sábado, febreiro 16, 2013

Paremos a minaría contaminante en Corcoesto - Manifestación Domingo 17 de Febreiro, ás 6 da tarde, en Coristanco


Cartaz da Convocatoria
A cidadanía das comarcas da Costa da Morte e Bergantiños e de todo o País está convocada a unha manifestación este domingo 17 de febreiro, ás 18:00 horas desde a rotonda do centro comercial en Coristanco, a unha manifestación en repulsa polas operacións da compañía canadiana Edgewater que pretende, co beneplácito da Xunta, transformar os montes compartidos polos municipios de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso nunha inmensa canteira a ceo aberto.

A convocatoria, lanzada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto que aglutina á veciñanza, e á que xa se adheriron multitude de organizacións e desde agora a Asociación Monte Pindo Parque Natural, pide axuda para esixir das autoridades que recúen no seu apoio decidido a estas explotacións de consecuencias catastróficas para o entorno natural e humano (así se ven constatando en multitude de experiencias anteriores en todo o mundo), e que as políticas a tomar en consideración non sexan as que pasen por destruír o territorio, contaminar as augas e destruír as formas de vida tradicionais.

O dito: domingo 17, ás 18:00h, todos en Coristanco!

Ten prexuízos a minaría de ouro a ceo aberto?
A Asociación Monte Pindo Parque Natural vén de levar a cabo un estudo de varios aspectos relacionados con este tipo de explotacións, centradas por suposto no caso particular de Corcoesto pero tamén extrapolados a outros casos. Os datos deste traballo aterrorizana a calquera. Para mellor comprensión de todos os nosos visitantes, sintetizámolas nas seguintes infografías que podedes divulgar libremente.


Por cada gramo de ouro extraído úsase suficiente cianuro para matar 128 persoas
Menos do 0,001% da terra removida en Corcoesto será outra cousa que
entullo e residuos, e desa mínima parte, só o 0,25% será ouro
O metro cadrado expropiado en Corcoesto é máis barato ca convidar a unha cervexa.
A empresa asegura que o prezo "realista" sería o dun paquete de chicles
A diferencia visual entre a instalación de Corcoesto e as minas tradicionais
No burato de Corcoesto poderase soterrar a Torre Eiffel e apenas sobresairá a antena
A mina de Corcoesto ocupará a superficie de
763 campos de fútbol regulamentarios
A auga contaminada enchería 10 estadios Santiago Bernabeu
Un só kg de material informático reciclado xera 5 veces máis
ouro que mil quilogramos de terra estragada en Corcoesto
E os postos de traballo?
Coma sempre, é absurdo tratar de obxectivar cantos postos de traballo xustifican a destrución dun espazo natural. Un bo caso témolo nalgunhas piscifactorías que de prometer centos de postos de traballo a meses da apertura iniciaron a súa actividade con apenas unha ducia de prazas de aparcamento para os empregados, ou as instalacións industriais que contaminaron bancos marisqueiros, sen que os postos de traballo da nova instalación igualaran sequera os destruidos.
Asi mesmo hai outro aspecto que se ve resentido para sempre por calquera instalación cun impacto visual semellante: o turismo e o sector servizos.
Porén tamén parece quedar en evidencia que diferentes poderes políticos e económicos interesados en que a explotación saia adiante están absolutamente inmersos nunha campaña de confusión sobre a suposta (e nunca garantida) creación masiva de postos de traballo, unha práctica que as organizacións opostas a este tipo de proxectos denuncian por pretender aproveitar os duros momentos económicos e sociais que vivimos para granxearse as simpatías das persoas máis afectadas.
Velaquí temos varios titulares que recopilamos nos últimos meses sobre o caso de Corcoesto:


"Creará unos 1.400 puestos de trabajo"
Alberto N. Feijóo (Presidente da Xunta), EP, 25/06/11

"La mina de oro de Corcoesto dará empleo directo a 271 trabajadores"
ECG, 01/04/12

"La empresa que buscará oro asegura que reservará 140 de los 271 empleos a residentes en la comarca"
LA OPINIÓN, 17/05/12

"Me comentaron que querían emplear a 100 personas"
José Muiño (Alcalde de Cabana), EL MUNDO, 25/09/11

En Corcoesto? A min non me toca...

Fonte: Edgewater
Si que che toca. Esta e outras moitas empresas, todas elas multinacionais, teñen xa identificada unha grande veta mineira de ouro desde As Pontes ata Tui pasando por centos de municipios que poden ser potenciais víctimas da mesma estratexia.
Hoxe pode que non, mañá tampouco, pero pasado pode que sexan as túas terras as expropiadas a 1 euro e 20 céntimos, para que uns señores que nunca coñeceremos se fagan moito máis ricos aínda e desaparezan das nosas vidas para sempre, deixando nelas tan só a paisaxe destrozada e cianuro na túa fonte.
Non desertemos da terra cando precisa da nosa axuda, coma ela non deserta cando nós precisamos dela.
Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural.
O Rabecho s/n, CP 15296 O Pindo (Carnota) A Coruña
 info@montepindo.org
Teléfono: 655 56 43 72
No facebook:
https://www.facebook.com/montepindo.pn
No twitter:
http://twitter.com/montepindo
No youtube:
http://www.youtube.com/user/montepindopn
____________

Manifestación de Stop-Desafiuzamentos en Ferrol dentro das mobilizacións do 16F en apoio da ILP - Fotos - Comunicado Final


Hoxe pola maña, pasadas as 12 do mediodía, partía a manifestación convocada por Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, dentro das mobilizacións convocadas polas PAHs na Galiza e en máis de cincuenta cidades de todo o Estado e nalgunhas capitais europeas. "Nin xente sen casas, nin casa sen xente", "Non é unha crise, é unha estafa", "Non son suicidios, son banquicidios", "A banca delinquindo, o pobo sufrindo", "Non falta diñeiro, sobran ladróns" ... entre outras consignas espontáneas berradas no transcurso da manifestación. Esta partiu da Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta, para baixar pola rúa Real e que, despois de pasar por varias rúas de Ferrol, rematou na Praza do Concello diante do Pazo Municipal, onde se leiu un comunicado que transcribimos neste post. Posteriormente houbo micro aberto onde varias persoas comentaron a súa experiencia persoal: quen conseguiu a dación en pago; quen foi desafiuzado e presentou unha demanda por estafa contra o BBVA que foi admitida a trámite; quen reflexionou sobre a ocupación de vivendas en Ferrol no ano 1977 e demandou a compra de solo por parte da administración, para vivendas sociais; e por último unha das persoas da lista de espera para unha vivenda protexida de Recimil que demandou a entrega das vivendas.


Comunicado leido ao final da manifestación:

Ola, a todas e todos!

Permitir-me darvos a benvida a esta manifestación de protesta, denuncia e reivindicación, no nome de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Hoxe non só nos mobilizamos en Ferrol, tamén o están facendo noutras cidades da Galiza: en Vigo, na Coruña, en Compostela, en Ourense, en Lugo, ... e en máis de cincuenta cidades e vilas, do resto do Estado, e nalgunhas cidades do resto de Europa. Son varios centos de miles de persoas as que hoxe saen á rúa para apoiar a xusta e heroica loita das persoas que conforman as plataformas de afectadas e afectados pola hipoteca.

