Amosando publicacións coa etiqueta O Recuncho. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Recuncho. Amosar todas as publicacións

martes, abril 26, 2011

Hoxe Martes, 26 de Abril, emite-se un novo programa do Recuncho en Rádio Filispim no 93.9 da FM


Martes 26 de Abril de 2011, ás 18,30 hs. no 93.9 da FM
En Rádio Filispim

"O Recuncho" Edición nº 44

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Falaremos telefónicamente Karlotti, o cal nos falará da nova edición da semana da Poesía Salvaxe a cal comezará o mércores 27 de Abril.
  • Tamén telefónicamente teremos a poetisa Eva Veiga.Falaranos do seu libro, “A Frecha Azul do Teixo”.
  • Na sección poética levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza: o poeta portugués Fernando Pessoa.
  • Recordaremos a Revoluçäo dos Cravos portuguesa.
  • Coma de cotiá: " O espertar da razón" levado por José Torregrosa.

--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM
Todos os programas en : www.recunchofuco.blogspot.com
Visita a nosa web: www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
25 de abril de 2011 22:20
__

luns, abril 11, 2011

O Recuncho, agora en directo todos os martes en Rádio Filispim no 93.9 da FM


O Recuncho edición nº 43

Programa de radio de Fuco Buxán A.C. no 93.9 da FM, en Radio Filispim.

O Recuncho desde a edición nº 40 estreou novo formato e novo horario, agora emite-se en directo durante unha hora, todas as semanas, os Martes de 18:30 a 19:30 horas.

Este Martes, 12 de Abril de 2011, ás 18,30 hs, en 93,9 FM, terá lugar unha nova edición

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  •  Falaremos telefónicamente con Susana Alaniz, uruguaia afincada en Ferrol e directiva de Fuco Buxán a cal nos falará da lei de caducidade.
  • Se o tempo nolo permite recuperaremos a obra teatral radiofónica: “Panchiño e a peste bubónica en África do Sul”.emitida neste espazo hai dous anos.
  • Na sección poética levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza: o poeta portugués Al Berto.
  • Coma de cotiá: "O espertar da razón" levado por José Torregrosa. Nesta ocasión falaranos da representación de “Luces de Bohemia” de Valle Inclán.
  • Ciclo : Ferrol Recuperando a Memoria.

Tlf de Rádio Filispim:
981371040

Tódolos programas d'O Recuncho en:
www.recunchofuco.blogspot.com

Visita a nosa web:
www.fucobuxan.com

Últimas publicacións na web:
  • Ferrol Recuperando a Memoria
  • Uruguay: Ahora Sí, Justicia !!
  • Medalla de Ouro Belas Artes a Marcos Ana
  • Cea aniversario II República

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
11 de abril de 2011 00:13
__________________

sábado, febreiro 05, 2011

O Recuncho en Rádio FilispiM, hoxe Sábado 5 de Febreiro, interesantes entrevistas con Yolanda Díaz, Sari Alabau, Enrique Barrera, Alberto Leira, ... e as seccións habituais con Jose Torregrosa e Lorena Calaza


Hoxe sábado 5 de Febreiro edición nº 38 de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán. Coma sempre, de 11 a 13 horas, no 93.9 da FM, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Falaremos con Yolanda Díaz, acerca do barapalo sufrido pola cidadanía coa reforma das pensións, a cal alonxa a xubilación cara os 67 anos.
  • Falaremos telefónicamente con Mariana, ex alumna do Colexio Estudio, centro que durante o franquismo mantivo ideales democráticos nas súas aulas, herdados da Institución Libre de Enseñanza.
  • Sari Alabau contará aos oíntes do Recuncho os motivos polo que nos colexios públicos de Ferrol nos se están a desenvolver as actividades extraescolares.
  • No estudo de Radio Filispim: Con Enrique Barrera, profesor de secundaria, e Alberto Leira, profesor universitario falaremos do sistema educativo español.
  • Coma de cotiá a secións de Jose Torregrosa, "O despertar da razón", na cal recordará a figura de Carmelo Teixeiro no aniversario da súa morte.
  • Na sección poética levada por Lorena Calaza: Ricardo Carvallho Calero.

