Amosando publicacións coa etiqueta Saneamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saneamento. Amosar todas as publicacións

martes, outubro 13, 2020

Valoración da Plataforma de Ferrol pola Remunicipalización, da reunión coa Valedora do Pobo e a responsábel da area municipal do alto comisionado, en relación á Queixa colectiva contra o Concello de Ferrol e a empresa mixta da auga Emafesa


COMUNICADO Á VECIÑANZA

- A Plataforma reuniu-se coa Valedora do Pobo e a responsábel da area municipal do alto comisionado.

-  A Plataforma deu a coñecer o proceso polo que unha parte da veciñanza de Ferrol está sendo discriminada polo cobro da taxa de depuración, dun período onde non se prestou o servizo e as diferentes irregularidades da xestión de Socamex en Emafesa..

-  Abríronse a raíz desta reunión unhas novas vías de actuación desta Plataforma.


Unha vez realizada a entrevista, solicitada por esta Plataforma coa Valedora do Pobo, o pasado venres 9 de outubro, en relación á QUEIXA colectiva contra o Concello de Ferrol, e no seu caso contra a empresa mixta EMAFESA, por presentar facturas por un importe superior a 7,12 millóns de euros en concepto de taxa de ‘depuración de augas residuais’, por un período de 31 meses (setembro/2014 a marzo/2017) onde non se prestou o servizo, esta Plataforma conclúe o seguinte:

1º Que no desenvolvemento de dita reunión, de máis de dúas horas de duración, na que estivo presente a propia Valedora, María Dolores Fernández Galiño, mais a responsábel da Area de Corporacións Locais e Servizos Municipais da institución, Carmen Cuiñas Durán, a Plataforma tivemos a oportunidade de explicar cal é a situación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas, no concello de Ferrol, e da situación da empresa EMAFESA, empresa mixta, mais coa xestión 100% privada do socio minoritario, SOCAMEX (Urbaser).

2º Que máis concretamente esta Plataforma deu a coñecer o proceso polo que unha parte da veciñanza de Ferrol está sendo discriminada polo cobro da taxa de depuración, dun período onde non se prestou o servizo. Cargando deste xeito os custes da reparación, arranque, posta en marcha e período de probas do sistema de saneamento, depuración e interceptación, só a unha parte da veciñanza de Ferrol. Cando é un sistema de carácter supramunicipal que benefician por igual tanto a toda a veciñanza de Ferrol, como á de Narón, como nun futuro á de Neda. Un acto administrativo que consideramos discriminatorio, ao tratar de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel. Vulnerando co mesmo, o principio de igualdade recollido no artigo 14 da Constitución Española e no artigo 21 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.

3º Trasladámoslle tamén a queixa dos veciños e veciñas de Recimil, e antigas sindicais de San Pablo e Serantes, polo cobro lineal de 20 m³ por dous meses de consumo de auga, moi abusivo para á maioría da veciñanza, fogares dunha ou dúas persoas maiores que conviven soas que como moito consumen 8 m³ de auga. Situación provisional que se prolongou por case dúas décadas. Con máis razón se o pasado 27 de febreiro quedou aprobado por unanimidade poñer fin a esta inxusta situación, coa instalación de contadores individuais de abastecemento de auga nas vivendas, sen que o goberno municipal comezase, logo de 8 meses, a dar pasos para resolve-la.

4º Así mesmo, esta Plataforma puido explicar como esta taxa está avultada, xa que nestes momentos, as cantidades reais de volumes de augas residuais tratados, cantidade de lodos e custe eléctrico, non se corresponden cos utilizados para o seu cálculo no ano 2014.

5º Informouse tamén das practicas abusivas da empresa EMAFESA (lecturas lineais, lecturas estimadas, duplicidade no cobro no concepto de saneamento...), e tamén a negativa de Emafesa a devolver os cartos cobrados de máis.

6º Explicouse tamén a situación legal de EMAFESA, que carece de contrato para asumir o servizo de depuración, cando debera saír a concurso público por aumentar en máis dun 65% o seu volume de negocio.

7º A Plataforma informou da falta de resposta do Concello de Ferrol ás nosas denuncias e peticións de información pública dos servizos que está a prestar con total autonomía a empresa Socamex, sen ningún control do propio Concello, facendo deixazón do seu papel fiscalizador da xestión privada de EMAFESA.

8º Informouse-nos da relentización, por parte do Concello, aos seus reiterados requirimentos de envío de información, demorando máis de 6 meses, para emitir un simple informe e mesmo que aínda está pendente, o goberno municipal, de responder a varias peticións de “informe complementario urxente” e o da petición de “mesa de diálogo” requiridos novamente o pasado 26 de agosto.

9º A Valedora do Pobo recolleu todas as nosas reivindicacións e solicitou documentación sobre a negativa dos diferentes gobernos municipais a darnos información sobre o servizo de auga e saneamento, quedando en analizalos e debatelos, entre outros asuntos, na próxima reunión con esta institución.

Abríronse a raíz desta reunión unhas novas vías de actuación desta Plataforma, das que iremos informando segundo se vaian realizando, todas encamiñadas á defensa dos dereitos fundamentais que como cidadanía nos corresponden, e na defensa duns servizos públicos que nos protexan do abuso das transnacionais que converten un dereito humano fundamental, como é o dereito á auga e ao saneamento, nun negocio que prima por riba do propio dereito.

Ferrol a, 13 de outubro, de 2020

#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

mércores, xuño 03, 2020

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, celebrou onte a súa primeira reunión desde a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo


A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, celebrou onte a súa primeira reunión desde a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. Nesta primeira xuntanza, organizada respectando as normas de convivencia para esta fase de desescalada, analizouse a situación actual do cobro de recibos de atrasos da depuración, do período onde non se prestaba o servizo, e as distintas casuísticas en canto ao pagamento de recibos dos últimos 6 pagos pendentes polos supostos atrasos que esta Plataforma non recoñece.

Outro punto abordado foi a situación dos distintos informes a presentar en organismos competentes, para denunciar a situación da xestión do servizo de depuración, e as implicacións de ter este servizo un carácter supramunicipal e sen contrato público que o sustente.

En canto ás xestións ante a Valedora do Pobo, deuse conta da interlocución mantida con esta institución durante o confinamento, onde se informou do segundo requirimento de documentación feito ao Concello de Ferrol en relación á queixa presentada por esta Plataforma.

Dous son os acordos tomados nesta primeira xuntanza, en primeiro lugar solicitar ao Concello que atenda ao segundo requirimento da Valedora do Pobo e envíe a documentación solicitada para poder dirimir sobre a queixa presentada. En segundo lugar, solicitar mais unha vez, unha entrevista (que até agora nunca foi concedida), co Alcalde Angel Mato, para comezar un diálogo que poda construír alternativas de solución a esta problemática.

Noutra orde de cousas, reiteramos que Remunicipalizar os servizos públicos, é rescatar a xestión dos mesmos para o público, significa non só un aforro económico, senón que abre a posibilidade á creación de máis emprego e fai reverter de novo o diñeiro da veciñanza na economía local, evitando a fuxida do diñeiro a outras zonas e fora da economía real. Deixar os servizos públicos en mans das transnacionais, supón que o diñeiro da veciñanza fuxa da Comarca e sexa destinado en parte á economía especulativa.

"O rescate dos Servizos Públicos das mans privadas ten o obxectivo de acabar coas prácticas abusivas ou o incumprimento das normas laborais por parte do sector privado, o desexo de reconquistar o control da economía e os recursos locais, o afán de ofrecer ás persoas uns servizos accesíbeis, ou a intención de poñer en práctica unhas estratexias ambiciosas a favor do medio ambiente ou da transición enerxética, por citar algúns". así din Satoko Kishimoto e Olivier Petitjean, no seu libro "Remunicipalización - Como cidades e cidadanía están escribindo o futuro dos servizos públicos", traducido pola Transnational Institute a 10 idiomas, palabras que como Plataforma asumimos.

As formas e os modelos de titularidade, poden ser diferentes desde a xestión directa ou desde a xestión pública por medio de empresas, entidades ou consorcios, a xestión pública municipal é posíbel. Construír, rescatar, facer uns servizos públicos eficaces, democráticos e accesíbeis, torna-se necesario. Os gobernos democráticos, comprometidos co benestar da veciñanza, a substentabilidade e o medio ambiente, deberían facer todo o posíbel en poñer en mans públicas os servizos públicos municipais esenciais. Ferrol ten a oportunidade e os votos para face-lo.

Ferrol, 3 de xuño, de 2020

#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Coronavirus
#Covid-19

#Remunicipalización
#Emafesa


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

venres, maio 22, 2020

A Valedora do Pobo continúa na investigación da Queixa presentada pola Plataforma contra o Concello de Ferrol e Emafesa o pasado 4 de febreiro, pola fraude dos recibos da depuración, do período onde non se prestaba o servizo


A Plataforma segue preparando accións de Denuncia e Queixa ante diferentes organismos de control das actuacións das administracións e das empresas nas que participan, entre outros organismo e entidades á Valedora do Pobo, institución ante a que presentou Queixa o 4 de febreiro deste ano 2020, da cal recibira notificación o 10 de marzo, de que unha vez xa analizada, se admitía a trámite e comezaba o período de investigación e consultas, dando-lle de prazo ao Concello de Ferrol, 15 días para presentar a requirida documentación. O mércores, 18 de marzo, ás 11 da mañá, estaba prevista unha xuntanza na sede da Valedora en Santiago de Compostela, para expoñer de primeira man o conflito da fraude, mais esta reunión, foi adiada sine die por mor do "estado de alarma" que fora declarado o 15 dese mesmo mes e que aínda ao día de hoxe dura nas súas diferentes prorrogas. O pasado 4 de maio recibimos notificación, previa chamada telefónica, da institución comunicando-nos en relación coa queixa que presentamos, "... dado que o Concello de Ferrol aínda non remitiu o informe demandado, o día de hoxe solicitámolo novamente, sen prexuízo de que poda resultar aplicable ao caso algunha previsión sobre suspensión de prazos como consecuencia do vixente estado de alarma..." rematando a comunicación dicindo que se poñerán de novo en contacto con nós "unha vez que o Concello lles remita a referida información, dándolle conta da nosa actuación". asinado por María Dolores Fernández Galiño (Valedora do Pobo). Na conversación telefónica tamén se falou da xuntanza pendente que quedou adiada desde o 18 de marzo, quedando pendente para cando sexa posíbel, segundo os criterios da institución.

As cousas non van a ser o mesmo despois desta crise sanitaria provocada polo coronavirus que perdurará un tempo e á que se lle sumara unha crise económica á que xa lle estamos vendo o seu comezo. Polo que a defensa dos servizos públicos e o rescate da xestión dos privatizados, converte-se nunha necesidade vital. Nesa loita segue e seguirá.

#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Coronavirus
#Covid-19

#Remunicipalización
#Emafesa


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

xoves, maio 21, 2020

Iniciativa de Ligando sobre o tartamento de augas residuais que se presentou no rexistro do Concello de Ferrol




SR. ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL

Iolanda Teixeiro Rei, en calidade de Delegada da organización política LiGanDo-LGD en Ferrol e con enderezo electrónico ligando.lgd@gmail.com

EXPÓN:

Desde que comezou o estado de alarma detectamos anomalías no funcionamento do tratamento das augas residuais. Aparecen miles de toalliñas e restos de papel hixiénico a carón das saídas dos tanques de tormentas, principalmente no tanque de tormenta “Caranza nº 1”. Polo que temos dúbidas a respecto do funcionamento da depuradora ou do mantemento dos tanques de tormentas durante o período de duración desta pandemia.

Polo que

SOLICITAMOS:

1.-Unha explicación do motivo da aparición destes refugallos en praias como a de Caranza.

2.-Que se faga unha investigación sobre o funcionamento dos tanques de tormentas e/ou do bombeo.
3.-Limpeza das zonas afectadas por ditos refugallos.
4.-Posibilidade dunha campaña municipal de concienciación para desbotar correctamente as toalliñas húmidas, que supoñen  -alén dun elevado gasto para os cidadáns cos atoramentos que producen- unha grave ameaza para o xa deturpado medio ambiente.
[Adxuntamos fotos]

Ferrol, 14 de maio de 2020

Iolanda Teixeiro Rei

LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
18 de maio de 2020 19:53

_______

mércores, maio 20, 2020

A Rede de Auga Pública enviou unha Carta á ministra de Transición Ecolóxica para reclamar a xestión pública do abastecemento e saneamento da auga


Carta á ministra de Transición Ecolóxica para reclamar a xestión pública do abastecemento e saneamento da auga

Fronte á campaña do lobby empresarial do auga que pretende iniciar os cortes de auga en plena alarma sanitaria, a Rede Auga Pública (RAP), respondeu coa denuncia social a estas esixencias.

Neste contexto, a Rede de Auga Pública (RAP) enviou unha carta a Teresa Ribeira, ministra de Transición Ecolóxica, para mostrar a necesidade de avanzar na remunicipalización do abastecemento e saneamento do auga como o mellor xeito de cumprir o dereito humano ao auga.

Sra. Dª. Teresa Ribeira Rodríguez
Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
Praza San Juan da Cruz, s/n ? 28071 Madrid

A Rede Auga Pública (RAP) -organización que reúne a decenas de plataformas e organizacións ecoloxistas, sindicais e sociais do estado español na defensa da xestión pública e democrática dos servizos do ciclo urbano do auga-, manifesta a súa preocupación e estupor pola posición que, durante a actual situación de alarma sanitaria, mantiveron as empresas privadas que xestionan os servizos de auga, a través dos seus portavoces Asociación Española de Empresas Xestoras dos Servizos de Auga Urbana (AGA) e Asociación Española de Abastecemento de Auga e Saneamento (AEAS).

A promulgación por parte do goberno dos decretos lei 8 e 11 de marzo de 2020 garanten, desde o noso punto de vista, o goce do dereito humano ao auga tanto dos sectores sociais vulnerábeis, vulnerábeis severos ou en risco de exclusión social (RD lei 8/2020), como os que, debido á crise do COVID-19 e ao actual estado de alarma, o son potencialmente (RD lei 11/2020).

Apoiamos estas medidas de protección social, que supoñen a garantía do fornezo continuo de auga ás familias e a prohibición dos cortes, e esixen a solidariedade dos operadores de auga cara á cidadanía que resultará golpeada pola actual crise sanitaria e social. En plena crise, púxose de manifesto a importancia do auga, en tanto que a súa dispoñibilidade é fundamental para a vida, a hixiene persoal e doméstica e, en consecuencia, para a saúde.

A pesar do consenso social que suscitan as medidas contempladas en ambos decretos lei, na carta dirixida a vostede o 3 de abril pasado, AGA mantén que, en aras a manter a substentabilidade do servizo, é necesario poder realizar cortes no fornezo xa que, pola contra, (sic) aumentarase a morosidade a moi curto prazo ocasionando un déficit financeiro estrutural. Tamén suscita a necesidade de modificar a duración dos contratos concesionais para poder asumir as perdas ocasionadas pola diminución do consumo que se producirá pola crise sanitaria. É dicir, aproveitan a crise sanitaria para pedir modificacións lexislativas, que afectan á Lei de Contratos do Sector Público, evadindo a transferencia de riscos que está implícita nos contratos de concesión. Queda patente que AGA non dubidou en aplicar a doutrina do shock, aproveitando a situación actual de crise sanitaria, para intentar sacar provecho para os seus intereses empresariais.

Neste contexto, pedimos ao seu goberno que aborde as iniciativas seguintes para conseguir que a provisión dos servizos do ciclo integral urbano do auga sirvan para satisfacer as necesidades sociais da cidadanía e sexan coherentes co dereito humano á auga e ao saneamento:
  1. Suprimir as vixentes limitacións e condicionalidades á xestión e financiamento público dos servizos de auga previstos na Lei de Racionalización e Substentabilidade da Administración Local, como paso previo á súa derrogación. Establecer novos enfoques e liñas de financiamento que favorezan a xestión pública destes servizos esenciais vinculados a dereitos humanos.
  2. Dotar de financiamento suficiente aos servizos públicos de xestión directa, en particular a sanidade e os servizos de auga, intrinsecamente relacionados entre si ao ter ambos a consideración de dereitos humanos e, como se puxo en evidencia durante a pandemia, ser garantes do mantemento da saúde humana.
  3. Prohibir por lei os denominados cánones concesionais, que son instrumentos que favorecen a privatización dos servizos do ciclo urbano do auga, introducen prácticas opacas e fomentan a corrupción que crece ao transformar a auga e os servizos de abastecemento e saneamento en grandes negocios privados.
  4. Facilitar procesos de remunicipalización que aseguren a estabilidade no emprego e que asuman a xestión non lucrativa, pública, transparente e con rendición de contas acorde co paradigma do modelo definido polo marco conceptual do dereito humano ao auga.
  5. Fortalecer a función reguladora dos municipios en tanto que titulares dos servizos do ciclo integral urbano do auga; neste sentido, rexeitamos a creación dun regulador único e, en cambio, propoñemos adoptar medidas como a creación dun organismo específico -Observatorio ou Laboratorio-, do ciclo integral urbano da auga que propicie a comunicación, cooperación e o apoio mutuo entre os entes locais, á vez que garanta a transparencia no ciclo e o acceso á información por parte da cidadanía como garante da súa participación activa e efectiva.
Para rematar, tras dez anos do recoñecemento do dereito humano ao auga por parte da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, é necesario recoñecelo e regulalo formalmente, con obxecto de que non se manipule o seu alcance e contido en relación cos seus criterios e principios definitorios, e especificamente os relativos á non discriminación, universalidade, asequibilidade e dispoñibilidade, coa exprésa prohibición de cortes de fornezo.

Rede Auga Pública: AEOPAS, Aigua és Vida, Asamblea Agua Pública 100% Región Murciana, Attac, Comisiones Obreras, Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres, Fundación Nueva Cultura del Agua, Marea Azul del Sur, Plataforma ciudadana por la defensa del agua pública en Asturies, Plataforma de Bizkaia Ur Publikoa, Red Agua Pública de Aragón, Plataforma contra la privatización del Canal de Isabel II y Xarxa Valenciana per l´aigua pública.

11 de maio, de 2020

redaguapublica@gmail.com

https://redaguapublica.wordpress.com/

Foto de José Pardo. | 14.06.2019
--

#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

xoves, abril 30, 2020

Unha moi interesante Tese sobre a 'Loita da Taula de L'Aigua por un modelo de xestión da auga como común (2014-2019) - Trata-se da historia, o estudo e a análise do proceso de remunicipalización do servizo en Terrassa (Catalunya), de Edurne Bagué Tova, para o doctoramento en Antropoloxía


A remunicipalización dos servizos de auga urbanos apareceu en América Latina como resposta ás políticas neoliberales de privatización dos servizos públicos e esenciais. De aí xurdiron ideas centrais como a loita polo Dereito Humano ao Auga (que non foi recoñecido pola Asemblea da ONU ata o ano 2010) e a desmercantilización do auga.

Pola súa banda o 15 de maio de 2011 as prazas do Estado Español e Catalunya enchéronse de persoas que foron ocupadas. As acampadas con máis proxección foron as da Porta do Sol de Madrid e a de Praza Catalunya de Barcelona. Reclamábase máis democracia. Era a resposta social aos anos de pauperización da vida das persoas a raíz dos efectos da Crise financeira de 2008. Unha Crise que marcou un antes e un despois na sociedade do Estado Español, que se atopa aínda inmersa nun escenario de tensión e cambios.

A Crise do 2008 resultou ser o catalizador que permitiu a conexión sentida, non só discursiva, entre a remunicipalización e os efectos das políticas neoliberais e os seus plans de austeridade. Deste xeito, apareceron grupos locais que puxeron no centro a loita pola auga no espazo urbano, por medio da recuperación dun servizo que debía ser público, democrático, ecoloxicamente sostíbel, local, transparente e baixo control cidadán.

A tese analiza a relación existente entre o contexto no que se dan iniciativas para promover cambios en términos de máis democracia que se vehiculan por medio do servizo de abastecemento urbano, e que poñen en relación as institucións, tanto no seu papel como na súa natureza, desde o local, de aí, a importancia do municipio como institución de goberno histórica. En segundo lugar, á cidadanía, que parece redefinirse en tanto que se considera como actor necesario no exercicio da política. E en terceiro lugar a auga, como algo inmensurable nas súas calidades, desde a noción de auga como vida, que se relaciona tanto co modelo de toma de decisións (quen e por que) como na súa transcendencia ambiental. Todo iso tecido en torno a idea do común a partir da cal establecer os valores e principios que dirixan de agora en diante como debe ser e funcionar, que debe ter en conta desde esta perspectiva o servizo urbano de auga, noutras lóxicas de que se entende por democracia.

Estes aspectos analízanse a través do grupo a Taula de L'Aigua, que desde o ano 2014 empezaron a traballar para a recuperación deste servizo, na súa cidade, Terrassa, e que estaba en mans dunha empresa privada desde o ano 1842, poñendo sobre a mesa que a problemática que se abría ía máis aló do neoliberalismo, e que as súas raíces eran máis profundas e complexas. Para iso partiuse da Taula de L'Aigua e a súa perspectiva, para expoñer o conxunto dos actores que interveñen, co acento posto na dimensión institucional, en tanto que responsabilidade pública e ver así, como se tece o común no espazo do público a través deste servizo básico e esencial.
___

Bagué, Edurne. (2020). A REMUNICIPALIZACIÓN DO AUGA EN TERRASSA (CATALUNYA). A LOITA DA TAULA DE L'AIGUA POR UN MODELO DE XESTIÓN DA AUGA COMO COMÚN (2014-2019). |  17.03.2020 Universitat de Girona | UDG · Departamento de Dereito Público | 10.13140/RG.2.2.11937.35683. | Tese de Edurne Bagué Tova para o doctoramento en Antropoloxía, dirixida pola doctora Lourdes Romero Navarrete. | 618 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Fonte: https://www.researchgate.net/profile/Edurne_Bague.

---
Taula de L'Aigua | Twitter | Focebook |
--

#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

xoves, abril 23, 2020

Auga-negocio ou Auga-servizo público? ... Por Pedro Arrojo Agudo - Sería bo reflexionar sobre os servizos de auga e saneamento, como clave esencial desa saúde pública que queremos fortalecer


Auga-negocio ou Auga-servizo público?


Por Pedro Arrojo Agudo [*]
23.04.2020


Si facemos da necesidade virtude, poderemos dicir cando pase esta tormenta vírica, que non hai mal que por ben non veña. O virus estanos deixando múltiples leccións que deberiamos aprender. A pandemia, do mesmo xeito que o cambio climático, deixan ao espido nosa vulnerabilidade, por encima de razas, fronteiras e condicións sociais. Con todo, no caso do Covid 19 esa percepción de vulnerabilidade foi tan directa e inmediata que non deixou espazo sequera para a dúbida.

A máis contundente desas leccións, sen dúbida, é a que se refire á sanidade pública. Hoxe, nin os máis fervorosos neoliberais falan sequera da bondade dos recortes en sanidade pública para favorecer a expansión de hospitais, clínicas e seguros de saúde privados, á vez que se estende o consenso social sobre a necesidade de fortalecer o sistema público de saúde. Neste contexto, sería bo reflexionar tamén sobre os servizos de auga e saneamento, como clave esencial desa saúde pública que queremos fortalecer.

Neste campo, o proceso de privatización foi máis sutil, aínda que non menos eficaz e demoledor. A estratexia de promover empresas de pretendida colaboración público privada, á vez que se estrangulaban as capacidades financeiras municipais, levou a moitos Concellos a promover ou aceptar esas políticas de privatización dos seus servizos de auga e saneamento para aliviar os seus apuros financeiros. Así, este servizo público básico, que debería xestionarse baixo a lóxica do interese xeral, sen ánimo de lucro, como a sanidade pública, veuse transformando nun negocio privado. Cun agravante, o da complicidade de moitos Concellos, que viron no chamado canon concesional (o diñeiro que o operador privado adianta á Alcaldía pola concesión) unha forma de paliar a curto prazo a súa penuria financeira; a costa, iso si, de encarecer a tarifa do auga e de perder o control efectivo sobre o servizo máis importante para a saúde pública que a Constitución pon nas súas mans. Desta forma, os veciños e veciñas pasan, de ser cidadáns, a ser simples clientes, baixo a lóxica do mercado e non do interese xeral.

Neste contexto, ante a baixada do consumo de auga, por pechadura de bares, restaurantes, hostalaría, barbarías e outros negocios, o lobby dos grandes operadores privados, lonxe de asumir os seus riscos empresariais e brindar incluso a súa contribución ao esforzo colectivo fronte á pandemia, vén reivindicando eludir obrigacións contractuais e ampliar os seus prazos de concesión, como forma de compensar a súa perda de beneficios. Sería sequera imaginábel que os hospitais privados demandaran compensacións ao Estado, en plena crise, pola competencia desleal que a sanidade pública failles ao atender gratis á xente doente?

Mentres, os operadores públicos e os Concellos que manteñen a xestión das súas competencias vense desprotexidos, nun marco legal que restrinxe as súas capacidades e ameaza coa privatización si o balance financeiro se desequilibra. Operadores públicos e Concellos que descartan os cortes por non pago e reservan fondos en apoio de familias vulnerábeis e pymes, á vez que se comprometen sen reservas coa emerxencia social en curso. A emerxencia non está en compensar as saneadas economías dos grandes operadores privados, senón en flexibilizar de forma inmediata e reformar logo en profundidade a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local e ate os Orzamentos Xerais do Estado, para protexer e impulsar a xestión pública destes servizos que son clave para a saúde pública e a cohesión social.

Facendo da necesidade virtude, á vez que buscamos a forma de fortalecer a sanidade pública, deberiamos facilitar a remunicipalización dos servizos de auga e saneamento, en lugar de dificultarla e penalizarla, como se veu facendo até agora. Deberiamos promover estratexias que empoderen aos nosos Concellos para transitar a novos modelos de xestión pública participativa, en liña coas propostas da Rede de Auga Pública (RAP), formada por sindicatos, asociacións vecinales, consumidores e colectivos sociais de todo tipo, e seguir así o exemplo de cidades como París e Berlín, que marcan hoxe liderado.

Fonte: Público.

[*] Pedro Arrojo Agudo (Madrid, 1951), é profesor emérito da Universidade de Zaragoza, cuxa investigación está centrada na economía do Auga.

Foto: a Plataforma pola Remunicipalización no Concello de Ferrol, do fotógrafo ferrolán de José Pardo.


---

#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

___________

xoves, abril 09, 2020

A Plataforma difunde a información do Concello de Ferrol sobre o decreto da Alcaldía que recopila as medidas acordadas en conxunto cos grupos municipais para facer fronte á crise provocada polo novo coronavirus Covid'19 - Suspéndese con carácter xeral, para toda a cidadanía, o cobro dos atrasos da taxa de depuración mentres se prolongue a situación



O alcalde decreta que durante o estado de alarma os negocios sen actividade paguen o mínimo polo recibo da auga e o lixo: 28 euros.

Tanto un local hostaleiro que aboase 400 euros de media coma un comercio que afrontase 150 terán esa tarifa reducida este bimestre.

Os establecementos obrigados a pechar a causa da crise do COVID-19 quedan exentos de satisfacer o canon de Sogama e o da Xunta

Os beneficiarios débenlle pedir a Emafesa (info@emafesa.com ou 981 369 012 / 015) a baixa na taxa de abastecemento e depuración

Suspéndese con carácter xeral, para toda a cidadanía, o cobro dos atrasos da taxa de depuración mentres se prolongue a situación


O alcalde, Ángel Mato, acaba de pór en marcha unha nova medida económica que o goberno local viña estudando dende a declaración do estado de alarma para paliar os efectos da epidemia de COVID-19 entre o tecido económico da cidade. Onte á tarde quedou listo un decreto polo que os negocios que non poidan desenvolver a súa actividade pagarán polo recibo da auga e do lixo o importe mínimo que permite a normativa vixente. Así, tanto un establecemento hostaleiro que aboe unha media de 400 euros por este concepto cada dous meses coma, por exemplo, un comercio que teña que afrontar 150 polo mesmo período pasarán a pagar un fixo de 28,19 euros mentres se prolongue a actual situación. En principio, a medida afectará a marzo e abril, aínda que podería estenderse no tempo se o Goberno non levanta as restricións antes de que remate este mes.

O decreto firmado polo rexedor recolle que, dado que o peche de numerosos locais ten lugar forzosamente, estes deben pasar a considerarse en situación de “sen actividade”, o que implica a súa baixa na taxa de abastecemento de auga potable e depuración de augas residuais, tal e como contemplan as ordenanzas municipais. Isto leva aparellados cambios de tarifas na taxa de saneamento e na de recollida de residuos, ademais da exención tanto da taxa de tratamento de residuos (canon de Sogama) coma do canon da auga da Xunta de Galicia. E dicir, unicamente aboarán os mínimos de 5,79 euros polo saneamento sen actividade e o importe reducido de 22,40 pola recollida de residuos sólidos urbanos.

A factura non incluirá os consumos de auga ante a imposibilidade de realizar as lecturas dos contadores debido á epidemia, e entendendo que para os negocios pechados deben ser gastos practicamente inexistentes, polo que facturar un importe estimado sería sempre prexudicial para o usuario. No caso de que se rexistrase un mínimo consumo, compensarase en futuros recibos.

Prazo de solicitude

A mencionada baixa na taxa de abastecemento debe ser solicitada de forma telemática polo interesado. O prazo do que dispón para facelo rematará o próximo 30 de abril (inclusive). Terá que acreditar ante Emafesa, mediante o epígrafe do IAE, entre outra documentación esixible, o peche efectivo do local debido ao estado de alarma. Para facelo, é necesario que se dirixa á dirección de correo electrónico info@emafesa.com, aos números de teléfono 981 369 012 e 981 369 015 ou ao fax 981 300 148.

O número de locais dados de alta neste servizo supera a día de hoxe os 3.200, que pagan unha media de 142,30 euros. Das nove tarifas industriais e comerciais nas que se encadran, na que constan máis aboados, case 1.200, é a 3A, que corresponde a comercios e bancos, entre outros establecementos. O importe medio dos pagos supera os 113 euros. Na 2F, na que están encadrados tabernas ou bares, esa media achégase aos 180, e vai elevándose segundo o tipo de actividade empresarial ata os máis de 400 euros da 2C ou ata os máis de 800 da 2A. Trátase sempre de cifras medias, que varían moito dentro dun mesmo epígrafe dependendo das características do local e do tipo de traballos que se leven a cabo nel.

Aprazamento dos cobros correspondentes aos atrasos

O decreto firmado onte polo alcalde contempla tamén a suspensión temporal do cobro dos atrasos da taxa de depuración. Neste caso é con carácter xeral para todos os usuarios, tamén os particulares.

Esta decisión adóitase debido ás “excepcionais circunstancias” e para non agravar máis a situación económica dos cidadáns.

Onte pola tarde, o alcalde trasladoulles aos voceiros dos grupos municipais o contido do documento e reiteroulles o seu agradecemento polo apoio que prestan ás medidas que o goberno local vai adoitando para paliar as consecuencias da crise epidémica, polas súas achegas e pola vontade de consenso que están demostrando. Este decreto únese ao aprazamento da práctica totalidade das obrigas fiscais, á suspensión de taxas coma a de terrazas e á elaboración dun plan de apoio a pemes e autónomos que se financiará con dous millóns de euros procedentes do remanente de tesourería. Mato lembrou que decretar a situación de non actividade dos establecementos que tiveron que pechar as últimas semanas é de xustiza, posto que desa maneira redúcese todo o posible un dos seus gastos fixos. O rexedor explicou tamén que a posta en marcha desta medida analizouse detidamente para acadar unha total seguridade xurídica, xa que se dispoñía de tempo suficiente antes de que se comezase a pasar ao cobro o recibo de Emafesa.

Ferrol, 9 de abril, de 2020

GABINETE DE COMUNICACIÓN DO CONCELLO DE FERROL | Casa do Concello · Praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol | Tlf. 981 944 013 | prensa@ferrol.es | https://www.ferrol.gal/

--

#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

A Plataforma difunde o Comunicado conxunto dos grupos municipais do Concello de Ferrol diante da crise provocada polo novo coronavirus Covid'19


Comunicado conxunto dos grupos municipais do Concello de Ferrol

Hoxe, 8 de abril do 2020, reuniuse de forma telemática a Xunta de Voceiros do Concello de Ferrol, presidida polo alcalde, Ángel Mato Escalona, e coa participación dos portavoces dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, Julián Reina Villalón; do Partido Popular, José Manuel Rey Varela; de Ferrol en Común, Jorge Suárez Fernández, e do Bloque Nacionalista Galego, Iván Rivas Rico, á que se uniu tamén con carácter extraordinario a concelleira delegada de Economía, Facenda e Patrimonio, Recursos Humanos, Emprego, Promoción Económica, Turismo, Estatística e Edusi, María Teresa Deus Trasobares.

Durante o encontro, todos os participantes reiteraron a súa vontade de dar pasos en común para que o Concello de Ferrol continúe cos plans destinados a paliar os efectos da crise ocasionada polo COVID-19, elevada pola Organización Mundial da Saúde a pandemia internacional o pasado 11 de marzo, tanto no plano económico coma no social.

Nese senso, os grupos municipais mostraron o seu apoio ás medidas xa implementadas polo goberno local e achegaron novas contribucións.

A reunión serviu para avanzar nun proxecto de axudas aos sectores económicos da cidade máis afectados pola suspensión das actividades non imprescindibles, ao que se destinarían -inicialmente e contemplando a posibilidade de amplialas- dous millóns esde euros procedentes dos remanentes de tesourería do Concello, ademais de para pormenorizar e analizar as medidas contempladas no novo calendario fiscal.

Tamén serviu para avanzar nun primeiro paquete de medidas sociais proposto por todos os grupos que contará cun investimento inicial de 700.000 euros. O alcalde deu conta de todas as iniciativas que o goberno local puxo en marcha durante as últimas semanas e acordou cos grupos municipais o reforzo urxente da área de Benestar do Concello mediante a incorporación de tres traballadores sociais e tres auxiliares administrativos durante o período máximo que permita a lei en circunstancias como as actuais, co obxectivo reforzar a atención ás persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade, axilizar as axudas que se veñen concedendo nas últimas semanas e avanzar na tramitación dos asuntos pendentes pola suspensión dos prazos.

Por último, tamén resolveron seguir mantendo encontros periódicos co fin de posibilitar o consenso de toda a corporación municipal de cara a que un pleno extraordinario poida aprobar por unanimidade as medidas acordadas no marco da Xunta de Voceiros.

Concello de Ferrol | Casa do Concello - Praza de Armas, s/n. - 15402 Ferrol | Tlf. 981 944 000 | https://www.ferrol.gal/

---

#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______ _______

venres, abril 03, 2020

A Plataforma quere denunciar a falta de conciencia social que amosa o Goberno Municicipal por continuar co cobro dos recibos incrementados co concepto de 'Fracción Taxa Depuración (Atrasos)', que está enviando Emafesa a máis de 30.000 fogares de Ferrol


A Plataforma quere denunciar a falta de conciencia social que amosa o Goberno Municicipal por continuar co cobro dos recibos incrementados co concepto de "Fracción Taxa Depuración (Atrasos)", que está enviando Emafesa a máis de 30.000 fogares de Ferrol.

Diante da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo novo coronavirus Covid-19, que a OMS elevou a pandemia -ao haber infectadas en todos os continentes-, o Goberno Español acordou, o pasado 14 de marzo de 2020, declarar o Estado de Alarma (polo de agora prorrogado até o 11 de abril), que acompañou cunha serie de medidas sanitarias, económicas e sociais, para facer fronte a esta especial conxuntura de emerxencia, de circunstancias moi extraordinarias. Situación que implica un confinamento e distanciamento social que na práctica limita dereitos e causa un empobrecemento da poboación, cun maior desemprego, ERTEs, paralización económica, autónomos ... Por outra parte, o peche ou paso a servizos mínimos de administracións, institucións ou organismos, no seu conxunto limita as posibilidades de exercicio dos dereitos da veciñanza, a defender-se do que consideramos unha inxustiza manifesta: o cobro dunha Taxa de Depuración, por un período onde non se prestou o servizo (máis de 7,12 millóns de euros de 31 meses). A Plataforma tivo que renunciar ao dereito de manifestación (a planificada para o pasado 26 de marzo); non se puideron seguir facendo actos públicos e de contacto coa veciñanza; non se puido continuar coa campaña de recursos; paralizou-se a Queixa e a entrevista coa Valedora do Pobo prevista para o 18 do pasado mes de marzo, entre outros atrancos. Mais parece que o Goberno Municipal de Ferrol non amosa sensibilidade ante esta especial situación de Estado de Alarma e deixa que Emafesa pase a cobro eses supostos atrasos que incrementan de xeito considerábel os recibos dos servizos municipais.

Rede de Sumidoiros

Ademais de ter que pagar por un período onde non se prestou o servizo de depuración, levamos seis anos cunha Taxa de Depuración que só estaba pensada para o ano 2014, avultada, como mínimo, un 20% segundo todos os informes emitidos e recoñecido polo propio Concello e a outra "taxa" -que agora se lle chama prestación patrimonial de carácter público non tributaria-, a que no recibo ven coa denominación de Saneamento (mais que se refire á rede de sumidoiros)[1] sen revisar, despois que desde abril de 2017, é outra empresa a que realiza unha parte do servizo que viña facendo até entón Emafesa e agora fai Acuaes, a través da concesionaria Viaqua.

Recimil

Preocúpanos en especial, a inxustiza que se está cometendo coa veciñanza de Recimil e das antigas sindicais de San Pablo e Serantes, onde se lles está cobrando como se o consumo fose de 20 m3 (bimensuais) por fogar, independentemente do número de persoas que vivan en cada vivenda, unha situación provisional que se ven alongando desde que Emafesa se fixo cargo do servizo no ano 2000. Sobre todo despois de que o pleno do pasado 27 de febreiro acordara solucionar esta inxusta situación por unanimidade.

Suspensión do cobro dos supostos atrasos da taxa depuración

Diante desta situación de crise sanitaria coa súa vertente económica e social, a Plataforma exixe ao Goberno Municipal a paralización do cobro dos supostos atrasos polo taxa de depuración, que está enviando Emafesa estes días. E que unha vez pasada esta situación de confinamento e de distanciamento social, o Goberno Municipal convoque unha mesa de diálogo, onde podamos solucionar, dunha vez por todas, esta inxustiza.

Notas.-

[1] Por acordo do Pleno do Concello de Ferrol, celebrado o 6 de novembro de 2018 aprobouse o cambio de denominación e con el, tamén o de concepto de taxa, polo de prestacións patrimoniais de carácter público non tributario. Polo tanto non só se introducía unha modificación terminolóxica, senón que ten un novo carácter técnico e xurídico. A nova "Lei de contratos do sector público" aprobada en 2017, mais que entrou en vigor en marzo de 2018, na súa disposición final duodécima, introduce unha modificación no artigo 20 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da "Lei Reguladora das Facendas Locais", modificación que implica que naqueles servizos públicos que se prestan en réxime de xestión indirecta, ou de xestión directa mediante personifiación privada carecerán da naturaleza xurídica de taxa, tendo a condición de prestacións patrimoniais de carácter público non tributario. Disposición entre outras que foi recorrida ante o Tribunal Constitucional, o cal xa ditou sentenza rexeitando o recurso e dando validez á disposición e ao novo articulado da Lei. | Ordenanza nº 2 reguladora da prestación patrimonial de carácter público non tributaria da rede de sumidoiros | Acceder/Baixar.

[2] Esta adxudicación supón unha redución do custo actual de operación e mantemento que leva a cabo ACUAES en 36.502 euros ao ano, segundo a propia empresa. A anterior concesionaria tamén foi Viaqua en marzo de 2017. Adxudicación febreiro de 2017: Nova - Licitación - Adxudicación - Ficha. | Adxudicación maio de 2019: Nova - Licitación - Adxudicación - Ficha.

#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

martes, marzo 17, 2020

Aínda que a crise de saúde pública, provocada polo novo coronavirus (Covid-19) eclipsa case toda a info, desde a Plataforma queremos deixar constancia da situación da batalla contra a fraude dos recibos da depuración, do período onde non se prestaba o servizo - A Valedora do Pobo de Galicia


xoves, marzo 12, 2020

A Plataforma suspende todos o actos públicos, asembleas programadas e a concentración que estaba convocada para o xoves 26 de marzo


A Plataforma, por mor da pandemia e atendendo ás recomendacións dos responsábeis da saúde pública, suspende todos o actos públicos, asembleas e a concentración que estaba convocada para o 26 de marzo.

Polo que o acto público de hoxe pola tarde previsto realizar en Recimil e o do luns 16 deste mes de marzo en Caranza quedan anulados.

Continuaremos a nosa actividade polos medios adecuados á situación, do que informaremos puntualmente.

#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

mércores, marzo 11, 2020

Esta semana dous Actos Públicos da Plataforma polo asunto dos recibos de Emafesa, o mércores 11 en Canido e o xoves 12 en Recimil


A Plataforma no último mes do pasado ano, comezaba unha campaña, con actos públicos, mesas informativas, intervencións nos plenos, recursos e queixas que pretende catalizar nunha concentración veciñal, o último xoves deste mes, o 26 de marzo, coincidindo co Pleno Ordinario. Será na parte traseira do Pazo Municipal do Concello de Ferrol, na rúa María, desde as 18:30hs, pois a Praza de Armas aínda non será inaugurada até principios de abril.

Mañá e pasado mañá, están convocados dous actos públicos, dos que queremos a dar conta:

🌀 Mércores 11 de marzo, ás 7 da tarde Asemblea Veciñal no Centro Cívico de Canido.

🌀 Xoves 12, ás 7 da tarde, Asemblea Veciñal, no salón de actos do CIFP Ferrolterra (Escola de formación profesional, tamén chamada "Maestría do Pilar"), na Rúa Ramón y Cajal, s/n, no barrio de Recimil, para os barrios de Esteiro, Ultramar e Recimil.

Son 7.129.145,59 euros (Incluído IVA) que se lle pasan a cobro a máis de 30.000 fogares, por parte de Emafesa, por resolución do Concello de Ferrol, en concepto de taxa de depuración de augas residuais, por un período de 31 meses (setembro/2014 a marzo/2017) onde non se prestou o servizo.

Con estas facturas estanse cargando os custes da reparación, arranque, posta en marcha e período de probas do sistema de saneamento, depuración e interceptación, só a unha parte da veciñanza de Ferrol.

Unhas infraestruturas que son de carácter supramunicipal que benefician por igual tanto a toda a veciñanza de Ferrol, como á de Narón, como nun futuro á de Neda.

A Plataforma considera este, un acto administrativo de discriminación, ao tratar de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel. Vulnerando co mesmo, o principio de igualdade recollido no artigo 14 da Constitución Española e no artigo 21 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e de toda a normativa que deles emana.

Que en todo caso deberían ser os concellos de Ferrol e Narón, a Xunta de Galicia e a administración central quen, con recursos propios, fixeran fronte á cobertura do custe real dese período de reparación, posta en marcha e probas, nunca a veciñanza á que non se lle prestou o servizo.

➤ Cartaz de difusión dos Actos Veciñais que van ter lugar en Canido, Recimil-Esteiro-Ultramar e Caranza. | En formato pdf DIN-A3. | Acceder/Baixar.

#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

venres, marzo 06, 2020

Queixa á Valedora do Pobo, contra o Concello de Ferrol e no seu caso contra Emafesa, por cobrar á veciñanza a taxa de depuración do período onde non se prestaba o servizo - Escrito de Queixa e Modelo de Adehesión


O pasado 4 de febreiro, a Plataforma presentou, en Ferrol, escrito de Queixa á Valedora do Pobo, contra o Concello de Ferrol e no seu caso contra Emafesa, por cobrar á veciñanza a taxa de depuración do período onde non se prestaba o servizo. Escrito de Queixa presentado no rexistro xeral da Xunta de Galicia que está situado no 1º andar, do Edificio Administrativo, que ten a administración autónoma na Praza Amada Garcia. A Valedora do Pobo acusou recibo da Queixa, informando que pasaría ao seu estudo, antes de admitilo a trámite, e asignou un número de Expediente, nomeando responsábel do mesmo a María del Carmen Cuiñas Durán, que dentro do organigrama da institución, leva as áreas de 'Urbanismo' e de 'Corporacións Locais e Servizos Municipais'. Nas distintas mesas-info que instalamos nas rúas, estamos informando desta Queixa e convidamos ás veciñas e veciños a presentar adhesión á mesma, mediante escrito dirixido á Valedora do Pobo.

➤ Queixa da Plataforma á Valedora. 110 páxinas en formato pdf. | Acceder/baixar.

➤ Modelo de Queixa á Valedora, para entregar no Rexistro Xeral da Xunta en Ferrol ou a través da rede. | Acceder/Baixar.

➤ Funcións da Valedora do Pobo. | Normativa:

>> Artigo.13.b) Os actos e resolucións da Administración local, incluídos os seus organismos autónomos, así como as empresas e entes públicos ou participados que dela dependan, no ámbito das competencias que corresponden á Comunidade Autónoma, de conformidade co Estatuto de autonomía e a lexislación vixente.>>

... e outros da LEI 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo (Modificada polas Leis: 3/1994, do 18 de xullo; 1/2002, do 26 de marzo; 8/2008, do 10 de xullo; 10/2012, de 3 de agosto y 1/2016, de 18 de xaneiro). |Ir á Web Oficial.

➤ Cartaz de difusión dos Actos Veciñais que van ter lugar en Canido, Recimil-Esteiro-Ultramar e Caranza. | En formato pdf DIN-A3. | Acceder/Baixar.

#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

mércores, marzo 04, 2020

No mes de marzo a Plataforma intensifica a actividade contra a taxa de depuración das augas residuais, do período cando non se prestaba o servizo, para rematar nunha mobilización a finais de mes - Modelo Recurso e Queixa - Cartaz para difusión dos actos veciñais


A Plataforma segue coa denuncia pública e na promoción de presentación de recursos e queixas, contra o Concello de Ferrol e a Empresa Mixta de Aguas de Ferrol, S.A. -EMAFESA, por presentar facturas por un importe de 7.129.145,59 euros (Incluído IVA) que se lle pasan a cobro a mais de 30.000 fogares, por parte de Emafesa, por resolución do Concello de Ferrol, en concepto de taxa de depuración de augas residuais, por un período de 31 meses (setembro/2014 a marzo/2017) onde non se prestou o servizo. Cargando deste xeito os custes da reparación, arranque, posta en marcha e período de probas do sistema de saneamento, depuración e interceptación, só a unha parte da veciñanza de Ferrol. Unhas infraestruturas que son de carácter supramunicipal que benefician por igual tanto a toda a veciñanza de Ferrol, como á de Narón, como nun futuro á de Neda. Ademais considera este, un acto administrativo de discriminación, ao tratar de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel. Vulnerando co mesmo, o principio de igualdade recollido no artigo 14 da Constitución Española e no artigo 21 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e de toda a normativa que deles emana.

Que en todo caso deberían ser os concellos de Ferrol e Narón, a Xunta de Galicia e a administración central quen, con recursos propios, fixeran fronte á cobertura do custe real dese período de reparación, posta en marcha e probas, nunca a veciñanza á que non se lle prestou o servizo.

A coordinadora da Plataforma  elaborou un calendario para Marzo, na campaña informativa, de concienciación e de presentación de recursos ao Concello e queixas á Valedora do Pobo:

💧 Xoves 5, de 10:30 a 12:30 horas, mesa-info na Praza Amada García, diante do Edificio da Xunta de Galicia ( no caso de que o tempo a acompañe).

💧 Venres 6, de 10:30 a 12:30 horas, mesa-info na rúa María pola parte traseira do Pazo Municipal ( no caso de que o tempo a acompañe).

💧 Mércores 11, ás 7 da tarde Asemblea Veciñal no Centro Cívico de Canido.

💧 Xoves 12, ás 7 da tarde, Asemblea Veciñal, no salón de actos do CIFP Ferrolterra (Escola de formación profesional), na Rúa Ramón y Cajal, s/n, no barrio de Recimil.

💧 Luns 16, ás 7 da tarde, Asemblea Veciñal no Centro Cívico de Caranza.

💧 Xoves 26 de marzo, ás 18:30 horas, CONCENTRACIÓN, na rúa María pola parte traseira do Pazo Municipal.
___

Documentos e material de descarga:

➤ Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

➤ Modelo de Queixa á Valedora. | Acceder/Baixar.

➤ Cartaz de difusión dos Actos Veciñais que van ter lugar en Canido, Recimil-Esteiro-Ultramar e Caranza. | En formato pdf DIN-A3. | Acceder/Baixar.

#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

xoves, febreiro 27, 2020

A Plataforma acorda manter durante unha quinta semana consecutiva a presencia de mesas-info polos barrios de Ferrol, desta vez será do 26 ao 28 de febreiro


Xa vai para cinco semanas, as que leva a Plataforma, de contacto coa veciñanza de explicación da fraude pola taxa de depuración que o Concello e Emafesa, se empeñan en facer pagar a unha parte da veciñanza de Ferrol, cando este servizo non se prestaba.

Son 31 meses (setembro 2014 - marzo/2017) e máis de 7,12 millóns que se lles están cargando a uns 30.000 mil fogares, sen que se lles prestara o servizo, cobrou-se unha taxa (contraprestación) sen que se prestara o servizo de depuración das augas residuais.

Ante a grande demanda de recursos, a Plataforma continua informando á veciñanza sobre a devolución do recibo da 'depuración das augas residuais', do período onde non se prestaba o servizo, así como continúa coa campaña de Non Pagar e da presentación do recurso no Rexistro Xeral do Concello. A Plataforma volve unha semana máis, coa campaña de difusión do Recurso contra o pago da "Taxa de Depuración das Augas Residuais" do período onde non se prestaba o servizo, con mesas informativas que se instalarán: diante do Centro Cívico de Caranza, diante do Edificio da Xunta e na porta traseira do Pazo Municipal.

Este é o novo calendario de mesas informativas para a semana que entra:

💧 Mércores 26 de febreiro, diante do centro Cívico de Caranza.

💧 Xoves 27, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia (Praza Amada Garcia).

💧 Venres 28, na rúa María, detrás do Pazo Municipal do Concello de Ferrol.

Todos os días desde as 10:30 a 12:30 horas.


Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________