domingo, novembro 02, 2008

Posiçom de NÓS-Unidade Popular diante da ruptura do pacto de governo entre o PSOE e IU em Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de novembro de 2008 19:01

Asunto: Posiçom de NÓS-Unidade Popular diante da ruptura do pacto de governo entre o PSOE e IU em Ferrol




Posiçom de NÓS-Unidade Popular diante da ruptura do pacto de governo entre o PSOE e IU em Ferrol

Foi a notícia local da semana e provocou inúmeras reacçons dos mais diversos sectores da vida social e política ferrolana. Também a esquerda independentista organizada em NÓS-Unidade Popular tem algo a dizer sobre a ruptura do chamado “governo de progresso” que presidia Vicente Irisarri e integravam o PSOE e IU.

Porém, a nossa análise nom se centra em lamentar que essas forças políticas, que governárom conjuntamente no último ano e meio, decidissem romper o seu pacto. É claro que a volta da direita espanholista representada polo PP e por IF ao poder municipal seria umha má notícia. Já os padecemos no passado e sabemos que só estám em política para roubar e defender interesses alheios à maioria social, nomeadamente os ligados às grandes construtoras e a outros negócios privados que os patrocinam.

Mas o problema de fundo, em nossa opiniom, nom é se governa a direita ou os que dim que som “a esquerda” e acabam por representar só umha versom ‘branda’ de aquela. A questom nom é, para entender-nos, se Vicente Irisarri e Yolanda Díaz se dam melhor ou pior, se rompem ou mantenhem o pacto. A questom é porquê ganhou umha maioria de candidaturas autodefinidas como “progressistas” e, num ano e meio, nom levárom à prática as medidas que milhares de ferrolanos e ferrolanas lhes demandárom com o seu voto.

Estamos a referir-nos a assuntos fundamentais como:
  • A situaçom das obras da Porta Nova, onde o PP e IF estavam a ponto de levantar um edifício em plena praça e onde o novo governo foi incapaz de levar a cabo umha alternativa social para esse espaço urbano. As obras continuam sem concluir, e o PSOE, IU e BNG concordárom em levantar um edifício, ainda que de menor volume que o previsto anteriormente.
  • A praça de Sartanha, onde IF e o PP previam dedicar um espaço público a um negócio privado relacionado com o desporto para uns poucos, continua sem contar com umha alternativa como a que a vizinhança reclama. A praça continua abandonada e à espera de que o PP e IF voltem ao poder e retomem o seu irracional projecto.
  • O bairro de Recimil, ameaçado de demoliçom no quadro de umha mega-operaçom de pura especulaçom urbanística polo PP-IF, continua a ser um bairro degradado graças à inoperatividade do governo de coligaçom PSOE-IU. Em concreto, Miguel Reimúndez, de Izquierda Unida, limitou-se a lançar mensagens grandiloqüentes sobre o futuro do bairro, enquanto o início da necessária restauraçom continua adiada sine dia.
  • A fraga de Menáncaro, onde Juan Fernández pretendia fazer um suculento negócio urbanístico à custa de um espaço natural de grande valor e carente de protecçom, continua igual de desprotegida que com o governo da direita.
A todo o anterior, compromissos adquiridos e nom efectuados polo governo do PSOE e de IU, deve-se acrescentar o continuísmo na política económica, incluindo a intençom de privatizar serviços como o de obras menores, em maos de Izquierda Unida, ou umha proposta de Ordenança de Convivência repressiva, que esse mesmo grupo político copiou de um modelo aplicado polo PP noutras cidades. Também em matéria de língua houvo continuísmo, nomeadamente no caso dos membros do PSOE, com Vicente Irisarri à cabeça.

É verdade que em áreas como Cultura assistimos a umha tentativa, por parte de Yolanda Diaz, de mudar a trajectória elitista e clientelar de todos os governos anteriores, sem excepçom. Porém, é essa umha mínima bagagem que nom permite definir como verdadeira política de esquerda a aplicada polo PSOE e IU nos últimos 16 meses. Sobretodo se a todo o anterior somarmos a inaudita decisom de inaugurar a actual legislatura subindo os soldos de todos os membros da corporaçom, e especialmente o do presidente da Cámara, Vicente Irisarri.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular fica à margem de pedir qualquer recomposiçom do pacto que o PSOE e IU rompêrom em dias passados. Em lugar disso, reclamamos que, seja o PSOE em solitário, seja reconciliado com IU, as forças políticas que se apresentárom como alternativa ao governo anterior do PP e IU cumpram os seus compromissos com a maioria social e eleitoral de Ferrol.

Caso nom o fagam, como nom o figérom na primeira parte da actual legislatura, deverám encontrar em frente o movimento social ferrolano, independentemente das etiquetas “progressistas” que cada partido queira colocar-se. A esquerda demonstra-se na acçom de governo e, até hoje, nem o PSOE, nem IU demonstrárom ser umha alternativa sólida e de esquerda aos reaccionários PP e IF.

A política concreta de cada qual é, para NÓS-Unidade Popular, a linha divisória entre a esquerda e a direita, por isso a esquerda independentista continuará a fazer oposiçom nom só ao neoliberalismo do PP e de IF, mas também ao do PSOE, IU e BNG. Na luita por um modelo social diferente, socialista e galego, esperamos continuar a coincidir com os diversos sectores que configuram a esquerda social ferrolana.

Ferrol, 1 de Novembro de 2008

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos
_____________________________

sábado, novembro 01, 2008

Manifesto dun grupo de persoas do movimento veciñal, sindical e social, así como ex-concelleir@s, elaboran un manifesto pola unidade progresista

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2008 13:01
Asunto: UN GRUPO DE CIDADÁNS E CIDADAS, A TITULO PERSOAL, ANTE A SITUACION DO CONCELLO DE FERROL




Cidadáns/ás por un Goberno de Progreso en Ferrol


UN GRUPO DE CIDADÁNS E CIDADÁS, A TÍTULO PERSOAL, ANTE A SITUACIÓN DO CONCELLO DE FERROL, MANIFESTA

En Ferrol hai unha maioria de esquerdas, como se demostrou nas últimas eleccións municipais. O seu triunfo foi en grande medida grazas á presión dos movementos sociais, mobilizados contra das políticas regresivas do Partido Popular.

A ruptura do Goberno Bipartito pon en risco a execución de importantes proxectos que se viñeron xestando nos últimos meses: Regulamento de Participación Cidadán, Recimil, Urbanización do Bertón, Estrada de Castela, Tren ao Porto Exterior etc., que supoñían abordar desde unha óptica progresista, os problemas da cidade.