Podedes participar en directo chamando ao telefono de Rádio Filispim:

 981371040 

Tódolos programas en:
www.recunchofuco.blogspot.com

"O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, no 93.9 da FM, emitese en directo os sábados de 11:00hs a 13hrs e repitese en diferido os  Mércores, de 15:00hs a 17:00hs e Domingos, de 20:00hs a 22:00hs.

Blogue do Programa:
www.recunchofuco.blogspot.com
______________

Quen son?

O Recuncho é un programa da Asociación Cultural "Fuco Buxán", realizado polos compañeiros Miguel Castro, María Teresa Martínez Vilariño, José Torregrosa e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

________________________

xoves, xaneiro 27, 2011

"O Recuncho" de Radio Filispim, tratou a convocatoria de Folga Xeral do 27X


O pasado Sábado, 22 de Xaneiro de 2011, no programa "O Recuncho" da A.C. Fuco Buxán, que se emite en directo na Rádio Filispim, no 93.9 da FM, para toda a Comarca de Trasancos, desde as 11 da mañá, tiveron lugar importantes entrevistas e moitos contidos de interese, destacando, polo día no que estamos, os asuntos relacionados coa convocatoria de Folga Xeral para hoxe 27 de Xaneiro de 2010.

No estudo de Radio Filispim estivo, Xaquín García Sinde, da corriente marxista “El Militante” e do sector crítico de CCOO, analizou a Crise do Capitalismo que vivimos e falou sobre a convocatoria de Folga Xeral.

Iago Montes faou, en directo, da presentación dun documental acerca da explotación de Andalucita que quérese facer en Pico Vello, nas fontes do Belelle e perto das Fragas do Eume. O curso-documental foi realido por Acsur en colaboración de Fuco Buxán.

Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”.

Entrevistaron, en directo, a Luis Montes, licenciado en Medicina o cal  falou da necesidade da morte digna e da despenalización da Eutanasia. Proximamente este comprometido médico e activista social, vai visitar Ferrol, convidado por Fuco Buxán A.C.

Coma sempre, sección poética levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza en torno a figura e obra de Francisco Brines.



Descargar o audio

http://recunchofuco.blogspot.com/
________________

martes, xaneiro 04, 2011

Programa especial d'O Recuncho, este Mércores 5 de Xaneiro, de 3 a 5 da Tarde, en Rádio Filispim, no 93.9 da FM

Excepcionalmente o programa radiofónico nº 36 "O Recuncho" de Fuco Buxán AC, realizara-se en directo este Mércores 5 de Xaneiro de 2011, entre as 3 e as 5 da Tarde, en Rádio Filispim, no 93.9 da FM.


O mércores 5 de Xaneiro de 2011, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Excepcionalmente, de 15 a 17 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Rocío, do Foro Galego da Inmigración estivo reunida coa directiva de Fuco Buxán. Estivonos falando dos aumentos de casos de xenofobia e racismo, aparecidas a partires do estoupido da crise.
  • Entrevistaremos a Mari Morado, presidenta do Grupo Diversidade Funcional de Ferrol, a cal preguntarémoslle dos principias obstáculos que se atopa este colectivo de persoas na nosa cidade.
  • Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección O espertar da razón: “Poetas presos, presos de agora”.
  • No estudo de Radio Filispim: Eliseo Fernández Fernández. Historiador e membro do Ateneo Libertario. Con Eliseo falaremos de Anarquismo e movemento obreiro.
Na sección poética levada por Lorena Calaza: O poeta Andrés Neuman.

Tódolos programas en
www.recunchofuco.blogspot.com

Tlf do programa 981371040

Mail : opafuco@gmail.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
4 de janeiro de 2011 16:56
_______________

mércores, decembro 15, 2010

Este sábado 18 de Decembro de 2010, entre as 11 e as 13 horas, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Rádio Filispim no 93.9 fm

[Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.
- Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.]

