos que facer que unha foto montando en bicicleta.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Vai ser cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019.| No buscador libre: DuckDuckGo. BNG - Ferrol: Web | Facebook | Twitter.

Artigos de Ivan Rivas no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
17 de abril de 2019 08:20

__________

venres, abril 12, 2019

Néstor Rego, candidato ao congreso polo BNG, comprométese en Ferrol a reclamar no Congreso que Defensa pague os impostos na cidade - Avoga por derrubar a muralla e abrir Ferrol ao mar - Rego apostou por incorporar de maneira decidida 'a construción naval civil' en Navantia evitando a 'dependencia permanente de decisións militares'r


Néstor Rego comprométese en Ferrol a reclamar no Congreso que Defensa pague os impostos na cidade. | Avoga por derrubar a muralla e abrir Ferrol ao mar. | O candidato á Alcaldía, Iván Rivas  denuncia que a dependencia de Ferrol ao estado leva ao concello ao suicidio urbanístico, económico e social.

O candidato do BNG, Néstor Rego comprometeuse hoxe en Ferrol a reclamar no Congreso que o Ministerio de Defensa pague os impostos na cidade. Rego afirmou que o Ministerio de Defensa debe cumprir “igual que todas as persoas, empresas e institucións coas súa obrigas tributarias co concello de Ferrol”.

Nun encontro co portavoz municipal e candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, Néstor Rego recalcou que a limitación de ingresos lastra a operatividade do concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa non pode “condicionar o desenvolvemento urbanístico cunha ocupación do 20% do espazo urbano de Ferrol”.

Por outra parte, tamén se referiu a muralla que impide que Ferrol poida “abrise ao mar” e dende o BNG, dixo, avogamos por derrubar a muralla e esa  será unha exixencia que tamén defenderemos no Congreso, avanzou.

Dende o punto de vista económico, Rego apostou por incorporar de maneira decidida “a construción naval civil” en Navantia evitando a “dependencia permanente de decisións militares”. Para o candidato do BNG ao Congreso, unha institución pública como o Ministerio de Defensa non pode entrar en operacións de tipo “urbanístico especulativo e debe facilitar xunto a  administración local, unha dinámica para o desenvolvemento urbano” que favoreza os intereses socias para alén, por outro lado  de “seguir engordando a burbulla inmobiliaria” porque  dada a dinámica demográfica de Ferrol “carece de sentido”.

O noso compromiso no Congreso dos deputados será, en colaboración co BNG de Ferrol e institucións da cidade e comarca, “defender os intereses de Ferrol e buscar alternativas aos seus problemas", concluíu.

FERROL NON PODE SEGUIR CONDICIONADO POLO ESTADO


Pola súa parte, o candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas explicou que a relación do Estado coa cidade de Ferrol é transcendental porque condiciona o seu desenvolvemento “urbanístico” cun convenio pendente hai máis de vinte anos grazas á “complicidade” dos goberno locais  sobre a propiedades que posúe o  Estado no concello e que “non son poucas”.

Rivas, na liña de Néstor Rego, reiterou que o Ministerio de Defensa condiciona o ámbito económico a través da ocupación pola que o estado non compensa aos veciños e veciñas. Ademais, dixo, temos o condicionamento dunha empresa pública, Navantia, controlada polo Ministerio e que na actualidade depende de que “un almirante” decida que as F110 inicien o camiño da súa execución. Rivas denunciou as diferentes reestruturacións coa conivencia das forzas políticas do concello que dende hai anos, explicou non mostraron interese por mudar a situación. É fundamental, a presenza do BNG no Congreso para visibilizar a dependencia do concello co estado que está levando a Ferrol ao seu “suicidio urbano, económico e social.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
12 de abril de 2019 18:48