Resúltanos de todo punto de vista inaceptabel que, máis aló das diferencias puntuáis entre os dous socios de Goberno, se chegase á ruptura.

En todo caso, independentemente das causas da mesma, consideramos que a responsabilidade contraida coa a cidadanía obriga a reconducir a situación. Emprazamos ás dúas forzas políticas a sentarse para recuperar a unidade progresista, incorporando a este proceso ao BNG, para traballar no que queda de mandato a prol da cidade.

Estamos convencidos de que hai tempo para que un Goberno de Progreso poida desenvolver unha xestión fructífera para o avance da cidade e ser un referente, sobre todo nestes tempos, para o resto de Galicia.

Ferrol a 31 de Outubro de 2008

Abelleira Souto, Xulio
Barrera Beitía, Enrique
Beceiro Mosquera, Emilio
Cendán Dopico, Manuel
Cuadrado Caruncho, Marichy
Dobarro Paz, Xosé María
Durán Rodríguez, María Jesús
Ferrández Rivera, Guillermo
Ferrández Rivera, Pedro
Fra Molinero, Eduardo
Garel Novás, Montse
Gómez Rodríguez, Salustiano
Hermida Dopico, Eduardo
Lastra Muruais, Xosé
Leira López, Xosé
López Pérez, Miguel
López Pérez, Xoan
López Pintos, Xesús Anxo
Méndez Fonte, Rosa
Mera Navieras, Luis
Montero Baquedano, Rafael
Pillado Lista, Rafael
Piñeiro Diaz, Carlos
Rodríguez Calvo, Gonzalo
Sabio Maroño, María Luisa
Yáñez Castro, José Luis
Zaera Ríos, Eliseo

Aquelas persoas ou entidades que desexen adherirse a este Manifesto, poden comunicalo a través de e-mal a esta dirección electrónica:

gobernodeprogreso@gmail.com
__________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

Observatorio do Gas Natural Licuado - Novembro 2008

De: Ferrol CAPE ferrol.cape@gmail.com>
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2008 14:28
Asunto: OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO



OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO

Fai uns días enviamos un artigo, a modo de alerta, sobre a situación de provisión de gas natural licuado (GNL) en España, denunciando o túnel obscuro onde nos meteron os distribuidores españois de gas natural polo feito de optar a unha subministración desta gas en estado líquido. Segundo La Voz de Galicia, a regasificadora da nosa ría cada vez regasifica máis gas. As preguntas son: para quen é o gas?. Que prezo é o que se paga por este gas? Aínda sendo a opción máis cara de aprovisionamento do gas natural Ten España asegurado esta subministración en forma de gas licuado nun futuro próximo?. Todo indica que imos pagar moi caro esta opción de subministración de gas e ademais cada vez será máis escaso e difícil a súa provisión.

O artigo que recolle esta preocupación pódese ler en www.f-cape.org


Segue a continuación as últimas noticias do sector.


NOTICIAS en ESPAÑA sobre o GNL

O gas natural sobe un 9,6% (11 de Outubro)
ESPAÑA. As tarifas do gas natural subirán o 9,6% de media, informou o Ministerio de Industria debido ao incremento do custo da materia prima e das peaxes, encarecemento do petróleo e dos custos de distribución. No que vai de ano, o prezo do gas incrementouse nun 19,6%. (O consumidor español soporta un custo adicional por recibir o gas natural en estado licuado (GNL), cuxo prezo mover nun mercado especulativo)
http://www.diariodesevilla.es/article/economia/251325/gas/natural/sube/partir/manana.html
Noticia relacionada: O gas natural licuado (GNL): Outra hipoteca para os españois (http://www.f-cape.org/)

Sebastián anuncia un descenso do prezo do gas natural en xaneiro (21 de Outubro)
O Ministro Sebastián, en declaracións a Telecinco recollidas por Europa Press, explicou que o Goberno tivo que subir o prezo do gas para garantir a subministración durante o inverno, pois non é un país produtor. "Non temos gas, témolo que traer de fóra. Dous terzos do gas veñen en barco e se o barco non ten aquí un prezo razoable, vaise a outro sitio. Por iso subímolo, pero podemos anunciar que en xaneiro imos baixar o gas", precisou Sebastián.?
http://www.diarioinformacion.com/secciones/noticia.jsp?pRef=2008102100_7_810379__Economia-Sebastian-anuncia-descenso-precio-natural-enero

A gran industria paga desde xullo o recibo da luz un 70% máis caro (19 de Outubro)
ESPAÑA. O déficit de tarifa eléctrica en España alcanza os 15.000 millóns de euros. O próximo 1 de xaneiro deberíase culminar a liberalización do negocio, imposta por Bruxelas, logo de case unha década de tarifas conxeladas. Dise no artigo de referencia que é debido a "uns prezos dos hidrocarburos polas nubes". Unha manipulación máis dos medios de comunicación. O que está polas nubes é o GAS NATURAL LICUADO (GNL) combustible fósil no que España cimentou o seu sector enerxético.
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/10/19/0003_7238267.htm

VII Conferencia Internacional de ASPO (Asociación para o estudo do cenit do petróleo e o gas) de Barcelona (20 e 21 de Outubro 2008)
BARCELONA. Segundo Mariano Marzo, Catedrático de estratigrafía e profesor de recursos enerxéticos e xeoloxía do petróleo na facultade de Xeoloxía da Universidade de Barcelona, España será o país da Unión Europea con máis rápido crecemento de consumo de Gas Natural para os próximos 5 anos. Esta demanda está ligada a novos proxectos de licuefacción de gas no norte de África e o Oriente Medio, que aínda non existen, (e que requiren moitos miles de millóns de dólares para tomar forma). Pero ata con eses proxectos, a capacidade de re-gasificación mundial é case o dobre da capacidade de licuefacción para a próxima década, o que infunde serias dúbidas sobre a seguridade de subministración. Un cambio nas "prioridades necesítase en España, onde unha revolución da Enerxía terá que ter lugar.
http://europe.theoildrum.com/node/4685


NOTICIAS INTERNACIONAIS sobre o GNL

Unha crise de subministración de GNL parece inevitable en torno ao 2011 - 2013
Segundo PETROLEUM ECONOMIST unha crise de subministración de GNL xurdirá sobre o ano 2001 a 2013. As poucas plantas novas de licuefacción de GNL propostas descompensarán moito máis a demanda de GNL con respecto á oferta.
http://www.petroleum-economist.com/default.asp?page=14&PubID=46&ISS=25155&SID=713795

