venres, decembro 06, 2019

Canido, Caranza e Ultramar, foron os lugares onde a Plataforma realizou as súas primeiras asembleas veciñais, e os seus primeiros actos informativos, da nova campaña contra o cobro dos recibos da depuración, do período onde non se prestaba o servizo - O mércores 11 de decembro terá lugar en Esteiro a seguinte asemblea veciñal


Asemblea de Canido - Martes 3 de decembro de 2019
Asemblea de Caranza - Mércores 4 de decembro de 2019
Asemblea de Ultramar - Xoves 5 de decembro de 2019
A Plataforma realizou os seus primeiros actos informativos, cunhas significativas e participativas asembleas veciñais no Centro Cívico de Canido, no Galicia de Caranza e no Local da Asociación Veciñal de Ultramar, os días 3, 4 e 5 de decembro respectivamente. Tres actos dentro da nova campaña sobres os recibos de depuración de augas residuais, do período onde non se prestaba o servizo. Período que comprende desde o 4 de setembro de 2014 -día seguinte ao que se publicou a Ordenanza no BOP- e o 3 de abril de 2017 -día no que  ACUAES conectou os interceptores e colectores xerais ao sistema de impulsión da Cabana-. Son 31 meses onde o servizo non se prestaba, só unha pequena parte das augas residuais eran impulsadas até a estación depuradora onde por tempos aleatorios recibían un pretratamento, mais que mediante un baipás ían directamente sen depurar ao mar.

Os actos discorreron cunha pequena introdución de carácter cronolóxico, onde se trataron os aspectos máis relevantes da situación actual, despois da sentenza do TSXG a favor de Socamex, o goberno municipal renunciou a continuar co procedemento xudicial, polo que ten a intención de non presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo. A Plataforma é partidaria de continuar co procedemento, polo que chama ao goberno municipal a recorrer a sentenza ante o Supremo, ademais non hai escusa para non face-lo, hai que defender os intereses da veciñanza até o final. Mais, independentemente de que o Supremo admita ou non o recurso, a solución a este conflito non vai vir pola vía xudicial, vai ter que ser política, porque dun xeito ou outro o diñeiro para pagar o mal goberno, vai saír de onde sae sempre, dos tributos e taxas que pagamos o conxunto das veciñas e veciños. O debate é canto diñeiro e como se paga. A empresa mixta -Emafesa- terá que presentar, canto supuxeron, os gastos xustificados e auditados, no sitema de saneamento e depuración, neste longo período de 31 meses de posta en marcha, onde non se prestou o servizo. Unha parte da veciñanza de Ferrol, non podemos costear o que tiña que ser contribuído pola Administración Central, a Xunta de Galicia e os concellos de Ferrol e Narón. Mais tampouco temos que ser unha parte da veciñanza a que pague o que é un sistema de depuración, para todas as veciñas e veciños de Ferrol e Narón, e nun futuro tamén de Neda. Son  máis de 7,1 milhóns de euros (Incluído o IVA) que nos están cobrando a unha parte da veciñanza de Ferrol por un servizo que non se prestou. Unha verdadeira fraude, unha estafa á veciñanza.

Nas asembleas foron numerosos os veciños e veciñas que expuxeron as súas denuncias ante os abusos da empresa mixta, polo trato e as lecturas estimadas abusivas. Tamén a veciñanza entrou a fondo do problema da depuración e saneamento, até presentaron propostas e chamaron á concienciación e mobilización.


A Plataforma quere unha mesa de diálogo co goberno municipal, onde tamén participen as asociación veciñais. Que se recorra a sentenza do TSXG e se anulen as liquidacións e padrón municipal que permiten o cobro da facturación dos supostos atrasos que teñen previsto pasar ao cobro no 2020 e principios de 2021. Que se cuantifiquen os gastos reais de Emafesa no período dos 31 meses de posta en marcha e se distribuían entre as diferentes administracións responsábeis. Que se renoven as conversacións co concello veciño de Narón, para buscar unha solución conxunta ao sistema de saneamento e depuración. Que se derogue a actual taxa de depuración e a que se estabeleza, ten que ser unha taxa explicada, xusta e participada.

Mentres a Plataforma chama a non pagar o vindeiro recibo polos supostos atrasos de depuración das augas residuais que pretenden cobrar entre os meses de xaneiro e febreiro do vindeiro ano 2020, desta vez polo período que vai de 1 de xullo a 17 de setembro de 2015. Son 79 días, anteriores ao acordo de suspensión da taxa, polo Pleno celebrado o 18 de setembro de 2015, onde non estaba nin o persoal, nin a enerxía eléctrica contratadas, balsas e tanques con fisuras, laboratorio embalado, un baipás  para deitar as augas residuais sen depurar directamente ao mar... Todo isto segundo o informe do enxeñeiro municipal[1] da inspección realizada o 25 de agosto de 2015 e denunciado en comparecencia pública do goberno municipal os días 28 e 31 do mesmo mes de agosto.[2] E vai preparar modelo de recurso para presentar coa devolución do recibo.

A Plataforma vai iniciar accións, directa ou indirectamente, ante diferentes organismos de control das administracións e organizacións de consumidores, como son:

💧 Valedora do Pobo.
💧 Comisión Nacional dos Mercados da Competencia.
💧 Consello de Contas de Galicia.
💧 Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación.
💧 Facua.
💧 Acouga.

A vindeira Asemblea Veciñal e acto informativo terá lugar en Esteiro, no local da súa asociación veciñal, na rúa Fernando VI, Bloque 1, Baixo, o mércores 11 de decembro, ás 6 das tarde. [Cartaz B/N e Cartaz a Cor]

[1] Informe do Enxeñeiro Municipal despois da inspección ao Edar de Cabo Prioriño do 25 de agosto de 2015. | Carencia de Depuración das Augas Residuais que saen da estación depuradora - | Ir ao Documento.

[2] Web do Concello de Ferrol - venres, 28 de agosto de 2015. | O Goberno local de Ferrol destapa unha fraude a veciñanza na EDAR de Prioriño, onde non se depurou integramente nin un metro de agua desde 2014. | Ir á Web. | Web do Concello de Ferrol - luns, 31 de agosto de 2015. | O Goberno de Ferrol chegará ata o final na exixencia de responsabilidades a Urbaser polo engano na EDAR. | Ir á Web.

Documento de interese:

⏩ Detalle da acta do pleno ordinario celebrado o 28 de agosto de 2014, punto: 6.Proposta de aprobación definitiva da “Ordenanza fiscal reguladora da taxa de depuración de augas residuais para o ano 2014" | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT
____________

xoves, decembro 05, 2019

ADEGA manifesta o seu apoio ao Cumio Social polo Clima que desde o 7 ao 13 de decembro terá lugar en Madrid - O Cumio Social polo Clima constitúe un lugar común de participación e de intercambio de sinerxías e saberes por parte de activistas e defensoras da natureza dos diferentes pobos que habitamos o planeta

 

ADEGA manifesta o seu apoio ao Cumio Social polo Clima



Do 7 ao 13 de decembro terá lugar en Madrid o Cumio Social polo Clima, un espazo de encontro que se vai a desenvolver en paralelo á Conferencia das Nacións Unidas contra o Cambio Climático, a COP25. A súa vez nestas mesmas datas realizaranse en Chile o Cumio dos Pobos e o Cumio Social pola Acción Climática, encontros programados no país andino antes de que o goberno represor chileno de Sebastián Piñera decidira unilateralmente trasladar fóra de América Latina a COP25, invisibilizando así aos movementos sociais chilenos e do resto de América do Sur.


Os Pobos polo Clima

O Cumio Social polo Clima constitúe un lugar común de participación e de intercambio de sinerxías e saberes por parte de activistas e defensoras da natureza dos diferentes pobos que habitamos o planeta. Este cumio congregará a organizacións e movementos sociais de diversos territorios do mundo co obxectivo de partillar experiencias e procurar solucións e alternativas ao actual sistema capitalista.

Este contexto de participación social permitirá establecer unha axenda de accións e de estratexias para a loita contra o Cambio Climático por parte dos colectivos e das asociacións defensoras do medio ambiente e da igualdade e da xustiza social. Isto permitirá fortalecer as alianzas globais e as accións locais para poñer freo ao destrutivo modelo socioeconómico actual.

Por estes motivos, desde ADEGA adherímonos ao manifesto e amosamos o noso total apoio á realización do Cumio Social polo Clima en Madrid. Tamén desde ADEGA condenamos a brutal represión que está a sufrir o pobo chileno, así como a decisión de trasladar a realización da COP25 a un espazo eurocentrista como é o Estado Español.
Participa!

Se formas parte dalgún colectivo ou asociación podes enviar propostas de participación para conformar entre todas o programa do Cumio Social polo Clima de Madrid. Tes toda a información para axudar nisto na seguinte ligazón: https://cumbresocialclima.net/#programa

Tamén podes achegarte e participar da gran manifestación polo clima que terá lugar o 6 de decembro en Madrid. Esta marcha pola emerxencia climática sairá ás 18:00h desde Atocha até Novos Ministerios. A través da plataforma do Movemento Galego polo Clima, diferentes colectivos e asociacións galegas, entre elas ADEGA, fretarán dous autobuses para facilitar o transporte.

Aínda fican prazas libres no bus 1 que vai e vén o xoves 6 de decembro. Se quereres solicitar praza chama de inmediato ao teléfono 609 474 465. Podes consultar os horarios de saída na infografía achegada polo Movemento galego polo Clima ao final deste artigo.

Por último, tamén podes difundir a través das redes as diferentes actividades e a programación do Cumio Social polo Clima, así como o cartaz da gran manifestación polo clima deste 6D.

#COPForFuture


Ligazón:
Cumio Social polo Clima
Manifesto: 6D – O MUNDO ESPERTÓ ANTE A EMERXENCIA CLIMÁTICA
Solicitude de transporte a aloxamento para a manifestación do 6D

Publicado por ADEGA 03.12.2019

_____________

sábado, novembro 30, 2019

A Plataforma pola remunicipalización comeza unha nova campaña de información respecto ao recibo da taxa depuración de Ferrol, facendo asembleas veciñais en diferentes barrios do Concello, comezando por Canido, Caranza e Ultramar


A 'Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, comeza unha nova campaña de información respecto dos recibos dos supostos atrasos da taxa de "depuración de augas residuais" de Ferrol. Uns recibos por un período de 31 meses onde non se prestaba o servizo, e polo que se reclama o pago de máis de 7,1 millóns de euros máis que á veciñanza de Narón, tendo a mesma depuradora, estación impulsora, emisarios submarinos e terrestres, e sistema de intercepción (tanques de tormenta, aliviadeiros, interceptores e colectores xerais).

Está campaña comezará, polos barrios de Canido, Caranza e Ultramar, onde se realizarán diferentes Asembleas Veciñais, para informar da situación actual despois da Sentenza do TSXG; da posición dos diferentes grupos municipais no pasado Pleno do 28 de novembro; dos vindeiros recibos que se van pasar a cobro nos meses de xaneiro e febreiro de 2020; da posición da Plataforma e o porqué.

En Canido, o martes 3 de decembro, no Centro Cívico, na Rúa Poeta Pérez Parallé S/N.

En Caranza, o mércores 4 de decembro, na SCDR Galicia de Caranza, na Avenida de Castelao, S/N.

En Ultramar, o xoves 5 de decembro, no local da Asociación Veciñal, na Rúa Sartaña, 20.

Todos os actos terán lugar ás 6 da tarde.

A Plataforma segue considerando que non se debe pasar a cobro os recibos da Depuración por un período no que non se prestaba o servizo. Os recibos que Emafesa está pasando a cobro en concepto de atrasos de "Depuración de augas residuais" e que pensa seguir pasando até febreiro de 2021, por un período que vai desde o 1 de setembro de 2014 até o 31 de marzo de 2017. Un período de 31 meses, onde aínda non se comezara a depurar, pois a grande maioría do caudal, previsto depurar, seguía vertendo-se á Ría, dado que os interceptores non estaban conectados, nin rematadas as obras dos colectores e interceptores xerais. Conexión que se comezou a producir progresivamente desde o 3 de abril de 2017, até o 14 de xuño do mesmo ano, onde a Comisión de Seguimento das obras "Interceptores xenerais da marxe dereita da Ría de Ferrol", en reunión ordinaria, analizaba o avance da posta en marcha do novo sistema de saneamento, certificando, nesa data, que o 97% das augas residuais xa eran bombeadas á Depuradora de cabo Prioriño. Quedando unicamente pendente a conexión do último tramo do rio Inxerto que sería enganchado meses máis tarde.

Así está escrito nun detalle da información facilitada por ACUAES:

"Gracias a ello, desde el pasado mes de abril se han comenzado a conectar a las nuevas infraestructuras las redes de alcantarillado municipal que recogen las aguas residuales urbanas de los barrios ferrolanos de Esteiro, Caranza, Ensanche-A, Ultramar, Recimil, San Xoán, Sta Cecilia y una parte importante de San Pablo y Sta Mariña, y los barrios naroneses de Alto do Castaño, O Couto, A Solaina, A Gándara y Freixeiro, Piñeiros y Xubia, junto con la parte de la zona rural correspondiente a las parroquias de Castro, San Mateo, O Val y San Xiao".[*]

Ferrol, a 30 de novembro, de 2019

Nota.-

[*] A posta en funcionamento dos "Interceptores xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol", que executa o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a través da sociedade estatal Acuaes, permitiu que o 97% do caudal das augas residuais que se xeran en Ferrol e Narón sexa enviado cara á Estación de Bombeo da Malata - 14 de xuño de 2017.
[ https://www.acuaes.com/sala-de-prensa/notas-de-prensa/el-97-por-ciento-del-caudal-de-aguas-residuales-de-ferrol-y-naron-ya ]

Cartaces para difundir:

➤ Para difundir nas redes sociais (Formato png.) | Canido | Caranza | Ultramar.

➤ Para imprimir e colar nos barrios
(Formato pdf.) | Canido | Caranza | Ultramar.
________________

Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, no Pleno Ordinario do Concello de Ferrol do 28 de novembro de 2019


Cedeira: Praza 18 de Decembro - Moción, en recoñecemento aos 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas asasinados, o 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe



Cedeira: Praza 18 de Decembro

Hoxe nunha emocionante Sesión Plenaria do Concello de Cedeira foi aprobada por unanimidade unha Moción presentada pola Sección Local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, propoñendo nomear como PRAZA 18 DE DECEMBRO a coñecida como Praza dos Cabalos.

Moción presentada en presenza de Juan Antonio Fernández Rodríguez, fillo do derradeiro Alcalde da República, Manuel Fernández Freijeiro,  lérona a súa neta Teresa Fernández e Vicente Loureiro, membros  da Asociación.

A Moción, en recoñecemento aos 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas asasinados,  o 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe,  preséntase ao amparo da Lei 52/2007 que establece medidas en favor de quen padeceron persecución e represión durante a Guerra Civil e a Ditadura.

Representan tamén a un total de 39 veciños e veciñas de Cedeira que pagaron coa súa vida o seu compromiso democrático e a moitos e moitas máis que o fixeron con cárcere, torturas, usurpación dos seus bens, perda do seu modo de vida, e marxinación social, e que foron implacablemente castigados e castigadas con crueldade inusitada todos os membros da familia, sendo privados non só dos seus seres queridos , senón das súas propiedades e medios de vida.

Enrique Alonso Teijeiro | Mestre
Adolfo Bouzón Teijeiro | Mariñeiro
Antonio Castillo Domínguez | Veterinario
José Cipriano Durán Fraguela | Labrego | 2º Tte. Alcalde
Manuel Fernández Freijeiro | Militar  retirado | Alcalde
Ginés Fernández Rodríguez | Estudante e fillo do anterior
Miguel Fernández Santos | Funcionario de Correos
Isaac Forneiro Varandela | Mestre e empregado do Banco Pastor
Antonio Iglesias Freire | Mariñeiro
José Lago Beceiro | Labrego | Concelleiro
Enrique Martínez Teijeiro | Conductor de autobús
Rufino Redondo Senra | Mestre
Francisco Rodríguez  N. |  Barbeiro e Músico
Antonio Ameneiro Brage |  Veciño de Cabanas

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol

Moción presentada pola Sección Local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática | Texto.

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
29 de novembro de 2019 00:17

_______________

venres, novembro 29, 2019

Nunca Máis chama a mobilizarse: 'O Blue Star evidencia a indefensión da costa galega' - Convoca unha concentración en Ares esta sexta feira, ás 8 da tarde, na Praza do Concello


Nunca Máis chama a mobilizarse: “O Blue Star evidencia a indefensión da costa galega”


Convoca unha concentración en Ares esta sexta feira, ás 20:00 horas, na Praza do Concello. Cualifica de “escandalosa” a falla de información, critica as “decisión tardías e contraditorias” e pide a transferencia a Galiza das competencias en seguridade marítima.

Volve Nunca Máis, se algunha vez é que se foi. O amplo movemento nado a raíz do desastre do ‘Prestige’ chama a una concentración esta sexta feira en Ares (20:00 horas, Praza do Concello) con motivo do embarrancamento do ‘Blue Star’. “O accidente do quimiqueiro na costa de Ares puxo máis unha vez en evidencia a situación de indefensión da costa galega, e o auténtico despropósito na actuación do Goberno español, titular das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña”, indica a plataforma nun comunicado.

Nunca Máis pon o dedo sobre as preguntas que ao longo destes días continúan sen resposta: “descoñécese cal foi a orixe do sinistro, chamada de socorro do buque (de existir), medidas adoptadas antes do embarrancamento”,. A isto engaden as críticas a “decisións tardías e contraditorias tomadas durante a xestión posterior” ao varamento. “Resulta escandalosa a absoluta falta de información en que volve incorrer o Goberno español”, acrecentan.

A Plataforma Nunca Máis chama as entidades do sector pesqueiro e marisqueiro e ao conxunto da sociedade. a participar na mobilización. Unha concentración na que demandan varias cuestións que considera básicas: Información pública, transparente e detallada; diálogo permanente coas entidades do sector pesqueiro e marisqueiro eventualmente afectado; que as decisións relativas á protección do ecosistema mariño e da actividade produtiva pesqueira e marisqueira deben ser públicas (“a xestión do ‘Blue Star’ non pode ser un negocio”).

Pide Nunca Máis tamén a “adopción das medidas precisas para evitar o derrame das 105 toneladas de combustíbel do buque”, así como “garantir a dotación de medios, sistemas e protocolos de control de calquera incidente marítimo que se poida producir na ría de Ares”.

Por último, reclaman a “transferencia á Galiza das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña”.

Fonte: Sermos Galiza.
_________________

venres, novembro 22, 2019

AGAMME organiza as súas VII Xornadas que xirarán arredor do tema da ludopatía na infancia e na adolescencia - Hoxe venres 22 no salón de actos do Antigo Hospicio de Ferrol, dende as 6 da tarde


AGAMME organiza as súas VII Xornadas que xirarán arredor do tema da ludopatía na infancia e na adolescencia


Nos últimos meses a problemática derivada dos xogos e as apostas está presente na opinión pública. Estivo presente nos medios de comunicación ao aparecer a publicidade destes xogos, ligadas a figuras mediáticas, sobre todo deportistas, que animaban a participar coa promesa de grandes triunfos económicos e de popularidade, e estivo presente nas alarmas levantadas a través de profesionais, polo aumento das ludopatías entre a poboación máis nova. Do mesmo xeito, aínda que máis desapercibida, a patronal do xogo, realizaba un congreso na Cidade da Cultura, mentres o Parlamento de Galicia debatía sobre unha lei do xogo que divide a goberno e oposición. Na rúa, ao mesmo tempo, comeza unha mobilización popular contra as casas de apostas, con dous focos importantes: Redondela e A Coruña.

Desde AGAMME, pretendemos abordar esta problemática nunhas xornadas que terán a súa primeira sesión esta semana e que continuarán no primeiro trimestre de 2020.

Nesta primeira quenda contaremos co representante de AGALURE, Gerardo Rodríguez, e con Ana González, da Coordenadora contra a Casa de Apostas de Redondela.

Desenvolverase este venres 22 no salón de actos do Antigo Hospicio dende as 6 da tarde

Atentamente

A XUNTA DIRECTIVA DE AGAMME

Agamme.org

FACEBOOK | TWITTER

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
20 de novembro de 2019 21:05

____________

xoves, novembro 21, 2019

Atelier infantil Trabalhando a Igualdade esta sexta-feira 22 de novembro, na Fundaçom Artábria e o sábado 23: Óscar Fojo apresenta 'De ventos e lúas'


Atelier infantil Trabalhando a Igualdade esta sexta-feira 22 de novembro

Nesta sexta-feira, 22 de novembro, a partir das 19.00hs contaremos com um novo atelier infantil, desta volta com Lara Soto trabalharemos a igualdade elaborando broches feministas de Hamma Beads junto a um conto. Como sempre a inscriçom é de graça e podes fazê-lo ligando para  671 200 160 ou no correiodeartabria@gmail.com. O atelier é para crianças a partir dos 4 anos.


Óscar Fojo apresenta "De ventos e lúas" este sábado na Fundaçom Artábria

Primeira paragem com banda da tourne "De ventos e lúas" do Oscar Fojo Lamas será no nosso Centro Social. Todo um orgulho!.

Tomade nota gentalha de Trasancos porque temos concertaço este sábado 23 de novembro, a partir das 22.30hs e com entrada de graça.

E que melhor carta de apresentaçom para quem ainda nom conheza ao Óscar que da mao do Pepe Cunha Pinetrees:

Tras o proceso de micromecenado en 2018, este "momento de cantar e contar en primeira persoa neste meu primeiro disco en solitario" preséntanos unha nova etapa na carreira musical de Óscar Fojo. Até agora sabiamos del a través de bandas da zona de Ferrol (Charetas, Zinza, Morecegos, Retobato, Os Derradeiros... ) e nos últimos anos en primeira persoa como compositor e letrista das bandas El Viejo Caracol e Blah!. Son nomes que nos remiten desde o punk até o folk, pero sempre co epicentro no rock nun senso amplo. E como ten pasado con tantos nomes ao crecer ou madurar artística e vitalmente, Fojo presenta unha proposta sementada con esas experiencias en bandas e pousos e leccións aprendidas escoitando outras. No seu caso vexo desde La Polla Records e cantautores latinoamericanos até uns Guadi Galego ou Josele "Los Enemigos" Santiago.

Citar estes dous nomes ten toda a súa intención porque os vexo referentes por uns repertorios que expresan visións e emocións propias, e tamén porque Fojo ten na súa voz un selo moi característico. Por certo, encantaríame que, así como a cedeiresa o fai nunha canción deste disco, Josele cante nun dos seguintes. Si, desde xa espero máis discos porque ao tempo que "De ventos e lúas" amosa un xeito de contar o seu mundo e unha musicalidade rica (semella un acerto a coprodución de Danny Abeledo en RR Studios), tamén hai campo de mellora na lírica dunhas cancións que pecan por momentos de exceso narrativo ou espesura. Non me refiro a explotar un retrouso porque "Barquitos de papel" (un dos dous temas en castelán) non o ten e funciona, e a canción máis pop "Ao teu redil" non é a mellor do disco.

