Amosando publicacións coa etiqueta Opinión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Opinión. Amosar todas as publicacións

martes, maio 03, 2016

Dúas sentenzas do Tribunal Supremo declaran ilegal a planta ferrolana e poñen fin en sé xudicial a unha loita popular histórica, co acompañamiento de Patricia Gabeiras, ... Por Raquel Rivera Fernández - Audio dunha entrevista realizada hoxe a Patricia Gabeiras en RNE


Por Raquel Rivera Fernández [*]

03.05.2016

Reganosa ou o triunfo da perseveranza e do estado de dereito. | Dúas sentenzas do Tribunal Supremo declaran ilegal a planta ferrolana e poñen fin en sé xudicial a unha loita popular histórica, co acompañamento de Patricia Gabeiras.

Podería parecer que a través deste título tan clásico propoño-lles unha fábula edificante. Pero aínda que o que lle imos a contar é fabuloso non é ningún conto, senón unha historia xudicial moi real, que tras quince anos de travesía, arriba ao mellor porto; o Tribunal Supremo.

Corría o ano 2001 e a empresa regasificadora REGANOSA decidía situar unha gran planta na ría de Ferrol, ría que aínda que gozaba dunha tradicional actividade industrial derivada dos estaleiros, a súa vida comunitaria estaba envorcada cara ao océano, e del e con el, vivía-se en paz. Este equilibrio medio ambiental e económico, vería-se fortemente alterado ante un xigantesco artefacto perigoso e contaminante, que coa falsa promesa de bonanza económica para a comarca, viña en realidade a cumprir os soños de riqueza dos poderes económicos locais (caciques, conselleiros de caixas de aforros e gobernos). Estes actuaron con método, o seu propio, sempre conscientes da súa superioridade, sobre os cidadáns, e as regras que permiten o xogo pacífico entre todos eles, o Dereito e os seus procedementos.

Ante esta situación a primeira vista "goliatesca", constituíase en 2001 en Ferrol o Comité Cidadán de Emerxencia para a  Ría de Ferrol que, formado por un  grupo de cidadáns diverso de ben e presidido por un vello e nobre Xeral na reserva, o Xeneral Gabeiras, articulou desde entón unha loita asimétrica pero tenaz, pola defensa dos dereitos civís e pola defensa do patrimonio local; tanto cultural (protexendo os usos e costumes económicos das comunidades), como medio ambiental. Esta defensa polos interese locais comunitarios baseábase en algo incontestábel: a radical ilegalidade do proxecto da planta gasificadora. Deste xeito propoñíase unha loita por uns enraizados valores cunha soa ferramenta, a lei. É neste escenario no que a avogada Patricia Gabeiras sumouse á causa presidida polo seu querido pai, asumíndoa desde entón como propia, e como tal, foi realizada de xeito desinteresado desde o seu despacho.

As batallas foron moitas pero a primavera foi xenerosa e trouxo o mellor dos finais a este proceso: o Tribunal Supremo en senllas sentenzas declarou nula de pleno dereito á autorización de construción da Planta de Regasificación de REGANOSA, así como a autorización administrativa previa, esta mediante a sentenza do Supremo de 22 de marzo de 2016. O Alto Tribunal, facendo seus os argumentos do Comité Cidadán, expresa, ademais, que "a aprobación do proxecto de execución queda sen cobertura xurídica", isto é, que é radicalmente ilegal.

Chegados a este punto da historia, o procedente é que a Dirección Xeral de Política Enerxética do Ministerio do Ministerio de Economía acorde a paralización e peche inmediato da planta para o exercicio da súa actividade, a razón do establecido en Lei do Sector de Hidrocarburos. Pero isto é xa outra historia?

E en tanto a xustiza faise efectiva só recordar a todas as persoas que traballaron durante anos xunto ao Comité e que xa non están entre nós. Este éxito do Estado de Dereito será celebrado na súa memoria.

[*] Raquel Rivera Fernández, é Licenciada en Dereito, e na actualidade pertence ao departamento de comunicación do Estudo Xurídico de Gabeiras&Asociados. Investigadora en dereito da cultura no Instituto Interuniverstario para a Comunicación Cultural, docente, xestora cultural e violinista. Coordinadora do Portal Iberoamericano de Dereito da Cultura.