A regasificadora de Kitimat (CANADA) exportará GNL no canto de importalo. (23 de Setembro)
CALGARY (Alberta-CANADA). A nova regasificadora de GNL Kitimat tamén inviste o seu plan de importar o gas natural líquido xa que agora ten máis sentido exportar o GNL de Canadá a mercados lucrativos asiáticos.
http://www.albertaindex.com/content/view/572/1/
http://thechronicleherald.ca/Business/1080074.html

As autoridades en EE.UU poderían permitir a dous terminais recentemente construídos ao GNL de reexportación, (22 de Setembro ? 31 de Outubro)
As autoridades de EE.UU poderían permitir a dúas regasificadoras, recentemente construídas, a reexportar o GNL. Son os terminais que Sabine Pass en Luisiana e o Freeport en Texas. Os altos prezos que se pagan polo GNL fai mais "beneficioso" o negocio de vender este gas.
http://www.pacificenvironment.org/article.php?id=2841
http://www.gasworld.com/news.php?a=3239;la=1

O gobernador de ALABAMA veta outra regasificadora flotante de nome TORP. (14 de Outubro)
ALABAMA (EE.UU.). Por terceira vez en cinco anos, o gobernador do estado Bob Riley vetou outra regasificadora flotante situada a 60 millas da costa por utilizar o sistema de regasificación de GNL con auga de mar. (A regasificadora da ría de Ferrol utiliza este sistema).
http://www.southernpoliticalreport.com/storylink_1014_616.aspx

EE.UU. será un país exportador de GNL (9 de Outubro)
WÁSHINGTON, D.C. O senador Ron Wyden (Demócrata-Oregon) pide ao Secretario de Enerxía que revogue a autorización dada a ConocoPhillips e a Marathon Oil para exportar gas natural de Alaska en estado líquido GNL. Estas empresas promoveron anteriormente regasificadoras para importar gas natural a EE.UU. para, dicían, "quentar as casas e cociñar". Actualmente, como os prezos do GNL están fóra de control estas empresas ven máis rendible os seus negocios vendendo o GNL que comprándoo.
http://www.reuters.com/article/rbssEnergyNews/idUSN0932191020080909

Como sempre, ¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA !
_________________________

OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO
Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor a la Planta de gas natural licuado (GNL) de la ría de Ferrol (Galicia)
_________________


_______________

Artábria opujo-se à presença de 'Galicia Bilíngüe' em Ferrol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2008 04:43

Assunto: Artábria opujo-se à presença de 'Galicia Bilíngüe' em Ferrol






Artábria opujo-se à presença de 'Galicia Bilíngüe' em Ferrol

Apesar da chuva, um grupo de companheiros e companheiras assistírom hoje mesmo, na praça do Concelho, à chegada do autocarro do colectivo antigalego 'Galicia Bilingüe', fazendo-lhes chegar, como acontece em cada cidade e vila galega que visitam, que os inimigos do nosso idioma nom som bem-vindos.

Claro que, para a nossa (relativa) surpresa, entre as poucas pessoas que assinárom o manifesto em defesa do espanhol que essa entidade promove, encontramos o que até há dous dias era concelheiro de Obras na Cámara Municipal da nossa cidade, Miguel Reimúndez, do grupo municipal de Izquierda Unida.

Temos certeza que o seu gesto de apoio aos ultras antigalego nom reflecte nem sequer o sentir da maioria da militáncia do seu partido, para já nom falarmos da sua importante massa de votantes no nosso concelho, que mui maioritariamente apoia as actuaçons em defesa da extensom de usos do galego. Por isso achamos importante dar a conhecer a posiçom deste cargo público ferrolano num tema tam importante para Ferrol como o necessário apoio ao avanço social do idioma próprio da Galiza.

De resto, poucos, pouquíssimos ferrolanos e ferrolanas assinárom contra o galego e, ao contrário, houvo bastantes que contestárom com um rotundo NOM! ao pedido destes bilingüistas que renegam da nossa língua.

Pola nossa parte, continuaremos a denunciar a actuaçom impune de quem reclama abertamente a marginalizaçom do galego no seio do seu próprio país de origem, que é o nosso: Galiza.

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria

http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua

http://www.artabria.net/festival

_______________

venres, outubro 31, 2008

Actividades culturais que vai desenvolver o Ateneo Ferrolán durante o mes de Novembro de 2008

De: ATENEO FERROLAN
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 31 de outubro de 2008 13:02

Asunto: ACTIVIDADES CULTURAIS A DESENVOLVER no Ateneo Ferrolán - novembro 08



Actividades culturais que vai desenvolver o Ateneo Ferrolán durante o mes de Novembro de 2008
  • EXPOSICIÓN de ALE BICA “Óleos e Pinturas dixitais” Inauguración 31 de outubro ás 20 horas. Até o 12 de novembro (2ª planta).
  • EXPOSICIÓN de Fotos “O Exilio Galego en Venezuela” do 6 ao 15 de novembro (1ª planta)
  • EXPOSICIÓN de Fotos de Federico Fernández Ackerman até o 30 de novembro (1ª planta)
  • EXPOSICIÓN de Pintura de Rosa Fernández Salanova (2ª planta) do 14 ao 29 de novembro
  • MARTES DE CINE – Ciclo “Galiza o Cine en Galego”. Todos os martes ás 19 h.
  • Día 7 venres PRESENTACIÓN LIBRO SEX “Los Babilonios” ás 19 horas.
  • Día 8 sábado_ SESIÓN VERMÚ (Colaboración con Radio Filispim) ás 12 h.
  • Día 14 venres _ CONCERTO de SILVIA PENIDE – ás 21 horas
  • Día 29 sábado – CONCERTO de NORGE BATISTA, da Trova,CANTAUTOR CUBANO - ás 20 h.
  • ELABORACIÓN GUÍA DA BIBLIOTECA – HEMEROTECA
  • CONVOCATORIA CERTAME TEATRO INFANTIL E XUVENIL – Presentación BASES 2009
  • CONVOCATORIA CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” 2009 – Presentación BASES
  • CONVOCATORIA aos Socios e Socias da Exposición Colectiva Decembro-Xaneiro.
  • ENTRE TODO ISTO, TAMÉN AS ACTIVIDADES NORMAIS E COTIÁNS DO ATENEO FERROLÁN E A SÚA BIBLIOTECA – HEMEROTECA.
Asociacións, Colectivos, Plataformas .......