Protestando con Stop-Desafiuzamentos, contra as execucións hipotecarias de persoas sen recursos, empobrecidas polo desemprego e a estafa chamada crise.

Paralizando desafiuzamentos ou conseguindo realoxos.

Acompañando e apoiando ás persoas afectadas por execucións hipotecarias ou ameazadas coa perda da súa vivenda habitual.

Denunciando as prácticas abusivas e o acoso dos bancos, a estafa inmobiliaria, ... e a complicidade necesaria dos diferentes gobernos.

Exercendo a chamada acción social, conseguindo unha vivenda a quen se lle nega ese dereito e non ten outra saída que ocupar.
Non podemos permitir que haxa casas sen xente e xente sen casas. Na nosa comarca hai máis de 16.000 vivendas baleiras, segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Reivindicando, xunto con outras organizacións sociais e sindicais, unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para levar ao Congreso dos Deputados unha modificación da Lei Hipotecaria. Esta ILP recolle tres medidas que consideramos de mínimos para garantir o dereito á vivenda: dación en pago retroactiva, aluguer social e paralización dos desafiuzamentos.

Mais hoxe estamos aquí, principalmente para  manifestar o noso apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos no Congreso dos Deputados avalada con 1.402.854 sinaturas de apoio (30.283 na Galiza), que en resumo conten tres puntos:
  1. Dación en pago con efectos retroactivos.
    Chámase dación en pago ao feito de entregar a vivenda á entidade financeira coa que se ten a hipoteca a cambio de quedar libre de toda débeda.
  2. Paralización dos desafiuzamentos.
    Sempre que se trate da vivenda habitual e o impago do préstamo hipotecario sexa debido a motivos alleos á propia vontade.
  3. Alugueiro Social.
    A persoa executada terá dereito a seguir residindo na vivenda pagando un alugueiro non superior ao 30% dos seus ingresos mensuais, como mínimo, por un período de 5 anos.
Hoxe continuamos camiñando para defender e esixir o dereito á vivenda, un dereito fundamental sistematicamente vulnerado. Denunciamos a situación dramática á que se condena a vivir a miles de familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer, que se ven desafiuzadas ou ameazadas coa perda da vivenda, vítimas dunha estafa hipotecaria, da vulneración extrema do dereito á vivenda por parte das entidades financeiras, avaladas polos gobernos que tivemos até agora. Hoxe o Partido Popular no poder, pretende continuar lexislando a favor da grande banca contra a maioría social, cousa que no podemos permitir.

420.000 execucións hipotecarias no Estado os últimos seis anos, e 220.000 desafiuzamentos, son intolerábeis.

As entidades financeiras -responsábeis da crise actual- coa complicidade dos gobernos, que lles dan cobertura cunha lei inxusta que fai que toda a responsabilidade recaia sobre a parte máis vulnerábel, convirtese en destinataria de miles de millóns de euros en axudas públicas sen ningún tipo de contraprestación. Fronte a eses abusos, a cidadanía mobilizada, defendemos o dereito á vivenda, e poñemos enriba da mesa as solucións para acabar con esta estafa. Porque non ten sentido que os bancos acumulen miles de pisos baleiros mentres miles de familias son expulsadas das súas vivendas.

Coa Iniciativa Lexislativa Popular esgotamos todos os mecanismos que nos ofrece o sistema para cambiar unha lei obviamente inxusta. Falamos con concellos, servizos sociais, partidos políticos ... Mobilizamo-nos, paramos desafiuzamentos e fixemos todo o que estaba nas nosas mans para transformar unha situación de inxustiza evidente. As demandas da ILP son demandas de mínimos: dación en pago retroactiva, aluguer social nas vivendas baleiras acumuladas polas entidades bancarias que se enriqueceron coa crise, e moratoria de desafiuzamentos.

A ILP recolleu case un millón e medio de firmas, que se suman ao clamor popular que esixe unha solución xusta e urxente a esta problemática. Non queremos esmola. Non aceptaremos rebaixas. Queremos unhas leis que garantan os dereitos, a igualdade e a dignidade.

A ILP tamén é unha forma de esixir democracia, unha democracia que ten que estar en mans do pobo e non do poder financeiro. Fartas e fartos de mediocridade, corrupción e cobiza, de respostas baleiras e demagoxia, esiximos que se nos escoite e queremos construír unha outra sociedade, xusta, igualitaria, pacifica e sostíbel, unha democracia verdadeira, participativa, con reparto do traballo e da riqueza. E por iso que estamos pola suma das loitas, en defensa do dereito ao traballo, a un salario decente e unhas condicións laborais dignas; en defensa do ensino e sanidade públicas, ameazados con privatizacións e desmantelamento;  por uns servizos públicos universais e de calidade; pola axuda á dependencia; pola transparencia e honestidade na xestión dos recursos públicos; por unha xustiza ao servizo da cidadanía, sen taxas e igualitaria; por un exercicio da política sen privilexios; por unha xubilación digna, non máis alo dos 65 anos; ...

É por todo isto, porque nos temos que apoiar en todas as loitas contra este sistema inxusto, polo que vos convidamos a participar, mañá domingo 17 de febreiro, na Praza de Galicia de Narón, ás 12 do mediodía, na concentración convocada polo Concello de Narón, e apoiada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Non podemos rematar, sen denunciar ao grupo que goberna no Concello de Ferrol, que malgasta diñeiro público por enésima vez na Praza de España, un millón máis de euros, sobre dezaoito que xa levan malgastado. Mentres, non arranxan as vivendas protexidas da súa propiedade no barrio de Recimil, mantendo nunha espera eterna a máis de 160 persoas nunha lista que agarda por unha casa onde poder vivir. Nin tan sequera atenden as necesidades de emerxencia social que cacarexaron cando anunciaron o seu “Plan de Oportunidades”, só eran palabras para a galería.

É por iso que demandamos un censo de vivendas municipais, non só as de Recimil, senón de todas as que son de propiedade municipal, xa! E un plan real de arranxo das vivendas protexidas, para dotalas de certificación de habitabilidade e atender así as necesidades da veciñanza con poucos recursos económicos, que agarda poder acceder a unha desas vivendas municipais.

A nivel xeral, a situación é grave e urxente. Chegamos a un límite no que hai persoas que se quitaron a vida; nos últimos días foron catro, unha situación que xera un sufrimento cotián a miles de persoas afectadas. A presión social, a xente na rúa, conseguiu facer variar a postura inicial do Partido Popular que non estaba disposto a que a ILP pasara da Comisión ao Pleno do Congreso dos Deputados para ser debatida. Ao final a ILP conseguiu pasar o trámite. Mais non podemos esperar meses á aprobación da ILP, tampouco nos podemos permitir que non se aprobe. Non nos quedaremos cos brazos cruzados esperando a que a ILP chegue ao Congreso. Non podemos facelo mentres a máquina financeira asasina siga funcionando.