O Recuncho nº 35

Este sábado 18 de Decembro, nova edición de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Coma sempre, de 11 a 13 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Especial música: Enrique Morente.
  • Coñeceremos unha das revolucións aparecidas a partires de Internet: O Couch Surfing, nova forma de viaxar que xa conta con millóns de usuarios en todo o mundo. Falaremos cun usuario deste servizo.
  • Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”.
  • No estudo de Radio Filispim: Karlotty, Guillermo Ferrández, Lorena Calaza, José Torregrosa, Pedro Ferrández e Fernando Ocampo cun especial poesía que leva de título: “A poesía é unha arma cargada de presente” .
  • Escoitaremos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán acerca dos últimos acontecementos no Sáhara. Escoitaremos a: Julián Delgado Aguado autor do libro “Morer polo Sáhara” e a Santiago Jiménez, Catedrático de Geografía e Historia da Universidade de Santiago.

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Tódolos programas en:
www.recunchofuco.blogspot.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Miguel Castro Serantes
-opafuco@gmail.com-
15 de dezembro de 2010 13:43
_________________________

venres, maio 14, 2010

Novo Programa "O Recuncho", este Sábado 15 de Maio, no 93.9 da FM en Rádio Filispim



Sábado 15: O Recuncho nº 30 en 93.9 FM

Sábado 15 de Maio, nova edición de O Recuncho.
O programa radiofónico de “Fuco Buxán”, de 11 a 13 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Do 22 ao 27 de marzo deste ano 2010, estiveron en Ferrol dúas antropólogas catalás – Susana Narotzky e Irene Sabaté . Continuamos escoitando a entrevista que tivemos dende O Recuncho. Esta vez, fálannos do Plan Bolonia.
  • Na sección poética, esta vez levada por Helga Méndez dende o estudo, directora de Bartoleta Teatro, especial Uxío Novoneira.
  • Nuria Fernández Brage, directiva de Fuco Buxán, falaranos do caso “Pico Vello”.
  • Xuizo aos mariscadores que intentaron deter o paso dun gaseiro no ano 2007.
  • Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”. Falaranos da figura de Tino Deibe.
Tódolos programas en www.recunchofuco.blogspot.com

Outros actos:
  • Venres 14, ás 17 h. Cemiterio de Catabois. Homenaxe a Tino Deibe.
  • Venres 14, ás 19 h. Centro C. "Torrente Ballester" Visita guiada a exposición de Suso Basterrechea.
  • Sábado 15, "Roteiro a Pico Vello", en defensa das Fragas do Eume.
  • Sábado 15, ás 18 h. Concentración unitaria pola lingua, na Praza Rosalia de Castro de Ferrol.
  • Sábado 15, ás 20,30 - Teatro Jofre. "as Letras Galegas 2010. Acto Cidadán".
  • Lúns 17, ás 12 h. Alameda de Compostela. Manifestación en defensa da Língua.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
13 de maio de 2010 16:52
___________________

Enlaces relacionados:






________________________

mércores, febreiro 24, 2010

Este sábado 27 de Febreiro de 2010, entre as 11 e as 13 horas, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Radio Filispim no 93.9 fm

[Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.
- Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.]

O Recuncho nº 26

Estimad@s compañeir@s, este sábado 27 de Febreiro de 11 a 13 horas, nova edición de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Radio Filispim no 93.9 fm.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • En directo, no estudo, Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG.
  • Tamén no estudo María Castro, recén chegada de Honduras a cal nos falará do documental que vai presentar na nosa cidade o martes 2 de marzo “ Honduras: La batalla por la dignidad ".
  • Xunto a María, vía telefónica, Alicia Valverde, hondureña gran coñecedora da realidade social do seu país.
  • Tratamento especial das novas acontecidas en torno a planta de gas de Reganosa.
  • Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, Bernardino Graña.
  • José Torregrosa coa súa sección “O Despertar da Razón” traeranos: A escola, unha fiestra cara o mundo.
  • Especial El accidente de Chernóbil.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Tódolos programas en:
www.recunchofuco.blogspot.com
--
"O recuncho", o programa  da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Micki
-ser_tb_algo_mas@yahoo.es-
24 de fevereiro de 2010 20:30
____________________

xoves, febreiro 11, 2010

Este sábado 13 de Febreiro de 2010, entre as 11 e as 13 horas, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Radio Filispim no 93.9 fm

[Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.
- Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.]