Nuns tempos que se procuran discos máis asequíbeis, de cancións máis directas ou comerciabeis, Fojo entrega cincuenta minutos que, se nos poñemos moi esixentes, poden resultar un conxunto irregular, algo habitual nun debut. Porén, todo importa menos cando aparece presentado dun xeito musicalmente tan aberto á vez que coherente, algo que non acontece tan a miúdo. O conxunto déixase chapicar con naturalidade polo reggae, o valse, o swing, o country e outros ritmos populares sen que ningún estilo domine as cancións. Para isto conta coa participación dun feixe de músicos de calidade e confianza da zona de Trasancos que van deixando as súas pegadas e facendo agradábel a escoita atenta. Entre as cancións salientaría eses dúos con Guadi Galego en "Non" (toda unha declaración de principios e favorita desde que adiantou o disco), con Silvia Fojo en "Adeus Luíña" e con Tania Redondo en "Al tiempo". Se sumamos "Volverei", "Dende arriba", "Soprando" e a máis ambiciosa "De ventos a lúas", con recitado inicial, xa mencionei máis da metade do disco. Así que deberías escoitalo. E os deseños de Lenadro Lamas para o digipack suman feermosura.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
21 de novembro de 2019 16:36
21 de novembro de 2019 16:37
___________________

Mobilización en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, contra o golpe de estado en Bolivia - Hoxe xoves 21 de novembro, ás 20:30hs, no Palco da Música do Cantón


Mobilización en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, contra o golpe de estado en Bolivia, pola democracia, en solidariedade co pobo boliviano e o seu lexitimo presidente Evo Morales.

Hoxe xoves 21 de novembro, ás 20:30hs, no Palco da Música do Cantón.

#Galiciacon Bolivia
#Galiciacon Evo
#GolpedeestadoenBolivia
#Evoelmundoestacontigo

'Paremos o golpe de Estado en Bolivia'

Máis dun cento de economistas, historiadoras, labregas, docentes, políticas e escritoras da Galiza e doutros territorios do Estado asinan o manifesto ‘Paremos o golpe de Estado en Bolivia’. 25 persoas faleceron no país após a dimisión de Evo Morales a causa da represión das forzas militares e policiais.

O manifesto comeza cos últimos datos achegados pola 'Defensoría del Pueblo de Bolivia'. “A represión levada a cabo polos que asaltaron o poder democrático en Bolivia causou até o momento 25 mortos”.

Aos últimos nove rexistrados, tiroteados na cabeza e no tórax, “hai que sumar dous máis no lugar de Sacaba, na rexión de Cochabamba, ao atacar a policía e o exército unha marcha pacífica de produtores de coca cara a capital do país, La Paz”.

Ademais, escriben, os feridos -moitos deles graves- e as persoas detidas ou desaparecidas cóntanse por centos.

Golpe represor e ditatorial

A realidade que se están a vivir en Bolivia, Ecuador, Chile, Haití ou Honduras, fainos retroceder á antesala dos peores tempos que se viviron naquela área do mundo, nas década dos 70 e os 80 do século XX”, apuntan, “a partir dos plans perpetrados desde a coñecida 'Escuela de las Américas'”.

Segundo din, “segue a funcionar noutra localización baixo o nome de 'Instituto del Hemisferio Occidental para la Cooperación en Seguridad', ao servizo do dominio norteamericano de Latinoamérica”.

Defensa da soberanía dos pobos

As asinantes do manifesto Paremos o golpe de estado en Bolivia aseguran que denunciar a natureza “represora e ditatorial do golpe de Estado en Bolivia” é un “imperativo ético e, ao tempo, unha enérxica acción na defensa das liberdades e da soberanía dos pobos”.

En consecuencia, din, “rexeitamos o recoñecemento do autoproclamado goberno de Áñez por parte dos Estados Unidos de América (EUA), Brasil e a UE e prememos a Comunidade Internacional para que actúe de contado e deteña esta barbarie”.

Asinantes

Entre as asinantes figuran profesionais da xustiza, da administración, do ensino e do mundo editorial; catedráticas, xubiladas, sindicalistas e feministas; políticas e investigadoras da Galiza, Catalunya e Euskadi, ademais doutros territorios do Estado, da Arxentina e dos EUA. Algúns nomes de persoas que asinaron o manifesto:

Ana Miranda, portavoz BNG en Europa

Paulo Carril, secretario xeral da CIG

Gorka Knorr, cantautor e político vasco

Xosé M. Núñez Seixas, historiador

Justo Beramendi, historiador

Paula Godinho , profesora Universidade Nova de Lisboa

Xurxo Borrazás, escritor.

Xosé Manuel Pereiro, xornalista.

Suso de Toro, escritor.

Uxío Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor universitario.

Eliseo Fernández, historiador.

Xosé Luis Santos Cabanas, escritor e funcionario.

Lola Varela, docente.

Dionísio Pereira, historiador.

Eliseu Carbonell, antropólogo, Catalunya.

Hernán Díaz, profesor universitario e historiador, Arxentina.

Emilio Xosé Insua, profesor e historiador.

Manuel Monge, escritor e activista.

Gonzalo Amoedo, pensionista.

Joam Lopes Facal, economista e escritor.

Antonio Pérez, antropólogo, Extremadura.

Manuel Pérez Lorenzo, historiador.

Xosé Ramón Ermida, investigador.

Carlos Velasco Souto, profesor UDC e historiador.

Lourenzo Fernández Prieto, profesor USC e historiador.

Braulio Amaro, activista social.

Xerardo Dasairas, investigador.

Olga Novo, escritora e profesora.

Xosé Álvarez Castro, profesor xubilado.

Darío Xohán Cabana, escritor.

Xavier Campos, xestor cultural e responsábel comunicación BNG.

Xosé Enrique Acuña, editor.

Héitor Picallo, escritor e ilustrador.

Xabier Pérez Dávila, economista.

Serafín Otero, responsábel local BNG Vigo.
Fonte do Maifesto: Sermos Galiza.
_____________________

Mobilizacións do 25N no 'Día Internacional Contra a Violencia Machista' - Luns 25 de novembro - Se a xustiza é machista, non é xustiza - Erradiquemos o patriarcado da xustiza coa loita feminista



[ 25N ] 📌📢📢Queremos neste 25N colocar o foco sobre a violencia xudicial que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres e as crianzas.