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)

“EXECUCIÓN XA do PROXECTO APROBADO por ACORDO PLENARIO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA”

“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

_________________________________

Ateneo Ferrolán
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303
___________

xoves, outubro 30, 2008

"A Ría, na Rúa": Sábado 1 de Novembro Magosto e Exposición Colectiva na Praza do Centro Cívico de Caranza

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de outubro de 2008 16:40
Asunto: Novembre, 1 : MAGOSTO e exposición "A Ría na Rúa" (cambio ubicación)



Novembre, 1 : MAGOSTO e exposición "A Ría na Rúa" (cambio ubicación)


O acto anunciado para o 1º de novembro no Cantón, trasládase, por motivo do mal tempo previsto, ao Centro Cívico de Caranza, quedando a convocatoria como segue:

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e da Concellalía de Cultura de Ferrol, o próximo Sábado 1 de Novembro, a partir das 5 da tarde, no Centro Cívico de Caranza, terá lugar o Acto de peche da semana de "A Ría, na Rúa", na que dez artistas locais elaboraron sendas pinturas murais alusivas ao perigo da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría e que permaneceron expostas os últimos días en 10 prazas da nosa cidade.

Para salvagardar dos efectos da chuvia e vento destes días, esta obra importante e desinteresada dos nosos artistas, chamada a ser patrimonio colectivo de Ferrol, vai ser exposta conxuntamente desde hoxe no vestíbulo do Centro Cívico de Caranza, e neste marco pictórico, o sábado 1º de Novembro a partir das 5 da tarde celebrarase un MAGOSTO POPULAR, onde toda a cidanía, a prezos simbólicos, poderá degustar castañas, chourizos, panceta, pan, viño, refrescos, leite, etc., nunha tarde festiva, de confraternización e reivindicativa, disfrutando da música enxebre.

Para as nenas e nenos que presenten unha cabaza decorada, sortéase unha bicicleta, por parte da A.VV, de Caranza, ainda que o mellor dos premios será contribuir coa súa arte a esta xuntanza en defensa dos noso dereitos e da nosa seguridade.

Difunde, participa, e sempre:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://www.comitecidadan.org
_________________


_____________________

Convocatoria do Grupo de Análise e Proposta, que participou na elaboración do regulamento de participación cidadá

De: Asociación de Vecinos de Caranza
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de outubro de 2008 15:44
Asunto: Convocatoria do Grupo de Análise e Proposta


Convocatoria do Grupo de Análise e Proposta

CONVOCATORIA PARA ROLDA DE PRENSA

As entidades abaixo asinantes, en representación do Grupo de Análise e Proposta, para a elaboración do regulamento de participación cidadá, convocamos a todos os medios de comunicación, a unha rolda de prensa o Venres día 31 na Galería Sargadelos ás cinco da tarde.

Fdo. A. VV. Caranza
A. VV. Ferrol- Vello
A. VV. Esteiro-Fontelonga
A. VV. O Rosario
A. VV. Serantes
A. VV. Sta Comba - Cobas
A. de Xordos
Alcer
Adra
ADEGA

É importante que asistan todos os representantes das entidades que formaron parte do GAP e do Foro Cívico.

Consideramos oportuno trasladar aos partidos políticos e a todos os cidadáns de Ferrol que o GAP dá por concluído o proceso para a elaboración do regulamento de participación cidadá (consensuado e aprobado por máis de setenta entidades), que urxe que se emita o informe do secretario do concello para non incorrer en ilegalidades e que sexa aprobado nun pleno extraordinario o máis axiña posible.
___________________________

Un cambio no que os grandes doantes poden confiar

Un cambio no que os grandes doantes poden confiar

Publicado o 22 de Outubro de 2008
Columna de Amy Goodman 29 de outubro de 2008 17:20 Por Amy Goodman

O cambio está moi preto. Salvo que se repita o prolongado reconto de votos do ano 2000 en Florida, pronto haberá un vencedor nas eleccións presidenciais de Estados Unidos.

En tempos de crise económica, o cambio é algo que un garda no peto e que quere conservar.

As campañas electorais, con todo, non funcionan con moedas de poucos centavos. As súas arcas, especialmente a dos demócratas, estanse enchendo de máis e máis fajos de diñeiro, o que asegura que os políticos quedarán en débeda cos intereses especiais e os doantes adiñeirados. Non esperen que as cadeas de televisión expoñan grandes discusións sobre isto, porque precisamente son as cadeas televisivas as que máis se benefician desta conxuntura.

Barack Obama bateu unha nova marca de recadación de fondos durante o mes de setembro, segundo indicouno a súa campaña recentemente, que superou todas as predicións, alcanzando os 150 millóns de dólares. Dado que Obama decidiu non acollerse ao sistema público de financiamento de campañas, pode gastar libremente todo o que as súas arcas permítanlle ata o día das eleccións. John McCain aceptou o financiamento público e iso significou para a súa campaña a imposición dun máximo de 84,1 millóns de dólares de diñeiro público para gastar nas eleccións xerais. A campaña de Obama gastou en publicidade catro veces máis que a de McCain. [Ler o interesante artigo completo]
_________

Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
_____________

mércores, outubro 29, 2008

Samaín e Magosto 2008 no Inferniño de Ferrol

De: Asociación Veciñal "O Rosario-Inferniño"
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de outubro de 2008 12:01
Asunto: SAMAIN -MAGOSTO-2008


SAMAIN -MAGOSTO-2008 NO INFERNIÑO - FERROL

A Xunta directiva convidavos a participar no SAMAIN este xoves a partir das 7 da tarde na Praza do Inferniño.

Os participantes estarán convidados ao BAILE INFANTIL DO SAMAIN para este venres as 6 da tarde con súas familias na DISCO COTTON, preto da Praza do Inferniño

Animamos a levar as cabazas deseñadas para esta celebración tradicional como traer COLARES DE ZONCHOS.

Saúdos veciñais.

Adso. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. Lopez - Presidenta


ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

________________

martes, outubro 28, 2008

Intervención do movimento social e veciñal de Ferrol no Pleno Extraordinario do 27 de Outubro de 2007

Un sector moi importante do movimento social e veciñal da cidade, que contribueu na elaboración do regulamento de Participación Cidadá e no Foro Cívico, decideu solicitar a súa intervención no Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol celebrado onte, luns, 27 de Outubro de 2008, intervención que lle foi concedida, sendo Xosé Miguel López Pérez, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga ”, o encarregado de falar no Pleno en representación de nove entidades. A continuación transcribimos a declaración que se leu no citado Pleno.

Ferrol 27 de outubro de 2008.

Sr Alcalde, señoras concelleiras, señores concelleiros, veciñas e veciños de Ferrol, ¡ Boas tardes ¡.