O Recuncho nº 25

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Entrevista a Moncho Aboal, secretario do equipo de fútbol base Rácing de San Pedro. O cal nos falará dos problemas que ten o deporte aficionado na nosa comarca.
  • Escoitaremos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán de Gaspar Llamazares, presentando o libro “Al rojo vivo”.
  • En directo, no estudo     Nieves Monteiro Vargas  e María Teresa Vilariño Lorenzo  as cales nos falarán do traballo que estase a realizar no taller de promoción da Muller de Caranza e dos problemas que se atopa a poboación de etnia xitana na nosa comarca.
  • María Castro, dende Honduras, daranos as últimas novas dos acontecementos que están tendo lugar dende o proceso golpista.
  • Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, escoitaremos poemas de  Bertol Bretch.
  • José Torregrosa  coa súa sección “O Despertar da Razón” traeranos: “ A morte do poeta”.

Tódolos programas en:
www.recunchofuco.blogspot.com
--
"O recuncho", o programa  da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Micki
-ser_tb_algo_mas@yahoo.es-
10 de fevereiro de 2010 22:07

________________

xoves, xaneiro 28, 2010

Este sábado 30 de xaneiro de 11 a 13 horas: unha nova edición do programa radiofónico "O Recuncho" no 93.9 da FM - Rádio Filispim



Sábado 30: Prog. radio O Recuncho nº 24

Este sábado 30 de xaneiro de 11 a 13 horas "O Recuncho", o programa radiofónico nº 24 da Asociación Cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM, cos seguintes contidos:

  • En directo con Delfina Bañobre, directora do CPI Atios e portavoz comarcal da plataforma "Queremos Galego".

  • Ante a proposta de regulación de emprego na empresa Megasa, falaremos cun portavoz da empresa o cal nos expresará a nova situación na que se encontran os traballadores.

  • Desde o estudo de Radio Filspim, Antonio García Jiménez, médico da UCI do Hospital Arquitecto Marcide que falará da súa profesión e das diferentes visións desde onde abordala.

  • O historiador Enrique Barrera contaranos a historia de Amada García, mugardesa fusilada no castelo de San Felipe en 1938 xunto con outras sete persoas.

  • José Torregrosa, coa súa sección "O despertar da razón", fará referencia a Homenaxe a Cuco Ruíz de Cortázar.

  • Sección poética : Rosalía de Castro.

Podes escoitar tódolos programas emitidos en:
www.recunchofuco.blogspot.com


--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
28 de janeiro de 2010 11:38
________________________

venres, xaneiro 15, 2010

Despois das vacacións do nadal, volve O Recuncho, o programa (nº 23) da Asociación Cultural Fuco Buxán en Radio Filispim (93.9 fm)



.
Sábado 16 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio FilispiM, 93.9 FM

Cos seguintes contidos:
  • Entrevista en directo a Jordi Pedret, Deputado do PSC e Vicepresidente da ONG “ACSUR- Las Segovias”.

  • No estudo de Rádio FilispiM: o compañeiro Nes, membro de Adega, Massa Crítica e Mercadiño de Troco o cal nos falará de ecoloxismo e do traballo que están a facer estas organizacións.

  • Entrevista telefónica con Esmérita Ramírez, actriz cubana que nos falará do movemento cultural actual na illa e recitará uns poemas.

  • Coma de cotiá a sección de José Torregrosa: " O despertar da razón"

  • Na sección poética: José Martí.
"O recuncho", o programa  da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM
Tódolos programas en www.recunchofuco.blogspot.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_____________________________

sábado, outubro 17, 2009

Este Sábado 17 de Outubro sintoniza o programa radiofónico "O Recuncho", de Fuco Buxán, no 93.9 da FM en Rádio Filispim


O sábado 17 de Outubro, de 11 a 13 horas en Radio Filispim (93.9 FM) novo espazo de “O Recuncho”, o programa da asociación cultural “Fuco Buxán”.