Desde aquí facemos un chamamento a todos os partidos políticos a votar a favor da ILP e tramitala de xeito urxente. Si non o fan, sinalarémoslles como responsábeis do xenocidio financeiro que estamos sufrindo e terán que aterse ás consecuencias. Aumentaremos as accións de denuncia e desobediencia civil fronte a aqueles que se neguen a aprobar a ILP, e invitamos a toda a cidadanía a sumarse.

Pero non nos pararemos aquí, a nosa loita é unha loita polo dereito á vivenda. “Xente sen casas, e casas sen xente, non se entende”. Bancos que acumulan miles de vivendas baleiras, mentres familias e persoas vense abocadas á rúa. Fronte a este sinsentido, xunto coa campaña de sinalización, as Plataformas de Afectad@s pola Hipoteca anuncian que se intensificarán as campañas de recuperación de pisos baleiros en mans de entidades financeiras.
  • Esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!
  • Esiximos o dereito á vivenda!
  • Esiximos o fin dos abusos da banca!
  • Esiximos o fin do xenocidio financeiro!
  • Sinalaremos aos responsábeis, non pararemos até conseguir os nosos obxectivos!
Non estás só!
Xuntas e xuntos podemos!

En Ferrol, a 16 de Febreiro de 2013

Stop-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Fotos de Susete'70.
__________________

xoves, febreiro 14, 2013

Mobilizacións xerais das PAH, o vindeiro Sábado 16 de Febreiro, tamén en Ferrol ás 12 do mediodía, na Praza Amada García (Diante do Edificio da Xunta) - Non estás só !

 #16F MOBILICÉMONOS – MANIFESTACIÓN CIDADÁN EN FERROL

Polo dereito á vivenda. Contra os abusos da banca. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, chamamos a secundar a convocatoria que desde as PAH (Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca) faise á cidadanía galega, como ao do resto do Estado, para apoiar a mobilización social do vindeiro sábado 16 de febreiro e manifestar o apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos no Congreso dos Deputados avalada con 1.402.854 sinaturas de apoio (30.283 na Galiza), para conseguir:

 Dación en pago con efectos retroactivos. Chámase dación en pago ao feito de entregar a vivenda á entidade financeira coa que se ten a hipoteca a cambio de quedar libre de toda débeda.

Paralización dos desafiuzamentos. Sempre que se trate da vivenda habitual e o impago do préstamo hipotecario sexa debido a motivos alleos á propia vontade.

Alugueiro Social. A persoa executada terá dereito a seguir residindo na vivenda pagando un alugueiro non superior ao 30% dos seus ingresos mensuais, como mínimo, por un período de 5 anos.

A cidadanía deu unha resposta social e popular ao desleixo e ineficacia política, que nin ve nin quere solucionar o drama dos desafiuzamentos porque está preocupada en agasallar aos bancos con cartos públicos e en recortar servizos e dereitos. Os que nos gobernan están xordos, e hai tempo que só representan os intereses do poder bancario e financeiro. Mentres colocan aos seus familiares en institucións públicas e empresas con salarios millonarios e vantaxes señoriais, colocan na rúa a centos de familias.

Esta ILP, que pide a dación en pago retroactiva, o alugueiro social e unha paralización inmediata dos desafiuzamentos, é a solución clara e inevitábel ao drama da vivenda. Nós sabémolo porque afrontamos o problema a diario, e poñemos nome e cara aos casos que para eles son un mero expediente. Esta ILP esgota as vías que o actual sistema ofrece para modificar unha lei: xa falamos cos bancos, cos partidos políticos, cos Concellos e Parlamentos, cos xulgados.... sen obter resposta ou solución, de aí que tomáramos as rendas e decidíramos avanzar neste sentido.

Pero todo indica que o Partido popular actuará arrogantemente obstaculizando esta iniciativa, e o Congreso, coa súa maioría absoluta, desbotará esta solución ao problema porque choca cos intereses de quen os ten amarrados e amordazados: da banca e do capital.

Se isto acontece, que non dubiden en que aumentaremos a presión social, en que estenderemos as accións de protesta e desobediencia civil que unha lei inxusta, inmoral e noxenta, merecen. Dende logo, non quedaremos de brazos cruzados mentres amparan e permiten o sufrimento de milleiros de persoas.
De aí que pidamos aos cidadáns e cidadás que amosen o seu apoio na manifestación que convocamos.

Son eles contra nós, os poderosos, os que nunca se verán nesta situación, contra o pobo indefenso, contra tod@s e cada un de nós que pode verse afectad@.
XUNT@S E ORGANIZAD@S, PODEMOS!

MANIFESTACIÓN EN FERROL
Sábado 16 de Febreiro, ás 12 do mediodía, na Praza Amada García (Diante do edificio da Xunta).

REDE DE APOIO MUTUO DE FERROL TERRA
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Non estás só !

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra


Envento no facebook
http://www.facebook.com/events/128767837295916/

||||||||||||||||||||||||

O Comité Cidadán de Emerxencia fai balanzo da visita da delegación do Comité de Peticións do Parlamento Europeo que está de visita na Galiza para ver insitu o estado medioambiental das Rías Galegas e do despropósito gasista de Reganosa - Fotos, enlaces e documentos de interese



Valoración do CCE ante visita á Ría da Delegación do Parlamento Europeo

No dia de hoxe, o CCE xunto con representantes das Confrarias acompañou a delegacion dos parlamentarios Europeos no seu percorrido pola Ría, desprazándose a ver, in situ, a instalación da planta de gas de Reganosa e a ensenada da Gándara. Posteriormente realizouse una xuntanza onde tomaron a palabra, membros titulares da Comision, representantes do CCE e representantes da Xunta, namentras tiña lugar unha concentración convocada polo Comité demandando o peche da planta, e queiran oun eso e corrupción.

Fronte as instalacións de Reganosa, os membros do CCE, (Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador, Luz Marina Torrente, da A. VV de Mehá, Humberto Fidalgo, de ADEGA, e Bernardo Bastida, exPatron Maior da Confraría de Ferrol) explicaron a situación de ilegalidade da planta tras a sentenza do Supremo, a perigosidade da mesma, a ameaza que supón para a cidadanía, o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade. A continuada destrucion da Ría como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar no proceso de regasificación, o recheo ilegal no que se asenta Reganosa, todo coa compliciade institucional nos diferentes escalóns, nos enganos da Xunta de Galicia que ten autorizado - a Reganosa e Forestal do Atlántico - o verquido de 400.000 toneladas diarias á Ría afectando drásticamente a redución das capturas de marisco. Aclarouse tamen que a planta é innecesaria, que a media de producion está sobre o 30%, que manteñen o gasoducto de Tui pechado, que nos costa aos cidadáns perto de 60 millóns de euros o ano. Diante da ensenada da Gándara o Patrón Maior da Confraria de Ferrol amosóulles os efectos dos verquidos a Ria

O CCE fixo entrega ao Presidente da Comisión dun amplo dossier informativo sobre a Planta de Gas, fotografías e mais un exemplar a cada un dos parlamentarios do libro “Muros de silencio: Corrupción e ameaza na Ria de Ferrol, o caso Reganosa”. Explicóuselles que a reubicación da planta no interior, estando programada no Porto Exterior, obedece a un caso de corrupción politicio-financieira..