No nome das nove entidades que solicitamos intervir neste Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol ( AV de Ferrol Vello, AV de Caranza, AV O Rosario-Inferniño, AV de Covas, AV Prioriño, AV San Pablo de Catabois, ADEGA, Ateneo Ferrolán e AV de Esteiro- Fontelonga), queremos DEMANDAR a continuidade do proceso de participación cidadá posto en marcha por este Concello de Ferrol desde a Concellería de Participación Cidadá no presente ano 2008.

Hai máis entidades que xa nos amosaron o seu apoio como a Xunta Veciñal de Doniños, AV de Valón, AV San Salvador de Serantes, AV da Zona Centro e a Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” e outras máis o irán facendo ó longo da semana.

Non vimos a ser portavoces de ningún grupo político, non vimos a censurar nin a atacar a ningún grupo municipal, todos eles nos merecen o maior respecto.

Vimos, exclusivamente, a que se recoñeza o traballo que vimos desenvolvendo, de maneira consensuada, desde o mes de maio na elaboración dunha ferramenta de participación cidadá: O novo Regulamento, e agardamos que hoxe non sexa o día no que no Concello de Ferrol morra ou se mate, por intereses partidarios, a participación cidadá.

DEMANDAMOS dos cinco grupos municipais o apoio ó proceso de participación cidadá e agardamos que Vostede, sr. Alcalde, faga o mesmo.

Non se converta vostede, sr Alcalde, na persoa que desde a Alcaldía de Ferrol, matou a participación do tecido asociativo da cidade na vida municipal, sería para vostede, sr Alcalde, un triste logro.

Se algún grupo municipal pretende utilizarnos no seu favor, está fondamente trabucado.

Se algún medio de comunicación, como sucedeu o sábado e o domingo, ve no noso comportamento e nas nosas demandas algún apoio á algún partido político, trabúcase moito máis.

So vimos aquí a demandar que os partidos políticos cumpran o que prometen nas campañas electorais: Gobernar para os cidadáns e as cidadás e sobre todo cos cidadáns e as cidadás.

Non vimos aquí a cuestionar a lexitimidade dos grupos municipais, nin moito menos os queremos suplantar, pero queremos que se aprobe urxentemente o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, elaborado e consensuado por máis de 70 entidades asociativas e por cidadáns e cidadás a título persoal, que fomos quen, por riba das nosas moitas maneiras de ver a vida, de chegar a un documento de todos e de todas, documento que, previo informe xurídico do Secretario Municipal, foi apoiado polos grupos municipais na xuntanza que mantivemos con eles.

Queremos que se poñan en marcha as asembleas de barrio e de parroquia.

Queremos que se poñan en marcha os consellos sectoriais.

Queremos que se poña en marcha o Consello da Cidade e o Valedor Veciñal.

Queremos que se poida intervir nos Plenos e nas Comisións Informativas.

Queremos, sobre todo, no 2009 que se poñan en marcha os Orzamentos Participativos, que unha experiencia piloto nun barrio ou parroquia ou nunha área de goberno municipal poña en marcha os orzamentos participativos.

Como saberán vostedes no veciño concello de Fene, vano facer con 240.000 euros, 120.000 na parroquia de San Valentín e 120.000 na parroquia de Sillobre. En Ferrol a cantidade terá que ser sensiblemente maior.

Non dubide, sr. Alcalde, de que chegaremos a un acordo de en que barrio ou en que parroquia se fai a experiencia piloto, nós sabemos e queremos o consenso e xa o temos demostrado ó longo do proceso de elaboración do Regulamento de Participación Cidadá.

Agardamos e demandamos dos Grupos Municipais, e sobre todo de Vostede sr. Alcalde, que hoxe non se aprobe un Regulamento de Administración e Goberno do Concello de Ferrol, que vaia contra o proceso participativo, nin contra o froito dese proceso o Regulamento de Participación Cidadá, deixando baleiro de contido e convertendo en papel mollado.

Se isto sucedese, sr Alcalde, se hoxe morre ou matan a participación cidadá, saiba Vostede que o tecido asociativo non imos ficar nin mudos e moito menos imos ficar quedos.

Nós non nos pronunciamos sobre quen ten que gobernar a cidade, non é a nosa competencia.

Nós demandamos a continuidade da participación cidadá na vida municipal de Ferrol.

Nós tamén formamos parte da cidade e colaboramos día a día na construción da mesma, no noso tempo libre, restandoo das nosas afeccións e roubándollo ás nosa familias, con moito esforzo e de maneira gratuíta, como non pode ser doutro xeito.

O tecido asociativo non pode ser só o río no que pescan os partidos políticos cando conforman as súas candidaturas as eleccións municipais, non somos entidades de usar e logo tirar, somos e temos vocación de ser moito mais.

Somos o tecido asociativo máis importante e máis vivo de toda Galicia e sempre que nos deixan ou nolo piden estamos dispostos a participar co noso traballo e co noso esforzo.

Non hai moitos días, sr Alcalde, e neste mesmo Salón de Plenos do Concello de Ferrol, Vostede recoñecía o importante labor desenvolvido por moitas entidades asociativas na elaboración do Plano Estratéxico de Servizos Sociais de Ferrol, posto en marcha desde a Concellería de Benestar Social, foron moitas horas, moito traballo e moito esforzo. Que non se pretenda hoxe deixarnos mudos.

Nun sistema democrático os comportamentos ególatras, irrespectuosos e “caudillistas”, están fóra de tempo e de lugar, Ferrol non os precisa e nós nin os practicamos nin os toleramos.

Queremos, xa para rematar, DEMANDAR dos Grupos Municipais do Concello de Ferrol, que non aproben ningún Regulamento de Administración e Goberno, que limite, menosprece ou minusvalore a participación cidadá.

DEMANDAMOS para o exercicio do 2009 orzamentos participativos, cunha partida económica importante.

DEMANDAMOS a aprobación e posterior desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá, elaborado, de maneira consensuada e sen ningún dirixismo político, polo tecido asociativo.

Agardamos que os cinco Grupos Municipais aposten decididamente pola participación cidadá e agardamos que Vostede, Sr Alcalde, faga o mesmo.

¡ Moitas grazas !
_____________

O Sábado, 1 de Novembro, "A Ría, na Rúa" estará no Cantón de Ferrol



[Para ampliar clicar acima da imaxe]

O Sábado 1 de Novembro, terá lugar o acto final da Campaña "A Ría , na Rúa", onde 10 artistas encheron 10 prazas da cidade de arte, reivindicación e denuncia, en protesta polo despropósito gasístico de REGANOSA, que ameaza a vida de miles de persoas. As obras podense contemplar en cada praza, até o Sábado, onde, nun acto central, xuntaremos as 10 obras no Cantón, desde as 5 da tarde, onde non faltará música e un magosto popular, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Participa !!


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


____________

Para acceder ou baixar a propaganda da campaña:

+ info nos enlaces:

______________

A abstención de EU e o rexeitamento da oposición tomba o regulamento de grandes cidades que pedía o PSOE en Ferrol

[Nunha foto de Kiko Delgado, o 16 de Xuño de 2007, logo de asinar o Pacto de Goberno entre o PSOE e EU-IU, Yolanda Díaz e Vicente Irisarri, fechan o acordo con abrazo e beixo]

[Nunha foto de Kiko Delgado, o 27 de Outubro de 2008, o desencontro no Pleno Municipal]

Pola importancia da noticia, transcribimos o publicado pola axencia Europa Press hai unhas horas, máis adiante publicaremos opinións e documentación ao respeito deste asunto.

AMP-A abstención de EU e o rexeitamento da oposición tomba o regulamento de grandes cidades que pedía o PSOE en Ferrol

Irisarri e Díaz piden desculpas polo "espectáculo" dos últimos días e o PSOE analizará desde mañá a situación do Goberno local

FERROL, 28 Oct. (EUROPA PRESS) -

A abstención de Esquerda Unida e os votos en contra dos tres grupos da oposición evitaron hoxe a aprobación no Concello de Ferrol do regulamento da Lei de grandes cidades que defendía o alcalde socialista, Vicente Irisarri, como "ferramenta" para afrontar un goberno en solitario sen os seus socios de EU.

Nun pleno municipal de case cinco horas de duración e coa presenza de máis de 200 veciños, o Goberno de coalición de PSOE e EU aparcou temporalmente as súas acusacións mutuas das últimas semanas, aínda que escenificou as súas discrepancias na votación do Regulamento da Lei de grandes cidades, que foi rexeitado cos votos en contra do PP (7), Independentes por Ferrol (3) e BNG (2) e coa abstención de EU (4), fronte aos votos afirmativos do PSOE (9).

A tenente de alcalde e líder de EU, Yolanda Díaz, pediu a retirada do regulamento da orde do día do pleno para tratar de chegar a un acordo co PSOE. Tras un receso, mantívose o punto no debate plenario e o PSOE defendeu a "imprescindible urxencia" da aprobación dunha norma que cualificou como necesaria para a "modernización" da cidade, pero que finalmente non foi aprobada.

Irisarri defendeu a norma por considerar que se trataba de "unha boa lei" que trata de buscar "a eficacia da xestión municipal" para calquera equipo de goberno e que permitirá a Ferrol "homologarse" co resto de cidades galegas que xa contan con esta normativa.

A primeira tenente de alcalde e portavoz de Esquerda Unida mostrou con todo o seu rexeitamento á norma --que si votara antes do período de alegacións, no debate plenario celebrado o 18 de xullo--, porque incide en formulacións dun "goberno tecnócrata", que non apoia a "participación cidadá" nin un modelo de "orzamento participativo".

Yolanda Díaz lamentou que non se aceptasen algunhas das alegacións presentadas por partidos políticos e colectivos veciñais, nas que se reclamaba a limitación das accións permitidas a cargos non electos ou a porcentaxe do 2,5 por cento previsto para altos cargos. Anunciou que non apoiaría ao PSOE nunha proposta "diametralmente oposta" aos seus posicionamentos políticos.

Así, o voto de abstención dos catro concelleiros de EU-EU deixou ao PSOE de Vicente Irisarri (nove concelleiros) a mercé da oposición, PP, IF e BNG, que finalmente rexeitou a normativa.

RUPTURA DE PACTO

En todo caso, a polémica sobre as acusacións cruzadas por PSOE e EU-EU durante a última semana estivo presente no debate plenario, e os distintos grupos da oposición reclamaron información sobre se a aprobación da lei suporía a ruptura efectiva do pacto de coalición, tras 16 meses de goberno, e o inicio dun mandato socialista en solitario e minoría.

Neste contexto, os aínda socios de goberno fixeron fronte común contra os envites da oposición e, en concreto, do portavoz do PP, José Manuel Rei Varela, quen reclamou información sobre o "grotesco espectáculo" dos últimos días, nos que Irisarri e Yolanda Díaz "rivalizaron" en "ver quen dicía a maior barbaridade".

"Vaia tropa temos no Concello", asegurou, parafraseando "a Romanones", e acusou á coalición de "unha irresponsabilidade" que puxo ao concello "ao bordo do abismo" e que "ha mancillado a imaxe de Ferrol" nunha "guerra sen cuartel".

O portavoz "popular" asegurou que o goberno de coalición foi "unha pantomima", "unha farsa", case como "un matrimonio non consumado" que hoxe "pide a nulidade matrimonial", nun pleno municipal que Rei Varela cualificou dun intento de Irisarri por obter a "confianza" da corporación.

DESCULPAS

Vicente Irisarri, que xunto con Yolanda Díaz pediu "desculpas" polo "espectáculo" e o "esperpento" dos últimos días, acusou a Rei Varela de "rezumar odio e rancor" e tratar de "ferir de morte" ao bipartito cun discurso "duro e agresivo" que faltaba á "verdade" dun goberno que só trata de "sacar a Ferrol do punto no que o deixou a dereita". Tamén a primeira tenente de alcalde, Yolanda Díaz, reprochou o discurso "frívolo" do PP e o seu intento de facer "carnaza".

As críticas á escenificación da crise dos últimos días tamén estivo presente no discurso de Independentes por Ferrol, que en todo momento insistiu en coñecer se os socios de goberno tiñan previsto finiquitar o seu pacto ou manter a súa coalición. Tampouco o BNG pasou por alto a crise, aínda que neste caso centrou o seu voto negativo nas consideracións de que a norma é "regresiva" e instaurará a "dedocracia".

A pesar de que o pleno municipal avanzou durante máis de catro horas na incerteza sobre a decisión que adoptarían os distintos socios de goberno, antes do debate sobre o regulamento, Esquerda Unida-Esquerda Unida escenificara na súa abstención sobre a reforma da praza de Armas unha primeira mostra das súas desavinzas co PSOE. Aínda así, o proxecto foi aprobado, xa que os socialistas contaron co apoio dos grupos da oposición.

Ao termo do pleno, tanto Vicente Irisarri como Yolanda Díaz declinaron realizar declaracións, pero fontes socialistas confirmaron que a partir de mañá o alcalde podería realizar valoracións sobre o sucedido nun pleno municipal, que chegou despois de que durante media hora, xusto antes do seu inicio, os 13 concelleiros de goberno tratasen de axuntar posturas, nun último intento de diálogo.
______________

luns, outubro 27, 2008

O mércores, 29 de Outubro, Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21

Convocatoria da Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21

Estimadas comañeiras e compañeiros, este vindeiro mércores, 29 de Outubro, está convocada unha Asembla Xeral da PA21, para facer un balanzo da actividade desenvolta até hoxe e analisar a coxuntura política, social e veciñal en Ferrol e comarca.