Nos últimos anos constatamos o incremento da toma de conciencia feminista das mulleres e dos avances formais que o feminismo organizado impulsou e conseguiu trasladar ás institucións en materia de violencia machista. Hoxe temos en marcha algunhas políticas públicas que hai 10 anos eran impensábeis, as campañas institucionais cada día avanzan na mellora da caracterización da violencia, algúns medios visibilizan as violencias con discursos non revictimizadores e as rúas énchense de mobilizacións sinalando a opresión das mulleres e a necesidade de transformar a sociedade para pórlles fin.


Mas todos estes avances resultan insuficientes cando profundizamos neles e analizamos a súa aplicación. Moitos, ademais, están reproducindo violencias contra as mulleres que temos a obriga de visibilizar e denunciar para non ficarmos nun feminismo cómodo que mire ao lonxe as grandes transformacións lexislativas ignorando a súa aplicación e a consecuencias que esta ten para a vida das mulleres.

👉 Compartimos ademáis as convocatorias do feminismo galego a nivel local e nacional que sairá este 25N á rúa en diferentes localidades.

Convocatorias do 25N:


➡️A Coruña, 20h Obelisco.
➡️A Estrada, 20:30h diante do Concello.
➡️As Pontes, 20.30h na Praça do Hospital.
➡️Betanzos, 20h. a carón do Palco da Música.
➡️Celanova, 20h na Praza Maior.
➡️Compostela, 20h Praza 8 de marzo
➡️Ferrolterra, 19h no Cantón de Molíns.
➡️Lugo, 20h diante do Concello.
➡️Marín, 20.30h Praza 8 de Marzo.
➡️Ourense, 20h subdelegación do Goberno.
➡️Pontevedra, 20h na Peregrina.
➡️Ribeira, 20h na Praza do Concello.
➡️Val Miñor, 200h no cruce da Ramallosa.
➡️Verín, 20.30h Praza do Concello.
➡️Vigo, 20h cruce de Vía Norte con Urzaiz.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da
Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
20 de novembro de 2019 11:06

__________

mércores, novembro 20, 2019

Charla-Coloquio: 'O rexurdir dos Fascismos', dirixida polo historiador Enrique Barrera - En Narón, hoxe mércores 20 de novembro, ás 8 da tarde, no Local Social d'A Gándara


Charla-Coloquio: 'O rexurdir dos Fascismos'

En Narón, o mércores 20 de novembro, ás 20:00hs, no Local Social d'A Gándara.

Dirixida polo historiador Enrique Barrera Beitia.

Organizada pola asociación Memoria Histórica Democrática.

--
Visita as nosas páxinas web:
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
⏩ En facebook: Memoria Historica Democratica
⏩ En twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
19 de novembro de 2019 07:55

______________

Un merecido recoñecemento ao compañeiro Fernando Ocampo: 'Unha vida de compromiso' - Xoves 21 de novembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán


Acto de recoñecemento a Fernando Ocampo: 'Unha vida de compromiso'

Xoves 21 de novembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán.

A asociación 'Fuco Buxán', coa colaboración do Ateneo Ferrolán e o Concello de Ferrol, fan un recoñecemento público ao activista social e cultural, Fernando Ocampo, por unha vida de compromiso político, social e cultural. Mais Fernando tamén é un artista os seus debuxos case unha crónica da historia dos últimos anos da nosa cidade, como actor no mundo do teatro e na radiofonía poñendo voz a producións históricas. Destaca a súa actividade en Fuco Buxán, Radio Filispim, Bartoleta Teatro, Memoria Histórica Democrática e no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Mais principalmente Fer Ocampo destaca como persoa humana comprometida, respectuosa, solidaria...

As compañeiras e compañeiros de Ártabra 21 manifestamos o noso máis profundo recoñecemento á vida, obra e loita do compañeiro Fernando Ocampo. Recibe un saúdo fraternal e unha agarimosa aperta.
______________

Hoxe mércores 20 de novembro, charla de Lola Ferreiro: 'As opresións patriarcais contra as mulleres e as súas consecuencias', no Ateneo ferrolán, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres


Charla de Lola Ferreiro: "As opresións patriarcais contra as mulleres e as súas consecuencias"


A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convídate a asistir a unha charla-coloquio con  Lola Ferreiro Díaz, que tratará sobre  “As opresións patriarcais contra as mulleres e as súas consecuencia”.

Celebrarase o 20 de novembro, mércores, no Ateneo ferrolán, ás  19 horas.

A nosa convidada, Lola Ferreiro Díaz, é activista feminista  e catedrática de Procesos sanitarios. Forma parte do grupo Lúa Crecente de estudo e deseño de programas de Educación para a Saúde  desde a perspectiva de xénero.

Esta actividade enmárcase na conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación das Violencias contra as Mulleres. 

Non faltes!


"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da
Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de novembro de 2019 10:09

__________

A Plataforma rexeita os argumentos da sentenza do TSXG, para non ter en conta o recurso de apelación do Concello de Ferrol, no asunto da suspensión da Taxa de Depuración e chama aos grupos municipais para que acorden interpoñer recurso ante o Tribunal Supremo - Mais reitera que o conflito que xera o cobro da Taxa de Depuración, dun período onde non se prestaba o servizo (31 meses e 7,1 millóns de euros) ven xerado pola propia presencia de Emafesa como xestora do sistema de saneamento e depuración, e que a solución a ese conflito é política


A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remuniciplización rexeita os argumentos da sentenza do TSXG, para non ter en conta o recurso de apelación do Concello de Ferrol, no asunto da suspensión da ordenanza que regula a Taxa de Depuración e chama aos grupos municipais para que acorden interpoñer recurso ante o Tribunal Supremo. A Plataforma reitera, que o conflito que xera o cobro da Taxa de Depuración, dun período onde non se prestaba o servizo (31 meses e 7,1 millóns de euros) ven xerado pola propia presencia de Emafesa como xestora do sistema de saneamento e depuración, e que a solución a ese conflito é política.