Os membros da Delegacion quedaron abraidaos ante o que veron, incluso na Reunion chegaron a preguntar se non había alguén procesado, diante de tal barbaridade, preguntaron polo tema da sguridade e como fora posible tamaño dislate, estando presente a delegación da Xunta de Galicia. A delegación europea tomou boa nota, reconocendo que a realidade do que viran sobrepasaba todo o que podían imaxinar.

O CCE , a partires do documento entregado, fara unha nova ampliazón da denuncia ante a Comisión de Peticións, demandando o peche de Reganosa.

O CCe valora positivamente a visita da Delegación Europea , apesares dos anos transcorridos desde Novembro de 2001 cando una representación do CCE se despalzou a Bruselas.

O CCE tamen quere constatar, que fracasou o intento de ocultar a maior ameaza mediambinetal e para a seguridade das persoas que supón a planta de Reganosa. O paradigma da corrupción dos ultimos anos, sendo precisamente a denuncia 1322/2007, presentada polo CCE, Confraría de Ferrol e IU, o obxeto central da visita.

Documentos de interese:
Galería Fotográfica de Suso.

Álbum fotográfico 1

Álbum fotográfico 2

Documento entregado á Delegación

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

PROGRAMA COMPLETO DA VISITA DA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO (EN INGLÉS): [ACCEDER OU BAIXAR] NOS ARQUIVOS ÁRTABROS.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enlace relacionado
:
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/02/o-comite-cidada-de-emerxencia-consegue.html


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-

13 de fevereiro de 2013 20:35
______________

Alternativa Galega de Esquerda coincide co diagnóstico da delegación do Parlamento europeo sobre a alta contaminación na Ría de Ferrol e manifesta continuar co apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia co que seguirá a traballar para acabar coas ilegalidades e irregularidades que contaminan o affaire Reganosa



Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda coincide co diagnóstico da delegación do Parlamento europeo sobre a alta contaminación na ría de Ferrol

A viceportavoz do grupo parlamentario, Yolanda Díaz, afirma que a planta de gas de Reganosa “é un exemplo da mestura corrupta entre política e negocios

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013.- Unha delegación do Parlamento Europeo, formada por oito eurodeputados, comprobaron esta mañá á forte contaminación existente nunha ría ateigada de agresións como é a de Ferrol cos constantes vertidos  de Reganosa e a falla de saneamento e que a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda ten denunciado máis dunha ocasión.

O voceiro da delegación , Philippe Boulland, destacou a grave ameaza a que están sometidas as zonas de explotación marisqueira. Os membros da delegación chegaron a preguntar ás autoridades da Xunta canta xente estaba no cárcere despois de comprobar a forte contaminación. Así, o presidente da delegación nunha reunión coa delegación do Comité e das confrarías manifestou que o affaire Reganosa non podía, nin moito menos, darse por pechado.

Alternativa Galega de Esquerda insta á Xunta de Galicia e o Ministerio a que resolvan o que consideran as hipotecas que están a lastrar a ría de Ferrol como son  os vertidos de Reganosa, o perigoso tráfico que supoñen as instalacións gaseiras no interior da ría e os continuados atrasos para realizar o saneamento integral da ría que impiden a actividade marisqueira. A esta grave situación súmase a ameaza que formula o ministerio de fomento coa pretención de construír uns accesos ao porto exterior que suporían a morte da enseada de A Malata. 

Ao fío da visita da delegación europea a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, reafirmou hoxe na pregunta formulada ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a corrupción derivada da maridaxe entre política e negocios privados que supón a planta de gas de Reganosa. Desde AGE quere manifestar o apoio ao  Comité Cidadán de Emerxencia co que seguirá a traballar para acabar coas ilegalidades e irregularidades que contaminan o affaire Reganosa.

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
Gabinete de comunicación do grupo parlamentario 
Tania Porta e Daniel Salgado
tania.porta.bujan@parlamentodegalicia.es
daniel.salgado.garcia@parlamentodegalicia.es
prensa@alternativadeesquerda.net
twitter.com/alternativagz

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de fevereiro de 2013 22:31

_____________

mércores, febreiro 13, 2013

Chamamento da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, para participar este Domingo 17 de Febreiro, na "Marea Branca" en Narón



Aínda que na Galiza, chamaba-se "Marea Branca" á explosión de solidariedade internacional diante do desastre ecolóxico que produciu o afundimento do Prestige en Novembro de 2002 frente as nosas costas, a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, facéndonos eco da mobilización chamada " Marea Branca" que se celebra o domingo día 17 de Febreiro en todo o Estado Español, e que en Galicia conta co apoio de SOS Sanidade Pública, en Defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións, os recortes e o repago.

CHAMAMOS a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polo Concello de Narón para o domingo día 17 de febreiro ás 12 h na Praza de Galicia.
  • Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual
  • Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña.
  • Derogación do decreto do transporte sanitario.
  • Derogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular.
  • Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das melloras necesarias para o seu funcionamento ao 100%.
  • Dotar ao Hospital Novoa Santos de contido asistencial pleno.
  • Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais na Área Sanitaria de Ferrol.
  • Recuperación do Plano de Mellora da Atención Primaria.
  • Posta en funcionamento do Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
Facemos un chamamento a que toda a cidadanía acuda á concentración con BATAS BRANCAS, especialmente os/as traballadores/as da Sanidade Pública, ou roupa branca como no conxunto do Estado.

Non a privatización da Sanidade Pública.

ACUDE O DOMINGO DÍA 17 DE FEBREIRO Á PRAZA DE GALICIA EN NARÓN.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

SOS-Sanidade Pública
http://www.sos-sanidadepublica.org/
_______________

Chamamento do Comité Cidadán de Emerxencia para arropupar á súa representación que vai ter unha entrevista coa Delegación do Comité de Peticións do Parlamento Europeo que visita Galiza estes días.

Urxente: Mércores 13 de Novembro, ás 09:45hs apoiando ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, nas inmediacións do Hotel Hesperia Ferrol, no Inferniño, (Cruce d'As Pias coa Estrada de Castela  e Avda da Paz).

O Comité Cidadán de Emerxencia precisa da túa mobilización e compromiso para arroupar a reunión que manterá coa Delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que estes días visita Galiza e que esta noite pasa a noite en Ferrol.

A visita  produce-se pola petición que este Comité realizou á Comisión de Peticións no ano 2007. Unha representación do Comité participará nun encontro coa Comisión no Hotel Hesperia de Ferrol, de 10 a 11hs da mañá do mércores.