A Asemblea comezará ás 7 da tarde nos locais do Ateneo Ferrolán.

Participa !!
____________

DN!: Boletin Democracy Now! - 27 de Outubro de 2008

Este 25 de Outubro de 2008 a Ría estivo na Rúa

"Contra os que se empeñan en destruír e pórnos em perigo, tendo como obxectivo a súa riqueza e como aliada a irresponsabilidade de quen nos debería defender, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere construír. Coa inestimábel axuda de dez artistas plásticos da nosa cidade, totalmente desinteresada, ..." A Ría estivo na Rúa

As obras están expostas nas propias prazas onde foron realizadas, toda a semana, e o día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.


__________

Para acceder ou baixar:

Cartaz en formato pdf

Folleto en Formato pdf

+ info nos enlaces:

Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

Campaña "A Ría, na Rúa"

O Mural das Pías anunciando a Campaña "A Ría, na Rúa"
_________

venres, outubro 24, 2008

Entidades veciñais e sociais demandan a aprobación do Regulamento de Participación cidadá consensuado no Foro Cívico

De: AVV FERROL VELLO -avvferrolvello@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de outubro de 2008 23:18
Asunto: COMUNICADO URXENTE A TODAS AS ENTIDADES SOCIAIS




COMUNICADO URXENTE A TODAS AS ENTIDADES SOCIAIS


Ferrol 24 outubro de 2008

As entidades abaixo asinantes que vimos participando desde o mes de maio na elaboración dun novo regulamento de Participación aprobado e aceptado por máis de 70 entidades de Ferrol no Campus de Esteiro queremos MANIFESTAR:
  • Que apoiamos o proceso de Participación Cidadá posto en marcha no Concello de Ferrol e reclamamos a súa continuidade.
  • Que demandamos, de manera inmediata, a convocatoria extraordinaria dun pleno para aprobar o novo regulamento de Participación Cidadá.
  • Demandamos que o regulamento de Goberno e Administración do Concello de Ferrol que se pretende aprobar o próximo luns non contradiga o regulamento de participación Cidadá consensuado polo Foro Cívico e non vaia en contra do proceso de participación Cidadá que se ven desenvolvendo en Ferrol.
AV. Caranza – AV. O Rosario-Inferniño – AV Prioriño, AV. San Pablo, AV Ferrol Vello, ADEGA, ATENEO, AV de Esteiro Fontelonga, AV Covas.

Sumarvos en favor dunha participación real e eficaz
_______________

O Mural das Pías anunciando a Campaña "A Ría, na Rúa"

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de outubro de 2008 19:48
Asunto: O Mural de As Pías.



O Mural das Pías.

[Clicar acima da imaxe, para entrar na Galería de Diapositivos en tamaño grande]

Como prólogo ás xornadas de "A Ría na Rúa" que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e perxuízo que ocasiona a ubicación no interior da nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseiros ao pé das nosas casas e as nosas vidas.

Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración.

O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de "Planta de Gas Fora dá Ría" participando desta marcha artística e solidaria.

E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.

Enlace ao album de fotos

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Mural no campo de deportes de A Parda, prólogo das xornadas "A Ría na Rúa" Outubro-2008, realizado polos compañeir@s do CCE.
_________

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

___________

Difundir:

Para acceder ou baixar:

Cartaz en formato pdf

Folleto en Formato pdf

+ info nos enlaces:

Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

Campaña "A Ría, na Rúa"




________________

No día internacional das Nacións Unidas 9 organizacións sociais galegas peden unha reforma en profundidade do sistema de institucións internacionais

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 23 de outubro de 2008 13:06

Asunto: DECLARACION



24 de Outubro

No Día Internacional das Nacións Unidas
NOVE ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS PEDEN UNHA REFORMA EN PROFUNDIDADE DO SISTEMA DE INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS

A celebración do 24 de outubro como Día Internacional da ONU serve a nove organizacións sociais galegas para lembrar a necesidade dun profundo cambio no sistema de Institucións internacionais. O Seminario Galego de Educación pola Paz, a Fundación Galiza Sempre (FGS), a Coordinadora Galega de ONGDs, Esculca, o IGADI, o IGESIP, Xustiza e Sociedade e as fundacións FESGA e Luis Tilve crearon en 2007 un Comité Galego de Apoio á Campaña Mundial para unha profunda Reforma do Sistema de Institucións Internacionais, unha iniciativa apoiada por destacadas personalidades e máis de 100 redes sociais e cívicas internacionais. O principal obxectivo desta Campaña é contribuír á creación dunha orde mundial baseada no respecto e desenvolvemento da legalidade internacional, cunhas Nacións Unidas máis fortes, máis democráticas e con control efectivo sobre todos os seus órganos, axencias e sobre as outras organizacións multilaterais globais (Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Organización Mundial do Comercio, etc).

O Manifesto da Campaña subscrita polas entidades galegas “coa intención de incorporar ao noso País a este movemento” denuncia, entre outros, os problemas da guerra e a pobreza, os riscos ambientais, a perda de diversidade cultural e a progresiva debilidade das institucións políticas perante mercados cada vez máis globais.

O Foro Social Galego a celebrar do 5 ao 7 de decembro será escenario dun novo debate sobre esta iniciativa que pretende cuestionar o unilateralismo, o desprezo da legalidade internacional e a imposición de políticas económicas ultraliberais desde organismos alonxados do control democrático que caracterizan a situación mundial.

Pódese consultar o Manifesto da Campaña en:
www.reformcampaign.net.
___________________
__________________

ADEGA denuncia altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume

Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da "normalidade" que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados? [+ Info na web de ADEGA]

O resultado da análise das mostras recollida nas augas do Eume e afluentes, augas superficiais de distintos treitos da bacía do Eume. Tomas realizadas o 3 de setembro de 2008, analise realizado na UDC [Departamento de Enxeñería Química], para ADEGA. [En formato -pdf-]

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A noticia nos medios:

- El País -22/10/2008
O uranio na conca do Eume supera o limiar recomendado

- La Voz de Galicia - 22/10/2008
Ecoloxistas denuncian elevados índices de metais pescados nos ríos Chamoselo e Fervedorio
_________________

mércores, outubro 22, 2008

A Asociación Cometa inicia accións para rexeitar o proxecto de canceira municipal de Ferrol

O meu nome é Juán Fernández Sixto e, como cidadá/n de Ferrol (opción para non ferroláns que queiran apoiar a campaña: como amante dos animais) gustaríame manifestar o meu rexeitamento ao proxecto actual de rehabilitación da vella canceira de Mougá e o intento por parte do Concello de dar unha imaxe falsa de este tema.

