mércores, marzo 04, 2020

No mes de marzo a Plataforma intensifica a actividade contra a taxa de depuración das augas residuais, do período cando non se prestaba o servizo, para rematar nunha mobilización a finais de mes - Modelo Recurso e Queixa - Cartaz para difusión dos actos veciñais


A Plataforma segue coa denuncia pública e na promoción de presentación de recursos e queixas, contra o Concello de Ferrol e a Empresa Mixta de Aguas de Ferrol, S.A. -EMAFESA, por presentar facturas por un importe de 7.129.145,59 euros (Incluído IVA) que se lle pasan a cobro a mais de 30.000 fogares, por parte de Emafesa, por resolución do Concello de Ferrol, en concepto de taxa de depuración de augas residuais, por un período de 31 meses (setembro/2014 a marzo/2017) onde non se prestou o servizo. Cargando deste xeito os custes da reparación, arranque, posta en marcha e período de probas do sistema de saneamento, depuración e interceptación, só a unha parte da veciñanza de Ferrol. Unhas infraestruturas que son de carácter supramunicipal que benefician por igual tanto a toda a veciñanza de Ferrol, como á de Narón, como nun futuro á de Neda. Ademais considera este, un acto administrativo de discriminación, ao tratar de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel. Vulnerando co mesmo, o principio de igualdade recollido no artigo 14 da Constitución Española e no artigo 21 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e de toda a normativa que deles emana.

Que en todo caso deberían ser os concellos de Ferrol e Narón, a Xunta de Galicia e a administración central quen, con recursos propios, fixeran fronte á cobertura do custe real dese período de reparación, posta en marcha e probas, nunca a veciñanza á que non se lle prestou o servizo.

A coordinadora da Plataforma  elaborou un calendario para Marzo, na campaña informativa, de concienciación e de presentación de recursos ao Concello e queixas á Valedora do Pobo:

💧 Xoves 5, de 10:30 a 12:30 horas, mesa-info na Praza Amada García, diante do Edificio da Xunta de Galicia ( no caso de que o tempo a acompañe).

💧 Venres 6, de 10:30 a 12:30 horas, mesa-info na rúa María pola parte traseira do Pazo Municipal ( no caso de que o tempo a acompañe).

💧 Mércores 11, ás 7 da tarde Asemblea Veciñal no Centro Cívico de Canido.

💧 Xoves 12, ás 7 da tarde, Asemblea Veciñal, no salón de actos do CIFP Ferrolterra (Escola de formación profesional), na Rúa Ramón y Cajal, s/n, no barrio de Recimil.

💧 Luns 16, ás 7 da tarde, Asemblea Veciñal no Centro Cívico de Caranza.

💧 Xoves 26 de marzo, ás 18:30 horas, CONCENTRACIÓN, na rúa María pola parte traseira do Pazo Municipal.
___

Documentos e material de descarga:

➤ Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

➤ Modelo de Queixa á Valedora. | Acceder/Baixar.

➤ Cartaz de difusión dos Actos Veciñais que van ter lugar en Canido, Recimil-Esteiro-Ultramar e Caranza. | En formato pdf DIN-A3. | Acceder/Baixar.

#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

domingo, marzo 01, 2020

O feminismo galego en Verín: reportaxe das protagonistas - #Galegas8M







➤ A manifestación unitaria do 1-M converte Verín en epicentro do feminismo galego. | A mobilización unitaria convocada por Galegas 8-M xuntou 5.000 persoas Nas rúas da vila en defensa dos coidados e contra a violencia "institucional".| Nós Diario - 01.03.2020 | Ir á Web.

➤ "Sen nós, o mundo para", o berro das mulleres galegas dende Verín para todo o país. | Praza Pública - 01.03.2020 | Ir á Web.

➤ O feminismo galego axita os mandís e as rúas de Verín para "visibilizar o que permanece invisible" . | Á localidade ourensá chegaron unha vintena de autobuses de todo o país para pór o foco no rol dos coidados que asumen as mulleres de maneira "continua e non remunerada". O acto unitario desta mañá precede as manifestacións que se agardan para o vindeiro 8M, Día da Muller. | Galicia Confidencial - 01.03.2020 | Ir á Web.

http://galegas8m.gal/

Enlace relacionado:

'Sen coidados non hai vida', hoxe manifestación nacional en Verín: 'Mudando o sistema, derrubando o patriarcado' - Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2020 - Manifesto Feminista.
________

Rotundas rotondas, as políticas do PP, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
01.03.2020


ROTUNDAS ROTONDAS, AS POLÍTICAS DO PP


Rotundas rotondas atustulladas de trafego e presas con doadas entradas e carosas saídas. Galiza é a nazón das rotondas nun territorio esnaquizado polas autoestradas estranxeiras (o 90% do territorio) e os monocultivos industriais e celulósicos. Rotondas rotundas onde os galegos rotamos, in saecula saeculorum, con a penas saídas: a peaxe proibitiva da autoestrada da emigración, a vía de alta capacidade dos suicidios eletrointensivos e unha terceira saída a unha estrada local que só nos leva a un parque eólico da familia do que foi embaixador de España na Santa Sede.(Será iso o que algúns chaman desenvolvemento sostibel?) Os camiños de ferro e do mar foron esquecidos a prol do imperio da industria automobilística, tambén en mans alleas.

Cantas rotondas e glorietas existen na Galiza? Na terra das encrucilladas onde os antergos colocavan aos doentes por se alguén sabía do seu mal. Quizais o noso mal sexa a ataraxia, a incapacidade para sentir frustración. Acaso levemos na fronte unha cadea no canto dunha estrela. Este conformismo desazado, esta ausencia de inquedanza perante a inxustiza... esta inmobilidade ancestral que nos paraliza na creación de alternativas.

Tempos de entroido, entrudo, antroido. Tempos de entradas e comezos. Tempos de Carnaval, osmando xa a Cuaresma. Tempo de brincadeiras e festexos, de mascaradas e novelos.Comparsas con nenos vestidos con traxes tradicionais, de mariñeiros e peixeiras, de labregos falando castelán. Meniños difarzados de cuco-rei cando nunca van atopar un a quen lles perguntar cuco-rei, cuco-rei, cantos anos vivirei. Carnaval, carnevale, carnelevare. Tempo de retirar a carne agás para os tonsurados. Moreas de fieis nunca a cataron a non ser ese sucedáneo macdonalizado.

O espírito rosaliano da clerecía plurilingüe, esa herdeira de quen a perseguiu en vida, dase á orxía de tirarlle partido ao cabodano do seu nacemento. Entrementres seus secuaces reciben fondos públicos para esmagar a lingua de noso. Renascen os Xogos Florais da ditatura ao abeiro do pin parental e a confusión intencionada da institución da familia coa educación en comunidade. Cando enxergaremos que educa a comunidade e que o fillo non é propiedade de ninguén?.

Rotunda construción circular que remata en cúpula arredondeada onde os tonsurados axúntanse en sínodo para preparar o domingo de Ramos, o primeiro día da Santa Semana en que os cristiáns comemoran a paixón, morte e resurección do seu deus. A liturxia do 5A. Casado e Rajoy a benzoar a palma de Feijóo. A pola cuarta maioría absoluta. Rotunda praza onde o tránsito se procesa en sentido xiratorio e, se cadra, non há que ser tan rotundo ou categórico por se há que sair pola rúa dos Ciudadanos ou de Vox.

Rotunda redonda que en Tras-os-Montes é a augardente fraca. Non é casual que o sínodo se reúna nas veciñas terras ourensáns, feudo dos Baltar, ese Balboa da Idade Media, señores de forca e coitelo que tan ben pintara Curros nos seus versos. Rotundo sínodo no sentido figurado de completo, fechado en si mesmo sobre o que Galiza xira desde os tempos de Don García, o derradeiro rei galego cando as rotondas eran corredoiras e carreiros e non era preciso engalanar e homoxeneizar as glorietas con plantas ornamentais e topónimos. Polos traxes sabiase ben en que terra entrabas como recolle tan ao detalle aquel poema de Rosalía.

As masas arbóreas de Oliveira localízanse na conca do Sil, non lonxe de Os Peares. O domingo de Ramos será o burro e a palma no misal do templo, a partilla de esmolas, o comercio da palma branca a pendurar logo dos balcóns. Logo virán os capirotes, as candeas, cadeas, tralla e toda a parafernalia do comercio do Alén. Está por ver se, pas de la burreta, que din os ilicitanos, a dereita comezará a procesión da Entrada Triunfal de Feijóo en Xerusalén e @s galeg@s percorremos de novo as rúa coa confraría de Dores ou seremos benzoados na praza das Angustias.

Campaña rotatoria dos lumes dos montes mentres a Xunta promete humanizar os centros de saúde con madeiras autóctonas ao tempo que fechan paritorios nas terras dos cigarróns. Reducen servizos e persoal sanitario e montan un circo de pantallas disuasorias con revesgados xeroulifos persas os centros de saúde e hospitais. Que quererá decir para Feijóo autóctona?

Feijóo promete en precampaña homoxeneizar as rotondas, facer dos trafikcirklos un moderno carrefour giratoire con itinerarios personalizados de inserción servil. Un parque de atracións para turistas deturpadores de touroperadores amigos. Un circo rotario para apagar os lumes. Se resucita por cuarta vez, se consegue a maioría absoluta, o home dos Peares promete erguer esculturas homologadas de come chove miudiño por todas as rotondas do país. Popular política forestal e de transición ecolóxica contra o cambio climático. Malia que algún alcalde se lle adiantara.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
27 de fevereiro de 2020 19:14
_________________

Inauguración da exposición: 'Don Ricardo de Fingoi (Carvalho Calero en Lugo)' - Este luns, 2 de marzo, ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán, organizado polo Club de Prensa de Ferrol, xunto á Real Academia Galega e o colectivo Egeria


Inauguración da exposición: "Don Ricardo de Fingoi (Carvalho Calero en Lugo)"

Este luns, 2 de marzo, ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán, organizado polo Club de Prensa de Ferrol, xunto á Real Academia Galega e o colectivo Egeria.

Inauguración da mostra Don Ricardo de Fingoi (Carvalho Calero en Lugo), que conmemora os 15 anos en que o autor a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedicará o vindeiro 17 de maio residiu na cidade da Muralla para exercer como profesor.

A exposición Don Ricardo de Fingoi, elaborada polo Colectivo Egeria para dar conta da presenza en Lugo de Ricardo Carvalho Calero entre 1950 en 1965, conta co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a colaboración da RAG e do Colexio Fingoi. Consta de trece paneis que percorren a relación do autor das Letras Galegas 2020 coa cidade da Muralla, acompañados de sinaladores de lectura e dun folleto que recolle os mesmos contidos dos paneis.

Evento:

https://www.facebook.com/events/592066304969779/

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)


Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
28 de fevereiro de 2020 13:06

_____________

Gas limpo, renovábel, de transición, amigo do clima,...? - O cambio climático, feitos e datos..., Por Manuel Afonso A. Domínguez

Planta de Gas de Punta Promontoiro (Mugardos), na Ría de Ferrol - Reganosa

Emisións de GEI do ciclo de vida por tipo de combustible para motores adecuados
para barcos de cruceiro, 20 GWP de 20 anos, maior escenario de metano [1]

"A expansión no uso do GNL que promociona os EE.UU. aumentará a contaminación durante a extracción, o transporte e o seu uso, así como o perigo para a saúde, á vez que afundiría miles de millóns de dólares en infraestruturas de gas impedindo o investimento en enerxías renovábeis limpas e protectoras da saúde, bloqueando as accións de EE.UU. para a redución dos seus gases GEI por décadas."

"... o GNL é maioritariamente metano, un potente gas de efecto invernadoiro (GEI) que atrapa 86 veces máis calor na atmosfera que a mesma cantidade de CO 2 durante un período de 20 anos. ..."

"Os investimentos deberían centrarse en tecnoloxías que reducen as emisións de GEI do ciclo de vida total, incluíndo tecnoloxías para aforrar enerxía, propulsión asistida polo vento, combustibles de emisión cero, baterías e pilas de combustíbel."



O CAMBIO CLIMÁTICO
Feitos e datos


Por Manuel Afonso A. Domínguez [*]
01.03.2020


A primeira referencia académica sobre o quentamento global da Terra atribúese a un artigo da revista SCIENCE de 1.975, cuxo autor era Wallace S. Broker (?), profesor da Universidade de Columbia (NY) e aseguraba que o quentamento global estaba relacionado, principalmente, coa actividade humana. Este fenómeno físico prodúcese pola acumulación excesiva de gases coñecidos como "gases de efecto invernadoiro" (GEI), entre eles, o dióxido de carbono (CO2), metano (CH4) e óxido nitroso (N2Ou), sendo o primeiro o que máis contribúe ao quentamento global.

Aínda que o efecto invernadoiro é beneficioso para a vida na Terra, a acumulación progresiva deses gases estanos levando a un "cambio climático" insostíbel. O informe especial do IPCC-2018 (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático) indica que xa estamos vivindo as consecuencias do aumento de 1 °C, con respecto aos niveis preindustriais e limita o quentamento global a 1,5 °C para finais deste século, si se queren evitar riscos catastróficos non previsíbeis. O IPCC propón reducir un 45% as emisións de CO2 en 2030, respecto de os niveis de 2010 e alcanzar unha emisión "cero neto" en 2050.

Conseguir os cambios necesarios tanto nas accións sistémicas da sociedade como nos intereses políticos e comerciais non vai ser unha tarefa fácil, pero tería beneficios claros para as persoas e os ecosistemas naturais, consolidando unha sociedade máis sostíbel e equitativa. A decepción dos resultados do Cume do Clima de Madrid (COP25) son a proba da desconexión que existe entre os Gobernos, a ciencia e os mercados. Os países que máis CO2 emiten á atmosfera son: China (aporta o 29%), EE.UU. (14%), India (7 %), Rusia (4,5 %), e Xapón (3,5%). Segundo un estudo da universidade de Kyungpook National (CS) e do MIT (USA), China estivo emitindo inxentes cantidades de gases GEI nestas últimas décadas, incluíndo gases prohibidos, como os fluorados, que provocan a destrución da capa de ozono, un fenómeno que xa se controlou mediante o protocolo de Montrealde 1989. Na COP21 de París xa se anunciaba a dificultade de que os países en vías de desenvolvemento puidesen axustarse a estes obxectivos medio ambientais, pero China excedeu con fartura o esperado debido ao fenómeno da globalización e á precariedade das súas industrias.

As principais emisións do CO2 (GEI) proveñen das industrias enerxéticas e do transporte, as cales representan un 75% do total. O 70% da porcentaxe anterior corresponde ao transporte terrestre polo que si actúase neste sector poderíanse reducir ate o 50% do CO2 total emitido. Isto implicaría cambiar radicalmente o modelo de mobilidade actual mediante vehículos de combustión interna, así como os costumes da cidadanía. O impacto do aumento da poboación do noso planeta con respecto ao sector do transporte é evidente pois nos últimos 50 anos a poboación mundial duplicouse pasando dos 4.000 millóns de habitantes dos anos 70, aos 7.750 millóns de hoxe en día. Varios países han decretado a emerxencia climática e xa se anunciaron Leis orientadas á descarbonización da sociedade buscando alternativas enerxéticas que reduzan drasticamente as emisións de CO2. O transporte terrestre xa ten solución pois existe tecnoloxía probada para aplicar de forma inmediata. O transporte marítimo e o aéreo necesitan un pouco máis de tempo de investigación e análise de tecnoloxías viábeis, pero tamén precisan cambiar de modelo de negocio.

Neste contexto, é inaceptábel que de forma oficial suscítese o uso do gas natural como combustible de transición para centrais eléctricas e transporte marítimo porque, aínda que o seu combustión produce menos CO2 que os seus irmáns fósiles, a súa pegada de carbono en todo o seu ciclo de vida é potenciada polas fugas de metano, en especial polo sistema fracking de extracción, así como o metano incombusto (methane slip). Os informes de IMO de data 27 de setembro de 2019 (ISWG-GHG 6/5/3) e o do Laboratorio do Departamento de enerxía de EE.UU. (DOE) de setembro de 2019 (DOE/NETL-2019/2041), así como o Documento de Traballo número 2020-02 publicado recentemente polo Consello Internacional para o Transporte Limpo (ICCT), son contundentes ao rexeitar o gas natural como combustíbel válido para lograr a descarbonización segundo os obxectivos do IPCC, a IMO e a UE.

Tamén, a asociación norteamericana PSR (Physicians for Social Responsibility - Médicos para a Responsabilidade Social), premio Nobel de 1985 polos seus traballos e dedicación en contra das armas nucleares, publicou en novembro pasado o LIBRO BRANCO do gas natural licuado (GNL), apuntando o seguinte: "A expansión no uso do GNL que promociona os EE.UU. aumentará a contaminación durante a extracción, o transporte e o seu uso, así como o perigo para a saúde, á vez que afundiría miles de millóns de dólares en infraestruturas de gas impedindo o investimento en enerxías renovábeis limpas e protectoras da saúde, bloqueando as accións de EE.UU. para a redución dos seus gases GEI por décadas".


[*] Por Manuel A. Domínguez, enxeñeiro especialista en enxeñería offshore, plantas de proceso, enxeñaría mecánica; entrou no mundo do sector naval como aprendiz en BAZAN e agora é xubilado de ASTANO e de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de 'Construccións Navais' da Universidade da Coruña; membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, entidade aderida á Rede Gas Non é Solución.

[1] The climate implications of using LNG as a marine fuel | As implicacións climáticas da utilización do GNL como combustible mariño | Publicado: 2020.01.28 | Por Nikita Pavlenko, Bryan Comer, doutor, Yuanrong Zhou, Nigel Clark, doutor, Dan Rutherford, doutorado. | Cada vez son máis os barcos, incluídos os buques de transporte e os cruceiros, que funcionan con gas natural licuado (GNL), que emite aproximadamente un 25% menos de dióxido de carbono (CO 2) que os combustíbeis mariños convencionais para proporcionar a mesma cantidade de potencia de propulsión. Non obstante, o GNL é maioritariamente metano, un potente gas de efecto invernadoiro (GEI) que atrapa 86 veces máis calor na atmosfera que a mesma cantidade de CO 2 durante un período de 20 anos. Para comprender mellor os impactos climáticos completos da utilización do GNL como combustíbel mariño, este estudo compara as emisións de GEI do ciclo de vida do GNL, incluíndo as emisións ascendentes de fugas durante a extracción, procesamento e transporte e as emisións descendentes de combustión e metano non quemado. de combustíbel pesado, gasóleo moi baixo en xofre e gasóleo mariño (MGO). | Os autores usan un factor de emisión representativo do ciclo de vida, así como os potenciais de quecemento global de 100 anos e 20 anos (GWP) para metano incluído no Panel intergubernamental sobre o quinto informe de avaliación do cambio climático. O GTP de 20 anos reflicte mellor a necesidade de reducir os GEI rapidamente, para cumprir os obxectivos climáticos da Organización Marítima Internacional (IMO), e os resultados mostran que cando se combina cunha tendencia a maiores fugas, non hai beneficio climático de usar GNL, independentemente da tecnoloxía do motor. | Ademais, como se ilustra na figura seguinte, o motor marino máis popular de GNL, o combustíbel dual de baixa presión (LPDF), de velocidade media e de catro tempos, tamén é o máis frío. Empregando GNL, esta tecnoloxía emitía un GEI do ciclo de vida do 70% ao 82% máis que o MGO. A OMI sinalou que regulará os GEI segundo a súa estratexia inicial de GEI e o continuo investimento en infraestruturas de GNL nos buques e nos riscos da costa dificultando a transición cara aos buques de emisión cero no futuro. Os investimentos deberían centrarse en tecnoloxías que reducen as emisións de GEI do ciclo de vida total, incluíndo tecnoloxías para aforrar enerxía, propulsión asistida polo vento, combustibles de emisión cero, baterías e pilas de combustíbel.