Foi o mal goberno dos anteriores alcaldes, o que provocou a situación actual de inxustiza e inestabilidade na prestación do servizo. Un, Rey Varela, por recibir unha infraestrutura que non funcionaba e impoñer unha taxa para un período onde non se prestaba o servizo, mesmo que era imposíbel presta-lo por non estar finalizada a construción dos interceptores e colectores; por entregar a xestión da depuradora de carácter supramunicipal a Emafesa, encadeando unha serie de encomendas, mesmo deixando ao marxe ao Concello de Narón, e aumentando en máis dun 20% o volume de negocio da empresa privada que a xestiona, transgredindo o disposto na LCSP [1]. E outro, Jorge Suárez, por non cumprir o acordado polo seu propio goberno en agosto de 2015 despois de constatar o engano de Emafesa e o anterior goberno, na inspección realizada onde se atoparon cunha depuradora que non funcionaba, sen persoal contratado, sen subministro eléctrico, con fisuras, ... Acordo de agosto de 2015, onde se aprobou, entre outras medidas, derogar a ordenanza, entregar a depuradora a Augas de Galicia, acudir á fiscalía, realizar unha auditoría a Emafesa.

Posición ante esta nova sentenza

En primeiro lugar manifestar a desconformidade co argumento do TSXG de que a suspensión supoñía, de facto, a derogación da ordenanza e que o Concello debeu de seguir os trámites, como afirma a Sentenza, dos preceptos correspondentes do TRLHL [2], para a derogación ou modificación da ordenanza, argumento que cae polos acontecementos posteriores, ao seguir a ordenanza en vigor, dado que non foi derogada. A proba foi o acordo plenario do Concello de Ferrol do 15 de novembro de 2017 onde se declarou finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza, dado que xa se estaba producindo o feito impoñíbel. Isto foi constatado por un informe do enxeñeiro municipal. Mesmo a Comisión Mixta de Seguimento do sistema de interceptores e colectores, confirma, como é público, documentado e notorio, que foi o 3 de abril de 2017 cando se conectaron os interceptores ao sistema e comezou o bombeo das augas residuais á depuradora de Cabo Prioriño. De feito é a data na que o Concello de Narón comeza a cobrar a Taxa aos seus veciños e veciñas. Non é de recibo, cando se menciona na sentenza a falta de tempo explícito da suspensión, por falta de límite temporal, cando queda explicito que o período de tempo, pódese determinar diante dun acontecemento concreto, como así foi a conexión dos interceptores e colectores xerais ao conxunto do sistema de saneamento e depuración, feito contrastábel. O Concello de Narón aprobou a taxa de depuración no Pleno do 30 de xuño de 2016 e só a comezou a cobrar desde o 3 de abril de 2017, data na que se comezou a dar o feito impoñíbel.

En segundo lugar, máis aló de quen sexa responsábel e das circunstancias que tiveron lugar na execución das obras e do deficiente estado das instalacións, como o atraso no remate da construción do sistema de interceptores que impediron que o servizo de depuración e tratamento de augas residuais non se puidera prestar até abril de 2017, manifestamos que a veciñanza de Ferrol, non ten obriga de pagar a taxa até ese momento, que foi cando comezou a dar-se o feito impoñíbel, como así se lles aplicou á de Narón e se lles está a aplicar as veciñas e veciños da conca d'A Malata que aínda non teñen rematadas as obras de intercepción (colectores, interceptores, tanques de tormenta, aliviaderos, ...), mais si a EBAR e a EDAR, como emisarios terrestre e submarino.

Sen entrar na imposición, no seu momento, dunha ordenanza coa que non estabamos de acordo, non participada, inxusta e avultada, e que só beneficiaba aos intereses da parte privada de Emafesa (Socamex), como no transcurso do tempo así se demostrou, non entendemos como se pode aplicar durante un período tan prolongado no tempo sen que realmente se dera o feito impoñíbel, aínda que Emafesa alegue que non foi imputábel a ela, sinalando ás diferentes administracións polos defectos de construción na infraestrutura e a ACUAES polo atraso na execución do sistema de interceptores. No importe da Taxa que contempla a citada ordenanza, recóllense os custos de arranque e posta en servizo e funcionamento, pois así figura no expediente administrativo da elaboración da mencionada ordenanza. Mais o Tribunal non argumenta o porqué as veciñas e veciños de Ferrol, suxeitos pasivos da taxa, temos que abonala aínda que a prestación do servizo público de depuración e tratamento de augas residuais non se puidera realizar á data de adopción do acordo, nin houbese lugar á efectiva posta en servizo das instalacións (como dispón no Artigo 7 da Ordenanza) [3]. Non é de recibo, para a veciñanza afectada, que teña que sufraga un custe que non lle corresponde (7,1 millóns de euros) porque o texto da ordenanza que regula a taxa recolle unha "pluralidade" de supostos suxeitos a tributación (Artigo 2 da ordenanza) [4] que na súa maioría non se dan até o mencionado 3 de abril de 2017 e un desenvolvemento "plurifásico" do servizo de recollida e tratamento das augas residuais ao longo dun período de tempo, que segundo a propia Emafesa, as diferentes fases sumarían 8 meses, mais a realidade constatou que foron 31 meses, polo simple feito de que as augas residuais non podían chegar até a depuradora. Son 23 meses máis do período "plurifásico" recollido no caducado (a principios de xuño de 2016) Protocolo de Execución Concertada acordado entre o Concello de Ferrol e Emafesa e comentadas nos informes de PROYFE [5].

A situación no sistema de saneamento e depuración das augas residuais, no momento de producir-se o acordo plenario de suspensión da ordenanza, en síntese era o que segue:

➤ Os defectos de construción e fisuras que presentaba a EDAR non foran reparadas.

➤ Os colectores xerais e os interceptores non estaban concluídos nin entregados.

➤ A EDAR non estaba posta en servizo nin explotando-se.

➤ As escasas augas residuais que chegaban á EDAR (un 1,5% da súa capacidade) non se depuraban.

Na reunión coa concelleira Ana Lamas e o concelleiro Germán Costoya, celebrada o 8 de agosto, expuxemos unha serie de alternativas para que a veciñanza de Ferrol afectada por estes cobros, non se vexa gravada na súa economía por un mal goberno e unha mala xestión. A concelleira pediu-nos un tempo prudente, para estudar as nosas propostas. Con posterioridade, o 18 de setembro solicitamos xuntanza co Alcalde, polo de agora non tivemos resposta de ningún tipo.