Non se pode dicir que a canceira vai ser un refuxio cando as instalacións carecen de hospital, sala de curas ou quirófano. Que ten pensado o Concello facer cos animais que ingresen enfermos ou feridos? Un animal enfermo ou ferido non pode estar aloxado nunha canceira, no exterior, e sen posibilidade de recibir, por exemplo, tratamento por vía intravenosa ou osixeno.

Non se pode chamar zona de corentena a tres canceiras sen illamento e situados no exterior. Qué pasará cando ingrese o cuarto animal se o primeiro inda non rematou o período de corentena?

Co gran problema que están a ser os gatos nas rúas da cidade, problema ao que o Concello leva anos dando as costas, por non falar dos gatos abandonados, como se pode construír no ano 2008 un centro para a recollida de animais abandonados sen un espacio especialmente habilitado para estes animais? (unha canceira non é adecuado para eles)

Que vai pasar cos cabalos, ovellas e outros animais que vemos a diario invadindo zonas públicas, as veces estradas, a miúdo mantidos en condicións penosas?

Se o Concello de Santiago no ano 2005 cunha inversión de 394.000 € levou a cabo a CONSTRUCCIÓN e EQUIPAMENTO dun refuxio de 15.000 m² con quirófano, hospital, zonas de illamento e corentena, espacio para gatos e outros animais, zonas de esparcemento para os animais e aula medioambiental, como pode o Concello de Ferrol gastar 300.000 € dos nosos impostos na REHABILITACIÓN dunha canceira de 1.000 m² construida hai dez anos, sen ter en conta os avances producidos nunca década e a experiencia acumulada noutras cidades? Por qué os nosos representantes municipais non visitan outros centros para coñecer o seu funcionamento e ver cales son as necesidades e os problemas de este tipo de instalacións? Por que non contan coas protectoras de animais locais que ademais de representar os intereses de moitos cidadáns de Ferrol preocupados polo benestar animal, poderían aportar ideas e experiencia?

Asociacións de defensa dos animais de todo o mundo levan anos loitando contra a adquisición compulsiva e irresponsable da animais, unha das principias causas de abandono. Entón ¿non resulta inda máis irresponsable que unha institución pública manifeste publicamente que os nenos que acudan en visita escolar á canceira poderán “escoller” alí mesmo o seu can? Por certo, os animais que habitualmente enchen estes centros son animais maltratados, con traumas e asustadizos, que o que menos necesitan é converterse en parte dun espectáculo para excursións, iso non é educar no respecto aos animais, máis ben o contrario.

Por todas estas razóns quero pedir a este goberno que recapacite e asuma unha iniciativa moderna e eficaz que resolva por fin un problema que preocupa cada vez mais aos cidadáns, a matanza continuada de animais abandonados, un problema, por certo, común a toda a comarca de Ferrolterra, e que debería ter unha solución conxunta.
____________
Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234

__________

Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2008 21:23
Asunto: sábado 25 outubro: "A Ría, na Rúa"



Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

Organizado polo Comitá Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:

25 de outubro, ás 10 h. 10 pintor@s en 10 prazas da nosa Cidade, comezaran a realizar sendas pinturas murais que trasladarán as nosas Rúas, a nosa Ría e a problemática da Planta de Gas,.

Ás 11,30 h., partindo do Centro Cívico de Caranza, iniciarase un Roteiro que percorrerá a cidade hasta o Peirao, visitando cada unha das obras pictóricas e amosando ós artistas o agradecemento pola súa colaboración e compromiso en defensa da Ría e da vida.

Invítase a toda a cidanía a participar neste Roteiro, portando as camisetas "Planta de Gas fora da Ría".

As obras ficarán expostas nas propias prazas, toda a semana,

O día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.

Colabora a Concellería de Cultura de Ferrol.

Itinerario do Roteiro:

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Saída ás 11,30 do Centro Cívico de Caranza – Avda. Castelao – Marques Sta. Cruz – Sartaña – Nova de Caranza – Chile – Praza de Ultramar – Venezuela – Villa Soledad – Estrada de Castela – Praza do Inferniño – Avda. Viveiro – Estrada de Castela – Monumento Porta Nova – Ramón y Cajal – Avda. Esteiro – Españoleto – Praza do Himno Galego – Españoleto – Praza de España – Galiano – Carmen – Sol – Terra – Praza de Canido – Concepción Arenal – María – Terra – Praza de Armas – Terra – Praza da Constitución – Igrexa – Concepción Arenal – Dolores – Amboaxe – Real – San Francisco – Praza Vella- Peirao de Coruxeiras. (Duración aprox. : 2 horas)
________________

Difundir:

Para acceder ou baixar:

Cartaz en formato pdf

Folleto en Formato pdf
_______________

Enlaces Relacionados:

A Ría na Rúa
____________

23 Outubro: Santiago Carrillo en Ferrol

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2008 00:05
Asunto: 23 outubro: SANTIAGO CARRILLO en Ferrol


23 Outubro: SANTIAGO CARRILLO en Ferrol


Organizado por Fuco Buxán, A.C.
Xoves 23 de Outubro, ás 20 horas
Centro Cutural "Carvalho Calero"
Praza do Inferniño - Ferrol
SANTIAGO CARRILLO
Presenta o seu libro:
"Dolores Ibárruri
Pasionaria, una fuerza de la naturaleza"
A figura máis emblemática do Partido Comunista de España
durante a Guerra Civil e a posguerra
lembrada polo seu máis estreito colaborador.
____________

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

______________

kit de urxencia para a poboación

De: suso -susopazos@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de outubro de 2008 21:23
Asunto: kit de urxencia para a poboacion


kit de urxencia para a poboación

Plan de alerta en Mugardos Consellos da Xunta aos veciños ante un caso de urxencia

LORENA BUSTABAD - Ferrol - El Pais - 14/08/2008

Cinta illante para selar portas e fiestras, persianas pechadas baixo sete chaves, afastarse de interruptores e enchufes, prescindir do coche e os electrodomésticos e permanecer no interior das vivendas ou colexios. Son algunhas das recomendacións de seguridade que a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta, adscrita á Consellería de Presidencia, está facendo chegar estes días aos veciños do municipio coruñés de Mugardos.
___________