O carácter de loita cidadá en defensa da Vida e da Ria, ten que quedar representado nunha concentración cidadá ás portas do hotel, que indique a esta Comisión, que é á cidadanía de Ferrolterra a que está comprometida na súa defensa.

É unha oportunidade para volver a insistir na perigosidade da planta, no efecto destrutivo que ten para a nosa Ría e os postos de traballo que dependen dela, e a corrupción económica e política que acompaña desde os inicios o proceso de localización, construción e funcionamento da planta no concello de Mugardos.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

PROGRAMA COMPLETO DA VISITA DA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO (EN INGLÉS): [ACCEDER OU BAIXAR] NOS ARQUIVOS ÁRTABROS.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org






Enlace relacionado
:
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/02/o-comite-cidada-de-emerxencia-consegue.html

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de fevereiro de 2013 20:01

______________

luns, febreiro 11, 2013

Televisión Ferrol emite unha entrevista hoxe, luns 11 de febreiro, a Xosé Manuel Beiras

A televisión local, Televisión Ferrol, emite unha entrevista, hoxe, 11 de febreiro de 2013, ás 20:30 horas, con Xosé Manuel Beiras Torrado, deputado de AGE no Parlamento Galego, do cal é portavoz do Grupo Parlamentario, Beiras tamén é o Portavoz da Coordenadora Nacional de Anova Irmandade Nacionalista, organización da esquerda nacionalista, nascida o pasado 14 de Xullo de 2012, que xunto a Esquerda Unida, Equo-Galiza e Espazo Ecosocialista Galego, conforman a coalición Alternativa Galega de Esquerda -AGE que últimamente é unha forza política en alza, pois nunha prospeción electoral dun xornal galego de moita tirada, a sinalaban como a única forza política que gañaba deputados, e por moito, pois de 9 que ten na actualidade, pasaría a ter 15.

A entrevista está en diferido pois o dirixente político estivo en Ferrol o pasado 8 de febreiro, para gravar no programa "Espacio Aberto" que dirixe Fernando Rodríguez.

Emisión en directo na rede:

http://www.tvferrol.es/es/contenido.php?c=4

----

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra convoca unha manifetación en Ferrol o Sábado 16 de Febreiro


Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra, da Rede de Apoio Mutuo, convoca unha manifestación en Ferrol.

Ás 12 do mediodía, do Sábado 16 de Febreiro, desde a Praza Amada García (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

Polo dereito á vivenda. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e esiximos stop-desafiuzamentos, dación en pagamento retroactiva e alugueiro social XA!

Hoxe continuamos camiñando para defender e esixir o dereito á vivenda, un dereito fundamental sistemáticamente vulnerado no noso país. As Plataformas de Afectados pola Hipoteca denunciamos a situación dramática á que se condena a vivir a miles de familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer, que se ven desafiuzadas ou ameazadas de desafiuzamento, vítimas dunha estafa hipotecaria, da vulneración extrema do dereito á vivenda por parte das entidades financeiras, avaladas polos diferentes gobernos que polo de agora, se alternan na Moncloa.



NON ESTÁS SÓ!

Comisión de Dereito á Vivenda Digna (Stop-Desafiuzamentos)
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com
Tel.: 637567497

Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com
No facebook: http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra
Rede Social de Ferrol Terra: http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com



______________

domingo, febreiro 10, 2013

Limpeza na praia de Olmo, na Cabana - Nova Acción Directa en Defensa dos Espazos Públicos


Resumo da limpeza na Praia do Olmo, A Cabana
.

Onte sábado, o colectivo Acción Directa limpou outro espazo público en estado de abandono, tratouse da Praia do Olmo, na Cabana. Nas tarefas de limpeza, que duraron 5 horas, recollemos todo o plástico, vidro e madeira que encontramos, á parte tamén retiramos a capa de algas que estaban en estado de putrefacción.

Así estaba a zona:
http://www.facebook.com/media/set/?set=oa.525827510772904&type=1

Cando se fala de lixo e residuos, moitas xente atribúeo á xuventude e o botellón, pero nada máis lonxe da realidade, a hixiene feminina e os bastóns para limpar orellas lévanse a palma nesta praia.

Facemos de novo un chamamento á cidadanía de Ferrol, para que se rebele ao malgasto previsto na Praza de España por valor de 916.0000 euros. Invitando a que cando se pretenda iniciar esta obra se produza unha OCUPACIÓN da Praza.

Non podemos consentir que parte da poboación pase necesidades, mentres o PP tira polo desaugadoiro noso diñeiro publico, un diñeiro que podería estar a paliar moitas necesidades existentes.

Acabamos de crear un mapa que mostra os traballos realizados polo noso colectivo, este é visible na seguinte url: http://goo.gl/maps/Dhh7Q

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 38 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
_______________

A comparsa d'A Revolta de Trasancos de Stop-Desafiuzamentos

A comparsa d'A Revolta de Trasancos de Stop-Desafiuzamentos

A comparsa do Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos", participa este ano no Entroido co tema de Stop-Desafiuzamentos. En Narón levaron o terceiro premio. A continuación presentamos a súa actuación, neste vídeo que nos envían.


http://youtu.be/7PqbkdjD5cc


Blogue do Colectivo:
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/



Blogue
:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
_______________________

Un artigo de moito interese: "Reganosa, o último refuxio de José Luís Méndez", ... Por X. R. Moscoso


Reganosa, o último refuxio de José Luís Méndez

Por X. R. Moscoso [*]
10.02.2013


En setembro cumprirá 68 anos, os últimos tres afastado da que foi a súa obra, a xa extinta Caixa Galicia. José Luís Méndez López, a moita distancia tamén de calquera foco desde a súa saída, en plena fusión con Caixanova, da entidade da que foi director xeneral durante 29 anos, escribe agora o que parecen ser os últimos capítulos da súa actividade empresarial. Á vez que ve como PP, BNG e IU únense nun peculiar pacto para retirarlle o título de fillo predilecto da Coruña, o consello de administración de Reganosa converteuse prácticamente no último refuxio de quen foi o louro de ouro das finanzas galegas.

Nos últimos dous anos, e de forma escalonada, Méndez ha ir deixando os consellos de administración das compañías participadas polo brazo industrial da antiga caixa, despois de que puxese os cargos a disposición do entón flamante presidente de NCG, José María Castellano. Fíxoo, como outros directivos, de forma paulatina, por unha razón: a caixa fusionada e as empresas en cuxos consellos sentan os directivos da entidade tiñan que buscar reemplazo, e elevar tamén aos seus consellos os nomeamentos. NCG aproveitou a ocasión para remodelar a política de participacións en empresas, acordando que os executivos deixasen de cobrar por asistencia e outras remuneraciones.