As nosas propostas actualizadas:

➮ Demandar do Concello que continúe co proceso xudicial, interpoñendo un recurso de casación ao Tribunal Supremo, contra a sentenza do TSXG do pasado 15 de novembro.

➮ Formar unha mesa de diálogo, para enfrontar este tema incluíndo ás asociacións veciñais, pedindo tamén o asesoramento de AEOPAS.

➮ Paralizar o cobro de recibos atrasados de depuración.

➮ Negociar coa empresa os pagos pendentes, con facturas presentadas de gastos nese período (que non se deran presentado cando se formou unha comisión para este tema na anterior corporación municipal), e no seu caso enfrontalos como subvención a través dos orzamentos xerais do concello.

➮ Realizar unha auditoría integral de xestión e económica que faga luz sobre a realidade da empresa e permita o rescate do servizo por parte do Concello.

Pola nosa parte, seguiremos co non pago dos recibos que EMAFESA presenta a cobro co concepto de “Facturación Servizo Depuración” do período onde aínda non se prestaba o servizo; iniciaremos todas as accións ao noso alcance para defendermo-nos deste atropelo con estafa, que a empresa Emafesa-Socamex impón á cidadanía de Ferrol, e seguiremos coa acción cidadá para acadar os nosos obxectivos.


Notas.-


[1] Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transponen ao ordenamiento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.

[2] Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido de la Lei Reguladora das Facendas Locais.

[3] Artigo 7.- Obrigación de retribución.

a) Servizo de recolleita e depuración de augas residuais: esta taxa ten carácter periódico. Devéñase e nace a obrigación de pago cando se inicie a actividade que constitúe o seu feito impoñíbel, entendéndose iniciada a mesma desde que teña lugar a efectiva posta en servizo das instalacións de recolleita e depuración de augas residuais, nos términos establecidos no artigo 3 (...).

[4] Artigo 2.- Feito impoñíbel.

Constitúe o feito impoñíbel desta taxa a utilización ou prestación dalgún dos servizos seguintes:

a) A prestación do servizo de recepción obrigatoria de recolleita e depuración de augas residuais (servizo de saneamento en rede primaria, en -alta-, servizo de interceptación e depuración), que inclúe os seguintes conceptos:

a.1) Mantemento e explotación da EDAR de Cabo Prioriño e do emisario submarino (en diante, servizo de depuración).

a.2) Mantemento e explotación da EBAR da Malata, emisario terrestre de Brión, emisario submarino da Malata, colector-interceptor cos seus bombeos intermedios, tanques de tormentas e alivios (en diante, servizo de interceptación).

A taxa en concepto de servizo de depuración (2.a.1) e servizo de interceptación (2.a.2) será exixible a partir da recepción e posta en servizo e explotación das instalacións da EDAR de Cabo Prioriño que motivan a súa imposición.

[5] “Protocolo de execución concertado entre o Concello de Ferrol e Emafesa para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración”. Comentados nos informes de PROYFE, empresa consultora externa, contratada pola propia Emafesa.

PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

____________

domingo, novembro 17, 2019

O vindeiro venres 22 de novembro, celebrara-se en Ferrol a primeira sesión das VII Xornadas de Agamme: 'Ludopatía en infancia e adolescencia' - No salón de actos do Antigo Hospicio, desde as 6 da tarde


O vindeiro venres día 22 de novembro, AGAMME inicia as súas VII Xornadas sobre maltrato á infancia e á adolescencia. Terán lugar no Antigo Hospicio de Ferrol ( partir das 18:00 h. e xirarán arredor da problemática da ludopatía na infancia e na adolescencia.

Nesta primeira quenda teremos a ocasión de escoitar a Gerardo Rodríguez, portavoz da Asociación AGALURE, unha entidade galega cun longo percorrido na atención a persoas afectadas pola ludopatía e no traballo de divulgación e sensibilización sobre esta realidade.

Participará tamén Ana Mª González Soto, representante da Coordenadora contra a Casa de Apostas de Redondela, entidade de recente creación que naceu co obxectivo de opoñerse á apertura do local de apostas nas inmediación dun centro educativo en Redondela e que conta cunha ampla participación do movemento social da vila galega.

O debate é especialmente necesario neste momento, tendo en conta o rápido incremento do número de locais dedicados ao xogo e ás apostas en territorio galego. Por outra banda, este ano o Parlamento de Galicia debate unha nova Lei Galega do Xogo, un feito de gran relevancia que vai determinar se se poñen ou non limitacións ás actividades desta industria coa fin de protexer á infancia e á adolescencia do contacto cos seus produtos.

Agamme.org

FACEBOOK | TWITTER

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
14 de novembro de 2019 01:20

______________

Convocada unha nova acción de protesta, ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro, que ten previsto descargar en Reganosa este martes 19 de novembro - Concentración, o mesmo día, ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol


Ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro,para descargar en Reganosa, está convocada unha nova acción de protesta en Ferrol, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo das Xunta de Galicia).

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
MARTES 19 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
(DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA)

O buque gaseiro, ten previsto descargar en Reganosa, miles de toneladas de gas natural licuado. Este buque fai o número 260 que entra na Ría de Ferrol cargado con GNL. Mentres se produza a descarga no pantalán de Punta Promontoiro (Mugardos), perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as persoas que moramos na súa contorna.

Concentración diante do edificio da Xunta en Ferrol

O Comité Cidadán convoca a participar na acción de protesta, deste martes 19 de novembro, que quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito, despois de cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, e está última ditada en xullo deste ano, onde tumba a resolución do anterior Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora.


A sentenza núm. 1075/2019 do Tribunal Supremo, de 16 de xullo de 2019, anulou o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016 polo que se declaraban excluídos do trámite de avaliación de impacto ambiental aos proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos [Sentenza].


O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Información baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan gmail.com-
16 de novembro de 2019 07:57
_______________