Enlace: https://theicct.org/publications/climate-impacts-LNG-marine-fuel-2020

Traballo "The climate implications of using LNG as a marine fuel", 40 páxinas en inglés - fomato pdf : Acceder/baixar.
_______

'Sen coidados non hai vida', hoxe manifestación nacional en Verín: 'Mudando o sistema, derrubando o patriarcado' - Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2020 - Manifesto Feminista


Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2020

#1mVouAVerín

A plataforma Galegas 8M fixou este ano a convocatoria da manifestación feminista unitaria para o domingo 1 de marzo de 2020 en Verín…AGARDÁMOSVOS!!!

⏩ Descarga o cartaz en calidade para impresión.

⏩ Descarga o dossier de prensa para ter toda a info xunta e a man nun só arquivo.

A saída esta prevista para ás 12h dende o IES Xesús Taboada Chivite. A chegada e final de manifestación así como a lectura do manifesto serán na Praza Maior de Verín.

Nos arredores haberá establecementos de hostalaría abertos para o xantar.

Pola tarde, para quen desexe ficar, haberá foliada feminista na Praza Maior.

O lugar de recollida e saída dos autobuses será na zona da Perguiza.

Cada localidade organiza o transporte colectivo, tedes toda a información aquí.

O #1mVouAVerín…e ti?!

Facebook | Twitter | Instagram


Manifesto de Galegas 8M para a mobilización nacional de 2020

BENVIDAS!!!!!

Benvidas e benvides a Verín!

Un ano máis, o conxunto do feminismo galego unimos a nosa forza para deixar moi claro que somos unha voz importante. Todas xuntas somos un berro que non poden, aínda que queiran, desouvir. Unidas desde a nosa diversidade, baixo o paraugas de GALEGAS8M, amosamos a nosa capacidade para espallar a loita feminista e de xuntar forzas para dar visibilidade á ampla rede de mulleres galegas que traballan arreo e de forma continuada na defensa dos nosos dereitos nos distintos eidos da sociedade.

Estar hoxe aquí énchenos de ledicia.

Antes de nada, queremos felicitar a unhas mulleres que se empeñaron na defensa da vida na súa terra. Unha loita que mobilizou a toda unha comarca, a todo un país, fronte a privatización e a precarización dos servizos públicos de saúde levada a cabo polo goberno do Partido Popular, esa organización depredadora que leva exercendo violencia institucional contra as mulleres durante décadas, e que só cedeu ante a presión social. Un grande aplauso para as mulleres de Verín que lideraron unha loita exemplar en defensa dos seus dereitos:
  • O dereito a un parto sen violencia obstétrica.
  • O dereito a un coidado pediátrico de urxencias.
  • O dereito a unha sanidade pública e de calidade.
  • O dereito a vivir no rural con dignidade.
Tras dous anos de greve laboral, estudantil, de consumo e de coidados na que a nosa forza estourou e atravesou a sociedade galega e do planeta enteiro, chegamos ao 2020 coa necesidade de pór o foco de atención no invisíbel. O que na maioría das casas revolucionou, criou conflito e incluso, en moitos casos, impediu facer folga.

Falamos dos coidados porque… SEN COIDADOS NON HAI VIDA!

Esta afirmación non é unha opinión, non é unha escolla, é unha realidade incuestionábel. Os coidados son moito máis que a casa, as crianzas e as persoas dependentes. Coidados son todos eses traballos invisíbeis que permiten a reprodución da vida, todas esas tarefas ás que non lles damos importancia e sen as cales a nosa existencia, tal e como a coñecemos, non sería posíbel.
Cando falamos de coidados falamos de colocar a vida no centro de todo. Falamos da relevancia que a vida ten, e de darlle valor a quen colabora para que sexa posíbel. Falamos do valor social mais tamén do valor económico que ten sostela. Falamos da certeza de que as persoas non somos independentes, precisamos dos coidados alleos durante toda a nosa vida, para satisfacer as nosas necesidades afectivas, para alimentarnos, para mantermos a saúde, para vestirnos, para vivirmos en contornos limpos, na procura do noso benestar e da nosa felicidade… E dependemos do medio da mesma maneira que dependemos das persoas: temos necesidade de auga potábel, de alimento, de osíxeno, de enerxía…

O patriarcado é un instrumento fundamental para o sistema capitalista. Asignándonos ás mulleres as tarefas de coidado e xerando un mundo público masculino desvinculado dos tempos biolóxicos e ecolóxicos, onde os horarios laborais non importan porque estamos nós na casa para ocupármonos dos coidados da terra e da familia.

Queremos xornadas laborais con horarios racionalizados! É unha quimera a conciliación familiar con xornadas de 40 ou máis horas semanais.

É ridículo termos un dos permisos por maternidade mais curtos da Europa. As mulleres levamos décadas reclamando máis tempo para nos recuperar do parto e poder criar, se é que así o queremos facer. Queremos aumentar os permisos de nacemento, acollemento e coidado, porque ademais é un dereito das crianzas!

É necesario entender toda a teoría dos coidados desde unha visión de corresponsabilidade. É preciso que os homes comecen a ocupar esta esfera. Aínda resulta estraño ver homes que pasen noites para coidar familiares en hospitais, que cambien cueiros a persoas maiores, que se ocupen e preocupen por coidados cotiáns nos fogares. Non existe a neutralidade, se non coidas: descoidas!

A economía capitalista non quere retribuír o traballo que realizamos de xeito gratuíto, nen respeitar a natureza. Na súa explotación é onde reside a maior parte do seu lucro. O sistema capitalista oculta o feito de que se mantén espoliando e colonizando. Espoliándonos e colonizando as mulleres e os nosos corpos. Espoliando e colonizando pobos e territorios. Espoliando e colonizando a natureza.

Apostamos por un feminismo anticapitalista, porque o capitalismo é un sistema contra a vida, a das persoas e a do que nos rodea. Precisamos abandonar un modelo de desenvolvemento que pon por riba o enriquecemento económico ao mantemento da vida. Precisamos pór as necesidades das persoas como centro. Precisamos mudalo todo!

Temos que organizar a sociedade doutro xeito. Temos que colectivizar os coidados! Queremos que todos e todas nos ocupemos. Tamén que as institucións dean resposta a estas necesidades. Queremos que sexa unha cuestión política e económica de primeira orde, garantindo o dereito real de todas as persoas a ser coidadas integralmente, é dicer, con acceso a recursos, con criterios de xustiza social e desde unha perspectiva feminista. Esiximos o dereito a unha vida digna e feliz para todas as persoas! Imos loitar polo que é invisíbel.

Hoxe os coidados son, alén dun labor estigmatizado e oculto, para moitas mulleres unha carga que nos vemos obrigadas a realizar baixo a presión dunha economía destrutiva; para outras son unha escolla irrealizábel por esa mesma economía que non reserva tempos para os coidados…e para outras un emprego precarizado, inestábel e desprestixiado. Neste último caso é indispensábel que os coidados pasen a un primeiro plano, profesionalizando e optimizando este tipo de traballos, dotando a todas as traballadoras do fogar e de coidados dos dereitos laborais e de protección social que nos corresponden, garantindo o acceso a prestacións por desemprego e xubilación, obtendo salarios acordes ao valor do traballo.

Rexeitamos a postura neoliberal de “quen teña os cartos que os pague”. Temos que abolir o actual réxime de empregadas do fogar! Denunciamos a situación de moitas traballadoras internas, moitas delas migrantes, que deixaron a súa xente e a súa terra para vir coidar as nosas persoas maiores e crianzas nunha situación de escravitude detestábel! Mulleres que se atopan en situacións aberrantes que, ao non teren contratos máis que verbais, non teñen posibilidade de obter os papeis de residencia… polo que en moitas ocasións son chantaxeadas con seren entregadas se non asumen condicións deplorábeis.
Esiximos políticas públicas de coidados con cobertura universal, e que por tanto se incremente o número de prazas en centros públicos, garantindo que non existan persoas que fiquen excluídas por falta de recursos.

A realidade galega amosa un país envellecido, cun rural abandonado e sen servizos, que, como intentaron máis unha vez aquí, en Verín, obriga a emigrar a vilas máis grandes onde centralizan os servizos. Un país empobrecido polas políticas neoliberais do Partido Popular mais tamén por un Estado Español que nos quita capacidade para xestionar os nosos bens, para decidir cales son as prioridades nas que queremos investir ou colocar eses recursos que xeramos. Un país cunha lexislación en materia de igualdade avanzada a respeito das políticas de Madrid, mais que non son aplicadas por falta de compromiso do goberno.

A resistencia de Verín é un exemplo. E o seu éxito, unha advertencia. Non nos cabe dúbida que nos últimos anos as reivindicacións feministas afectan as decisións políticas. O que sucedeu nesta vila xa estaba a acontecer en distintos puntos do país: o Hospital da Costa en Burela, o de Monforte… Pouco a pouco todos están a sofrer recortes que obrigan a desprazármonos. Non nos enganemos, se reabriron Verín foi grazas á loita e o compromiso de colectivos feministas, do persoal sanitario, das asociacións de mulleres, das organizacións sindicais e da morea de veciñas e veciños que participaron durante meses en mobilizacións e peches.

Tomemos consciencia de todo o que podemos mudar coa nosa voz conxunta. A nosa loita é imparábel!

Sen coidados non hai vida… diríamos máis, sen coidados hai violencia! Non imos consentir máis violencia contra os nosos corpos. Corpos diversos cos que queremos gozar da vida, da nosa sexualidade. Non imos permitir as discriminacións ás que as mulleres lésbicas, bisexuais e transxénero seguimos sometidas pola nosa orientación sexual e identidade. A falta de información na atención xinecolóxica cara as nosas realidades. A carencia e mesmo censura no ámbito da educación afectiva e sexual. Non apoiaremos nunca feminismos que exclúan a ningunha muller por como está formado o noso corpo. Non aceitaremos discursos transfóbicos. AQUÍ COIDAMÓNOS TODAS E TODES!!!!
Defender o rural tamén é unha reivindicación feminista. As mulleres do rural galego sofremos unha tripla discriminación: traballos desvalorizados que non atopan saída nun mercado cheo de produtos lonxanos e baratos que explotaron mulleres de lonxe e empobreceron as de aquí. Un país envellecido, e que nos leva ás mulleres do rural a asumir cada vez máis responsabilidades en todos os coidados, pola falta de servizos públicos axeitados á realidade galega, ademais de todo o peso de traballo que xa temos por ser as que levamos o peso do rural.
É necesario recuperarmos as comunidades, poñendo en valor as redes que creamos para axudarnos entre a veciñanza, nos distintos traballos da terra nos que nos unimos de xeito solidario e non permitindo que a burocratizacion e centralización dos recursos continúe a atacar este tipo de vida.

A colectivización do coidado ten que ser un modelo e non algo a destruír! Poñendo en valor redes tan solidarias como a das ciganas, que se organizan acompañando e apoiando as súas familias e que non sofren a lacra da soidade nas persoas maiores, algo que na sociedade paia fai estragos, froito en moitas ocasións, dun individualismo feroz.

Queremos reivindicar o vínculo coa Terra! Esiximos soberanía alimentaria! Temos que tomar conciencia do que consumimos, ter en conta os criterios de proximidade nas nosas compras. Defender o medio onde vivimos é imprescindíbel para defender a vida.

O noso territorio, como o noso corpo, son campos de batalla.

Por todo isto e por tantas outras cousas, que trema Verín!!!!!!!!!!!!!!!!!
Que se escoiten ben as nosas voces!

Porque hoxe é un día de reivindicación, de recoñecemento á loita que durante séculos impulsaron as mulleres no rural galego, combatendo o espolio do noso territorio, dos nosos bens naturais. Por iso hoxe moitas de nós levamos posto o mandil, a bata cruzada de cadros, escolléndoa como símbolo e como homenaxe a toda esa rede de produción, de distribución e de consumo ecolóxico, solidario e responsábel. A todo ese traballo invisíbel e infravalorado de coidado das crianzas, das persoas enfermas, acompañándoas desde o inicio ao final das súas vidas, de xeito desinteresado, de balde, levado a cabo por tantas mulleres galegas.

Polas que coidaron do noso territorio e dos froitos do seu traballo!

Polas que nos legaron a loita pola xustiza social e a igualdade!

Polas que plantaron a semente que hoxe agroma como movemento de masas do feminismo galego!

Porque se asumimos o poder da nosa elección como consumidoras, poderemos atacar a engrenaxe do capitalismo, ese sistema que concentra beneficios a costa da apropiación de recursos, o emprego precario e o traballo gratuíto das mulleres.

Hoxe estamos na rúa visibilizando o que fica oculto nas nosas casas, esixindo responsabilidade social e colectiva no coidado do territorio e do medio ambiente, esixindo que se recoñezan os coidados como un ben social.

As galegas sairemos á rúa hoxe, o 8 de marzo e todos os días que faga falta!
Porque temos a forza para conquistar un mundo, porque
SEN COIDADOS NON HAI VIDA. PORQUE MUDANDO O SISTEMA, DERRUBAREMOS O PATRIARCADO!

#Galegas8M

8m2018gal@gmail.com

Para contactar: Apunta-te.

http://galegas8m.gal/

_______

Diante do conflito en Electro Rayma, CCOO Industria da comarca de Ferrol chama á constitución da Comisión Central Auxiliares Navantia


ELECTRO RAYMA e COMISIÓN CENTRAL DE AUXILIARES


CCOO Industria da comarca de Ferrol nos amosámonos totalmente en contra de que NAVANTIA lle quite traballo a ELECTRO RAYMA neste caso, como se fose a outra noutro caso, por carecer de motivos obxectivos respecto o AOR2.

Entendemos e compartimos a prioridade de realizar a carga de traballo en calidade e tempo, cualidade que identifica ao Estaleiro. Por iso agardamos que as noticias que se deslizan no sentido de quitar traballo se modulen e harmonicen pois esta empresa a día de hoxe chega aos fitos produtivos en tempo no AOR2, cunha previsión de mellora produto de comezar a traballar a tres quendas e co reforzo de persoal desprazado ao AOR1. Polo ben d@s traballadores/as de Rayma, que é o que a CCOO nos importa, agardamos tamén que Rayma mellore a súa xestión e argumente a súa planificación cara a Navantia.

Dende CCOO Industria da comarca de Ferrol apostamos polo emprego directo por parte de Navantia. E mentres a empresa segue con políticas de subcontratación descontrolada apostamos porque as empresas locais teñan a cualificación e a capacidade de dotarse de persoal, coas condicións dignas do Convenio do Metal de A Coruña complementas cos Acordos de Navantia incluídos en dito convenio firmado por CCOO.

A industria local revirte sempre en maior medida nesta comarca tan sacudida polas políticas desindustrializadoras lexisladas na reforma laboral do PP e coa Xunta de Galicia posta de perfil.

Así mesmo, dende CCOO Industria da comarca de Ferrol instamos a Navantia a que abra dunha vez a Comisión Central de Auxiliares que deriva da firma do Convenio de Navantia e en xaneiro se comprometeron a convocar canto antes. Seguimos agardando pero se non é convocada canto antes teremos que tomar medidas adecuadas ao calado do que nesa Comisión se ten que resolver para os planteis da Industria Auxiliar de Navantia.

Para a Industria Auxiliar a regulación das condicións laborais da Industria Auxiliar é primordial que se regule nas licitacións de Navantia o cumprimento do Convenio do Metal de A Coruña. Non poden poñerse de lado ante a competencia desleal baseada no convenio que vai a cumprir cada empresa, como poden ser os convenio de enxeñería, consultoría ou construción. Así como outros puntos que debemos abordar en dita Comisión.

Ferrol a 29 de febrero de 2020.



Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
29 de fevereiro de 2020 17:07

_______
Enlaces relacionados

Unión Comarcal de Ferrol:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:Unions_Territoriais:Ferrol

SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/

Federación de Industria de CCOO:
http://www.industria.ccoo.es/Galicia

Confederación Sindical de Comisión Obreiras:
https://www.ccoo.es/










_________________________

sábado, febreiro 29, 2020

Coronavirus emerxentes e noticias virais, conferencia de Isabel Sola, na Facultade de CC. Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid


Coronavirus emerxentes e noticias virais.
Isabel Sola
Centro Nacional de Biotecnologia.
Luns, 17 de febreiro de 2020
Facultade de CC. Biolóxicas
Universidade Complutense de Madrid


Canle da Facultade de Biolpxía da UCM | Ir á canle.

⏩ Os bulos do coronavirus: 78 mentiras e desinformaciones do virus. | 28/02/2020 | Paremos xuntos os bulos sobre o coronavirus. Xa levamos case 80 desmentidos... Desinformacións sobre o brote de coronavirus (COVID-19) iniciado na cidade chinesa de Wuhan. Métodos falsos para previr o contaxio, cifras inexactas ou vídeos e imaxes que non teñen nada que ver co coronavirus. | Neste artigo recompilamos as nosas verificaciones sobre o coronavirus: Ir á web.
_______________

xoves, febreiro 27, 2020

A Plataforma acorda manter durante unha quinta semana consecutiva a presencia de mesas-info polos barrios de Ferrol, desta vez será do 26 ao 28 de febreiro


Xa vai para cinco semanas, as que leva a Plataforma, de contacto coa veciñanza de explicación da fraude pola taxa de depuración que o Concello e Emafesa, se empeñan en facer pagar a unha parte da veciñanza de Ferrol, cando este servizo non se prestaba.

Son 31 meses (setembro 2014 - marzo/2017) e máis de 7,12 millóns que se lles están cargando a uns 30.000 mil fogares, sen que se lles prestara o servizo, cobrou-se unha taxa (contraprestación) sen que se prestara o servizo de depuración das augas residuais.

Ante a grande demanda de recursos, a Plataforma continua informando á veciñanza sobre a devolución do recibo da 'depuración das augas residuais', do período onde non se prestaba o servizo, así como continúa coa campaña de Non Pagar e da presentación do recurso no Rexistro Xeral do Concello. A Plataforma volve unha semana máis, coa campaña de difusión do Recurso contra o pago da "Taxa de Depuración das Augas Residuais" do período onde non se prestaba o servizo, con mesas informativas que se instalarán: diante do Centro Cívico de Caranza, diante do Edificio da Xunta e na porta traseira do Pazo Municipal.

Este é o novo calendario de mesas informativas para a semana que entra:

💧 Mércores 26 de febreiro, diante do centro Cívico de Caranza.

💧 Xoves 27, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia (Praza Amada Garcia).

💧 Venres 28, na rúa María, detrás do Pazo Municipal do Concello de Ferrol.

Todos os días desde as 10:30 a 12:30 horas.


Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

venres, febreiro 21, 2020

#Galegas8M: 'Tendereiros Subversivos', este sábado 22 de febreiro en Narón, ás 11:30hs na Praza da Gándara - Axuda-nos A vestir a cidade de protesta - Reserva a túa praza para Verín o vindeiro 1 de marzo


#Galegas8M: 'Tendereiros Subversivos', este sábado 22 de febreiro en Narón, ás 11:30hs na Praza da Gándara - Axuda-nos A vestir a cidade de protesta, camiño do 8M2020.

#1MVouAVerín: Reserva a túa praza para Verín o vindeiro 1 de marzo, autobús desde As Pontes, Narón, Fene, San Sadurniño e Ferrol. Contacta no 630219861 - ferrol8m@gmail.com

AUTOBÚS A VERÍN O 1 DE MARZO

⏩ Saída d'As Pontes, ás 07:30hs.

⏩ Pasa por San Sadurniño (Diante da casa do Concello).

⏩ En Narón (Diante de Cocheiras).

⏩ En Ferrol, ás 08:00hs (Monumento 10 de Marzo).

⏩ Por Caranza (Parada Liña Regular - As Pías).

⏩ Por Fene (Parada Liña Regular - Avenida Naturais).

⏩ En Vilar do Colo (Estación Servizo do polígono).



#Galegas8M

Facebook - @Galegas8M | Instagram | Twitter - @Galegas8M |

#1MVouAVerín #Camiñodo8m #Galegas8m

http://galegas8m.gal/
____________

xoves, febreiro 20, 2020

Día de Rosalía de Castro no #AteneoFerrolán - Realizarase o venres 21 de febreiro ás 8 da tarde. coa participación de: Mariola Hermida, Rosa Martínez, Aurora Varela e Rosa Méndez


[Ateneo Ferrolán]
Día de Rosalía de Castro.

Venres día 21 de febreiro ás 20 h.

A Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG
conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.


Ao redor do 24 de febreiro en diversos espazos e localidades organízanse lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro. En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborou o escritor Daniel Asorey.

No #AteneoFerrolán realizarase o venres 21 de febreiro ás 20 h. coa participación de: Mariola Hermida, Rosa Martínez, Aurora Varela e Rosa Méndez.

Compartimos as palabras do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020, Ricardo Carvalho Calero, sobre a nosa poeta, a quen dedicou gran parte do seu rigoroso traballo crítico: “A realidade rosaliana é particularmente complexa -mesmo, a nível superficial, contraditória, ainda que, a nível profundo, se conciliem as contradiçons na raiz unitária da singularidade pessoal de Rosalia. […] Enfim, Rosalia é umha rosa de cem folhas.

#ErrantesPoloMundo_rdc_20 #LetrasGalegas #SomosCultura

https://www.facebook.com/events/2726556224281320/

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)


Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
20 de fevereiro de 2020 11:39

_____________

Carlos Velasco apresenta '40 datas que fizeram a história da Galiza' nesta sexta-feira 21 de fevereiro


Carlos Velasco apresenta 40 datas que fizeram a história da Galiza nesta sexta-feira


Programaçom agendada para esta fim de semana na Fundaçom Artábria:

Sexta-feira, 21 de fevereiro, decorrerá a apresentaçom do livro "40 datas que fizeram a história da Galiza" editado por Através editora e na que intervirám o historiador Carlos Velasco, coordenador da obra, e Susi Leira, licenciada em filologia.

Um trabalho onde se escolhem 40 datas consideradas de especial pertinência na evoluçom histórica da Galiza. O critério seguido na escolha foi, via de regra e salvo umha ou outra exceçom, salientar processos históricos relevantes a meio e longo prazo, mais do que resenhar acontecimentos pontuais seja qual fosse o simbolismo que estes encerrasem. 

A apresentaçom dará início às 20.00hs.
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
20 de fevereiro de 2020 11:23

_____________

A veciñanza de Ferrol segue presentando recursos contra o recibo da depuración do período cando non se prestaba o servizo - Acceder ou Baixar o Modelo de Recurso


A veciñanza de Ferrol segue presentando recursos contra o recibo da depuración das augas residuais do período (setembro/2014-marzo/2017) cando non se prestaba o servizo.

Son catro semanas, as que leva a Plataforma, de contacto coa veciñanza de explicación da fraude pola taxa de depuración que o Concello e Emafesa, se empeñan en facer pagar a unha parte da veciñanza de Ferrol, cando este servizo non se prestaba. Son 31 meses e máis de 7,12 millóns que se lles están cargando a uns 30.000 mil fogares.

Desde o 20 de xaneiro comezaron a chegar ás casas o terceiro recibo da depuración, correspondente a unha parte (xullo-agosto-setembro/2015) do período de cobro xullo-decembro/2015, ao que a Plataforma elaborou un recurso que a veciñanza está entregando no Rexistro Xeral do Concello, ao tempo que se procede a súa devolución na entidade bancaria quen o ten domiciliado, ou se deixa de abonar, quen o fai de xeito directo en Emafesa, en oficinas ou caixeiros de ABANCA ou desde internet.

Estes días esta chegando aos fogares unha carta de Emafesa, con data do 28 de xaneiro de 2020, onde se comunica que nos vindeiros seis recibos bimensuais, durante un ano, ate febreiro de 2021, vai-se facturar, dentro do recibo xeral da auga (Emafesa, Xunta, Sogama e Urbaser), cun concepto diferente que con toda probabilidade será "FRACCIÓN TAXA DEPURACIÓN (ATRASOS)". O mesmo concepto que utilizou para cobrar, con efectos retroactivos. os recibos do período comprendido entre o 3 de abril e o 14 de novembro do 2017. Que pasaron ao seu cobro en 8 recibos (agosto/2018 - outubro/2019) durante un ano e catro meses. Unha recadación duns 1,7 millóns de euros, dunha taxa que está sobre un 20% máis avultada do que tería que ser, mais que era dun período onde, daquela xa entrara en funcionamento o sistema de "saneamento, interceptación e depuración", conectando a maioría dos barrios de Ferrol e Narón.

Desde a Plataforma, non contemplamos unha devolución masiva dos seguintes recibos bimensuais e que van ser cargados, por Emafesa, nos seguintes 6 recibos, durante un ano ate febreiro de 2021. Pois implica unha maior dificultade que non todo o mundo quere ou pode facer. Aínda que sería o ideal que o maior número de persoas o fixeramos. De todos os xeitos a Plataforma está elaborando un método, para poder recorrer ditos recibos que implica a realización de diferentes pasos, sendo o primeiro deixar de ter domiciliado o recibo nas entidades bancarias e facer os ingresos directamente, descontando, do seu importe total, a cantidade que corresponda ao concepto, xa mencionado, de "Fracción Taxa Depuración (Atrasos)" máis o 10% de IVE. Mais este método en fase de proba, será feito público, con detalle, mais adiante.

Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

luns, febreiro 17, 2020

E Cuarta semana de mesas-info polos barrios de Ferrol - Do 18 ao 21 de febreiro - Ante a grande demanda de recursos a Plataforma continua informando á veciñanza sobre a devolución do recibo da 'depuración das augas residuais', do período onde non se prestaba o servizo e da presentación do recurso no rexistro xeral do Concello


A Plataforma acorda manter durante unha cuarta semana consecutiva a presencia de mesas-info polos barrios de Ferrol, desta vez será do 18 ao 21 de febreiro.

Ante a grande demanda de recursos, a Plataforma continua informando á veciñanza sobre a devolución do recibo da 'depuración das augas residuais', do período onde non se prestaba o servizo, así como continúa coa campaña de Non Pagar e da presentación do recurso no Rexistro Xeral do Concello.

Por ser moitas as persoas que se achegan ás mesas-info interesando-se polos recursos e demandando información, a Plataforma volve unha semana máis, coa campaña de difusión do Recurso contra o pago da "Taxa de Depuración das Augas Residuais" do período onde non se prestaba o servizo, con mesas informativas que se instalarán na porta traseira do Pazo Municipal, Edificio da Xunta e Centro Cívico de Caranza. Este é o novo calendario de mesas informativas para a semana que entra:

💧 Martes 18 de febreiro, na Madalena (Ferrol Centro), na rúa María, detrás do Concello.

💧 Mércores 19, en Recimil, diante do edificio da Xunta, na Praza Amada Garcia.

💧 Xoves 20, en Caranza, diante do Centro Cívico..

💧 Venres 21, e de novo na Madalena (Ferrol Centro), na rúa María, detrás do Concello.

Todos os días desde as 10:30 a 12:30 horas.

Non pagar o recibo, ou devolver se está domiciliado, e presentar o recurso no Rexistro Xeral do Concello

Desde o pasado 24 de xaneiro, a Plataforma leva poñendo mesas-info polos diferentes barrios de Ferrol ademais de difundir nas redes sociais a campaña e o texto do Recurso que se deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello, ao mesmo tempo que non se fai efectivo o recibo e mesmo se este está domiciliado, notificar ao banco a decisión de non pagar, por non estar conforme, e pedir a súa devolución, tamén se pode facer a través da banca online, ou banca activa.

Hai 8 semanas para devolver, no banco, un recibo domiciliado

Para a devolución dos recibos domiciliados, a Lei prevé que hai 8 semanas de prazo, para notificar á entidade bancaria esa vontade de devolución desde o día que foi cargado (Artigos 48 e 49 do Real Decreto-lei 19/2018, de servizos de pago e outras medidas urxentes en materia financeira).

Para facer-se cun modelo de recurso

Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

#emafesacenporcenpublica
#emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________

sábado, febreiro 15, 2020

Fene: O novo goberno de Fene presentouse ao plantel dos traballadores e traballadoras municipais - Organigrama municipal - Xunta de goberno - Prioridades


O novo goberno local


O novo goberno de Fene presentouse ao plantel dos traballadores e traballadoras municipais. Juventino Trigo presentou no salón de plenos a cada un dos concelleiros e concelleiras e as responsabilidades que terán no novo tripartito local. Fíxoo "para disminuir a tensión e mellorar as relacións entre o goberno e os traballadores", segundo declarou esta mañá no espazo As Foxas de Radio Fene.

Organigrama municipal

Justo Ardá será o novo responsable de Cultura. Urbanismo pasa a mans de Manuel Polo que se encargará tamén da Facenda. Sandra Permuy ocuparase de Persoal, Participación cidadá e Seguridade. Angeles Coira, que entra por primeira vez na corporación, será responsable de Educación e Xuventude, mentres que Cristina García Maroño, tamén nova no goberno, se encargará de Formación e Emprego. A edil de EU, Mª Carmen Martínez vai repetir na responsabilidade que xa tivera co anterior goberno do BNG, sendo a edil de Benestar e Igualdade. En relación aos cargos que ocuparán as tres edís socialistas; Mar Piñeiro será a responsable de Obras e Servizos; Ana Basoa, de Promoción Económica e Marta Pereiro (ausente no acto por baixa médica) será a encargada de Medioambiente. O alcalde bromeou afirmando que, despois do reparto, so lle deixaron ocuparse da alcaldía.

Xunta de goberno

Tras o intercambio de “poderes” estes primeiros dias son de aterrar na situación xeral do concello. O primeiro que Trigo quere solventar é a débeda a proveedores que ten contraída Fene neste momento e que cifrou en máis dun millón de euros. A Xunta de goberno local xa se reuníu esta semana. Forman parte dela, o propio alcalde, Mar Piñeiro, Ana Basoa, Sandra Permuy, Manuel Polo e M.C. Martínez. O alcalde xa participou no pleno da Mancomunidade e nunha xuntanza onte, acompañando á Confraría de Barallobre coa Conselleira de Pesca para transmitirlle a preocupación do sector ante a falla de ameixa na ría.

Prioridades

A Oferta pública de emprego é unha das cuestións máis urxentes para Juventino Trigo. Preguntabase esta mañá nas Foxas, “como se deixou morrer o emprego público en Fene?”. Fondomar, Punto limpo, curvas de Santa Ana, pasos a nivel de Perlío… A todo iso pensa meter man canto antes, declarou Trigo, para quen a súa política será a suma dos programas electorais dos tres grupos que conforman o novo goberno de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/140220TRIGO.mp3

Publicado en Radiofusion. | 14 de Febreiro, 2020 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene.


Radio Fene
A emisora municipal de Fene comezou as súas emisións en setembro de 1984. Sintonízase no 107.7 da Frecuencia Modulada.
Casa do Concello 15500 Fene (A Coruña)
981 492 773


Podemos axudarche?

Contacta con nósCoñécenos


SÍGUENOS NAS REDES
Facebook.
Twitter.
_______________

Acto en lembranza de Victoria e Carmelo, e de todas as persoas que nos deixaron no transcurso desta loita contra o despropósito gasista de Reganosa - Febreiro, 2020 - Vídeo


Acto en lembranza de Victoria e Carmelo, e de todas as persoas que nos deixaron no transcurso desta loita contra o despropósito gasista de Reganosa.

Comité Cidadán de Emerxenciapara a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
https://cociudem.wordpress.com/



---
Editado por
Ártabra 21
artabra21@gmail.com
https://artabra21.blogspot.com/
__________________