De saídas

Foi así como un ano e medio logo da súa xubilación, que se produciu en setembro de 2010, abandonou os consellos de compañías como Tecnocom, unha firma na que a Corporación de Caixa Galicia chegou a ter máis dun 20%. Méndez era entón o seu vicepresidente, acompañando no consello ao coñecido Lalo Azcona, impulsor da compañía e no seu día asesor da caixa. A súa remuneración anual era de 93.000 euros. Un ano logo de xubilarse tamén continuaba sendo presidente de Aforro Corporación (unha empresa das caixas) e sentábase no máximo órgano de representación de Sacyr, onde o pellizco por representante ascendía nese momento a 66.000 euros. Tamén deixou outros consellos, como o de Bodegas Terras Gauda, onde compartía con posto con Manuel Fernández de Sousa, presidente de Pescanova, moi próximo ao financeiro.

Con todo, a saída do capital de Caixa Galicia de entidades como Reganosa, xa antes da fusión con Caixanova, propiciou precisamente a súa entrada no consello da compañía. E aí segue, segundo fontes do máximo órgano de administración da planta regasificadora. Méndez incorporouse a Reganosa en 2010, como vocal do seu consello en sustitución do seu presidente de honor, o xa falecido Roberto Tojeiro Díaz, e despois de que CXG traspasase por 9,3 millóns de euros o 10% do capital de Reganosa a First State Investments Fund Management, división de xestión de activos do Commonwealth Bank of Australia.

Vinculación aos Tojeiro

Méndez incorporouse a Reganosa, designado por representación do Grupo Tojeiro, tralo envorco accionarial que se viviu no seo da compañía. Entón, en 2010, a Xunta elevou do 10% ao 17,5% a súa participación no capital de Reganosa, para manter unha maioría estable galega no capital da planta. A operación foi valorada en sete millóns, que se sumaron aos 18 millóns que puxo sobre a mesa o Grupo Tojeiro, para pasar a controlar o 36,5%. Actualmente, o resto do accionariado repártese entre Gasifica (filial de Gas Natural Fenosa), cun 21%; o fondo australiano First State, cun 15%, e os argelinos de Sonatrach, con outro 10% do capital.

Méndez asinou as contas da compañía como conselleiro correspondentes a 2011, presentadas en marzo do ano pasado, e mantívose en Reganosa tralo nomeamento de novo presidente, levado a cabo a finais de 2012, cando a compañía designou como novo home forte a José María Paz Goday, un executivo de Unión Fenosa-Gas Natural. A vinculación de Méndez cos Tojeiro non é nova. Ademais de accionista significativo, no seu día Caixa Galicia chegou a declarar unha participación moito maior dese 10%, aínda que sen dereitos políticos, ao ter pignoradas accións da regasificadora como aval de créditos contraídos coa caixa.

Na fundación de Santiago Rei


Segundo as contas de Reganosa, o detalle das remuneraciones devengadas polos membros do consello de administración situouse en 2011 en 102.000 euros, cando un ano antes, en 2010, foran 155.000 euros. Por asistencia ao consello, a remuneración media estipulada sitúase entre 1.500 e 2.000 euros, segundo fontes próximas á entidade.

Méndez tamén se refuxia no patronato da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre, presidida polo editor do diario La Voz de Galicia. Neste órgano comparte sillón con José María Arias, ex presidente do Banco Pastor, e José María Castellano, actual presidente de NCG. Tamén se sintan no padroado da fundación empresarios e executivos como José Arnau (Inditex), Manuel Fernández de Sousa (Pescanova), Manuel Jove (Inveravante) ou Manuel Gómez-Franqueira (Coren).

[*] Escrito por X. R. Moscoso | 05.02.2013) en EconomiaDigital.es

Fonte: http://www.economiadigital.es/gles/notices/2013/02/reganosa_el_ultimo_refugio_de_jose_luis_mendez_28733.php


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de fevereiro de 2013 10:11
___________________

Entrevista a Ada Colau, portavoz da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca - Un documento de moito interese e fundamental para entender a loita de Stop-Desafiuzamentos - En Vídeo

Entrevista a Ada Colau, portavoz da Plataforma de Afctad@s pola Hipoteca (PAH - Stop-Desafiuzamentos) - Vídeo de pouco máis de 13 minutos.

Ada Colau: "A hipoteca é a forma de extorsión e de escravitude perfecta"

A portavoz da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca (PAH) Ada Colau, explícanos o traballo que levan a cabo para tratar de frear a actual avalancha de desafiuzamentos.

Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, desde o ano 2077 e ata o primeiro semestre de 2012, producíronse non conxunto do Estado case 400.000 ejecuciones hipotecarias.

Máis de 600.000 familias perderon a súa vivenda, comprada ou en aluguer, por mor da perda de poder adquisitivo, producida pola desocupación e a precariedad do emprego.

Entrevista a Ada Cola

Ada Colau, resposta ás seguintes preguntas:

Cal é o proceso que seguen as entidades financeiras ante a imposibilidad de pago?

Cales son os pasos a seguir, unha vez un afectado ou afectada contacta convosco?

En que situación están as persoanas que acoden a vós?

Cales son vosas principais demandas?

Que opinas sobre o último decreto lei, aprobado polo Goberno, para paliar os efectos dos desafiuzamentos?

Existen diferentes tipos de reacción ao problema por parte das distintas entidades bancarias?

A crise hipotecaria non parece só un problema do sistema financeiro vai máis aló non crees?


http://vimeo.com/57078656


Vídeo: Carlos Suárez
Edicións: Carlos Suárez
www.seccionabierta.wordpress.com

Publicado por Sección Aberta, o 3 de Febreiro de 2013, en Vimeo.

Fonte: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||

mércores, febreiro 06, 2013

O líder opositor tunisiano Chokri Belaid, foi asasinado a tiros fronte á súa casa na capital de Túnez, informan os medios locais - Centenares de tunisianos concentráronse fronte ao Ministerio do Interior do país en protesta polo asasinato


O líder opositor tunisiano Chokri Belaid, foi asasinado a tiros fronte á súa casa na capital de Túnez, informan os medios locais.

Chokri Belaid, un dos principais líderes do partido opositor tunisiano Nidaa Tounes, foi asasinado a tiros o martes pola mañá, dixo o seu irmán a AFP, no medio da escalada de violencia política que abordela o país dous anos logo da revolución.

"O meu irmán foi asasinado, estou máis que desesperado e abatido", lamentouse Abdelmajid Belaid. A esposa do opositor informou á radio local Mosaïque que Chokri Belaid foi asasinado recibindo dous disparos de arma de lume cando saía da súa casa.

O irmán do opositor opina que o partido islamista Ennahda, que encabeza o Goberno tunisiano, é responsable do asasinato. "Acuso ao líder de Ennahda, Rached Ghannouchi, da morte do meu irmán", dixo Abdelmajid Belaid sen dar máis explicacións.

Chokri Belaid, representante da oposición de esquerda coñecido por criticar ao actual Goberno do país, uniuse a unha coalición de partidos, a Fronte Popular, que xurdiu como alternativa ao partido no poder.

Nos últimos meses rexistráronse en Túnez múltiples casos de violencia social e política. Varios partidos de oposición e sindicatos responsabilizan dos ataques contra os opositores aos militantes prol islamistas.

Centenares de tunisianos concentráronse fronte ao Ministerio do Interior do país en protesta polo asasinato de Chokri Belaid.