Fonte: Gabeiras&Asociados | 29.04.2016

Foto da cabeceira do artigo de Jorge Meis | Mugardos, a 500 metros os tanques de Reganosa | Abril de 2016.



Audio dunha entrevista realizada hoxe a Patricia Gabeiras en RNE


Entrevista, de hoxe en RNE, a Patricia Gabeiras avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia, sobre as últimas sentenzas do Tribunal Supremo en torno á ilegalidade da Planta de Gas de REGANOSA. | en formato mp3: Escoitar/Baixar.

[*] Patricia Gabeiras Vázquez, Doutora en Dereito pola UNED e a Universidade Carlos III de Madrid (2013). Licenciada en Dereito e Diplomada en asesoría de empresa pola Universidade Complutense de Madrid (1993). Profesora Asociada do Departamento de Dereito Mercantil da Universidade Carlos III de Madrid. Fundadora da Asociación de Usuarios Afectados por Permutas e Derivados Financeiros da cal tamén exerce como avogada, obtendo resultados de público recoñecemento. É a avogada do movimento veciñal, social e ecoloxista opositor a Reganosa e  leva todos os procesos xudiciais do Comité Cidadán de Emerxencia daRía de Ferrol contra Reganosa e conseguiu que o Tribunal Supremo ditara tres sentenzas firmes e inapelábeis contra Reganosa.

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de maio de 2016 14:32
 http://www.comitecidadan.org/

_____________


As tres sentenzas firmes do TS contra Reganosa:
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia)
  • Sentenza do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).
A loita contra o despropósito gasista de Reganosa en Ártabra 21.
_________________

mércores, abril 27, 2016

28 de Maio: Por unha Muralla de Dignidade, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
28.04.2016


O vindeiro 28 de Maio as Marchas da Dignidade imonos Manifestar as 12:00 horas en Lugo. Voltamos as rúas como seguimos facendo cada día a dicir alto e claro: NON o TTIP, NON os desafiuzamentos, NON a Lei Mordaza, NON a Reforma Laboral do PP, NON os recortes nos servizos públicos, na Sanidade e no Ensino Públicos, NON os recortes nos dereitos sociais e laborais. NON o infame e racista Acordo entre a UE e Turquía. As Marchas da Dignidade voltamos ás rúas en defensa dunha vivenda digna, dos servizos públicos, da Sanidade e do Ensino Públicos, dos dereitos sociais, dos dereitos da clase traballadora, dos dereitos humanos e do dereito a asilo as persoas refuxiadas. As Marchas da Dignidade facemos un Chamamento a toda a cidadanía a que acuda, participe e apoie a Manifestación do 28 de Maio en Lugo porque o Pobo ten dereito a Pan, Traballo, Teito e Dignidade. Enchemos a Muralla de Lugo de Dignidade. Os dereitos non se venden os dereitos se defenden

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
25 de abril de 2016 17:23
___________

"As cousas son o que son, non o que din que son", ... Por Josep Manuel Novoa Novoa - A mantenta das Execución de hipotecas titulizadas (a venda no mercado financeiro de paquetes de hipotecas) - A grande maioría dos bancos nos son donos das hipotecas que executan - Achega-se un argumentario legal de consecuencias xurídicas inconmensurábeis que xunto a ilegalidade das cláusulas solo, poñen en xaque á banca española


Por Josep Manuel Novoa Novoa [*]
25.04.2016


"As cousas son o que son, non o que din que son"