 No programa nº 18 trataremos os seguintes contidos:

  • Especial golpe de estado en Honduras: Teremos no Recuncho as verbas de Erasto Reyes, sindicalista, avogado e dirixente da fronte nacional contra o golpe de estado en Honduras, o cal estará o venres 16 de Outubro, ás 18.30 na galería Sargadelos.

    Tamén falaremos vía telefónica, directamente dende Honduras a María Castro, ferrolana que leva traballando dous anos en Honduras e que está a vivir dende o comezo o gole de estado.
  • Unha treintena de mestres pasaron dous días nas instalacións da escola de idiomas de Ferrol, en protesta polos recortes de plantilla previstas pola concellería de educación. Falaremos en directo con María Vilaverde, voceira dos mestres da escola de idiomas as reivindicacións.
  • O sábado 17, mentres se emite O Recuncho hai convocada a manifestación en Vigo de " Pobreza Cero". Falaremos en directo con Nuria Fernández, a cal é integrante da Rede Social Ferrolterra, a cal organizou os actos da campaña en Ferrol, falaremos con ela  dende a mesma manifestación.
  • Un programa máis, o espazo de Iago Montes: "Os menoss media" e comezaremos un novo espazo levado por José Torregrosa, director da revista de Fuco Buxán chamado "O despertar da razón".
No apartado poético: Antonio Machado

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho
--
"O recuncho", o programa  da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

Podes escoitar a repetición dos programas os domingos de 19 a 21 horas e os mércores de 15 a 17 horas ou na nosa web:

www.recunchofuco.blogspot.com


fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de outubro de 2009 09:57

_____________________

sábado, maio 23, 2009

Este Sábado 23 de Maio, no 93.9 da FM O Recuncho nº 16

Moi boas a tod@s, o sábado 23 de Maio, novo Recuncho de 11 a 13 horas en Radio Filispim (93.9 fm)

Neste novo Recuncho trataremos os seguintes temas:
  • Falaremos con Manuel Rodríguez Carballeira, Lalán, coordinador do comité cidadá de emerxencia o cal nos falará dos últimos sucesos acontecidos relacionados coa planta de gas de Reganosa.
  • Conferencia de José Roberto Morales, do Centro para a Acción Legal en Dereitos Humanos (CALDH) de Guatemala e María Eugenia Díaz Coordinadora do Programa da Muller CALDH
  • Falaremos con Carlos Outeiro, é o responsavel de A Mesa pola Normalización Lingüistica en Ferrol.
  • Tamén trataremos as novas da Marcha Mundial Das Mulleres con Ánxela, integrante desta organización.
  • No apartado poético: Mario Benedetti.
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

www.recunchofuco.blogspot.com

Enviado por:
Iago Montes Martínez
-opafuco@gmail.com-
22 de maio de 2009 18:44

___________________

venres, maio 01, 2009

Sábado 2 de Maio: Programa de radio "O Recuncho" nº 15 en "Radio Filispim" no 93.9 da FM

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
1 de maio de 2009 22:26


Sábado 2 de Maio de 11 a 13 h. no 93.9 da fm, Radio Filispim, novo programa de O Recuncho.

Neste novo espazo atoparedes os seguintes temas:
  • CONFERENCIA D. Federico Mayor-Zaragoza (Ex Director Xeral da UNESCO e Copresidente do Grupo de Alto Nivel para á Alianza de Civilizacións)
  • Conmemoración do día do libro expoñendo diferentes traballos realizados polo programa e cunha entrevista en exclusiva a Suso de Toro.
  • En directo, no noso estudo, falaremos con Karlotti e Guillermo Ferrández, impulsores da "Semana de poesía salvaxe"
  • Tamén no estudo, Jorge Porto presidente do comité empresa de Pull and Bear, falaranos das reivindicacions e loitas que están levando a cabo os traballadores desta empresa.
"O recuncho", o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM e Radio Piratona de Vigo.