________

sábado, abril 06, 2019

Eles comen todo, e non deixan nada (por agora...), ... Por Iván Rivas Rico


Por Iván Rivas [*]
06.04.2019


Desde 2007 pasaron moitas cousas na economía ferrolá. Mudaron a constitución, aprobaron a Lei de Estabilidade e obrigaron aos concellos a aforrar para pagar os pratos rotos. Había que mercar a débeda privada dos bancos. Para iso precisaban cartos: Decidiron subir os impostos e reducir o gasto público. Ademais, tiñan que alimentar ás insaciables transnacionais e así comezou unha nova vaga de privatizacións. O novo marco legal puxo aos concellos diante dun dilema : deixarse levar ou aplicar políticas alternativas? En Ferrol, o PP en 2011 e FeC en 2015 escolleron a 1a opción:

O AUSTERICIDIO ECONÓMICO

1. REDUCIR O GASTO PÚBLICO. PP e FeC deixaron de gastar millóns de euros na cidade ao longo destes 8 anos. En 2013 o PP deixou de gastar 10M.€ dos orzamentos municipais. En 2017 FeC deixou de gastar 16M.€ E o máis grave é que a Lei de estabilidade obriga a destinar o diñeiro que se aforra cada ano a pagar aos bancos.

2. AFORRAR PAR PAGAR AOS BANCOS. Para PP e FeC reducir a débeda municipal foi o seu gran mérito económico. Ferrol derrúbase pola falla de investimentos pero para o PP e FeC o prioritario foi rebaixar a débeda municipal.

3. SUBIR OS TRIBUTOS. Desde 2011 até hoxe os ferroláns pagan máis taxas e impostos. Pese á drástica redución de investimentos e dos servizos públicos incrementouse a presión fiscal sobre a xente con novas taxas e con subidas das existentes. FeC no seu mandato consolidou ás subidas do mandato anterior do PP.

4. PRIVATIZAR. PP e FeC privatizaron os servizos municipais. A xestión dos centros culturais, a conservación de viais, o mantemento de zonas verdes ou o subministro eléctrico son servizos privatizados que remataron os seus contratos ao longo destes 4 anos e que se volveron a concesionar.

5. POLÍTICA CLIENTELAR. PP e FeC destinaron máis de 1,5M. € ao ano en dar subvencións “a dedo”. O diñeiro ao que as asociacións poden optar a través de convocatorias públicas en igualdade de oportunidades é ridículo en comparación co que FeC e PP destinaron a dar subvencións nominais a quen lles pareceu.

E aínda pensas que é mellor que todo siga igual?
SUPERAVIT CERO. As restricións xa son moitas. Non podemos permitirnos deixar de gastar un so euro na cidade.

+ EMPREGO + SERVIZOS. Os servizos privados que rematen o seu contrato prestaranse directamente polo concello.

A XENTE POR DIANTE. Os cartos dos ferroláns son para gastar nos ferroláns, non para pagar aos bancos.

EQUIDADE. O diñeiro público é de tod@s, e tod@s temos que ter as mesmas oportunidades para acceder a el.

Se queres resultados diferentes, non fagas sempre o mesmo.

Publicado o 2 de abril de 2019 |  http://ferrol.bng.gal/

Facebook | Twitter.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Vai ser cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019. Ten conta no facebook: https://www.facebook.com/ivan.rivasrico .

Artigos de Ivan Rivas no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
4 de abril de 2019 12:20

___________

xoves, febreiro 07, 2019

O BNG pide que Navantía Ferrol evite o monocultivo militar e aposte tamén pola construción civil - Ana Pontón reclama a Feixóo que defenda ao sector: 'Que non veña de Miami con nova foguetería electoral como pasou con PEMEX' - Rivas denuncia a falta de apoio do concello ao naval de Ferrolterra, que contrapón co papel político do goberno local de Cádiz o seu estaleiro


Tivo lugar unha rolda de prensa do BNG este mércores, 6 de febreiro de 2019, en ferrol, coa presencia de Ana Pontón e Iván Rivas.

O BNG defende un sector naval con futuro en Ferrol e comarca, e para iso propón que se aproveite todo o potencial dos estaleiros de Navantia sen limitarse á actividade militar, senón apostando tamén polo mercado civil e de reparacións.

Queremos un sector naval con futuro que non sexa dependente da construción militar porque sería irresponsable renunciar a todo o potencial do sector”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, “noutras palabras, defendemos un naval que tamén aposte pola construción civil, polo desenvolvemento tecnolóxico e pola I+D+i”.

Para sacar adiante esta aposta de país só fai falta “vontade política”, como en Cádiz, que a día de hoxe ten carga de traballo civil. “Se é posible en Cádiz tamén ten que ser posible en Ferrol, e non imos aceptar vetos encubertos á capacidade produtiva deste país”, recalcou a dirixente do Bloque, “pero para iso a Xunta ten que implicarse e gobernar”.

Entre outras cuestións, Pontón instou ao presidente da Xunta a cumprir a Lei de Fomento do naval en vigor desde hai nove anos que, entre outras cuestións, incluía a participación do Goberno galego no consello de administración de Navantia “para poder participar na toma de decisións nun sector estratéxico”.

De feito, Pontón denunciou que está en risco a posibilidade de que se constrúa un ferry por encargo do estaleiro Barreras, que pretendía derivar a Ferrol unha parte da súa carga de traballo: “Parece que se queren poñer problemas para conseguir máis carga de traballo”. A isto súmase que tras o publicitado contrato das F-110, o inicio efectivo da construción se aprace ao 2021 e só cunha fragata. “Fainos temer que a carga de traballo sexa moi inferior a que se anunciou”, advirte.

A líder do Bloque denunciou o incumprimento sistematico con Ferrol, “como o famoso centro de reparacións prometido por Feixóo fai case unha década e do que nada se soubo”, síntoma do “desleixo” do Executivo do PP “que non quere aproveitar o potencial da construción naval en Galiza”.

O que non é de recibo e que, de novo ás portas dun proceso electoral, veñan vendernos moito fume que veremos en que queda”, indicou en relación ás F-110, tras lembrar anteriores anuncios en véspera de citas coas urnas que quedaron en nada.

Feixóo vendeunos o suposto contrato con PEMEX como a salvación do sector naval galego pero que quedou reducido á mínima expresión,e esperamos que agora que está de novo nas Américas non nos volva traer de Miami un novo contrato que acabe sendo foguetería electoral”, ironizou.

Pontón avanzou que o BNG vai levar ao Parlamento unha batería de iniciativas a favor do sector naval de Ferrolterra, como a creación dun centro tecnolóxico do sector naval, “capaz de establecer sinerxías entre empresas, administración e universidade”, e reclamar o cumprimento da Lei de fomento do naval.

Tomadura de pelo


Pola súa parte o portavoz municipal e candidato á Alcaldía, Iván Rivas, cualificou de “tomadura de pelo” o plan estratéxico de Navantía porque suporá unha menor actividade. Rivas dixo “sentir vergoña allea” polo papel xogado por responsables políticos das forzas estatais aplaudindo un plan que implicará un 25% de despedimentos e o incremento das subcontratacións.

Lonxe de potenciar o sector naval de Ferrolterra, “a pretensión é converter Navantia nunha mera marca”, denunciou, “xogan con esta cidade embaucando con ideas como a do estaleiro 4.0 e presentando un plan que consiste en botar traballadores á rúa”.

O portavoz municipal advertiu que o obxectivo é “desmantelar o principal sector produtivo da cidade”, a diferencia do que se está a facer noutras partes do Estado. Neste sentido, parabenizou ao sector naval gaditano “por ter do seu lado ao seu alcalde e ao goberno local”, nas antípodas do que sucede en Ferrol onde prima “a submisión dos responsables políticos das forzas estatais” ante unha nova reestruturación do naval.

Ferrol: Web | Facebook | Twitter.
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
06 de janeiro de 2019 20:15

________________