Desde hai unhas semanas veño apuntando que de inmediato se van a ir presentando acontecementos que van cambiar o curso das peripecias que os dirixentes europeos e a troica nos deseñaron: traballa, paga e cala. Cada vez hai máis inquietude na UE, o Ibex-35 e na Asociación Española de Banca (AEB) polo capítulo que leva a unhas novas eleccións coa pantasma de que gañe a esquerda que representa Podemos e Esquerda Unida. Non quixese chafar a festa a un medio que ten programado un asunto sobre papeis en Paraísos Fiscais dun personaxe relevante que presidía unha caixa de aforros. O asunto dará que falar, e moito. Entre unha cousa e outra se aproxima unha hecatombe na que a banca se vai a levar a peor parte. Para empezar con este presaxio empezo cuns apuntamentos da conferencia no Colexio de Avogados de Barcelona, do pasado día 20 de Abril, sobre a "Execución de hipotecas titulizadas. Análise da lexitimación activa na execución hipotecaria e as súas consecuencias xurídicas". Entre os relatores desta conferencia estaba o Maxistrado da Audiencia Provincial de Áraba, Edmundo Rodríguez Achútegui, acompañáballe o Maxistrado do Xulgado Mercantil 1 de Tarragona, César Suárez Vázquez, e o Rexistrador da Propiedade, Rexistro núm. 7 de Barcelona, Rafael Arnáiz Ramos, o Notario, Anxo Serrano de Nicolás, non acudiu á cita e desculpou a súa asistencia. Estes tres comparecentes que se lles pode aplicar o termo de "autoridade na materia" deron unha de cal e outra de area. Nun si pero non, comprensíbel pola complexidade do tema e co agravante de que non existe un texto que o recolla de punta a cabo. Supoño que a nutrida audiencia que compareceu na sala de actos do Colexio de Avogados de Barcelona, estaba ávida de coñecer o motivo que se "rumorea": que os bancos non son acredores das débedas que reclaman nos xulgados se o préstamo foi titulizado.

En principio, hai que agradecer ao Colexio de Avogados de Barcelona que como pioneiro se interese pola titulización cando os desafiuzamentos alcanzaron a bochornosa cifra de máis de 600.000. Máis vale tarde que nunca. Con todo, ser o primeiro en algo sempre ten e terá un plus de recoñecemento. Agora vén o máis interesante, na miña opinión e con todo o respecto cara á mesa da conferencia, este si pero non, antes citado, é debido a que ao coñecemento da materia fáltalle un tramo. Á esquerda da mesa situouse o catedrático de Dereito Procesual na UB avogado e economista, Jaume Alonso Cuevillas que manifestou explicitamente o seu "descoñecemento" do asunto da titulización. Con todo polo que el podía entrever tratábase dunha fraude procesual e puntualizou, con acerto, que "as cousas son o que son, non o que din que son". O avogado Cuevillas acertou de pleno. Este tema que afecta á banca pasou no bico dos pés polo sistema xudicial. Non creo que os avogados sexan responsables directos da inopia sobre a titulización, eles aplican o coñecemento das leis. Respecto ao lexislador non se pode dicir o mesmo, a lexislación sobre os executivos hipotecarios, os cambios introducidos polo TXUE, a lei Hipotecaria, a regulación do mercado de valores, o Código Civil, etc etc convérteo todo nun labirinto. Pódese dicir, sen lugar a erro, que as árbores non deixan de ver o bosque. O sentido común extravíase neste bosque de leis e mingua a capacidade simplificarse o que está a ocorrer. Esta falta de consistencia en decatarse da realidade esta inducida polos que resultan favorecidos: os bancos.


Audio da conferencia no Colexio de Avogados de Barcelona.

A conferencia ten como obxectivo analizar a lexitimación activa na execución hipotecaria e as súas consecuencias xurídicas das hipotecas titulizadas. Así pois, a venda de paquetes hipotecarios provocou que algúns bancos e caixas non sexan os lexítimos acredores dos préstamos, xa que a venda levou a un cambio de acredor.

Máis de dúas horas dunha moi interesante conferencia organizada pola Sección de Dereito Procesal e a Comisión de Normativa do do ICAB (Collegi de l'Advocacia de Barcelona), foi o 20 de abril de 2016, conferencia que versou sobre a Execución de hipotecas titulizadas (a venda no mercado financeiro de paquetes de hipotecas). Co titulo xa mencionado "Execución de hipotecas titulizadas. Análise da lexitimación activa na execución hipotecaria e as súas consecuencias xurídicas". Participan un avogado, un maxistrado, un notario e un rexistrador.


https://youtu.be/3BCjzqqFNiU

Todas as hipotecas outorgadas polas caixas de aforros e os bancos foron titulizadas

Que os letrados non sexan responsábeis desta carencia non quere dicir que os colexios profesionais estean exentos dela. A penuria que se oculta son intereses lucrativos para unha das partes nos conflitos nos que os avogados interveñen. Dito deste xeito: o colexio profesional é o que ten a obrigación de formar aos letrados unha vez que estes están colexiados. A actualización no coñecemento é relativa cando se trata dunha opción persoal, pero cando se trata dun colectivo as indicacións fanse obrigatorias. O medicamento, aínda estaría a practicar sangrados con samesugas se non fóra polos avances en investigación, na avogacía debería ser o mesmo. A titulización vén practicando polos bancos e as caixas de aforro desde os anos 90 e foi a principios dos 2000 que se expansionou de tal maneira que chegou alcanzar a cifra de máis de 800.000 millóns o valor dos préstamos con garantía hipotecaria que se outorgaron neste período. Dito doutra maneira, o montante ascende a todas as hipotecas concedidas. Se a cesión dos créditos (os préstamos con garantía hipotecaria) titulizaron-se, quere dicir, que cando devén a falta de pagamento, necesariamente, algo ocorre: os bancos non son donos das hipotecas que reclaman nos xulgados. O Banco de España, como supervisor do sistema bancario, confírmao. En calquera outro sector, se o supervisor do sistema pronúnciase, sóbrase e bástase para retirar un produto farmacéutico do mercado ou se a carne de vaca está contaminada de combluterol ou se un vehículo acábanlle fallando os freos. Nada que afecte o sistema bancario ten carácter imperativo. As reclamacións, pola mala práctica bancaria, que se presentan no Banco de España non obrigan á entidade financeira a rectificar ou compracer ao reclamante (Os bancos non son donos das hipotecas que reclaman).


Tomar cartas no asunto

O mero feito de que poida existir unha dúbida razoábel de que os bancos non son donos das hipotecas que reclaman nos xulgados debería de ser motivo de preocupación por parte do letrado que defende os intereses do debedor. Non se trata de morosos profesionais, trátase de familias que sucumbiron á demencia dunha banca toleada no crecemento descontrolado polo afán de obter descomunais  beneficios. Non importa se o debedor está en desemprego sen ningunha prestación, o que importa é que deixou de pagar. O goberno de quenda dedicouse a proporcionarlle á banca miles e miles de millóns que saen dos Orzamentos Xerais do Estado sen ningunha condición que amortigüe as penurias do debedor, os xuíces interpretan o que interpretan, algúns son máis papistas que o Papa e os avogados actúan sobre as cláusulas abusivas, con todo, a lexitimación activa forma parte da inopia. Todo continúa igual ou camiña a paso de boi. Quizais é a evolución natural dun asunto desta envergadura tendo en conta que se parte de decembro de 2014. Até entón ninguén oíra falar da titulización foi en onde se establecía a ecuación en que os bancos que reclamaban as hipotecas nos xulgados non eran donos da débeda.

Los bancos, nos procedementos executivos hipotecarios, están a enganar aos xulgados e por derivación aos xuíces e aos debedores. Tamén aos investidores bonistas xa que o valor emitido en bonos hipotecarios é moi superior ao das hipotecas outorgadas. Os bancos e as caixas de aforro colocaron no Mercado financeiro bonos sen que realmente teñan un soporte de garantía dun inmoble. Sobre este bochornoso asunto quixese establecer unha pregunta: Como é posible que as caixas de aforro sucumbisen arruinadas todas á vez? Foi un virus que llas levou por diante? A resposta será noutro momento pero podo adiantar que ese virus chámase "cobiza". As caixas de aforro morreron de endebedamento facultado polo laxo control do Banco de España que cando se quixo dar conta da "maquina de facer diñeiro" a través da titulización xa era demasiado tarde. Este engano acabará por traspasar fronteiras e os investidores acabarán por tomar cartas no asunto. Os que deben de tomar cartas neste asunto son os colexios profesionais da avogacía.


Quixera traer a colación o que está a pasar nos xulgados españois cos desafiuzamentos. Aí vai.



Coa lexislación anglosaxoa na man os Consellos de Administración dos bancos españois estarían todos entre reixas.

As familias que se atopan na situación de non poder pagar a hipoteca saben o que lles vén nun breve prazo: que os boten á rúa. Por tanto están sen un euro e recorren á Xustiza Gratuíta como a opción de defender a súa posición: "non podo pagar ou é que non se decataron dos millóns de persoas que estamos sen traballo". É no avogado que lles caeu do ceo en quen deposita as súas esperanzas dun final feliz. Desde a Asociación Hipotecados Activos (AHA) oín moitas "historias" como a seguinte, contada por aqueles que reciben o "tocho". A cousa, máis ou menos, é así: "quixera asociarme con AHA pero non podo pagar as cotas que teñen establecidas". A resposta témola de libro: "Ben, non importa: pois podes baixar unha demanda de oposición que temos colgada no blogue e tamén tes información en como atopar se a túa hipoteca esta titularizada. Non hai custo algún". Pasado un tempo o debedor ponse en contacto connosco e explícanos que xa está na rúa. A pregunta non se fai esperar: "a documentación que che baixaches Non serviu de nada?". A resposta é penosa: "O meu avogado díxome que non servía para nada, é máis, díxome que se non pagaba ían botar á rúa e non se podía facer nada". Como esta historia, todas as que queiras. O avogado de oficio, sen que ninguén senta ofendido xa que se trata dunha descrición da realidade, é o colaborador necesario deste engano ou se se quere desta estafa procesual.

Son os colexios profesionais da avogacía os que teñen, urxentemente, que tomar cartas no asunto. Ao Colexio de Avogados de Barcelona correspóndelle a honra de ser o primeiro en detectar que algo ocorre nos procedementos executivos hipotecarios, pero a partir da organización desa conferencia está obrigado á formación dos letrados que participan nestes procedementos. A Xustiza Gratuíta é, en toda España, unha trituradora de debedores hipotecarios. Vaise a piñón fixo: canto antes acabe o desafiuzado na rúa, antes poderase ir á cola onde reparten a quenda de oficio. Isto non é defensa nin é nada. Mentres non se resolve a posta ao día dos letrados que interveñen en executivos hipotecarios, os colexios profesionais terían que aplicar, estritamente, o artigo 28 da lei que regula a xustiza gratuíta onde se manifesta que o peticionario pode escoller o letrado que el designe. Enténdese, por estar aconsellado, que escollerá o letrado que teña coñecemento do asunto que a el lle afecta. Este asunto da titulización vai traer cola: os bancos e caixas españolas transferiron o risco aos investidores bonistas, mais cando a falta de pagamento se consuma, o ben inmoble que garante o bono non aparecer entre as contas dese Fondo. O banco que tan só é o cobrador das cotas aprópiase de forma espuria e ilexitima do inmoble. Os mesmos argumentos que se poden expoñer para a paralización dun desafiuzamento serven para retrotraer o ben "confiscado". Hai máis de 600.000 potenciais clientes para os letrados.

Publicado o 24 abril de 2016 por Ataque al poder. |

[*] Josep Manuel Novoa Novoa (Barcelona, 1949), xornalista, escritor e editor. | Ir á Web.

---

Contra o abuso bancario !

Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local: Avda. Castelao S/N. | Local de Arméria Soc. coop. Galega | Traseira do Mercado Municipal de Caranza | 1406-Ferrol



Nova relacionada:
A Sección de Dereito Procesal e a Comisión de Normativa do ICAB alertan dos grandes cambios que afectarán aos debedores hipotecarios a raíz da execución de hipotecas titulizadas. | 20.04.2016 | Ir a Web. | Collegi de l'Advocacia de Barcelona (ICAB).
____________________________

mércores, abril 13, 2016

Coraçom livre, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
13.04.2016

Umha, duas, três, quatro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez vezes que botaste a voar; onze, doze, treze, catorze, quinze, dezasseis, dezassete, dezoito, dezanove, vinte vezes que caíste, equivocaste o caminho e começaste de novo; vinte e umha, vinte e duas, vinte e três; vinte e quatro anos vividos intensamente, case engolidos; vinte e cinco, vinte e seis, vinte e sete, vinte e oito, vinte e nove, trinta vezes nas que pensaste dar um giro à tua vida; trinta e umha, trinta e duas, trinta e três, trinta e quatro, trinta e cinco, trinta e seis, trinta e sete, trinta e oito, trinta e nove vezes que te arrependeste daquela viagem; quarenta, quarenta e umha, quarenta e duas, quarenta e três, quarenta e quatro, quarenta e cinco vezes ressoando aquela pergunta na tua cabeça “moça, a ti maltratam-te?”, quarenta e seis, quarenta e sete, quarenta e oito, quarenta e nove, cinquenta segundos que tardaram em guardar a carpeta daquela denúncia; cinquenta e umha..., cinquenta e duas..., cinquenta e três..., cinquenta e quatro..., cinquenta e cinco..., cinquenta e seis punhadas pararam o teu coraçom livre.

Tatiana Vázquez Abuín foi assassinada em Lugo, o sábado 9 de Abril de 2016.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.

Foto: Paporroibo unha foto da Galipedia, a enciclopedia livre.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
13 de abril de 2016 11:45
________

xoves, abril 07, 2016

Digo alto e claro: Non ao Tratado de Libre Comercio entre EEUU e a UE, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
07.04.2016


O Tratado de Libre Comercio (TTIP) entre EEUU e a UE e un tratado profundamente neoliberal, antidemocrático, antisocial, nefasto, lesivo e austericida, é un golpe de estado das grandes multinacionais e transnacionais americanas contra a democracia, contra os servizos públicos, contra a clase traballadora e contra o medio ambiente, contra os dereitos sociais e busca incrementar as ganancias, os beneficios e os privilexios destas grandes transnacionais e multinacionais americanas, privatizando e recortando salvaxemente os servizos públicos, o ensino e a sanidade públicas.

É fundamental que a cidadanía, os movementos sociais, os partidos de esquerdas, os sindicatos de clase, ... fagamos pedagoxía política explicando en que prexudicará este neoliberal e nefasto Tratado as nosas vidas e nos sigamos mobilizándo contra o TTIP, que unicamente traerá paro, pobreza, represión, precariedade laboral, recortes, privatizacións, contaminación salvaxe do medio ambiente, secuestro das democracias, ... Digo alto e claro: NON o Tratado de Libre Comercio (TTIP), e SI aos dereitos sociais, á democracia e aos servizos públicos.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
5 de abril de 2016 18:41
___________

domingo, abril 03, 2016

Confesión de Parte: Digamos non ao crime e impunidade fascista, ... Por Rafael Ortega - Documentario - Vídeo - O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro Moros, chamou este sábado 2 de Abril aos pobos do mundo a ver o documentario


Documental de Rafael Ortega Mata [*] e Venezolana de Televisión C. A. sobre os feitos punibles e crimes confesados pola dereita nacional na Lei de Amnistía proposta na Asemblea Nacional (2016)
.

Realizado polo xornalista Rafael Ortega. | Maduro invita a ver documental "Confesión de Parte": Digamos non ao crime e impunidade facsista.


No material audiovisual, Ortega mostra fragmentos do texto do proxecto de lei da dereita onde se evidencia, cruel e insólitamente, a confesión de todos os crimes cometidos que pretenden ser "amnistiados ampliamente" por esa maioría parlamentaria da nova asemblea

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro Moros, chamou este sábado aos pobos do mundo a ver o documentario "Confesión de Parte", que desmonta a Lei de Amnistía impulsada pola maioría opositora na Asemblea Nacional (AN), a través da cal se busca promover a impunidade no país.

"O mundo enteiro debe ver este documentario do novo cineasta de Venezuela ... digamos: Non ao Crime e Impunidade Fascista", publicou o Xefe de Estado a través da súa conta na rede social Twitter @NicolasMaduro.

No material audiovisual, Ortega mostra fragmentos do texto do proxecto de lei da dereita onde se evidencia, cruel e insolitamente, a confesión de todos os crimes cometidos que pretenden ser "amnistiados amplamente" por esa maioría parlamentaria da nova asemblea.

O audiovisual, desenmascara as intencións da dereita venezolana de aprobar o proxecto de Lei de Amnistía e Reconciliación Nacional, que foi aprobado onte na súa primeira discusión pola Asemblea Nacional (AN).

#ConfesionDeParte.

No facebook.

2 de Abril de 2016 |



https://youtu.be/6qssni0sTic


[*] Rafael Ortega Mata, xornalista venezolano. |Canle en Youtube: Acceder. | Interesante artigo en Aporrea.org: Ir a Web. | Twitter @ROrtegaVTV | Instagram.

Enviado por:
Manuel Angel Rodríguez Carballeira
-lalan1954@gmail.com-
3 de abril de 2016 13:21

_____________

venres, abril 01, 2016

A outra REGANOSA: O Tribunal Supremo declara ilegal a planta de gas do Musel (Xixón), ... Por Raquel Rivera Fernández

Localización da Planta de Gas no porto del Musel en Xixón

A localización de Reganosa na Ría de Ferrol

Por Raquel Rivera Fernández [*]
01.04.2016

A todos os que creemos que este planeta é un legado que transmitiremos ás xeracións vindeiras tal como nolo transmitiron a nosa -si non mellorado, isto é, aos que creemos no concepto de "desenvolvemento sostíbel", acuñado alá polo 1987 no Informe Brundtland, o Tribunal Supremo acaba-nos de dar unha gran alegría. O Alto Tribunal fallou, en sentenza de 29 de febreiro, en contra da localización da planta de gas do Musel (Xixón) por estar situada "do mesmo xeito que no caso da planta galega REGANOSA" a menos de 2.000 metros de núcleos de poboación, incumprindo así o RAMINP (Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas, e perigosas, aprobado por Decreto 2414/61 - Buscar: gal ou/e es), normativa vixente no momento do inicio do expediente de construción (2006).

Esta histórica sentenza é froito dunha primeira denuncia contra a licenza de construción da planta, interposta pola coalición formada polos Verdes de Asturias/EQUO en 2009, que iniciou un proceso que obtivo unha primeira sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Esta sentenza foi recorrida polo Ministerio de Industria e ENAGAS, acolléndose á entrada en vigor, o 1 de xaneiro de 2007 da Lei 11/2006, de 27 de decembro, de acompañamento dos orzamentos do Principado de Asturias, en cuxo artigo 4 introducíase un apartado que deixaba "sen aplicación no territorio do Principado de Asturias a esixencia de que as instalacións fabrís insalubres ou perigosas afástense 2.000 metros do núcleo máis próximo de poboación agrupada", como establecía o citado RAMINP. Outro argumento que se empregou no recuso de casación foi que a solicitude de licenza de construción ante a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas presentouse con posterioridade, en abril de 2007.

Agora o Supremo desestima o recurso de casación interposto polo Estado e ENAGAS e dá a razón á coalición ecoloxista. Así, e segundo a sentenza recorrida, o Ministerio de Industria ten tres meses para botar abaixo a planta ou, en caso de non facelo, dar as explicacións pertinentes.

A planta, ademais, supón un exemplo de mala xestión e malgasto de caudais públicos e privados: ENAGAS investiu a frioleira de 382 millóns de euros por un proxecto que nunca deu servizo -nin parece que nunca o dará-, ao non ser necesario, e recibiu 125 millóns de euros do erario público.

O caso asturiano é paralelo ao galego de REGANOSA, unha planta tamén ilegal, perigosa, innecesaria e gravosa para os consumidores, segundo o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en cuxo nome vén defendendo Patricia Gabeiras a nulidad da gasificadora desde 2001, dentro da súa actividade prol bono publico.

[*] Raquel Rivera Fernández , é Licenciada en Dereito, e na actualidade pertence ao departamento de comunicación do Estudo Xurídico de Gabeiras & Asociados.

Fonte: http://gabeirasyasociados.com/la-otra-reganosa-tribunal-supremo-declara-ilegal-planta-gas-musel-gijon/ | 31.03.2016
_____________