Tódolos programas en : www.recunchofuco.blogspot.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_____________

venres, abril 17, 2009

Sábado 18 de Abril de 2009: 14º Programa radiofónico "O Recuncho"

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
17 de abril de 2009 20:54



En directo, programa nº 14 de “O Recuncho” este sábado 18 de Abril, de 11 a 13 horas no 93.9 fm de Rádio Filispim

Prestaremos especial atención aos seguintes temas:
  • Conmemoración do aniversario da 2ª República. Escoitaremos audios de diferentes personaxes históricos relevantes do momento.
  • Falaremos con representantes dos diferentes colectivos que participaron no Festival de Radio FilispiM.
  • No estudo, en directo, o historiador e directivo de Fuco Buxán, Enrique Barrera, presentará o seu último libro "PYSBE e Peninsular Madereira" e nos falará dos logros da 2ª República.
  • No apartado poético: Miguel Hernández.
[Clicar acima da imaxe para ampliar]

"O recuncho", o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM e Radio Piratona de Vigo.

Tódolos programas en : www.recunchofuco.blogspot.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

___________________

venres, febreiro 20, 2009

Este Sábado 21 de Febreiro, O Recuncho nº 10, en Radio Filispim no 93.9 da FM

[orecuncho.jpg]
Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.
Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.


O Recuncho nº 10

19 de fevereiro de 2009 21:21
Micki -ser_tb_algo_mas@yahoo.es-

Moi boas dende "O Recuncho". Este sábado 21 de Febreiro, de 11 a 13 horas, novo programa dende o estudo de Radio Filispim.

Neste noso xa décimo programa abordaremos os seguintes temas:
  • Manifestación en Santiago de Compostela da rede "Galicia non se vende".
  • Entrevista con Nanina da revista feminista Andaina.
  • Falaremos e escoitaremos poesías de Eduardo Galeano.
  • Conferencia do historiador Bermejo Barrera.
  • Falaremos en directo con César Fraga, traballador de Megasa.
  • Teremos uns especiais musicais.
  • En directo, no plató, José Torregrosa, mestre, escritor, crítico de cine e directivo de Fuco Buxán.
Sen máis, esperamos encontraros nas ondas filispinianas ou no noso blog www.recunchofuco.blogspot.com

"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM e Radio Piratona de Vigo.
______________________

mércores, xaneiro 21, 2009

O Sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio Filispim -93.9 da FM -, terá lugar a octava edición de O Recuncho

De: Iago Montes Martínez -opafuco@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 14:33
Asunto: O Recuncho nº8



O Recuncho nº8

Estimad@s compañeir@s, este sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio Filispim, terá lugar a octava edición de O Recuncho.

Neste programa seguiremos prestando unha gran relevancia aos sucesos acontecidos en Palestina, falando en directo vía telefónica con Mohammed Safa, representante da OLP en Galicia.

Estivemos na manifestación en contra dos ataque sionistas de Israel en Palestina xunto con 15.000 persoas, e tivemos a oprtunidade de falar con cidadáns árabes que estaban na manifestación, con representantes do grupo de xudeus antisionistas, con Antón Reixa ou con Yolanda Díaz.

Falaremos do homenaxe a Amada García.

En directo, no plató, Cholo, creador do portal de internet Komunikando.net , punto de encontro na música galega non subvencionada, e tamén socio e parte activa do Colectivo OPAII.

Tamén vía telefónica, falaremos con Dolores, vicepresidenta de Asociación Dereito a Morrer Dignamente, a cal nos falará da homenaxe realizada a Ramón Sampedro.

Sen máis os esperamos o sábado.

Un saúdo, dende O Recuncho.
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

www.recunchofuco.blogspot.com
_____________

mércores, outubro 01, 2008

Comeza a emisión de "O recuncho", programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM

De: Iago Montes Martínez
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de outubro de 2008 19:25

Asunto: Comeza a emisión de "O recuncho", programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM



Comeza a emisión de "O recuncho", programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM.

Con gran placer vos convidamos a que escoitedes este novo programa de entrevistas,
novas, axenda local, música e reivindicacións sociais. A data escollida para este comezo
será este sábado día 4 de 11:00 a 13:00.

Agradecer ós colectivos que xa nos mandaron informacións, dita participación, e animar ós que non o fixeron a sumarse ó carro.

Saúdos

Iago Montes e Miguel Castro

--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en radio FilispiM, 93.9 FM
________________________