Centenares de tunisianos protestan nas rúas de Túnez polo asasinato de Chokri Belaid. Grupos de manifestantes están prendendo lume ás sedes do partido gobernante, Ennahda, en varias cidades do país.

Centenares de tunisianos concentráronse fronte ao Ministerio do Interior do país en protesta polo asasinato de Chokri Belaid, un dos principais líderes do partido opositor tunisiano Nidaa Tounes, que foi tiroteado o martes pola mañá, no medio da escalada de violencia política que abordela o país dous anos logo da revolución.

A Policía tunisiana usa gases lacrimóxenos e realiza disparos de advertencia para dispersar aos manifestantes.

A oposición tunisiana anunciou a súa retirada da Asemblea Constituínte. O máximo dirixente de Ennahda, pola súa banda, asegurou que os asasinos do Chokri Belaid "queren un baño de sangue" en Túnez.

O Ministerio do Interior tunisiano informou de que o líder opositor foi asasinado por un pistoleiro en motocicleta. A oposición do país anunciou a convocatoria dunha folga xeral.

Fonte: http://actualidad.rt.com/actualidad/view/85856-asesinato-lider-oposicion-tunez-belaid


http://youtu.be/2ng_rHHsIGs
____________

O Comité Cidadá de Emerxencia consegue que unha delegación Europea visite a Ria e se informe “in situ” sobre Reganosa




Nota informativa e Programa visita Delegación Europea a nosa Ría


O Comité Cidadá de Emerxencia consegue que unha delegación Europea visite a Ría e se informe “in situ” sobre Reganosa.

Nos próximos días unha Delegación do Parlamento Europeo acudirá a Ferrol para coñecer “in situ” a problemática da Planta de Gas de REGANOSA e o estado da Ría. Esta Delegación reunirase cos peticionarios e autoridades.

Esta visita responde á Petición 1322/2007 -denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro de 2007. Amáis da denuncia, tamén foi recabada a constitución dunha Delegación Especial para que, sobre o terreo, a propia Comisión, puidera comprobar e avaliar os fragrantes incumprimentos, tanto medio ambientais como de seguridade, da planta de gas de Reganosa. Lembrar que unha representación do CCE -en Novembro de 2001- desprazouse a Bruxelas para denunciar o Proxecto de Reganosa diante a Dirección Xeral do Medio Ambiente da Comisión Europea e mantivo entrevistas con membros do Parlamento Europeo.

Os representantes do CCE na xuntanza coa Delegación do Parlamento Europeo, demandarán o cese da actividade da planta de gas, logo que, en maio de 2012, o Tribunal Supremo en sentencia inapelábel, anulara a Modificación do Plan sobre a que se sustentaba a construción da planta de gas.

Comunicarán tamen a esta Comisión, que Reganosa, a maiores de ser unha instalación ilegal e perigosa, nos custa a cidadanía perto de 60 millóns de euros ao ano. O proceso de regasificación do gas natural acelera a destrución da Ria, ao esterilizar centos de miles de toneladas da súa auga. A perdida de produtividade expulsa e condea ao paro aos mariscadores da Ria.

Unha instalación innecesaria, pois os gasodutos que subministraban o gas a Galicia, desde o 2007, manteñen pechada a entrada de gas, cando teñen a capacidade suficiente para subministrar aos ciclos e para uso doméstico e industrial.

Ferrol a 5 de Febreiro de 2013

PROGRAMA COMPLETO DA VISITA DA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO (EN INGLÉS): [ACCEDER OU BAIXAR] NOS ARQUIVOS ÁRTABROS.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de fevereiro de 2013 22:26

______________


___________________

Mobilizacións da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol Ferrol


Mobilizacións da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol Ferrol
    
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol na súa sesión Plenaria celebrada onte luns día 4 de Febreiro, logo de analizar a situación sanitaria da Área de Ferrol, os orzamentos da Xunta de Galicia e as listas de espera acordou o seguinte calendario de mobilizacións:
  • Xoves 7 de febreiro, apoiar o peche de 24 horas no Hospital Arquitecto Marcide convocado polos sindicatos de ámbito sanitario e para denunciar os recortes ao persoal e aos usuarios.
  • Apoiar as mobilizacións que os sindicatos de ámbito sanitario convoquen para o domingo 17 de febreiro en Defensa da Sanidade Pública.
  • Apoiar a mobilización convocada polos Comités de Empresa de Astano e Bazán para o domingo 24 de Febreiro en Demanda de carga de traballo para os estaleiros públicos.
CONVOCAR para o domingo día 3 de Marzo, ás 12 do mediodía unha gran mobilización comarcal en Defensa da Sanidade Pública, contra os recortes, as privatizacións e o repago.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

SOS-Sanidade Pública
http://www.sos-sanidadepublica.org/

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
6 de fevereiro de 2013 11:52

__________

Alerta Social - Concentración ante os abusos bancarios de "La Caixa"-"Caixabank" - Xoves 7 de Febreiro, ás 12 do mediodía - Comparecencia Ada Colau no Congreso dos Deputad@s (Vídeo)

Concentración ante os abusos bancarios de "La Caixa"-"Caixabank"

Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha Concentración de protesta e denuncia, ao non atopar unha resposta positiva que varíe a actuación dos responsábeis de "La caixa"-"Caixabank", nun caso onde o abuso bancario é máis que evidente. Onde a entidade bancaria vendeu dereitos dun crédito hipotecario á outra entidade denominada "Frontera Capital, SARL" con sede en Luxemburgo. Onde se acumulan unha serie de malas prácticas bancarias, que impiden a unha familia traballadora de Ferrol, solucionar os problemas derivados dunha hipoteca da vivenda habitual. Onde varias son persoas afectadas da mesma familia, que pensan que son avalistas, mais que nos documentos son prestatarias,  ....

Mañá, Xoves chamaron-nos a unha nova reunión cos responsábeis do banco no distrito, para mediar e intentar chegar a un acordo, mais tamén decidimos convocar esta mobilización social, de denuncia e protesta, e de apoio e solidariedade coa familia afectada, queremos solucións e boas prácticas bancarias. Non podemos permitir que os monstros bancarios, nos arrebaten o noso diñeiro.

PARTICIPA !

Concentración:

Día: Xoves 7 de Febreiro de 2013.
Hora: 12:00hs (Mediodía).
Lugar: En Ferrol - Oficina principal de "La Caixa" - Caixabank, na Rúa Real, 152.

STOP-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

MOI INTERESANTE VÍDEO:

Impresionante a comparecencia da compañeira nunha comisión, onte á noite (05.02.2013) no Congreso dos Deputados, para defender que se trámite a ILP, presentada co apoio de máis dun millón de sinaturas. Non podemos deixar de ver este importante documento, son 40 minutos, mais moi aproveitados. Paga a pena. Hai outro vídeo onde falan algúns deputados e ela resposta, tamén moi interesante.

Comparecencia Ada Colau no Congreso dos Deputad@s (vídeo completo) enviado polo compañeiro Fernando Lestón Baltar:

Ada Colau portavoz de Stop desafiuzamentos explica-nos as demandas deste colectivo

http://youtu.be/LtNBnc6khHg

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

________________

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o Alcalde e o goberno municipal están a xogar cos cidadáns e esixe a convocatoria inmediata do Consello da Veciñanza


ESQUERDA UNIDA ESIXE DO GOBERNO MUNICIPAL A CONVOCATORIA INMEDIATA DO CONSELLO DA VECIÑANZA.
GALÁN SINALA QUE A PACIENCIA TEN UN LÍMITE E AFIRMA QUE SE PROMOVERÁN MEDIDAS CONTUNDENTES.

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o Alcalde e o goberno municipal están a xogar cos cidadáns e esixe a convocatoria inmediata do Consello da Veciñanza.

Ademáis dos temas que lle son propios o Consello debería comezar a traballar en numerosas cuestións que ,tanto individual como colectivamente, se están a demandar por parte da cidadanía ferrolá. Vivenda, alugueiro social, obras, tráfico e transportes públicos,planeamento urbanístico, festas e cultura… son innumerables os temas que o Consello debería abordar xa que a desfeita do goberno do PP impón unha inmediata e vigorosa acción da cidadanía no exercicio das funcións que o regulamento de participación lle ten encomendado a través do Consello da Veciñanza.

Quizáis só escoitando directamente aos veciños algúns concelleiros sexan quen de espertar do seu soño e darse conta de que hai fochas sen reparar, cidadáns sen vivenda,transporte público en perigo de extinción, desemprego crecente, comerciantes alucinados coa promoción de máis grandes superficies, barrios a puntos de converterse ,literalmente, nunha pura ruína mentres se promove irracionalmente a contínua extensión da cidade e, por parar en algún lado, unha poboación  aburrida dun goberno inepto e incapaz excepto para externalizar servizos a determinadas empresas, privatizalo todo pero non solucionar nada que non sexa promover a acumulación de capital nas mans das empresas amigas.

De non convocar un órgano que debería estar xa en funcionamento o grupo municipal estase a plantear iniciar os contactos necesarios adoptar medidas contundentes. “A paciencia ten un límite” sinala Javier Galán. O regulamento de participación non é un mero adorno floral é unha norma aprobada polo concello-pleno e polo tanto debe ser cumprida. Máxime nun momento onde a cidadanía asiste estupefacta ao derrumbe dos outrora loubados sistemas de control administrativos que facían da nosa democracia unha das máis transparentes do mundo. Esquerda Unida mantén hoxe coma onte que unha das mellores ferramentas de control é a moi virtuosa práctica da participación cidadá esencial para unha boa saúde democrática. As ameazas que hoxe acosan á democracia política son as mesmas que impiden que haxa políticas públicas insertas dentro dunha lóxica  de acción e gobernanza participativa.

Ferrol a 6 xaneiro de 2013

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org


facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
6 de fevereiro de 2013 13:12

Bos dïas. Enviamos a nota de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida pola que se pide a convocatoria urxente do xa electo Consello da Veciñanza. Saúdos, Xesús

_________

Videos da comparecencia de Ada Colau no Congreso dos Deputados en nome da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca, STOP-Desafiuzamentoss.


Primeira parte da comparecencia de Ada Colau no Congreso dos Diputados en nome da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, STOP-Desahucios.


http://youtu.be/LtNBnc6khHg


Segunda parte da Comparecencia.


http://youtu.be/PumhqQ3NMQg


____________

martes, febreiro 05, 2013

Concentración en contra do desmantelamento do Diario de Ferrol - Xoves 7 de Febreiro, ás 11 da mañá na Praza do Concello de Ferrol


Concentración en contra do desmantelamento do Diario de Ferrol.

Polo mantemento do emprego !

Transcorrido máis dun mes de espera sen ter obtido resposta á nosa reclamación de constituir unha nova mesa de negociación que abordara alternativas para evitar a deslocalización da sección de Infografía, e logo de serlle comunicada aos tres afectados a rescisión dos seus contratos, os traballadores de Diario de Ferrol vémonos na obriga de saír de novo á rúa para expresar o noso descontento co xeito de proceder da empresa.

Consumada esta medida, volvemos insistir nas consecuencias negativas que terá tanto para a autonomía deste xornal como para o seu propio funcionamento, consecuencias que consideramos que a dirección non calibrou ben.

Volvemos saír á rúa porque é a única arma temos. Eles preferirían que non o fixéramos, que todo quedara na casa e que achantáramos sen máis. Pero os nosos principios impídennos ficar calados e abandonar os nosos compañeiros á súa sorte. Marcharán, pero non sen que os seus compañeiros se moveran por eles.

Como dixemos a finais de decembro, tiñamos e temos propostas e alternativas que non quixeron valorar en serio. Coa situación actual e a nova lexislación laboral na man, teñen todas as de gañar, pero, repetimos, non por iso nos imos resignar.

Así, pois, convocámosvos a apoiarnos asistindo a unha nova concentración o vindeiro xoves, día 7 de febreiro, ás 11.00 horas fronte o edificio do Concello de Ferrol.

Agardamos a vosa presenza! Moitas grazas polo voso apoio !
__________

Lembranza a Carmelo Teixeiro no quinto aniversario do seu falecemento - O vindeiro Sábado 9 de Febreiro no parque de Caranza que leva o seu nome



Un 5 de Febreiro de 2008, finaba o noso compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez
, o que fora o primeiro Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Pasaron cinco anos sen Carmelo. El era unha "persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente". O Comité Cidadán organiza unha ofrenda floral o vindeiro Sábado 9 de Febreiro de 2013, ás 12 do mediodía, no parque de Caranza que leva o seu nome "Parque Carmelo Teixeiro", onde están os tres carballos plantados na súa lembranza.

Desde Ártabra 21 queremos somar-nos a esta convocatoria en lembranza do compañeiro Carmelo.
______________

O Sindicato de Estudantes convoca folga entre o 5 e o 7 de febreiro; Liga Estudantil Galega e Comités chamarán ao paro xeral este mércores 6

O alumnado galego de Secundaria e Bacharelato está chamado á folga este mércores 6 de febreiro por parte da Liga Estudantil Galega e os Comités, baleirará as aulas nunha histórica xornada de folgana Galiza.

Trátase dunha nova protesta contra a Lomce (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), o intento por parte do Partido Popular de impoñer o seu proxecto ideolóxico e converter o ensino nun privilexio do que gocen unhas poucas persoas. Trátase de debilitar a escola pública, facela menos pública, menos democrática, menos galega e de menos calidade.

O Sindicato de Estudantes convoca a folga entre o 5 e o 7 de febreiro a nivel estatal polo que comezan este martes 5 con as movilizaciós, pero será este mércores cando se note a protesta en Galiza, co paro xeral ao que chaman tamén as dúas principais organizacións estudantís nacionalistas, que contan conseguir un apoio masivo, tanto á folga como nas manifestacións.

Mais info. nas webs: