Amosando publicacións coa etiqueta Verdegaia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Verdegaia. Amosar todas as publicacións

xoves, outubro 16, 2008

Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas): 26 de Outubro de 2008

De: Miguel Ángel Fernández -miguelafp@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 15 de outubro de 2008 18:51

Asunto: Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas)


Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas): 26 de Outubro de 2008

Querid@s compañeir@s:

É para min un pracer remitirvos información sobre o noso seguinte roteiro, que terá lugar o vindeiro 26 de outubro.

Como sempre iremos en bus, dende a escalinata de Correos en Ferrol.

Cando chamedes, lembrade dicir un nome completo e o número de persoas. Tede en conta que as prazas son limitadas.

Como información adicional que non aparece no arquivo adxunto, direivos que o percorrido discurre por unha pista forestal en bo estado e, na parte final, por pistas alfaltadas, polo que non é imprescindible que o calzado sexa de montaña.

Lembrade levar cada un/unha a súa auga e comida.

Saúdos,

Miguel.
[Para amliar o folleto clicar acima da imaxen]
[Para amliar o folleto clicar acima da imaxen]
_________________________

domingo, agosto 10, 2008

Verdegaia demanda que se paralicen os traballos de reiniciación da concentración parcelaria na parroquia de Covas polo seu impacto ambiental

De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
-ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de agosto de 2008 12:25
Asunto: Parcelaria Covas



Parcelaria Covas

Verdegaia demanda que se paralicen os traballos de reiniciación da concentración parcelaria na parroquia de Covas polo seu impacto ambiental. Denuncia que a Xunta incumpliú o seu compromiso de salvagardar tanto as zonas costeiras que integran a Rede Natura como o humidal das Cabazas. Reitera a necesidade de que a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente se fagan coa titularidade dos predios.

Ante o que semella unha reiniciación dos traballos de concentración parcelaria nas zonas costeiras de Santa Comba, Ponzos, Sartaña e As Cabazas, na parroquia de Covas (Ferrol), por parte da empresa Tragsa, consistentes no desbroce e na sinalización dos viais proxectados que quedaron por construir ou rematar, Verdegaia informa que vén de dirixirse ás Delegacións Provinciais de Medio Rural e de Medio Ambiente para esixir a paralización inmediata destes traballos, ao efectuárense sobre hábitats naturais de interese comunitario que motivaron a inclusión das citadas zonas costeiras na Rede Natura 2000 (L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño).

Tanto a construción de viais como a creación de novas parcelas efectuados nas zonas de Sta. Comba, Ponzos, Sartaña e As Cabazas até a data de paralización, conlevou o fraccionamento e a degradación de humidais e de zonas dunares existentes, entre outros hábitats naturais protexidos. Pretender continuar cos traballos de parcelación nos termos previstos inicialmente resultaría unha nova agresión que non se pode tolerar máis, dado que agravaría máis ainda o deterioro ambiental de ditas zonas costeiras. Lembramos, que trala ocupación dos novos predios, Verdegaia leva denunciado o verquido de entullos e a plantación ilegal de eucaliptos, chopos e piñeiros nas zonas de humidal, incendios forestais intencionados, etc. A concentración parcelaria supuxo, ademáis, a desaparición das práticas agrícolas tradicionais nestas zonas.

Cabe lembrar tamén que existen informes da propia Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) que poñen de manifesto a situación irregular do devandito proceso concentrador, ao vulnerarse varias normativas ambientais, e nos que ademáis se recomenda excluir de novo as citadas zonas costeiras do proceso concentrador, tanto por razóns ambientais como por careceren de valor productivo agrario.

Con dita actitude, tanto a Consellería de Medio Ambiente como a de Medio Rural están vulnerando o compromiso adquirido con Verdegaia en varias xuntanzas mantidas nos últimos anos de salvagardar as zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, integradas na Rede Natura 2000, e de protexer legalmente o humidal das Cabazas para que o Ministerio de Medio Ambiente poida adquirir os terreos. En calquera caso, con compromiso ou sen el, a Xunta de Galicia ten o deber legal de salvagardar tanto os espazos naturais da Rede Natura como os hábitats naturais e as especies que os integran, lembrando que o interese xeral debe prevalecer sempre sobre calquera outro interese particular ou partidista.

Por último, queremos reiterar unha vez máis a necesidade de que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Medio Ambiente se fagan coa titularidade dos predios existentes nas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña, Ponzos e As Cabazas, tal e como xa se plantexou formalmente en diferentes ocasións, como única solución viabel para preservar os valores naturais de ditas zonas. Pretender continuar coa concentración parcelaria nesas zonas suporía prolongar máis aínda o conflicto, dado que nos veríamos na obriga de iniciar accións legais contra a Xunta e, chegado o caso, mesmo paralizar nós mesmos as obras.

Máis información: 616039268.
ferrol@verdegaia.org
www.verdegaia.org
_________________

luns, febreiro 25, 2008

Denuncian o comezo do enchido do oco da Mina das Pontes nas condicións máis perigosas de todas as opcións posibeis

FUSQUENLLA, ADEGA-TRASANCOS, VERDEGAIA E SGHN-FERROL DENUNCIAN O COMEZO DO ENCHIDO DO OCO DA MINA DE AS PONTES NAS CONDICIÓNS MÁIS PERIGOSAS DE TODAS AS OPCIÓNS POSIVEIS

http://www.tecnomaps.com/wp-content/Mina_de_As_Pontes.jpg

A principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase do Eume para mediados dese mesmo mes. As entidades Fusquenlla, ADEGA-Trasancos, Verdegaia e SGHN-Ferrol solicitaron nesas datas á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal consideravel con respecto a outros anos. Como en anteriores ocasións, non se recibiu notificación algunha por parte da Consellería, pero o certo é que a moratoria se levou adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina.

Mina de As Pontes en Google Maps

O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción ocasionaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago, unha vez enchido este, e por rebouse, considerándose que sería maior a afección que no suposto dun enchido forzado a base do transvase do Eume.

mina a cielo abierto de As Pontes

Así, na páxina 341 do Estudo de Impacto Ambiental sinálase o seguinte:

“Para la alternativa del llenado pasivo se han obtenido valores de calidad negativos en el 47,69% de los indicadores ambientales analizados, lo que supone una afección negativa en casi la mitad de los parámetros estudiados.(…) La calidad ambiental alcanzada estaría por debajo de los niveles de restauración que requiere el hueco de mina…”

Na páxina 343 indícase:

En la evaluación ambiental obtenida para la alternativa del llenado pasivo… todos los indicadores ambientales analizados sufrirían impactos ambientales negativos, directos, acumulativos y/o sinérgicos, a corto plazo, permanentes, irreversibles, continuos y críticos, porque supondrían el desarrollo de un proyecto aleatorio sin ningún tipo de control ni habría posibilidad de aplicar las medidas correctoras adecuadas para lograr un mínimo de calidad ambiental exigido.”

Atopámonos, pois, cun empeoramento da situación, xa que se opta agora polo peor dos escenarios e, visto o que se dixo enriba, cun considerable incremento dos riscos que este proxecto conleva. ENDESA non é descoñecedora dos cambios climatolóxicos actuais, que, de repetirse en anos posteriores, impedirían o Enchido Forzado a base dun transvase. Así e todo, non cejan no seu empeño a pesar das nefastas repercusións que tería. Pouco importa que isto afecte ao Parque Natural das Fragas do Eume, a mellor representación de bosque atlántico europeo, nin o perigo de contaminación de acuíferos, nin os cambios atmosféricos que afectarían á poboación de As Pontes, con repercusións inluso sobre a saúde das persoas. Agora si, queda claro que o seu único obxectivo é acadar a máxima rendibilidade na empresa.

Por estas razóns, as entidades citadas novamente denuncian este asunto ante a Consellería de Medio Ambiente e con notificación á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, solicitando que cese o enchido e se realice o inmediato desaloxo, por medio de bombeo, das augas acumuladas no fondo da mina. Malia que isto supón unha contaminación suplementaria á xa existente para o río Eume, aínda non tería un carácter irreversivel, cousa que si ocurriría unha vez que o volume de auga fixese imposivel o bombeo.

Escrito ao Fiscal Xefe do TSXG Fiscalia de Medio Ambiente

Escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
_________________

Enlaces relacionados:

ADEGA, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian que Endesa comezou a cubrir a explotación mineira coas augas de choiva acumuladas nas súas inmediacións
[23.02.2008]

Adega-Trasancos, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian o enchido pasivo do oco da mina que Endesa ten en As Pontes
[22.02.2008]

O colectivo ecoloxista Erva considera que a lagoa artificial que ha asolagar a mina das Pontes responde á "vontade do bipartito" de levar a papeleira para este concello. Por Antía Rodríguez
[25.01.2008]

O lago artificial das Pontes, para os vertidos da nova Ence? Por Esther Rodríguez
[25.01.2008]

Erva denuncia o proxecto do lago das Pontes como tapadeira dos verquidos da futura ENCE
Polo Grupo Ecoloxista Erva
[24.01.2008]

O lago das Pontes, por Marcelino Fernández Mallo
[19.10.2007]

A Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla contra o lago da mina de As Pontes
[09.10.2007]

Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente
[15.02.2007]

Recuperación da Mina das Pontes: A FGG lamenta que se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro

[14.02.2007]

Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa

[09.12.2006]

Xornadas: Restauracion Mina das Pontes, 2 de decembro
[30.11.2006]
______________

venres, decembro 28, 2007

Entidades ambientalistas locais denuncián a tramitación da licenza urbanística outorgada á nova planta de biodiésel

De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2007 18:50
Asunto: Biodiesel


GRUPOS AMBIENTALISTAS DENUNCIAN A TRAMITACIÓN DA LICENZA URBANÍSTICA OUTORGADA Á NOVA PLANTA DE BIODIÉSEL

As entidades medioambientalistas Verdegaia-Ferrol, ADEGA-Trasancos e SGHN-Ferrol denuncian diante da administración autonómica o xeito en que se desenvolveu a tramitación de outorgamento de licenza, polo Concello de Ferrol, a Infinitas Renovables S.A., empresa que pretende instalarse no Porto Exterior de Ferrol, para producir 300.000 Tm anuais de biodiésel, a base de produtos vexetais (aceite de palma africana procedente de Malasia, soia, etc).

O Concello outorgou licenza de obra previamente a ser concedida a licenza de apertura, cando segundo a LOUGA (Lei de Ordenación Urbanística), a licenza de apertura obteráse con anterioridade, ou polo menos simultaneamente á licenza urbanística.

Estas entidades cuestionan a non obrigatoriedade de someter o proxecto ao Estudo de Impacto Ambiental, así como que non se cumpra coa distancia mínima de 2.000 m con respecto dos núcleos habitables máis próximos, esixibles pola lexislación que rexe as a actividades molestas, insalubres e perigosas.

Denuncian tamén que se tivera outorgado a licenza seguindo un procedemento de urxencia, días antes de ter rematado o prazo de presentación de alegacións, motivo polo que non foron atendidas as súas reclamacións.

Por outra banda, non queda moi claro no expediente se esta empresa vai ser ubicada na segunda fase do Porto Exterior. Se así fose, non se comprende o trámite de urxencia ao que foi sometida a tramitación do expediente, xa que dita fase aínda non comezou e a construción da industria tería un límite de seis meses despois de serlle outorgada a licenza para o inicio.

Estas entidades, xunto con outros colectivos, puxeron en movemento dende hai xa dous meses, unha Mesa sobre Agrocombustibles, que pretende ser un foro de debate sobre esta cuestión.

A obrigatoriedade, por parte da Unión Europea e mais da lexislación española, de utilizar nos combustibles para automoción un 6% de biocombustibles para 2010 e os problemas que estas políticas están orixinando en países empobrecidos, na súa maior parte tropicais, dado que as materias primas empregadas proceden practicamente na súa totalidade destas zonas, terían que obrigar aos países ricos a non adoptar medidas precipitadas sen analizar en profundidade as repercusións que producirán a escala mundial: deforestación de bosques tropicais, ameaza á seguridade alimentaria destas zonas, perda de terras de cultivo, contaminación de solos e de augas, etc. Máxime cando non hai acordo nos datos extraídos das investigacións feitas para calcular a cantidade total de combustibles fósiles necesarios para producir os biocombustibles.

_________

Os agrocombustibeis a debate.

Novo Blog Comarcal para debater sobre os agrocombustibeis, dado que no porto exterior da Ría de Ferrol, estase a construir unha planta de biodiésel e agora o Concello de Ferrol deu vía libre a outra nova tramitación de licenza, para a construción doutra planta máis por parte da empresa Infinita Renovables, S. A.

Participa no debate !!

http://agrocombustibeisadebate.blogaliza.org/

____________
ADEGA-Trasancos
SGHN-Ferrol- Blog
SGHN-Ferrol-Web
Verdegaia-Ferrol
________________

Información relacionada no Blog da PA21:

Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol e enlaces para documentación e lexislación
____________

luns, decembro 03, 2007

O Premio "Semente" de VERDEGAIA, para a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de dezembro de 2007 17:23
Asunto: PREMIO SEMENTE VERDEGAIA


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

PREMIO SEMENTE VERDEGAIA

Onte día 1 de decembro a asociación ecoloxista VERDEGAIA fíxonos entrega do premio SEMENTE 2007 á Plataforma de Veciños O Cruceiro de Mehá

Quremos facer público o noso agradecemento pola atención recibida desde o primeiro día do noso peche no concello de Mugardos por devandita asociación, así como das frecuentes visitas dun bo número dos seus compoñentes.

Grazas a todos e sabede que desde a nosa plataforma "O Cruceiro de Mehá" seguimos pelexando porque a planta de gas sexa trasladada fora da ría de Ferrol a outra ubicación menos perigosa para todos.

VENCEREMOS

NOTA: Adxunto fotografias do acto Asociación Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá Página Web: http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
e-mail: ocruceiromeha@yahoo.es

Teléfono asociación 699548246

Presidenta: Luz Marina Torrente

_______________


______________________________________



____________________________________

Verdegaia.-


Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta.

Enderezo: Apdo. Correos nº 49 - Santiago de Compostela [ 15870 ]

Correo-e: info@verdegaia.orgEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Teléfono: 622 033 665 - 629 835 351


Núcleos Comarcais:

______
web nacional:

http://www.verdegaia.org/
______________

domingo, novembro 18, 2007

A entrega de premios á Mellor e Peor Actuación Ambiental 2007 que terá lugar o vindeiro 1 de decembro do 2007 en Ferrol

De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
-ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de novembro de 2007 19:34
Asunto: Convite Premios Verdegaia 2007



Premios Verdegaia 2007





XANTAR DE ENTREGA DE PREMIOS Á MELLOR E PEOR ACTUACIÓN AMBIENTAL 2007


Estimados/as amigos/as:

En nome do Núcleo Comarcal de Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal quérovos convidar á entrega de premios á Mellor e Peor Actuación Ambiental 2007 que terá lugar o vindeiro 1 de decembro do 2007 en Ferrol no transcurso dun xantar.

Esta iniciativa pretende contribuir aos fins da propia asociación, como son a defensa da sustentabilidade ecolóxica, a xustiza social e a paz, salientando publicamente aquelas actuacións respetuosas co medio, ou aquelas outras manifestamente irresponsables. Tamén pretendemos fortalecer os vínculos con outros colectivos cos que habitualmente compartimos espacios de encontro e traballo. Por iso gustaríanos contar coa vosa presencia o 1 de decembro na entrega de premios á Mellor e Peor Actuación Ambiental de 2007.

Para asistir cómpre facer unha preinscripción co obxecto de facer unha estimación dos asistentes e así poder buscar o sitio máis axeitado a un precio asequible. Finalmente, porémonos en contacto de novo con vosoutros para especificar os detalles deste acto.

Inscripcións: ferrol@verdegaia.org ou 636 958 728

Un saúdo,

Mónica Arto Blanco
Verdegaia

http://verdegaia.org
________________

venres, novembro 02, 2007

Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón






De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal

-ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de novembro de 2007 00:44

Asunto: Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón.

Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.

O percorrido comezará na parroquia de Grañas do Sor, no lugar coñecido como Ribeira do Bispo, e continuará sempre seguindo o percurso do río ata a zona recreativa de Ponte Segade, onde terá lugar o xantar. Pola tarde continuará a andaina ata chegar á fervenza de Augas Caídas onde rematará, completando un percorrido total de 14, 5 km cunha dificultade considerada como media-baixa.

Para dita actividade a asociación poñerá a disposición dos participantes un bus que partirá da escalinata de Correos en Ferrol o domingo 11 ás 9:30 h, estando prevista como hora de volta as 7 da tarde. O prezo será de 4 € para os/as non socios/as e de 2,50 € para os/as socios/as. O número de prazas é de 30 e o prazo de inscrición rematará o día 8 de novembro. Cómpre levar o xantar e ropa e calzado axeitados.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden facer a súa reserva chamando aos teléfonos 981320235 ou 661636946.
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
ferrol@verdegaia.org

...

http://www.verdegaia.org
______________

sábado, abril 14, 2007

Desde Ferrol ao Roteiro por Carnota convocado polos afectados da piscifactoría de Quilmas

De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal -ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Abril de 2007 17:01
Asunto: ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS


Pregamos difusión

ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS

Verdegaia quere apoiar o roteiro reenvidicativo organizado polos afectados da piscifactoría de quilmas (Carnota) que terá lugar o domingo 22 de abril, por iso fletará un bus, que sairá ás 8.00h da escalinata de correos en Ferrol, parará en Santiago a recoller xente e chegará a Carnota para asistir o citado roteiro.

O proxecto de ampliación da piscifactoría de Quilmas, afectaría LIC Carnota-Monte Pindo, incluído na rede Natura 2000 e declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo decreto 72/2.004, onde existen hábitats naturais prioritarios, vulnerando así o establecido na Directiva 92/43/CEE e no Real Decreto 1997/1995, de 7 de Decembro de Conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.

Entre estes hábitats prioritarios afectados figuran dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (“dunas grises”), dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea), matorrais arborescentes de Laurus nobilis, zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea, e xa na zona húmida perto da praia de Quilmas, vexetación anual con Salicornia e outras especies de zonas húmidas e areosas.

saída: 8.00h escalinata de correos en Ferrol.

chegada a santiago: aproximadamente 9.30 (parará a recoller xente na estación de autobuses por onde están os taxis e sairá xa para Carnota)

Regreso: entre ás 16.00h e ás 17.00h

Prezo: 7’50 € ida e volta incluído.

Nota: levar comida, bebida e calzado cómodo.

Contacto: 699 897 712 (Mónica) 661 636 946 (Miguel)
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal